2015 2016 2017 2018 2019
Constitución
Xuño 2015
Xullo 2015. Organización

ACTA DE CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN E ELECCIÓN DE ALCALDE, COMO CONSECUENCIA DAS ELECCIÓNS LOCAIS REALIZADAS O DÍA 24 DE MAIO DE 2015.

No Salón de Sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as doce horas do día trece de xuño de 2015 de acordo co disposto nos artigos 195 e 196 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, e artigos 36 e 37 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, reúnese en sesión pública os señores concelleiros electos nas eleccións locais do 24 de maio de 2015, que a continuación se citan: D. Manuel González López, D. Julián Ramón Seijas Criado, Da.Esperanza Gayoso Pereiro, e Da Ana Rosa Méndez Eiroa, polo PP, D. Delfín Feal Pereira, D.Carlos Ladra Brage e Da. Concepción Rodriguez Ferreiro polo PSdeG-PSOE, D. Iago Varela Martínez polo BNG, Da. María Eva García Amor pola AEC, e D. Xosé Manuel Pérez Sardiña por PDDdG, asistidos polo Secretario da Corporación D. Antonio López Vila.

Non asiste o concelleiro electo D. Germán Castrillón Permuy cabeza de lista da candidatura do Partido Popular, por estar ingresado no Servizo de Cirurxra, do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide de Ferrol, segundo xustificante de dito centro hospitalario, que se incorpora ao expediente.

Aberto o acto polo Secretario, da lectura ao disposto no artigo 195 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, e artigo 37 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, de aplicación na constitución de novas Corporacións, así como, a relación dos once concelleiros electos que constan na acta remitida pola Xunta Electoral de Zona.

Formación da Mesa de idade e constitución da Corporación.

A seguir, e segundo o disposto no artigo 195 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, procédese a forma-la Mesa de idade, quedando constituída por Da.Esperanza Gayoso Pereiro, concelleira electa de maior idade dos asistentes que pasa a presidi-la e polo concelleiro electo de menor idade D. Carlos Ladra Brage, actuando como Secretario o da Corporación.

A Mesa de acordo co establecido no artigo 195 da citada Lei Orgánica 5/1985 procede a comprobación das credenciais presentadas segundo o establecido no artigo 7 do mencionado Regulamento, as cales da lectura o Secretario e resultan ser de conformidade coa certificación remitida pola Xunta Electoral de Zona de Ferrol

Así mesmo, o Secretario fai constar o cumprimento por parte de tódolos concelleiros electos da presentación das declaracións que sinala o artigo 75.7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, sen que ningún dos reunidos manifeste que resulte afectado por causas de incompatibilidade sobrevida despois da súa proclamación

Tendo en conta que se cumpre a esixencia do artigo 195.4 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, e do artigo 37.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e que concorre a esta sesión a maioría absoluta de concelleiros electos, procédese ao cumprimento do requisito legal previsto no artigo 108.8 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, de prestar xuramento ou promesa segundo o Real Decreto 707/1979, do 5 de abril utilizando como base a seguinte formula: "Prometo/Xuro pola miña conciencia e honra, cumprir fielmente as obrigas do cargo de concelleiro do Concello de Cabanas, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la constitución como nonna fundamental do Estado", agás o concelleiro de PDDdG que utilizan a fórmula " Como galego solidario e partidario da democracia real, por esixencia legal prometo acatar a Constitución" e o concelleiro do BNG que utiliza a fórmula "Prometo por imperativo legal acatar a constitución, así mesmo prometo cumprir fielmente as obrigas do cargo de Concelleiro do Concello de Cabanas comprometéndome a defender os intereses xerais da veciñanza e do pobo galego; D. Manuel González López, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Julian Ramón Seijas Criado, D. Delfín Feal Pereira, D. Carlos Ladra Brage, Da. Concepción Rodriguez Ferrreiro, D. Iago Varela Martínez, Da. María Eva García Amor e D. Xosé Manuel Peréz Sardiña cumprimentan dito requisito baixo a modalidade de prometo e Da. Ana Rosa Méndez Eiroa baixo a modalidade de xuro.

Visto que se deu cumprimento ao disposto no artigo 195 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, a presidenta da mesa declara constituída a Corporación Municipal do o Concello de Cabanas despois das eleccións municipais do día 24 de maio de 2015.

Elección de Alcalde.

Seguidamente, de acordo co disposto no artigo 196 da Lei 5/1985, procédese a proclamación de candidatos para elección de Alcalde, que se corresponden cos concelleiros que encabezan as correspondentes listas das eleccións celebradas o 24 de maio de 2015, e que son os seguintes:

D. Germán Castrillón Permuy, por PP.

D. Delfín Feal Pereira, por PSdeG-PSOE.

D. Iago Varela Martínez, por BNG.

Da. María Eva García Amor, por AEC.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, por PDDdG.

A continuación procédese a elección de Alcalde mediante votación secreta por papeleta, depositando os membros da Corporación o seu voto nunha urna; rematada a votación a Mesa procede ó escrutinio, co seguinte resultado:

Votos emitidos, dez (10).

Votos válidos, dez (10).

Votos en branco, ningún(0)

Votos nulos, ningún (0).

D. Germán Castrillón Permuy, catro (4) votos.

D. Delfín Feal Pereira, cinco (5) votos.

Da. María Eva García Amor, un (1) voto.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, cero (0) votos.

D. Iago Varela Martínez, cero (0) votos.

En consecuencia non obtendo a maioría absoluta ningún candidato, de acordo co establecido no artigo 196.c) da Lei 5/1985, a Sra. Presidente da Mesa proclama Alcalde electo a D. Germán Castrillón Permuy por ser o concelleiro que encabeza a lista que obtivo maior número de votos populares no Municipio.

