2011 2012 2013 2014 2015
Xaneiro 2012 Xaneiro 2013 Xaneiro 2014
Febreiro 2012
Marzo 2012-1 Marzo 2013 Marzo 2014
Marzo 2012-2
Abril 2012-1
Constitución Abril 2012-2
Xuño 2011 Maio 2012 Maio 2013 Xullo 2014-1
Xullo 2011 Xullo 2012 Xullo 2013 Xullo 2014-2
Setembro 2011 Setembro 2012-1 Agosto 2013
Novembro 2011 -1 Setembro 2012-2 Setembro 2013-1 Setembro 2014
Novembro 2011 -2 Novembro 2012-1 Setembro 2013-2 Novembro 2014
Decembro 2011 Novembro 2012-2 Novembro 2013-1
Decembro 2012-1 Novembro 2013-2 Decembro 2014
Decembro 2012-2 Decembro 2013

ACTA DE CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN E ELECCIÓN DE ALCALDE, COMO CONSECUENCIA DAS ELECCIÓNS LOCAIS REALIZADAS O DÍA 22 DE MAIO DE 2011.

No Salón de Sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as doce horas do día once de xuño de 2011 de acordo co disposto nos artigos 195 e 196 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, e artigos 36 e 37 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, reúnese en sesión pública a totalidade dos seitores concelleiros electos nas eleccións locais do 22 de maio de 2011, que son os seguintes: D. German Castrillón Permuy, Da. Eva María Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan Antonio López Rodriguez, Da Ana Rosa Méndez Eiroa e D. Julian Ramón Seijas Criado, polo PP, D.Xosé Manuel Pérez Sardiña e Da. María Teresa de Jesus García Pita polo BNG, D. José Casimiro Rey García e D. Luis Antonio Fachal López pola AEC, e D. Delfín Feal Pereira polo PSdeG-PSOE, asistidos polo Secretario da Corporación D. Antonio López Vila, quen fai constar o cumprimento por parte de tódolos concelleiros electos do requisito establecido no artigo 7 do devandito Regulamento e da presentación das declaracións que sinala o artigo 75.7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, como trámite previo legal para a realización deste acto.

Formación da mesa de idade e constitución da Corporación.

A seguir o Secretario da lectura as referidas disposicións de aplicación na constitución de novas corporacións, e procédese a forma-la mesa de idade, quedando constituída por D. José Casimiro Rey García, concelleiro electo de maior idade dos asistentes que pasa a presidi-la e pola concelleira electa de menor idade Da. Eva María Pazos Bande, actuando como Secretario o da Corporación.

A Mesa procede a comprobación das credenciais presentadas, sendo de conformidade coa certificación remitida pola Xunta Electoral de Zona de Ferrol, así como que tódolos concelleiros electos formularon as declaracións referidas no artigo 75.7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e resultando que ningún dos reunidos manifesta que resulte afectado por causas de incompatibilidade sobrevida despois da súa proclamación, para tomar posesión dos seus cargos, os Sres. Concelleiros proceden a prestar xuramento ou promesa segundo o establecido no artigo 108.7 da 5/1985 e Real Decreto 707/79, do 5 de abril utilizando como base a seguinte formula: "Prometo/Xuro pola miña conciencia e honor, cumprir fielmente as obrigas do cargo de concelleiro do Concello de Cabanas, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la constitución como norma fundamental do Estado", agás os dous concelleiros do BNG que utilizan a fórmula " Coa man sobre Sempre en Galiza, como galego/a solidario/a e partidario/a da democracia real, por esixencia legal prometo acatar a Constitución"; D. German Castrillón Permuy, Da. Eva María Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, Da. Ana Rosa Méndez Eiroa, D. Julian Ramón Seijas Criado, cumprimentan dito requisito baixo a modalidade de xuro e D. Juan Antonio López Rodriguez, D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, Da. María Teresa de Jesus García Pita, D. José Casimiro Rey García, D. Luis Antonio Fachal López e D. Delfín Feal Pereira, baixo a modalidade de prometo.

A continuación o Sr. Presidente da Mesa declara constituída a Corporación Municipal polos seguintes membros: D. German Castrillón Permuy, Da. Eva María Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan Antonio López Rodriguez, Da. Ana Rosa Méndez Eiroa, D. Julian Ramón

Seijas Criado, D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, Da. María Teresa de Jesus García Pita, D. José

Casimiro Rey García, D. Luis Antonio Fachal López e D. Delfín Feal Pereira.

Elección de Alcalde.

Seguidamente, de acordo co disposto no artigo 196 da Lei 5/1985, procédese a

proclamación de candidatos para elección de Alcalde, que se corresponden cos concelleiros que

encabezan as correspondentes listas tendo en contra as renuncias presentadas ante a Xunta

Electoral de Zona, e que son os seguintes:

D. Germán Castrillón Permuy, por PP.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, por BNG.

D. José Casimiro Rey García pola AEC

D. Delfín Feal Pereira polo PSdeG-PSOE

Seguidamente, procédese a elección de Alcalde mediante votación secreta por papeleta,

depositando os membros da Corporación o seu voto nunha urna; rematada a votación a mesa

procede ó escrutinio, co seguinte resultado:

Votos emitidos, once (11).

Votos válidos, once (11).

Votos en branco, ningún(0)

Votos nulos, ningún (0).

D. Germán Castrillón Permuy, seis (6) votos.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, dous (2) votos.

D. José Casimiro Rey García, dous (2) votos.

D. Delfín Feal Pereira, un (1) voto.

En consecuencia obtendo a maioría absoluta o candidato D. German Castrillón Permuy, de

acordo co establecido no artigo 196.c) da Lei 5/1985, o Sr.Presidente da Mesa o proclama Alcalde

electo.

Despois de acepta-lo cargo, D. Germán Castrillón Permuy xura cumprir fielmente as obrigas

do cargo de Alcalde do Concello de Cabanas, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la

Constitución como norma fundamental do Estado, e pasa a ocupa-la Presidencia.

Acta de arqueo e bens da Corporación:

A continuación dáse lectura ó estado da tesourería e acta de arqueo cos documentos

xustificativos que presentan o seguinte resultado:

Existencia en metálico:

Caixa Corporación•................................................................................. 7.192,56 euros

Banco Bilbao Vizcaya conta n°0182-5260-92-0000010372.................... 6.343,98 euros

Caixa Galicia conta n° 2091-0201-58-3110000052.............................. 57.558,01 euros

Banco de Galicia conta n° 0097-8986-95-0661000624.......................... 4.672,93 euros

Banco Pastor conta n° 0072-0106-110000100761................................. 9.577,66 euros

Caixanova conta n° 2080-0164-23-0040001238................................... 93.403,73 euros

Caixanova conta 2080-0164-20-0040003401............................................ 481,66 euros

La Caixa conta n° 2100-5486-51-0200010305...................................... 25.733,12 euros

Total................ 204.963,65 euros.

Existencia en valores:

Caixa Corporación•............................................................................... 58.739,32 euros.

Estado execución orzamento:

Exercicio

Obrigas recoñecidas

Pagado

Pendente Pag°-

Dereitos recoñecidos

Ingresado

Pendente cobro

Corrente

1.219.080,19

770.167,45

448.912,74

977.135,89

994.657,54

2.478,35

Pechados

901.975,91

836.633,29

65.342,62

873.374,77

711.862,05

161.512,72

Gastos pendentes de consignación: 34.193,07 euros.

En relación coa débeda, o estado é o se      te:

Entidade

N° de préstamo

Importe inicial

Importe utilizado

Importe pte. Amortización

Caixa Galicia

0201-22.392-4

193.160,00

193.160,00

18.108,75

Así mesmo dáse conta que no relativo a bens municipais non existe inventario actualizado de bens municipais o cal é obrigatorio de acordo co establecido no Regulamento de Bens, e debendo ter a súa repercusión na contabilidade municipal.

Cumprido o obxecto da convocatoria da presente sesión o Sr. Alcalde pronuncia unhas palabras de recotiecemento do espírito democrático dos cidadáns, gratitude aos concelleiros que formaron parte da Corporación e parabéns para os da nova Corporación, invitando a construír un único proxecto para o futuro de Cabanas, que pasa pola posta en marcha do PXOM para seguridade urbanística e xurídica, elaboración inventario de bens e mais proxectos que esperan poder levar a cabo, pedindo a colaboración de tódolos grupos municipais, colectivos e veciños aos que invita a sumarse a este proxecto de futuro, a transparencia e honestidade serán claves para lograr estes obxectivos.

Despois de informar do disposto no artigo 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Sr. Alcalde levanta a sesión sendo as doce horas e vintecinco minutos da cal como Secretario dou fe.

Vt°. e prace. O Secretario

Acta da sesión extraordinaria do pleno de Cabanas do día 22 de xuño de 2011

Asistentes:

GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.GrM AEC D.José C. Rey García D. Luis A. Fachal LópezGrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e dous de xuño de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación Don Antonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dada conta da acta da sesión anterior de constitución da Corporación realizada o día 11 de xuño de 2011, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, a Presidenta pregunta se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda aproba-la referida acta.


2.- REXIME DE SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO. Vista a proposta da Alcaldía na que sinala: “Segundo o establecido no artigo 46.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, en relación co 210.1 da Lei 5/1987,do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigo 78.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, son sesións ordinarias aquelas que teñen unha periodicidade preestablecida. Dita periodicidade será fixada por acordo do Pleno da Corporación, adoptado en sesión extraordinaria que convocará o Alcalde dentro dos trinta días seguintes ó da sesión de constitución da Corporación.

De acordo co disposto no artigo 46.2.a) da Lei 7/1985, o Pleno nos concellos de menos de 5.000 habitantes realizará sesión ordinaria como mínimo cada tres meses; por outra banda o artigo 210.2.a) da Lei de Administración Local de Galicia, fixa con carácter xeral este período en dous meses.Tendo en conta as necesidades de realizar sesións en lexislaturas anteriores e os asuntos a tratar, así como, a posibilidade de convocar sesións extraordinarias que se consideren necesarias, esta Alcaldía propón o Peno da Corporación adopte o seguinte acordo:

O pleno da Corporación do concello de Cabanas realizará sesión ordinaria o último mércores dos meses impares, as dezanove horas e trinta minutos. No caso de cadrar en día non laborable, a sesión realizarase o día hábil anterior a mesma hora”.


O Sr. Presidente recorda que como acordaron na reunión de portavoces o tempo de duración da intervención por grupo será de cinco minutos para a primeira quenda e dous minutos para a segunda.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira propón realizar as sesións ordinarias con periodicidade mensual tendo en conta que de facerse con carácter bimensual pode haber temas importantes que habería que tratar de maneira extemporánea, existe a posibilidade de plenos extraordinarios pero están limitados polo que dispón o artigo 46.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, é dicir, solo podería ser solicitado pola cuarta parte dos concelleiros e solo tres plenos por ano limitando a opción de control do goberno.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña abonda no exposto hai catro anos que vai na liña desta proposta que se fixo aquí, o único que se fixo foi derrubar o Regulamento Orgánico que establecía sesións mensual para garantir o control dos órganos de goberno, xa que é nas sesións ordinarias onde se poden incluír rogos, preguntas e iniciativas, demostrouse que eran necesarias pola cantidade de preguntas e iniciativas que se fixeron e que o final foron limitadas pola Alcaldía como o tempo de intervención porque lle molestaban, o único obxectivo era entorpecer o control dos órganos de goberno, ese modelo non o poden aprobar e insiste en que deben ser sesións mensuais como está suficientemente xustificado.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande reitera que nos últimos catro anos os plenos bimensuais foron suficientes, e débese seguir na mesma liña, ademais hai opción de que si quedan asuntos por tratar se poden organizar plenos extraordinarios e si xorden asuntos importantes que tratar serán convocados plenos extraordinarios, polo que non cre necesario facer plenos mensualmente.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor, dos membros dos grupos popular e AEC, e tres en contra, dos membros dos grupos BNG e Mixto, acorda aproba-la devandita proposta da Alcaldía.


3.- EXISTENCIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL. A seguir polo Secretario dáse lectura a proposta da Alcaldía: “O artigo 20.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, en concordancia co artigo 59.2.b) da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, establecen que a Xunta de Goberno Local existe en tódolos municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando o dispoña o seu regulamento orgánico ou o acorde o Pleno do Concello.

Tendo en conta que a existencia de este órgano resulta de utilidade para os intereses municipais, esta Alcaldía propón ó pleno a adopción do seguinte acordo:

A existencia da Xunta de Goberno Local como órgano da organización municipal durante a presente lexislatura, coas funcións e competencias establecidas no artigo 23.2 da Lei 7/1985 en relación co artigo 65 da Lei 5/1997, a cal estará integrada polo Sr.Alcalde e un número de concelleiros non superior a terceira parte do número legal deles, nomeados e separados libremente polo Alcalde, dando conta ao Pleno”.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que hai catro anos xa explicaron o voto en contra porque a a existencia da Xunta de Goberno Local estaba recollida no regulamento orgánico que foi derrogado porque lles estorbaba, insiste na redacción dese regulamento para recoller a súa existencia, aquí trátase de que traballen todos, apostan por traballo en colaboración cos veciños e regulamento de participación veciñal pero nin unha cousa nin outra nestes catro anos, non é cuestión dunha votación a existencia deste órgano municipal senón de poñerse de acordo en para ter normas comúns que transcendan o que é a simple lexislatura.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera necesario a existencia da Xunta de Goberno Local como órgano de organización municipal polo que continuarán co disposto na pasada lexislatura, e tendo que se non hai asuntos importantes non se convocará; por outra banda seguen cuestionando a derrogación do regulamento orgánico no ano 2007 e non ten sentido a estas alturas.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor, dos membros dos grupos popular e AEC, dous en contra, dos membros do grupo BNG e unha abstención do membro do grupo Mixto, acorda aproba-la devandita proposta da Alcaldía.


4.- CREACIÓN E COMPOSICIÓN DE ORGANOS COMPLEMENTARIOS. A continuación polo Secretario dáse lectura á proposta da Alcaldía na cal se di: “O artigo 20 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, en relación co artigo 59 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigos 123 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, establecen a posibilidade de comisións de estudio, informe ou consulta de asuntos que han de ser sometidos a decisión do Pleno, así como, o seguimento de xestión dos órganos de goberno.

As comisións informativas poden ser permanentes ou especiais. As primeiras constitúense con carácter xeral e o seu número e denominación así como calquera modificación, decidirase por acordo do Pleno. As comisións informativas especiais son as que acorde constituí-lo Pleno para un asunto concreto considerando as súas características especiais.

A comisión especial de contas existirá en tódolos concellos, segundo establecen os artigos 20.1.c) da Lei 7/1985, artigo 59.2.c) da Lei de Administración Local de Galicia e artigo 127 do referido Regulamento.

A creación de órganos complementarios terá en conta as regras establecidas no artigo 59.3 da mencionada Lei 5/1997 e artigo 125 do ROF. A adscrición concreta a cada Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma en representación de cada grupo político, realizarase polo seu portavoz en escrito dirixido á Alcaldía.

Tendo en conta todo elo, esta Alcaldía propón ó Pleno adopte o seguinte acordo:

1º. Crea-los seguintes órganos complementarios da organización municipal:

a) Xunta de voceiros, que estará integrada polos voceiros dos grupos políticos municipais e presidida polo Alcalde, reunirase cando sexa convocada pola Alcaldía.

b) Xunta de delegados, que estará integrada polos concelleiros que ostenten delegacións da Alcaldía, reunirase coa periodicidade e hora que estableza a Alcaldía.

c) Comisión de Facenda, para estudo, informe ou consulta de asuntos relativos á bens e facenda local. Esta comisión actuará tamén como comisión especial de Contas que tratará os asuntos referentes as contas municipais segundo o establecido no Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, Lei 7/1985 e Lei de Administración Local de Galicia.

Composición: Esta Comisión estará constituída por sete membros: tres membros do grupo popular, un membro do grupo AEC, un membro do grupo BNG un membro do grupo mixto, e o Sr.Alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa que a presidirá.

Periodicidade das sesións: A periodicidade das sesións será bimensual, de acordo coas sesións ordinarias do pleno, no día e hora que estableza o Alcalde-Presidente da Corporación”.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira propón a creación de dúas comisións informativas especiais para estudar e dar a máxima transparencia, por un lado a comisión informativa do PXOM que se está tramitando, e por outro o cumprimento da sentenza de reposición da legalidade do edificio do Penso, comisión informativa para execución sentenza edificio do Penso.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña opina que non ten sentido que haxa nunha comisión sete membros de once, o normal sería que fose menos do 50% da Corporación, practicamente é un pleno, volve a insistir no regulamento orgánico cuxa redacción é competencia desta Corporación, alude as comisións de asuntos do pleno e facenda e contas que había no regulamento derrogado as cales tiñan cinco membros e onde había posibilidade tamén de rogos e preguntas, polo tanto a proposta do PP non pode ser apoiada porque entorpece o traballo da oposición e porque crea órganos destinados a cobrar, critica os 150 euros de asistencia a xunta de delegados por facer unha reunión que non se sabe de que tratan, iso indica cal é a súa actitude cara a facilitar o traballo da oposición e máis o relativo a mellorar a situación económica.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera que no relativo a creación de órganos complementarios seguirán a mesma liña dos últimos catro anos, non consideran que se teña que variar, así mesmo informaráselle de tódolos asuntos que teñan importancia.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López entende é suficiente en canto a comisións, de feito a xunta de portavoces pode valer como comisión de asuntos do pleno, pero valoran moi positivamente a proposta do concelleiro socialista, hai dous temas moi importantes como é o PXOM e a execución de sentenza de Elpidio, e sinala que hai que ter en conta que son representantes do pobo, vostedes foron elixidos con maioría absoluta pero nosoutros tamén temos algo que dicir dos nosos representados, co cal valoran favorablemente a inclusión destas dúas comisións.

O Sr. Feal Pereira reitera a importancia da súa proposta.

A Sra. Pazos Bande indica que os temas importantes como son eses dous dos que están a falar non teñan dúbida que será tratados e informados nas xuntas de portavoces.

O Sr.Alcalde aclara en relación con que ían ser un pleno as comisións, é o que regula a lei, hai catro grupos e teñen que estar representados.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular, AEC, tres en contra dos membros dos grupos BNG e Mixto, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda aproba-la devandita proposta da Alcaldía

5.- RETRIBUCIÓNS, ASISTENCIAS, E INDEMNIZACIÓNS MEMBROS CORPORACIÓN E GRUPOS POLÍTICOS. A continuación trátanse as propostas da Alcaldía referentes a retribucións, asistencias e indemnizacións de membros da corporación e grupos políticos, as cales se da lectura polo Secretario.

A) RETRIBUCIONS MEMBROS CORPORACION.

“No artigo 75.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, establecese que os membros das Corporacións locais que desempeñen os seus cargos con dedicación parcial por realizar funcións de presidencia ou ostentar delegacións –entre outros- percibiran retribucións polo tempo de dedicación efectiva ó mesmo, en cuxo caso serán dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, asumindo a Corporación as cotas empresarias que correspondan.

A percepción de tales retribucións estará suxeita ó réxime de incompatibilidades establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servizo das Administracións Públicas.

Tendo en conta que o cargo de Alcalde deste Concello require unha dedicación parcial para atende-las súas funcións, esta Alcaldía propón ó pleno da Corporación adopte o seguinte acordo:

1º.-A partir desta data e ata o final do mandato e constitución da nova Corporación, o cargo de Alcalde desempeñarase en réxime de dedicación parcial de trinta e cinco horas semanais, cunha retribución anual de 32.900,00 euros a percibir na contía mensual de 2.350.00 euros mais dúas pagas extraordinarias polo mesmo importe nos meses de xuño e decembro, con dereito a un mes de vacacións, asumindo a Corporación o pagamento das cotas empresariais que correspondan.

Todo elo sen prexuízo das modificacións que poidan acordarse polo Pleno da Corporación no devandito período.

2º.- A base 31ª. do orzamento municipal para 2011 modificarase nos termos dos apartados anteriores”.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que non se vai opoñer a que o desempeño das funcións de Alcalde sexan retribuídas con soldo, pódese discuti-la contía, mais como non están regulados os máximos e mínimos considera que sería unha discusión que non levaría a ningún sitio, si o traballo e xestións se fan a tempo, con transparencia e beneficio para o concello poderíase dicir que están ben dadas e senón poderíase dicir o contrario.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña entende o relativo a retribucións, asistencias e axudas de custo como un bloque que votarán en contra como xa explicaron hai catro anos, xa o explicaron suficientemente, os órganos de goberno levan un 95% e a oposición un 5%, non poden apoiar esa visión que entenden como insolidaria e desproporcionada, aparte da situación económica municipal non é adecuada para asumir os novos retos deste Concello nos próximos meses, espera que traballen ben e gañen o que van cobrar.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande indica que dando continuidade a política de austeridade iniciada na última lexislatura, o grupo de goberno elimina dúas das tres dedicacións parciais, estimando que o cargo Alcalde require unha dedicación parcial para atende-las súas funcións, aumentando o número de horas de 30 a 35 semanais sen aumento de salario.

A continuación o Sr.Presidente somete a votación dita proposta engadindo dotar coa correspondente consignación orzamentaria este punto; o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular, dous en contra dos membros do grupo BNG e tres abstencións dos membros dos grupos AEC e Mixto, acorda aproba-la devandita proposta da Alcaldía.


B) ASISTENCIAS.

“O artigo 75.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, establece que solo os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin dedicación parcial percibirán asistencias pola concorrencia efectiva as sesións de órganos colexiados da Corporación de que formen parte, na contía sinalada polo pleno da mesma.

Tendo en conta a necesidade de actualizar estas asistencias e a situación da organización municipal, esta Alcaldía propón ó pleno adopte o seguinte acordo:

1º.A partir desta data a contía a percibir polos membros da Corporación que teñan dereito a elas, por asistencia a órganos colexiados dos que formen parte serán as seguintes:

a) Asistencia a sesións de pleno, xunta de voceiros, mesas de contratación, comisións e outros órganos colexiados dos que formen parte 100,00 euros por reunión.

b) Asistencia sesións da Xunta de Goberno Local e Xunta de delegados, 150,00 por reunión.

Estas asistencias con as recollidas na base 33ª do orzamento municipal para 2011”.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López está de acordo en que estes tres apartados A,B e C forman un bloque, alude ao comentario da portavoz de grupo popular sobre política de austeridade indicando que iso verase, hai factores como a Xunta de delegados que poden variar, farán unha valoración no tempo e comparando de xuño a decembro poderase valorar o que se fixo.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña sinala que hai catro anos xa se opuxeron a este punto porque é un saco sen fondo, foi unha forma de ter retribucións sen acordo, pediran que publicaran as retribucións que percibiran no taboleiro de anuncios pero non o fixeron nin o van a facer, e non van poder controlar isto ata a presentación da conta xeral, está claro que coas xuntas de delegados e outras pódese sacar unha cantidade que supere as retribucións, aquí non hai limitación de número de reunións retribuídas, do cal hai antecedentes nesta Corporación para evitalo desfase económico, e tampouco contestaron a pregunta que fixo na reunión de portavoces sobre o importe da modificación a facer para estas propostas.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande reitera que desde o grupo municipal popular seguirán unha política continuista co establecido na última lexislatura.

A continuación o Sr.Presidente somete a votación dita proposta engadindo dotar da correspondente consignación orzamentaria este punto; o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular, dous en contra dos membros do grupo BNG e tres abstencións dos membros dos grupos AEC e Mixto, acorda aproba-la devandita proposta da Alcaldía.


C) INDEMNIZACIÓNS.

“O artigo 75.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local establece que os membros das Corporacións locais percibirán indemnización polos gastos efectivos ocasionados no exercicio do cargo, segundo as normas de aplicación xeral nas Administracións públicas e as que no seu desenvolvemento aprobe o pleno da Corporación.

Tendo en conta que os gastos que se ocasionan con motivo de xestións municipais son variados e os valores reais que se poden producir, esta Alcaldía propón ó pleno da Corporación o seguinte acordo:

1º. A partir desta data a contía a percibir como axudas de custo polos membros da Corporación que teñan que desprazarse fora do Concello para xestións municipais, cursos ou xornadas, serán as seguintes:

Axuda de custo completa, (inclúe gastos de manutención e aloxamento por día) dentro da Comunidade Autónoma 150,00 euros, fora da Comunidade Autónoma 200,00 euros.

Axuda de custo manutención ( inclúe gastos comida e cea por día) dentro da Comunidade Autónoma 90,00 euros, fora da Comunidade Autónoma 110,00 euros.

Axuda de custo reducida (inclúe gastos comida ou cea por día) dentro da Comunidade Autónoma 60,00 euros, fora da Comunidade Autónoma 65,00 euros.

2º. Os gastos de desprazamento aboaranse de acordo co disposto no Real Decreto 462/2002, do 24 de maio.

3º. A xustificación das axudas de custo e gastos de viaxe por uso de vehículo particular xustificaranse mediante declaración xurada na que se detalle o día, xornada, lugar e concepto do desprazamento, e no suposto de axuda de custo enteira achegarase factura acreditativa do aloxamento.

Estas indemnizacións son as recollidas na base 33ª do orzamento municipal para 2011”.


A continuación o Sr.Presidente somete a votación dita proposta; o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular, dous en contra dos membros do grupo BNG e tres abstencións dos membros dos grupos AEC e Mixto, acorda aproba-la referida proposta da Alcaldía.


D) ASIGNACIÓNS A GRUPOS POLITICOS.

“O artigo 73.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local establece que o pleno da Corporación con cargo aos Orzamentos anuais poderá asignar ós grupos políticos municipais unha dotación económica que deberá contar cun compoñente fixo idéntico para tódolos grupos e outro variable en función do número de membros de cada un deles, dentro dos límites que se establezan na Lei de Orzamentos do Estado.

Constituídos os grupos municipais e visto o establecido no orzamento de 2011, esta Alcaldía propón ó pleno o seguinte acordo:

Establecer a partir da constitución desta Corporación como asignación para os grupos políticos a contía de 200,00 euros por grupo e 200,00 euros por cada concelleiro que forme parte do grupo”.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López antes de que a portavoz popular diga que vai ser unha media austera, evidentemente é un aforro de diñeiro, pero van absterse neste punto porque inda que están de acordo co aforro tamén hai que darse conta que as agrupacións pequenas mantéñense con esta contía, limítaselle a forma de subsistir, nese sentido os máis prexudicados son as agrupacións pequenas.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña considera que van ser igual con 200 ou 300 euros, realmente esta redución é o último exemplo que poden poñer como austeridade, pódeselle chamar “o chocolate do loro” que era o mínimo que se lle daba para que non morrera de fame, non van dicir si nin non, pero piden que sexan solidarios e fagan o mesmo coas retribucións que acaban de aprobar anteriormente, porque a oposición que percibe o 5% pouco lle significa.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande manifesta que desde o grupo popular consideran necesario seguir aplicando criterios de austeridade polo que estiman xustificada a redución de asignacións aos grupos políticos, sinal tamén que por maior número de concelleiros que ten o grupo popular é o que se ve máis afectado.

O Sr.Presidente aclara que o aforro son 1500 euros anuais que é unha cifra importante.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupos popular, e cinco abstencións dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto, acorda aproba-la proposta da Alcaldía.

6.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS. A seguir polo Secretario dáse lectura a seguinte proposta da Alcaldía: “O artigo 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, sinala que entre os asuntos a tratar na sesión extraordinaria a convocar pola Alcaldía dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constitutiva, se resolva o nomeamento de representante da Corporación en órganos colexiados.

Por elo esta Alcaldía propón ó pleno adopte o seguinte acordo:

Nomear representantes da Corporación nos órganos colexiados que se indican ós seguintes concelleiros:

Consello escolar do CEIP Eladia Mariño á concelleira Dona Esperanza Gayoso Pereiro.

Comisión xestora do camiño inglés á concelleira Dª. Eva María Pazos Bande.

Parque das Fragas do Eume, Dª. Eva María Pazos Bande.

Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro”, D. Juan Antonio López Rodriguez.

Pacto territorial de emprego de Ferrol, D. Juan Antonio López Rodriguez.

Nos demais casos a representación será ostentada pola Alcaldía”.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira non se vai opoñer a estes nomeamentos, solo pedirlles que asistan a estes órganos colexiados e que en aras de transparencia faciliten información aos grupos da oposición, xa que nestes órganos colexiados se tratan temas importantes para este concello como educación, traballo ou turismo.

O Sr.Alcalde indica que asisten sempre, se non pode asistir a persoa delegada, delégase noutra que asista, desde que teñen responsabilidade de goberno sempre asistiron a estas convocatorias.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupos popular, e cinco abstencións dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto, acorda aproba-la proposta da Alcaldía.


7.- COÑECEMENTO RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA. A continuación dáse conta das seguintes resolución da Alcaldía:

a) Nomeamento de tenentes de Alcalde. Decreto 151/2011 polo que se nomean tenentes de Alcalde.

b) Delegacións da Alcaldía. Decreto 152/2011 polo que se outorgan delegacións da Alcaldía nos tenentes de Alcalde e concelleiros.

c) Constitución grupos políticos.

Dáse conta ó Pleno da Corporación da constitución dos seguintes grupos políticos:

Grupo municipal do B.N.G. composto polos concelleiros D. Xosé Manuel Pérez Sardiña e Dª. Mª. Teresa de Jesus García Pita, designando como portavoz a D. Xosé Manuel Pérez Sardiña e portavoz suplente Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita.

Grupo político Agrupación Electores de Cabanas (AEC) formado polos concelleiros D.José C. Rey García e D. Luis A. Fachal López, designando como portavoz a D. Luis A. Fachal López e suplente a D. José C. Rey García.

Grupo político municipal Popular integrado polos concelleiros D. German Castrillón Permuy, Dª. Eva Mª. Pazos Bande, Dª. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan A. López Rodriguez, Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa e D. Julian Ramón Seijas Criado, designando como portavoz a Dª. Eva Mª. Pazos Bande e suplente D. Juan A. López Rodriguez.

Grupo político municipal Mixto, integrado polo concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira, quen actuará así mesmo como portavoz.


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e quince minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e Prace, O Alcalde,

Acta do Pleno de 27 de xullo de 2011

Concelleiros asistentes: Dª. Eva Mª. Pazos Bande, Dª. Esperanza Gayoso Pereiro, D.Juan A. López Rodriguez, Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa, D.JulianR.SeijasCriado, D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, Dª. Mª. Teresa de J. García Pita, D.JoséC.Rey García, D.LuisA. Fachal López, D. Delfín Feal Pereira.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e sete de xullo de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación Don Antonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Antes do inicio da Orde do Día o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira despois de manifestar a repulsa pola masacre xenófoga que tivo lugar o 22-7-2011 en Noruega propón gardar un minuto de silencio e firmar un manifesto de rexeitamento; a Presidencia lamenta o ocorrido considerando que non se lle debe dar protagonismo a estes feitos e a continuación gárdase un minuto de silencio polas vítimas.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dada conta da acta da sesión anterior realizada o día 22 de xuño de 2011, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, a Presidenta pregunta se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda aproba-la referida acta.

2.- CONTA XERAL EXERCICIO 2010. Seguidamente dáse conta á Corporación da Conta Xeral do Orzamento correspondente o exercicio de 2010 co expediente tramitado e cos documentos que a xustifican, a cal despois de ditaminada pola Comisión Especial de Contas, foi exposta ó público en forma regulamentaria sen que se presentase reclamación algunha.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG, a concelleira Dª. Mª. de Jesús García Pita manifesta que non aproban a conta xeral porque non cumpre o obxectivo de estabilidade, os recursos financeiros e non financeiros non foron suficientes para financialos gastos, é un orzamento que non cumpre ningún criterio, subiron os impostos recibiron subvencións e non lles chegou, non é un orzamento equilibrado nin social e non hai por onde collelo.

Polo grupo mixto, o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira alude a que hai un informe de Secretaría-Intervención favorable en canto ao contido pero hai outro onde non se cumpre a estabilidade orzamentaria tendo a obriga de aprobar un plan co obxectivo de equilibralo, a espera da reunión da Subcomisión de réxime económico-financeiro da Comisión Nacional de Administración Local, polo tanto vaise abster.

Polo grupo popular, a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande reitera o dito no informe de Secretaría-Intervención, as contas de 2010 xa foron debatidas e estiveron a disposición dos membros da Corporación e a exposición pública, o balance das contas do concello do ano de 2010 foi de 40.200 euros en positivo, e a subcomisión de réxime económico-financeiro e fiscal da Comisión Nacional de Administración Local estableceu un límite de déficit para o ano de 2010 superior ao 5% que o concello de Cabanas cumpre con creces.

O portavoz do grupo BNG D.Xosé Manuel Pérez Sardiña fala da capacidade/necesidade de financiamento do informe de Secretaría-Intervención, os recursos foron inferiores aos gastos e despois de axustes hai unha necesidade de financiamento de 139.956,35 €, alude tamén a diferenza de prezo de dous deshumidificadores, gasto en alcohol na festa de Sta. Marta do cal pediron copia, e publicidade nunha foto do xacobeo por 400 euros.

A Sra. Pazos Bande considera que si o que se obxecta á conta de 2010 e a diferenza de prezo de dous deshumidificadores realmente é que se fixo ben, se pode mirar de moitas maneiras pero o que é real é o balance de 40.200 euros en positivo.

Debatido o asunto o pleno da Corporación con oito votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, e dous membros do grupo BNG e unha abstención do concelleiro do PSdG-PSOE membro do grupo mixto, acorda prestar aprobación á referida conta dando traslado da mesma en forma regulamentaria ó Tribunal de Contas e Consello de Contas, a cal presenta os seguintes resultados:

Resultado orzamentario axustado..............……....…………. – 152.785,23

Dereitos pendentes de cobro ao peche do exercicio............... 873.374,77

Obrigas pendentes de pago ao peche do exercicio............…. 997.083,01

Fondos líquidos na Tesourería ao peche do exercicio…….... 141.612,58

Remanente de Tesourería total………….………..……........ 17.904.34

Remanente de Tesourería para gastos xerais............................. 1.708.75

3.- MODIFICACIÓN PREZO PÚBLICO SERVIZO PAIA DE AS VIÑAS. Visto o expediente tramitado para modificación do prezo público polo servizo do Punto de Atención á Infancia de As Viñas, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, coa documentación que consta no devandito expediente e ditame da comisión de facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña indica que xa preguntaron pola situación económica do PAI, queren saber os ingresos e gastos reais e cal é o balance, o informe de Intervención alude ao custo do servizo pero trátase dunha cuestión social e o concello debe asumir o que non cubran as cotas, o PAI funciona a medias e consideran que a modificación non é da súa responsabilidade, foi un traballo mal feito e agora hai que corrixilo para optar a subvención que ata setembro non se vai contestar, agarda que non se perda porque é necesaria para mante-lo equilibro financeiro do servizo.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López maniféstase a favor inda que non entende a que xoga a Consellería porque a persoa responsable na anterior lexislatura tivo que loitar e os criterios foron os da Consellería, considera que a subvención é necesaria e insiste en que non comprende porque piden o cambio, agora esperar a ver cal é contía da subvención.

Polo grupo mixto: con concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira votará en contra como xa manifestou na comisión de facenda, non porque non queira a modificación para a subvención, senón por considerar que as contías seguen sendo caras e non van cumprir a labor social do PAI, aparte de eliminar tramos que este ano ao mellor poden ser interesantes, interesando como se faría a selección no caso de haber máis peticións que prazas.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez sinala que a modificación non é solo para coordinación co Decreto 70/2002 que é necesario para optar a subvención, senón tamén pola situación de crise facilitar acceso aos salarios máis baixos con maiores bonificacións; fai un resumo das modificacións como son a redución de tramos para mellora-la ocupación, establecemento de prezo de hora adicional e dia solto de alimentación, redución do prezo de hora solta, da alimentación e da matrícula, novas e mellores bonificacións e no relativo a balance económico a mes de xuño é de7.863,94 € en ingresos e 7.695,89 € en gastos.

O Sr.Feal Pereira insiste en coñecer a valoración no caso de que existan máis peticións que prazas e segue considerando elevada a contía da matrícula e da alimentación.

O Sr.López Rodriguez manifesta que o baremo é igual para todos, neste caso presentáronse 26 solicitudes, se valoraron 23 e tres foron rexeitadas por non ter nacido o neno, a partir de aí admítense por orde de puntuación segundo prazas dispoñibles nos horarios que requiran os pais.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, un en contra do concelleiro do PSdG-PSOE membro do grupo mixto e dúas abstencións dos membros do grupo BNG, acorda:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: prezo público polo servizo do PAI das Viñas, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

4.- RECURSO REPOSICIÓN PRESENTADO POR D. HONORIO FERREIRO DELGADO SOBRE APROBACIÓN ORZAMENTO 2011. Visto o recurso de reposición presentado por D. Honorio Ferreiro Delgado contra o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en data 25 de abril de 2011, polo que se rexeitan as alegacións presentadas polo recorrente á aprobación inicial do orzamento municipal para 2011 e apróbase definitivamente.

Visto o expediente tramitado de aprobación do orzamento de 2011, así como, informe do arquitecto municipal relativo o proxecto técnico para execución da sentenza recaída no recurso 02/0004055/1993 e comunicación do letrado encargado da defensa do concello no referido procedemento xudicial, co ditame da Comisión de Facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña alude ao informe emitido no seu momento por Intervención e que o proxecto técnico se vai tratar no vindeiro punto, pero quere deixar claro que con estas alegacións estase poñendo sobre da mesa un conflito no que se refire a sentenza en canto as alturas e tema urbanístico, pide mais cordura e que se resolvan as cousas doutra maneira, con máis diálogo, chegar a acordos e buscar a máxima imparcialidade, non lle gusta que se faga alarde político deste asunto como se fixo na pasada lexislatura.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira indica que existen dous informes, un do arquitecto dicindo que o proxecto axústase ao que pide a sentenza e despois ese informe xurídico onde di que non ten lugar a isto; con respecto a todo este tema de execución da sentenza do edificio do Penso insiste que sería interesante ter unha comisión especial para ver máis en profundidade o asunto, e a falta de máis datos en que basearse, vaise abster.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande recorda que D. Honorio Ferreiro xa presentou recurso sobre os orzamentos de 2011 que foi debatido no pleno do 25-4-2011 e rexeitouse; logo presenta este recurso que foi tratado na comisión de facenda onde o grupo popular propuxo non admitilo a trámite; á vista do informe do arquitecto municipal non se pode seguir debatendo este asunto que vai prexudicar as arcas municipais e co que non teñen que ver, intentarán resolvelo danando o menos posible a economía do concello; á vista dos informes cabe rexeita-lo recurso de reposición presentado contra cuxo acordo cabe recurso contencioso-administrativo e o Sr.Ferreiro Delegado é libre de tomar a decisión que estime oportuna.

O Sr.Alcalde aclara dúas cousas: unha que a súa intención foi sempre chegar a acordos e danar o menos posible a economía do concello pero con esta persoa nunca foi posible, e outra que aquí sempre se tratará con transparencia e claridade este tema e así o están a facer, pasando a continuación a votación para rexeitamento deste punto, non admitir a trámite este recurso, resultando aprobado con dez votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e BNG e unha abstención do concelleiro do PSdG-PSOE membro do grupo mixto.

5.- CONVENIO ADHESIÓN Á AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA. Visto o borrador do convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, creada polo artigo 226 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e cuxos estatutos foron aprobados por Decreto 213/2007, do 31 de outubro (D.O.G. nº 22, do 16 de novembro).

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña alude manifesta non estar de acordo con que a APLU actúe só nestas tres áreas, núcleos rurais, solo apto para urbanizar e solo rústico, xa que a zona urbana de Cabanas e Porto tamén debería estar incluída neste convenio, non se deben facer cidadáns de segunda ou de primeira, non comparten este tipo de proposta e polo tanto o voto non vai ser favorable.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira recorda que na anterior lexislatura cando se aprobaron os estatutos da APLU intentaron en varias ocasións que o concelle se adherira e nin sequera se tivo en consideración o debate desa moción, polo tanto alégrase que agora se acorde a adhesión, considera tamén que debe englobar toda actuación urbanística como manifestou o Sr.Sardiña en non só certos aspectos.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera axeitada a adhesión, sinalando que coa Xunta actual agora é gratuíto e ademais repercute o 50 % das multas e sancións sen afán recadatorio, indica tamén en relación as competencias que asume a APLU enuméranse solo as citadas porque é o ámbito que establece a Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O portavoz do grupo AEC, D. Luis A. Fachal López indica que están a favor, é un punto adiante neste tema polo que xa estaban interesados anteriormente, parécelle insuficiente e o manifestado polos voceiros do BNG e PSOE débese ter en conta, é un primeiro paso; fala da defensa da portavoz popular co tema das sancións pero o interesante é que as cousas desde o punto de vista urbanístico se fagan ben non para meter multas.

O Sr.Feal Pereira, non sabe si sae máis barato ou máis caro que antes, pero na anterior lexislatura nin sequera quixeron debater a adhesión, de todas maneiras benvido sexa.

A Sra. Pazos Bande alude a que o concello dispón de pouco persoal polo que se presentan problemas para tramitación de expedientes de reposición legalidade e infraccións, o grupo popular con esta medida busca axilizar estes expedientes urbanísticos.

Debatido o asunto o pleno da Corporación, por maioría absoluta, con nove votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra dos membros do grupo BNG, acorda:

Aproba-lo convenio de adhesión do concello de Cabanas á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, coas seguintes estipulacións:

Primeira.- Incorporación á Axencia.

O concello de Cabanas, provincia de A Coruña, incorpórase e adhírese como membro da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, asumindo os dereitos e obrigacións que disto derivan, de conformidade co estipulado no presente convenio de adhesión e o establecido nos estatutos da Axencia, aprobados por Decreto autonómico 213/2007, do 31 de outubro, e na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Segunda.- Delegación de competencias.

1.- O concello de Cabanas, delega na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o exercicio das competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística establecidas nos artigos 209, 210, 211 e 222 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación coas obras e usos do solo que se executen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións, sempre que estean situadas nalgunha das seguintes clases de solo:

a) Solo rústico ou non urbanizable en calquera das súas categorías (artigos 15 e 32 e disposición transitoria primeira, apartado 1.f), da Lei 9/2002).

b) Solo urbanizable ou apto para urbanizar, mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento de desenvolvemento ( artigo 14 e disposición transitoria primeira, apartado 1.d) da Lei 9/2002).

c) E núcleos rurais delimitados no planeamento urbanístico municipal (artigo 13 e disposición transitoria primeira, apartado 1.e), da Lei 9/2002).

A Axencia exercerá efectivamente estas competencias desde o día seguinte ao da publicación do convenio no Diario Oficial de Galicia.

2.- Nesta delegación de competencias non está incluída a reposición da legalidade nin a potestade sancionadora en relación coas obras completamente rematadas antes da publicación deste convenio, que serán exercidas polo concello.

3.- A resolución dos recursos administrativos interpostos contra os actos ditados pola Axencia en exercicio de competencias delegadas corresponderalle ao concello.

Para resolver o recurso deberá solicitarse informe da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Cando se reciba o escrito de interposición de recurso na Axencia, esta deberá remitirllo ao concello co seu informe e unha copia completa e ordenada do expediente administrativo.

4.- A delegación de competencias poderá ser revogada en calquera momento polo Pleno da Corporación, coa maioría esixida no artigo 215.3 da Lei 5/2007, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. A revogación será efectiva unha vez comunicada á dirección da Axencia e publicada no Boletín Oficial de Galicia.

Terceira.- Contribución ao sostemento da Axencia.

1.- O concello de Cabanas contribuirá ao sostemento da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística coas seguintes achegas económicas:

a) O 50% do produto das multas coercitivas impostas pola Axencia para a execución das ordes de reposición da legalidade ditadas no exercicio das competencias delegadas polo Concello.

b) E o 50% do importe das sancións impostas pola Axencia aos responsables de infraccións urbanísticas, en exercicio das competencias delegadas polo Concello.

2.- O importe das multas coercitivas e das sancións impostas pola Axencia en exercicio de competencias delegadas polo concello serán ingresadas polos suxeitos obrigados directamente na conta xeral da Axencia. No suposto de que non sexan aboadas en período voluntario, a Axencia solicitará da Consellería de Facenda o seu cobro pola vía de constrinximento.

Ao finalizar cada exercicio anual, a Axencia transferirá ao Concello de Cabanas unha cantidade equivalente ao 50% dos ingresos percibidos polas sancións impostas en exercicio das competencias delegadas.

Cuarta.- Obrigacións asumidas polo Concello.

O concello de Cabanas asume as seguintes obrigacións:

a) Prestar a cooperación e asistencia activa que a Axencia lle solicite para o eficaz exercicio das súas competencias.

b) Facilitar ao persoal da Axencia o acceso inmediato aos expedientes de planeamento, xestión e disciplina urbanística, así como canta información, documentación e axuda material precise para o adecuado cumprimento das súas funcións.

c) Prestar o auxilio da policía local para facilitar as inspeccións, executar as ordes de precinto de obras e identificar aos responsables de posibles infraccións.

d) Absterse de outorgar licenzas urbanísticas que impliquen a legalización de obras e usos do solo respecto dos que a Axencia ordenase a súa demolición, cesamento ou restauración da realidade física alterada.

e) Solicitar informe da Axencia previamente á resolución dos recursos administrativos interpostos contra os actos ditados en exercicio das competencias delegadas polo Concello.

f) Contribuír ao sostemento económico da Axencia nos termos establecidos no presente convenio de adhesión.

g) E respectar as estipulación do presente convenio e o establecido nos estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística aprobados por Decreto autonómico 213/2007, do 31 de outubro.

Quinta.- Programa de incorporación.

A incorporación do concello á Axencia será efectiva desde o día seguinte ao de publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia.

Os expedientes relativos ás obras en execución nas materias que son obxecto de delegación deberán ser remitidos á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes desde a data de entrada en vigor deste convenio.

