|

Benvido/a ao espazo de ideas de Somos Cabanas, a plataforma de unidade popular coa que imos recuperar o Concello de Cabanas para poñelo ás ordes da xente. Chegou a hora de converter a nosa esperanza en propostas para cambiar o concello de acordo cos principios básicos que compartimos: democracia, participación directa, xustiza social, compromiso ético e unha vida digna para todas e para todos. Abrimos este espazo para que achegues as túas propias propostas e axudes, cos teus votos e comentarios, a mellorar as demais. Participa!

O que se está a debater:

Explora o programa por obxectivos

O programa electoral de Somos Cabanas estrutúrase en cinco grandes áreas, e cada área engloba distintos obxectivos ou campos específicos de actuación. Emprega as etiquetas para atopar as propostas que máis che interesan e para facilitar que as outras persoas localicen as túas.