Ante a ausencia xustificada do Alcalde electo D. Germán Castrillón Permuy o Secretario da lectura ao establecido no seu informe coas disposicións de aplicación, en especial artigo 40.3 do ROF, e posibles solucións, inda que non expresamente recollidas na normativa vixente van dirixidas á inmediata solución dos problemas que ocasiona a falta de Alcalde, estimando que a proposta de acordo máis áxil sería a seguinte:

1°. Apreciar a causa xustificada que impide ao Alcalde electo D. Germán Castrillón Permuy prestar xuramento e tomar posesión do cargo ó abeiro do artigo 40.3 do Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

2°. Habilitar ó Secretario Municipal como fedatario público do Concello, para que, de non haber impedimento do equipo de facultativos que asiste ó Alcalde electo, se persoe no prazo de 48 horas no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol aos efectos de tomarlle xuramento ou promesa do cargo de concelleiro e logo do cargo de Alcalde, levantando a correspondente acta de toma de posesión, da que tomará coñecemento a Corporación en sesión que se celebrará ao efecto o próximo día 15 as 20 horas.

A Corporación por unanimidade acorda aprobar a proposta anterior.

Acta de arqueo e bens da Corporación:

A continuación dáse lectura ó estado da tesourería e acta de arqueo cos documentos xustificativos que presentan o seguinte resultado:

Existencia en metálico:

Caixa Corporación• 19.790,84 euros

NCG Banco S.A. conta n° ES13 2080 0201 9831 1000 0052 42.787,40 euros

Banco Popular S.A. conta n° ES71 0238 8155 7506 61000624 3.632,64 euros

NCG Banco S.A. conta n° ES02 2080 5164 1730 4000 1235 457.280,57 euros

Caixabank S.A., conta n° ES94 2100 5486 5102 0001 0305 28.760,51 euros

Total 552.251,96 euros.

Existencia en valores:

Caixa Corporación• 160.900,46 euros.

Estado execución orzamento:

Exercicio

Obrigas

Pagado

Pendente

Dereitos

Recadación

Pendente

 

recoñecidas

 

pago.

recoñecidos

liquida

cobro

Corrente

983.786,84

983..786,84

-

995.962,63

995.962,63

-

Pechados

294.022,60

286.389,54

7.633,06

821.133,72

481.961,74

339.171,98

En relación coa débeda, o estado é o seguinte:

Entidade

N° de préstamo

Importe inicial

Importe utilizado

Importe pte. Amortización

NCG Banco S.A.

0201-25.081-2

237.575,00

237.5785,00

136.135,59

Préstamo PAI da Deputación Prov.

-

158.335,70

45.451,55

45.451,55

NCG Banco S.A.

En trámite

396.277,31

0,00

0,00

Exc. Sent. Penso

 

 

 

 

Así mesmo dáse conta que no relativo a bens municipais non existe inventario actualizado de bens municipais o cal é obrigatorio segundo o establecido no Regulamento de Bens das Entidades Locais, e debendo ter a súa repercusión na contabilidade municipal.

Cumprido o obxecto da convocatoria da presente sesión a presidenta da Mesa agradece a asistencia a este acto institucional e participación nestas eleccións locais, espera unha lexislatura moi interesante sendo consciente de que para sacar adiante proxectos importantes necesitarase moito diálogo e acercamento aos grupos da oposición, espera que eles tamén estean a altura para que Cabanas sega medrando; manifesta a súa gratitude aos concelleiros da anterior Corporación pola labor desenvolvida e felicitación aos membros da Corporación recentemente constituída, de maneira especial aos que se incorporan a actividade politica local.

Hoxe queda constituída a décima Corporación da etapa democrática iniciada en 1979, e debemos ter presente que representamos aos veciños e sentimos unidos nun único proxecto de construír o futuro de Cabanas, máis próspero, mellor calidade de vida e maior benestar social para os vecirios; recorda que o Alcalde electo D. Germán Castrillón está convalecente de intervención cirúrxica e que no pleno que poida asistir agradecerá o voso apoio e traballo.

Despois de informar do disposto no arrigo 38 do Regulamento de Orgarrización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, a Presidenta levanta a sesión sendo as doce horas e trinta e cinco minutos da cal como Secretario dou fe.

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 15 DE XUÑO DE 2015.

Concelleiros asistentes: Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Julian Ramón Seijas Criado, D. Delfín Feal Pereira, D. Carlos Ladra Brage, Da. Concepción Rodriguez Ferreiro, D. Iago Varela Martínez, D. Xosé Manuel Pérez Sardiña

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as vinte horas do día quince de xuño de dous mil quince, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde accidental D. Manuel González López, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria para tomar coñecemento da toma de posesión do cargo de Alcalde por D. Germán Castrillón Permuy.

Non asisten os concelleiros Da. Ana Rosa Méndez Eiroa, e Da. María Eva García Amor

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose polo Secretario a dar lectura íntegra a acta de da toma de posesión de D. Germán Castrillón Permuy, como Alcalde-Presidente do concello de Cabanas, que se transcribe literalmente:

"ACTA DE XURAMENTO E TOMA POSESIÓN ALCALDE

En Ferrol, a quince de xuño de dous mil quince, sendo as doce horas, no edificio principal do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide, comparece o Secretario do Concello de Cabanas, Don Antonio López Vila, tendo a súa presenza a D. Germán Castrillón Permuy, concelleiro e Alcalde electo do Concello de Cabanas, habilitado para este acto por acordo adoptado na sesión constituínte da Corporación do Concello de Cabanas realizada o día 13 de xuño de 2015, ó obxecto de prestar xuramento e toma de posesión do cargo de Alcalde por parte de D. Germán Castrillón Permuy, para o que foi elixido en dita sesión constitutiva.

Polo Secretario procédese a dar lectura a Acta da sesión constitutiva da Corporación Municipal do Concello de Cabanas, realizada en data 13 de xuño de 2015.

De seguido, D. Germán Castrillón Permuy, presta xuramento ou promesa segundo o establecido no artigo 108.7 da 5/1985 e Real Decreto 707/79, do 5 de abril utilizando a seguinte form.uLa: "Xuro pola miña conciencia e honra, cumprir fielmente as obrigas do cargo de concelleiro do Concello de Cabanas, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la constitución como norma fundamental do Estado".

A continuación, previa aceptación do cargo de Alcalde, D. Germán Castrillón Permuy xura cumprir fielmente as obrigas do cargo de Alcalde do Concello de Cabanas, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado.