Sexta.- Prazo de vixencia do convenio.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o seu prazo de vixencia será indefinido.

A resolución do presente convenio producirase no suposto de que o concello de Cabanas perda a condición de membro da Axencia por calquera das causas que se establecen no artigo 12 dos estatutos da Axencia e cos efecto que o mesmo artigo dispón.

Sétima.- Interpretación do convenio.

As controversias que puidesen xurdir na interpretación do presente convenio e a súa aplicación serán resoltas polo Consello Executivo da Axencia, de conformidade co disposto no artigo 10 dos estatutos da Axencia aprobados por Decreto 213/2007, do 31 de outubro.

6.- EXPEDIENTE CONTRATACIÓN OBRA EXECUCIÓN SENTENZA RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO 02/0004055/1993 EDIFICIO DO PENSO. Visto o expediente incoado para a contratación por procedemento negociado con publicidade e tramitación urxente da execución da obra Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004055/1993 edificio do Penso, segundo proxecto redactado polo arquitecto D.Antonio J. Ferreiro Novo de Applus Norcontrol SLU: co prego de cláusulas administrativas particulares, informe de arquitecto municipal e de Secretaría-Intervención.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que o proxecto que se presenta aquí non é igual ao presentado pola defensa que ten o goberno local no TSXG, xa é o modificado e interesa explicacións, en segundo lugar hai unha controversia entre concello e denunciante polas alturas, para evitar máis discusións e litixios a maiores debíase solicitar unha peritaxe xudicial, pois os técnicos fan o seu traballo pero quen dicide en último caso é o xuíz, xa houbo outro estudo con interpretación diferente; agora sálvanse dous pisos e o alcalde fala de reducir custos, pero isto non lle convence pois o informe técnico fala que na parte traseira para cumprir a ordenanza E hai que convertela en vivenda unifamiliar adosada, tampouco se tramita de momento ningunha operación de crédito para indemnizacións, pide que calibren mellor o que están a facer.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira considera que se vai a debater o expediente de contratación, como vai ser a contratación da execución da sentenza en base a un proxecto, na primeira parta tódolos informes son favorables polo que non tería reparo en votar a favor, pero con respecto ao proxecto é un modificado e volve a insistir en aras da transparencia e debate non tan forzado nun pleno, isto podería tratarse máis profundamente e encontrar solucións máis axeitadas.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande indica que o pleno debe aprobar tanto o expediente coma o proxecto pola proximidade do fin do prazo dado para execución da sentenza, o mesmo tempo iniciáronse os trámites para o crédito necesario; no expediente de contratación inclúese o prego de condicións para tramitación urxente cos criterios de adxudicación como prezo, redución de prazo e contratación desempregados, cos límites establecidos no proxecto polo técnico redactor; recorda que existe unha sentenza firme, gustaríalle se puidese realizar doutra forma pero fíxose proposta e non foi aceptada, agora solo queda o seu cumprimento, estase facendo o necesario para que afecte o menos posible as arcas do Concello e cumprindo punto por punto a sentenza, ademais sempre se proporcionou información clara e transparente sobre a sentenza do Penso, e os proxectos presentados ante o TSXG e o Concello son os mesmos.

O Sr.Pérez Sardiña en relación co de que os proxectos son os mesmos que llo conten aos veciños pero aquí non porque o modificado ten data do 1 de xuño e non consta que se trasladara ao TSXG, o outro é de moito antes, alude ao informe de Secretaría e que lle pediron información pero non comunicaron nada a oposición, están declarando a parte de atrás vivenda unifamiliar facendo desaparecer os pisos, hai que cumprir a normativa e a sentenza pero vostedes saberán o que fan, tampouco teñen en conta aos propietarios e hai que resolver moitas cousas que están deixando a medias, peor que mal.

D. Luis A. Fachal López portavoz de AEC manifesta que como xa se dixo aquí trátase do expediente de contratación e a vista dos informes non ten nada que dicir; en relación ao proxecto técnico é un modificado e non se vai pronunciar sobre algo que non veu, recorda que apoiou a comisión pedida polo Sr.Feal Pereira porque é un dos temas importantes para Cabanas e debían estar tódolos grupos pero non lle fixeron caso, o informe técnico fala de vivendas unifamiliares co cal varía a percepción, e unha cousa sinxela que tódolos grupos poderían estar de acordo vostedes os enfrontan.

A Sra. Pazos Bande opina que se pode falar de moitas cousas, facer política dun tema tan importante coma este e incluso faltar a verdade, di que xa se falou moito desta sentenza antes de chegar o PP, pero serán eles agora que a leven a cabo despois de esgotados tódolos prazos e recursos, non queda máis camiño que acatar unha sentenza e levala a cabo.

O Sr.Alcalde aclara que o proxecto é o que se presentou no seu día no TSXG e que todo o que ven de dito Tribunal chega por rexistro e o Secretario ten dereito a velo, non hai ningunha novidade pois a sentenza é a que había e ten que cumprirse neste ano; o proxecto o tiveron a súa disposición e é o mesmo que había, o técnico municipal fai o que di a sentenza, non lle podemos dar máis voltas.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria con sete votos a favor dos membros do grupo popular e o concelleiro do grupo AEC D. José C. Rey García, dous en contra dos membros do grupo BNG e dúas abstencións do concelleiro do grupo AEC D. Luis A. Fachal López e do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:

1º. Aproba-lo proxecto técnico para execución da obra Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004055/1993 edificio do Penso, segundo proxecto redactado polo arquitecto D.Antonio J. Ferreiro Novo de Applus Norcontrol SLU cun orzamento de contrata de 368.897,38 euros.

2º. Aproba-lo expediente de contratación e o prego de cláusulas administrativas, mediante procedemento negociado con publicidade e tramitación urxente para execución da devandita obra.

3º. O gasto realizarase con cargo a partida 151.69901 do orzamento de gastos.

4º. Autoriza-la apertura do procedemento de contratación e solicitar oferta a empresas mediante anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia, de acordo coa cláusula 10 do Prego de Cláusulas Administrativas.

7.- PROPOSTA DO GRUPO POPULAR SOBRE O CAMBIO DE DATA DA FEIRA DO 21. Vista a proposta do grupo popular sobre o cambio de data da feira do 21, en cuxa exposición de motivos aluden a celebración da primeira feira do 21, celebrada o 21-6-1911, despois de aprobar o Pleno a proposta da veciñanza e da Asociación de Agricultores “La Concordia”, acordándose a celebración mensual no lugar onde se celebraba a romaría de Santa Marta, nos arredores da ermida da Madalena; co paso do tempo a importancia desta feira foi decrecendo e na actualidade é unha das poucas feiras mensuais que sobreviven, por elo o grupo popular levou a cabo pesquisas entre veciñanza e comerciantes de posibles solucións para revitalizar esta feira, sendo o principal problema o da súa periodicidade o cadrar moitas veces en día laborable, chegándose a conclusión da necesidade dun cambio de data para o segundo domingo do mes.

Por elo formulan a seguinte proposta: Propoñer ó Pleno do Concello de Cabanas a modificación da data de celebración da Feira do 21, fixando a mesma no segundo domingo de cada mes, agás no mes de xuño cando se respectará a celebración no día 21, aniversario da feira.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña non ten que obxectar ao fondo da proposta, si á forma, o normal sería tanto as persoas que asisten como os que están traballando dirixisen escrito ao concello para constancia no expediente, hai cen anos foi unha asociación de agricultores, agora hai unha proposta do grupo popular que cando menos ten un defecto importante como é chamarlle feira do 21 a algo que non o vai ser, está a favor de mante-lo aniversario, e nada que obxectar se queren facer feirón o segundo domingo de mes, ata pode ser positivo para o mercado local, pero a xente vaise quedar coa data do 21 non ca do segundo domingo, tamén lle podían chamar feira do piñeiral.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López tampouco ten nada que obxectar ao fondo, é un tema que había que tratar, non está de acordo coas formas porque vostedes fixeron unhas enquisas pero cos portavoces doutros grupos non se contou e gustaríalle que contasen con eles, o problema é a periodicidade pero pode haber outros que entre todos se pode mellorar, vostedes teñen a maioría e a van aprobar pero ao mellor cunha reunión se podía sacar algo positivo.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo co exposto polos compañeiros, a importancia destas feiras foi decrecendo, e si o cambio é para conseguir máis comercio en Cabanas posiblemente o segundo domingo sexa unha data axeitada pero hai que contar que tamén nos arredores hai feiras nesas datas; a feira do 21 de 1911 xa está promocionada e pregunta por qué non se aproveita esa data para a promoción dunha feira da mesma maneira, gandeira, horti-fruticultura, roupa, etc, como era antes dándolle outra orientación, non entende porque se quere eliminar unha data establecida no subconsciente de todo o entorno, se despois se quere poñer o segundo domingo do mes estaría de acordo, pero non lle parece lóxico desaproveitar unha traxectoria histórica, tampouco ten constancia da enquisa.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande manifesta que propoñen o cambio de data co único motivo de relanzar a feira do 21, non é improvisación senón resultado de conversar coa veciñanza e comerciantes que se comprometeron a asistir, é importante mante-lo nome pola súa historia e para potencia-la feira, ese nome está nas mentes da xente, pero nos últimos tempos a fluencia é mínima e sen este cambio ía cara a súa desaparición.

O Sr.Pérez Sardiña considera que se está a matar a feira do 21 como tal feira do día vinte e un, que conserven o nome será algo que vostedes terán a súa responsabilidade, agarda que a demanda sexa real e acerten, insiste en que o nome non é axeitado, alude a celebración do centenario e non convidaron a ningún membro da oposición, foi feita por unha asociación pero o concello o coñecía e fixeron o seu anuncio, inda que parece había escrito para que lles desen coñecemento.

A Sra.Pazos Bande opina que é necesario que transcorra un tempo e tamén o esforzo dos veciños para recuperar a feira do 21, asumen que si co tempo o cambio non foi axeitado están abertos a novas posibilidades, insiste en que respectan a tradición e por elo manteñen o nome da feira, respectando tamén a data do centenario.

O Sr.Alcalde indica que se respecta o signo do 21 que foi o lugar de nacemento da feira, recorda que os actos do centenario foron organizados polo concello, non por ningunha asociación, pode ser que se equivocaran e lles pasou comunicarllo.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular e cinco en contra dos membros dos grupos BNG, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda aproba-la devandita proposta.

8.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE O PLAN DE ENDESA DE RESTITUCIÓN DO CAUDAL DO EUME. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE membro do grupo mixto, sobre o plan de Endesa de restitución do caudal do Eume, na cal fai referencia ao gran depósito de lodos xerados pola actividade mineira de Endesa en As Pontes, construción depuradora e autovía, e que non se podían abrir os desaugadoiros por danos ao medio ambiente; a empresa mantén seco un tramo de río e está obrigada a restituír o caudal ecolóxico e reabrir os desaugadoiros do encoro, a empresa advirte das posibles consecuencias ambientais e decántase por recolocar os lodos no propio encoro vertendo ao ría auga sucia. A oposición ao plan de Endesa está encabezada por Rios con Vida-AEMS, que alerta que os fangos contaminarán as augas ata a ría de Ares, por elo consideran que debe rexeitarse o plan de Endesa en fase de alegacións e esixirlle que restitúa o caudal ecolóxico, propoñendo a adopción dos seguintes acordos:

1º. Rexeitar este Plan presentado por Endesa de “Restitución do caudal do Eume” polo alto risco ecolóxico que supón.

2º. Esixir a análise completa para a catalogación real dos sedimentos e avaliación do Estudo de impacto ambiental.

3º. Comunicar a Augas de Galicia, á dirección do Parque Natural das Fragas do Eume e a Xuta de Galicia o rexeitamento por parte do Pleno de Cabanas a este xeito contaminantes de devolverlle ao río as súas augas e instar a que se restitúa a legalidade sen que isto supoña unha nova eiva para o futuro do río Eume e o seu entorno.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña está de acordo coa moción e ten claro que pode ser unha nova agresión ao río Eume, o que se fai no curso superior incide na ría, na praia e nos bancos marisqueiros, propón engadir dúas cuestións: 1º) que os vertidos da actuación que teña que levar a cabo Endesa sexan trasladados a vertedoiro controlado, e 2º) que o proxecto pase o proceso de avaliación ade impacto ambiental co menor dano posible para o medio ambiente tendo en conta que se está nas Fragas do Eume, o abastecemento de auga e os efectos no estuario do Eume.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López deixa claro que a AEC en mocións políticas se vai abster, coma as que tratan do Parlamento de Galicia, Congreso, etc., neste caso entenden que non se trata dunha moción política, o concello de Cabanas ten un problema encima e está de acordo coas propostas, quizais máis que vertedoiro controlado habería que falar de autorizado e controlado, o maior incidencia vai ser na parte baixa prexudicando a Cabanas e Pontedeume polo que considera que estes puntos deberían ter o apoio de tódolos grupos.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande sinala que debido a antigüidade da presa e o feito de tela pechada acumulou lodos duns 10 a 15 m de espesor, é difícil abri-las comportas sen danos medio ambientais, non cumpre coa normativa de seguridade nin o mante-mento do caudal ecolóxico río; a oposición aos plans de Endesa está encabezada por Rios con Vida e tras a súa denuncia Augas de Galicia requiriu a Endesa que presentara solucións con proxecto para mante-lo caudal ecolóxico, a cal presentou un estudo con catro alternativas viables, decantándose pola que esixe que os desaugues poidan abrirse con normalidade e solicitando autorización para realizar obras de modernización que supón vertidos polo que Augas de Galicia solicita informe sobre tipo de procedemento ambiental estando a espera dos informes dos distintos organismos, Rios con Vida oponse a opción de Endesa polo risco de mobilizar lodos e soltar auga tóxica, inda non se emitiu pronunciamento nin autorización de ningunha das alternativas presentadas, e á vista da situación e necesidade de manter o caudal ecolóxico propón acordo alternativo: O pleno do concello de Cabanas insta a Xunta de Galicia a facer efectiva coas máximas garantías ambientais ecolóxicas e no menor prazo posible de tempo a restitución do caudal de río Eume por parte da empresa Endesa Generación S.a. conforme a legalidade sen que isto supoña unha nova eiva para o futuro do río Eume no seu contorno.

O Sr.Pérez Sardiña considera que a emenda ten que aceptala o poñente da moción senón hai que votala tal como está, por elo solicítalle ao portavoz do grupo mixto se quere incluír as dúas suxestión que formulou, calquera actuación a desenvolver ten que pasar por avaliación de impacto ambiental e que a retirada de lodos se faga fora do cauce xa que o proxecto prevé colocalo no cauce, votarán a favor se inclúan ou non estas suxestións xa que a Corporación debe pronunciarse dada a importancia do asunto neste período de consultas.

O Sr.Fachal López indica que como xa se dixo aquí o proxecto non está aprobado senón en período de consultas e por elo esta moción, parécenlle positivas tódalas propostas e gustaríalle que se chegase a un acordo entre todos.

O Sr.Feal Pereira manifesta non estar en contra de incorporacións, este plan está en fase de alegacións e como afectados non so a nivel ambiental senón pola captación de auga de consumo débese controlar o asunto, ademais está dentro do parque natural das Fragas do Eume que ten unha lexislación específica, Augas de Galicia ten que dar autorización e Rios con Vida denuncia para que se cumpra a legalidade, e insiste que non ten inconveniente en engadi-las propostas do BNG e do PP.

A Sra. Pazos Bande aclara que non impoñen senón que propoñen modificar os termos do acordo da moción e insiste en que a Subdirección de Calidade Ambiental está a espera dos informes de avaliación de impacto ambiental.

O Sr.Alcalde sinala que non hai problema en que se engadan as dúas propostas.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros acorda aproba-la moción engadindo as propostas do grupo BNG( 4º e 5º) e do grupo popular (6º) adoptando o seguinte acordo:

1º. Rexeitar este Plan presentado por Endesa de “Restitución do caudal do Eume” polo alto risco ecolóxico que supón.

2º. Esixir a análise completa para a catalogación real dos sedimentos e avaliación do Estudo de impacto ambiental.

3º. Comunicar a Augas de Galicia, á dirección do Parque Natural das Fragas do Eume e a Xuta de Galicia o rexeitamento por parte do Pleno de Cabanas a este xeito contaminantes de devolverlle ao río as súas augas e instar a que se restitúa a legalidade sen que isto supoña unha nova eiva para o futuro do río Eume e o seu entorno.

4º. Que os vertidos da actuación que teña que levar a cabo Endesa sexan trasladados a vertedoiro controlado

5º. Que o proxecto pase o proceso de avaliación ade impacto ambiental co menor dano posible para o medio ambiente tendo en conta que se está nas Fragas do Eume, o abastecemento de auga e os efectos no estuario do Eume.

6º. O pleno de Cabanas insta a Xunta de Galicia a facer efectiva coas máximas garantías ambientais e ecolóxicas e no menor prazo posible a restitución do caudal do río Eume por parte da empresa Endesa Generación S.A., conforme a legalidade e sen que isto supoña unha nova eiva para o futuro do río Eume e do seu contorno.

9.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE APOIO AO MANIFESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO ENSINO PÚBLICO DE FERROLTERRA. Vista a moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre apoio ao manifesto da comunidade educativa do ensino público de Ferrolterra, expoñendo que diante das medidas tomadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desde que o PP está no goberno, reestruturación da oferta educativa en ES e FP, agrupamentos e redución de prazas en EI e EP, tódolos colectivos afectados veñen evidenciando o rexeitamento xeral a este tipo de decisións, tanto na forma coma no fondo, polas consecuencias que orixinan e que supoñen un grave deterioro do ensino público, así como, a vontade de non aceptar máis ataques contra o ensino público nin medidas que supoñan unha drástica redución de recursos humanos, con masificación nas aulas, mentres se manteñen concertos con centros privados, incluso ensinanzas non obrigatorias.

Por elo propoñen ao pleno da Corporación reclamar da Consellería de Educación:

- A inmediata retirada do Decreto de creación dos CIP e de modificación de determinadas ensinanzas nos centros educativos e que se abra durante o vindeiro curso un período de consultas, debate e negociación cos colectivos afectados e os/as representantes lexitimados para facelo na Mesa Sectorial de Ensino non Universitario, adecuando a Rede de Centros e a oferta educativa ás necesidades reais da nosa comarca.

- Mantemento da oferta educativa no ensino público cos medios e recursos necesarios, como única vía de garantir a igualdade de oportunidades.

- Cumprimento do acordo de agrupamentos asinado por esa consellería en xullo do 2009 e que polo tanto non se permita agrupar alumnado que supere as ratios alí establecidas.

- Unha explicación, por escrito, de cales son os motivos e o obxectivo desta reforma fita con tanta présa a finais de curso, e non de xeito progresivo e negociada.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo AEC, o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta que como xa manifestou nas mocións política o criterio do seu grupo vai ser a abstención, pero quere sinalar un punto moi importante na proposta que formula o BNG, que é o mantemento da oferta educativa no ensino público con medios e recursos necesarios como única vía de garantir a igualdade de oportunidades, nun país en crise hai dous puntos que non se poden tocar como son servizos sociais e educación, para saír da crise hai que investir nesto, iso é o que queren apoiar.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira entende que a educación é un dos piares que sustenta a sociedade, xa están acostumados a que as modificacións educativas se fagan na última semana de curso, débese intentar sacar os temas educativo e sanitario do debate político, debería haber un marco establecido por moito tempo e si hai cambios que foran por consenso e non por maiorías relativas, polo tanto apoian a moción.

Polo grupo popular: a concelleira Dª. Esperanza Gayoso Pereiro, inda que non están totalmente de acordo co contido, votarían a favor si se acepta a seguinte emenda Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira: “ O pleno municipal acorda instar a Consellería de educación e ordenación universitaria a continuar afondando na transformación do ensino en Galicia a través do mantemento e posta en marcha de medidas e proxectos sustentados nos principios de calidade, de excelencia e innovación, ao tempo que se actúa desde a optimización e eficiencia dos recursos dispoñibles”.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña sinala que o compromiso é co manifesto da comunidade educativa do ensino público de Ferrolterra e os puntos veñen impulsados por ese manifesto, si queren engadir esa proposta do grupo popular non hai problema, inda que na última frase pode caber de todo, a optimización xa vai incluída no espírito do manifesto, hai que facer da educación un dos piares básicos da sociedade moderna, polo tanto deberían quitar ese último inciso do final e o resto está ben.

A Sra. Gayoso Pereiro aclara que se trata dunha emenda de substitución senón non votarán o manifesto, alude a necesidade de incrementa-la oferta de ciclos formativos en FP e formación a distancia, a transformación de centros suporá un beneficio para a comunidade, unha oferta máis completa e estudos de calidade; iniciativas como as da moción tratan de obstaculizar o traballo da Xunta de Galicia e non están de acordo, están a favor de que o ensino público teña igualdade de oportunidades, conte cos profesores necesarios e atenda as demandas do alumnado con calidade, as ratios son das máis baixas, e as medidas veñen obrigadas polas circunstancias económicas

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor, dos membros do grupo BNG e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la devandita moción.

10.- MOCIÓN DO GRUPO POPULAR SOBRE O CATÁLOGO PRIORIZADO DE PRODUTOS FARMACÉUTICOS. A continuación dáse conta de moción presentada polo grupo popular sobre o catálogo priorizado de produtos farmacéuticos, e cuxa exposición aluden a aprobación da lei 12/2010 de racionalización do gasto na prestación farmacéutica polo Parlamento de Galicia o 22 de decembro; esta lei contou co respaldo do PP e do BNG contemplando, entre outros, o financiamento público de tódolos principios activos e de tódolos fármacos que se axusten aos de prezo menor fixado no nomenclátor nacional, así como, atención diferenciada e excepcional nos casos que corresponda. Esta lei foi recorrida polo Goberno central ante o TC que levantou a suspensión cautelar o pasado 28 de xuño, entrando en consideracións que avalan a norma aprobada.

Por todo isto, o grupo municipal popular somete a consideración do pleno da Corporación a aprobación dos seguintes acordos:

Primeiro: Instar o goberno de España a retirar o recurso interposto ante o Tribunal Constitucional en contra da lei de racionalización do gasto na prestación farmacéutica en Galicia.

Segundo: Instar o goberno central para que tendo en conta a proposta aprobada no Parlamento de Galicia cos votos do PP e BNG, estenda o catálogo priorizado no resto do Estado, co fin de garantir a sostenibilidade do sistema nacional de saúde.

Terceiro: Divulgar, dende o concello, como institución máis próxima á cidadanía, e concretamente, dende os centros comunitarios, información sobre os medicamentos xenéricos e as súas propiedades.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña sinala que esta moción ven dada pola lei 12/2010, de racionalización do gasto na prestación farmacéutica de Galicia, que ten apoiado o BNG no Parlamento galego. De acordo coas disposicións adicionais que afectan á sostibilidade do aforro que proporciona o catálogo, e sobre todo no que se refire a dirixir o aforro acadado como investimento na mellora da atención primaria, presentan a seguinte emenda:

Reclamar do goberno galego a posta en marcha inmediata das disposicións adicionais segunda e terceira da Lei 12/2010, do 22 de decembro, de racionalización do gasto na prestación farmacéutica de Galicia, que se concretan en:

1. O reinvestimento dos aforros derivados das medidas previstas na lei 12/2010 na mellora do sistema sanitario público, especialmente na atención primaria.

2. A adopción das medidas necesarias para promover a prescrición daquela alternativa terapéutica máis eficiente e segura para unha mesma afección, promovendo:

a) A prescrición por principio activo.

b) A elaboración de guías de práctica clínica inseridas na historia clínica electrónica.

c) A ordenación funcional da visita médica.

d) A información á poboación do uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta que como se trata dun tema político se van abster, considera que somos un pais de contrastes con exceso entre máximo e mínimo con independencia de quen goberne, recorda a compra de vacinas, pode pasar que se intente meter xenéricos en exceso e hai que ter coidado cando se substitúe un medicamento por outro porque os compoñentes poden variar, o cambio dun medicamento orixinal por un xenérico hai casos que pode afectar ao paciente, sexa benvido o aforro pero con coidado porque estase tratando da saúde das persoas.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira en relación co catálogo de medicamentos sinala que o TC acaba de facer unha formalidade procesal, levanta a suspensión do catálogo pero non ditou sentenza; o catálogo é competencia do Ministerio de Sanidade para evitar diferenzas entre Comunidades que nunhas se compren medicamentos subvencionados de marca e en Galicia se subvencionan os máis baratos, fálase do principio activo pero hai medicamentos de marca que funcionan mellor polo excipiente ou calidade química do principio activo; no último consello interterritorial de Sanidade falouse de prescrición por principios activos; no tema de sanidade coma no de educación ándase facendo a guerra de guerrillas, fala da soidade da conselleira de Sanidade no último consello interterritorial porque as outras Comunidades do PP apoiaron a proposta do Ministerio.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez explica que o Goberno do Sr.Zapatero recorreu o catálogo de medicamentos e pediu a suspensión cautelar por intereses políticos, fala das vantaxes desta norma e o rexeitamento do recurso da Federación de farmacias polo TSXG, alude a que o avogado do Estado non aportou xustificación ante o TC que probe unha redución da calidade nin da prestación farmacéutica, o propio TC indica que a sostibilidade do sistema sanitario público impón a necesidade de adoptar medidas de racionalización e contención do gasto farmacéutico, rexeitando os seis argumentos que presentou o goberno do partido socialista; no período que estivo en vigor cada día aforráronse 300.000 euros e o que pretende o PP con esta moción é que o goberno retire o recurso e ademais que esta é unha boa idea para o Estado que representaría un aforro duns 2.000 millóns de euros anuais.

O Sr.Pérez Sardiña aclara que se trata dunha emenda de adición, é algo que tamén está aprobado no Parlamento de Galicia, a posta en marcha destas disposicións adicionais son o revestimento dos acordos, é algo positivo que están sumando, en ningún momento están en contra do resto dos acordos, o traballo que teñen que facer os médicos é buscar esa prescrición dos principios activos a cada paciente segundo unha serie de criterios segundo a gravidade, para un grao leve non ten porque gastar o medicamento máis caro, buscar a racionalización do gasto e tamén a eficiencia e a boa atención das enfermidades.

O concelleiro da AEC, D. José C. Rey García opina que se está a discutir como expertos en medicina, fálase de aforrar pero hai que ver como se aforra, porque hai persoas que están a pagar medicamentos porque os xenéricos que lles dispensaron lle fan dano, segundo o médico non teñen os mesmos efectos, alude a casos concretos e que o problema vai ser que pare a produción de certos medicamentos por pouca saída, si se aforra por algo será pero os prexudicados van a ser os usuarios.

O Sr.Fachal López refírese a prescrición por principios activos e o que mellor pode facelo é o médico pero cando se toma un medicamento é en base a un diagnóstico e non a todos lles afecta igual, polo que non se pode cambiar un por outro tan facilmente.

O Sr.Feal Pereira non está de acordo coas cifras de aforro que citaron, en Galicia foron 31,5 millóns en tres meses, no que vai de ano o aforro en Galicia foi do 12,99 % e a media do resto das Comunidades un 12%, incluso aforrou menos que Aragón, Cantabria, A Rioxa ou Castela-La Mancha que non quitaron ningún medicamento, agarda que a Xunta rexeite sacar de novo o catálogo con que non se aforra máis e o mesmo tempo restrinxe a prestación farmacéutica aos cidadáns.

O Sr.López Rodriguez en relación coa proposta do BNG considera que debe formar parte de moción diferente; referente a intervención do Sr.Rey García cando se fala de principio activo se está a tratar do mesmo composto, incluso pode tomar medicamento que non leve nada, isto dáse psicoloxicamente, e tamén debe saberse que existe a profesión de vendedor de fármacos e os médicos lévanse unha porcentaxe dos medicamentos que receitan, de aí veñen as diferenzas; en canto ao Sr.Feal Pereira, Galicia aforrou o 12,5 % pero as receitas aumentaron o 3%, insiste no aforro anual de 2.000 millóns e explica os seis argumentos presentados polo avogado do Estado que rexeitou un a un o TC, parécelle penoso que o goberno de España estea xogando a garantir os intereses das empresas farmacéuticas en lugar de garantir os intereses dos cidadáns.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular, un voto en contra do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto e catro abstencións dos membros dos grupos BNG e AEC, acorda aproba-la devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

11.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 146 do 13-06-2011 ata a número 205 do 22-07-201 entre as cales se inclúen o nomeamento de tenentes de Alcalde, Delegacións da Alcaldía, Delegacións na Xunta de Goberno Local, Nomeamento membros da Xunta de Goberno Local, Delegacións especiais da Alcaldía e nomeamento de garda da policía local en comisión de servizos.

MOCIÓNS DE URXENCIA.

A) O portavoz do grupo BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña presenta unha moción por urxencia sobre o control das abusivas comisións bancarias que están sufrindo os usuarios/as en Galicia, entenden que é urxente porque estas comisións sucederon no mes pasado e un pronunciamento dentro de dous meses sería extemporáneo, trátase de apoiar aos aforradores e as persoas que sofren estes abusos. O Sr.Alcalde entende que non compete ao concello de Cabanas.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la urxencia da moción.

12.- ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1.Grupo BNG. Intervención do portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña.

a.1.1. En relación coa contratación dunha asistencia de prensa e comunicación, ¿ cales foron as tres ofertas prestadas?, ¿ cal foi a contía e cales foron as empresas que se presentaron a este concurso pechado e quen foi contratado?.

Resposta Sr.Alcalde: non ten aquí os datos das empresas, no próximo pleno diralle cales son e o resultado, é unha persoa de apoio administrativo de prensa e comunicación ata final de ano, este concello carece de xente para ese cometido e é necesaria unha persoa como se contrataron outras no primeiro semestre.

a.1.2. En relación cos distintos procesos de contratación de persoal que se produciron, ¿cal é o motivo de que houbese unha segunda convocatoria para algún posto e non para outros?.

Resposta Sr.Alcalde: conservación de camiños hai dúas convocatorias diferentes, se convocou unha urxente e outra normal, así foi como foi solicitado ao plan de cooperación.

a.1.3. ¿ Cal é a situación do PXOM despois de que fose presentado por rexistro no mes de abril?.

Resposta Sr. Alcalde: Está feito o informe do arquitecto e agora falta o informe de secretaría, hai moito traballo e non se deu feito antes.

a.1.4. Rogo. En relación co camiño que vai de Pedreiras á presa de Ventín, roga se proceda polo menos a creación dunhas gabias para que a auga non vaia polo medio do camiño que se está esbarrancando, que se adopten medidas para evitar o deterioro excesivo dese vial.

a.1.a. Pregunta concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita. O muro que hai debaixo do tren onde une a praia de Cabanas e o río está derruído ¿ Por qué non se lle comunica a Costas que o amañe?.

Resposta Sr.Alcalde: A area non creo que a poidamos tocar nos, o muro comprobarase como está.

a.2. Grupo AEC. Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.2.1. ¿ Cal é a situación actual do proxecto de pantalán despois da marcha do Sr.Campano?.

Resposta Sr.Alcalde: o proxecto traerase a pleno para aprobación do convenio no próximo pleno, esperamos facer un pleno urxente en breve e traerase ese punto na orde do día.

a.2.2. A situación actual do emprazamento da praza do cruceiro entendo que está paralizada, ¿ está esperando os albaneis?.

Resposta Sr.Alcalde: estase esperando polos albaneis, a pedra e todo o material está ai.

a.2.3. ¿ Cal é a situación na que se atopa o punto limpo?.

Resposta Sr.Alcalde: o punto limpo foi aprobado polo consello da Xunta, din que en tres meses pero supoñemos que será un pouco máis.

a.2.4. ¿ Retomouse coa Demarcación de Costas o tema do espigón, pois nestas datas é importante o dano que fixo?.

Resposta Sr.Alcalde: este é un tema que nos preocupa e Costas dixo que está facendo un estudo coa Universidade, estamos pendentes de que nos conteste.

a.2.5. Rogo. En relación coa limpeza das praias e viais hai unha serie de circunstancias da situación actual, pero para que non volva a suceder roga se pida a Deputación que non dea a xente en agosto senón que en abril-maio ese persoal estea operativo.

a.2.6. Rogo. Roga se fagan as xestións oportunas para que se reparen tres fochancas na saída da autoestrada despois da primeira rotonda, van aumentando co tempo e necesario solucionar este problema porque é a imaxe de Cabanas.

Resposta Sr.Alcalde: xa se tratou ese tema así como a limpeza do lateral, esperamos que cumpran a palabra do que dixeron.

a.2.7. Rogo. Hai veciños que protestaron polo horario da caseta de turismo que non se respecta, chégase tarde e sáese antes, roga que se cumpran os horarios.

a.2.a. Pregunta concelleiro D. Luis A. Fachal López. ¿ Hai algunha novidade no proxecto de humanización da N-651?.

Resposta Sr.Alcalde: inda non, este tema coa que está caendo vai ser complicado firmar iso.

Intervención do concelleiro D. José C. Rey García.

a.2.b. Rogo. Acaba de arranxarse o camiño que vai do depósito a Pedra do Couto, hai un monte no que fixeron unha entrada para saque de madeira invadindo o camiño que os propietarios no seu día denunciaron o concello por abrilo, e agora son os que máis se aproveitan, roga se revise a reparación do camiño nesta entrada.

a.2.c. Rogo. Hai veciños que chaman ao concello preguntando por Pepe Rey e dinlles que non traballa no concello, fixeron chamada na súa presenza para comprobalo, a resposta foi dun cargo político e gustaríalle que contesten que segue estando no Concello inda que agora na oposición.

a.3.Grupo Mixto. Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.3.1. Con respecto a iniciativa aprobada por unanimidade polo pleno do concello de Cabanas para dotar dunha oficina de Correos, ¿ fíxose algún trámite coa consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para cambiar a situación, pois estaban pendentes diso e contactouse coa Sociedade Estatal de Correos y Telégrafos para levar a cabo esa iniciativa?.

Resposta Sr.Alcalde: no seu día falouse coa delegada que quedou de facer algunha xestión e estase a espera, ben é certo que agora non está gobernando, esas foron as xestións.

¿ Seguen traballando no tema?.

Resposta Sr.Alcalde: estaría ben pero non é prioritario, houbo conversacións, esixían un local cunhas determinadas medidas e non chegaron a acordo cos propietarios e o final houbo acordo cos propietarios da oficina actual de Pontedeume e non teñen pensado duplicar oficinas nin cambiarse de Pontedeume, é complicado montar outra oficina en Cabanas e hai outras prioridades.

a.3.2. Con respecto a antiga escola unitaria da Uchiña, ¿ de quen é a titularidade da edificación?, ¿ quen a está usando?, ¿ existe convenio de cesión?.

Resposta Sr.Alcalde: é do Concello e a está usando a Sociedade de cazadores, e si quere usala algunha asociación vinculada ao Concello pode facelo, que faga algunha actividade social.

a.3.3. En relación coa situación da casa reitoral da parroquia de Soaserra, ¿ ten realizado algún trámite co arcebispado e en que situación se encontra?.

Resposta Sr.Alcalde: está feito o trámite, chegou comunicación por rexistro e está presentado en Patrimonio.

a.3.4.Con respecto a zona de residentes, ¿ cales foron as condicións obxectivas para decantarse por uso de zona de residentes e non por unha zona azul regulada por tempo limitado?.

Resposta Sr.Alcalde: si está regulada por tempo limitado e é unha ordenanza que ven a través da Deputación e que se aprobou aquí neste Concello.

-¿ é o mesmo unha zona de residentes que unha zona azul ou tempo limitado?.

Resposta Sr.Alcalde: hai unha ordenanza aprobada tal cal, estase cumprindo elevando a cabo.

a.3.5. Na aplicación da lei 9/2010 de augas de Galicia, no tocante ao cobro de auga aos cidadáns con captación propia, sexa colectivo ou individual, ¿ como se vai realizar ese cobro?.

Resposta Sr.Alcalde: iso está aprobado e hai disposicións posteriores como se vai facer, e as augas privadas non se lles vai cobrar nin as explotacións, despois hai que aforrar auga e ser consecuentes co consumo de auga.

a.3.6. Rogo. No camiño que vai do Gaiteiro á Torre houbo un vertido de formigón ocupando un lateral do camiño que resulta perigoso para a circulación, roga se elimine e limpe.

a.3.7. Rogo. Na estrada que vai de Fene a Lavandeira a maleza está invadindo a estrada, non é competencia do Concello pero gustaríalle que se fixeran os trámites oportunos para axilizar a limpeza desta estrada.

Resposta Sr.Alcalde: é un trámite da Deputación, e xa fixeron xestións pero houbo eleccións e non quedou a disposición feita, a partir do pleno de organización da Deputación intentarase que se realice o máis rápido posible.

b). Preguntas por escrito.

b.1. Preguntas presentadas polo grupo municipal do BNG en escrito do 26 de xullo de 2011.

b.1.1. Remataron de arranxar o camiño de Barcia (Regoela) cunha capiña de asfaltado en frío e unhas miguiñas de grava miúda por riba, cando nos arredores aglomeráronse tódolos camiños e sabendo que o camiño atura tráfico pesado acotío (granxa gandeira, camións de subministracións, turismos da veciñanza...). Por que é discriminada polo Sr. Castrillón a veciñanza de Barcia (Regoela)?.

Resposta Sr.Alcalde: as noticias que ten non son esas, recórdalle que si o goberno de Madrid que apoiou o BNG, aportase nas obras do PEIM o que aportaba ata 2009 non ocorrería o de esa estrada, pois tivo que facerse solo con diñeiro da Xunta, solo se puido facer así e o camiño necesitaba ese arranxo, en vez de 20 anos durará 10 pero o problema é que se trata dunha obra do PEIM.

b.1.2. Sobre a Lei de Augas está todo moi calado mais as previsións da Xunta eran que coa entrada de 2012, esteña operativo o novo modelo de xestión da auga ¿Co apoio do PP como se vai aplicar en Cabanas a Lei de Augas?.

Resposta Sr.Alcalde: vostede mesmo o di, hai unha lei aprobada pola Xunta de Galicia que está clara e non se lle debe dar máis voltas a este asunto.

b.1.3. En relación ó cambio de traza do Camiño Inglés en Laraxe nin o concello nin a Xunta respectan as sinaturas dos veciños, os acordos deste Pleno e o informe técnico de Patrimonio. A que se debe o cambio de traza do Camiño Inglés?.

Resposta Sr.Alcalde: vostede segue mentindo e contando verdades a medias, fala da traza do camiño inglés a cal foi aprobada en pleno e díxose moi claro que se deixaba constancia de que esa non era a traza do camiño primitivo, foi BNG pola súa intransixencia que levou a que dende Sepes encargara un estudo arqueolóxico que non foi feito por políticos senón por arqueólogos e historiadores cun traballo de campo, vostede quere saber máis que ninguén, foi ese estudo o que determinou que Patrimonio decidira modificala traza para que o camiño inglés discorra por onde o facía antigamente.

b.1.4. En canto á urbanización das parcelas Q. Hai cambios nas obras de acondicionamento Bloque Q e Bloque comercial de Vilar do Colo?.

Resposta Sr.Alcalde: o concello de Cabanas non ten constancia que se vaia levar a cabo ningunha modificación, de facerse algunha e ter coñecemento será comunicado.

b.1.5. Vemos pasar os días e o construído na beirarrúa dos Castaños segue igual. O alcalde pódenos explicar en que situación se atopa o expediente de reposición da legalidade do ximnasio situado na costa do Vinte e un?.

Resposta Sr.Alcalde: existe un decreto da Alcaldía ordenando a súa demolición, estase a espera da execución.

b.1.6. Nesa mesma beirarrúa, diante do Hotel Iberia, a sede electoral do PP nas pasadas eleccións está cheo de mesas e a xente ten que camiñar pola estrada xa que pola beirarrúa é imposible. Que autorización municipal hai para o aproveitamento da beirarrúa?.

Resposta Sr.Alcalde: Dáselle o mesmo trato que ao resto das terrazas do concello de Cabanas.

b.1.7. Sobre a Humanización da N-651. Pódenos concretar se xa asinou o proxecto de Humanización da N-651?.

Resposta Sr.Alcalde: non se asinou inda nada.

b.1.8. Sobre a apertura do Punto de Atención á Infancia (PAI). Que balance económico (ingresos e gastos) resulta dos primeiros meses de funcionamento?.

Resposta Sr.Alcalde: xa foi contestada.

b.1.9. Rogo. Rogamos que se teña en conta a seguridade vial dos peóns que circulan diante do Hotel Iberia e se adecúe a terraza ao cumprimento da normativa de accesibilidade dos vieiros públicos.

b.1.10. Rogo Prégaselle ó Goberno local, dada a eficiencia e eficacia pregoada polo PP, que comecen a dar exemplo cos feitos na mellora da tramitación de solicitudes e documentación.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e dúas horas e vinte cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Pleno de 28 de setembro de 2011

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DO DÍA 28 DE SETEMBRO DE 2011.

           

Concelleiros asistentes:

Dª. Eva Mª. Pazos Bande

Dª. Esperanza Gayoso Pereiro.

D.JuanA. LópezRodriguez.

Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa.

D.JulianR.SeijasCriado.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña.

Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.

D.JoséC.ReyGarcía

D.LuisA. FachalLópez

D. Delfín Feal Pereira.

            No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e oito de setembro de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación Don Antonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

            Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dada conta da acta da sesión anterior realizada o día 27 de xullo de 2011, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, a Presidencia pregunta se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda aproba-la referida acta.

2.- FESTAS LOCAIS PARA 2012. Visto o escrito da Xefatura territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar, no que interesa proposta do pleno ou do órgano que sexa competente deste Concello na que consten as datas concretas dos dous días de festa de carácter retribuído e non recuperable no ámbito deste termo municipal para o vindeiro ano 2012.

E vista a proposta do grupo de goberno, tendo en conta que o 11 de novembro cadra en domingo, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes, acorda:

Propoñer como festas locais en todo o termo municipal para o vindeiro ano 2012, o 21 de febreiro (martes de Entroido ) e o 30 de novembro (Santo André).

3.- MODIFICACION TAXA UTILIZACIÓN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa por utilización de instalacións deportivas municipais e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente e ditame da comisión de facenda.

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular e cinco abstencións dos membros dos grupos BNG, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: taxa por utilización de instalacións deportivas municipais, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

4. MODIFICACIÓN PREZO PÚBLICO ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E RECREATIVAS. Visto o expediente tramitado para modificación do prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas e recreativas, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, coa documentación que consta no devandito expediente e ditame da comisión de facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña indica que xa manifestaron na comisión que non tiñan claro esta suba cando non se ve polo equipo de goberno unha mellora nos servizos, polo que súa posición vai ser en contra mentres non demostren a mellora deses servizos con medios necesarios para o desenvolvemento desas actividades.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira insiste en que na comisión quedou pendente o da bonificación para familias monoparentais, díxoselle que ningunha persoa ía quedar sen actividades, pero non ve inconveniente en que se incorpore unha bonificación do 10% para estas familias, observa que isto non se incorporou e polo tanto votará en contra.

Polo grupo popular: a concelleira Dª. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que pola situación económica vense na necesidade de racionalizar o gasto e buscar a sustentabilidade das actividades; nos últimos anos fixéronse melloras importantes nos locais de actividades culturais e deportivas, invitando a que se comproben; en canto a familias monoparentais considera que non por ese feito van carecer de recursos e recorda que no caso de problemas económicos se pode chegar a exención do 100% do cota, por iso non ven razón para incluílas.

O Sr.Pérez Sardiña insiste nos medios materiais e que non son os que crean os problemas nas actividades nin as suspenden durante o curso, pide que revisen as actas e as peticións que levan feito, alude a falta de consignación, a mala xestión gastando os cartos na primeira metade do ano e agora a esixencia dun esforzo aos asistentes as actividades, considera que o equipo de goberno non ten capacidade de xestión política e o demostran co rumbo cara os pufos.

O Sr.Feal Pereira en relación co dito pola Sra. Concelleira de cultura sobre familias monoparentais, tamén se pode aplicar o mesmo as familias numerosas que teñen bonificación, polo tanto non é escusa e tendo en conta ademais o habitual que está sendo este tipo de familia debía ser recollida nas bonificacións.

A Sra. Gayoso Pereiro fala de que se está a pechar a inscrición nas actividades e o aumento da demanda, a única actividade que houbo problemas no curso anterior foi porque a monitora en vez de dedicarse a dar clases facía política, intentou dialogar con ela polas boas varias veces e nunca o conseguiu, intentaba rebenta-la actividade, esta ano para retoma-la actividade a día de hoxe inda non constou; considera que as tarifas non son excesivas, hai que ter en conta as bonificacións e están por debaixo do custo polo interese social e cultural.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular, tres en contra dos membros do grupo BNG e o concelleiro do PSdG-PSOE membro do grupo mixto e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas e recreativas, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

5.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CREDITOS 6/2011. Examinada a proposta de modificación de créditos que se detalla na memoria da Alcaldía-Presidencia, por importe de 97.220,00 euros, para facer fronte a obrigas a cargo desta Corporación relativas a  gastos de persoal,  bens correntes e servizos e investimentos que se considera necesario realizar no presente exercicio sen que se poidan atrasar para o exercicio seguinte, utilizando como recursos para o seu financiamento as baixas doutras partidas de gastos. No expediente figura informe de Intervención, así como ditame favorable da Comisión de Facenda, considerando que as modificacións son necesarias con carácter inaprazable e non existe ningún prexuízo para os intereses do Concello.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña indica que nesta modificación o diñeiro non vai para investimentos senón para mante-lo staf  do equipo de goberno como a asesoría que falla en temas xurídicos e que foi contratada antes das eleccións en contra do que dixo o Alcalde, alude aos conflitos da concelleira de cultura onde debería crearse unha comisión – intervén a Sra. Gayoso Pereiro, ordenándolle silencia a Presidencia – quedaron facturas sen pagar do 2010 e nesta modificación tampouco deixan diñeiro para as actividades que están organizando, esta modificación faise para paga-los seus soldos de preto de 1.000 euros ou máis, veñen a resolve-los seus problemas non os de Cabanas, os bancos xa non lles dan créditos, critica o cambio de farolas cando estaban en bo uso, xa advertiron que se estaba gastando en cousas non estritamente necesarias, a modificación non contempla a achega á Xunta no 2011 para o convenio do abastecemento ao polígono de Vilar do Colo e pregunta cales son as prioridades.

Polo grupo mixto, o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira considera que sempre se fan modificacións e iso é necesario, alude ao exposto no informe de Intervención e considera que os gastos téñense que facer en aras do ben do Concello, pregunta que significa a baixa de 27.000 euros na partida do PXOM e en concepto de que se reducen 2.000 euros en combustible; alude ao aumento de 8.600 euros en protocolo e publicidade que inda que dixeron na comisión de facenda que era unha persoa que facía moitas cousas opina que é unha esaxeración, en canto a servizos xurídicos si o concello non ten dispoñibilidade orzamentaria, temos unha Deputación que os presta de forma gratuíta sen necesidade de asesoría externa, por todo elo votará en contra da modificación.

Polo grupo popular, a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande sinala que como manifestou na comisión, tódolos anos é necesario realizar axustes nas partidas orzamentarias para atender necesidades de gastos derivados do propio funcionamento do Concello,  refírese ao informe de Intervención e que estas modificacións non varían a estabilidade orzamentaria, considera necesario aumentar partidas de gastos para atender necesidades no presente exercicio que non poden ser atrasadas ao exercicio seguinte, é ineficaz ter paradas partidas que non van ser utilizadas neste ano e por elo realízase unha reasignación para un mellor rendemento dos recursos, redúcese o gasto naquelas partidas que foi posible e preténdese realizar unha sola modificación, o concello non ten ningún crédito pendente como consecuencia da boa xestión nos últimos anos, tampouco hai facturas no caixón e pechouse o 2010 cos pagos realizados ao 99% a pesar da crise, os provedores están tranquilos porque saben que este goberno paga puntualmente e cumprindo coa lexislación vixente.

O Sr.Pérez Sardiña manifesta que cando din que pagaron o 99% deberíalles caer a cara de vergonza, nos decretos da Alcaldía hai un recoñecemento especial dunha factura do proxecto da auga para Vilar do Colo era do 2010 e non aparecía, con esta modificación están atrasando grandes facturas, e pregúntase si están levando ó concello ao impago, insiste en que os bancos xa non lles dan crédito, mentres que antes non había problema como no caso na nave de Vilar do Colo.

O portavoz do grupo AEC, D. Luis A. Fachal López opina que o grupo de goberno  está na súa facultade de facer modificacións, pero non está de acordo como se fan, as prioridades non son equitativas, cámbianse farolas que funcionaban e sácase a partida dos espazos infantís con moitos usuarios, é unha prioridade e hai moito que mellorar, espera que a minoración no camiño da Lagoa non impida a execución da obra, é momento de buscar solucións, no seu momento prescindiuse de servizos xurídicos por ineficientes, agora habería revisar porque cree que tampouco fixeron a súa labor, habería que pensar na Deputación que sería custo cero.

O Sr.Feal Pereira manifesta que a portavoz popular non contestou ao que significa esa baixa de 27.000 euros no PXOM, non xustifica o aumento de gastos en protocolo e publicidade, nin en publicidade e propaganda, e nos temas xurídicos non sabe por que o Sr.Alcalde di que non poden ser os da Deputación, si a portavoz ou o Sr.Alcalde queren contestar tenllo a ben.

A Sra. Pazos Bande non ve necesidade de entrar en debates de partidas porque todos coñecen como funciona o orzamento pero insiste na oportunidade de reasignación das partidas dispoñibles, están traballando no plan económico financeiro, na execución da sentenza do Penso realizáronse os trámites necesarios cos bancos sen resultado, en protocolo e publicidade é para cubrir unha persoa que se encarga destes temas así como tarefas de administración, incluso de administración xeral cubrindo vacacións e baixas aforrando contratación de persoal temporal para eses traballos; nos temas xurídicos tamén hai que atender outros gastos como o caso de Florinda Deibe, o PXOM ten a máxima prioridade pero a subvención da 2ª anualidade da Xunta non vai chegar neste ano e por elo hai que adapta-lo as necesidades, o mesmo pasa noutras partidas e hai que buscar a eficacia.

A concelleira do BNG Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita pide a palabra pero a Presidencia non lla concede.

O Sr.Alcalde, en relación co tema das farolas recorda que no último carnaval houbo problemas con nenos que se agarraban as farolas e daban corrente, é un tema de seguridade e ao concello non lle custou diñeiro ningún; en canto a servizos xurídicos da Deputación pregunta por que o PSOE tiña tamén contratado uns asesores para o Penso, a realidade é que ten que ser privado non vale a Deputación.

Despois de debatido o asunto o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular, e cinco en contra dos membros dos grupos BNG, AEC e o concelleiro do PSdeG-PSOE membro do grupo mixto, acorda:

Primeiro: Aproba-la referida proposta de modificación de crédito aplicando as cantidades correspondentes as partidas que se reflicten na memoria segundo o seguinte detalle:       

1º.- AUMENTOS PARTIDAS DE GASTOS.

            a)  Créditos extraordinarios

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Aumento proposto

Consig.resultante

459.62702

Infraestruturas eléctricas

---

10.300,00

10.300,00

                                                                        Suma créditos extraordinarios...10.300,00 euros.

             b) Suplementos de crédito:

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Crédito dispoñible

Aumento proposto

Consig.resul-tante

150.16000

Seguridade Social

56.225,00

16.178,24

2.500,00

58.725,00

150.21300

Maquinaria, instalación, útiles

16.000,00

3.549,67

3.500,00

19.500,00

150.63501

Mobiliario urbano

2.000,00

266,57

2.855,00

4.855,00

165.22100

Enerxía eléctrica

150.000,00

7,25

950,00

150.850,00

312.22100

Enerxía eléctrica

2.000,00

68,80

2.265,00

4.265,00

312.22700

Limpeza e aseo

850,00

142,00

2.550,00

3.400,00

330.21200

Edificios e outras construcións

2.000,00

6,01

100,00

2.100,00

334.22609

Actividades culturais

47.100,00

118,23

2.500,00

47.600,00

336.22706

Estudos e traballos técnicos

3.467,00

71,22

2.000,00

5.467,00

338.22699

Outros gastos diversos

14.000,00

106,59

450,00

14.450,00

341.22609

Actividades deportivas

47.100,00

38,40

8.700,00

55.800,00

342.21200

Edificios e outras construcións

2.000,00

1.025,94

150,00

2.150,00

450.21000

Infraestrutura e bens naturais

25.000,00

84,00

13.700,00

38.700,00

450.22706

Estudos e traballos técnicos

49.000,00

477,21

8.650,00

67.650,00

912.23300

Outras indemnizacións

20.000,00

50,00

17.000,00

37.000,00

912.48903

Transferencias grupos políticos

3.000,00

470,15

1.200,00

4.200,00

920.22602

Publicidade e propaganda

3.000,00

512,56

2.450,00

5.450,00

920.22604

Xurídicos, contenciosos

15.000,00

1.888,33

6.700,00

21.700,00

920.22709

Servizo protocolo e publicidade

16.925,00

3,26

8.700,00

25.625,00

                                    Suma suplementos de crédito.................................... 86.920 euros.

            Total incrementos de crédito................................................................97.220,00 euros.

            2º.- BAIXAS EN PARTIDAS DE GASTOS.    

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Crédito dispoñible

Baixa proposta

Consig.resul-tante

130.12003

Soldos do grupo C1

14.511,00

7.574,81

1.800,00

12.711,00

130.12009

Paga extraordinaria

4.160,00

3.107,45

1.000,00

3.160,00

130.12100

Complemento de destino

9.475,00

5.671,86

2.500,00

6.975,00

130.12101

Complemento específico

14.175,00

8.927,66

3.900,00

10.275,00

134.21400

Elementos transporte

1.000,00

1.000,00

600,00

400,00

151.22710

Redacción PXOM

57.000,00

27.906,90

27.000,00

30.000,00

170.13100

Laboral temporal

34.800,00

2.209,38

1.200,00

33.600,00

170.16000

Seguridade Social

11.510,00

2.619,05

1.300,00

10.210,00

171.61904

Obras e servizos municipais

47.320,00

47.320,00

7.320,00

40.000,00

221.16104

Indemnizacións xubilación laboral

1.000,00

1.000,00

900,00

100,00

221.16200

Formación persoal

1.000,00

1.000,00

900,00

100,00

231.13100

Laboral temporal

91.312,00

38.012,88

9.000,00

82.312,00

231.16000

Seguridade Social

27.805,00

9.618,56

500,00

27.305,00

312.13000

Retribucións básicas

5.339,00

3.047,10

600,00

4.739,00

312.13002

Outras remuneracións

1.994,00

1.703,52

1.300,00

694,00

312.16000

Seguridade social

2.450,00

1.645,90

800,00

1.650,00

323.48100

Axudas para estudos

2.000,00

2.000,00

1.000,00

1.000,00

330.21300

Maquinaria, instalacións, útiles

4.000,00

1.924,29

1.000,00

3.000,00

432.48900

Transferencias Euroeume

5.000,00

5.000,00

3.000,00

2.000,00

454.61904

Obras e servizos municipais

55.000,00

38.511,27

15.000,00

40.000,00

920.12003

Soldos grupo C1

17.281,00

7.591,25

1.800,00

15.481,00

920.22002

Material informático non inventariabl

5.000,00

3.495,97

2.300,00

2.700,00

920.22103

Combustibles e carburantes

9.000,00

5.758,46

2.000,00

7.000,00

920.63500

Mobiliario

1.000,00

1.000,00

900,00

100,00

941.45000

Transporte metropolitano

10.700,00

9.641,69

9.600,00

1.100,00

                        Total baixas de crédito.............................................................97.220,00 euros

Segundo: Continua-la tramitación do expediente con exposición pública en forma regulamentaria a efectos de exame e reclamacións.

Terceiro: No suposto de non presentarse reclamacións contra o mesmo considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o trámite de publicación do correspondente resume no B.O.P. e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

6.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA E O CONCELO DE CABANAS PARA CONSTRUCCIÓN DE PLATAFORMA FLOTANTE TEMPORAL EN CABANAS. Visto o borrador do convenio de colaboración entre o Ente Público Portos de Galicia e o concello de Cabanas para a construción de “Plataforma modular flotante temporal en Cabanas, A Coruña” que achega o Director de Portos de Galicia para prestar conformidade como trámite previo e preceptivo á subscrición do convenio.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña ironiza coa consideración como necesidade prioritaria, non se pode estar sen atraque porque chegan barcos tódolos días e pódese dicir que  hai unha flota que enche a ría e non teñen sitio onde ampararse; indica que polo menos hai que saber a cantidade á que haberá que facer fronte, nun momento de crise que están a falar de austeridade e recorte de gastos terán que explicar isto, o custo do mantemento e os compromisos adquiridos e o financiamento, non vaia pasar como co abastecemento de Vilar do Colo que está sen pagar e seguirá porque non lles dan crédito, un punto tras outro están a levar o Concello a decadencia, ese é o camiño que queren levar.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López alude ao tema do mantemento e supón que haberá que ter unha ordenanza fiscal reguladora, pero o que máis lle sorprende é que nos proxectos vistos eran para ancoraxe e fondeo das embarcacións e resulta que agora solo é para subir e baixar persoas, non é o que se había falado nun principio, por elo pide que se explique isto.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande manifesta que deixando a demagoxia que algúns lles encanta mostrar, o pantalan é unha petición dos veciños de Cabanas, puxéronse a traballar na posibilidade de instalar un pantalan para ofrecer un acceso transitable aos barcos que fondean na zona e agora se poderán empezar a resolver os inconvenientes que tiñan nese lugar, ao mesmo tempo búscase potenciar o valor ambiental e natural de Cabanas e ordena-las actividades náutico-deportivas como un medio para o fomento do turismo, trátase dun pantalan para embarque e desembarque de persoas sen que se poida utilizar como plataforma de ancoraxe ou fondeo permanente para ningún tipo de embarcacións.

O concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira considera que todo o que sexa para aumenta-las infraestruturas do Concello é bo,  imaxina que será para potenciar o fomento do turismo con algún outro proxecto máis, espera que se conteste as preguntas que se fixeron antes sobre elaboración dunha ordenanza e custos de mantemento, manifestándose a favor porque pode ser importante para o fomento do turismo.

O Sr.Alcalde sorpréndelle as manifestacións do Sr.Fachal porque leva catro anos traballando e tivo nas mans o convenio, non variou nada, é un tema de recreo e non se poden facer fondeos como en Pontedeume, é de recreo para o día e para subir e baixar xente; o mantemento vai ser solo limpeza e mantemento, hai alí uns quince barcos pero teñen que estar fondeados fora do pantalán – intervén a Sra.García Pita e o Sr.Presidente ordena silencio indicándolle que é a segunda advertencia-

Debatido o asunto o pleno da Corporación, por maioría absoluta, con nove votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra dos membros do grupo BNG, acorda:

Aproba-lo convenio de colaboración entre o Ente Público Portos de Galicia e o concello de Cabanas para a construción de “Plataforma modular flotante temporal en Cabanas, A Coruña”, coas seguintes cláusulas:

Primeira.- Obxecto do convenio.

O obxecto de presente convenio é establecer as bases de cooperación entre a Xunta de Galicia –Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, e o Concello de Cabanas, para a execución das obras de estas entidades porán a disposición da xunta de Galicia os terreos necesarios para a normal execución das obras de “Plataforma Modular Flotante temporal en Cabanas, A Coruña” co fin de servir de plataforma de atraque e desatraque de embarcacións de porte e dimensións axeitadas ao proxecto de execución das obras, e de embarque e desembarque de persoas.

Segunda.- Orzamento.

O orzamento máximo para a execución das obras anteriormente citadas ascenderá a 49.900,00€ en unha única anualidade con cargo á aplicación orzamentaria 62204-“Obras de atraque” dos orzamentos do Ente Público Portos de Galicia correspondentes ó ano 2011.

En ningún caso poderá superarse a cantidade máxima indicada anteriormente, sen prexuízo do disposto na cláusula sexta.

As obras executaranse de acordo ao proxecto “Plataforma Modular Flotante temporal en Cabanas, A Coruña” redactado en 29/12/10, polo enxeñeiro de camiños, canles e portos. D. Antonio Serrano Aguayo, e con visado do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños Canles e Portos de data 07/02/2011, expediente 25709.

Terceira.- Obrigas de Portos de Galicia.

O Ente Público Portos de Galicia compromete as seguintes obrigas:

1. A licitación, contratación, dirección e execución das obras de “Plataforma Modular Flotante temporal en Cabanas, A Coruña”, de acordo ao proxecto “Plataforma Modular Flotante temporal en Cabanas, A Coruña” redactado en 29/12/10, polo enxeñeiro de camiños, canles e portos D. Antonio Serrano Aguayo, e con visado do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños Canles e Portos de data 07/02/2011, expediente 25709, ata a contía máxima para de 49.900, 00€

Cuarta.- Obrigas do Concello de Cabanas.

O Concello de Cabanas, con carácter previo á formalización deste Convenio, deberá aportar testemuño do acordo en Pleno relativo ós seguintes extremos:

1.      a)Compromiso de posta a disposición, por parte do Concello, libres de cargas e gravames, e con réxime e usos urbanísticos axeitados para a normal execución das obras, de tódolos terreos necesarios para a normal execución das obras obxecto de este convenio incluíndose así mesmo a retirada e no seu caso reposición, ao seu cargo de tódolos servizos afectados polas mesmas.

b) Compromisos de asumir o custo de calquera gravame, taxa ou prezo derivado da execución deste convenio, sen que se poida xirar ningún cargo por tales custos contra Portos de Galicia ou a Xunta de Galicia.

c) Compromiso de concesión, dos correspondentes permisos e autorizacións necesarias, no seu caso, para a completa execución das obras, sen custe algún para Portos de Galicia ou a Xunta de Galicia.

d) Compromiso de tramitación e obtención dos permisos, autorizacións ou concesións que foran necesarios, no seu caso, para completa execución das obras sen custe algún para Portos de Galicia ou a Xunta de Galicia.

e) Compromiso de tramitación e obtención dos permisos, autorizacións ou concesións que foran necesarios, no seu caso, ante a Demarcación de Costas do Estado de Galicia sen custe algún para Portos de Galicia ou a Xunta de Galicia.

f) A obriga de asumir, unha vez recepcionadas provisionalmente as obras e previa comunicación de Portos de Galicia, o mantemento e conservación das mesmas, e súa vixianza e custodia, respondendo por tales obrigas fronte a terceiros, desde o momento do coñecemento do Concello de Cabanas da recepción das obras conforme ao establecido na cláusula oitava.

2. En ningún caso o Concello de Cabanas poderá exercer ao abeiro deste convenio e sobre o pantalán construído por Portos de Galicia, ningún tipo de competencia, actuación ou potestade que implique directa ou indirectamente o exercicio de competencias portuarias autonómicas debendo destinalas a uso de servizo público.

3. O Concello de Cabanas asume a obriga de destinar unicamente o pantalán a servir de plataforma de atraque e desatraque de embarcacións de porte e dimensións axeitadas ao proxecto de execución das obras, e de embarque e desembarque de persoas, sen que poida utilizarse como plataforma de ancoraxe ou fondeo permanente para ningún tipo de embarcacións.

Quinta.- Acreditación da disposición de terreos e do dominio público marítimo-terrestre.

O Concello de Cabanas, como trámite previo á adxudicación das obras, deberá acreditar a oportuna certificación xustificativa da dispoñibilidade dos terreos e dos servizos afectados, nos termos do apartado a) da cláusula precedente.

Tamén aportará, previo o inicio das obras, todos aqueles permisos, autorizacións ou concesións que foran necesarios, no seu caso, por parte da Demarcación de Costas do Estado de Galicia, para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre.

Sexta.- Limitación da achega financeira.

Licitadas as obras, a baixa do custo das mesma derivada da licitación, suporá a rebaixa automática do compromiso de aportación financeira de Portos de Galicia.

No caso de superarse a cantidade máxima sinalada na cláusula segunda como consecuencia de incidencias sobrevidas no curso da execución das obras, o Concello de Cabanas deberá habilita-los correspondentes créditos e transferi-los a Portos de Galicia para a súa autorización e disposición a favor do contratista adxudicatario das obras, exceptuándose aquelas modificacións que, durante a correcta execución da obra, se produzan unicamente por variación no número de unidades realmente executadas sobre as previstas nas ubicacións do proxecto, as cales poderán ser recollidas na liquidación provisional, co límite de que non representan un incremento de gasto superior ó 10 por 100 do prezo do contrato.

Sétima.- Comisión de seguimento.

Coa finalidade de asegurar o cumprimento do presente convenio, créase unha Comisión de Seguimento integrada por dous representantes do ente público Portos de Galicia e dous representantes do Concello de Cabanas. Esta Comisión que será presidida por un dos representantes de Portos de Galicia, resolverá as dúbidas que xurdan sobre o cumprimento do convenio e os acordos adoptados neste senso será inmediatamente executivos, agás que precisen autorización dos órganos competentes das respectivas partes. Para as discrepancias non resoltas, a resolución última será tomada pola Consellería do Mar.

Oitava.- Recepción das obras.

Recibidas as obras polo Ente Público Portos de Galicia, este poñerao en coñecemento do Concello de Cabanas, entendéndose que tal comunicación determina o nacemento con plenos efectos xurídicos da obriga asumida por esta Corporación na cláusula cuarta f) precedente, sen prexuízo da ulterior formalización da correspondente acta de entrega.

Novena.- Duración.

O presente convenio estende a súa duración no tempo ata a extinción da concesión outorgada para tal fin pola D.X. De Sostenibilidade da Costa e do Mar da Administración Xeral do Estado.

Poderá ampliarse este prazo por acordo das partes cando se xustifiquen, a xuízo da comisión de seguimento, causas de forza maior ou concorrencia de dificultades técnicas non previstas, inherentes ao proceso de execución das obras.

Décima.- Resolución.

O presente convenio resolverase:

-          Polo cumprimento do seu obxecto.

-          Polo incumprimento total ou parcial de calquera das cláusulas que nel se establecen.

-          Polo transcurso do tempo estipulado sen que culminen as actividades acordadas.

Undécima.- Relación contractual.

A subscrición do presente convenio non implica relación contractual laboral ou de calquera outro tipo entre os profesionais que desenvolvan as actividades previstas e Portos de Galicia, de xeito que no se lle poderá esixir a este último responsabilidade algunha polos actos ou feitos que acontezan no desenvolvemento das actuacións obxecto deste convenio.

Duodécima.- Responsabilidade fronte a terceiros.

Habida conta dos riscos que se podan derivar da utilización das instalacións para o fin a que están destinadas, o Concello de Cabanas, no disfrute dos compromisos deste convenio e no cumprimento das obrigas do mesmo, asume sen limitación temporal, ao seo único cargo as responsabilidades fronte a terceiros que poida derivarse pola posesión, disposición e utilización da “Plataforma Modular Flotante temporal de Cabanas”.

O ente público Portos de Galicia non sería responsable en absoluto de calquera dano ás persoas ou cousas que  poidan producirse como consecuencia das obras autorizadas.

Décimo terceira.- Natureza xurídica e xurisdición competente.

O presente documento ten a natureza dos convenios administrativos de cooperación previstos no artigo 4.1 c) da Lei de contratos do sector público e queda, polo tanto, excluído do ámbito da regulación da referida Lei, se ben se observarán os seus principios para a resolución das dúbidas e lagoas que se puidesen presentar.

O presente convenio rexerase ademais do disposto nas súas cláusulas, pola Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e polas demais normas de dereito administrativo aplicable, ou no seu defecto polas derivadas do dereito privado, en particular pola Lei 4/2006 de transparencia e boas prácticas da Administración pública Galega, polo Decreto 246/1992 do 30 de xullo polo que se regulan determinadas condicións da execución das obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locais ou outros entes de dereito público, e pola resolución do 8 de abril de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares.

As cuestións litixiosas xurdidas da aplicación do presente convenio e non dirimidas en vía administrativa, serán resoltas pola xurisdición contencioso administrativa ( art. 8.3 da Lei 30/1992), ser prexuízo da aplicación do artigo 44 da Lei 29/1998 de xurisdición contencioso-adminstrativa para os litixios entre administracións públicas e das Leis 7/1985 reguladora das bases do réxime local, e 5/1997, de Administración Local de Galicia.

Décimo cuarta.- Publicidade do convenio.

O Concello de Cabanas consinte a publicidade dos datos relevantes deste convenio, nos termos establecidos na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que ser regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de ornamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, así como no relativo á aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, nos seus artigos 11 e 13.

No caso de cesión de datos, o Concello cumprirá as esixencias da Lei O.15/1999 de Protección de datos, mediante a adopción tanto das medidas de seguridade técnicas como das organizativas.

A Consellería do Mar e Portos de Galicia informarán na súa páxina web oficial da dita subscrición cos seguintes datos básicos: a identificación das partes que interveñen, o importe do financiamento, a data da sinatura, a finalidade e o período de vixencia. A sinatura do convenio leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos e a referida publicidade.

7.- ORDENANZA REGULADORA DA PROTECCIÓN DO MEDIO NATURAL DO CONCELLO DE CABANAS. Visto o expediente tramitado para aprobación da ordenanza municipal reguladora da protección do medio natural do concello de Cabanas co proxecto de texto normativo.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña considera que hai partes que non son aplicables, xa preguntaron por persoal, medios económicos e materiais que van poñer en funcionamento para aplicar esta ordenanza, porque aquí se están aprobando documentos que logo utilizan segundo convén, non está axeitada a realidade municipal nin o dereito habitual do concello de Cabanas e veciños que levan moito tempo traballando nos seus montes; na Xunta de Galicia xa traballaron para establecer seguridade non núcleos e vostedes non foron capaces de facer cumprir esa lei e agora veñen cunha ordenanza sen persoal, medios materiais e estudo económico, isto si que é demagoxia, esta ordenanza ten bastantes irregularidades e o voto vai ser negativo.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira considera que a presentación na xunta de portavoces foi como a salto e mata, parece que recolleron certas cousas en tema de plantacións a nivel forestal no relativo a distancias entre lindes, tamén está a garantía a depositar no Concello con motivo da saca de cortas, esta ordenanza é un propósito de intencións pero falta un desenvolvemento, hai unha serie de matices que lle gustaría se retirara e se tratara un pouco máis.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande manifesta que o grupo popular traballou no desenvolvemento desta ordenanza que consideran importante para facer un instrumen-to eficaz con suxeición á xerarquía normativa que lexitime ao Concello para actuacións de prevención de incendios, limpeza de fincas e defensa e protección do medio natural, hai máis de 50 escritos relativos a limpeza de fincas; pregúntase si queren que non se avance ou que non se atendan as demandas dos veciños; a ordenanza regula a corta e saca de madeira no municipio polos madei-ristas que deben asumi-los danos nas vías públicas, excluíndose as cortas para usos domésticos, tamén se fixan normas sobre plantacións que recolle as xa establecidas pola lexislación autonómica; considera que non procede que veñan queixarse ao pleno da proposta despois do tempo que lle deixaron para lograr o maior consenso pero sorprendentemente non fixeron ningunha alegación, non había as queixas das que falan agora; fala de falta de interese e da importancia desta ordenanza, así  como do pouco que valen as reunións de portavoces e si será conveniente seguilas convocando.

O Sr.Pérez Sardiña di que con eles non van contar, recorda que na primeira reunión xe expuxeron observacións importantes pero non o fixeron, díxolles abondo sobre o que había que suprimir, hai partes que non son aplicables, esta ordenanza non protexe ningún espazo, fan unha ordenanza do medio natural para protexer bambáns, déixense de facer teatro coa política e sexan serios, se non queren convocar comisións non o fagan, traballen vostedes e fagan o seu traballo que para iso lles votaron e teñen a  maioría suficiente.

A Sra. García Pita indica que non están moi enterados pois isto está perfectamente regulado.

O portavoz do grupo AEC, D. Luis A. Fachal López en alusión a manifestación da portavoz popular indícalle que si queren consensuar non o fagan catorce días antes porque os plenos son cada dous meses, se pode falar e non ten inconveniente, o fondo da ordenanza e bo, pero deixalo sobre da mesa e tratar ben o tema é o que se está pedindo e no próximo pleno non hai inconveniente ningún e pódense facer as cousas mellor.

O Sr.Feal Pereira manifesta que non lle gustan as ameazas de que non van convocar a xunta de portavoces, porque é para debater cuestións, si esta ordenanza se presenta na mesma xunta non se vai poder debater en profundidade, hai cousas que non están claras e se poden matizar, non estamos desprotexidos porque hai unha lei de rango superior da Xunta e pódese aplicar, deixala sobre da mesa permitiría poder traballar un pouco máis esta ordenanza, senón, vostedes son soberanos e poden facer o que queiran pero non está de mais evitar ameazas.

A Sra. Pazos Bande, indica que non se trata de ameazas senón dunha exposición vendo a realidade pois en catorce días non presentaron nada, hai expedientes que necesitan a ordenanza para que a solución sexa efectiva e resolver os problemas dos veciños, solo houbo unha inquietude e non do grupo que di presentou moitísimas solo por demagoxia, considera que foi recollida no sentido de ter acordo entre colindantes, demostran que non teñen interese e non ter sentido seguir prolongando o ter esta ordenanza.

O Sr.Alcalde fala de consensuar o importe da fianza para os vehículos na saca de madeira por camiños municipais que estaba pendente, propoñendo modificar a contía inicial pasando a ser de 2.000 euros para vehículos con peso máximo inferior ou igual a 16 Tn. e 3.500 euros para vehículos de máis de 16 Tn. e así se recolla no texto definitivo, estando abertos a escoitar propostas e seguir mellorando esta ordenanza.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular, dous en contra dos membros do grupo BNG, e tres abstencións dos membros do grupo AEC e o concelleiro do PSdeG-PSOE membro do grupo mixto, acorda:

1.º.–Aprobar provisionalmente a ordenanza municipal reguladora da protección do medio natural do concello de Cabanas

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza aprobada, polo prazo de trinta días publicando a tal efecto anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

8.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE DERROGACIÓN DA ORDE POLA QUE APROBAN OS PREZOS MEDIOS DE MERCADO DE DETERMINADOS INMOBLES RÚSTICOS E URBANOS SITUADOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA OS EXERCICIOS 2010 E 2011. Vista a moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre derrogación da orde pola que se aproban os prezo medios no mercado de determinados inmobles rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2010 e 2011, na que aluden a Orde da Consellería de Facenda do 28 de xullo de 2011, publicada no DOG do 19 de agosto de 2011 pola que se aproban os prezos de referencia e que supoñen un incremento considerable sobre o valor asignado polos propios servizos tributarios da Xunta de Galicia, o que conlevará un aumento xeralizado e abusivo dos impostos que gravan as transmisións patrimoniais. A suba con efectos retroactivos desde xaneiro de 2010, estímase entre un 25 e 30 por 100, chegando incluso ao 65 por 100, polo que estamos ante unha suba encuberta de impostos aplicada pola Xunta de Galicia sendo o mercado inmobiliario un dos máis afectados pola crise,  isto demostra a nefasta xestión económica do goberno galego.

Por elo solicitan do pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1.      Dirixirse ao Goberno Galego para que:

Derrogue e deixe sen efecto a Orde da Consellería de Facenda do 28 de xullo de 2011, pola que se aproban os prezos medios no mercado de determinados inmobles rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2010 e 2011.

Aprobe unha nova norma pola que se fixen novos valores medios dos inmobles que teñan en conta a situación de crise económica e que, polo tanto, en ningún caso, supoña incrementos respecto dos valores vixentes.

2.      Dar traslado deste acordo ao Goberno Galego e máis aos Grupos Parlamentarios con representación no Parlamento de Galicia.

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor, dos membros do grupo BNG e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la devandita moción.

9.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE AS DEVOLUCIÓNS CORRESPONDENTES AS LIQUIDACIÓNS NEGATIVAS DA PARTICIPACIÓN NOS INGRESOS DO ESTADO. Vista a moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre as devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado, en cuxa exposición de motivos refírense ao sistema de financiamento das entidades locais impulsado polo PP e PSOE aboca á minoración importante de ingresos e tamén á devolución das liquidacións negativos poñendo en perigo o mantemento dos servizos públicos e a existencia dalgúns concellos, aos efectos da crise súmase a insuficiencia financeira; ese modelo de financiamento subordina aos concellos a sobresaltos e afecta tamén á participación da Xunta de Galicia, non existen medidas para superar a situación, solo esixen a devolución. Os concellos galegos representan aproximadamente 0 6,5% da poboación do Estado, reciben o 5,27% da participación dos ingresos do Estado, uns 176,54 euros por habitante mentres a media do Estado é de 221,07 euros por habitante, consideran insuficiente e inxusto o financiamento dos concellos de Galicia e aluden á dispersión, custo de servizos e necesidade de maior participación.

Por iso, solicitan do pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

Instar á Xunta de Galicia a:

1.      A que demande do Goberno do Estado a elaboración dun Plan que garanta o gasto corrente aos concellos e a acordar unha moratoria no pagamento das liquidacións negativas das cantidades recibidas da Participación nos ingresos do Estado (PIE).

2.      A que, así mesmo, demande do Goberno do Estado a reforma urxente do financiamento local, de maneira que o novo modelo incremente a contía da PIE, e dita participación dos concellos galegos se integre plenamente nos orzamentos da Xunta de Galicia. Así mesmo, demandarase que o novo modelo teña en conta o maior custo dos servizos en Galicia, derivado da dispersión dos núcleos e do envellecemento da poboación.

3.      Dar conta deste acordo ao Goberno da Xunta de Galicia e aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera que a reclamación do goberno de España podería poñer en risco o mantemento dos servizos públicos esenciais locais polo que compre solicitar se adíe o pagamento e garantir a suficiencia financeira das facendas locais de forma que ningún concello perciba menos participación nos ingresos do Estado que os que percibiu en 2009, están a favor da moción sempre e cando se inclúa:

1º) Dirixirse ó Ministerio de Facenda do Goberno de España para solicitarlle que se adíe o pagamento das cantidades a devolver correspondentes ás liquidacións negativas de Participación nos ingresos do Estado dos anos 2008 e 2009, fixadas actualmente en cinco anos, ata un prazo de dez anos.

2º) Dirixirse ó Ministerio de Facenda para que o Goberno de España adopte unha medida tendente a garantir que os ingresos netos que percibirán as entidades locais en concepto de participación nos ingresos do Estado non sexan inferiores que os que percibiron durante o ano 2009, tal e como ten realizado a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local durante os anos 2010 e 2011.

O Sr.Pérez Sardiña manifesta que lle contestan como lles contestaron antes, tiveron tempo de sobre de achegarlles esas propostas e polo tanto mentres non se presenten as propostas con antelación e se fale nos órganos onde hai que falar non lles poden aceptar emendas.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con catro votos a favor, dos membros dos grupos BNG e AEC, e sete abstencións dos membros do grupo popular e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda aproba-la devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

10.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 206 do 27-07-2011 ata a número 283 do 23-09-2011.

b) Designación de membros da comisión de facenda en representación do grupo popular: Dª. Eva Mª. Pazos Bande, D. Juan Antonio López Rodriguez e Dª. Esperanza Gayoso Pereiro e como suplentes Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa e D. Julian Ramón Seijas Criado.

MOCIÓNS DE URXENCIA.

A) O concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira presenta unha moción de urxencia con respecto a educación, a urxencia está motivada polos últimos problemas acaecidos no ámbito educativo e na que se inclúen conceptos relativos ao noso colexio.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto,  e seis votos en contra dos membros do grupo popular, acorda rexeita-la urxencia da moción.

B) O portavoz do grupo BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña presenta unha moción de urxencia relacionada coa situación económica municipal e relacionada cos informes técnicos dos orzamentos e conta xeral e a necesidade de elaborar o plan de equilibrio económico financeiro, para instar ao goberno local que presente ese plan porque xa está fora de prazo.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con tres votos a favor dos membros do grupo BNG, e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la urxencia da moción.

Neste intre auséntase da sesión a concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita.

C) A portavoz do grupo popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande manifesta que á vista de como se desenvolveu a moción do BNG, presentan unha moción de urxencia sobre as liquidacións negativas correspondentes á participación nos ingresos do Estado, considera que non fai falta volver a debater o que era esta moción, propoñendo a adopcións dos seguintes acordos:

1º) Dirixirse ó Ministerio de Facenda do Goberno de España para solicitarlle que se adíe o pagamento das cantidades a devolver correspondentes ás liquidacións negativas de Participación nos ingresos do Estado dos anos 2008 e 2009, fixadas actualmente en cinco anos, ata un prazo de dez anos.

2º) Dirixirse ó Ministerio de Facenda para que o Goberno de España adopte unha medida tendente a garantir que os ingresos netos que percibirán as entidades locais en concepto de participación nos ingresos do Estado non sexan inferiores que os que percibiron durante o ano 2009, tal e como ten realizado a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local durante os anos 2010 e 2011.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con oito votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, e dúas abstencións do membro do grupo BNG e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda aproba-la referida moción.

11.- ROGOS E PREGUNTAS.

Incorpórase de novo a sesión a concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita.

a) Preguntas orais.

a.1. Grupo AEC. Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.1.1. ¿ No tema do financiamento para execución da sentenza do Penso hai novidades ou segue igual?.

Resposta Sr.Alcalde: estase traballando para conseguir algo, cando haxa noticias comunicaráselle, de momento a situación segue como estaba.

a.1.2. En relación co proxecto da humanización da N-621 non hai novidades, entende que todo segue igual, ¿ non hai notificación do Ministerio de Fomento?.

Resposta Sr.Alcalde: segue igual e ata que pasen as eleccións o ve complicado e despois tamén.

a.1.3. Foron informados de danos na caseta de turismo que afectaron ao equipo de aire acondicionado, entendo que foron vostedes os que recolleron dito equipo ?.

Resposta Sr.Alcalde: efectivamente vostede ten razón.

a.1.4. Rogo. Reitera o efectuado no pleno anterior, roga se fagan as xestións oportunas para que se reparen tres fochancas na saída da autoestrada despois da primeira rotonda, van aumentando co tempo e agora xa son furados, rozouse o acceso pero os furados son cada vez máis grandes.

a.1.5. Rogo. Que se revisen as farolas do Concello, para hai algunhas que non teñen placa de conexión, está aberta e os nenos poden meter as mans e sufrir unha descarga eléctrica, en vez de cambiar a farola e máis fácil poñer unha placa.

a.1.6. Rogo. En relación coas ordenanzas si é posible que primeiro que pasen os borradores aos grupos municipais e despois se convoque aos portavoces para tratar sobre a ordenanza, podería funcionar mellor que entregalos nese momento.

a.2. Grupo Mixto. Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.2.1. Inda que parece quedou contestada, en relación ao pago de facturas a provedores ¿ pode contestar o Sr.Alcalde cal é o estado de contas, é dicir, si se están pagando en tempo e cal é a media en liquidar ditas facturas?.

Resposta Sr.Alcalde: a media agora mesmo non lla pode dicir pero estase pagando en tempo, o único atraso que pode haber son as eléctricas, pero teñen que dar seis meses porque a culpa é delas porque tardaron en facturar, negociarase e tampouco é unha cantidade importante, agora mesmo sobre 10.000 euros, pode haber algunhas facturas pero non se está conforme coa factura que expiden.

a.2.2. ¿Deu traslado a Alcaldía do acordo aprobado por unanimidade no pleno do 27 de xullo de 2011 sobre as obras que se van acometer no encoro do Eume e a quen foi dirixido?.

Resposta Sr.Alcalde: entendo que se enviou segundo se acordou no pleno, comprobarase.

a.2.3. Con respecto a un rogo que fixo no pleno anterior, ¿ por qué  no se reparou a incidencia do vertido de formigón no camiño que sube por detrás da gasolineira do Gaiteira á Torre?.

Resposta Sr.Alcalde: porque se está indagando que foi o responsable para que o repare, estase con investigacións e senón ao final terao que facer o Concello.

a.2.4. Rogo. Rógolle que dentro do posible das súas competencias faga os trámites necesarios para colocar un paso de peóns no lugar de Cardeita fronte ao centro de saúde e máis no lugar da Casilla para permitir o cruce dos viais con seguridade para os peóns.

Resposta Sr.Alcalde: en relación co de Cardeita xa se está traballando nel, hai inconvenientes porque non é zona urbana, de feito os semáforos xa funcionan con botón na nacional e seguiran insistindo, na visita da Delegada territorial da Xunta unha das propostas foi o paso de peóns no centro de saúde.

a.2.5. Rogo. Rógolle que cando se fagan traballos de limpeza por parte dos operarios do Concello en estradas e parques se cumpran as normas de seguridade tanto para os traballadores coma para os usuarios que pasan pola estrada, a semana pasada estaban limpando o parque os operarios sen careta, sen gafas, sen medios de protección e traballando cerca dos usuarios do parque, necesítase colocar vallas na zona de traballo para separar ós usuarios.

Resposta Sr.Alcalde: estamos totalmente de acordo, é unha loita que temos para que cumpran as normas de seguridade.

a.3. Intervención da concelleira do BNG Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita.

a.3.1. Pregunta. Por qué ningún membro do goberno se molesta en ler a leis anti-incendios? senón daríanse conta que non necesitaban a ordenanza de protección do medio ambiente, é certo que houbo denuncias pero xa estaba regulado, ¿ sabe o Alcalde que tiña a obriga de obrigarlle a limpeza aos veciños e senón facelo o concello de forma subsidiaria?, ¿ Por qué non se fixo e agora queren regular o regulado, para tampouco facelo?.

Resposta Sr.Alcalde: vostede coñece moi pouco do que se fai no concello de Cabanas, traballouse moito neste tema intentando arranxar, falar coa xente, consensuar e chegar a acordos, envióuselle cartas e non hai forma, excepto unha parte de xente que vive en Cabanas, pero a xente que non vive pasa desa limpeza e agora podémolo facer.

a.3.2. Rogo. Roga unha vez máis que se arranxe a beirarrúa ao seu paso por debaixo da ponte, porque representa un perigo e despois deberá indemnizar o Concello e o problema foi do Sr.Alcalde por non amañalo, rehabilita a flora no espigón e non rehabilita uns furados de dous metros de profundidade, báixese do coche e pasee un pouco polo paseo.

Resposta Sr.Alcalde: que pasea máis veces que a concelleira.

b). Preguntas por escrito.

b.1. Preguntas presentadas polo grupo municipal do BNG en escrito do 27 de setembro de 2011.

b.1.1. A lei 1/93 de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade e o Decreto 153/1998, que desenvolve a citada lei, recollen as competencias dos concellos galegos nesta materia, entre elas a disposición dun servizo de recollida e custodia de animais abandonados. Por iso, formulo as seguintes preguntas:

¿Dispón o Concello de Cabanas dalgún servizo de lacería e custodia de animais contratado? En caso positivo ¿A que empresa ou asociación protectora e con que cantidade orzamentaria? En caso negativo, ¿cando ten pensado dispoñer do citado servizo? E ¿quen desenvolve estas tarefas no caso de atopar un animal abandonado?

Resposta Sr.Alcalde: Protección Civil é a que se encarga, cando aparece una animal abandonado ponse en contacto con Perracan que fai un servizo gratuíto e logo son trasladados a canceira de Brión.

b.1.2. ¿Cales son as iniciativas e solucións previstas polo goberno local para dar saídas viables ao derrubo dos bloques I e II do edificio O Penso?.

Resposta Sr.Alcalde: acatamos a sentenza e seguimos traballando ata conseguir o financiamento correspondente.

b.1.3. ¿Cal é o calendario previsto polo Concello para a posta en marcha da taxa privatizadora da auga e cal vai ser o procedemento de actuación?.

Resposta Sr.Alcalde: o Concello non vai a privatiza-la auga.

b.1.4. ¿Vai facer análises o Concello da potabilidade das augas antes de poñer en marcha o canón de privatización da auga? ¿Van cobrar o canón de privatización no caso de ser a auga non potable?.

Resposta Sr.Alcalde: creo que vostede é coñecedor de ao Concello non lle corresponde iso.

b.1.5. ¿Con que recursos humanos e materiais vai xestionar o Goberno de Cabanas a limpeza de fincas e montes no rural?.

Resposta Sr.Alcalde: cos que corresponda en cada momento.

b.1.6. No ano 2010, segundo as contas de gastos do Concello adicaron ao fomento do emprego 35.282 euros, dos cales 12.931 euros foron para gastos de material de oficina, plastificados, recibos de teléfono e alugueres informáticos. É este o concepto de fomento de emprego do PP? 35.000 euros parécenlles dabondo para un problema social coma o desemprego, namentres gastan o que faga falla en rallys, xantares…?.

Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: está de acordo en que o paro é un dos problemas sociais máis importantes de Cabanas, preocúpalle que a información que teña se pare en datos de 2010, é inútil por atrasada, as partidas para este ano incrementáronse nun 411% ata a cantidade de 145.107 euros, recorda que este ano non houbo nin está previsto ningún rally, debe actualizar os seus argumentos ou non lles interesa facelo para seguir coa demagoxia.

b.1.7. Cales son as seguintes actuacións do goberno municipal no eido de fomentar o emprego e atallar o desemprego galopante en Cabanas?.

Resposta concelleiro delegado Sr.López Rodriguez: unha vez máis ten que actualizar a información, en xaneiro de 2010 había 225 parados en Cabanas, en decembro 231, en abril de 2011, 269 e despois foi baixando maio 256, xuño 247, agosto 210 e segue baixando, non cabe falar de desemprego galopante, hai 21 parados menos que decembro de 2010 e 15 menos que en xaneiro de 2010, as medidas levadas a cabo este ano están dando resultados e continuarase coa orientación laboral e co plan integral do emprego, conseguiuse a colocación de 94 persoas das cales 56 de emprego estable, hai persoas que rexeitaron a inclusión no plan, e continuarase con cursos de formación, agora estase co de conservación de espazos naturais con 15 desempregados en formación, tamén se solicitou un novo plan de emprego para 2012 e están abertos a calquera medida adicional que queiran aportar.

b.1.8. En recentes datas mudáronse en zonas do Concello as bombillas da iluminación pública por outras que presentan menor luminosidade. É para o PP un aforro cambiar bombillas en pleno uso?.

Resposta Sr.Alcalde: o que se está buscando é unha maior eficiencia enerxética e polo tanto un aforro que supón entre un 40 e un 50%, ademais por seguridade para evitar incidencias como no último carnaval.

b.1.9. Malia a ter comunicación xudicial cal é o motivo de que o Concello non reclamase os danos provocados por un accidente de tráfico nunha farola?.

Resposta Sr.Alcalde: como de costume vostede está confundido, dende que estamos neste Concello reclamáronse os danos tanto en farolas coma noutro mobiliario municipal con motivo de accidentes de tráfico.

b.1.10. O vehículo de Protección Civil atopábase na Torre de Laraxe, concretamente na estrada xeral 651 que conduce a Ferrol interrompendo un carril con conos e mailo vehículo municipal o pasado 9 de agosto á tarde e tiña despregado no lugar todo o dispositivo de emerxencias co fin de facilitar o acceso de camións a unha obra privada que se está a executar na zona. Ten coñecemento deste desprazamento? Quen o autorizou? Cales eran os motivos?.