Cumpridos os requisitos establecido ao efecto e co acordado pola Corporación na sesión constitutiva, D. Germ.án. Castrillón Permuy toma posesión do cargo de Alcalde do Concello de Cabanas.

De todo o cal levántase a presente acta por duplicado exemplar, da cal darase conta a Corporación na sesión convocada ao efecto para esta data as vinte horas no Salón de Sesións da Casa do Concello de Cabanas, asinándoa o Sr. Alcalde-Presidente, conmigo o Secretario, do que dou fé. O Alcalde-Presidente-Asdo. Germán Castrillón. Permuy.

A continuación dáse conta do Decreto 246/2015 de data 15 de xuño, polo que se nornea pánaeiro tenente de Alcalde a D. Manuel González López e Decreto 247/2015, do 15 de xuño, polo que se delegada no primeiro tenente de Alcalde D. Manuel González López a totalidade das funcións da Alcaldía durante o período de baixa por enfermidade do titular da Alcaldía.

O Pleno da Corporación toma coñecemento da toma de posesión de D. Germán Castrillón Permuy como Alcalde-Presidente do concello de Cabanas.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte horas e dez minutos da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.

O Secretario. Asdo. Antonio López Vº e Prace O Alcalde accidental

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 9 DE XULLO DE 2015

Concelleiros asistentes:

D. Manuel González López

D. Julián Ramón Seijas Criado.

Da. Esperanza Gayoso Pereiro.

Da. Ana Rosa Méndez Eiroa

D. Delfín Feal Pereira

D. Carlos Ladra Brage

Da. Concepción Rodriguez Ferreiro

D. Iago Varela Martínez.

Da. Eva María García Amor

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día nove de xullo de dous mil quince, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria segundo a convocatoria remitida ao efecto. Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, e antes de trata-los asuntos incluídos na Orde do Día, o Sr. Alcalde fai a seguinte declaración:

"Boas tardes, concelleiros/as, veciños/as, amigos/as. Como xa comprobastes o día da constitución da nova Corporación 2015-2019 o día 13 de xuño, non foi posible a miña presenza por problemas de saúde que a día de hoxe estamos en proceso de recuperación.

Quero aproveitar hoxe o meu primeiro pleno desta lexislatura para felicitar a tódolos/as concelleiros/as desta nova Corporación. Independentemente da candidatura que formaramos parte e da adscrición ideolóxica de cada un, os veciños e veciñas nos encomendaron a todos e cada un de nosoutros unha importante tarefa: traballar polo noso pobo, polo seu presente e polo seu futuro.

Estou completamente seguro que cada un de nosoutros, dende o lugar que nos corresponda polo mandato dos cidadáns, deixaremos o mellor de nos mesmos para non defraudar este importante caudal de confianza. Que é o que vamos facer durante estes próximos catro anos?, pois ante todo, velar polos intereses de tódolos cabaneses e cabanesas, vamos poñer o noso mellor facer ao servizo de todos; estes servizos son: o traballo incansable, o diálogo permanente e a proximidade cos verdadeiros problemas de Cabanas. Sen estes tres piares e, fundamentalmente, sen o noso afán por traballar sempre de forma decidida polos cidadáns de Cabanas, o noso cometido no Concello non tería sentido. Iso é o que queremos aplicar, o traballo sensato co maior dos sentidos comúns.

Tamén quero agradecer o apoio recibido por parte dos veciños e veciñas de Cabanas, as portas do Concello están abertas para todos. Ante calquera problema poden contar co apoio e axuda do seu alcalde e coas persoas que conformen o novo equipo de goberno.

Teño ante min unha enorme responsabilidade e un apaixonante reto, asegúrovos que non escatimarei esforzos nin ilusión, prométovos que poñerei todo o mellor de min na tarefa de servir a Cabanas.

Afronto o tempo por vir con ilusión, esperanza, fortaleza, confianza que nos da saber que contamos co voso apoio, co voso alento e coa vosa colaboración.

Moitas grazas por renovar a vosa confianza en min. Saúde e sorte compañeiro".

1.- APROBACIÓN SE PROCEDE DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta das actas de sesións anteriores realizadas os días 13 e 15 de xuño, de 2015, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros; o Sr. Presidente pregunta se algún membro da Corporación ten que formular algunha alegación, e non presentándose alegacións, o

Pleno da Corporación en votación ordinaria, con dez votos a favor e abstención do Sr.Alcalde por non asistir a ditas sesións, acorda aproba-las referidas actas.

2.- RÉXIME DE SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO. Vista a proposta da Alcaldía, na que sinala " Segundo o establecido no artigo 46.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, en relación co 210.1 da Lei 5/1987,do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigo 78.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, son sesións ordinarias aquelas que teñen unha periodicidade preestablecida. Dita periodicidade será fixada por acordo do Pleno da Corporación, adoptado en sesión extraordinaria que convocará o Alcalde dentro dos trinta días seguintes ó da sesión de constitución da Corporación.

De acordo co disposto no artigo 46.2.a) da Lei 7/1985, o Pleno nos concellos de menos de 5.000 habitantes realizará sesión ordinaria como mínimo cada tres meses; por outra banda o artigo 210.2.a) da Lei de Administración Local de Galicia, fixa con carácter xeral este período en dous meses.

Tendo en conta as necesidades de realizar sesións en lexislaturas anteriores e os asuntos a tratar, así como, a posibilidade de convocar sesións extraordinarias que se consideren necesarias, esta Alcaldía propón o Peno da Corporación adopte o seguinte acordo:

O pleno da Corporación do concello de Cabanas realizará sesión ordinaria o último mércores de cada mes, as dezanove horas e trinta minutos, agás nos meses de agosto e decembro. No caso de cadrar en día non laborable, a sesión realizarase o día hábil anterior a mesma hora".

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo socialista: o voceiro D. Delfín Feal Pereira indica que este punto foi tratado na xunta de portavoces e chegaron a ese acordo, tamén falouse do tempo de intervención de cada grupo, 6 minutos na primeira quenda e 3 na segunda, en canto a preguntas, escritas sen límite e orais 5 por grupo e 1 por concelleiro, 3 rogos por grupo e 1 por concelleiro, sendo isto así, o grupo socialista está a favor da proposta.

Polo grupo mixto: o concelleiro de PDDdG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que o grupo mixto esta de acordo coa proposta de plenos mensuais porque houbo cambio da situación política, na pasada lexislatura a maioría absoluta impuxo os plenos cada dous meses, pero neste momento a oposición ten que facer máis traballo e necesita máis información, require máis preguntas, máis rogos, máis iniciativas, alude a que os dous grupos maioritarios están pactando o número de iniciativas, iso é un mal comezo; a proposta de sesións considera que convén a todos.

Polo grupo popular: o voceiro D. Manuel González López, tamén recorda que este asunto foi tratado na xunta de voceiros, entendían que sería suficiente un pleno cada 2 meses como fixa con carácter xeral a Lei de Administración Local de Galicia, pero unha vez falado tampouco se van opoñer a que sexa mensual si de verdade é para información e o que se debata chegue aos veciños.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos once membros que o compoñen, acorda aprobar dita proposta da Alcaldía.

3.- EXISTENCIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL. A seguir dáse lectura a proposta da Alcaldía "O artigo 20.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, en concordancia co artigo 59.2.b) da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, establecen que a Xunta de Goberno Local existe en tódolos municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando o dispoña o seu regulamento orgánico ou o acorde o Pleno do Concello.

Tendo en conta que a existencia de este órgano resulta de utilidade para os intereses municipais, esta Alcaldía propón ó pleno a adopción do seguinte acordo:

A existencia da Xunta de Gobemo Local como órgano da organización municipal durante a presente lexislatura, coas funcións e competencias establecidas no artigo 23.2 da Lei 7/1985 en relación co artigo 59 e 65 da Lei 5/1997, a cal estará integrada polo Sr.Alcalde e un número de concelleiros non superior a terceira parte do número legal deles, nomeados e separados libremente polo Alcalde, dando conta ao Pleno.

A Xunta de Gobemo Local para exercelas competencias resolutorias terá sesión ordinaria coa periodicidade mensual, na data e hora fixada polo Alcalde.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo socialista: o voceiro D. Delfín Feal Pereira alude a que estes temas foron debatidos na reunión de portavoces, houbo discrepancias pero o seu grupo en coherencia co seu programa está a favor da existencia da Xunta de Goberno, pedíase a posibilidade de asistencia dos grupos da oposición pero parece que non é legal; en canto a periodicidade propoñen unha quincenal inda que están dispostos a que o determine a Alcaldía.

Polo grupo mixto: a concelleira de AEC D. Eva María García Amor opina que non sería necesaria porque trataríase dun órgano no que delega o Alcalde ou o Pleno atascando a tramitación de asuntos, o Concello sería moito máis aberto e participativo e alude ao gasto estimado dun órgano innecesario, propoñendo ao seguinte acordo: A non existencia da Xunta de Gobemo Local no concello de Cabanas.

Polo grupo popular: o voceiro D. Manuel González López considera necesaria a existencia da Xunta de Gobemo Local como órgano da organización municipal, con sesión ordinaria mensual, tendo en conta que como ocorreu na pasada lexislatura se non hai asuntos para tratar non se convocará, é un órgano importante para o funcionamento intemo do Concello onde se tratan temas como as licenzas de obras entre outras cousas, hai veces que é necesario debater e interpretar informes técnicos ou xurídicos.

O Sr. Alcalde indica que as contías por asistencias a Xunta de Goberno Local das que están a falar non se corresponden coa realidade porque son tres persoas as que cobran por doce sesión non saen as contas, fala de facer un receso para ver si se chega a un acordo.

Sobre as contías intervén o concelleiro do PDDdG no grupo mixto D. Xosé Manuel Pérez Sardiria facendo a súa valoración; tamén intervén polo mesmo grupo o concelleiro do BNG D. Iago Varela Martínez indicando que a Lei para concellos de menos de 5000 habitantes non é precisa e polo tanto o seu voto será en contra.

O Sr. Feal Pereira insiste na posición do seu grupo, considera mellor que a Alcaldía delegue certas atribucións, é un órgano asesor onde a maiores vai aparecer reflectido en acta o debate e o acordo a que se chega, polo tanto está a favor

O Sr. Presidente solicita a opinión do Secretario sobre as sesións da Xunta de Gobemo Local, o cal indica que as sesións da Xunta de Gobemo Local non son públicas, sen prexuízo da publicidade dos acordos adoptados, facendo referencia ao establecido no artigo 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, artigo 253.1 da Lei 22/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigo 113.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro,

e tendo en conta isto así como as funcións da Comisión, na acta da sesión non se recolle debate, solo o acordo ao que se lle da publicidade.

O Sr. Alcalde a vista dunha proposta que lle deixou o grupo socialista e porque ademais ten ganas de que a responsabilidade recaia en máis xente, de non existir a Xunta de Gobemo Local propón crear unha comisión informativa de obras, servizos, urbanismo e emprego, porque algo ten que existir xa que non lle gustaría tomar solo as decisións, válelle calquera das dúas solucións.

O Sr.Varela Martínez propón entonces tratar os puntos 3 e 4 de forma conxunta ou primeiro o 4 e despois o 3.

Co obxecto de deliberar tódolos grupos e intentar chegar a unha posición de consenso a proposta do Sr.Presidente faise un receso na sesión as dezanove horas e cincuenta e oito minutos. Continúase a sesión as vinte horas e dezanove minutos.

Despois de debatido o asuntos, sométese a votación ordinaria a proposta de existencia da Xunta de Gobemo Local, resultando rexeitada co voto en contra dos once membros que compoñen o Pleno da Corporación.

4.- CREACIÓN E COMPOSICIÓN DE ÓRGANOS COMPLEMENTARIOS. A continuación o Secretario da lectura a proposta da Alcaldía. "O artigo 20 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, en relación co artigo 59 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigos 123 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, establecen a posibilidade de comisións de estudio, informe ou consulta de asuntos que han de ser sometidos a decisión do Pleno, así como, o seguimento de xestión dos órganos de goberno.