Resposta Sr.Alcalde: unha vez máis quere confundir datos e feitos, Protección Civil é un grupo de voluntarios aos que persoalmente lles estamos agradecidos e síntome orgulloso do seu traballo; en canto ao funcionamento,  é un operativo que cando saen se abre a través do control de incidencias 112, non dependen de decisións do Alcalde para saír, teñen os seus propios estatutos, cun presidente, secretario e xunta, o concello de Cabanas colabora con Protección Civil e eles co Concello, si vostede quere coñecer algo máis pódese apuntar como voluntario, pero o que está buscando é o cabreo desta xente que utilizan o seu tempo libre a traballar sen ningunha compensación para que deixen de facelo; ese día estaban facendo un servizo para o Concello para retirar unha farola afectada por un accidente uns días antes, deixe de confundir a xente.

b.1.11. No decreto 276/2011 de 15 de setembro o rexedor e socio de Motor Racing SL adxudica a Gonzacar SL a subministración dun vehículo todoterreo para labores ambientais por un importe de 26.500 euros, IVE incluído. Pódelle explicar a Corporación que relación mercantil hai entre a súa empresa, Motor Racing SL, e a empresa á que lle adxudicou o vehículo?.

Resposta Sr.Alcalde: Quen adxudicou é o Alcalde en  nome do Concello, non a persoa física que vostede di e socio da mercantil Motor Racing S.L., a adxudicación efectuouse conforme ao prego e en base as ofertas presentadas polas diferentes sociedades que se presentaron a licitación, a de Gonzacar S.L. resultou ser a máis vantaxosa para o concello polo que foi a adxudicataria dentro da máis estrita legalidade; a relación que pode ter Motor Racing S.L. con Gonzacar S.L. é esporádica do mesmo xeito que pode ter con outra empresa do ramo do automóbil, coma Autos Lobelle, Breogán, Motorkar, etc.

b.1.12. Rogo. Á vista do recente incendio dunha nave de madeira en Vilar do Colo que ficou totalmente destruída e a pesar de que o Concello está na xestora de mantemento do polígono industrial só as agrupacións de Protección Civil de Fene e Mugardos acudiron a urxencia, rogamos que o goberno local tome as medias oportunas para que Protección Civil de Cabanas priorice nas súas actuacións auténticas emerxencias.

b.1.13. Rogo. Comprobamos que non fixo moto caso da iniciativa do mes de xullo tal e como evidencia a seguinte foto e por iso rogámoslle por segunda que se teña en conta a seguridade vial dos peóns que circulan diante do Hotel Iberia.

b.1.14. Rogo. Rógaselle ó Goberno local que dirixa escrito ao concello de Pontedeume sobre o estado en que quedou o paseo marítimo de Cabanas despois do lanzamento dos fogos das Peras e reclame a responsabilidade correspondente nos gastos de limpeza.

Resposta Sr.Alcalde: En relación co primeiro rogo, demostra que vostede non coñece como funciona ou está mal informado, ou que vostede ten mala fe, a Asociación de Protección Civil non deciden eles nin o Concello onde acoden, existe unha central de emerxencias que é quen da as prioridades, onde teñen que ir os operativos, infórmese antes de face-lo rogo.

En canto ao segundo rogo, vostede ve a palla no ollo alleo, pero voulle facer outro rogo para a súa compañeira que cando aparque o coche alí na Solana procure non facelo nas ramplas de acceso para cadeiras de rodas, e un rogo que lle fai o grupo de goberno a súa compañeira.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e corenta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e Prace,

            O Alcalde,                                                                                             O Secretario,

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 14 DE NOVEMBRO DE 2011

Concelleiros/as asistentes:

Dª Eva Mª Pazos Bande.

Dª Esperanza Gayoso Pereiro

D. Juan A. López Rodriguez

Dª Ana Rosa Méndez Eiroa

D. Julian Ramón Seijas Criado

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña

D. José C. ReyGarcía.

D. Luis A.Fachal López.

D. Delfín Feal Pereira

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día catorce de novembro de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste a concelleira, Da. Má Teresa de Jesús García Pita que escusa a súa ausencia por motivos de viaxe.

1.  ACTA DA SESION ANTERIOR. Dada conta da acta da sesión anterior realizada o día 25 de outubro de 2011, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, e despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación; non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos membros presentes acorda aproba-la referida acta.

2.  PROPOSTA OBRAS POS 2012. Vista a circular da Deputación Provincial da data 4 outubro de 2011 comunicando a aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 2012) así como a contía asignada a este Concello; vistas as devanditas bases reguladoras, así como o proxecto técnico da obra a propoñer.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG, o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña sinala que á vista do informe técnico se non hai dispoñibilidade de terreos este acordo está supeditado a súa adquisición, así como as autorizacións de Augas de Galicia e Patrimonio, é unha obra necesaria coma tódalas de saneamento, neste caso para completar o da parroquia de San Martirio do Porto inda que quedan zonas como A Modias, porque na pasada lexislatura reducíronse os investimentos do saneamento con respecto ao ritmo anterior, aquí non se está poñendo nin o mínimo, aclara en relación co tratado na xunta de portavoces que se trata dunha subvención e así o recollen as bases do POS, neste ano destínase tamén a iluminación pública e o ano pasado destinouse tamén ao lixo.

Polo grupo AEC, o concelleiro D. José C. Rey García considera necesario o proxecto, e cando estaba no gobemo xa se encargaran estudos, alude a que non chega núcleo principal do Batan supoñendo por falta de diñeiro, tamén observa que non están recollidas no proxecto as conexións as casas e van ser complicadas por ter que cruzar o río, hai unha partida de varios coa que o mellor se pode solucionar; tamén bota en falta un proxecto para o plan complementario como se fixo sempre, pero ao mellor non é necesario.

Polo grupo popular, o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez insiste no reparto do diñeiro, considerando necesaria a obra que se propón así como o destino de parte para gastos correntes porque vai ser un ano complicado e non queren xerar móis furado do que ten o concello; por outra banda indica que na reunión de portavoces o que comentaba o Sr.Pérez Sardiña e poñía en dúbida eran os gastos totais da recollida de lixo, independentemente que logo se poidan acometer cunha subvención, non se falaba doutra cousa, no POS do próximo ano destinaranse 61.465 euros para gastos de iluminación pública pero non quere dicir que baixen os gastos de electricidade en dita contía.

O Sr.Pérez Sardiña considera que non lle responderon a nada do que lles preguntou, alude a discusión co alcalde na xunta de portavoces, non se explicou como ían facer para cubrir o 100% do saneamento de Porto, e discutíase sobre si era ou non era unha subvención, non vai discutir con adolescentes sobre unha reunión onde non hai actas, fagan o que teñan que facer, e o BNG vai apoiar estas obras como tódolos anos, e pregúntase si o acordo vai levar observacións sobre a dispoñibilidade de terreos.

m Sr.López Rodriguez entende que é necesario ir terminando cos saneamentos de tódalas parroquias, pero tampouco van a gastar o que non temos, e con respecto a discusión cando se chegue ao asunto do lixo haberá móis aclaracións.

m Sr.Alcalde recorda que o das acometidas está recollido no proxecto e no tema de Augas de Galicia xa están solicitados os permisos e non cree que haxa problema.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros presentes, acorda:

1.- Aprobar o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2012, cuxas bases se coñecen a aceptan na súa totalidade, no que se recollen as obras que o Concello ten previsto realizar, e a dedicación a gastos correntes do exercicio 2012, e de acordo co financiamento que se indica:

A Realización de obras:

Denominación da obra

Estado+Deputación

Concello

Presuposto total

Saneamento nos Batáns, parroquia de San Martín do Porto, lafase

76.200,83

4.015,52

80.216,35

Subtotal obras

76.200,83

4.015,52

80.216,35

Aprobar os proxectos das obras incluídas na anualidade 2012 e que se relacionan nesta táboa.

B] Financiamento de castos correntes:

Deputación

Achega provincial aplicada ao financiamento de gastos correntes

61.465

C) Resumo:


Denominación da obra

Estado+Deputación

Concello

Presuposto total

SUBTOTAL OBRAS

76.200,83

4.015,52

80.216,35

SUBTOTAL GASTOS

CORRENTES

61.465

0,00

61.465

TOTAL

137.665,83

4.015,52

141.681,35

2.- Aprobar o Plan complementario do ano 2012 no que se inclúen as obras que a

continuación se indican e aprobar os correspondentes proxectos:

Denominación da obra

Presuposto

Non se formula proposta para o plan complementario

0,00

TOTAIS

0,00


3.- Declarar que o Concello se compromete a dispoñer dos terreos, augas e servidumes para a execución das obras, e resolver o relacionado coas concesións e autorizacións administrativas que legalmente sexan necesarias.

4.- Comprometerse o Concello a incluír no orzamento municipal do 2012 os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal das obras incluídas na anualidade do 2012.

5.- Solicitar da Deputación Provincial da Coruña, a delegación neste Concello da contratación e execución das obras incluídas no plan, que se entenderá aceptada si esta prodúcese efectivamente.

6.- Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións para a súa execución, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.

7.- Autorizase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

8.- Facultar expresamente ao alcalde para todo o relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.


3. ORDENANZA MUNICIPAL PARA A PROTECCIÓN E TENZA DE ANIMAIS. Visto o expediente tramitado para aprobación da ordenanza municipal para a protección te tenza de animais no concello de Cabanas co proxecto de texto normativo.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo AEC, o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta estar a favor e considera necesaria esta norma porque non todos son cívicos como deberan ser, non todos recollen os animais, están de acordo en que non se permitan animais nos parques infantís e na praia habena que avaliar a frecuencia, verase si os propietarios recollen os excrementos, é probable que haxa que ampliar o prazo o sacar os animais da praia todo o ano.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira non está de acordo en que dependa do civismo porque hai que traspoñer unha ordenanza superior da Xunta de Galicia para o rexistro de animais perigosos; o uso da praia para paseo de animais foi bastante debatido e inda que está de acordo si queremos optar a bandeira azul hai que delimitar claramente a zona de uso de animais todo o ano, porque o uso temporal pode dar lugar a confusións, si ben este uso temporal se pode modificar, é máis partidario de que na praia non se teñan animais durante todo o ano, pero en xeral votará a favor.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que a ordenanza pretende garantir a convivencia entre as persoas que circulan polo concello e aquelas que o fan coa compañía de animais, o 35% das familias teñen can e dos 800.000 que existen en Galicia solo a metade están identificados, un can rexistrado é unha garantía para propietario e veciños; tamén se pretende garantir as condicións sanitarias da praia pero non se pode esquecer o turismo e un 35% das familias que non visiten poden vir acompañadas de can por iso o de establecer unha zona dispoi ible todo o ano como é a zona do aparcadoiro, haberá que ver como vai funcionando e si hai que facer modificacións, destacar tamén a posta en marcha do rexistro de cans perigosos.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña portavoz do grupo BNG sinala que esta ordenanza o que fai maioritariamente é traspoñer lexislación autonómica, estatal e comunitaria con algúns detalles do concello de Cabanas, o principal debate é o uso de animais na praia pero tamén é importante a recollida de abandonados na zona rural onde sofren os maiores problemas, pregunta polos gastos que vai ocasionar e os medios a empregar para o seu cumprimento, lembra que no piñeiral da Madalena tamén hai esquíos, paxaros e outros animais e insectos que requiren atención.

O Sr.Fachal López puntualiza a súa intervención no sentido da necesidade do rexistro de animais perigosos pero segue pensando que a falta de civismo das persoas obriga a facer isto, e moitas veces os propietarios non actúan en consecuencia co que teñen.

O Sr.López Rodriguez recorda que a ordenanza tamén fala de animais abandonados, protección dos domésticos e do resto en xeral, regula os animais potencialmente perigosos, licenzas, rexistros, faltas e sancións, e no relativo ao custo falarase cando se trate a ordenanza fiscal.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:

1.°.—Aprobar provisionalmente a ordenanza municipal para a protección e tenza de animais do concello de Cabanas

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza aprobada, polo prazo de trinta días publicando a tal efecto anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.


4. BORRADOR CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE CABANAS E ENTIDADES CEMITÉRIOS MUNICIPAIS. Visto o borrador de convenio de colaboración entre o Concello de Cabanas e as Entidades xestoras de cemiterios de carácter privado existentes nas parroquias do municipio.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinión que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo AEC, o concelleiro D. José C. Rey García, pensa que o cemiterio veciñal de Cabanas xa ten un lugar destinado a esta finalidade, de ser así vaise abster porque ten propiedade nese cemiterio e considera que a sociedade ten que convocar aos socios para informarlle do que vai a pasar porque a xunta directiva non ten capacidade para decidir o que se vai facer co cemiterio e trátase dunha propiedade veciñal, si se quere entregar ao Concello hai que decidilo nunha asemblea, o mellor chegará un momento en que haberá que facelo se non hai quen forme parte da xunta directiva.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira ten dúas dúbidas sobre este convenio de colaboración entre o concello e as entidades que rexen os cemiterios privados, no caso de asinarse o convenio as obrigas serían as da cláusula 2áa), a dúbida é que nicho se vai utilizar si son todos privados, e a outra é a contía, si son privados os propietarios achegan unhas cotas para mantemento e as condas que se propoñen aquí de 130 euros por espazo e 5 euros por nicho, son bastante elevadas para un mantemento que non cree sexa de contía excesiva, por elo vaise abster.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que as subvencións aos cemiterios non é nada novo, xa se viña facendo como asociacións que realizan unha labor social, pero entraba en competencia con outras asociacións culturais e deportivas; estes cemiterios son privados e esa subvención vai destinada a dispoñibilidade de espazo para enterrar a posible persoa segundo se recolle no convenio, e tamén para o mantemento do cemiterio que está realizando a asociación, non se parece en nada ao resto das sociedades culturais ou deportivas por elo establécese unha contía específica para estes tres cemiterios de Cabanas, Laraxe e Regoela.

Polo grupo BNG, o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña destaca a labor que levan desenvolvendo estes cemiterios veciñais independentemente dos convenios ou subvencións, as persoas que puideran ter problemas sempre foron acollidas por familiares en distinto grao, para un caso especifico de persoa sen relación o concello debería buscar unha fórmula que se cadra a que se presenta aquí non é a máis axeitada, dialogar coas sociedades e buscar esa fórmula na que se comprometan as sociedades.

O Sr.Rey García manifesta que no cemiterio de Cabanas xa pagan cota anual para mantemento e cando se fixeran os primeiros nichos xa se falara desta dispoñibilidade, hai que ver si o recollen os estatutos, serán os socios da Entidade os que teñen que aclarar isto.

O Sr. Feal Pereira refírese ao dito polos seus compañeiros, a día de hoxe ninguén quedou sen enterrar, si non é un parente é un veciño que cede o nicho, trátase de cemiterios privados que teñen os seus estatutos e esa cláusula non acaba por entendela ben, os socios pagan cota para mantemento e se concorren con outras entidades pois terán que facelo, outra cousa é que poidan acceder a esas axudas que o ve ben, parécelle moito diñeiro esta cantidade fixa anual para mantemento, sería móis axeitada axuda para unha reparación ou investimento.

O Sr. López Rodriguez insiste e que non é un convenio novo, o único que cambia é que non entra na mesma partida do resto das sociedades que tamén teñen cotas, está falado coas directivas das sociedades dos cemiterios e pareceulles ben, é algo que pediron directamente porque non se adaptan ao baremo para o resto das sociedades e están facendo un bo servizo ao Concello que ten a obriga de enterro dunha persoa que non teria acollida e non hai cemiterio municipal.

m  Sr. Alcalde indica que xa se falou coas directivas e explicóuselle o convenio, tódolos anos estaban reclamando este convenio e son coñecedores de que é un servizo básico para o concello e case todos dispoñen dese espazo, é unha forma de encaixar este convenio.

Debatido o asunto o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular e catro abstencións dos membros dos grupos BNG, AEC e concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, acorda:

1°.- Aprobalo borrador de convenio de colaboración entre o Concello de Cabanas e as Entidades xestoras de cemiterios parroquiais, coas seguintes cláusulas:

Primeira.- Obxecto.

E obxecto de deste convenio a colaboración entre o concello de Cabanas e a entidade     , para a prestación do servizo de cemiterio, no ámbito da

parroquia de........................

Segunda.- Obrigas da Entidade.

De acordo co establecido no artigo 15 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, a Entidade comprométese a asumir as seguintes obrigacións:

a)    Facilitar ao concello de Cabanas a prestación do servizo de cemiterio no ámbito da parroquia de              para que poida cumprir coas obrigas que a lexislación vixente esixe a entidade municipal.

Neste sentido facilitará espazo para proceder ao enterramento de persoas falecidas na parroquia e non dispoñan de familiares que os tiveran ao seu cargo ou de lugar destinado ao seu enterramento.

b)    Desenvolver a prestación do servizo cumprindo coa normativa vixente en materia de cemiterios e politica mortuoria, mantendo as instalacións nas condicións requeridas.

c)    Como beneficiaria de subvencións públicas, a Entidade................. deberá estar ao

corrente nas súas obrigas tributarias co Estado, Comunidade Autónoma e o concello de Cabanas, debendo achega-los xustificantes correspondentes.

d)   A Entidade................ está obrigada a presenta-los documentos xustificativos

da subvención antes do 31 de decembro de 2011, e someterse ás actuacións de comprobación que respecto a xestión dos referidos fondos poida efectua-lo Concello, achegando canta información lle sexa requirida.

Terceira.- O concello de Cabanas comprométese a:

a)  Entregar a cantidade económica anual de ....... euros con cargo a

partida................ do vixente orzamento de gastos, calculada tomando en

consideración: 130 euros por espazo para enterramentos e 5 euros por cada nicho existente a 1 de xaneiro como gasto de mantemento do cemiterio.

b)  A entrega da contía económica deste convenio realizarase no primeiro trimestre do exercicio correspondente, no presente exercicio realizarase antes do 30 de novembro.

Cuarta.- Requisitos para o pagamento.

A Entidade beneficiaria para a xustificación da subvención deberá achegar:

-        Memoria da actividade realizada.

Declaración doutras axudas para a mesma finalidade, que en ningún caso poderán exceder do importe total xustificado.

-        Declaración de estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de selo caso.

- Xustificantes do gasto realizado.

Quinta.- Prazo.

O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011 con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2011.

Poderá ser prorrogado por acordo expreso e condicionado a existencia de crédito adecuado e suficiente no correspondente exercicio económico, e informes favorables dos servizos de Intervención.

Sexta.- Reintegro por incumprimento.

En caso de incumprimento dos obxectivos, a Entidade........................ queda obrigada

ao reintegro do percibido máis os xuros devengados.

m  incumprimento non xustificado das cláusulas deste convenio será causa de rescisión deste.

Sétima.- Carácter do convenio.

m  presente convenio ten carácter administrativo e as cuestións litixiosas que poidan xurdir en relación con este serán competencia da xurisdición contencioso-administrativa. Para a resolución das dúbidas ou lagoas que puideran xurdir na súa interpretación estarase ao disposto na Lei 30/2007 de contratos do sector público.

Oitava. Normativa de aplicación supletoria.

No non previsto neste convenio e nas bases de execución do orzamento do concello de Cabanas para 2011, aplicarase supletoriamente o dispostos na Lei 38/2003 xeral de subvencións, Decreto 887/2006, polo que se aprobo o Regulamento de dita lei, .

m  presente convenio foi aprobado por resolución da Alcaldía de data .... de acordo co borrador aprobado polo pleno da Corporación en data..........................................

2°. As Entidades xestoras dos cemiterios que desexen adherirse ao presente convenio, deberán estar inscritas no rexistro municipal de Asociacións e presentarán a súa solicitude achegando certificación do acordo adoptado pola Asemblea Xeral aceptando as cláusulas do convenio e cesión do espazo, así como, certificación do número de nichos existentes.


5. AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS TRIBUTARIAS NA DEPUTAQÓN PROVINCIAL DA CORUÑA. Vista a comunicación da Deputación Provincial da Coruña sobre a aceptación da ampliación de competencias en materia de xestión, inspección e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros de interese xeral.

Visto o acordo adoptado polo pleno da Corporación en sesión realizada o 26 de marzo de 2008 sobre delegación de competencias tributarias na Deputación Provincial da Coruña.

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:

1°. Ampliar o acordo de data 26 de marzo de 2008 sobre delegación de competencias na Deputación Provincial da Coruña en materia tributaria de acordo coas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia ata o 1 de xaneiro do 2022, delegando a seguinte materia:

- Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación, afectará tanto ao suposto xeral do artigo 24 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.

2°. Publicar este acordo no BOP e abrir un prazo de trinta días hábiles dende a data de publicación, para xeral coñecemento e para presentación de alegacións ó mesmo. De non presentarse alegacións dentro do prazo establecido, este acordo elevarase automaticamente a definitivo.

3°. Facultar ao Sr.Alcalde-Presidente para a realización dos trámites necesarios para execución do presente acordo.


6. MODIFICACIÓN TAXA RECOLLIDA E TRATAMENTO DE RESIDUOS SOLIDOS URBANOS. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente con informe de Intervención e ditame da comisión de facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña alude a falta do plan de reequilibrio económico-financeiro que tiña que estar presentado por haber transcorrido o prazo e que abordaría entre outros, estes asuntos, non están aplicando medidas de eficiencia para reducir custos no servizo, na pasada lexislatura incrementaron os custos de recollida, substituíron a concesión que había vixente e incrementaron o custo, primeiro subiron moito e logo baixan pero inda é moi superior a adxudicación de 2001, calquera medida para minorar custos debe pasar pola redacción do plan de reequilibrio económico-financeiro que recolla as cuestións formuladas no informe de Secretaria-Intervención, valorar servizo compartido, modificación de rotas, puntos de recollida, reciclaxe, entre outras; por outra parte non é o momento idóneo para subir un 10% pola crise económica globlal actual e que se vai prolongar para 2012, solo aceptación a suba do IPC.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López considera que o goberno local ten a responsabilidade, inda que afecta a todos polo déficit de 111.389 euros que é moi importante, e a mesma contía que a recollida-transporte máis o tratamento, o déficit debía ser cero, pero o problema é o modelo de xestión, noutros países o modelo funciona e os cidadáns non teñen que pagar tanto diñeiro, vostedes saben que o modelo non funciona, débese revisar o modelo dende a Xunta de Galicia, a situación económica actual é coñecida e por elo tamén propoñen que solo se suba o IPC, non é o momento doutras actualizacións, se poden utilizar fondos do POS, por elo insiste en que se reformule o modelo actual de xestión e unha suba moderada que pode ser o IPC.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira considera que todos están de acordo, hai uns residuos urbanos e hai que levalos a unha planta de tratamento, o concello terá que actuar sobre uns puntos como alude o informe de Secretaria-Intervención, o punto clave na eficiencia está no que se mete no contedor verde, o que nos cobran é a tonelada e que vaia o que debe ir; a suba proposta supón uns 15.000 euros e segue o déficit, a suba do IPC é unha boa proposta, facela tódolos anos para que non resulte excesiva, pero insiste en mellora-la eficiencia no punto de recollida e reducir custos con outras medidas, puntos de recollida, actualización padrón, educación cidadán tanto de adultos coma de escolares, hai moitos puntos a considerar antes dunha subida desta contía.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que o servizo xera uns gastos de 254.058 euros e uns ingresos de 147.000 euros, xa se reduciron gastos coa nova adxudicación e limpeza de contedores, non lles agrada ter que subir a taxa pero a labor de goberno esixe responsabilidade e desde o 2006 non se incrementou, son solo 6 euros ao ano e con elo se recuperan uns 15.000 euros, non é a solución pero hai que tomar móis medidas, xa se está revisando o padrón, aumentar contedores de plásticos, cartón e vidro; non se poden facer comparacións con anos atrás como dicía o Sr.Sardiña porque non había plantas de tratamento, non se falaba de medio ambiente e agora preténdese que este mundo sexa viable para os que veñen detrás, insiste que o incremento é mínimo e por suposto adoptar medidas de educación veciñal e canto máis seleccionado sexa o vertido nos contedores mellor, todos deben ser responsables.

O Sr.Pérez Sardiña insiste na necesidade de reducir gastos e actualizarse pois no ano 2001 este concello xa tivo convenio con Sogama, o portavoz popular é novo aquí pero os non tan novos saben iso; coincide co portavoz de AEC, Sogama volveuse insostible, produción de enerxía si, pero os custos trasladáronllos aos concellos, o pleno tivo que reclamarlle os custos da recollida de trastes por incumprimento do convenio, fíxense de onde veñen as cousas, e o goberno que vostede está apoiando tamén incrementou o furado.

O Sr. Feal Pereira considera que no esencial están de acordo, todo é importante, actualización padrón, aumentar contedores para reciclar mellor, educación, etc, e insiste no contedor verde onde é moi importante que non vaia materia orgánica que vaia a pesar, con todo elo reduciríanse os custos e o mellor a subida de taxas non tiña que ser tan esaxerada nin tan revisable.

O Sr. López Rodriguez está de acordo que hai dúas forma de actuar, por unha parte incremento de ingresos e por outra reducir os custos; en canto as manifestacións do Sr. Pérez Sardiña, discute como adolescente, parece que leva moito tempo aquí e fala do pasado como un abuelete, para vostede calquera tempo pasado foi mellor, as cousas van cambiando e hai que tomar medidas; indica que a taxa despois do incremento inda segue a ser a máis baixa dos concellos dos arredores, o único problema foi non habela actualizado antes pero había mal servizo, agora hai bo servizo e bo prezo.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular, un en contra do membro do grupo BNG e tres abstencións dos membros do grupo AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:

1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.


7. IMPOSICIÓN TAXA POR EXPEDICIÓN DOCUMENTACIÓN DE TENZA DE ANIMAIS. Visto o expediente tramitado para imposición da taxa pola expedición de documentación (licenza, renovación, inscricións rexistrais, modificación e cancelacións), pola tenza de animais e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente con informe de Intervención e ditame da comisión de facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña recorda que xa preguntou polos custos na ordenanza de animais, á vista da avaliación económica non se recolle convenio cunha canceira, non pensou que lles doese o de adolescentes que actúan pola inmediatez e non polos coñecementos adquiridos, o único que miran é pola recadación, ínfima pero recadación, vailles pasar igual que lle aconteceu cos vados; para o BNG habería que debater aquí o tema da operación Area que solicitaron por escrito e non está na orde do día — O Sr. Presidente ordena que se limite a orde do día senón retíralle a palabra —prosegue o Sr.Pérez Sardiña indicando que é o momento de queixarse porque pasa con total impunidade.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez, manifesta que antes preguntaban polos custos dos animais e os teñen aquí no informe, é unha taxa que pretende que cubra os custos que supón o rexistro; en canto ao Sr.Pérez Sardiña indícalle que a ignorancia fai cometer imprudencias pois claro que hai recollida, pero se pode negociar de forma que non teña custos, é unha ordenanza que nace en boas condicións.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:

1.°.—Aprobar provisionalmente a imposición do tributo local: taxa pola expedición de documentación de tenza de animais, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte e unha horas da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.

Acta da sesión ordinaria do pleno de Cabanas do día 29 de novembro de 2011

Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. 

GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.

GrM AEC D.José C. Rey García

GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de novembro de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación Don Antonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.


Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


Non asiste o concelleiro D. Luis A. Fachal López por motivos de traballo. PARTE RESOLUTIVA.


1.- PROPOSTAS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos: Mixto e Popular, sobre a violencia de xénero.


A) A moción presentada polo grupo Mixto na exposición de motivos fala do chamamento dende o PSdGPSOE á rebelión contra a violencia de xénero na que todos e todas deben comprometerse, a sociedade española non pode tolerar este regueiro de vítimas e o PSOE xa deu mostras do compromiso coa Lei contra a violencia de xénero o que permitiu a centos de miles de mulleres ser atendidas, protexidas e salvadas dese cerco de terror e violencia. Nos obstante os últimos recortes sociais de gobernos autonómicos e locais do partido popular, están a afectar negativamente ás mulleres e á igualdade, facendo máis difícil a loita contra a violencia de xénero.


Polo exposto, o PSdGPSOE a través do voceiro integrado no grupo Mixto propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:


1. Esixir, sobre a base do art. 155 da Constitución Española que obriga ás Comunidades Autónomas ao cumprimento das Leis vixentes, a que a nosa Comunidade Autónoma de Galicia cumpra estrictamente a Lei integral contra a violencia de xénero sen ningún tipo de escusas, porque a integridade das mulleres e menores deberá estar garantida sen desculpas nin dúbidas.


2. Esixir ao noso Gobemo Autonómico e promover a nivel municipal que a aplicación efectiva da devandita Lei sexa unha prioridade na axencia política e no presuposto.


3. Instar ao noso Gobemo Autonómico e promover a nivel municipal seguir promovendo, a través dos medios públicos de comunicación, programas específicos de sensibilización da sociedade contra a violencia de xénero co fin de contribuír de xeito decisivo á erradicación desta terrible eiva.


4. Instar ao noso Gobemo Autonómico e promover a nivel municipal o cumprimento dos acordos que, sobre protección de menores expostos a ámbitos de violencia de xénero foron asumidos polas Comunidades Autónomas na reunión do Sectorial de Igualdade celebrada en abril de 2010, coa posta definitiva en marcha do sistema de protección especializada de menores e de elaboración do protocolo de atención a estes.


5. Instar ao noso Goberno Autonómico e promover a nivel municipal seguir conseguindo unha maior formación especializada e unha maior implicación da Policía Autonómica, ou no seu defecto municipal, na protección das vítimas de violencia de xénero, directa ou indirecta.


6. Instar ao noso Gobemo Autonómico e promover a nivel municipal a realizar un estudo socio-criminolóxico sobre violencia de xénero, en colaboración co Gobemo Central, co fin de poñer de manifesto a realidade existente sobre esta terrible problemática.


B) A moción do grupo popular alude a conmemoración o 25 de novembro como Día Internacional para eliminación da violencia contra as mulleres, que constitúe un dos ataques máis flagrantes aos dereitos fundamentais das persoas como son a liberdade, a igualdade, a vida, a seguridade e a non discriminación como proclama a Constitución, e tódolos poderes públicos teñen a obriga de adoptar medidas para facelos efectivos. A erradicación da violencia de xénero pasa por un proceso de socialización e de educación; a plena igualdade, respecto á dignidade humana e da liberdade das persoas ten que ser unha obxectivo prioritario.


Por todo o anterior, o grupo municipal Popular eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:


1. Instar ó Gobemo do Estado a desenvolver os dereitos previstos na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.


2. Instar ó Gobemo da Xunta de Galicia a desenvolver os dereitos previstos na Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.


3. Instar ó Gobemo do Estado que estenda a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, aos e ás menores.


4. Instar tanto ó Goberno do Estado como ó Gobemo da Xunta de Galicia a impulsar e priorizar todas aquelas medidas establecidas por lei no ámbito educativo para a concienciación e erradicación da violencia de xénero.


Polo grupo BNG a concelleira D a. Mª. Teresa de Jesús García Pita pide dar lectura a unha moción do seu grupo, indicándolle a Presidencia que non procede por non habela presentado a tempo, poderá expoñela na intervención no debate.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo BNG: a concelleira D a. M a. Teresa de Jesús García Pita da lectura a unha moción do seu grupo na cal despois de aludir a que a violencia de xénero constitúe unha vulneración do dereitos fundamentais das mulleres, os pasos dados no eido legal, a lei aprobada en 207 polo Parlamento de Galicia e falta de posta en funcionamento de instrumentos previstos e desmantelamento de estruturas básicas, propoñendo o seguinte acordo:


1. Instar á Xunta de Galicia a que impulse a posta en funcionamento das obrigas impostas pola Lei 11/2007 que están pendentes de desenvolvemento; en concreto, a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero e a posta en marcha do Centro de Recuperación Integral.


2. Que faga unha planificación para a realización de campañas periódicas de sensibilización contra a violencia de xénero, que se realice á formación das e dos profesionais implicados na atención e tratamento das vítimas, e que garanta o dereito á atención psicolóxica no ámbito sanitario público cuestión tamén recollida na lei.


3. Dar traslado deste acordo ao presidente da Xunta de Galicia, así como aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.


Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez non está de acordo con algún dos parágrafos da moción do PSOE en canto a recortes en políticas sociais por gobemos autonómicos, non sabe si fala da Xunta de Galicia, neste caso quere deixar claro que a conciliación do emprego feminino, axudas a mulleres vítimas de violencia de xénero e mulleres prostitutas van a centrar a política da Secretaría Xeral de Igualdade en 2012 cun lixeiro incremento orzamentario, o que demostra a prioridade en políticas de igualdade; na violencia de xénero as accións basearanse nos principios de prevención, integración social, cunha relevancia na axuda económica a vítimas da violencia de xénero con axudas mensuais de 300 a 800 euros cun importe de 1,8 millóns de euros, en 2011 percibiron esta axuda 158 mulleres, polo tanto gran parte das propostas xa se están levando a cabo, agora vaise abrir o centro de recuperación integral, o Observatorio galego de violencia de xénero está a punto de entrar en trámite de alegación e tamén campañas de sensibilización coma a dirixida a xente nova, explotación sexual, trata de persoas e eliminación da violencia de xénero.


A Sra. García Pita considera que as campañas de sensibilización e educación das que falou o representante do grupo popular parece que non fixeron moito efecto, non hai máis que escoitar as noticias sobre o estudo entre os adolescentes, parece que esas campañas non están ben dirixidas.


O concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira non quere entrar en cifras porque falar de millón soa ben, pero segundo os datos do seu partido si hai recortes, hai que incentivar as politicas de igualdade e a falta de asistencia as actividades realizadas polo Concello o día 25, non sabe si debido a pouca publicidade ou pouco interese, a educación na escola é a base de todo o sistema social, e insiste en que diminuíu a consignación para estes servizos.


O Sr.López Rodriguez está de acordo no incentivar medidas e para iso se formulaba a actividade que tiveron o 25 no colexio, a erradicación da violencia de xénero tiña que pasar por un proceso de socialización e de educación comezando polos máis pequenos, a pena é a escasa afluencia de público, esperábase a participación dalgún maior máis.


A continuación pásase a votación por separado das mocións presentadas.


A).Moción do grupo mixto presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, sométese a votación ordinaria resultando catro votos a favor dos membros presentes dos grupos BNG, AEC e mixto, e seis abstencións dos membros do grupo popular, polo que resulta aprobada.


B) Moción do grupo popular, sométese a votación ordinaria resultando aprobada con oitos votos a favor dos membros presentes dos grupos popular, AEC e mixto, e dúas abstencións dos membros do grupo BNG.


2.-4.-6.- MOCIÓNS EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS. A continuación o Sr.Presidente propón o debater conxuntamente os puntos 2, 4, 6 da orde do día e logo a votación por separado, a concelleira do BNG Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita non está de acordo, e o Sr.Presidente indica que os outros grupos si, polo tanto debateranse en conxunto. O portavoz do BNG D.Xosé Manuel Pérez Sardiña pide que conste a protesta formal pola modificación da orde do día que implica unha redución do tempo de debate, non comparten a opinión da Presidencia nin a dos outros grupos.


A continuación expóñense as mocións presentadas polos grupos: Mixto sobre o plan concertado de servizos sociais, BNG sobre recortes plan concertado da Xunta de Galicia, e Popular sobre coordinación entre Administracións en materia social.


A) A moción presentada polo grupo Mixto, fala de que o plan concertado constitúe un instrumento fundamental para a colaboración e coordinación entre as administracións con competencias en servizos sociais para a prestación de servizos públicos para o benestar das persoas; indica que o plan froito das políticas socialistas foi o soporte das politicas sociais municipais cuxos obxectivos son garantir servizos sociais de calidade e axeitados as necesidades de toda a poboación; a entrada de Feijóo no gobemo da Xunta vén supoñendo un ataque directo ao plan concertado, os recortes están a asfixiar aos concellos e as persoas que precisan deste plan, a media dos recortes aos concellos para este ano é dun 80%, tamén alude aos recortes na axuda a domicilio impedindo novas altas e a desaparición de programas.


Polo exposto, o PSdG-PSOE a través do seu voceiro integrado no grupo Mixto propón ao Pleno adopte os seguintes acordos:


1°. Rectificar, a través das medidas urxentes necesarias, os recortes implantados polo Gobemo galego no plan concertado e garantir, polo menos, a cobertura orzamentaria de


2009.


2°. Garantir o mantemento dos programas, actuacións e servizos dependentes do plan concertado que existían no ano 2009.


3°. Facultar ao Alcalde-Presidente para exercitar as accións legais que procedan en defensa dos dereitos sociais dos seus veciños/as.


B) A moción presentada polo grupo BNG na exposición de motivos alude a que o plan concertado é un instrumento fundamental de cooperación entre os concellos, a Xunta de Galicia e a administración do Estado que cubre custos de persoal, mantementos dos servizos, axuda no fogar, xestión de programas e investimentos. Estes días están chegando aos concellos resolucións con recorte drástico e inxustificado da Xunta de Galicia relativos aos citados gastos do plan concertado, xunto coa crise económica e necesidade de maiores prestacións obriga aos concellos a facer fronte ás necesidades con fondos propios o que vai afectar aos servizos e agravar o pagamento doutras partidas, hai que destacar que no mes de outubro os concellos aínda non recibiron da Xunta de Galicia as subvencións do plan concertado, e este problema debe resolverse de inmediato.


Por elo propoñen ao Pleno a adopción do seguinte acordo:


1. Instar á Xunta de Galiza á restitución inmediata dos créditos eliminados para o financiamento do Plan Concertado do ano 2011, que significou o recorte de 2,4 millóns de euros, que permitirá continuar cos programas englobados no citado plan de servizos sociais e de prestación básicas e atención ás familias e colectivos con problemas.


2. Instar á Xunta de Galiza a que nos Orzamentos do ano 2012:


- Garanta como mínimo as cantidades consignadas no 2009 para o Plan Concertado e o Programa de Servizos Sociais Comunitarios.


- Atender así mesmo á execución do Plan Especial de Atención á Comunidade Xitana e o Programa de Atención a Persoas sen Fogar, polo gran incremento sufrido.


- Restabelecer e incrementar os fondos destinados aos concellos para apoio ás familias.


3. Instar á Xunta de Galiza a que demande do Gobemo do Estado o mantemento das cantidades que a Administración do Estado tiña destinadas o pasado ano 2010 ao cofinanciamento dos plans e programas sociais, minorados polo acordo do Consello de Ministros no mes de febreiro pasado.


C) A proposta presentada polo grupo popular na exposición de motivos alude a estrutura do Sistema galego de Servizos Sociais mediante a Lei 13/2008, as competencias das deputacións provinciais en canto a asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos e agrupacións de concellos, indicando que no desenvolvemento dos servizos sociais hai que ter en contra a entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro que contempla a participación das entidades locais na xestión dos servizos de atención ás persoas en situación de dependencia na súa modalidade de axuda no fogar cofinanciado pola Xunta de Galicia independente do plan concertado e cun escaso financiamento do Estado; o incremento na prestación dos servizos sociais comunitarios e específicos e o axuste orzamentario obriga as administracións establecer liñas de financiamento estables, coordinadas e planificadas.


Por todo isto o concello de Cabanas insta as distintas administracións a:


- Demandar do Gobemo Central a blindaxe do investimento que aporta á comunidade de Galicia para o financiamento do plan concertado, plan xitano e atención a menores, mediante transferencia anual á Xunta.


- Demandar así mesmo que garanta en relación co servizo de axuda a domicilio a persoas en situación de dependencia que están a prestar as entidades locais, o financiamento do 50% do custe deste servizo a través do nivel mínimo de financiamento de xeito que permita a viabilidade e suficiencia financeira do sistema para a autonomía e atención á dependencia.


- Establecer mecanismos de coordinación entre todas as administracións, Concello, Deputación provincial e Xunta, que permitan establecer liñas claras e estables de financiamento dos servizos sociais básicos que se prestan á cidadanía.


- Pór en marcha un sistema que axilice os pagamentos anuais aos concellos por parte da Xunta de Galicia que asegure unha porcentaxe de anticipo do que lle correspondería anualmente ao concello pola prestación de servizos sociais comunitarios básicos, no primeiro cuadrimestre de cada ano.


- Pór en marcha unha ferramenta que permita abonos trimestrais do servizo de axuda no fogar para os dependentes introducidos no sistema a 31 de decembro do ano anterior.


- Elaborar unha normativa que flexibilice nos concellos a aplicación do copagamento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:



Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE, D. Delfín Feal Pereira considera que todos están de acordo, indica que no relativo ao financiamento dispoñen de cifras diferentes pero si é certo que sen plan concertado non hai política social municipal, neste plan inclúense os programas de emerxencia social, axuda no fogar a dependentes ou atencións a anciáns; sinala que mentres o gobemo central mantén as axudas ao investimento a Xunta de Galicia está recortando nunha media do 80%, cita casos concretos de concellos, se poden discutir as cifras pero isto hai que sintetizalo nuns acordos, os que propón o PP parécenlle ben pero a guerra de cifras ou porcentaxes é absurda neste momento.


Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez sinala que a Xunta reduciu o plan concertado nun 5% e non no 80% motivado pola redución da achega con que se contaba do Gobemo central e houbo que tomar medidas de forma xeral para toda Galicia, pero aquí se está a tratar o problema de Cabanas, en axuda a domicilio libre concorrencia pasou de 32.951 € en 2010 a 7.295 € en 2011 e en dependentes pasou de 47.594 en 2010 a 80.120 en 2011, co cal en 2010 a Xunta achegou 80.594 € e en 2011 95.415 €, un 18,5 % máis, por elo agrádalle que a achega en Cabanas non se vexa minorada, sinte o doutros concellos pero aquí están a mirar polos veciños de Cabanas.


A continuación pásase a votación por separado das mocións presentadas.


A).Moción do grupo mixto presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, sométese a votación ordinaria resultando dou votos a favor dos membros presentes dos grupos AEC e mixto, seis en contra dos membros do grupo popular, e dúas abstencións dos membros do grupo BNG, polo que resulta rexeitada.


B) Moción do grupo BNG, sométese a votación ordinaria obtendo tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e unha abstención do membro do grupo AEC, polo que resulta rexeitada.


C) Moción do grupo popular, sométese a votación ordinaria resultando aprobada con oitos votos a favor dos membros presentes dos grupos popular, AEC e mixto, e dous en contra dos membros do grupo BNG.


3.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE O SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO. Dáse conta da moción presentada polo concelleiro do PSdGPSOE membro do grupo mixto, sobre o sistema educativo público, expoñendo que apostan por un novo modelo económico baseado na sociedade do coñecemento e non pode tolerarse a redución do investimento educativo, estímase que en 2010 o 80% dos postos de traballo precisarán persoal cualificado e en España, Galicia, conta cunha problemática de abandono do sistema educativo que hai que afrontar; alude a instrución 1/2011 da Consellería de Educación sobre normativa de comedores escolares citando o parágrafo correspondente e criticando que se chame actuación fraudulenta o retraso no pago cando unha familia puido quedar en paro; os recortes do gobemo de Feijóo en Educación están a provocar reducións de investimentos nos centros, agravándose a situación pola imposibilidade dos concellos de afrontar actuacións que corresponden á Consellería de Educación, menciona a necesidade de que se acometan neste Concello as obras de finalización do acondicionamento do retranqueo do peche do recinto, ampliación do centro con máis aulas, patio cuberto e biblioteca.


Polo exposto somete a consideración do Pleno esta moción para que adopte os seguintes acordos:


Instar á Consellería de Educación a:


1°. Instar ao Presidente da Xunta de Galicia a apostar de forma decidida polo sistema educativo público do nos pais e dar fin as políticas de continuos recortes que está a aplicar en materia educativa, nomeadamente no sector público.


2°. Arredor da instrución, que só está referida a aqueles comedores de xestión directa da Consellería de Educación:


- Suprimir a instrución 1/2011, nomeadamente no que atinxe ao referido parágrafo.


- Crear unha liña de becas, bolsas ou axudas para o comedor escolar a aquel alumnado cuxas familias pase por dificultades económicas por culpa da crise.


3°. Instar a Xunta de Galicia a presentar ante a comunidade educativa e ante o concello un calendario preciso no que se indiquen fases, orzamento e calendario para a realización das citadas obras que precisa o noso centro educativo CEIP "Eladia Mariño".


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro considera que non é unha unha actitude responsable no tema de educación, gustaríalle que non se politizase e non se utilizasen cuestións que antes non esixiron para desgaste da Xunta actual que está a apostar pola calidade do ensino con proxectos innovadores nunha época difícil; a moción fala de recortar que foi o que fixo o Ministerio de Educación minorando nun 23,7% o diñeiro para ensino non universitario, tamén fala de axustar que é o que se está facendo en Galicia, adaptando as políticas educativas aos orzamentos reais; no referente a Instrución 1/2011 crea unha liña de axudas para comedor, pero ademais o 88,1% dos usuarios reciben o servizo gratis e solo un 8% pasa do 50% o que supón 1,52 euros; en canto ao punto 3 son os máis interesados no funcionamento e no progreso do colexio, esperan que a Consellería acometa as obras de ampliación do centro, recorda as obras se fixeron en colaboración Colexio e Concello, e as previstas sen necesidade de moción.


D. Xosé Manuel Pérez Sardiña portavoz do grupo BNG apoia a moción porque no fondo están nesa liña de que non se recorte, non coma o PP que con votarlle a culpa a outros xa soluciona o problema, agora van ter que reclamarlle a Rajoy porque vai recortar sanidade, educación e todo o relativo a servizos sociais, aí e onde teñen que reclamar, din que non é un tema político e son os primeiros en politizala, fan política coa educación vendendo obras sen acabar como o asfaltado da entrada do colexio que xa tiña que estar feito sendo algo prioritario para entrada dos autobuses.


O Sr.Feal Pereira indica que volven co tema de politizar, o que sexa apolítico que non se dedique a nada porque é mentira que non sexamos políticos, a Xunta ten competencias en educación e a concelleira falou de proxectos innovadores pero a inmensa maioría das axudas foron a colexios concertados ou privados, moito máis que para os públicos de competencia da Xunta que debían ser os primeiros en recibir ese tipo de axudas, as obras todas son importantes e non debería haber ningún inconveniente para a súa realización.