As comisións informativas poden ser permanentes ou especiais. As primeiras constitúense con carácter xeral e o seu número e denominación así como calquera modificación, decidirase por acordo do Pleno. As comisións informativas especiais son as que acorde constituí-lo Pleno para un asunto concreto considerando as súas características especiais.

A comisión especial de contas existirá en tódolos concellos, segundo establecen os artigos 20.1.c) da Lei 7/1985, artigo 59.2.c) da Lei de Administración Local de Galicia e artigo 127 do referido Regulamento.

A creación de órganos complementarios terá en conta as regras establecidas no artigo 59.3 da mencionada Lei 5/1997 e artigo 125 do ROF. A adscrición concreta a cada Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma en representación de cada grupo político, realizarase polo seu portavoz en escrito dirixido á Alcaldía.

Tendo en conta todo elo, esta Alcaldía propón ó Pleno adopte o seguinte acordo:

1°. Crea-los seguintes órganos complementarios da organización municipal:

a) Xunta de voceiros, que estará integrada polos voceiros dos grupos politicos municipais e presidida polo Alcalde, reunirase antes da convocatoria da sesión ordinaria do Pleno e ademais cando sexa convocada pola Alcaldía. No caso do grupo Mixto, ademais do portavoz poderán asistir os representantes das outras candidaturas que compoñen dito grupo.

b) Xunta de delegados, que estará integrada polos concelleiros que ostenten delegacións da Alcaldía, reunirase coa periodicidade semanal no día e hora que estableza a Alcaldía.

c) Comisión de Facenda, para estudo, informe ou consulta de asuntos relativos á bens e facenda local. Esta comisión actuará tamén como comisión especial de Contas que tratará os asuntos referentes as contas municipais segundo o establecido no Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, Lei 7/1985 e Lei de Administración Local de Galicia.

Composición: Esta Comisión estará constituída por sete membros: dous membros do grupo popular, dous membros do grupo socialista, dous membros do grupo mixto, e o Sr.Alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa que a presidirá.

Periodicidade das sesións: A periodicidade das sesións ordinarias será mensual, de acordo coas sesións ordinarias do pleno, no día e hora que estableza o Alcalde-Presidente da Corporación".

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

O Sr.Alcalde manifesta que se van introducir dous cambios, desaparece a xunta de portavoces para asuntos do pleno e créase a Comisión informativa de Asuntos do Pleno, que se reunirá a semana anterior.

Polo grupo mixto: o concelleiro de PDDdG D. Xosé Manuel Pérez Sardiria fala da proposta das seguintes comisións:

Comisión informativa de Contas, Facenda e Persoal que tratará asuntos referentes as contas municipais segundo establecido na Lei de facendas locais e lexislación de réxime local, incluirá o relativo a orzamentos e modificacións, operacións de crédito, asuntos económicos e financeiros e persoal, así como seguimento da xestión da Alcaldía e concelleiros delegados nestas materias.

Comisión informativa de Asuntos do Pleno que encargarase do estudo e consulta de asuntos que deban someterse o Pleno e non estean reservados a outra comisión; actuará tamén como Comisión especial de suxestións e reclamacións.

Composición: cada comisión informativa estará constituída por sete membros, dos cales 3 serán do grupo popular, dous do grupo socialista e dous do grupo mixto, sendo presidida polo Sr.Alcalde-Presidente ou membro da Corporación en quen delegue a proposta da propia Comisión trala correspondente elección no seu seo, e como Secretario actuará o da Corporación.

Periodicidade das sesións: A Comisión de Asuntos do Pleno realizarase con periodicidade mensual, agás en agosto e decembro, na semana anterior a que se realice o Pleno da Corporación, ou en sesión extraordinaria cando a Alcaldía ou un carto de membros o solicite. A Comisión de Contas, Facenda e Persoal realizará sesión cando haxa asuntos da súa competencia a tratar, na semana anterior a que realice o Pleno da Corporación, ou en sesión extraordinaria cando a Alcaldía ou un carto de membros o solicite. O día e hora da convocatoria serán fix• ados pola Alcaldía ou polo Presidente da Comisión.

Polo grupo socialista: o voceiro D. Delfín Feal Pereira indica que o grupo socialista presentaba dúas comisións a maiores, a Comisión informativa cle Obras, Servizos, Urbanismo e Emprego, na que unha das súas funcións sería ditaminar as licenzas de obra, e unha Comisión informativa de Cultura, Educación e Servizos Sociais; despois de que a Alcaldía englobase funcións da Xunta de Gobemo Local coa que estaban de acordo, na Comisión de Obras parécelle correcto, e visto o deliberado neste receso, houbo un cambio na Xunta de portavoces e a Comisión de Cultura, Educación e Servizos Sociais se podería englobar na Comisión de Asuntos do Pleno polo tanto están de acordo; con respecto a Xunta de delegados consideran necesario a coordinación da acción de goberno e polo tanto están de acordo.

O Sr.Alcalde aclara que na xunta de voceiros se trataban asuntos do pleno e asuntos de urxencia, coa modificación quedaría para asuntos de urxencia ou calquera cousa que puidera surxir.

Os representantes do grupo mixto consideran que no caso de crearse sexa sen asignación económica.

O Sr.Alcalde considera que o máis importante é traballar e da conta das comisións a crear para someter a votación, mentres que o Sr. Varela Martínez sinala que no receso o acordo era de tres

comisións, pero nin coa xunta de voceiros nin coa xunta de delegados estaban de acordo, pide que se voten por separado; pola súa parte o Sr. Feal Pereira mantén a postura expresada anteriormente. Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación adopta os seguintes acordos:

1°. Co voto a favor dos once membros que compoñen a Corporación, crea-la Comisión de Asuntos do Pleno, que encargarase do estudo e consulta de asuntos que deban someterse o Pleno e non estean reservados a outra comisión; actuará tamén como Comisión especial de suxestións e reclamacións.

Composición: Esta Comisión estará constituída por un total de sete membros: tres membros do grupo popular, dous membros do grupo socialista, dous membros do grupo mixto, sendo presidida polo Sr.Alcalde-Presidente ou membro da Corporación en quen delegue a proposta da propia Comisión trala correspondente elección no seu seo, e como Secretario actuará o da Corporación.