A Sra. Gayoso Pereiro indica ao portavoz do BNG que van esperar que Rajoy tome posesión e despois vanlle esixir ou criticar, vostede non está aquí capacitado para falar de ningún tema do colexio, foi representante do concello no consello escolar e non foi nunca, non lle importou nunca — intervén a Sra. García Pita e o Sr.Presidente ordena silencio e a advirte por primeira vez, continúan as protestas da Sra.García Pita e do Sr. Pérez Sardiña, o Sr.Presidente fai unha segunda advertencia a Sra. García Pita e primeira advertencia ao Sr.Pérez Sardiña — prosegue a Sra. Gayoso sinalando que o portavoz do PSOE que nas obras do colexio non teñen inconveniente para facer o máximo posible e que a Xunta está dando resposta as necesidades que se lle demandan e está facendo un gran esforzo cos comedores.


O Sr.Pérez Sardiña solicita a palabra por alusións directas, manifestando o Sr.Presidente que non hai alusións.


Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto, e seis votos en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeita-la moción presentada.


A continuación prodúcense intervencións da Sra. García Pita e a Sra. Gayoso Pereiro, aí como do público, o Sr.Presidente ordena silencio ao público e a Sra. Gayoso Pereiro, recordando a Sra. García Pita que ten dúas advertencias e a terceira ten que marcharse.


5.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE TRASLADO ANTECEDENTES MUNIQPAIS RELACIONADOS CO CASO AREA. Vista a moción presentada polo grupo BNG sobre o traslado dos antecedentes que obren na administración municipal relacionados co "caso Area" e o vertedoiro de materiais asfálticos de San Lourenzo, en cuxa exposición de motivos aluden a que o urbanismo non se desliga nin do ambiente nin dos dereitos da cidadanía e as empresas teñen que ter responsabilidade social respecto da actividade urbanística e ambiental do mesmo xeito que os poderes públicos, o BNG está por colaborar coa xustiza para clarificar responsabilidades de quen mirou para outro lado, xa solicitou un pleno extraordinario e reclamou documentación, sen atopar colaboración do rexedor local recibindo o habitual silencio e a negativa por resposta; a solicitude de amoreamento de áridos solicitouse en setembro de 2011 cando os imputados no caso de soborno estaban imputados dous anos despois da denuncia do Seprona, todo o contestado polo rexedor ao BNG en pleno desvélase como pantomima de Germán Castrillón para desviar atención e tolerar unha actividade sen licenza, refírese as respostas, denuncia Seprona, APLU e preguntas realizadas, así como a proposta de recualificación de terreos, considerando que o máximo responsable a nivel local presenta unha connivencia co principal actor do caso "Area" Fermín Duarte.


Á vista do exposto e sen menoscabo da depuración de responsabilidades políticas cando a Corporación teña acceso documentado a todos os antecedentes, propón o seguinte acordo:


m pleno da Corporación acorda instar a que se remita con urxencia aos grupos políticos municipais, ó xulgado n° 3 de Ferrol e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tódolos expedientes administrativos e antecedentes que constan no Concello relacionados co "caso Area", co vertedoiro de materiais asfálticos holandeses de San Lorenzo; as actas e as gravacións de plenos e os informes relacionados deberanse remitir exclusivamente ao ámbito xudicial.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña alude aos motivos e que despois de once anos neste concello se volve a tropezar na mesma pedra, neste caso a persoa de Germán Castrillón Permuy ten un paralelismo co señor Javier Escribano, porque foi padriño dos dous, tal como aparece nos medios o Sr.Juncal pediu apoios para que Javier Escribano fose presidente de Novas Xeracións na provincia da Coruña, e o Sr.Juncal tamén apostou por Germán Castrillón para a Alcaldía de Cabanas, as coincidencias son moitas, hai unha mala situación económica municipal e o Sr. Javier Escribano fixo xestións diante da



Xunta para que lle quitasen unha serie de impedimentos a Manmer S.L, o señor Germán Castrillón Permuy mirou para outro lado e permitiu facer algo sen licenza municipal con total impunidade, fala tamén de reunións con Diego Calvo na churrería do Areal que puideron dar moitos froitos ao mellor algunha relacionada con isto; a Xunta deu plantón e está tratando de pasar responsabilidades a nivel local cando ten moito que ver no asunto, insiste que o rexedor local mirou para outro lado e ao BNG contestoulle o que lle pareceu, aclara que desde o primeiro momento quixeron recordarlle cales eran os seus deberes e o que tiña que facer.


Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez considera isto unha mostra máis do afán de protagonismo, encántanlles as novelas, as tramas, crean paralelismos do Sr.Escribano, o Sr.Castrillón, o Sr.Juncal, unha película; alude ao escrito presentado o 2-11-2011 polos concelleiros do BNG no que solicitaban a Secretaría se lle remita ao xulgado de Ferrol encargado da operación Area tódolos antecedentes en relación co depósito de residuos asfálticos na parcela que ten Manmer así como convocatoria dun pleno para tratar este asunto, se abra unha investigación para depurar responsabilidades invocando o artigo 105 da CE, pero este artigo fai referencia a procedementos administrativos mentres que a operación Area é un procedemento penal e habería que referirse ao artigo 118 da CE; a disposición do concello de Cabanas para colaborar cos órganos xudiciais é absoluta e remitiría a documentación que lle reclamasen de inmediato, o BNG esquece que a cuestión está sub iúdice o que impide a tramitación de procedemento administrativo sen pronunciamento xudicial; os membros da Corporación teñen garantido o acceso a información en poder da Corporación polo que non entende o que insta nesta moción, non se está xulgando un problema urbanístico e así o advirte o xuíz, senón un posible tráfico de influencias de Javier Escribano sobre o que este concello non ten nada que aportar, alude tamén á exposición pública sen reclamacións da solicitude de autorización a Augas de Galicia.


O Sr.Pérez Sardiña indícalles que se non fan o que fixeron non sairían nos medios de comunicación, pero o que a el lle interesa é que se cumpra a legalidade polo cal debe velar a Corporación municipal, mentres que ao PP non é o monte de 60.000 toneladas en Laraxe senón que investiguen a un deputado do partido que tivo que dimitir, o deber do BNG é poñer en coñecemento tódolos documentos relacionados co caso e que a Corporación valore e obre en consecuencia, o vertedoiro leva anos sen licenza e van colaborar coa xustiza.


O concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira está de acordo coa moción porque non di nada en contra senón de clarifica-los feitos, pódese esperar que pidan os documentos ou se non hai inconvenientes poñela encima da mesa e que determine o xuíz si é relevante a información que lle da o concello, non ve ningún inconveniente a proposta do BNG.


A concelleira do grupo popular Da. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que a información está aí e no momento que a requiran se enviará, considera que o BNG trouxo aquí unha película e quere recordarlle máis casos nos que intentou manipular a opinión pública con mentiras e falsidades como o cruceiro do Areal con notos de prensa, bolsa de restos, etc, mentres o grupo de goberno xestionou todo o proceso de restauración e non lle custou nada, a perda do investimento do paseo entre pontes, o intento co pintado da N­651, piñeiral da Madalena, reitoral de Soaserra, vostedes non poden vir aos plenos a confundir, e intentar bloquear e paralizar os traballos.


O Sr.Pérez Sardiña pide a palabra por cuestión de orden e a Presidencia non lla concede, ante o cal o Sr.Perez Sardiña pide conste en acta que a Sra. Gayoso Pereiro falou máis de dous minutos e medio e a el solo lle permitiu dous minutos, non gardou a equidade.


O Sr.Presidente advirte por segunda vez ao Sr.Pérez Sardiña e ten que aclarar, porque ao Sr.Pérez Sardiña éncheselle a boca de dicir mentiras, o 4 de agosto de 2009 a empresa que vostede di presentou solicitude para os áridos, o 1-10-2009 o concello requiriulle adopción de medidas urxentes para almacenamento de áridos en Vilar do Colo, o concello non estivo parado e a APLU estivo intervindo no caso e hoxe hai autorización de Augas de Galicia, o concello seguirá traballando neste tema e non está mirando para outro lado.


Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor dos membros dos grupo BNG e Mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e unha abstención do membro do grupo AEC, acorda rexeitar a referida moción.


7.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE EDUCACIÓN E SANIDADE PÚBLICAS, GRATUÍTAS E DE CALIDADE. Dada conta a da moción presentada polo grupo BNG pola educación e pola sanidade públicas, gratuítas e de calidade, facendo referencia na exposición de motivos a que o pobo a estas alturas do século XXI ten que saber que como mínimo hai tres principios que han de ser públicos e iguais para todos, sanidade, educación e traballo; os políticos ultra-neoliberais que serven intereses da ditadura financeira están a dicir que sanidade e educación non poden ser gratuítas polo custo, non só menten senón tamén a ideoloxizar un negocio á conta de tódolos cidadáns. Un pais está formado por persoas e a educación é o primeiro, fai falla un acordo de tódalas forzas parlamentarias e da sociedade para unhas regras estables, a educación ha de ser pública, gratuíta, de calidade e coas mesmas oportunidades para tódalas persoas; considera vergoñentos os recortes en educación e sanidade mentres se aumentan as subvencións a colexios privados ou concertados ultrarrelixiosos.


Polos motivos expostos o grupo BNG, trasladando esta proposta veciñal, propón ao pleno a adopción dos seguintes acordos


1. Esixímoslle á Xunta de Galicia e ao seu Presidente a restitución inmediata do dereito fundamental á saúde ás persoas afectadas pola anulación da súa tarxeta sanitaria.


2. Rexeitamos a privatización da Sanidade e da Educación coma negocio duns poucos privilexiados.


3. Rexeitamos o clasicismo que se tenta volver a reinstaurar.


4. Esiximos un pacto galego e que se cumpra o mandato da Constitución, polo que a sanidade e a educación sexan públicas, gratuítas e de calidade.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña pide igualdade nas intervencións, considera que educación, sanidade pública e os servizos sociais relacionados co estado do benestar deben ser intocables para calquera goberno do Estado; alude ao borrado de datos da sanidade pública e os problemas cando chegaron as farmacias e non aparecían, denuncias públicas e perda de prestacións sanitarias a parados, reposición de tarxetas pola Consellería de Sanidade en farmacias pero non en centros de saúde, unha situación denigrante, da lectura o artigo 41 da CE e engade cinco puntos en defensa da sanidade pública, primeiro o Estado español é un dos países desenvolvidos que menos inviste en saúde só o 9,7 % do PIB, o sistema público cústalle a cada cidadán uns 1.500



euros ao ano cando a media europea é moi superior, por 1.500 euros o Estado español consegue unha cobertura pública, gratuíta e universal cunhas prestacións moi superiores a media da Unión Europea, nos países sen sanidade pública non hai seguro privado que ofreza servizos sanitarios da mesma calidade a prezo tan baixo, o investimento é pequeno pero a rendibilidade alta, o Estado español está entre os mellores países en canto a saúde, esperanza de vida, vacinación infantil, transplantes, etc. temos unha sanidade pública eficaz e barata, e a súa eficiencia desminte as falsidades de que sexa un luxo ou que o privado funcione mellor.


Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez está de acordo en que en España, en Galicia, ten que haber unha educación, unha sanidade e uns servizos sociais de calidade e a Xunta é unha das poucas comunidades que estabilizou os seus investimentos en anos anteriores e vai poder mante-lo orzamento para 2012, pero este aforro non estivo nin en educación, nin en sanidade nin en servizos sociais, e de feito o gasto social para 2012 se vai incrementar; respecto a tarxeta sanitaria observa que non teñen idea da lexislación española, dende o ano 1989 os parados de longa duración, por lexislación estatal non da Xunta, pasados tres meses desde a última prestación quedan sen sanidade, agora son moitas as persoas nesa situación e por iso o PSOE en outubro tivo que facer unha rectificación a cal da lectura e que foi publicada no BOE do 5-10-2011, indica que a Xunta o que fixo foi adiantarse a esta situación sacando unha normativa en setembro para que os parados nesta situación poidan ter a prestación antes do 1-1-2012, interesa do portavoz do BNG que fale de casos de Cabanas porque como concelleiro de sanidade non coñece ningún caso nin queixa algunha na farmacia nin no centro de saúde, a Xunta non desactiva tarxetas é o INSS.


O Sr.Perez Sardiña reitera o contido do artigo 41 da Constitución Española considerando que non o entenden, non ten que explicar máis, indica que na farmacia de Cabanas houbo casos, hai meses que sucede isto e é unha responsabilidade da Xunta de Galicia que ten transferidas as competencias, vostedes non teñen interese en informar á veciñanza solo escorrer o bulto e non mirar polos dereitos das persoas que están sufrindo coa crise, o seu obxectivo é confundir ante un atentado contra un dereito fundamental e o mesmo pasa coa educación, todo son recortes.


O concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira en relación coa sanidade e a tarxeta sanitaria indica que cando unha persoa quedaba sen emprego tiña un tempo limitado pero tamén é certo que nunca quedaba sen prestación; a xente quedou sen prestación de menciñas e a sanidade é un piar básico da sociedade como é a educación, a tarxeta sanitaria reactivada en Galicia non cubre a prestación fora da Comunidade, ese é o problema, a sanidade ten que ser como aquí está ben reflectido, pública, gratuíta, de calidade e universal.


O Sr. López Rodriguez está de acordo en que a sanidade ten que ser pública, universal e gratuíta, pero resulta que temos unha lexislación que non cubre todo o que di a Constitución, un dos casos é este, a única forma que había agora era demostrar a carencia de recursos, agora hai moitos casos e por iso fixeron a modificación para dar cobertura a tódolos desempregados, a Xunta estableceu un protocolo para adiantar a situación, hai un convenio co INSS para activar tarxetas dentro da Comunidade asinado a finais do ano pasado, a Xunta non quere facer diso unha falta de gratuidade na sanidade e insiste en non ter coñecemento de ningún caso en Cabanas.



Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con catro votos a favor dos membros dos grupos BNG , AEC e Mixto e seis en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeita-la devandita moción.


PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.


8.- INFORMES DA PRESIDENCIA.


a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 284 do 26-09-2011 ata a número 334 do 24-11-2011.


b) Informes sobre a morosidade. Igualmente de acordo co establecido no artigo 5°.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación dos informes de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes ao 4° trimestre de 2010 e 1° Trimestre de 2011.


9.- ROGOS E PREGUNTAS.


a). Preguntas por escrito.


a.1. Preguntas presentadas polo grupo municipal do BNG en escrito do 28 de novembro de 2011.


a.1.1. Dende hai meses a Lei da Dependencia vén sendo posta en cuestión sibilinamente dende varias frontes do PP, de feito as principais empresas que prestan este servizo levan meses sen atender novos domicilios. Que previsión ten o Concello de Cabanas cara ao ano 2012, sobor da prestación de servizos da Lei de dependencia?.


Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: pregunta si está a falar de forma xeral ou de Cabanas, non levan meses en Cabanas sen atender novos domicilios, a previsión para o próximo ano e atender tódalas persoas que veñan pola lei da dependencia, non espera que haxa problema, é posible que se incrementen pero cos datos dispoñibles serían atendidos tódolos casos a nivel do grao que está previsto na lei da dependencia.


a.1.2. Á parte de bloquear o debate dunha moción do BNG, hai que lembrar que o Sr. Alcalde na pasada lexislatura púxose á fronte da manifestación pola voka á construción naval dos Estaleiros, facendo culpábel da parálise ao PSOE. Que medidas pensa tomar o PP dende o Gobemo central, a Xunta mailos concellos da bisbarra, pra impulsar o sector Naval nos Estaleiros de Fene e Ferrol?


Resposta Sr.Alcalde: temos claro que non faremos o que fixo o vosos socios de gobemo en Madrid, sería correcto esperar que sexa elixido presidente o Sr. Rajoy para tomar decisións, esta pregunta está fora de lugar porque o obxectivo das preguntas é coñecer as actuacións que correspondente a este gobemo municipal, non para xerar un debate politico.


a.1.3. A tarxeta sanitaria en Galicia, tema de actualidade en tódolos medios e na sociedade. As derradeiras verbas da Conselleira Farjas na Voz de Galiza foron: "Trabajamos intensamente para activar de oficio todas las tarjetas sanitarias desactivadas, y de hecho estamos a punto de terminar". Lembramos que o artigo 41 da Constitución establece o dereito irrevogable á asistencia sanitaria gratuíta. Están vostedes, grupo popular de Cabanas, de acordo coa política da Xunta de desactiva-la tarxeta sanitaria a desempregados de máis dun ano e persoas sen recursos?.


Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: a Xunta non desactivou ningunha tarxeta sanitaria, é o INSS quen as desactiva, é o que leva a xestión, antes preguntaba polos casos de Cabanas e parece que vostede os coñece, espero que tomase boa nota desas persoas para que non estean desatendidas.


a.1.4. Que fixo ou que medidas vai adoptar o Alcalde pra poñer solucións ao escándalo de corrupción política, ambiental e urbanística do caso AREA?.


Resposta Sr.Alcalde: este punto foi debatido anteriormente e quedou claro que non houbo ningunha corrupción nin política, nin ambiental, nin urbanística, ademais non ten sentido esta pregunta despois do debate anterior.


a.1.5. E se mañá outra empresa viñera a facer o mesmo que a compañía importadora de refugallos asfálticos holandeses. Que procedemento ou protocolo de actuación seguiría o Concello?.


Resposta Sr.Alcalde: o que corresponda nese caso.


a.1.6. Que valoración fai o Alcalde da sentenza executiva e firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ao respecto da súa inhabilitación pra ocupar cargos na organización de actividades deportivas por tres anos e medio, ao incumprir a Lei 11/1997 Xeral do Deporte de Galicia, artigo 70.2.1, cando xa era Alcalde?.


Resposta Sr.Alcalde: Sr.Sardiña, ten preocuparlle de traballar máis polo pobo e non esperar que saian as noticias na Opinión, no seu día se debateu e non ten nada que ver co concello de Cabanas todo o que vostede acaba de preguntar, sego tendo a licenza que tiña para actuar nos casos que tiña que actuar sen ningún problema.


A.1.7. Despois de coñecer este contratempo. Ten a súa inhabilitación algo que ver con que no presente 2011 o Concello de Cabanas non organizase ningún rallyde terra?.


Resposta Sr.Alcalde: vostede que quere?, os anos anteriores protestaban porque había rallys e agora porque non os hai, diga que quere si é que o sabe.


a.1.8. Por certo, o PXOM que se foi adiando ano tras ano sen máis explicación e a "solución-Castrillón" ao derrubo do Penso. Pasaron ao limbo dos patriarcas ou que é deles?.


Resposta Sr.Alcalde: o PXOM está a seguir os prazos de tramitación correspondentes e nada teñen que ver con esta Alcaldía e sigo dicíndolle que acataremos a sentenza referente ao Penso e seguiremos traballando.


a.1.9. Sabemos que pasou o día 15 de setembro e non se fixo efectiva a orde de demolición da segunda fase do Penso, hai dous meses, co prazo xa pasado, contestounos que o gobemo local acataba a sentenza e que seguía traballando para conseguir o financiamento. Así mesmo anunciou nos medios de comunicación unha nova solución. Pódenos explicar en que consiste esa nova solución, cando foi presentada diante do tribunal e que vai facer para acatar as resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?.


Resposta Sr.Alcalde: hai un ha solución que a debe coñecer vostede, está presentada no tribunal en tempo e prazo e canto teñamos resposta a faremos pública, mentres tanto temos que mantemos.


a.1.10. Sabemos que o día 31 de decembro ten que facer efectiva a orde de demolición da primeira fase do Penso. Hai unha providencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lle esixe información sobre o estado de execución e lle advirte dunha sanción por non cumprir o plan de etapas que o seu gobemo presentou e que esta Corporación descoñece. Pódenos explicar en que consiste o Plan de Etapas e trasladamos unha copia del?.


Resposta Sr.Alcalde: cando sexa posible se lle comunicará.


a.1.11. Novamente reclamamos información en Pleno e o goberno non contesta porque non está no guión que traen escrito. Con que recursos humanos e materiais vai xestionar o Gobemo de Cabanas a ordenanza de animais?.


Resposta Sr.Alcalde: vólvollo a repetir, ten que sumarse ao cambio, este concello ten medios suficientes para administrar dita ordenanza.


a.1.12. Para demagoxia a do PP cos datos do paro, disque invisten un 411% máis e resulta que por primeira vez non baixa das 210 persoas en todo o ano. Moléstense en consultan os datos oficiais e deixen de xogar ós sudokus. Se o que dicimos os demais non lles vale e se os resultados das súas políticas van camiño de superar todas as marcas pensan modificar as medidas de loita contra o desemprego?.


Resposta concelleiro delegado Sr.López Rodriguez: non se decata Sr.Sardiña, fala de demagoxia e o primeiro que se lle ocorre e sacalo na Opinión denunciando a suba do paro en Cabanas, dando informacións negativas do municipio, ademais falsificando a información, entende que sexa noticia que suba o paro en Cabanas porque leva catro meses baixando, no que vai de ano pasou de 249 en xaneiro a 235 en outubro, un 5,6%, en Galicia baixou 1,5% en España subiu un 17,66%, desde outubro 2008 a outubro de 2011 en Galicia sube un 43,77%, en España un 91,56% e en Cabanas un 32%.


a.1.13. Á vista da sentenza que obriga a pagar 229 euros por danos a un vehículo que introduciu a roda na fochanca da rúa Río dos Cameiros, na saída da AP9-F de Vilar do Colo, en xaneiro de 2009. Polo gobemo local non se levou a cabo actuación ningunha e a sentenza constata a deficiente conservación do vial. O gobemo local cumpriu a sentenza? Que medidas van adoptar para evitar este tipo de sentenzas por deficiente funcionamento dos servizos municipais?.


Resposta Sr.Alcalde: alegrarse deses feitos di moi pouco das ganas de traballar a favor de mellorar o funcionamento dos servizos do concello de Cabanas, sería máis produtivo que cando lle correspondía a vostedes responsabilidades de gobemo non se preocuparon de mellorar dito acceso nin propuxo alternativa, este goberno conseguirá resolvelo.


a.1.14. O comezo das actividades culturais e deportivas tivo lugar no mes de outubro e o BNG quere coñecer o estado desas actividades. Cantas actividades están en funcionamento? O Concello cobra con regularidade as taxas correspondentes?.


Resposta concelleira delegada Sra. Gayoso Pereiro: actividades en funcionamento 31, cobran regularmente as taxas.


a.1.15. Sobre a actuación dun membro de Protección Civil de Cabanas o pasado 9 de agosto, a súa contestación en Pleno non deixa lugar a dúbidas, a suposta farola ía boa que estaba alí e o dispositivo servíalle a unha obra privada, así o comprobou o portavoz municipal persoalmente por chamada de varios veciños. O seu nerviosismo ante a pregunta do BNG traizoouno e encerellou o conxunto da Agrupación local coa actuación dun dos seus membros, feito que lamentamos dobremente. Para desencerellar a súa resposta está a ordenanza local e mais o Decreto 56/2000 que establecen que "Tódalas actuacións que realice a AVPC en materia de protección civil no ámbito local serán sempre autorizadas e coordinadas, ou, se é o caso, dirixidas pola autoridade local correspondente". Deixe de encerellar e conteste concretamente, non se faga cómplice. Ten coñecemento do desprazamento que lle describimos? Quen o autorizou? Vainos trasladar copia da suposta acta de actuación?.


Resposta Sr.Alcalde: aquí temos a sensación de que o seu interese é torpedear e entorpecer o traballo da AVPC, busca que a disposición non sexa áxil e operativa, parece empeñado en facer complicado o traballo poñendo sempre trabas, no anterior pleno xa ensinou o parte de actuación, non lle vai dar copia.


a.1.16. A confusión entre intereses privados e públicos é negativa para unha democracia sa e modema. A praxe cuestionable do rexedor na merca dun vehículo a unha empresa coa que a súa compañía ten relación directa como sucursal vese agora acrecentada por unha contestación claramente encubridora que deixa moito que desexar. No proceso que leva a ditar o decreto 276/2011 de 15 de setembro o rexedor e socio de Motor Racing SL, sucursal da adxudicataria Gonzacar SL, tiña o deber legal de abstención. Pódelle explicar á Corporación por que non se abstivo de intervir no procedemento negociado sen publicidade de adquisición dun vehículo para labores ambientais?.


Resposta Sr.Alcalde: vaille explicar literalmente como é a lei e como son os artigos para que non quede dúbida — intervén a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita e o Sr.Presidente ordénalle que abandone o pleno — da lectura ao artigo 49.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público que establece as persoas físicas ou administradores que non poderán contratar co sector público, indicando que como alcalde non é accionista nin administrador de Gonzacar S.L., nin ten ningunha outra empresa contratista ou subcontratista de contratos financiados total ou parcialmente polo concello de Cabanas polo que non concorre causa de incompatibilidade, é máis, Motor Racing S.L. tampouco é accionista nin administrador de Gonzacar S.L. polo tanto non concorre ningunha causa de incompatibilidade que fundamente a abstención do alcalde de Cabanas, que neste caso son eu, no contrato para adquisición dun vehículo para labores ambientais.


a.1.17 Rogo. Pregámoslle que responda, por respecto á veciñanza, claramente as preguntas que facemos os veciños e o BNG, en exercicio da democracia participativa que polo que se comproba o PP ignora.


b) Preguntas orais.


b.1.Grupo BNG. Intervención do portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña.


b.1.1. ¿Poderíanos explicar cando ten previsto o concello de Cabanas cumprir o seu compromiso coa Consellería de Educación e tamén coa comunidade escolar de arranxar a fronte do colexio público de Porto?


Resposta Sr.Alcalde: está previsto si todo vai ben e o tempo o perrnite nas vacacións de Navidade.


b.1.2. Cando chegamos aquí ao concello comprobamos que unha das farolas novas está sen capuchón e ademais ten os cables ao aire, e cal é o motivo de que estea nesas circunstancias?.


Resposta Sr.Alcalde: un golpe que lle deu un coche.


b.1.3. ¿Que medidas van adoptar?.


Resposta Sr. Alcalde: estase a espera de que o seguro a repare.


b.1.4. O 19 de outubro tivo entrada neste concello un escrito da QG pola que se lle advirte dunha serie de normativa que ten que cumprir o concello de Cabanas para a posta en marcha da embarcación que queren utilizar para os paseos pola ría, ¿vai dar cumprimento a estas consideracións que presenta aquí a CIG ?.


Resposta Sr. Alcalde: vamos cumprir a lexislación vixente que sexa para ese caso.


b.1.5. ¿Cal foi o motivo de que na nova praciña do cruceiro se abrise coa radial unha marxe desa praza e déixase un cano polo que pode un pequeno ou calquera persoa que pase por alí sufrir un dano, evai a quedar así, porque entendemos que non é a maneira máis idónea de deixalo ?.


Resposta Sr.Alcalde: sería raro que estivera adecuado, non queriades que se puxera o cruceiro nese sitio, os edificios están feitos como están e as beirarrúas están a nivel por iso houbo que facer esa obra.


b.1.6. Rogo. Que procedan a limpeza do vertedoiro do Portiño que está xusto debaixo da autoestrada na parroquia de Irís polo camiño da beira do mar, ali hai de todo, pedímoslle que tomen nota e desapareza o antes posible.


b.1.7. Rogo. Que se reconsidere a colocación dos bancos na praza do cruceiro porque están diante xusto do acceso a unha vivenda.


Resposta Sr.Alcalde: hai un acceso peonil que entran perfectamente, non ten vado nin nada e entra un turismo sen problema, por encima da beirarrúa non pode entrar outro tipo de coche.


b.1.a. Pregunta concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Cando vai tratar de arranxar un pouco o camiño de Ventín que está esbarrancado pola auga, xa o reiterou en varias ocasións e quere que lle concrete cando vai enviar unha cuadrilla para que non se meta a auga polo medio e desfaga todo?.


Resposta Sr.Alcalde: cando o tempo o permita.


b.1.b. Rogo concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Que se adopten as iniciativas oportunas para garantir que o sinal da TDT acade o 100% da cobertura no municipio porque hai zonas de sombra tal como puidemos observar nos escritos que chegaron á Xunta de Gobemo.


a.1.a. Pregunta concelleira D a. M a. Teresa de Jesús García Pita. O muro que hai debaixo do tren onde une a praia de Cabanas e o río está derruído Por qué non se lle comunica a Costas que o amañe?.


Resposta Sr.Alcalde: A area non creo que a poidamos tocar nos, o muro comprobarase como está.


b.2. Grupo Mixto. Intervención do concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira.


b.2.1. Quedoulle a dúbida sen concretar do pleno anterior sobre o borrador de convenio no punto 3° onde se fai referencia as contías, pódeme clarificar eses 130 euros para espazos para enterramentos que significa?


Resposta Sr.Alcalde: pois si falece unha persoa nesa parroquia que non ten sitio para ser enterrada, ese cemiterio ten un espazo para poder enterrala, normalmente tódolos cemiterios o teñen.


b.2.2. O arquivo municipal, está xa catalogada a documentación?, t Alguén que queira consultalo para calquera estudo ten acceso a el, está catalogado, está inventariado?.


Resposta Sr.Alcalde: a parte que está inventariada si, no ano 2009 fíxose un traballo, non hai problema, hai que presentar solicitude por rexistro.


b.2.3. Onde se atopa o arquivo?


Resposta Sr.Alcalde: aquí abaixo.


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e corenta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.V° e Prace,


O Alcalde, O Secretario,

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 28 DE DECEMBRO DE 2011

Concelleiros asistentes: (PP) Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. JuanA. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julián Ramón Seijas Criado. (BNG) D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª. Teresa de J. García Pita. (AEC) D. José C. ReyGarcía. D. Luis A.Fachal López. (PSOE) D. Delfín Feal Pereira.

     No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e oito de decembro de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste a concelleira Dª. Eva Mª. Pazos Bande por maternidade.

1.- ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dada conta da acta de sesión anterior realizada o día 14 de novembro de 2011, da cale entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, e despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación; non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes, acorda aproba-la referida acta.

2.- MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO, POSTO DE ARQUITECTO TÉCNICO. Vista a proposta que presenta a Alcaldía para modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), posto de arquitecto técnico deste Concello, pasando de xornada completa a media xornada, coa conseguinte adecuación da súa remuneración salarial á nova condición, así como, ditame da comisión de Facenda e informe de Secretaría.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que na proposta alúdese á situación económica e non se concretan cantidades, pide que os representantes do partido popular digan os cambios con respecto a exercicios anteriores, a referencia xenérica non xustifica ese recorte e están atacando unha das principais funcións dun concello; indica que para área de urbanismo hai un informe do Consello de Contas cunhas recomendacións determinantes, onde se sinala que o concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito ao estatuto funcionarial, recomenda reforzar con persoal cualificado as labores de disciplina urbanística, inspección, reposición legalidade, réxime de infraccións e sancións, etc. e agora resulta que vostedes veñen a recortar un área onde xa o Consello de Contas recoñecía a necesidade de consolidación, tamén ese informe fala dunha unidade específica urbanística, inspección periódica de construcións que é obrigatoria en función de antigüidade, por todo elo piden máis explicacións que as que achegan na folla da proposta.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López considera que non está xustificada de ningunha das formas a redución da xornada do posto de arquitecta técnica municipal segundo os datos aportados polo grupo de goberno do partido popular, na comisión de facenda foron solicitados datos concretos polos tres grupos da oposición, pediuse cal era a redución do gasto e as supostas novas atribucións que tería ese posto e non deron ningún dato, incluso dixeron que era debido en parte a sentenzas anteriores coma o caso de Elpidio que resulta incoherente cando o Concello ten que nomear un técnico responsable, tamén falaron dunha redución do 50% nas licenzas, dato tamén incoherente como logo se verá; o concello é unha institución pública baseada nunhas leis que se intentan obviar, non se fai unha nova valoración do posto de traballo e das novas atribucións, simplemente se modifica a media xornada por elo piden máis explicacións.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo co dito polos portavoces anteriores, na comisión de facenda non se lles deu explicacións e as consideracións que fan na proposta para xustificar a redución da xornada lle parecen peregrinas, a arquitecto técnico ten moitas funcións e hai moitos traballos que podería facer, con esta redución de xornada o aforro de habelo vai ser insignificante, alude ao punto cinco do informe do Secretario sobre criterios de racionalidade, interese público que non pode dar lugar a desvío de poder ou sanción, tamén esixe unha valoración segundo o convenio laboral como xa explicaron os anteriores portavoces, parécelle unha sanción encuberta e unha descapitalización tanto técnica como humana que nalgún momento vai ter que ser suplido por un servizo externo moito máis caro.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez manifesta que tal como se verá no orzamento están estudando liña a liña a redución de gastos do Concello, no capitulo de persoal a redución é do 21,54 % e un dos postos que se veu en función da carga de traballo é o de arquitecto técnico, a crise afectou especialmente ao urbanismo,  da conta das cifras de recadación en 2011 do ICIO onde se reduce nun 72 %, licenzas urbanísticas cunha redución do 50%, e cédulas de habitabilidade e 1ª ocupación onde a redución é do 84 %; sinala que hai unha redución importante da carga de traballo que viña realizando a arquitecto técnico á que se suma a adhesión deste Concello a APLU co cal tódalas licenzas urbanísticas en solo rústico, solos urbanizables e núcleos rurais delimitados no planeamento urbano vanse levar a cabo por esta Axencia; o grupo de goberno xa está a reducir gastos en tódolos departamentos, alude a que non se cubriron baixas de traballadoras por maternidade, defuncións ou doutros traballadores de longa duración como en servizos sociais; en relación co alusión que fixeron ao informe de Intervención sinala que é así, trátase dunha actuación con verdadeiros criterios de racionalidade e obxectividade, o fácil sería non facer nada.

O Sr.Pérez Sardiña despois de que a Presidencia lle indicase que dispoñía de dous minutos en segunda intervención, critica que ese sexa o tempo que lle merece unha familia, un recorte contra unha persoa que non está xustificado, os datos que deron das licenzas non coinciden cos acordos da XGL, queren xustificar o inxustificable, as recomendacións do Consello de Contas merecen máis credibilidade, é unha decisión persoal, non política, que toma unha persoa, por iso o BNG vai votar en contra, queren enganar con argumentos falsos e facendo unha represalia contra unha persoa que desenvolve o seu traballo dignamente e de xeito solvente, cousa que polo visto non é do seu agrado.

O concelleiro de AEC, D. José C. Rey García di que leva moitos anos no concello e nunca se tomou unha decisión tan desproporcionada; no desempeño do seu cargo antes de ser alcalde, cando foio alcalde e na lexislatura anterior con motivo do mal entendemento da Alcaldía coa aparelladora, tocoulle de levar asuntos deste posto de traballo e coñece moi ben as súas funcións, os informes das licenzas son solo unha parte do traballo, dálle a impresión que coñecen pouco o traballo que realiza senón non farían esta proposta que retiraría da orde do día, é unha cousa moi grave e estase xogando co posto dunha persoa que non sabemos as consecuencias que pode producir.

O Sr. Feal Pereira insiste nas competencias da arquitecto técnico, as que ten e as que lle queira encomendar a Alcaldía ou o grupo de goberno, é unha descapitalización humana é técnica que este concello non se debe permitir, as consideracións económicas son baldías e non se sosteñen, vaise perder un servizo técnico dispoñible a calquera hora que non vai custar máis do seu soldo mensual, logo habería que pedirllo a asesoría externa por máis diñeiro, como se expuxo aquí están intentando xustificar o inxustificable e o partido socialista vai votar en contra.

O Sr. López Rodriguez en canto a que non lle parezan razoables, xustificables os datos postos encima da mesa, indica que son absolutamente reais, as alegacións de faltos de fundamento do grupo BNG poden contarllo aos traballadores que cobren as baixas doutros do seu departamento e o traballo ten que saír, en ningún caso poñen en dúbida o traballo nin a profesionalidade de ningún traballador, tampouco o desta traballadora, tamén aclara ao concelleiro do PSdG-PSOE que antes de tomar esta decisión, antes de vir ao Pleno, se fixeron ofrecementos doutras funcións para este posto sen que se puidera chegar a un acordo por iso se ven obrigados a ter que traelo aquí ao Pleno.

O Sr.Alcalde aclara que non se cancela a praza, queda a media xornada, temos un técnico superior que é un arquitecto tamén a media xornada co concello da Capela, non se cancela a praza, por problemas de traballo se reduce esa praza a media xornada e a modificación desta praza suponlle ao concello uns vente mil euros anuais de aforro que era un dato que dicían que non se lle daba e agora llo concreta.

Sometido o asunto a votación ordinaria resultan cinco votos a favor dos membros do grupo popular e cinco en contra dos membros dos grupos BNG, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, producíndose empate realízase unha nova votación obtendo o mesmo resultado, a vista do cal o Sr.Presidente co voto de calidade decide a favor da aprobación da proposta, co seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación do posto de arquitecto técnico, na Relación de Postos de Traballo pasando de xornada completa a media xornada, coa conseguinte adecuación da súa remuneración salarial á nova condición.

Segundo. Expoñer ao público a mencionada relación, durante o prazo de quince días hábiles a contar desde o seguinte o da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados poderán examinala e presenta-las reclamacións ante o Pleno. Dita modificación da RPT considerarase definitivamente aprobada se no devandito prazo non se presentaran reclamacións; no caso contrario, o Pleno disporá do prazo dun mes para resolvelas.

Terceiro. Unha vez aprobada definitivamente a mencionada modificación, a Relación de Postos de Traballo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e remitirase copia á Administración do Estado e ao órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.- ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2012. Dada conta polo Secretario do expediente tramitado para aprobación, no seu caso, do orzamento municipal formado para o exercicio de 2012 polo Sr. Alcalde deste Concello de acordo cos requisitos que sinala a lexislación vixente no que constan os documentos que establecen os artigos 165, 166, y 168 e concordantes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, cadro de persoal coa relación de postos de traballo, informe de intervención e ditame  da Comisión de Facenda.

O Sr.Presidente informa que pola importancia do asunto os grupos dispoñen de dez minutos para a primeira intervención e cinco minutos para a segunda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita opina que os orzamentos son o documento de acción de goberno do ano, en principio deberan contar coa oposición porque todos son votados polo pobo, tampouco fan caso das suxestións de aforro, critica as manifestacións de aforro por non cubrir prazas, pois o concello ten uns servizos que cumprir e sen persoal non pode realizalos,  estamos en crise e co desemprego que hai en Cabanas debían cubrirse esas prazas, non observan intención de aforro e logo veñen as modificacións, non hai baixas nos gastos dos órganos de goberno nin falan de abaratar os servizos e deixarse de nepotismos.

O portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña alude aos recortes do partido popular nestes orzamentos que non axudan a superación da crise, cando o persoal, principal activo do concello, é o primeiro prexudicado; as decisións do grupo de goberno van en contra de calquera recuperación, e o BNG está en contra de que os veciños sufran as deficiencias da mala situación económica que podían asumir as arcas municipais, o persoal é insuficiente para desenvolver as obrigas básicas do municipio establecidas por lei, este goberno nútrese de asesorías para funcións non básicas e prescinde de persoal en  funcións necesarias e obrigatorias, este orzamento debía estar precedido por un plan de reequilibrio económico financeiro e pregúntase por que lle teñen medo, por qué non aplican ese recorte no seu peto, dende o 2007 soben os impostos para cumprir unhas cuestións que non foron capaces de resolver en cinco anos, os concelleiros do partido popular valen para votar culpas pero non para asumir a súa responsabilidade e resolver as cuestións, recorda que hai cinco anos falaron da igualdade ante a lei, frase bonita pero que non aplican, senón farían cumprir a lei urbanísticas e unha xestión que non cree maiores problemas ao deixar os servizos sen persoal.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López considera que o grupo de goberno ten a potestade e responsabilidade de elaboración dos orzamentos, neste caso o fan solos, e a labor da oposición é auditalos; en canto a ingresos alude ao mantemento da consignación no capítulo un, nos capítulos dous e tres está o tema de urbanismo mantéñense en contías aproximadas do exercicio anterior polo tanto ou este orzamento está inflado ou a redución da que falaba o portavoz do grupo popular na modificación do posto da aparelladora é unha mentira, nos capítulos catro e cinco a consignación e semellante ao ano anterior, a vista delo Cabanas non está en crise, nos capítulos sete e nove acabouse o plan E e volven coas operacións de crédito que non se puideron ou non souberon xestionar no 2011; en canto a gastos destaca que o capítulo dous de gastos correntes en bens e servizos auméntase nuns 60.000 euros, sen embargo debíase reducir, sobre todo en festas, redúcense os programas de muller, considera insuficiente a contía de xuros, e no tema de Aquagest gustaríalle que foran máis responsables e falaran antes todos deste tema, hai unha caída de investi-mentos e redución da contía para execución da sentenza do Penso polo supón será solo para obra e debía haber algo para indemnizacións, opina que non existe redución nos órganos de goberno e si existe é menor do 5%, debía de reducirse este gasto, insistindo na redución do gasto ordinario.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que orzamento ao final ven a ser unha determinación da orientación política que se lle queira dar ao Concello, observa unha redución en servizos sociais, emprego, comercio e turismo, infraestruturas e sen embargo nos órganos de goberno hai un incremento nas partidas de gasto, para asistencia a pleno e órganos colexiados a contía é a mesma reducíndose a dos grupos políticos; na política de gasto vese claramente por onde vai e parece que non estamos en crise, polo que se ve non importa a caída nas partidas de comercio e pymes, infraestruturas e emprego, recorda que o portavoz popular xa dixo que o incremento do paro en Cabanas non era significativo; no tema de ingresos chócalle que os ingresos por operacións correntes sexan practicamente igual que no 2011 o que ven dicir que hai un abandono de funcións, si hai unhas obrigas que cumprir non se deben aumentar os ingresos solo por vía impositiva hai moitas políticas que se poden levar a cabo sen aumentar a carga impositiva, xa sabe que sairán co tema do Penso pero recorda que pediu unha comisión informativa especial para entre todos achegar unha solución que non foi aceptada; facer os orzamentos é potestade do grupo de goberno pero tamén é unha cortesía contar cos grupos da oposición pois toda achega é positiva.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que tal como consta no informe de Intervención se presenta un orzamento sen déficit inicial, as bases de execución conteñen as disposicións para unha adecuada e correcta xestión e logo fala do equilibro orzamentario, hai que ter en conta que o gasto vai no capitulo 6 e o ingreso do crédito no 9; logo refírese aos gastos destacando o aforro, en gastos de persoal un 21,53%,  dentro do cal o relativo a órganos de goberno redúcese nun 18,12%, en bens correntes e servizos redúcese nun 7,98%, princi-palmente en mantemento e conservación, subministracións  e gastos diversos, no capítulo 3 gastos financeiros queda igual que no 2011, o capítulo 4 é o único que se incrementa debido a débeda acumulada de Aquagest que seguirá moitos anos, no capítulo de investimentos reais redúcese nun 40,14 %, no capítulo 7 transferencias de capital a redución é do 64,59% e no capítulo 9 redúcese nun 64,59% porque agora mesmo non hai débedas, polo tanto o BNG non leu  os orzamentos, hai pouco persoal pero non poña en dúbida a súa capacidade, profesionalidade e capaz de acometer tódalas funcións inda con baixas sen cubrir; non ocultan nada aos veciños e estanse a resolver cuestións do pasado; en canto a ingresos non sabe que orzamentos mirou a AEC pois hai unha redución do 18,28%, en canto a emprego aclara que nunca dixo que o paro en Cabanas non fora significativo senón que fora moito menos que o comparado con outros concellos, coa Comunidade Autónoma ou con España, non é de recibo que teñan que seguir arranxando danos do pasado

A Sra. García Pita critica a opinión do portavoz popular sobre o persoal, considera que non hai un aforro, e non se poñerán de acordo, que non intente disfrazar os conceptos, saben que non van aforrar e vai haber modificacións, falan dunhas cousas e van facer outras.

O Sr.Pérez Sardiña manifesta que o ano pasado dixeron unha cousa e este ano din o que lles parece, están aí para resolver os problemas e si non son capaces poñan outra cousa no programa electoral, presentáronse diante da cidadanía dicindo que ían resolver o problema do Pidio e para iso soben os impostos, ou Aquagest onde vostedes son os que máis débeda crearon e que agora lles acaba de reclamar, non son capaces de resolvelo, o ano pasado a Sra. Gayoso dixo que eran orzamentos nivelados, austeros e executables e resulta que non resolveron os problemas, volven co mesmo porque non teñen capacidade de facelo, solo votándolle a culpa aos demais coma no patio do colexio, protesta por facer comentario o Sr.Alcalde, fala de que non aplican recorte nos gastos do equipo de goberno, levan o 90% da consignación máis as asesorías,  empecen a aplicar recortes por vostedes, a austeridade remata onde empeza o peto do grupo de goberno do partido popular.


O Sr. Fachal López di que ao final non entendeu nada da explicación do portavoz popular con tanto porcentaxe, pero dáse conta dunha cousa, en órganos de goberno son 103.000 euros, reducindo un 20% xa non habería que poñer a media xornada a aparelladora e cre que tódolos grupos da oposición estarían de acordo, xa dixo aquí nun pleno de reducir o 50% - hai intervención da Sra.Gayoso Pereiro e o Sr.Presidente ordénalle silencio – insiste na contradición dos datos que deron sobre o urbanismo, o problema da concesión de crédito para execución da sentenza e no que se vai facer, informe de estabilidade e que non ve o aforro que din, vostedes teñan a maioría para aprobar o orzamento pero gustaríalle saber que van a facer para conseguir o crédito.

O Sr. Feal Pereira insiste nos datos da clasificación do estado de gastos por programas, resumo por políticas de gasto, os ingresos están a nivel do ano pasado e pódese facer mellor política para conseguir máis ingresos sen subir as taxas, necesítase o PXOM posto a andar, hai a execución dunha sentenza e pódense obter mellores condicións de crédito, reitera que co desenvolvemento de Cabanas se poden obter máis ingresos por vehículos, poboación, licenzas, etc, sen incrementar a carga impositiva, solo hai que reorganizarse dentro do concello, agora posiblemente se vote en falta e se pida outro plan E tan criticado nos últimos anos.