Periodicidade das sesións: A Comisión de Asuntos do Pleno realizarase con periodicidade mensual, agás en agosto e decembro, na semana anterior a que se realice o Pleno da Corporación, ou en sesión extraordinaria cando a Alcaldía ou un carto de membros o solicite. O día e hora da convocatoria serán fixados pola Alcaldía ou polo Presidente da Comisión.

2°. Co voto a favor de oito membros da Corporación pertencentes os grupos popular e socialista, e tres en contra dos membros do grupo mixto, crea-la Xunta de voceiros, para tratar asuntos urxentes que poidan xurdir, estará integrada polos voceiros dos grupos políticos municipais e presidida polo Alcalde, reunirase cando sexa convocada pola Alcaldía. No caso do grupo Mixto, ademais do voceiro poderán asistir os representantes das outras candidaturas que compoñen dito grupo.

3°. Co voto a favor de oito membros da Corporación pertencentes os grupos popular e socialista, e tres en contra dos membros do grupo mixto, crea-la Xunta de delegados, que estará integrada polos concelleiros que ostenten delegacións da Alcaldía, reunirase coa periodicidade semanal no día e hora que estableza a Alcaldía.

4°.- Co voto a favor dos once membros que compoñen a Corporación, crea-la Comisión informativa Especial de Contas, Facenda e Persoal, para estudo, informe ou consulta de asuntos referentes as contas municipais segundo establecido na Lei de facendas locais e lexislación de réxime local, incluirá o relativo a orzamentos e modificacións, operacións de crédito, asuntos económicos e financeiros e persoal, así como seguimento da xestión da Alcaldía e concelleiros delegados nestas materias.

Composición: Esta Comisión estará constituída por un total de sete membros: tres membros do grupo popular, dous membros do grupo socialista, dous membros do grupo mixto, sendo presidida polo Sr.Alcalde-Presidente ou membro da Corporación en quen delegue a proposta da propia Comisión trala correspondente elección no seu seo, e como Secretario actuará o da Corporación.

Periodicidade das sesións: A Comisión Especial de Contas, Facenda e Persoal realizará sesión cando haxa asuntos da súa competencia a tratar, na semana anterior a que realice o Pleno da Corporación, ou en sesión extraordinaria cando a Alcaldía ou un carto de membros o solicite. O día e hora da convocatoria serán fixados pola Alcaldía ou polo Presidente da Comisión.

4°.- Co voto a favor dos once membros que compoñen a Corporación, crea-la Comisión informativa de Obras, Servizos, Urbanismo e Emprego, para estudo, informe ou consulta de asuntos referentes a licenzas e obras en xeral, servizos, urbanismo e emprego, así como seguimento da xestión da Alcaldía e concelleiros delegados nestas materias.

Composición: Esta Comisión estará constituída por un total de sete membros: tres membros do grupo popular, dous membros do grupo socialista, dous membros do grupo mixto, sendo presidida polo Sr.Alcalde-Presidente ou membro da Corporación en quen delegue a proposta da propia Comisión trala correspondente elección no seu seo, e como Secretario actuará o da Corporación.

Periodicidade das sesións: A Comisión de Obras, Servizos, Urbanismo e Emprego, realizará sesión cando haxa asuntos da súa competencia a tratar, na semana anterior a que realice o Pleno da Corporación, ou en sesión extraordinaria cando a Alcaldía ou un carto de membros o solicite. O día e hora da convocatoria serán fixados pola Alcaldía ou polo Presidente da Comisión.

5.- RETRIBUCIÓNS, ASISTENCIAS, E INDEMNIZACIÓNS MEMBROS CORPORACIÓN E GRUPOS POLÍTICOS. A continuación trátanse as propostas da Alcaldía referentes a retribucións, asistencias e indemnizacións de membros da corporación e grupos políticos, as cales se da lectura polo Secretario.

A) RETRIBUCIÓNS MEMBROS CORPORACIÓN.

"No artigo 75.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, establecese que os membros das Corporacións locais que desempeñen os seus cargos con dedicación parcial por realizar funcións de presidencia ou ostentar delegacións ou desenvolver responsabilidades que así o requiran, percibiran retribucións polo tempo de dedicación efectiva a elas, en cuxo caso serán dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, asumindo a Corporación as cotas empresarias que correspondan.

A percepción de tales retribucións estará suxeita ó réxime de incompatibilidades establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servizo das Administracións Públicas.

Os orzamentos xerais do Estado determinarán, anualmente, o límite máximo total que poden percibir os membros das corporacións locais por todos os conceptos retributivos e asistencias.

A disposición adicional nonaxésima da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, establece o límite máximo total que poden percibir como retribución os membros das corporacións locais, en función da poboación de cada municipio. Nos concellos de menos de 1.000 habitantes ningún membro poderá prestar os seus servizos en réxime de dedicación exclusiva.

Tendo en conta que o cargo de Alcalde, deste Concello require unha dedicación parcial para atende-las súas funcións, esta Alcaldía propón ó pleno da Corporación adopte o seguinte acordo:

1°.-A partir desta data e ata o final do mandato e constitución da nova Corporación, o cargo de Alcalde desempeñarase en réxime de dedicación parcial por necesidade de atender as funcións que asigna a lexislación vix• ente.

2°.Establecer a favor do membro da Corporación que desempeñe o cargo de Alcalde en réxime de dedicación parcial a retribución bruta anual de 32.900,00 euros, cunha dedicación de trinta e cinco horas semanais, a percibir en catorce pagas, doce correspondentes ás diferentes mensualidades do ano cunha contía mensual de 2.350,00 euros, máis dúas pagas extraordinarias polo mesmo importe nos meses de xuño e decembro, con dereito a un mes de vacacións anuais, así como, darlle de alta no réxime xeral da Seguridade Social, asumindo a Corporación o pagamento das cotas empresariais que corresponda.

Todo elo sen prexuízo das modificacións que poidan acordarse polo Pleno da Corporación no devandito período".

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo socialista: o voceiro D. Delfín Feal Pereira están de acordo en que as persoas que se dedican á política na Corporación deber ter unha retribución pero a palabra retribución leva consigo achega á Seguridade Social, no seu programa levaban que a Alcaldía non tería soldo e o van respectar, unha cousa e non ter soldo que é achega a Seguridade Social, e outra é non cobrar ou ter asignacións por asistencia ó traballo no Concello, alude aos concello limítrofes e considera que está máis que xustificada a súa proposta de que a Alcaldía non teria soldo.

Polo grupo mixto: o concelleiro do BNG D. Iago Varela Martínez formula proposta respectando o texto que presenta a Alcaldía cambiando a contía da asignación a 20.000 euros brutos anuais, entenden que para un concello do tamario de Cabanas é soldo abondo.

Polo grupo popular: o voceiro D. Manuel González López considera que o cargo de Alcalde necesita unha dedicación parcial para atender as súas funcións cunha dedicación de trinta e cinco horas semanais, e propón manter o soldo nas mesmas condicións como na última lexislatura.

O Sr.Alcalde estima que é necesario porque hai moito traballo, o movemento que fai na comarca é todo con coche particular sen pasar máis gastos, non hai outra axuda de custo, agás cando sae da comarca, polo tanto o considera normal estando uns oito mil euros por abaixo do límite que permite a lexislación vixente.

A continuación o Sr.Presidente somete a votación ordinaria a proposta da Alcaldía, o Pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros do grupo popular e seis en contra dos membros dos grupos socialista e mixto, acorda rexeitar a proposta da Alcaldía.

A seguir sométese a votación a proposta do grupo mixto que o Sr.Alcalde considera insuficiente, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con tres votos a favor do grupo mixto e oito en contra dos membros dos grupos popular e socialista, acorda rexeitar a proposta do grupo mixto.

OSr. Alcalde fala de facer un receso para falar, unha cousa pode ser unha baixa de cen euros mes pero máis non se pode, senón haberá que pasar gastos que estima é máis prexudicial.

O Sr. Varela Martínez opina que non procede ameazar con gastos pois tamén os membros da oposición os teñen, e teñen un traballo político polo que non cobran.

OSr. Alcalde formula unha nova proposta cunha retribución anual bruta de 32.000 euros, e sometida a votación, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros do grupo popular e seis en contra dos membros dos grupos socialista e mixto, acorda rexeitar a nova proposta da Alcaldía.

B) ASISTENCIAS.

"O artigo 75.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, establece que solo os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin dedicación parcial percibirán asistencias pola concorrencia efectiva as sesións de órganos colexiados da Corporación de que formen parte, na contía sinalada polo pleno da mesma.

Tendo en conta a necesidade de actualizar estas asistencias e a situación da organización municipal, esta Alcaldía propón ó pleno adopte o seguinte acordo:

1°.A partir desta data a contía a percibir polos membros da Corporación que terian dereito a elas, por asistencia a órganos colexiados dos que formen parte serán as seguintes:

a)Asistencia a sesións de pleno, xunta de voceiros, mesas de contratación, comisións e outros órganos colexiados dos que formen parte 100 euros por reunión.

b)Asistencia reunións da Xunta de delegados, 150 euros por reunión.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo socialista: o voceiro D. Delfín Feal Pereira alude a reunión da xunta de voceiros e segue a estar de acordo con esta proposta.

Polo grupo mixto: o concelleiro de PDDdG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña considera necesario revisar as asistencias da nova organización municipal, e formula a seguinte proposta:

1°.Asistencia a sesións de pleno e comisións informativas das que formen parte 100 euros/sesión.

Suprimir as asignación por asistencias a xunta de voceiros, xunta de delegados e órganos colexiados extemos.

2°. A base correspondente do orzamento municipal para 2015 modificarase nos termos do apartado anterior.

Polo grupo popular: o voceiro D. Manuel González López manifesta que segundo o falado na reunión de voceiros está a favor de mante-las contías das lexislaturas anteriores.

Sometida a votación a proposta da Alcaldía, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oitos votos a favor dos membros dos grupos popular e socialista e tres en contra dos membros do grupo mixto, acorda aproba-la proposta da Alcaldía.

Á vista do cal xa non se somete a votación a proposta do grupo mixto.

C) INDEMNIZACIÓNS.

"O artigo 75.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local establece que os membros das Corporacións locais percibirán indemnización polos gastos efectivos ocasionados no exercicio do cargo, segundo as normas de aplicación xeral nas Administracións públicas e as que no seu desenvolvemento aprobe o pleno da Corporación.

Tendo en conta que os gastos que se ocasionan con motivo de xestións municipais son variados e os valores reais que se poden producir, esta Alcaldía propón ó pleno da Corporación o seguinte acordo:

1°. A partir desta data a contía a percibir como axudas de custo polos membros da Corporación que terian que desprazarse fora do Concello para xestións municipais, cursos ou xornadas, serán as seguintes:

Axuda de custo completa (inclúe gastos de manutención e aloxamento por día) dentro da Comunidade Autónoma 150,00 euros, fora da Comunidade Autónoma 200,00 euros.

Axuda de custo manutención (inclúe gastos de comida e cea por día) dentro da Comunidade Autónoma 90,00 euros, fora da Comunidade Autónoma 110,00 euros.

Axuda de curso reducida (inclúe gastos comida ou cea por día) dentro da Comunidade Autónoma 60,00 euros, fora da Comunidade Autónoma 65,00 euros.

2°. Os gastos de desprazamento abonaranse de acordo co disposto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio.

3°. A xustificación das axudas de custo e gastos de viaxe por uso de vehículo particular xustificaranse mediante declaración xurada na que se detalle vehículo, día, xornada, lugar e concepto concreto do desprazamento, e no suposto de axuda de custo enteira achegarase factura acreditativa do aloxamento".

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos once membros que o compoñen, acorda aproba-la proposta da Alcaldía.

D) ASIGNACIÓNS A GRUPOS POLÍTICOS.

O artigo 73.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local establece que o pleno da Corporación con cargo aos Orzamentos anuais poderá asignar ós grupos políticos municipais unha dotación económica que deberá contar cun compoñente fixo idéntico para tódolos grupos e outro variable en función do número de membros de cada un deles, dentro dos límites que se establezan na Lei de Orzamentos do Estado.