O Sr. López Rodriguez opina que é unha pena que non entendan as porcentaxes porque dificilmente poden entender o orzamento, fala das cifras de gastos e ingresos e redución con respecto a 2011 nunha porcentaxe do 26,1 %, é un esforzo de austeridade e de rigor necesario pola conxuntura económica, a redución máis importante recae sobre infraestruturas e a menor en servizos sociais, sanidade, educación e cultura con apenas 1%, si se restan os gastos do Penso e Aquagest estaríase en gastos inferiores a 2010, en canto ao crédito estase en mellor situación porque se presenta un orzamento equilibrado en gastos e ingresos, con redución de gastos con respecto a 2010 o que supón un esforzo importante que vai ser valorado polas entidades financeiras que teñen que dar o crédito.

Debatido o asunto sométese a votación ordinaria resultando cinco votos a favor dos membros do grupo popular e cinco en contra dos membros dos grupos BNG, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, producíndose empate realízase unha nova votación obtendo o mesmo resultado, a vista do cal o Sr.Presidente co voto de calidade decide a favor da aprobación adoptándose o seguinte acordo:

1º.-Aprobar inicialmente o orzamento municipal para o exercicio 2012, con un importe total tanto en gastos coma en ingresos de tres millóns catrocentos sesenta e  nove mil seiscentos corenta euros (3.469.640,00 euros)  co seguinte resumo por capítulos:

ESTADO DE GASTOS:

Capítulo    Denominación,     Consignación

    A) Operacións correntes    

1    Gastos de persoal    857.680,00

2    Gastos en bens correntes e servicios    1.325.465,00

3    Gastos financeiros    1.100,00

4    Transferencias correntes    72.600,00

    B) Operacións de capital    

6    Investimentos reais    958.220,00

7    Transferencias de capital    238.575,00

8    Activos financeiros    00,00

9    Pasivos financeiros    16.000,00

    Total gastos    3.469.640,00

ESTADO DE INGRESOS:

Capítulo    Denominación    Consignación

    A) Operacións correntes    

1    Impostos directos    803.200,00

2    Impostos indirectos    80.000,00

3    Taxas e outros ingresos    401.400,00

4    Transferencias correntes    1.108.945,00

5    Ingresos patrimoniais   &nbspnbsp;4.100,00

    b) Operacións de capital    

6    Alleamento de investimentos reais    00,00

7    Transferencias de capital    143.301,00

8    Activos financeiros    00,00

9    Pasivos financeiros    928.694,00

    Total ingresos    3.469.640,00

2º.-Aproba-las bases de execución do mencionado orzamento.

3º.-Aproba-lo cadro de persoal para 2012 e relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral incluídos no mesmo, coa valoración correspondente de niveis, retribucións complementarias e características.

4º.-Someter a información pública o orzamento aprobado polo prazo de quince días hábiles, a efectos de reclamacións, segundo dispón o artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

5º.-No suposto de non presentarse reclamacións contra o devandito orzamento e cadro de persoal, consideraranse definitivamente aprobados debendo cumprirse o trámite da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, do resumo por capítulos xunto co cadro de persoal, de acordo co disposto nos artigos 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril e 169.3 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

6º.-Remitir copia do orzamento mencionado á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma de Galicia.

4.- RATIFICACIÓN ACORDO TERREOS PARA EXECUCIÓN DA OBRA MELLORA DE SEGURIDADE VIAL EN C.P. 1502, PORTO A LARAXE, PK. 0,0 A 1,1 CABANAS. Visto que con data 20 de xaneiro de 2010 o Pleno da Corporación aprobou o proxecto modificado nº 1 de “Mejora de seguridad vial en C.P. 1502 Porto a Laraxe, P.K. 0,0 al 1,1 Cabanas” de acordo coas Bases de Colaboración entre a Deputación Provincial de A Coruña e os Concellos para a execución dos proxectos que se incluirán nas distintas fases do Plan de Travesías 2008-2011 (BOP 57 , 8-3-2008), achegándose a correspondente  documentación a Deputación Provincial.

Visto o compromiso do concello de aboar as contías para trámites de adquisición de terreos que non se obtivese a cesión amigable e visto a relación de firmas de conformidade coa ocupación de terreos de forma amigable recollidas aos afectados, é necesario poñer os terreos a disposición da Deputación Provincial para que proceda a execución das obras, a tal efecto con data 29 de setembro de 2010 o Pleno da Corporación acordou facer constar a dispoñibilidade da totalidade dos terreos afectados pola execución da citada obra, así como, poñelos a disposición da Deputación Provincial para que proceda a súa contratación.

Visto o escrito que achega a Deputación Provincial dando traslado doutro presentado por D.Eugenio Cabana Piñeiro e outros no que manifestan a desconformidade co proxecto e ocupación das súas propiedades, e visto que con posterioridade asinouse un convenio polo concello de Cabanas con ditos propietarios para permiti-lo inicio das obras.

Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros presentes, acorda ratificar o acordo adoptado en data 29 de setembro de 2010 quedando nos seguintes termos:

1º. Facer constar a dispoñibilidade da totalidade dos terreos afectados pola execución do proxecto modificado nº 1 de “Mejora de seguridad vial en C.P. 1502 Porto a Laraxe, P.K. 0,0 al 1,1 Cabanas”.

2º. Poñer a disposición da Deputación Provincial os referidos terreos co obxecto de que a Deputación Provincial proceda a contratación da execución das referidas obras.

 Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte e unha horas e dez minutos da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.


Acta da sesión ordinaria do pleno de Cabanas do día 25 de xaneiro de 2012

Asistentes:

GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. 

GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.

GrM AEC D.José C. Rey García D. Luis A. Fachal López

GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e cinco de xaneiro de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación Don Antonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.


Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


PARTE RESOLUTIVA.


1.- ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dada conta da acta de sesión anterior realizada o día 28 de decembro de 2011, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, a Presidencia pregunta se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda aproba-la referida acta.


2.- MOQÓN DO GRUPO BNG CONTRA A SUBA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES DEQDIDA POLO GOBERNO DO ESTADO. Vista a moción presentada polo grupo BNG sobre o incremento do Imposto de Bens Inmóbeis de Natureza, e cuxa exposición de motivos aluden a suba dos tipos de gravame do IBI que aprobou o goberno Central a través do Real Decreto-Lei 20/2011 e que afecta gravemente aos concellos galegos nos que máis do 70% fixeron a última valoración catastral antes de 2002. A medida bota por terra as previsións que fixeron os concellos na actualización de taxas e impostos e agora os seus habitantes veñen a sufrir unha nova suba; esta medida supón un ataque a autonomía local xa que son os concellos os que teñen a posibilidade de fixar os tipos impositivos do IBI, vai repercutir gravemente na economía das familias, resulta inoportuna e escapa das súas responsabilidades de reforma do financiamento local, existe tamén a alternativa de incremento da PIE, recoñecemento de criterios específicos para Galicia e cesión de novos tributos para que os concellos equilibren os seus orzamentos con responsabilidade fiscal.


Por todo o exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:


1. Manifestar o rexeitamento ao incremento do tipo de gravame do IBI que figura no RDL 20/2011 por se tratar dunha medida absolutamente inxusta que invade as competencias dos concellos e obriga a unha política impositiva onerosa para as economías da cidadanía.


2. Instar ao Gobemo Central á retirada do incremento do IBI fixado polo RDL 20/2011.


3. Solicitar do Presidente da Xunta de Galicia a:


a. Instar do Gobemo do Estado á retirada do incremento do IBI fixado no RDL 20/2011.


b. Instar do Gobemo do Estado a proceder a unha reforma urxente do financiamento local, de tal xeito que se incremente a contía de participación nos ingresos do Estado por parte dos concellos e dita participación se integre plenamente nos orzamentos da Xunta de Galicia. Tendo en conta nos criterios de reparto o maior custe dos servizos no noso país, derivado da dispersión poboacional e do envellecemento da mesma.


c. Impulsar un Plan de Financiamento Local coa cesión de novos tributos e capacidade normativa sobre os mesmos, así como medidas para a mellora efectiva da loita contra a fraude fiscal.


4. Dar traslado deste acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, Presidente do Gobemo do Estado e portavocías dos grupos parlamentares do Parlamento galego.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez sinala que o IBI é un recurso de natureza tributaria propio das Entidades Locais, un imposto obrigatorio segundo o Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o TRLRFL, queda reflectida a autonomía local en poder ditar normas propias mediante a ordenanza fiscal reguladora nos supostos que recolle dita norma; é un imposto que recada integramente o concello para o seu financiamento, afectando a bens do territorio municipal. A suba dos tipos de gravame prexudica aos cidadáns dos concellos que son as administracións máis próximas e os servizos que prestan veranse reforzados con estes recursos para saír da crise, alude aos tipos de gravame que establece o artigo 72 do TRLRFL e que a suba aprobada polo Gobemo está en función do ano de revisión catastral, afectando minimamente aos casos coma o concello de Cabanas onde a revisión se fixo en 2008, pasando do 0,55 ao 0,57, non é unha presión fiscal excesiva, nunca poderá superar o tipos máximos establecidos e limitada a dous anos; esta modificación trata de contribuír a suficiencia das facendas locais; indica tamén a ampliación de prazo para devolución de liquidación negativa da participación nos tributos do Estado, hai un compromiso do gobemo co financiamento local moi lonxe do comportamento demagóxico do BNG que no mesmo escrito solicita a reforma e o mesmo tempo critica as medidas.


D a. M. Teresa de Jesus García Pita, concelleira do grupo BNG critica que o representante do grupo popular tivera que ler, unha cousa é lelo e outra entendelo, pois dixo que como o IBI grava uns bens que están dentro do concello tiña que ser un imposto local, o suxeito pasivo do IRPF tamén vive no concello, moitos traballan no concello e non por iso é un imposto local, pídelle que escoite porque non hai contradicións, estamos en época de crise non se pode gravar a xente desa maneira, miren polos veciños e non polo seu xefe.


D. Xosé Manuel Pérez Sardiña portavoz do grupo BNG manifesta que unha vez máis o PP carga a crise sobre os de abaixo e non se atreve en ningún caso a tocar aos reais culpables desta crise, seguramente seguirase vendo bastante tempo porque parece que teñen problemas para resolver algo que dixeron ían resolver nada máis chegar ao goberno, terán que explicar que están facendo.


O Sr. López Rodriguez aclara que entendeu a situación, están falando de que é un imposto local porque todo o que se recada vai para o concello, non é un imposto estatal ou autonómico que haxa que repartir; teñen que rexeitar esta moción tal como está pero é posible aceptala si os acordos quedan no relativo ao apartado de instar ao gobemo de España para que proceda a unha reforma do financiamento local, con ese apartado estarían de acordo.


O portavoz do grupo BNG, Sr. Pérez Sardiña entende que a proposta é concreta e polo tanto cobra sentido segundo a exposición, os acordos son tal como están, unha parte sen a outra non ten sentido.


Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeitar a referida moción.


3.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE AS GARDAS NOCTURNAS DE OFIQNAS DE FAMACIA. Dada conta a da moción presentada polo grupo BNG sobre as gardas noctumas das oficina de farmacia, na que aluden á modificación da Lei de ordenación farmacéutica polo Parlamento de Galicia cos únicos votos do partido popular, que permite eliminar as gardas nocturnas das oficinas de farmacia en determinadas circunstancias, entre outras, cando non existe PAC no concello. O BNG votou en contra deste recorte sanitario ao considerar as farmacias un servizo complementario das prestacións dos centros sanitarios; os únicos argumentos do gobemo autonómico son económicos pola baixa do nivel de beneficios coas medidas de redución do gasto farmacéutico, esta medida afecta directamente a poboación rural e constata que o goberno galego do PP non asume a obriga de garantir á poboación galega uns dereitos iguais e independentes do lugar de residencial. Este peche aparte dun trato inxusto e desigual para as persoas que residen nos concellos afectados, provocará maior acceso aos servizos de urxencias para problemas que se podían resolver nas farmacias que agora pechan, só é unha cesión aos empresarios das oficinas de farmacia que agora pechan.


Por todo isto, propóñenlle ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:


1. Instar á Xunta de Galicia a que utilice as súas competencias para que na reorganización que se realice das gardas noctumas das Oficinas de Farmacia se garanta o servizo en todos os concellos galegos.


2. Comunicar este acordo ao Presidente da Xunta de Galiza e ás portavocías dos grupos parlamentares do Parlamento galego.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez alude a aprobación polo Parlamento Galego da modificación da lei de ordenación farmacéutica que permite organizar gardas das oficinas de farmacia con criterios de poboación, existencia de PAC e a demanda nos distintos tramos de garda, pretende manter a cobertura asistencial e evitar prexuízos nalgunhas farmacias con gardas sen apenas servizos, pois aos usuarios se lle facilitan as primeiras doses no PAC ou acoden a farmacia do concello do PAC; está de acordo en que as farmacias prestan un servizo sanitario importante na educación sanitaria, información aos pacientes e vida saudable, servizo que non debe derivar nunha intrusión profesional, nin valoración de cadros clínicos nin prescrición de fármacos, resulta demagóxico defender que se produciría maior acceso ao servizo de urxencia, o problema de saúde nocturno que necesita urxencia ou non é tal ou poucas veces vai poder resolverse na farmacia sen caer na intrusión profesional, igual de demagóxico é dicir que non se garanten os dereitos da poboación por igual, o importante é que o cidadán teña garantido e dispoñibles os servizos sanitarios situados con criterios de equidade e de eficiencia máis alá dos criterios localistas.


Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, concelleira do grupo BNG indica que están a falar dun servizo sanitario mínimo, a vostedes por un están preocupándose polos beneficios dos farmacéuticos e por outro aásanos de intrusión profesional, hai que saber distinguir, moitas veces a xente vai con preguntas que se resolven a través da farmacia pero non se mete en intrusión profesional, preocúpalle que a xente careza deste servizo e vostedes miran para onde non deben.


D. Xosé Manuel Pérez Sardiña portavoz do grupo BNG manifesta que en Cabanas a farmacia realiza as gardas con Pontedeume, pero hai moitos veciños de zonas de Cabanas que van a urxencias de Fene por proximidade, por iso se fala de discriminación xeográfica, e Fene vai quedar sen farmacia de 24 horas, pide solidariedade e que se deixen de apelar a demagoxias.


O concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira considera que a farmacia é un punto importante dentro da atención primaria, a xustificación do portavoz do PP para redución de horarios das farmacias é simplemente económico, e iso é inaceptable, que digan que hai outras farmacias ou que non hai vendan é dicir que vostede non sabe o que é unha urxencia, a urxencia pódese dar ou non pero hai que dar un servizo por si existe, isto é unha mostra de como o PP intenta privatizar e buscar solo a parte económica en sanidade, educación, etc.


O Sr. López Rodriguez indica que están falando das gardas de urxencias das farmacias en xeral en Galicia, pero neste concello hai unha sola farmacia e a situación vai seguir como estaba, é dicir aberta 365 días do ano co sistema de gardas que viña realizando, preocúpalle o que pasa en Cabanas e por iso falou coa farmacéutica, vai seguir co réxime de gardas que viña realizando coas farmacias de Pontedeume, deben informase antes.


Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeitar a referida moción.


PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.


8.- INFORMES DA PRESIDENQA.


a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 335 do 24-11-2011 ata a número 006 do 20-01-2012.


MOCIÓNS DE URXENCIA.


A) O portavoz do grupo BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña presenta unha moción de urxencia relacionada coa situación que neste momento teñen os refugallos asfálticos traídos de Holanda e localizados en San Lourenzo, a urxencia ven dada polo agravamento de agresións ao medio ambiente e tamén á saúde das persoas, así mesmo, esixen a apertura dunha investigación para determinar a comercialización deses refugallos no termo municipal.


O Sr.Alcalde entende que non é urxente porque están tramitados tódolos documentos que hai que tramitar.


Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con tres votos a favor dos membros do grupo BNG, e o concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular, e dias abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la urxencia da moción.


B) O portavoz do grupo BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña presenta outra moción de urxencia relacionada coa inminente reforma do que son os acordos relativos ao mercado laboral, sería para tratar de debater sobre o dereito ao emprego digno, xusto e con dereitos.


O Sr.Alcalde entende que non é cousa deste pleno nin deste Concello debater iso.


Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con tres votos a favor dos membros do grupo BNG, e o concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la urxencia da moción.


C) O concelleiro do grupo popular D. Juan Antonio López Rodriguez tamén presenta unha moción do grupo popular cunha proposta que consideran de urxencia porque afecta directamente a membros desta Corporación, é unha reprobación do comportamento do grupo municipal BNG de Cabanas, como afecta directamente a membros desta Corporación cree que canto antes deben ser postos en aviso tamén desta situación.


Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con seis votos a favor dos membros dos grupos popular, dous en contra dos membros do grupo BNG e tres abstencións dos membros do grupo AEC e o concelleiro do PSdG PSOE do grupo mixto, acorda ratifica-la urxencia da moción e incluír dito punto na orde do día


A continuación o Sr. López Rodriguez da conta da moción, expoñendo que na páxina web bngcabanas.blogspot.com publicouse o 4-1-2012 fotocopia dun escrito de Augas de Galicia no que consta entrada no rexistro do concello de Cabanas en data 28-12- 2011, en data 9-1-12 un escrito de Gas Natural Fenosa con rexistro entrada do 30-12-2011, en ámbolos casos as publicacións non están asinadas por persoa concreta, á vista dos datos dispoñibles os documentos en cuestión poden ter sido facilitados polos concelleiros do BNG que fotocopiaron documentos que tiveron acceso no exercicio das funcións públicas, tendo en conta o Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e o disposto no seu artigo 16 (ao cal da lectura), tendo en conta ademais a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, artigo 78.4, e artigo 227 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, (aos cales tamén da lectura), polos motivos expostos o grupo municipal do PP somete para a súa toma en consideración polo pleno da Corporación a seguinte proposta de acordo:


A reprobación da conduta do grupo municipal do BNG por empregar o blog que xestiona para publicar documentos municipais sobre os que os concelleiros teñen a obriga de gardar reserva e advertir aos seus concelleiros que no caso de continuar co incumprimento da súa obriga de gardar reserva en relación coas informacións que se lles faciliten para facer posible o desenvolvemento da súa función, así como de evitar a súa reprodución da documentación que poida serlles facilitada podería impoñérselle unha sanción de multa por incumprimento dos seus deberes como concelleiros.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira non ve a urxencia e si se abstivo foi por saber de que se trataba, non pode falar sobre os documentos que cita o representante do grupo popular pero isto sóalle a censura, pensa que hai outros medios antes de chegar a unha moción de urxencia para estes temas, indícalles teñen a maioría e van aplicala, pero el tamén ten a potestade de protestar por isto, censura pura.


Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que vendo que lle merece tanta atención catro cifras que están aí colocadas e ningunha atención sesenta toneladas de merda que trouxeron de Holanda, falando mal e rápido, xa están dicindo quen son, non hai que explicar máis, é a pura realidade da súa decrepitude mental, legal e de todo tipo, como persoas o único que serven é para amedrentar, indícalles que non teñen medo a que se saiban as cousas, a liberdade e a información, vostedes si, se teñen algún problema con eses documentos vaian a onde teñen que ir que é o xulgado, politicamente non teñen entidade moral suficiente nin integridade ética para facer o que están facendo despois de rexeitar a moción de urxencia relacionada co de San Lourenzo e a relacionada coa reforma laboral, é a mesma maneira de proceder de hai moitos anos, non foron capaces de avanzar e seguen cos seus medos e censura.


Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez pregunta si coñecen cales son as súas obrigas como concelleiros de Cabanas, da a impresión que non é así, preocupación pola legalidade pero nas formas de actuar esquécense dos seus deberes como concelleiros, máis que un documento rexistrado saia do Concello, preocupa que se utiliza para informacións enganosas sobre o que ocorre —hai intervención do público e o Sr.Presidente ordena silencio — non se pode mentir e enganar aos veciños e a opinión pública, alude ao publicado na Voz de Galicia e no blog do BNG sobre débedas coa Xunta polo abastecemento de auga e mellora polígono de Vilar do Colo que o único que busca e prexudicar e desacreditar ao concello de Cabanas, di moi pouco do seu traballo como concelleiro e non foi elixido para iso, antes de publicar documentos internos debe preguntar pola situación e ver o que está ocorrendo, a argumentación que publicou é falsa, o concello pagou o 30 de decembro 240.000 euros e a diferenza de 237.575 euros acordouse co organismo de Augas de Galicia facer o pago en 2012, vostede minte e esconde a verdade ao seu entoxo, como pasou co cruceiro do Areal ou o piñeiral da Madalena, é lamentable e triste que alguén democrático faga célebre a frase do ministro de propaganda do propio Hitler, minte, minte, minte que algo quedará.


O Sr. Pérez Sardiña pide que conste a súa protesta porque a intervención do representante do grupo popular excedeu do tempo regulamentado.


O Sr.Alcalde indica que foron dous minutos e medio, exhibe o xustificante do ingreso á Xunta de Galicia de 240.000 euros o 30-12-2011, a débeda son 237.575 e non 477.575 como publica vostede.


Debatido o asunto, o pleno da Corporación con seis votos a favor dos membros do grupo Popular, tres en contra dos membros do grupo BNG e o concelleiro do PSdG‑PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda aproba-la referida moción.


5.- ROGOS E PREGUNTAS.


A concelleira D a. Eva Ma. Pazos Bande auséntase da sesión por motivos persoais. a) Preguntas orais.


a.1. Grupo BNG. Intervención do portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña.


a.1.1. No mes de novembro solicitamos a retirada de entullos de materiais de construción abandonados no lugar do Portiño en Irís, o Alcalde non retirou os refugallos por seguen ali, é sabe onde está o Portiño en Irís?, ¿en que prazo ten prevista a retirada deses entullos?.


Resposta Sr.Alcalde: primeiro estamos investigando quen os tirou e despois vamos a ver quen é o que os ten que retirar, si encontramos ao causante non os vai retirar o concello.


a.1.2. ¿Pódenos explicar os motivos polos que Cabanas queda fora do plan de parques empresariais da Xunta e Fene foi incluído?.


Resposta Sr.Alcalde: creo que está vostede confundido, non quedamos fora.


a.1.3. Rogo. Que se revise o funcionamento da iluminación pública nas parroquias de Soaserra, Laraxe, Regoela, Irís, etc, porque ten moitos fallos e hai moitas farolas que están fallando, fundidas e levan meses nesa situación.


a.1.4. Rogo. O remate dos ramais de abastecemento de auga para o Xestal e Teloi en Laraxe que quedaron en principio sen facer.


a.1.5. Rogo..


a.1.a. Rogo concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Roga unha vez máis que amañen as recollidas de auga do camiño de Ventín que levan bastante tempo e levamos insistindo en varios plenos sobre este asunto.


a.1.b. Pregunta concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita. Pregunta ao portavoz do grupo Popular si sabe distinguir entra a non obriga de abrir unha farmacia e o bo desexo da Sra. farmacéutica de abrir un día si e outro tamén, é podíame responder?.


Resposta concelleiro Sr. López Rodriguez: comenteillo e argumenteillo na primeira exposición e na segunda comenteille como queda o caso na situación no resto de Galicia e comenteille como queda o caso para Cabanas.


a.1.c. Rogo concelleira D a. M a. Teresa de Jesús García Pita. Rógaríalle ao Sr.portavoz do partido Popular que abandone a política, é máis nefasto inda que o Sr.Alcalde que xa é dicir.


a.2. Grupo AEC. Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.


a.2.1. Queriamos saber si había algún avance ou algún cambio de status no proceso de concesión de crédito por parte das entidades bancarias ao concello de Cabanas?.


Resposta Sr.Alcalde: Estamos pendentes de aproba-lo orzamento definitivamente e despois facer a xestión para sacar o prego de condicións, creo que o cambio é importante.


a.2.2. é Cal é a situación actual na que se atopa o proceso de derribo ou a situación actual, dos chiringuitos da praia?.


Resposta Sr.Alcalde: temos que facer un prego de condicións para que se fagan uns chiringuitos novos e a partir de aí seguir o proceso.


a.2.3. é Cal é a situación do embarcadoiro que foi aprobado polo pleno, poñerase en marcha antes do verán?.


Resposta Sr.Alcalde: estamos pendentes de Portos de Galicia e agora mesmo do Estado para ver si se retoma outra vez ese tema para sacalo para adiante, gustaríanos que fora para o verán pero non o podo confirmar.


a.2.4. Cal é a situación actual do punto limpo?.


Resposta Sr.Alcalde: hai resolución da Xunta e que ía empezar en 2012, estes días non teño noticias, procurarei falar co Director xeral haber que me pode contar.


a.2.5. Rogo. Como a situación do punto limpo se leva arrastrando dende hai anos, formulamos estudar a viabilidade de colocar mini puntos limpos para a recollida selectiva de obxectos comúns, pilas, baterías, bulbos, etc., hai uns paneis informativos e neles se pode recoller, introducilos polo menos de forma experimental, ver cal é o valor destes paneis porque incluso se podería compensar con publicidade.


a.2.6. Rogo. Volver a retomar o tema dos furados na estrada de saída da autoestrada, xa son algo máis que furados, entendemos que ninguén se quere facer cargo deles, pero alguén terá que facerse cargo por iso cada vez vai máis fondo.


a.2.7. Rogo. No tema da humanización 651, rogaría que inda que fora informalmente, non é necesario convocar comisión de portavoces, pero que nos reuniramos un día e poder visualizar un pouco como foron contestadas por parte do gobemo esas modificacións que se pedían no status inicial.


Resposta Sr.Alcalde: están practicamente recollidas tódalas alegacións, cando teñamos os planos oficiais teremos unha reunión de portavoces oficial, hai algún tema máis e intentaremos incluír dous ou tres temas nesa reunión, adiántovos que creo que practicamente están recollidas tódalas alegacións que se presentaron, si había algún problema solucionouse.


a.3. Grupo Mixto. Intervención do concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira.


a.3.1. Gustaríalle que o responsable lle explicara e numerara as accións que están levando para a promoción económica e cales son os compartimentos que vostedes consideran prioritarios para esta promoción económica no concello?.


Resposta Sr.Alcalde: creo que é coñecido por todos que o tema máis importante que ten este concello é o turismo, temos que promocionamos, si traemos turismo crece economicamente o concello, as empresas están aí, o polígono de Vilar do Colo, hai unha promoción que estamos facendo, vamos a intentar facer rotas polo río Eume que é unha forma de atraer turismo e que a xente veña a Cabanas, despois estase facendo un esforzo cos empresarios do polígono, que se poñan actividades a funcionar, e despois hai algún curso desde o programa de emprego relacionado con este tema.


a.3.2. ¿Pode explicar o responsable cales son os motivos pola mala conservación dos espazos dos parques e xardíns do concello ?.


Resposta Sr.Alcalde: creo que en xeral están ben conservados, se se refire a caso concreto como un banco que romperon na área recreativa da Veiga, temos que solucionalo, pero é que hai 8 días e os medios son os que son, tamén romperon un cerramento no parque de Irís, algún fallo deses pode haber pero os de maior actividade están limpos e en orden para podelos utilizar.


a.3.3. Cal é o motivo polo que inda non se pavimentou o aparcadoiro fronte ao colexio Eladia Mariño?


Resposta Sr.Alcalde: o motivo é coñecido, pero ademais tes que poñerte de acordo na casa coa túa señora para que ela non veña pedir unhas cousas ao concello e ti nos pidas



outras ou que votas en contra, o problema foi que non tivemos tempo material para facelo en vacacións, houbo unhas reformas e queremos facelo todo, facer canalización, meter tubos, poñer a rexa, non deu tempo a aglomerar, está previsto nas vacacións de carnaval.


a..3.4. Con respecto a esta pregunta rogo que non meta cousas persoais neste tema, estoulle preguntando un motivo, non lle dixen nada da miña muller nin de todo o resto, non mestura cousas persoais por favor.


Resposta Sr.Alcalde: temas persoais non, pero si ti votas en contra dunha cousa que ela pide teño que dicilo, non lle gusta pero entonces teña coherencia.


a.3.5. Pode confirmar o desmentir o Sr.Alcalde o publicado no Diario de Ferrol e na Opinión respecto a "este grupo de goberno está estudando requirir responsabilidades aos anteriores grupos de goberno pola actitude tomada ante a sentenza do Penso" ?


Resposta Sr.Alcalde: si o podo explicar, está explicado o suficiente, tal cal.


a.3.6. Rogo. Que tome en consideración que estamos nun pleno do concello, somos representes dos veciños e creo que temos que vir aquí a debater, non temos medo a debater nin a dicir nada, nin con cortapisas de nada, polo tanto rógolle que antes de tomar unha serie de iniciativas apuntando nunha dirección tome pasos previos.


Resposta Sr.Alcalde: xamais nos vai preocupar cando a xente fale e diga a verdade, agora cando se conta mentira non me vou calar porque eu si que digo a verdade e teño documentos que o testifican, os documentos son para información non para publicar, si o concello debe 237.000 euros a Augas de Galicia non son 477.000 por exemplo, o dos alumados públicos eu non estou de acordo nin o grupo de goberno, hai facturas que revisar e non as aceptamos mentres non as modifiquen, aquí non se oculta nada, vostede cando pide algo se lle concede e vai seguir sendo así, aquí vimos para gobernar e mellorar os servizos aos veciños.


b). Preguntas por escrito.


b.1. Preguntas presentadas polo grupo municipal do BNG en escrito do 24 de xaneiro de 2012.


b.1.1. Sobre o vertedoiro de San Lourenzo, a sucesión de preguntas veciñais son motivadas polo silencio absoluto do Concello coa cidadanía durante os dous últimos anos:


Que medidas adoptou o Concello de Cabanas co fin de facer cumprir as esixencias de Medio Ambiente e Augas de Galicia sobre a vertedura en solo rústico de materiais sen reciclar?.


¿É o municipio un vertedoiro incontrolado tapado polo Alcalde cando conveña?. Deulle o Concello licenza a Manmer SL para o vertedoiro?.


Coñece o Sr. alcalde as analiticas do material?.


Como non adoptou as medidas oportunas para salvagardar o contorno, as augas e a saúde?.


Dado o escurantismo practicado polo Alcalde no caso Area, considera que este é un caso de maioría absolutísima do "ordeno e mando" e polo tanto a cidadanía non ten dereito a coñecer a verdade?.


Por que o Alcalde está agochado e non lle explica á cidadanía cabanesa a súa visión do tema achegándolle documentación, se é posíbel?.


Resposta Sr. Alcalde: o Alcalde e o equipo de goberno non ten ningún problema porque se coñezan as cousas que son verdade, non estamos de acordo que se conten mentiras, se difame, se queira incomodar e desacreditar esta Casa Consistorial, vostede está traballando para desacreditar o Concello, xa é coñecedor da resolución 365/2011 onde houbo suspensión de obras e de actividades e deuse traslado a APLU porque é zona rústica onde eles teñen a potestade para facer todo o que teñan que facer sobre ese tema.


b.1.2 Sobre a área de Servizos Sociais: Á veciñanza gustaríalle saber con que persoal conta o Concello para a axuda e atención de persoas discapacitadas.


¿En caso de ter ese persoal que cualificación posúe?.


¿Cales son os datos no Concello de Cabanas canto a persoas atendidas por A Lei de Dependencia e Axuda a domicilio?.


¿Cantas solicitudes de dependencia e Axuda a Domicilio houbo no 2011?.


Resposta concelleiro delegado Sr.López Rodriguez: temos 8 persoas, 6 delas auxiliares de axuda a domicilio con curso de auxiliar de axuda a domicilio estando en proceso de conseguir todas elas a certificación profesional, unha traballadora social licenciada en psicoloxía clínica, diplomada en traballo social, e unha educadora familiar diplomada en educación social; persoas atendidas 116, solicitudes ano 2011, 23.


b.1.3. O pasado mes de nadal o novo Ministro de Economía Luis de Guindos (Ex­director de Lehman Brothers para España e Portugal, de onde foi despedido) afirmou que "Los dos próximos trimestres, que nadie se engañe, no van a ser sencillos ni para el PIB ni para el empleo", rematou xa que logo o efecto máxico de Rajoy nada máis chegar á Moncloa. é Que medidas, dentro das posibilidades municipais vai tomar o Concello de Cabanas para apoiar o emprego? é Que opinión lle merecen ao gobemo do PP?.


Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: en setembro preguntou pola evolución do para e medidas que se ían adoptar para apoiar o emprego en Cabanas, díxenlle cales eran as medidas e emendeille os datos que tiña nese momento; en novembro volveu a preguntar sobre as medidas despois da suba do paro en setembro, na Opinión a cualifica de descontrolada, volvinlle a responder as medidas e díxenlle os datos da evolución anual, voulle dar os datos a finais de ano (xaneiro a decembro), en Galicia sube un 5% , en España un 4,52%, en Cabanas baixa un 9,23 %, as medidas son as mesmas porque estamos tendo éxito coa evolución do paro.


b.1.4. Imos polo ano cinco da era PP para sacar adiante o Plan Xeral Ordenación Municipal de Cabanas, mentres que o IBI se actualizou de contadiño cun 100% de suba xa no ano dous da mesma era. ¿Que queda do PXOM cando o PP o ía aprobar en seis meses despois das eleccións?.


Resposta Sr.Alcalde: no exercicio 2011 enviouse á Secretaría Xeral de Urbanismo todo o plan para que emita o seu preceptivo informe para seguir os trámites correspondentes.


b.1.5. Ademais de traballar o gobemo do PP nel todo este tempo. ¿Como van os traballos para implantar o canon da privatización da auga?.


Resposta Sr.Alcalde: está afirmando algo que non está previsto que se implante neste Concello ou que implante este Concello, nin o ten previsto facer o grupo de goberno.


b.1.6. O pasado luns 16 de xaneiro houbo un aviso á policía local sobre os coches que estaban na beirarrúa á altura do edificio de Manuel Jove. Despois de dez minutos chegou o garda, aparcou ó lado do taller-expositor coñecido pola Ford e sen baixar do coche púxose a falar con alguén. Pouco despois marchou pero os coches mal aparcados quedaron no sitio. ¿Abriuse expediente de infracción da ordenanza de tráfico? ¿Hai autorización especial para aparcar na beirarrúa nesa zona do Areal?.


Resposta Sr.Alcalde: non hai constancia de ningún expediente e hai a mesma autorización que había no ano 1989.



b.1.7. En relación ós expedientes de reposición da legalidade abertos nos últimos anos. ¿Poderianos concretar o número de expedientes abertos en 2010? E en 2011?. Resposta Sr .Alcalde: hai 6 no 2010 e 9 no 2011.


b.1.8. En relación ós ingresos do Imposto de Construcións e Obras que en 2011 tiña fixada unha previsión de 85.000 € na sección de ingresos. ¿Poderianos concretar o gobemo que cantidade ingresou o Concello en 2011?.


Resposta Sr.Alcalde: os ingresos no 2011 a 23 de decembro segundo o documento que teño aquí é de 23.951,15 euros e o 29 de decembro 24.330,61 euros, ben é certo que non está pechado o exercicio 2011, pero isto son os ingresos que é o que vostede me pregunta.


b.1.9. A fundación adxudicataria do Punto de Atención á Infancia solicita a revisión económica do contrato que ten co Concello por un déficit na prestación do servizo de 8.486,00 €. Poderíanos detallar cal é a posición do grupo de goberno? Que medidas concretas van adoptar para garantir o servizo?.


Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: estase estudando a proposta da empresa.


b.1.10. Os pasados 9 e 10 de novembro de 2011 produciuse unha vertedura de augas residuais no río Baa, dende a rede de saneamento municipal do polígono industrial de Vilar do Colo. ¿Que medidas adoptaron por requirimento de Augas de Galiza para retirar os refugallos?.


Resposta Sr.Alcalde: remitiuse a comunicación á empresa concesionaria do servizo que é Aquagest e estamos a espera de que nos presente o informe máis os traballos realizados alí.


b.1.11. Son numerosas as facturas reclamadas por rexistro ao Concello que goberna o Partido Popular. pódenos concretar a canto ascende a débeda que lle reclama QDE HCEnergia a través dun bufete de avogados? ¿E Gas Natural SURDG S.A.?.


Resposta Sr.Alcalde: si que é certo que hai facturas pero con moitas delas non estamos de acordo, de feito recentemente producíronse unha rectificacións desas facturas por parte das empresas, polo tanto non é posible concretar a cantidade, xa dixen que non van as eléctricas vir a gobernar o orzamento do concello de Cabanas.


b.1.12. Sabemos pola prensa que o gobemo local do PP deixou sen pagar a débeda con Augas de Galiza para cubrir os custos da obra de abastecemento de Vilar do Colo. Pódenos concretar a canto ascende a débeda coa facenda autonómica e como se vai realizar o pagamento sen dispoñer de préstamo bancario?.


Resposta Sr.Alcalde: é incrible que faga esta pregunta con ese cinismo porque foi vostede quen lles deu os datos á prensa, eu din os datos verdadeiros, ingresamos 240.000 € e polo tanto debemos 237.575 €, é un acordo con Augas de Galicia para pagarlle este ano, xa lle diremos como os vamos a pagar este ano, recórdolle que este concello non ten débeda con ningún banco e nin este grupo de gobemo nin o anterior pediu ningún crédito, amortizáronse os pendentes de antes e agora empezamos de cero.


b.1.13. No pasado 2011 aprobaron un modelo de convenio cos cemiterios veciñais. pódenos detallar se todas as sociedades veciñais asinaron o convenio? ¿En caso de non teren todas convenio cal é o motivo?.


Resposta Sr.Alcalde: a única que non firmou foi a de Regoela, mo motivo é mellor que lle pregunte vostede a eles eu non llo vou a dicir, eles o saberán.



b.1.14. Sobre comunicacións xudiciais. ¿Que ordena o auto sobre execución definitiva 56/2011,P.O. 368/2009?.


Resposta Sr.Alcalde: consulte a resolución 7/2012 na que se establece o que ordena o xulgado, ten esa resolución e pode comprobala, solicítea e non ten problema.


b.1.15. Sobre os derrubos de edificios fóra de ordenación. é a situación xudicial da segunda fase do Penso despois de esgotar o pasado 15 de setembro de 2011 os tres anos de prazo dados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?.


Resposta Sr.Alcalde: en data 31-10-2011 presentouse escrito ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG solicitando a ampliación de prazo para poder executar as obras sen que ata esta data o citado tribunal ditara resolución sobre o fondo da petición realizada polo Concello, unicamente en data 5-12-11 ditou providencia tendo por presentado o citado escrito concedendo prazo de 10 días a contraparte para alegacións.


b.1.16. Dado cambio de gobemo no Estado sería interesante para a cidadanía aclarar prazos para a Humanización da N-651, paralizada dende hai meses porque o PP non asinou o proxecto. ¿Houbo algunha reunión ou contacto ao respecto? En que prazos teñen previsto levar a cabo o boulevar da N-651?.


Resposta Sr.Alcalde: non é certo o que vostede di, o proxecto non estivo paralizado, vostede sabe que houbo unhas alegacións presentadas por algúns veciños que hai que resolver, que están resoltas, que as hai que traer a pleno, non se preocupe en breve vai ter vostede noticias deste tema.


b.1.17. O día 18 de xaneiro de 2012, sobre as 13.30 h a nova furgoneta municipal marca Ford transportaba enseres cara a un lugar descoñecido da banda de Laraxe. tPódelle concretar á Corporación que concelleiro/a deu a orde deste transporte? Que transportaba e con que finalidade?.


Resposta Sr.Alcalde: non é certo o que vostede di, o proxecto non estivo paralizado, vostede sabe que houbo unhas alegacións presentadas por algúns veciños que hai que resolver, que están resoltas, que as hai que traer a pleno, non se preocupe en breve vai ter vostede noticias deste tema.


b.1.18. O Concello organizou varias actividades do programa integrado de emprego financiado pola Consellería de Traballo que ascenden a un total de 54.128,00 €. Estas actividades foron repartidas en varios contratos menores a través das resolucións da Alcaldía número 361/2011, (o deseño e elaboración de material formativo adaptado a oferta formativa do programa integrado de emprego "Comarca do Eume Emprega" por un importe de 5.546,00 euros, ive incluído), 370/2011 (impartir a acción formativa de buscadores de emprego na rede dentro do programa integrado de emprego "Comarca do Eume Emprega", polo prezo de 13.182 euros) e 371/2011 (impartir a acción formativa de alfabetización dixital dentro do programa integrado de emprego "Comarca do Eume Emprega", polo prezo de 17.700 euros), debendo estar finalizadas en data 31 de decembro de 2011 cando foron contratados poucos días antes. é a xustificación para o rexedor do PP dividir destas actividades en contratos menores cando en realidade pertencen ao mesmo programa e foi a mesma empresa adxudicataria en todas as contratacións sen publicidade e só a tres ofertas? ¿Pódelle concretar ao Pleno que duración en horas lectivas tiveron os dous cursos devanditos e mais o curso de "buscadores de emprego na rede"?


[Resposta de Juan Antonio López: ...]


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte e unha horas e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.


Vº e Prace,


O Alcalde, O Secretario,

Acta da sesión estraordinaria do pleno de Cabanas do día 27 de febreiro de 2012

Asistentes:

GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. 

GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.

GrM AEC D.José C. Rey García

GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e sete de febreiro de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria. Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


Non asiste o concelleiro D. Luis A. Fachal López por motivos laborais.


1.- ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dada conta das actas de sesións anteriores realizadas o día 29 de novembro de 2011 e 25 de xaneiro de 2012, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, o Secretario da conta da emenda dos erros observados na transcrición de respostas a preguntas escritas do grupo BNG na acta do 25 de xaneiro de 2012, despois de corrixidos ditos erros e preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación; non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes, acorda aproba-las referidas actas.


2.- RECLAMACIÓNS MODIFICACIÓN RPT, POSTO DE ARQUITECTO TÉCNICO. Aprobada inicialmente a modificación da relación de postos de traballo (RPT), posto de arquitecto técnico, en sesión extraordinaria do pleno da Corporación realizada o 28 de decembro de 2012 e sometida a información pública segundo anuncio publicado no B.O.P. n° 8 do 12 de xaneiro de 2012, presentáronse dúas reclamacións neste período, unha por parte da Confederación Intersindical Galega (CIG) e outra por D ª. M ª. Elisa Baamonde Reigosa, incorporándose informe do avogado D. Daniel Alvariño Heras, informe de Intervención, así como ditame da Comisión de Facenda.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña reitérase no dito no anterior pleno e comisións relacionadas co asunto, constatan contradicións importantes entre o reflectido nas actas de plenos e comisións de facenda e as actas da mesa de negociación que por fin puideron consultar, reafírmanse que é un acordo que se realiza sen negociación, sen motivación e sen datos obxectivos que sustenten a resolución que propoñen adoptar, xa se pode conquerir un desvío de poder e falta de motivos, os datos están recollidos no informe da CIG, os argumentos económicos están rebatidos incluso pola súa propia previsión para 2012, solo queda reclamarlles que se aveñan á razón, entenden que con esta redución de xornada se está atacando a unha traballadora do Concello e vulnerando os seus dereitos e o partido popular está indo en contra do emprego e obviando funcións fundamentais no Concello facendo prevalecer os seus intereses fronte a legalidade e obxectividade dunha administración pública como é o urbanismo, un síntoma máis do abandono do partido popular como demostran coa non inclusión na orde do día do apoio a Navantia, están reducíndolle a persoas en situación de baixa médica e facendo politica de arrastre.


Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira reitera tamén o dito en no anterior pleno e comisión, está de acordo coa reclamación de D ª. M ª. Elisa Baamonde Reigosa e coa da CIG, é obvio os grandes problemas que presenta o urbanismo e totalmente inxustificable o que se alega de que non hai carga de traballo, si os grandes problemas nos concellos son urbanísticos non deberiamos permitir a arrogancia de reducir o posto de traballo dunha persoa co seu capital humano e técnico que pode darlle ao Concello, de feito neste pleno vaise tratar proxectos técnicos que habería que ver si os podía facer a aparelladora, eses ou outros, rógalles que reconsideren a situación porque á vista do escrito presentado a reclamante está no seu dereito de acudir a instancias superiores e non sabemos onde se pode chegar, ademais o informe dun gabinete xurídico que presenta o grupo de goberno fala incluso da amortización, e como xa dixo no seu momento sóalle a represalia e abuso de poder inxustificado, por todo elo votará a favor das reclamacións.


Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez en canto as alegacións da CIG, sobre a 1ª, convocouse reunión o 4-11-2011 co punto de modificación da actual RPT, da lectura a proposta que consta en acta feita polo Sr. Alcalde, e a do posto de arquitecto técnico que explica o Sr. López Rodriguez; o 13-12-2011 tratouse o mesmo asunto, dando lectura a proposta do Sr. Alcalde, e na reunión do 22-12-2011 preséntase proposta de modificación de funcións, dando lectura a intervención do Sr.Alcalde; indica que con isto vese que sempre se falou na negociación da redución a media xomada do posto de arquitecto técnico e definición de novas funcións, polo tanto non procede esta alegación da CIG, en todo momento dispuxeron de toda a información; en relación á segunda, a actuación do concello está motivada e cumpre coas esixencias do artigo 54 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, respéctase o procedemento, notificóuselle á interesada, tratouse en tres reunións da mesa de negociación, non existe arbitrariedade nin desviación de poder nin a mera invocación das facultades organizativas do Concello, a redución de xornada está motivada por razóns económicas e organizativas das que xa se deu conta na comisión de facenda e no pleno; e a terceira tampouco é certo pois aparecen detalladas na reunión do 22-12-2012, da lectura a proposta feita polo Sr.Alcalde, indicando que son propostas para aforrar gastos no 2012.


A continuación o Sr.Presidente somete a votación o rexeitamento das reclamacións presentadas a modificación da relación de postos de traballo, posto de arquitecto técnico, votando a favor os seis membros do grupo popular e en contra catro membros, dous do grupo BNG, un do grupo AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, quedando rexeitadas polo tanto as alegacións presentadas.