Constituídos os grupos municipais e visto o establecido no orzamento de 2015, esta Alcaldía propón ó pleno o seguinte acordo:

1°. Establecer a partir da constitución desta Corporación como asignación para os grupos

políticos a contía de 50 euros por grupo e 400 euros por cada concelleiro que forme parte do grupo. 2°. A base 33 a.4 do orzamento para 2015, queda modificada nos termos do apartado anterior". O Sr. Alcalde manifesta que en relación coa proposta anterior hai unha modificación a que se

chegou a acordo, a cal consiste en asignar 200 euros por grupo e 200 euros por concelleiro.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos once membros que o compoñen, acorda aproba-la proposta da Alcaldía nos termos expostos.

6.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS.

"O artigo 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, sinala que entre os asuntos a tratar na sesión extraordinaria a convocar pola Alcaldía dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constitutiva, se resolva o nomeamento de representante da Corporación en órganos colexiados.

Por elo esta Alcaldía propón ó pleno adopte o seguinte acordo:

Nomear representantes da Corporación nos órganos colexiados que se indican ós seguintes concelleiros:

Consello escolar do CEIP Eladia Mariño á concelleira D a. Esperanza Gayoso Pereiro.

Grupo Acción Costeira "Golfo Ártabro" á concelleira D a. Esperanza Gayoso Pereiro.

Grupo Euroeume ó concelleiro D. Manuel González López.

Parque das Fragas do Eume, ó Alcalde D. Germán Castrillón Permuy.

Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, ó Alcalde D. Germán Castrillón Permuy.

Ante calquera outro órgano colexiado a representación será ostentada pola Alcaldía".

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma

sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo socialista: o voceiro D. Delfín Feal Pereira manifesta ser certo que pode ser calquera concelleiro pero nestes órganos colexiados ten que levar a cabo a política do grupo de gobemo por elo están de acordo coa proposta da Alcaldía coa reserva de que se traslade aos grupos municipais o debatido neses órganos colexiados para que se poidan debater eses temas na Corporación.

Polo grupo mixto: o concelleiro do BNG D. Iago Varela Martínez considera que estes representantes son representantes da Corporación e deben ser unha mostra do que é a Corporación, a proposta que trae aquí a Alcaldía é unha representación da candidatura do PP que non representa a Corporación que existe en Cabanas, por elo dado que nun primeiro momento hai cinco órganos colexiados propón que cada candidatura teria un representante.

Polo grupo popular: o Sr.Alcalde índica que van na dirección sinalada polo voceiro socialista porque nesas comisións a veces hai que tomar decísións e quen sabe e pode facelo é o equipo de

goberno, outra cousa é que se traslade información aos grupos políticos, pero a representación debe ser do grupo de goberno.

O Sr. Varela Martínez indica que lle resulta contraditorio que o Sr.Alcalde diga que ten ganas de telos informados e despois poña en dúbida que representante doutro partido político non teña coñecemento abondo como para representar ao Concello nun órgano colexiado.

O Sr.Alcalde di que é distinto o que se está a falar, hai que tomar decisións neses órganos colexiados que non poden esperar, e o do grupo de goberno sabe como ten organizado o seu programa como pode ser educación, outro punto clave poden ser as Fragas do Eume ou Euroeume.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos popular e socialista e tres en contra dos membros do grupo mixto, acorda aprobar dita proposta da Alcaldía.

7.- COÑECEMENTO RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA. A continuación dáse conta das seguintes resolución da Alcaldía:

a) Nomeamento de tenentes de Alcalde. Decreto 284/2015 polo que se nomea Segundo tenente de Alcalde a Da. Ana Rosa Méndez Eiroa e Terceiro tenente de Alcalde a Da. Esperanza Gayoso Pereiro.

b) Delegacións da Alcaldía. Decreto 185/2015 polo que se outorgan as seguintes delegacións da Alcaldía:

- Delegar no primeiro tenente de Alcalde D. Manuel González López as atribucións referentes a dirección intema, inspección e xestión en materia de obras, servizos, medio ambiente, e relacións coas asociacións.

- Delegar na segunda tenente de Alcalde Da. Ana Rosa Méndez Eiroa as atribucións referentes a dirección intema e xestións en materia de benestar, igualdade, servizos sociais, sanidade, e industria.

- Delegar na terceira tenente de Alcalde Da. Esperanza Gayoso Pereiro Delegar as atribucións referentes a dirección intema e xestións en materia de turismo, cultura, educación, patrimonio cultural, xuventude, festas, feiras e mercados.

- Efectuar delegación especial no concelleiro D. Julián Ramón Seijas Criado das atribucións referentes a dirección intema e xestións en materia de medio rural, parques infantís e infraestrutura viaria.

- As demais atribucións seguirán de competencia da Alcaldía, en especial o relativo a deporte, urbanismo, facenda, persoal, seguridade, formación e emprego.

c) Constitución grupos políticos.

Dáse conta ó Pleno da Corporación da constitución dos seguintes grupos políticos:

Grupo municipal socialista, composto polos concelleiros D. Delfín Feal Pereira, D. Carlos Ladra Brage e Da. Concepción Rodriguez Ferreiro, designando como voceiro a D. Delfín Feal Pereira, voceiro suplente a D. Carlos Ladra Brage e voceiro suplente segundo a Da. Concepción Rodriguez Ferreiro.

Grupo municipal popular, composto polos concelleiros D. Germán Castrillón Permuy, D. Manuel González López, D. Julian Ramón Seijas Criado, D. Esperanza Gayoso Pereiro e D. Ana Rosa Méndez Eiroa, designando como voceiro a D. Manuel González López e voceiro suplente a D. Ana Rosa Méndez Eiroa.

Grupo municipal mixto, composto polos concelleiros D. Iago Varela Martinez, Da. Maria Eva García Amor e D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, nomeando voceiros titulares alternos e por esta orde a D. Iago Varela Martinez, D. María Eva Garcia Amor e a D. Xosé Manuel Pérez Sardiña.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte e unha horas da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.