3.- RECLAMACIÓNS ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2012. Aprobado inicialmente o orzamento municipal para o exercicio de 2012 en sesión extraordinaria do pleno da Corporación realizada o 28 de decembro de 2012 e sometido a información pública segundo anuncio publicado no B.O.P. n° 8 do 12 de xaneiro de 2012, presentáronse dúas reclamación neste período, unha por parte de D. Honorio Ferreiro Delgado, sobre consignación para execución das sentencias correspondentes ós recursos contencioso-administrativos números 02/0004126/1994 e 02/0004055/1993 e outra pola CIG sobre anulación da aprobación inicial e negociación do capítulo I, cadro de persoal coa representación sindical.


Visto o informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda que constan no expediente.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña ratifica o dito no pleno do 28 de decembro, critica que despois de dous meses non estea aprobado definitivamente e que o goberno local con maioría absoluta non sexa capaz de aproba-los orzamentos en prazo, o único que busca son enfrontamentos, á alegación tradicional do señor Honorio Ferreiro agora súmase a da CIG por motivos laborais, estes problemas afectan a economía local e os responsables son o equipo de goberno e concelleiros que o apoian, deberían contestar polo menos as reclamacións que están bastante claras.


Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que ratifica o exposto no pleno anterior e na comisión de facenda, a vista do informe de Intervención considera que son dúas cuestións distintas, a de D. Honorio Ferreiro non procede porque hai consignación suficiente para levar a cabo a sentenza e a CIG si que pode ser aceptada e así o dixo na comisión de facenda, pero como non se tratan por separado, votará a favor das reclamacións.


Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que non sabe si leron ben as alegacións da CIG, acábase de ver a alegación da RPT onde a propia CIG se refire a unhas mesas de negociación e nesta do orzamento fai referencia como se non as houbera; houbo mesas de negociación o 4/11/2011, 13/12/2011, 22/12/2011, para modificacións da RPT, pero antes xa houbo outras sobre cambios que afectan ao persoal 25/08/2011, 6/09/2011, 13/09/2011 e 20/09/2011, nesta última asínase un acordo sobre xornada laboral, horario flexible, horario verán, vacacións, gardas, compensacións horas extra e asistencia a cursos formación, está claro que houbo negociación; en canto a alegación de D. Honorio Ferreiro o informe de Intervención é claro, hai consignación na partida 151.69901 a resultas da tramitación da operación de crédito para execución das sentenzas de acordo cos proxectos técnicos, sen prexuízo de indemnizacións ou modificacións posteriores que fosen necesarias.


A continuación o Sr.Presidente somete a votación o rexeitamento das reclamacións presentadas e aprobación definitiva do orzamento municipal para 2012, votando a favor os seis membros do grupo popular, en contra tres membros, dous do grupo BNG e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e unha abstención do membro do grupo AEC, quedando polo tanto rexeitadas as alegacións presentadas e aprobado definitivamente o orzamento de 2012.


Neste intre auséntase da sesión a concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita.


4.- MODIFICACIÓN PROPOSTA OBRAS POS 2012. Visto o acordo adoptado polo pleno da Corporación en data 14 de novembro de 2012, no cal apróbase a proposta de obras para incluír no POS 2012.


Visto que a resolución de autorizacións e permisos necesarios para execución das obras, que están en trámite, poden producir a demora na súa contratación e execución, redactouse un novo proxecto polo mesmo importe no que se inclúen actuacións en viais de titularidade municipal..


Visto o disposto na circulación da Deputación Provincial de data 4 de outubro de 2011 sobre aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 2012).


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta estar a favor pero pide que dentro do posible non se achiquen as estradas porque sempre que se pavimentan se reduce o ancho da calzada producíndose problemas de paso, que as gabias non queden demasiado profundas e que se teña en conta no núcleo de Porcar a altura da estrada para salvar as pendentes de acceso as casas.


Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que esas consideracións se teñen en conta no proxecto da obra, que segue sendo prioritario o saneamento do Batán onde o informe de Augas de Galicia xa estivo a información pública, pero o definitivo pode atrasarse e tamén falta a firma dalgún propietario e para evitar riscos se propón esta obra pero sen renunciar acometer o saneamento do Batán en próximas actuacións.


Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros presentes, acorda:


Modificar o acordo adoptado en data 14 de novembro de 2011 polo que se aproba a proposta de obras POS 2012, quedando nos seguintes termos:


1.- Aprobar o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2012, cuxas bases se coñecen a aceptan na súa totalidade, no que se recollen as obras que o Concello ten previsto realizar, e a dedicación a gastos correntes do exercicio 2012, e de acordo co financiamento que se indica:

A Realización de obras:

Denominación da obra

Estado +Deputación

Concello

Presuposto total

Pavimentación do vial entre Porcar e Ribas

76.200,83

4.015,52

80.216,35

Subtotal obras

76.200,83

4.015,52

80.216,35

Aprobar os proxectos das obras incluídas na anualidade 2012 e que se relacionan nesta táboa.

B Financiamento de astos correntes:

Deputación

Achega provincial aplicada ao financiamento de gastos correntes

61.465

Resumo:

Denominación da obra

Estado +Deputación

Concello

Presuposto total

SUBTOTAL OBRAS

76.200,83

4.015,52

80.216,35

SUBTOTAL                         GASTOS

61.465

0,00

61.465

CORRENTES

TOTAL                         nbsp;                                  137.665,83                      4.015,52              141.681,35

2.- Aprobar o Plan complementario do ano 2012 no que se inclúen as obras que a continuación se indican e aprobar os correspondentes proxectos:

Denominación daConcello

Presuposto

0,00

Non se formula proposta para o plan complementario

TOTAIS

0,00

3.-    Declarar que o Concello se compromete a dispoñer dos terreos, augas e servidumes para a execución das obras, e resolver o relacionado coas concesións e autorizacións administrativas que legalmente sexan necesarias.

4.- Comprometerse o Concello a incluír no orzamento municipal do 2012 os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal das obras incluídas na anualidade do 2012.

5.-    Solicitar da Deputación Provincial da Coruña, a delegación neste Concello da contratación e execución das obras incluídas no plan, que se entenderá aceptada si esta prodúcese efectivamente.

6.-    Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións para a súa execución, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.

7.-    Autorizase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

8.-    Facultar expresamente ao alcalde para todo o relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte horas, da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.

V° e Prace

Acta da sesión extraordinaria do pleno de Cabanas do día 13 de marzo de 2012

Asistentes:

GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. 

GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.

GrM AEC D. Luis A. Fachal López

GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira


   No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as nove horas do día trece de marzo de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. José C. Rey García por vacacións.

1. RATIFICACIÓN URXENCIA DA SESIÓN. Dáse conta da urxencia da sesión motivada pola necesidade de recoñecemento de créditos de exercicios anteriores e proceder ao seu pagamento á vista dos prazos do Real Decreto Lexislativo 4/2012.

O pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable dos dez membros presentes acorda ratificar a urxencia da sesión.

 2. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS. Visto o expediente tramitado para recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a exercicios anteriores, pendentes de aplicar ao orzamento por falta de consignación suficiente, co informe de Intervención, así como liquidacións por diferenza de tarifas que achega Aquagest.

Despois do estudo da relación dos créditos a recoñecer e aclaracións sobre gastos de enerxía eléctrica e situación da xestión do servizo de abastecemento de auga e saneamento que realiza Aquagest, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable dos dez membros presentes acorda:

1º. Aprobar o recoñecemento dos que se relacionan a continuación, correspondentes a exercicios anteriores.

Partida

Acredor

Concepto

Importe

150.21300

Agrícola Carballeira S.L.

Reparacións maquinaria

6.869,37

Agrícola Carballeira S.L.

Reparacións maquinaria

284,38

150.22104

Eskala Protección Laboral

Vestiario

1.023,79

150.22199

Inteman S.A.

Pintura sinalización viaria

402,14

165.22100

Unión Fenosa comercial S.L.

Recibos enerxía eléctrica

52.195,75

Gas Natural SUR SDG S.A.

Recibos enerxía eléctrica

5.941,10

Cide HC Energía S.A.

Recibos enerxía eléctrica

9.648,71

170.22104

Eskala Protección Laboral

Vestiario

1.483,08

330.22100

Cide HC Energía S.A.

Recibos enerxía eléctrica

617,02

450.22706

Proyfe S.L.

Honorarios redacción proxecto

2.566,39

TOTAL

81.031,73

2º. Aplicar con cargo ao orzamento de 2012 os créditos anteriores con cargo á partida orzamentaria que se cita.

3º. A devolución a empresa Aquagest das liquidacións achegadas co obxecto de sexan completadas por non ser de conformidade, así como, que achegue o estudo de custos necesario para a modificación das tarifas.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as nove horas e quince minutos, da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.

Vº e Prace

O Alcalde,                                                                                               O Secretario

Acta da sesión extraordinaria do pleno de Cabanas do día 13 de marzo de 2012

Asistentes:

GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. 

GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.

GrM AEC D. Luis A. Fachal López

GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira


   No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as nove horas do día trece de marzo de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. José C. Rey García por vacacións.

1. RATIFICACIÓN URXENCIA DA SESIÓN. Dáse conta da urxencia da sesión motivada pola necesidade de recoñecemento de créditos de exercicios anteriores e proceder ao seu pagamento á vista dos prazos do Real Decreto Lexislativo 4/2012.

O pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable dos dez membros presentes acorda ratificar a urxencia da sesión.

 2. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS. Visto o expediente tramitado para recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a exercicios anteriores, pendentes de aplicar ao orzamento por falta de consignación suficiente, co informe de Intervención, así como liquidacións por diferenza de tarifas que achega Aquagest.

Despois do estudo da relación dos créditos a recoñecer e aclaracións sobre gastos de enerxía eléctrica e situación da xestión do servizo de abastecemento de auga e saneamento que realiza Aquagest, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable dos dez membros presentes acorda:

1º. Aprobar o recoñecemento dos que se relacionan a continuación, correspondentes a exercicios anteriores.

Partida

Acredor

Concepto

Importe

150.21300

Agrícola Carballeira S.L.

Reparacións maquinaria

6.869,37

Agrícola Carballeira S.L.

Reparacións maquinaria

284,38

150.22104

Eskala Protección Laboral

Vestiario

1.023,79

150.22199

Inteman S.A.

Pintura sinalización viaria

402,14

165.22100

Unión Fenosa comercial S.L.

Recibos enerxía eléctrica

52.195,75

Gas Natural SUR SDG S.A.

Recibos enerxía eléctrica

5.941,10

Cide HC Energía S.A.

Recibos enerxía eléctrica

9.648,71

170.22104

Eskala Protección Laboral

Vestiario

1.483,08

330.22100

Cide HC Energía S.A.

Recibos enerxía eléctrica

617,02

450.22706

Proyfe S.L.

Honorarios redacción proxecto

2.566,39

TOTAL

81.031,73

2º. Aplicar con cargo ao orzamento de 2012 os créditos anteriores con cargo á partida orzamentaria que se cita.

3º. A devolución a empresa Aquagest das liquidacións achegadas co obxecto de sexan completadas por non ser de conformidade, así como, que achegue o estudo de custos necesario para a modificación das tarifas.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as nove horas e quince minutos, da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.

Vº e Prace

O Alcalde,                                                                                               O Secretario

Acta da sesión ordinaria do pleno de Cabanas do día 28 de marzo de 2012

Asistentes:

GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande, Dª. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan A. López Rodriguez, Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa, D.Julian R.Seijas Criado. 

GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.

GrM AEC D.José C. Rey García

GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e oito de marzo de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa  accidental Dª Eva Mª Pazos Bande, ( Decreto 074/2012), coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata­los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Luis A. Fachal López por motivos laborais. [Non asiste o Sr. Alcalde por motivos familiares]

PARTE RESOLUTIVA.

ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dada conta das actas de sesións anteriores realizadas o día 27 de febreiro e 13 de marzo de 2012, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros; despois de preguntar a Presidencia se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, agás a abstención do Sr.Rey García na corrsespondente o 13 de marzo por non asistir a sesión, acorda aproba-las referidas actas.


1. MODIFICACIÓN POR ALEGACIÓNS DO PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DA N-651. Visto o escrito da Demarcación de Estradas do Estado en. Galicia en relación co proxecto de "Actuaciones para la mejora de la Seguridad Vial N-651, P.K. 20+500 al 26+900. T.M. de Cabanas", de clave 33-LC-5750, co que achega planos relacionados coas reclamacións presentadas por veciños, José Sampayo Rodríguez, Pablo Feal Rifón e outros, Delia Cortizas Castiñeira, Juan Manuel Díaz León e Angela Feal López, co obxecto de que este Concello exprese o seu apoio ou discrepancia ás alegacións presentadas. Vista igualmente a proposta da reunión de portavoces despois de revisar a separata de planos do proxecto achegada.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña está a favor porque este proxecto recolle en gran medida as demandas que se formularon con anterioridade e nas que participaron moito as persoas veciñas do Concello, é un resultado do que todos nos podemos felicitar, agora hai que demandar da Demarcación que non sufra recortes e se poida levar a termo canto antes, se non na súa totalidade cando menos en fases como concretaton na xunta de portavoces, tratar tamén que as limitacións orzamentarias do Estado non entorpezan o desenvolvemento deste proxecto tan desexado e fundamental.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo coa proposta pero tamén quere deixar constancia que na xunta de portavoces tamén aludiu a outros

motivos que non se recollen como dar rnáis aparcamento a zona do Areal e do Oito, a glorieta do cruceiro non se pode xirar á esquerda, no cruce que dá servizo a área recreativa da Veiga tal e como está non hai paso inda que na xunta de portavoces se dixo que se ía arranxar, igual que a liña continua en Pedreiras que non permite subir a Pedra do Couto vindo de Ferrol ou baixando de Pedra do Couto non permite xirar dirección Pontedeume e na zona do cemiterio hai reclamación para habilitar un paso de peóns, inda que se dixo que era problemático sería interesante buscar unha solución.

Polo grupo popular o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez considera motivo de felicitación para todos ter encima da mesa un proxecto que contempla tódalas alegacións que se habían presentado anteriormente, de feito na xunta de portavoces todos estaban de acordo, e agora pelexarán para que se leve a cabo canto antes, si hai dificultades polo menos que se comece desde a ponte e se chegue ata a rotonda como se acordou tamén na xunta de portavoces, mantendo o pintado da estrada; agora mesmo é imposible solucionar a entrada da Veiga porque hai dous carrís, espera quede solo un para poder facer xiro, e o tema do paso de peóns é complicado pola curva cunha estrada ancha que ao final o paso de peóns pode resultar moi perigoso.

Polo grupo AEC: o concelleiro D. José C. Rey García está conforme co acordo a que chegaron na xunta de portavoces, en canto as alegacións indícase que se recollen todas e polo tanto votará a favor, alude ao problema de entrada para o campo de fútbol de A Veiga e para Cabanas, era unha alegación moi interesante e debe recollerse, tamén considera moi importante que deixen a zona de aparcamento para coches en Laraxe porque é moi necesaria.

O Sr.López Rodriguez indica que son dous condicionantes que faltaban por engadir ao proxecto e insiste no problema dos dous carrís para o acceso a Veiga, polo que haberá que esperar que haxa un solo carril para que permita facer xiro.

Despois de revisado o proxecto de actuacións remitido, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable dos nove membros presentes, acorda:

Prestar conformidade ao devandito proxecto de "Actuaciones para la mejora de la Seguridad Vial, N-651, P.K. 20+500 al 26+900. T.M. de Cabanas", de clave 33-LC-5750, cos seguintes condicionados:

Na marxe esquerda da N-651 en dirección Ferrol, entre o punto quilométrico 26+150 e 26+170 considérase oportuno que se habilite unha zona para carga e descarga, atendendo ás necesidades desa zona onde se sitúan varios locais comerciais, xa que do contrario verían prexudicada seriamente a súa actividade.

Na marxe dereita da N-651 en dirección Ferrol, entre o punto quilométrico 26+120 e 26+170, considérase oportuno que se habilite unha zona para aparcamento de vehículos en que darían servizo as vivendas e locais comerciais dese entorno.

3.- CONVENIO ENTRE O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE CABANAS SOBRE A CASA REITORAL DE SOASERRA. Visto o convenio entre o arcebispado de Santiago de Compostela e o concello de Cabanas para execución do proxecto de demolición da casa reitoral de Santa Eulalia de Soaserra e acondicionamento para aparcamento público da finca do igrexario, redactado por Proarqur S.L., cedendo o arcebispado o seu uso por un prazo de vinte anos prorrogables, de conformidade co texto de dito convenio. En dito convenio se manifesta que o Arcebispado de Santiago de Compostela dispón da propiedade obxecto da intervención, tal e como se recolle no proxecto que se achega co convenio, consistente na casa reitoral da parroquia de Santa Eulalia de Soaserra sita no lugar de Igrexario do termo municipal de Cabanas (238 m2 en planta baixa), con referencia catastral 001400800NJ70G0001DA, parte da parcela (801,70 m2) en que se enclava que é a n° 8 do polígono catastral de rústica n° 6 e que ten a referencia catastral 001400800NJ70G0000SP, e outra pequena porción (36 m2) da parcela n° 10 do mesmo poligono con referencia catastral 0014001000NJ70G000EP que é na que se sitúa a igrexa parroquial que ten referencia 001401000NJ70G0001RA.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña entende que o fundamental é a cesión temporal de uso dese espazo que engloba unha vivenda e unha parte da parcela coa finalidade de demolición da casa reitoral e acondicionamento para aparcamento público, vota en falta un informe de viabilidade que especifique o financiamento, hai unha solicitude da XGL á Deputación Provincial por importe de 134.954,31 €, pero no orzamento municipal non hai partida, este diñeiro é público e vai resolver un problema que ten unha entidade privada sobre a parcela, non vai ser propiedade municipal, é unha especie de concesión de uso temporal, tamén falta compromiso doutras administracións, o concello non se debe facer cargo dos problemas derivados do estado de ruína por falta de conservación da reitoral pola Igrexa Católica, esperan explicacións do grupo de goberno e un informe técnico de viabilidade pois facendo contas sae un aluguer de máis de 500 € mes polo investimento para 20 anos.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que é coñecido de todos o interese dos veciños por un aparcamento na zona da igrexa de Santa Eulalia de Soaserra, vota en falta unha xunta de portavoces para tratar estes temas porque podían achegar ideas, entende que se trata de arranxar dous problemas, por un lado o estado ruinoso da casa reitoral propiedade da Igrexa que ten que facer fronte a ese arranxo e por outro darlle un aparcamento a zona; considera un proxecto pouco ambicioso porque si hai unha cesión. por 20 anos prorrogable e habendo unha propiedade pregúntase por que non conservar esa reitoral cunha cesión por máis anos para uso e servizo dos veciños, parécelle pouco solo derribar para conseguir un aparcamento.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan Antonio López Rodriguez indica que hoxe se trae aquí a aprobación do convenio asinado co Arcebispado para a cesión dos terreos, posteriormente haberá que falar do proxecto e o financiamento, é o primeiro paso importante para resolver o problema, a casa está en ruína e falta aparcamento ao lado da igrexa e do cemiterio para atende-las necesidades dos veciños, gustaríalle que fose por máis tempo pero considera difícil que non se prorrogue ou que se vaia a destruír ese aparcamento, por suposto que o terreo non é do concello e hai que estar aos condicionantes dos seus donos pero é unha solución para os veciños.

O Sr.Feal Pereira considera que entra dentro do razoable que vencido o prazo o segan prorrogando e que o aparcamento non se vaia derrubar, pero tendo unha visión de futuro é máis beneficioso conservar ese edificio na parte principal, habería que contar con máis financiamento e que a cesión permita unha amortización no tempo dese investimento.

O Sr. .López Rodriguez sinala que veu esa posibilidade pero o estado de ruína non permite unha reconstrución da vivenda, ademais inda que se reconstruíse ninguén lle ía dar uso porque ninguén necesita unha casa aí, e por outra banda os veciños non dispoñerían de aparcamento que agora necesitan nesa zona, hai pezas importantes nesa casa que se chegou a un acordo con Patrimonio para a súa conservación e incorporación na construción que faga no aparcamento.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC e tres abstencións dos membros dos grupos BNG e Mixto, acorda prestar aprobación a dito convenio coas seguintes estipulacións

Primeira.- O Arcebispado de Santiago de Compostela, representado por D. Dictino Maceira Fernández, Ecónomo Diocesano, CEDE ao Concello de Cabanas, representado por D. Germán Castrillón Permuy, como Alcalde-Presidente, o uso e aproveitamento gratuíto, por vinte anos, ata o ano dos mil trinta e dous, o uso da propiedade de referencia para destinar a aparcamento. Unha vez finalizado o prazo de duración pactado, este convenio entenderase prorrogado por prazos sucesivos de cinco anos de duración cada un se ningunha das partes o denuncia polo menos con un mes de antelación a data de finalización.

Segunda.- O obxecto da cesión que se expresa neste documento é a creación de aparcamento para uso público, correndo a custa do Concello de Cabanas as obras que foran precisas para adecua-lo espazo, así como os gastos de conservación por esa actividade, durante o período de cesión, conservando o Arcebispado a nuda propiedade da finca descrita.

Terceira.- O Concello de Cabanas incorpora, como parte integrante do convenio, copia do proxecto de demolición da casa reitoral e acondicionamento de aparcamento público no igrexario de Santa Eulalia de Soaserra, redactado por Proarqur S.L. que será aprobado posteriormente en pleno. O Arcebispado deberá dar a súa aprobación, por escrito, de dito proxecto de execución. O Concello de Cabanas poderá acudir ás administracións públicas ou entidades privadas para o financiamento.

Cuarta.- O Concello farase cargo de tódolos gastos de conservación, mantemento e funcionamento.

Quinto.- Serán condicións resolutorias deste contrato as xerais sinaladas na Lei. En todo caso, cumprida calquera condición resolutoria, o Arcebispado recuperará inmediatamente o pleno dominio da finca, no estado en que se atope, sen obrigación de indemnización algunha por razón das obras executadas e sen prexuízo das demais indemnización que, por razón de incumprimento, correspondan.

Sexta.- Correrán a cargo do Concello de Cabanas os gastos e impostos de calquera natureza que devengue a cesión ou afecten á parcela, así como a obtención das licenzas legalmente preceptivas.

Sétima.- Este documento privado poderá ser elevado a público notarial a instancia de calquera das partes.

4.- REGULAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS. Visto o expediente tramitado para aprobación do Regulamento especial de honras e distincións do concello de Cabanas e o proxecto de Regulamento.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


O concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira aclara que na reunión de portavoces acordouse que para o nomeamento de fillo predilecto se esixise o quórurn das dúas terceiras partes e así se recolle no artígo 6 pero no artigo 17 non foi corrixido, polo que hai contradición. A continuación se procede a emendar o quórum do artigo 17 nos mesmos termos que o artigo 6.

A concelleira do grupo popular Da. Esperanza Gayoso Pereiro indica que o concello de Cabanas non dispoñía de norma que regulase a concesión de honras e distincións para persoas físicas ou xurídicas que realizasen actividades de maneira destacada a favor do desenvolvemento e promoción do Concello, era necesario establecer a clase de distincións e a súa regulación, recolléronse tódalas suxestións dos grupos politicos agás a retirada da distincións que se necesitaría a maioría absoluta.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable dos nove membros presentes, acorda:

1.°.—Aprobar provisionalmente o regulamento especial de honras e distincións do concello de Cabanas.

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e texto do regulamento, polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.


5.- MOCIÓN SOBRE O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES. A continuación trátase en conxunto as mocións e manifesto presentadas polos grupos: BNG, Mixto, e Popular sobre o día intemacional das mulleres.

A) A moción presentada polo grupo BNG alude a crise ecónoma e social que estamos a vivir afecta de maneira especial as mulleres, o paro feminino medra por riba do masculino, precarización do emprego e recortes de pensións e sociais afectan máis negativamente as mulleres; ante este deterioro de condicións de vida a Xunta renuncia a fortalecer as politicas de igualdade e redistributivas e convértese en axente activo de recorte de dereitos á cidadanía Neste 8 de marzo de 2012 o BNG quere facer especial incidencia no retroceso democrático que suporá a derrogación da actual lexislación de interrupción voluntaria do embarazo, cando a despenalización do aborto e acceso a prestación supuxo un alivio a presión moral que se exercía sobre as mulleres. Dende as institucións onde o BNG ten presenza reclaman o mantemento da lexislación actual e por todo elo solicitan do Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

O Concello comprométese a defender os dereitos das mulleres e manifestarse contra a derrogación da Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, que garante para elas a libre decisión sobre a súa maternidade.

Pedirlle á Xunta de Galicia que inste ao Gobemo do Estado ao mantemento da devandita Lei.

servizos e programas de saúde sexual e reprodutiva, o acceso a métodos seguros e información sanitaria sobre a anticoncepción e prevención de enfermidades de transmisión sexual.

3. Demandar do Goberno da Xunta de Galicia o desenvolvemento de medidas relativas á información e á educación afectivo sexual e reprodutiva, garantindo o acceso universal aos


O Concello apoia a mobilización reivindicativa dos dereitos das mulleres convocada para o 11 de marzo, Día Internacional das Mulleres, polas organizacións feministas actuantes en Galicia.

Enviarlle este acordo ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Presidente do Goberno do Estado.

B) A moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto refírese a crise global e aumento das desigualdades, o momento complexo e difícil e inquietude sobre o futuro de politicas de igualdade; un dos cambios máis importantes nas últimas décadas foi a evolución da situación das mulleres e o avance da igualdade que situou ao noso pais na vangarda europea. Houbo un avance na lexislación relativa a protección contra a violencia de xénero, igualdade, saúde sexual e reprodutiva e IVE, loita contra a trata de seres humáns, etc, que estivo acompañada de avances en dereitos sociais e programas de recursos de atención integral as mulleres, agora a pesares das dificultades non se pode permitir que este avance sufra retrocesos nin se paralice, hai que reforzar os servizos do estado de benestar como educación, sanidade, servizos sociais, pensións, decisivos para mellorar a vida das mulleres; a igualdade é un dereito da cidadanía que ademais de reforzar a cohesión social garante a eficiencia económica.

Polo exposto, somete á consideración do Pleno os seguintes acordos:

1 Impulsar a presenza da mulleres no emprego e o mercado de traballo garantindo a igualdade no acceso e no salario, conscientes de que dita igualdade é imprescindible para relanzar a nosa economía, contando para elo cun instrumento como a Lei para a Igualdade.

Apoiar as iniciativas emprendedoras das mulleres.

Apostar por politicas que garantan o dereito á conciliación da vida profesional, familiar e persoal de homes e mulleres, con medidas que promovan a flexibilidade dos horarios de acordo ás necesidades de conciliación das persoas.

Recoñecer e apoiar as iniciativas das mulleres no ámbito rural.

Ampliar a rede municipal de servizos e apoio á mulleres vítimas da violencia de xénero.

Loitar contra a feminización da probreza e a exclusión social apoiando ás mulleres en situación de vulnerabilidade, especialmente ás mulleres maiores e as que son responsables de familias monoparentais.

Así mesmo, este Concello reclama ao Goberno da Nación a que:

Manteña o dereito das mulleres a decidir sobre a súa saúde sexual e reprodutiva, de acordo ca Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da IVE, facendo este dereito efectivo en todas as CC.AA.

Modifique o decreto de medidas urxentes para a reforma laboral, a fin de garantir o dereito á conciliación así como as medidas que fagan posible a igualdade no emprego, a incorporación das mulleres a todos os postos de responsabilidade, á igualdade salarial, tal e como establece a lei.

Impulse os servizos do Estado de Benestar relacionados co coidado e a atención a todas as persoas que o necesiten, especialmente menores, persoas maiores e en situación de dependencia.

Promova a igualdade real e efectiva en todas as politicas públicas e na sociedade.

C) A declaración presentada polo grupo popular refírese ao 8 de marzo Día. Internacional das Mulleres como data na que reflexionamos sobre o longo camiño percorrido para conseguir a igualdade entre mulleres e homes e os pasos a dar para avanzar neste obxectivo, citan o artigo 14 da C.E. sobre a igualdade entre os cidadáns e cidadás e indican que nunha situación de profunda crise económica e social, o compromiso pola igualdade debe ser máis firme que nunca, redobrando esforzos para conseguir o progreso laboral e social das mulleres e traballando pola eliminación de obstáculos que inda llinitan a súa participación e aproveitamento do seu talento. O partido popular con motivo do 8 de marzo quere manifestar a súa vontade de traballar polo recoñecemento das capacidades e valias das mulleres e o seu dereito a participar de xeito igualitario en calquera actividade, sendo conscientes de que seguen existindo moitos obstáculos para desenvolver unha vida persoal e familiar e unha actividade profesional plena das mulleres.

Así mesmo reafirman o convencemento en que a achega das mulleres á solución da crise será decisiva e fundamental, polo que esforzaranse e impulsar a súa presenza no mercado de traballo, conseguir a igualdade salarial e as súas iniciativas empresariais con especial atención as mulleres do ámbito rural; do mesmo xeito, comprométense a seguir traballando pola eliminación da violencia contra as mulleres, especialmente a violencia de xénero que é un dos grandes males da nosa sociedade, neste dificil momento teñen que estar ao lado das mulleres en situación de maior vulnerabilidade moi especialmente as únicas responsables das súa familias. Queren facer extensible este compromiso a toda a cidadanía para camiñar cara unha sociedade máis respectuosa, tolerante, democrática e próspera con oportunidades sen diferenzas entre mulleres e homes.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita critica a declaración do grupo popular falan de percorrer camiño pero resulta que o están percorrendo para atrás, non falan da saúde sexual nin do retroceso da reforma laboral, falan de loitar pero logo están con politicas para abaixo, non hai coherencia, solo submisión e non se fai nada de nada, é absurdo ler un comunicado coma no ano anterior, é unha vergonza para a muller.

Polo grupo popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro considera que a celebración do día internacional das mulleres debería supoñer unha reflexión sobre os logros conseguidos nesa conquista pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e tamén sobre as cousas pendentes, a Sra. García Pita aproveita esta data para politizar, están de acordo coa maioría dos puntos da proposta do concelleiro do PSOE no grupo mixto, pero non coa moción do BNG porque tratan de politizar o tema, o partido popular vai dar cumprimento ao seu programa das últimas eleccións e reformar a lei de saúde sexual, reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo, vai ser reforma lexislativa non derrogación, ademais esa lei foi aprobada no seu momento sen consenso e contaba coa opinión desfavorable da maioría dos organismos.

A Sra. García Pita está de acordo en que houbo moitos logros conseguidos pero non polo partido popular que está liquidando todos eses logros, en canto a lei de saúde sexual e reprodutiva remítese ao publicado na prensa e non se poden fiar do Sr.Gallardón nin do Sr.Rajoy, hai que pensar o que se fixo antes e o que fan agora, si a muller non é libre para traballar e para dispoñer do seu corpo, pregúntase que liberdade e que dereitos se poden pedir.

A Sra. Gayoso Pereiro manifesta que como concelleira do partido popular e como muller dálle pena que se estea politizando esta data do día internacional da muller, a moción do BNG non a van apoiar en conxunto, poderían estar de acordo coa do grupo mixto ata o punto 6, os puntos

que poñen a continuación meten outros temas, o partido popular está comprometido en impulsar a presenza da muller no mercado do traballo, da igualdade, actuacións empresariais e especial atención a mulleres do rural, así como, continuar coa eliminación da víolencia contra as mulleres.

A continuación pásase a votación por separado das mocións presentadas.

A) Moción do grupo BNG, sométese a votación ordinaria resultando rexeitada con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto, cinco en contra dos membros do grupo Popular e unha abstención do membro do grupo AEC.

B).Moción do grupo mixto presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, sométese a votación ordinaria resultando rexeitada con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto, cinco en contra dos membros do grupo Popular e unha abstención do membro do grupo AEC.

C) Declaración do grupo popular, sométese a votación ordinaria resultando aprobada con cinco votos a favor dos membros do grupo popular, e catro abstencións dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto.


6.- MOCIÓN DO GRUPO BNG PARA DECLARAR O 24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Dáse conta da moción presentada polo grupo BNG na que di: Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Galegos foi o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.

A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.

Por todos estes motivos a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

Por todo o exposto é polo que o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte acordo:

Declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía no concello de Cabanas.

Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen o conxunto dos veciños e veciñas de Cabanas o 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Realizar unha lectura pública da obra rosaliana na pedrafita de Rosalia, na escola "Alcalde Alvaro Puentes Antón", na que o alumnado dos centros escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan un papel protagonista.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro está de acordo co sentido da moción e sobre todo co que é a difusión e coñecemento da obra de Rosalia, así como en engadir este concello a lista de institucións que queren o 24 de febreiro, día do seu aniversario, se oficialice como un día de celebración da nosa literatura galega; para votar a favor da moción en relación co punto 3 non queren limitar a difusión só a un espazo senón que esas lecturas se poidan facer en calquera outro sitio, propón se modifique nese sentido.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña asume esa posibilidade pero tampouco entende que se queira excluír expresamente ese punto 3, propón modificar o punto 3 no sentido de que a primeira lectura pública se faga nas Viñas e en anos sucesivos se pode facer en calquera outro espazo, é unha cuestión de simbolismo tendo en conta que ese monumento foi feito polas mans dun veciño deste Concello e sería unha deferencia.

A Sra. Gayoso Pereiro manifesta estar de acordo en que a 1a lectura sexa en As Viñas e logo se poida facer en outros espazos do Concello.


Despois do cal modifícase o punto 3 na seguinte forma: Realizar unha primeira lectura pública da obra rosaliana na pedrafita de Rosalia, na escola "Alcalde Alvaro Puentes Antón", na que o alumnado dos centros escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan un papel protagonista, as lecturas en anos sucesivos poderán facerse en calquera outro espazo do Concello.

Debatido o asunto o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos nove membros presentes acorda aproba-la devandita moción.


7.- MOCIÓN DO GRUPO BNG DE APOIO A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA A DEFENSA E PROMOCIÓN DA SANIDADE PÚBLICA EN GALICIA. Vista a moción presentada polo grupo do BNG expoñendo que a plataforma SOS Sanidade Pública está a promover unha iniciativa lexislativa popular coa finalidade de deter a politica de recortes e privatizacións na sanidade pública impulsada polo actual Goberno Galego e co fin de garantir o dereito constitucional á protección da saúde, fan mención ao artigo 43 da Constitución e á competencia da Xunta de Galicia, a sanidade pública constitúe un elemento básico do Estado Social e a redución do orzamento sanitario co recurso do sector privado leva a situación de limitación de recursos para mantemento da actividade e ao endebedamento incompatible co sustento do sistema público; a iniciativa opta pola xestión pública directa das institucións sanitarias rexeitando a fórmula público-privada e incrementando o achegamento dos servizos de saúde ao territorio.

Polo exposto, solicitan do pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro. Manifestar o apoio da Corporación municipal á iniciativa lexislativa popular impulsada por SOS Sanidade Pública e dar traslado do mesmo á presidenta do Parlamento de Galicia, portavoces parlamentarios e presidente da Xunta de Galicia.

Segundo Animar aos veciños e veciñas do noso concello a colaborar con esta iniciativa.

Terceiro. Instar á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade a garantir a sanidade pública como servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a xestión pública e directa do sistema de saúde de Galicia.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira está totalmente de acordo con esta moción porque de sempre o tema sanitario, como a educación, é un dos piares fundamentais da sociedade e polo tanto votará a favor.

Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez considera necesario concretar algúns temas da exposicións de motivos inda que na maioría estean de acordo, referente a privatización da sanidade o PP defendeu e defende o seu carácter público e así o demostrou con feitos e agora con actuacións nos hospitais de Lugo, Vigo, Pontevedra, e centros de saúde; educación e sanidade cos gobernos do PP non van deixar de ser públicos, gratuítos e de calidade; é falso que o goberno do PP estea a privatizar a sanidade galega, o financiamento mediante fórmulas público-privadas estase a utilizar en tódolos ámbitos da xestión pública, e consiste na construción dun edificio que financian varias empresas as cales se lles adxudican servizos complementarios nun período de tempo para amortizar ese investimento; están de acordo en aumentar a capacidade produtiva da atención primaria e aí está a mellora nas probas complementarias; en canto a xestión descentralizada tamén están de acordo, recorda que foi o PP o primeiro en implantar o modelo que logo o bipartito PSOE-BNG o deixou paralizado, é unha pena que non fixera a petición neses catro anos aos compañeiros de partido, é agora o PP o que volve a impulsar ese modelo porque quere unha sanidade pública, mellorar a capacidade resolutiva dos centros de atención primaria e manter un modelo descentralizado, por elo propoñen unha emenda transacional nese sentido

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña indica que si estamos de acordo votemos a moción, o fondo está claro e as coincidencias nese sentido son evidentes, non vai entrar no debate de si fixeron ou deixaron de facer, hai cousas moi criticables e aí están os exemplos das fundacións que logo tivo que absorbelas o Sergas e os problemas económicos que trouxeron; isto é unha iniciativa lexislativa popular que impulsa esta plataforma e pide que se vote a favor.

O Sr. Feal Pereira destaca que o punto 3 da moción fala de garantir que a sanidade pública sexa un servizo universal, gratuíto e de calidade e manter a xestión pública e directa do sistema de saúde de Galicia, mentres que o portavoz popular fala de investimentos privados que se amortizarían co uso de cafeterías, comedores, etc, considera que son cousas diferentes, este modelo non funciona nas comunidade valenciana e madrileña, o que van facer é ir reducindo servizos gratuítos, os que quedan son gratuítos pero cando teñamos necesidade de certos servizos vai haber que pagalos.

O Sr. López Rodriguez para votar a favor da moción propón a seguinte emenda transacional:

1°) Instar á Xunta de Galicia que continúe defendendo o carácter público da sanidade galega presentando unha asistencia sanitaria de calidade para todos os galegos e realizando unha xestión eficiente e responsable dos recursos públicos.

2°) Instar á Xunta de Galicia a que prosiga mellorando a capacidade resolutiva da atención primaria.

3°) Instar á Xunta de Galicia ao mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias como espazos para a planificación, a asignación e xestión integral dos recursos en base as necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.

A Sra. Presidenta pregunta aos presentadores da moción si aceptan esta emenda transacional, manifestando o Sr.Pérez Sardiña que non teñen inconveniente en que se engadan eses puntos a súa moción e o Sr. Feal Pereira tampouco ve reparo en que se engada.

A Sra. Presidenta insiste en que se trata de substituír unha proposta por outra e o Sr.Pérez Sardiña en que se engada.

Á vista de que non hai acordo, a Sra. Presidente somete a votación a moción presentada, manifestando o Sr.Pérez  que engaden a emenda a súa proposta.

O pleno da Corporación en votación ordinaria, con catro votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto, e cinco en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeitar a devandita moción.


8.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE O REXEITAMENTO DA REFORMA LABORAL APROBADA POLO GOBERNO CENTRAL. Vista a moción presentada polo grupo BNG sobre o rexeitamento da reforma laboral aprobada polo Goberno central na cal reflrense a aprobación do Real Decreto-Lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, considerando que socava as bases das relacións laborais e limita os dereitos dos traballadores, tanto económicos como a capacidade de negociación; estas medidas non crearan emprego nin estabilidade laboral, o PP aplica unha politica ao servizo de quen máis ten, debilitando a posición das persoas traballadoras. A nova regulación laboral: 1) reduce as indemnizacións por despedimento improcedente case un terzo, 2) estende as posibilidades de abaratar os despedimentos e amplía as causas obxectivas de extinción, 3) permite medidas de flexibilización interna de xeito unilateral polas empresas, 4) desampara as persoas traballadoras no caso de despido colectivo ao eliminar o control da administración laboral, 5) crea un contrato de apoio aos emprendedores aplicable ao 99 % do emprego en Galicia que permite o despedimento libre e gratis o primeiro ano, 6) racha o sistema de negociación colectiva sectorial e territorial.

Esta reforma laboral terá un impacto negativo para as persoas traballadoras e o concello de Cabanas debe expresar o seu rexeitamento, por todo elo o grupo do BNG solicita a adopción do seguinte acordo:

1. Manifestar o rexeitamento da Corporación municipal á reforma laboral aprobada polo Real Decreto 3/2012, do 10 de febreiro, instando ao Goberno central a:

Proceder á derrogación de díta norma.

Acometer unha mellora das relacións laborais, en base ao consenso e negociación cos representantes sindicais , que protexa ás persoas traballadoras fronte á precariedade laboral e inclúa estímulos reais para a xeración de emprego de xeito inmediato.

2. Comunicar o presente acordo aos grupos parlamentares do Congreso de Deputados e Parlamento de Galicia, Presidente do Goberno do Estado e Presidente da Xunta de Galicia.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira está totalmente de acordo con esta moción, máis cando mañá vai ser un día de folga xeral contra esta reforma, é a

primeira consecuencia do cese dos dereitos dos traballadores, despois disto non sabe que lle pode quedar aos traballadores.

Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez manifesta non estar de acotdo, alude a destrución de postos de traballo dende o inicio da crise e que o obxecto da reforma é manter os postos de traballo e que o despido sexa o último recurso, manter o dereito ao traballo e crear o dereito a formación, facilitar a creación de emprego e recuperar o crecemento económico, busca a estabilidade no emprego e maiores oportunidades cun contrato a medida e máis transparencia e seguridade xurídica tanto para empresarios coma para traballadores; os axentes socíais acadaron un acordo sobre moderación social que o Gobemo ve con satisfacción, mantense a obriga de comunicación a autoridade laboral nos EREs e financiamento dun plan de recolocación, a reforma intenta fomentar o emprego estable e indefinido e a este tipo de contratos váiselles aplicar incentivos fiscais, da conta das distintas bonificacións a aplicar e como conclusión sinala que non están de acordo co que segundo a moción, vostedes esperan desta reforma.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña considera que o grupo popular ten que apoiar ao gobemo do Estado neste momento inda que as súas medidas sexa lesivas e reduzan claramente dereitos dos traballadores, pon como exemplo que reduzan a xornada laboral a unha traballadora municipal estando de baixa médica argumentando cuestión económica con datos non fundamentados e hoxe aproban un convenio coa Igrexa católica por 134.000 € e redactado por un arquitecto externo, pregúntase que coherencia teñen defendendo ao goberno do Estado e por outro lado vulnerando os dereitos laborais, deben explicar como gastan o diñeiro desta maneira e como xustifican a redución da xornada.

O Sr. Feal Pereira considera que a única novidade que presenta esta reforma laboral é "lo tomas o lo dejas", fai mención a que con oito días de baixa laboral en tres meses é causa obxectiva de rescisión de contrato, compensar un salario co seguro de desemprego, e moitas cuestións mais das que se podía falar, aquí acábase de poñer un exemplo claro e este portavoz xa explicou que a aparelladora podía, facer outros proxectos e insiste no de "lo tomas o lo dejas", pero si os traballadores necesitan das empresas, estas necesitan de traballadores, uns sen outras non existen.

O Sr. López Rodriguez en primeiro lugar indica que a traballadora do concello non estaba de baixa, ponse de baixa despois, en segundo lugar o convenio coa Igrexa é para ter uns terreos, non se lle paga a Igrexa 135.000 euros, e en terceiro lugar os proxectos os redactan e firman os arquitectos. A reforma laboral é necesaria e valente, aprobada polo gobemo para combater a taxa de desempregados, non había marxe para que as empresas creasen emprego e esta reforma estimula a pymes e autónomos a contratar traballadores, incentiva contratos de xoves e fomenta a recolocación de traballadores, é penoso que o PSOE critique a reforma despois do fracaso que impuxo de forma unilateral hai dous anos, debíalle dar vergonza facelo.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con catro votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto, e cinco en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeitar a mencionada moción.

9.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE TROCO DE PARTICIPACIÓNS PREFERENTES POR DEPÓSITOS DE PRAZO FIXO. A continuación dáse conta da moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto, na que alude ao anuncío do Presidente da Xunta de Galicia o 16 de marzo dunha solución para a fraude das participacións preferentes consistente no sometemento das partes a un laudo arbitral; a arbitraxe é unha solución prevista no ordenamento xurídico pero a adhesión non é obrigatoria para ningunha das partes, pero ademais esta arbitraxe requiriría a aprobación doutras entidades como o Banco de España. A realidade é que a solución ofertada non só é inviable senón que carece do máis mínimo rigor e manifesta a lixeireza con que a máxima autoridade de Galicia trata estes temas; en Galicia segundo as asociacións, habería máis de cen mil afectados e a maioría clientes das extintas Caixas de Aforro e a maioría doutras entidades financeiras teñen ofertado algún tipo de solución as preferentes, e mesmo NGB din que están a traballar en solucionar o problema, o partido socialista de Galicia e consciente de que a supervivencia de NGB depende da aparición de inversores pero tamén que se restaure a confianza na entidade mediante a devolución dos cartos aos afectados.

Polo exposto propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

O pleno do concello de Cabanas insta á Xunta de Galicia a:

Dirixirse ao Bando de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores para que nun prazo non superior a un mes, autoricen as propostas que realicen as entidades financeiras galegas, nomeadamente NCB, de troco de participacións preferentes por depósitos de prazo fixo, permitindo con elo que os afectados por este tipo de produtos perpetuos poidan acceder aos seus aforros nun prazo limitado de tempo.


Dirixirse á Comisión Europea ou a calquera outro organismo da Unión Europea que teña atribuídas competencias de vixilancia, supervisión e control sobre os cartos prestados polo FROB a. NGB, para que preste as autorización precisas para trocar as preferentes por depósitos a prazo fixo,

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta o apoio a esta moción, habería que dende as Administracións Públicas controlar máis o crac bancario causado por unha desregulación e unha falta de vixilancia e control, iso non tivese acontecido se non houbese ese descontrol pois non estariamos na actual crise económica.

Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodríguez manifesta estar de acordo no fondo da cuestión, pero este problema afecta a máis de trinta entidades, sorpréndelle que despois do acordo unánime do Parlamento de Galicia apareza o PSOE con esta moción con certo afán de protagonismo, propoñendo o troco por depósitos a prazo fixo que non aceptan a maioria dos afectados, está claro que necesitan unha solución pero terán que dicir eles cal lles parece boa, propón apoiar o acordo adoptado no Parlamento que dí:

Apoiar as persoas afectadas polas participacións preferentes na súas legais reclamacións.

Instar a Xunta de Galicia, ao Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores para que promova e no seu caso preste as autorizacións necesarias a Novagaliciabanco e ao resto das entidades financeiras para dar solución a recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia que desexen recuperalos cartos investidos neste produto.

Instar as entidades financeiras que operan en Galicía e que emitiron participacións preferentes para que promovan unha solución aos subscritores de participacións preferentes que

desexen recuperalos cartos investidos neste produto, permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado.

Apoiar e informar aos posibles afectados pola comercialización das participacións preferentes, sobre as vías de reclamación das que dispoñen a través das oficinas do Instituto Galego de Consumo e demandar das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa sobre mercados de instrumentos financeiros e comercialización no tramo minorista de produtos financeiros.

Que o Instituto Galego de Consumo remita semestralmente á Comisión terceira do Parlamento un balance do número de afectados e das reclamacións presentadas nas súas oficinas.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira considera que eses puntos que cita o concelleiro popular non contradín en nada aos da moción, búscase a recuperación do diñeiro polos que fixeron o investimento enganadamente, para o cal necesítase aprobación das entidades que forman parte disto, CNMV, Banco de España, FROB de selo caso ou a UE; os prazos serán os que marquen eles pero necesítase recuperar ese diñeiro sen merma, hai que ter en conta que co laudo arbitral pode establecerse unha contía menor e non se podería reclamar, polo tanto mantén os puntos da moción.

O Sr.López Rodriguez indica que o laudo arbitral é unha das solucións, o acordo formulado polo Parlamento de Galicia ten as portas abertas a unha solución satisfactoria para a maioría das persoas, non sabe por que o PSOE quere limitar o acordo a que o cambio se realice por depósitos a prazos fixos porque hai persoas que necesitan o diñeiro xa, si se aproba como está no Parlamento están de acordo, non entende por que limitarse solo a depósitos a prazo fixo.

O Sr. Feal Pereira aclara que non ve inconveniente en que se incorporen os puntos aprobados polo Parlamento aos da moción, pero hai un punto que fala de arbitrar decisións entre entidades e investidores, unha destas decisións é esta que están a presentar.

O Sr. López Rodriguez estima que se están limitando as medidas que se aprobaron de forma xeral polo Parlamento, pode haber outras e cada caso é moi particular.

Despois dun debate entre o Sr. Feal Pereira e o Sr.López Rodriguez defendendo as súas posicións, a Presidencia somete a votación ordinaria a moción presentada, resultando aprobada con catro votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto e cinco abstencións dos membros do grupo Popular.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

10.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 007 do 20- 01-2012 ata a número 071 do 23-03-2012.

Informes sobre a morosidade. De acordo co establecido no artigo 5°.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación dos informes de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes aos 2°, 3° e Trimestres de 2011.

Liquidación orzamento 2011. No cumprimento do establecido no artigo 193.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, dáse conta da resolución da Alcaldía 050/2012 pola que se aproba a liquidación do orzamento do exercicio 2011, a cal presente o seguinte resultado:


Concepto                                                                                    Importe en euros     

Dereitos recoñecidos netos                                                         3.371.437,55     

Obrigacións recoñecidas netas                                                    3.275.661,03     

Resultado orzamentario axustado                                              84.869,78     

Dereitos recoñecidos pendentes de cobro do exercicio            475.698,66     

Obrigacións recoñecidas pendentes de pago do exercicio        409.252,27     

Fondos liquidos en Tesourería                                                 153.793,84    


11.- ROGOS E PREGUNTAS.

a). Preguntas por escrito.

a.1. Preguntas presentadas polo grupo municipal do BNG en escrito do 27 de marzo de 2012.

a.1.1. Detállannos unha serie de irregularidades na execución de chalés na encrucelada de Cardeita entre as que se atopan a elevación da cota do nivel natural do terreo en máis de 15 m, a altura excesiva das vivendas illadas por mor de sotos desproporcionados, a apertura de viais non contemplados nas Normas Urbanísticas, etc. Cales son as medidas cautelares que adoptou a alcaldía en relación á denuncia formulada por parte de varios veciños, das irregularidades nas obras da urbanización do cruce de Cardeita?


a.1.2. Vendo como os exemplos de corrupción se multiplican. Que medidas pode adoptar un concello como Cabanas para paliar, na medida do posible, a corrupción que nos invade?

a.1.3. O pasado 21 de marzo chegou un escrito da CMATI sobre "retnisión de copia de denuncia áridos asfálticos depositados por Manmer S.L. no monte de San Lourenzo". Pódelle explicar resumidamente o contido á Corporación?

a.1.4. Sobre o convenio de colaboración entre cemiterios veciñais e o Concello e á vista de que só vemos por rexistro a ratificación presentada polo Cemiterio Veciñal Dato de Laraxe. Pódenos concretar con quen ten convenio en materia de cemiterios o Concello de Cabanas?

Sobre fusións municipais e cuestións relacionadas:

a.1.5 Recentemente a Mancomunidade dos Concellos de Ferrolterra anunciou a posta en marcha do servizo de canceira. Valora o goberno local a adhesión a esta comunidade de servizos?

a.1.6. No debate sobre a fusión, tamén xorde con forza a idea de suprimir as Deputacións provinciais, filtros intermedios das subvencións estatais que fóra de servizos como o de recadación ou asistencia a municipios. O goberno local apoiaría unha proposta encamiñada á supresión das Deputacións?

a.1.7. Sobre as distintas entrevistas que lles ftxeron aos alcaldes de Cabanas e Pontedeume non vimos en ningunha que se negase a fusión dos dous municipios, apenas se condiciona a un estudo e unha consulta. Pode informar á Corporación sobre as negociacións que se están mantendo sobre a fusión? O goberno local só baralla a opción de fusión con Pontedeume?

a.1.8. A fundación adxudicataria do Punto de Atención á Infancia solicitou a revisión económica do contrato que ten co Concello por un déficit na prestación do servizo de 8.486,00 €. Hai novidades sobre a sostibilidade do servizo?

a.1.9. Sabemos pola prensa que o goberno local do PP solicitará un préstamo bancario para pagar a débeda contraída con Augas de Galicia e cubrir fóra de prazo os compromisos

correspondentes ao Concello da obra de abastecemento de Vilar do Colo. Pódenos concretar en que estado se atopa o expediente? Cantas ofertas se presentaron?

a.1.10. A partir do 1 de abril vai subir novamente a luz. Que medidas está a adoptar o goberno local para aforrar nos recibos? Van chegar as partidas económicas previstas no orzamento de 2012?

a.1.11. Sobre os derrubos de edificios fóra de ordenación. Hai algunha novidade sobre a segunda fase do Penso?

a.1.12. Despois de coñecemos pola web a normativa de transparencia do Goberno estatal do PP, sabemos que en Cabanas non a practican á vista de que a supervisión do expediente de subministración da nova furgoneta municipal marca Ford tivo un novo episodio coa negativa do rexedor a darlle ao portavoz municipal copia de tres documentos concretos do expediente. O artigo 28 da. Lei 30/1992 expresa que son motivos de abstención de intervir nos procedementos administrativos "2.E) Tener relación de servicio con persona natural o jurídica interesada directamente en el asunto, o haberle prestado en los dos últimos años servicios profesionales de cualquier tipo y en cualquier circunstancia o lugar". Non cre o goberno local que sería coherente co facer do PP no goberno central a dimisión do alcalde Germán Castrillón Permuy por quebrantar o principio de separación de intereses privados na acción pública?

a.1.13. Rogo. Na zona de Laraxe hai cada día máis xente a pedir e xa se produciu algún roubo. Rogamos medidas suplementarias de patrulla preventiva para mellorar a seguridade cidadá.

a.1.14. Rogo. Diante da capela do Peón o chan recortado pola traída de auga estase a afundir. Rogamos que se adopten as medidas oportunas para a reparación e emenda do problema.

a.1.15. Rogo. Na zona das Modias houbo caída dunha persoa por mal estado do firme, rogamos o arranxo inmediato.

a.2. Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto en escrito do 27 de marzo de 2012.

a.2.1. Ante o período de seca inusual que estamos a padecer:

¿Que tipo de actuacións ten pensado tomar o grupo de Gobemo para facer fronte á máis

que posible escaseza de auga para o consumo nos vindeiros meses e na época de verán na que tradicionalmente existen problemas de abastecemento na rede municipal de auga ?.

Están previstas medidas para facer fronte á posible escaseza de auga nas parroquias que non teñen rede de abastecemento municial?

a.2.2. Seguindo co tema da seca que estamos a padecer:

¿Está o grupo de Goberno previndo a posible inciden.cia de incendios no termo municipal?.

¿Qué e cales son as accións que se están a preparar?

a.2.3. Ante o problema do paro, e as previsibles consecuencias negativas da reforma laboral recentemente aprobada polo goberno Central:

d Está o grupo de Goberno a facer algunha iniciativa máis que a expresada no anterior pleno a pregunta do concelleiro do PSdG-PSOE que a de buscar prácticas en dúas empresas do polígono industrial de Vilar do Colo?

- ¿Está o grupo de Goberno promocionando a formación no emprego, incentivando o asentamento de novas empresas e emprendedores, está o grupo de Goberno promocionando ás empresas existentes no termo municipal ? De ser afirmativa a resposta, ¿de que xeito?

A Sra. Presidenta indica que serán contestadas no próximo pleno.

En canto a preguntas orais á vista da situación do Sr.Alcalde, os grupos renuncian a formular preguntas orais.

Non habendo máis asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas c vinte e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

V° e Prace,

A Alcaldesa accidental,    O Secretario,

Acta da sesión extraordinaria do pleno de Cabanas do día 26 de abril de 2012

Asistentes:

GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande, Dª. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan A. López Rodriguez, D.Julian R.Seijas Criado. 

GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña

GrM AEC D.José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López

GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezaoito horas do día vinte e seis de abril de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Germán Castrillón Permuy coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día. Non asisten as concelleiras Dª.Ana Rosa Méndez Eiroa e Dª.Mª. Teresa de Jesús García Pita por motivos de traballo.

1. DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN APOIO Ó FUTURO DOS ESTALEIROS DE NAVANTIA NA RÍA DE FERROL. A continuación dáse lectura polo Secretario á seguinte proposta de declaración institucional en apoio ó futuro dos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol: “A grave situación do sector naval na ría de Ferrol constitúe unha seria e fonda preocupación para o conxunto dos veciños e veciñas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e, por extensión, para os seus representantes públicos en todos os Concellos das tres comarcas.

A aguda crise que atravesan os estaleiros de Navantia Fene-Ferrol, sen  novos contratos que incrementen a hoxe en día practicamente inexistente carga de traballo e as súas consecuencias en forma de destrución de empresas e de emprego na industria auxiliar, é motivo de alarma para os axentes económicos e sociais e para a sociedade en xeral, que ten manifestado a súa inquedanza con varias mobilizacións masivas que de non variar a situación repetiranse, pois está en perigo un sector estratéxico para o presente e o futuro das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

As vinte e unha Corporacións Municipais que refrendamos esta declaración institucional advertimos de que a carencia de novos contratos que garantan a ocupación nos estaleiros da ría así como as limitacións produtivas no ámbito da construción naval civil e das reparacións supoñen unha seria ameaza para o futuro do naval, un sector que é irrenunciable para todos nos.´

Máis aínda cando neste momentos o número de parados en Ferrolterra, Eume e Ortegal supera por primeira vez a cifra das 20.000 persoas.

Por todo isto, e entendendo que o porvir das tres comarcas ten un dos seus eixos no naval público, os Concellos que subscribimos esta declaración nunca nos resignaremos a contemplar o desmantelamento e a morte por inanición dos estaleiros de Navantia na ría ferrolá.

Os representantes públicos municipais de Ferrolterra, Eume e Ortegal apostamos con esta acción conxunta por uns estaleiros que representan o pasado, o presente e o futuro das nosas comarcas.

Para elo, fronte á difícil situación do naval, os Concellos abaixo asinantes reclamamos con urxencia os seguintes puntos:

1.- Manter unha reunión do presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), cos Comités de Empresa de Navantia Fene-Ferrol, conxuntamente coa presenza de representantes públicos municipais e axentes sociais e económicos das comarcas de Ferrolterra-Eume-Ortegal.

2.- A construción do dique flotante e a reactivación da xestión comercial co obxectivo de conseguir novos contratos que garantan carga de traballo para os estaleiros da ría ferrolá, que é a verdadeira preocupación dos nosos veciños.

3.- Negociación do Plan Industrial para Navantia, comprometido e asinado por SEPI.

4.- Levantamento de todas as limitacións, impostas por Bruselas, á Construción Naval Civil a Navantia.

5.- O nomeamento da nova presidencia de Navantia.

6.- Instar ás organizacións políticas a buscar o cumprimento e seguimento destes obxectivos”.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que en calquera caso o seu voto vai a ser a favor pero gustaríalle que se incluísen na declaración os seguintes puntos relacionados con acordos do Parlamento de Galicia:

1º Esixir a celebración dunha entrevista urxente co Presidente da SEPI conxuntamente cos representantes sociais, políticos, e económicos de Ferrolterra-Eume-Ortegal.

2º. Demandar da Goberno do Estado:

a) A consignación dentro dos orzamentos xerais para 2012, para a construción do dique flotante a realizar por Navantia Ferrol-Fene.

b) Desenvolver unha intensa actividade comercial que incida na promoción das capacidades e competitividade de Navantia e sinaladamente dos estaleiros da ría de Ferrol, buscando a captación de contratos que xeren carga de traballo.

c) O inicio inmediato das negociacións coa U.E. para conseguir o levantamento do veto a construción naval civil nos estaleiros públicos da ría de Ferrol.

3º. Demandar do Goberno Galego:

a) Que en cumprimento da proposición non de lei aprobada por unanimidade no Parlamento Galego o pasado 29 de xaneiro, se presente o proxecto de centro de reparacións navais na ría de Ferrol comprometido polo Presidente da Xunta no coñecido como contrato con Ferrol.

b) Dar cumprimento efectivo ao Decreto 4/2010 do 23 de xuño, de fomento do sector naval de Galicia, nomeadamente do seu artigo 4º para o cal deberá presentarse no Parlamento Galego unha proposta concreta.

4º. Demandar das organizacións políticas, nomeadamente das que detectan responsabilidades de goberno, o cumprimento estrito e inmediato das demandas da comarca respecto do sector naval e nomeadamente as asumidas por unanimidade do Parlamento Galego.

Polo grupo popular: a portavoz Dª. Mª. Eva Pazos Bande indica que o partido popular de Cabanas manifesta a súa preocupación e apoio ao sector naval da ría de Ferrol, que pasa por unha grave situación; dada a importancia que para todos ten o sector naval de Ferrol a maioría das Corporacións locais das comarcas de Ferrol-Eume-Ortegal nos unimos para defender conxuntamente un sector estratéxico, e levamos a cabo esta declaración institucional de acordo cos comités de empresa de Navantia Fene-Ferrol; existe un compromiso do Presidente do Goberno Sr. Rajoy par impulsar a construción naval en Ferrol, está presentando propostas en Europa e mantendo reunións para novos contratos como é o caso de México, pero a xestión non se fai en tres meses, xa tiña que habela realizado o goberno socialista. En canto a engadir novos apartados a declaración, a maioría xa están recollidos, a inclusión de consignación orzamentaria para construción do dique hai que falar dun acordo asinado en Bruselas en 2005 polo PSOE que marca as restricións ao estaleiro de Fene, da lectura ao punto 9 dese acordo onde consta que as actividades civís de Navantia non se beneficiarán de axuda estatal, polo tanto a inclusión desa consignación é algo que non se pode facer, tería que ser en todo caso a SEPI ou Navantia os que teñan que facer un plan financeiro para executar o dique flotante.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira ten entendido que o manifesto foi elaborado polos sindicatos, e polo tanto parécelle demagóxico todo o que se está a debater, ou estamos ou non estamos a favor do naval, non é momento de votar culpas a ninguén, débese estar a favor do dique flotante e non entende que no Parlamento de Galicia se vote en contra da iniciativa da deputada socialista Beatriz Sestayo, calquera tipo de negociación do Sr.Rajoy ou doutra persoa para traer carga de traballo benvida sexa, en canto ao acordo de 2005 foi conse-cuencia dun problema acaecido cando gobernaba o PP e houbo que solucionalo desa maneira; está de acordo cos puntos do manifesto e non debe dárselle máis voltas, o punto 6 é moi claro os sindicatos queren un seguimento polos grupos políticos dos puntos anteriores, que non sexa demagóxico todo isto, o partido socialista está a favor de todo o que sexa favorable para a comarca e o sector naval é estratéxico.

A Sra. Pazos Bande di que non pretenden ser demagóxicos, simplemente un grupo pide a inclusión nesta declaración que se consigne nos orzamentos do Estado unha partida para o dique e iso non pode ser en base a un acordo firmado que está vixente e marca a situación actual dos estaleiros, por iso hai que recorrer a el para contestar a petición do BNG.

O Sr.Alcalde aclara que o manifestos foi consensuado cos sindicatos e os concellos e tamén que o PSOE non foi a traballar a Bruselas, non se preocupou diso, firmou o que lle deu a Unión Europea e ademais que en Navantia Fene-Ferrol non pode haber máis de 5.500 obreiros traballando, vamos apoiar ao naval pero hai cousas que non se poder pasar por alto.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable dos nove membros presentes, acorda aproba-la indicada declaración institucional tal como foi presentada.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as dezaoito horas e vinte minutos, da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.

Vº e Prace

O Alcalde,                                                                                               O Secretario

Acta da sesión extraordinaria do pleno de Cabanas do día 26 de abril de 2012

Asistentes:

GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. 

GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.

GrM AEC D.José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López

GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezaoito horas e trinta minutos do día vinte e seis de abril de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación Don Antonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste a concelleira. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa por motivos laborais.

1. MODIFICACIÓN REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO PAI DE AS VIÑAS. Visto o expediente tramitado para aprobación da modificación do vixente Regulamento de réxime interno do Punto de Atención á Infancia (PAI) de As Viñas, aprobado polo pleno da Corporación na sesión realizada o 25 de abril de 2011 e publicado no BOP n° 14 de data 20 de xaneiro de 2012, co obxecto de efectuar as correccións derivadas das modificacións da normativa aprobada polo Decreto 49/2012 da. Consellería de Traballo e Benestar.

Despois do estudo do asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oitos votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e Mixto e dúas abstencións dos membros do grupo BNG, acorda:

1°. Aprobar provisionalmente a modificación do regulamento de réxime interno do Punto de Atención a Infancia (PAI) de As Viñas.

2°. Someter a información pública o referido acordo e texto do regulamento modificado, polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3°. No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

2. MODIFICACIÓN PREZO PÚBLICO SERVIZO PAIS DE AS VIÑAS. Visto o expediente tramitado para modificación do prezo público polo servizo do Punto de Atención á Infancia de As Viñas, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, coa documentación que consta no devandito expediente e ditame da comisión de facenda.

Despois do estudo do asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con sete votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC e tres abstencións dos membros do grupo BNG e Mixto acorda:

1°. Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: prezo público pola prestación do servizo punto de atención a infancia de as Viñas, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.°. Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3°. No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

3. CONCERTACIÓN OPERACIÓN DE CRÉDITO. Visto o expediente para concertar unha operación de préstamos para o financiamento da achega municipal para a obra Dotación de abastecemento de auga e mellora para o poligono de Vilar do Colo e futura ampliación industrial, Cabanas, por importe de 237.575 euros, prevista no orzamento municipal para 2012.

Visto que se solicitaron ofertas a entidades bancarias, publicouse anuncio no perfil de contratante e no periódico La Voz de Galicia, e despois das xestións realizadas conseguiuse a presentación dunha oferta por NCG Banco S A unha vez rematado o prazo.

Visto o establecido no artigo 52.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, informe de Intervención e ditame favorable da Comisión de Facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López entende que con esta operación queda liquidado o proxecto de abastecemento de auga a Laraxe e Vilar do Colo e o mesmo tempo que se fixo o posible para conseguir a oferta económica máis vantaxosa para o Concello e de acordo con iso votarán a favor.

Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez manifesta que a pesares de non haber ofertas no prazo da convocatoria as condicións nas que se conseguiu a operación de préstamo son moi boas para o momento actual

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos Popular, BNG e AEC e unha abstención do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:

1°. Adxudicar a NCG Banco S.A. a concertación da operación de préstamo por importe de 237.575 para financiamento da obra Dotación de abastecemento de auga e mellora para o poligono de Vilar do Colo e futura ampliación industrial, Cabanas, nas seguintes condicións:

- Importe: 237.575 euros.

Tipo de xuro: Euríbor a 3 meses+ 5,50 puntos.

Tipo de xuro mínimo: 6,50 %.

Tipo de xuro máximo: 12,00 %.

Liquidación xuros e amortizacións: trimestral

- Prazo: 120 meses.

Comisións: exento.

2°. Comunicar a concertación desta operación á Dirección Xeral de Politica Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia segundo dispón o TRLRFL.

3°. Facultar ao Sr.Alcalde D. Germán Castrillón Permuy para subscribi-lo contrato de préstamo nos termos que resulten do presente acordo, outorgamento de escritura, percibi-lo seu importe e subscribi-los documentos necesarios para a formalización do referido préstamo.

4. CREACIÓN DE FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL. Visto a necesidade de creación de ficheiros en materia de emprego e promoción económica, de conformidade co previsto no artigo 20 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, así como no artigo 53 do Regulamento de desenvolvemento da LOPD aprobado polo Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, a creación , modificación ou supresión dos ficheiros de carácter persoal das administracións públicas só poderán facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros acorda:

1°. Aprobar a creación dos ficheiros que se citan a continuación, sendo o responsable destes: - Nome do órgano responsable: Concello de Cabanas.

- Denominación do ente: Concello de Cabanas.

Dependencia: Concello de Cabanas.

- Administración á que pertence: Administración Local.

CIF: A1501500 A

- Domicilio: Rúa da Concello, n° 3

Código postal: 15621 Localidade: Cabanas

Provincia: A Coruña

Pais: España

Teléfono:981495959

- Fax: 981431944

2°. Publicar o anuncio de creación dos ficheiros no Boletín Oficial da Provincia.

3°. Solicitar da Axencia de Protección de Datos, unha vez efectuada a publicación á que se refire o apartado anterior, que proceda a inscrición dos ficheiros no Rexistro de Protección de Datos.

FICHEIRO A)

NOME DO FICHEIRO: "Agentes de promoción económica"

Finalidade e usos previstos do ficheiro:

Xestionar os datos dos axentes de promoción económica que prestan servizo no Concello de Cabanas, co fin de poder ser identificables polos usuarios aos que dirixen as súas accións.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Axentes de emprego contratados polo Concello.

Procedemento de recollida de datos:

Os datos obteranse por medio de comunicación oral, escrita ou telemática, recolléndose nos distintos formularios cumprimentados polo/a traballador/a, tanto en soporte papel coma informático ou electrónico.

Estrutura básica do ficheiro e tipo de datos:

Datos identificativos (nome, apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono, email).

Cesións de datos de carácter persoal e transferencias de datos a países terceiros:

Os datos de carácter persoal contidos neste ficheiro serán cedidos á Consellería de Traballo e Benestar, e ao C.E.E.I. Galicia S.A. (BIC Galicia). Así mesmo, poderán transferirse a outras administracións publicas cando sexa óbice para as materias da súa competencia.

Non se prevé a cesión de ditos datos a países terceiros.

En todo caso, a cesión de datos que contén este ficheiro sen necesidade de consentimento por parte da persoa afectada, só se realizará a favor doutras administracións públicas competentes na materia e ó abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e no Real decreto 1720/2007, que aproba o Regulamento de desenvolvemento de dita lei.

Órgano responsable do ficheiro:

A persoa que exerza o posto de Alcaldía do Concello de Cabanas , como responsable superior de todo o persoal e impulsor de tódolos servizos administrativos; dito ficheiro manterase, conservarase e actualizarase polos axentes de promoción económica.

Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Os axentes de promoción económica, serán perante quen se poderán executar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición destes datos.

Sistema de tratamento: mixto

Nivel de protección:

As medidas de seguridade para este ficheiro son de carácter básico.

FICHEIRO B.

NOME DO FICHEIRO: "Participantes en acciones de promoción de empleo"

Finalidade e usos previstos do ficheiro:

Xestionar os datos das persoas asesoradas ou participantes en actividades de formación e apoio a emprendedores, empresarios e persoas en busca de emprego.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Emprendedores, empresarios, persoas en busca de emprego, ou que queiran participantes en actividades de formación.

Procedemento de recollida de datos:

Os datos obteranse por medio de comunicación oral, escrita ou telemática, recolléndose nos distintos formularios cumprimentados polo/a persoa asesorada ou participante en actividades, tanto en soporte papel coma informático ou electrónico.

Estrutura básica do ficheiro e tipo de datos:

Datos identificativos (nome, apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono, fax e. email); datos do proxecto de creación de empresa (Nome do proxecto, tipo, descrición, estado, data de inicio e fin).

Cesións de datos de carácter persoal e transferencias de datos a países terceiros:

Os datos de carácter persoal contidos neste ficheiro serán cedidos á Consellería de Traballo e Benestar, a C.E.E.I. Galicia S.A. (BIC Galicia). Así mesmo, poderán transferirse a outras administracións publicas cando sexa óbice para as materias da súa competencia.

Non se prevé a cesión de ditos datos a países terceiros.

En todo caso, a cesión de datos que contén este ficheiro sen necesidade de consentimento por parte da persoa afectada, só se realizará a favor doutras administracións públicas competentes na materia e ó abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e no Real decreto 1720/2007, que aproba o Regulamento de desenvolvemento de dita lei.

Órgano responsable do ficheiro:

A persoa que exerza o posto de Alcaldía do Concello de Cabanas, como responsable superior de todo o persoal e impulsor de tódolos servizos administrativos; dito ficheiro manterase, conservarase e actualizarase polos axentes de promoción económica.

Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Os axentes de promoción económica, serán perante quen se poderán executar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición destes datos.

Sistema de tratamento: mixto

Nivel de protección:

As medidas de seguridade para este ficheiro son de carácter básico.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás dezaoito horas

e corenta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe. e p ace,

O Alcalde,    O Secretario


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 30 DE MAIO DE 2012
Concelleíros asistentes:
Da. Eva Ma. Pazos Bande.
Da. Esperanza Gayoso Pereiro.
D. Juan A. López Rodriguez.
Da. Ana Rosa Méndez Eiroa.
D. Julián Ramón Seijas Criado.
D. Xosé Manuel Pérez Sardiña.
Teresa de Jesús García Pita.
D. José C. Rey García.
D. Luis A. Fachal López.
D. Delfin Feal Pereira
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día trinta de maio de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.
PARTE RESOLUTIVA.
ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dada conta das actas de sesións anteriores realizadas unha o día 28 de marzo e dúas o día 26 de abril de 2012, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros; despois de preguntar a Presidencia se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, o concelleiro D. Delfín Feal Pereira manifesta que no punto 4 da acta do 28-03-2012 na súa intervención recóllese o quórum das 2/3 partes para fillo predilecto pero referíase a todo, segundo se quedou na xunta de portavoces, mentres que o Sr.Alcalde aclara que ese quórum non era para todo; despois do cal o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, agás as abstencións do Sr. Alcalde e o Sr. Fachal López na correspondente o 28 de marzo por non asistir a sesión, acorda aproba-las referidas actas.
BAIXA DO CONCELLO DE CABANAS COMO SOCIO DO CIT EUMETURISMO. Visto o escrito do Centro de Iniciativas Turísticas Eumeturismo sobre a disolución do C.I.T. no cal sinalan que a súa Directiva fixou como data de disolución definitiva o 30 de maio de 2012, así como o aumento de custos estimados e reintegro de axuda da Consellería de Traballo, correspondendo a este Concello como asociado achegar a cota de 510 euros segundo o balance de contas adxunto.
Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros acorda a baixa a partir desta data do Concello de Cabanas como socio do Centro de Iniciativas Turísiticas Eumeturismo, así como, o pagamento da liquidación correspondente a este Concello por importe de 510 euros.
SOLICITUDE DE FINANCIAMENTO SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS 2012. Visto do Decreto 99/2012, do 16 marzo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (D.O.G. n° 63, do 30 de marzo de 2012), así como o proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes acorda:
1°.- Solicitar á Consellería de Traballo e Benestar, a transferencia finalista para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal regulada no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
2°. Que o importe total do financiamento solicitado, segundo se reflicte no resumo xeral deste anexo V, é de 120.293, 61 euros, co seguinte detalle:
Persoal: 15.013,00 euros.
Mantemento: 0,00 euros.
Axuda no fogar:
* Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 7.249,81 euros.
* Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 88.114,80 euros.
Xestión de programas: 9.871,00 euros.
3°. Declarar que os servizos sociais comunitarios municipais seguen a prestarse, nas mesmas
condicións que no ano anterior.
4°. Comprometerse a cofmanciar o mantemento e o desenvolvemento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal incluídos no proxecto anual presentado para a solicitude da transferencia finalista correspondente ao exercicio 2012 na contía de 160.793,09 euros, que supón unha porcentaxe sobre o orzamento total do proxecto, excluídas outras achegas autonómicas.
4.- SOLICITUDE INTEGRACIÓN DO CONCELLO DE CABANAS NA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL. Vista a memoria da Alcaldía na cal despois de expoñer a conveniencia da prestación de certos servizos de forma conxunto con outros concellos da comarca para unha maior eficiencia na xestión, propón solicitar a incorporación do Concello de Cabanas á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.
Visto os Estatutos da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, publicados no DOG n° 12 do 17 de xaneiro de 2001 coa modificación publicada no DOG n° 30 do 14 de febreiro de 2011, constituída polos concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño.
Visto o informe de Secretaría coa lexislación de aplicación e tramitación a seguir.
Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros, co que se cumpre o quórum requirido no artigo 47.2.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, e artigo 215.3.b) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, acorda:
1°. Solicitar a incorporación do concello de Cabanas á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.
2°. Aproba-los Estatutos da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol publicados no DOG n° 12 do 17 de xaneiro de 2001 coa modificación publicada no DOG n° 30 do 14 de febreiro de 2011, e constituída polos concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño.
3°. Facultar ao Sr.Alcalde para presentar dita solicitude e trámites que resulten necesarios para a execución do presente acordo.
5.- CREACIÓN E DELEGACIÓN DA XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE CABANAS. Visto o Convenio marco de colaboración para o uso compartido da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña polos concellos da provincia e Acordo de encomenda de xestión entre o Concello e Deputación Provincial da Coruña para tramitar as solicitudes de certificados electrónicos.
Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros, acorda:
A creación da sede electrónica do concello de <<Cabanas>>, de titularidade municipal,
cuxo enderezo electrónico de referencia será: <<sede.cabanas.es>> configurándose como unha subsede da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña (sede.dicoruna.es) e que estará accesible para a cidadanía directamente a través do seu enderezo ou a través do enderezo desta última.
A delegación da xestión e administración da sede electrónica municipal e para tal fin, a adhesión ao convenio marco de colaboración aprobado pola Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o vinte e oito de outubro de dous mil once, para a utilización compartida da súa sede electrónica, e cuxo texto se recolle máis adiante.
Realizar todas as actuacións que resulten necesarias no ámbito das competencias
municipais para dar cumprimento aos compromisos asumidos no devandito convenio e, en particular, adoptar o acordo de encomenda de xestión entre o Concello e a Deputación Provincial da Coruña para tramitar as solicitudes de certificados electrónicos de empregado público, selo e sede electrónica, que resulta necesario para a aplicación do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia e cuxo texto se recolle máis adiante.
Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia.
CONVENIO 1\,1,-RCO DE COLABORACIÓN PARA O USO COMPARTIDO DA SEDE ELECTRÓNICA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA POLOS CONCELLOS DA PROVINCIA E PARA A XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN DAS SEDES ELECTRÓNICAS MUNICIPAIS.
<<Localidade>>, <<dia>> de <<mes>> de <<ano>> REUNIDOS
Dunha parte, D.     , que actúa en nome e representación da Deputación
Provincial da Coruña en virtude das competencias atribuídas pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
E doutra, D    , alcalde do Concello de Cabanas, que actúa en nome e
representación do concello, en virtude das competencias atribuídas igualmente pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Ambas as dúas partes, recoñécense a capacidade legal e competencia necesarias para formalizar o presente convenio,
EXPON' EN
Primeiro.- Que a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, creou o concepto de «sede electrónica», xustificado pola necesidade de definir claramente a «sede» administrativa electrónica coa que se establecen as relacións, promovendo un réxime de identificación, autenticación, contido mínimo, protección xurídica, accesibilidade,
dispoñibilidade e responsabilidade. O artigo 10.1 da mesma lei define a sede electrónica como «aquela dirección electrónica dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha administración pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias». O apartado 3 do mesmo artigo establece que «cada administración pública determinará as condicións e instrumentos de creación das sedes electrónicas».
Segundo.- Que por acordo plenario, do 29 de abril de 2011, publicado definitivamente no Boletín Oficial da Provincia n° 162 - xoves, 25 de agosto de 2011, creou a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña, cuxo ámbito de aplicación é a totalidade da administración da Deputación provincial, no artigo 14 apartado 4. desta sinálase que estenderá o seu ámbito aos organismos públicos e outras entidades locais que se determinen nos convenios de colaboración que, no seu caso, subscriba a Deputación Provincial da Coruña cos titulares dos organismos públicos e entidades locais.
Terceiro.- Que ambas as dúas partes consideran que interesa no presente caso relacionarse coa cidadanía a través dunha sede electrónica compartida, tanto por razóns de economía como de eficacia, por canto a entidade local ou o organismo público beneficiaranse da experiencia e infraestrutura da Deputación Provincial da Coruña para este tipo de instrumentos.
Ambas as dúas partes están interesadas en procurar a mellor e máis económica prestación de servizos electrónicos aos cidadáns, dando con iso plena satisfacción aos principios e dereitos contidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño, formalizase o presente convenio conforme as seguintes
CLÁUSULAS
PRIMEIRA. Obxecto.- Constitúe o obxecto do presente convenio formalizar a utilización compartida por ambas as dúas partes da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña, co obxectivo de dar vía a través dela á xestión e servizos que competen ao concello de Cabanas, no ámbito da administración electróníca.
SEGUNDA. Ámbito de aplicación.- O alcance da xestión e servizos da competencia do concello de Cabanas, a prestar a través da sede electrónica compartida pola Deputación Provincial da Coruña, referirase en exclusiva aos de relación coa cidadanía, conforme a definición dada no anexo da Lei 11/2007, do 22 de xuño, apartado h), sempre que se trate de xestión ou servizos de obrigatoria prestación a través dunha sede electrónica. A inclusión de calquera tipo de xestión ou servizo distinto dos anteriores deberá suxeitarse á regra sobre inclusión de contidos adicionais establecida no presente convenio.
TERCEIRA. Características da integración.- A xestión e servizos do concello prestaranse na sede electrónica do concello <<sede.cabanas.es>> que se integrará na sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña (sede.dicoruna.es) constituíndo a sede electrónica municipal unha subsede desta.
CUARTA. Obrigas das partes para aplicar o convenio.
1. Para aplicar o presente convenio, o concello de Cabanas, comprométese a:
Manter permanentemente actualizados os contidos municipais específicos da sede electrónica do concello con plena aplicación das normas que rexen para ela e, moi especialmente, as que se refiren aos dereitos dos cidadáns contidos no artigo 6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño.
Respectar na súa integridade os criterios e politicas aprobados para a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña na súa norma de creación (Ordenanza de administración electrónica da Deputación Provincial da Coruña) que constituirá a normativa de referencia.
Asumir a responsabilidade como titular da xestión e dos servizos da súa competencia postos ao dispor da cidadanía.
Designar un representante permanente único, e un substituto deste, para a relación permanente cos responsables da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña, para os efectos do seu mantemento e resolución de problemas, con facultades suficientes para a toma de decisións nesta materia.
2. Pola súa banda, a Deputación Provincial da Coruña comprométese a:
Manter permanentemente actualizados os contidos comúns das sedes municipais na da sede electrónica provincial con plena aplicación das normas que rexen para ela e, moi especialmente, as que se refiren aos dereitos da cidadanía contida no artigo 6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño
Manter de forma permanentemente dispoñible para os cidadáns o acceso á xestión e servizos correspondentes ao concello de Cabanas, incluídos na sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña
Asumir a responsabilidade que lle compete por razón da titularidade e a xestión tecnolóxica da sede provincial.
Achegar a infraestrutura técnica e organizativa necesaria para a execución do convenio. Comunicar urxentemente ao concello, a través do seu representante, cantas incidencias
puidesen xurdir e, de forma moi especial, as que puidesen comportar a interrupción dos servizos. Proporcionar aos responsables designados polo concello a formación e o asesoramento
precisos para o mantemento permanente dos seus contidos específicos.
Actualizar tecnoloxicamente os sistemas, de acordo co estado da técnica.
Aplicar criterios estritos de seguridade, conformes ao que establece o Esquema Nacional de Seguridade, con aplicación da normativa sobre protección de datos de carácter persoal contida en Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD) e na súa normativa de desenvolvemento.
Designar un interlocutor único para os efectos da relación operativa co concello asinante.
QUINTA. Inclusión de contidos fóra do ámbito do convenio.- A utilización da sede electrónica compartida para incluír contidos, xestións ou servizos, que non sexan os estritamente pertencentes ao ámbito deste convenio conforme ao acordado na cláusula segunda, requirirá o previo informe favorable da Deputación Provincial da Coruña, que terá en conta a adecuación dos contidos adicionais, os medios dispoñibles e os criterios adoptados en supostos similares en relación coa mesma sede.
SEXTA. Custo.- O uso das infraestruturas que a Deputación provincial pon ao dispor do concello para a prestación dos servizos recollidos no presente convenio non suporá custo ningún para o concello e, en particular, o uso dos certificados e sinaturas electrónicas que sexan precisos sempre que a súa obtención se realice en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
SÉTIMA. Prazo de duración.- O presente convenio terá unha duración de 4 anos, renovándose automaticamente por igual período se non se produce denuncia deste por calquera das partes.
OITAVA. Revisión e comisión de seguimento.- Por pedimento de calquera das partes, poderá crearse unha comisión paritaria para o exame, seguimento, coordinación e, no seu caso, proposta de modificación do convenio.
NOVENA. Resolución de incidencias.- As partes comprométense a resolver de mutuo acordo as incidencias que puidesen xurdir na súa interpretación e cumprimento.
Publicación.- O presente convenio, en aplicación do principio de publicidade oficial establecido no artigo 10.3 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, será obxecto de publicación no «Boletín Oficial da Provincia» mediante resolución da Presidencia da Deputación Provincial da Coruña, sen prexuízo da súa divulgación a través da propia sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.
E en proba de conformidade, ambas as partes subscriben o presente convenio no lugar e data indicados no encabezamento.
O/A Alcalde do concello de Cabanas    O Presidente da Deputación
Provincial da Coruña
Asdo:    Asdo:
ACORDO DE ENCOMENDA DE XESTIÓN ENTRE O CONCELLO DE CABANAS E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA PARA TRAI\ETAR AS SOLICITUDES DE CERTIFICADOS ELECTRÓNICOS DE EMPREGADO PÚBLICO, SELO E SEDE ELECTRÓNICA
<<Localidade>>, <<día>> de <<mes » de <<ano>>
REUNIDOS
Dunha parte, D    , presidente da Deputación Provincial da Coruña,
que actúa na súa representación
E doutra parte, D    , alcalde do Concello de Cabanas, que actúa en
nome e representación deste.
As partes recoñécense mutuamente plena competencia e capacidade para subscribir a presente encomenda de xestión e
MANIFESTAN
O 13 de xullo de 2010 a Xunta de Galicia asinou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (en diante a FEGAMP) un convenio de colaboración para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais (en diante EE.LL.) da Comunidade Autónoma de Galicia. Este convenio favorece un novo modelo de relación entre as administracións públicas galegas e define un catálogo de servizos que permitirán impulsar a administración electrónica na EE.LL. de Galicia que se adhiran ao convenio.
O 29 de setembro de 2010, a Xunta de Galicia asinou un contrato coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (en diante ENNIT-RCM) cuxo obxecto é a prestación dos servizos técnicos, administrativos e de seguridade necesarios para garantir a validez e eficacia da emisión e recepción de comunicacións e documentos electrónicos no ámbito da Xunta de Galicia e de, entre outros organismos, os concellos e as Deputacións provinciais.
3.- O 14 de decembro de 2010 tras a reunión da Comisión de Seguimento do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da administración electrónica (en diante o convenio) acórdase incluír no seu catálogo de servizos, aqueles que abarca
contrato coa FNMT-RCM. Os concellos e Deputacións provinciais adheridas ao convenio poderán consumir os servizos incluídos no contrato coa FNMT-RCM.
O 26 de abril de 2011 o presidente da Deputación Provincial da Coruña aprobou a súa adhesión ao convenio, que foi asinada posteriormente con data do 2 de maio de 2011.
Do mesmo xeito, o Concello de Cabanas, aprobou a través do Pleno da Corporación a súa adhesión ao convenio, asinada posteriormente con data <<Data sinatura adhesión concello>>. Ambas as institucións están no ámbito de aplicación do convenio e poderán acceder aos servizos do contrato coa FNMT-RCM.
Na Declaración de Prácticas de Certificación da FNMT-RCM cítase expresamente que os certificados do ámbito da Lei 11/2007 os emiten a FNMT-RCM por conta da Administración pública correspondente á que a FNMT-RCM presta os servizos técnicos, administrativos e de seguridade necesarios como prestador de servizos de certificación, polo que os usuarios destinatarios son o persoal da Administración Pública do Reino de España, ben sexa dun órgano, organismo, entidade da administración xeral, autonómica ou local do Estado.
Aínda que a administración titular do certificado e/ou o responsable da Oficina de Rexistro teñen a obriga de "non realizar rexistros ou tramitar solicitudes de persoal que preste os seus servizos nunha entidade diferente á que representa como Oficina de Rexistro", a mesma Declaración recolle a posibilidade de crear "Oficinas de Rexistro centralizadas ou de convenios entre administracións para efectuar rexistros".
En ocasións existe unha limitación de determinados concellos e outras entidades locais para constituír e manter ao día a infraestrutura de rexistro e solicitude do certificados tipo AP para
persoal ao seu servizo, así como os de sede e selo electrónico, pero a normativa vixente en materia de réxime local atribúelles ás Deputacións provinciais un labor de coordinación moi favorable para a extensión do uso dos certificados deste tipo, polo que é factible que as Deputacións provinciais poidan constituírse como un Rexistro delegado de certificados AP: persoal, selo e sede electrónica para as administracións locais do seu territorio, o que se instrumentaría mediante unha encomenda.
8.- A devandita Lei 11/2007 non impide, nin limita, a actividade de rexistro por parte dos prestadores de servizos de certificación (sobre todo no caso da FNMT-RCM, na súa condición de organismo público), senón que fomenta a interoperabilidade entre as diferentes AA.PP. Así, o artigo 13.3, cita que as AA.PP poderán utilizar os seguintes sistemas para a súa identificación
electrónica e para a autenticación dos documentos electrónicos que produzan:    "d) Intercambio
electrónico de datos en contornas cerradas de comunicación, conforme ao especificamente acordado entre as partes." A regulación deste sistema detállase no artigo 20:
"Artigo 20. Intercambio electrónico de datos en contornas cerradas de comunicación.
1. Os documentos electrónicos transmitidos en contornas cerradas de comunicacións establecidos entre administracións públicas, órganos e entidades de dereito público, serán considerados válidos para os efectos de autenticación e identificación dos emisores e receptores nas condicións establecidas no presente artigo.
Cando os participantes nas comunicacións pertenzan a unha mesma Administración pública, esta determinará as condicións e garantías polas que se rexerá que, polo menos, comprenderá a relación de emisores e receptores autorizados e a natureza dos datos que se han intercambiar.
Cando os participantes pertenzan a distintas administracións, as condicións e garantías citadas no apartado anterior estableceranse mediante convenio.
En todo caso deberá garantirse a seguridade da contorna cerrada de comunicacións e a protección dos datos que se transmitan."
Pola súa banda, no capítulo I, do título IV, desta norma determínase o marco institucional de cooperación en materia de administración electrónica, baseado no Comité Sectorial de Administración Electrónica, nos Esquemas Nacionais de Interoperabilidade e de Seguridade e nas redes de comunicacións das administracións públicas españolas.
Neste último caso, o artigo 43 desta mesma lei expresa:
"A Administración xeral do Estado, as Administracións autonómicas e as entidades que integran a Administración local, así como os consorcios ou outras entidades de cooperación constituídos para tales efectos por estas, adoptarán as medidas necesarias e incorporarán nos seus respectivos ámbitos as tecnoloxías precisas para posibilitar a interconexión das súas redes co fin de crear unha rede de comunicacións que interconecte os sistemas de información das Administracións públicas españolas e permita o intercambio de información e servizos entre elas, así como a interconexión coas redes das institucións da Unión Europea e doutros Estados membros."
Esta regulación supón o recoñecemento legal da comunicación entre distintas administracións por medio de redes telemáticas, así como a súa validez para todos os efectos, sempre que se garanta a seguridade e integridade da contorna cerrada de comunicación e a protección dos datos remitidos.
9.- Considerando moi favorable, para a extensión do uso dos certificados deste tipo entre as administracións locais da provincia da Coruña, que a Deputación Provincial da Coruña exerza as súas competencias de asistenta técnica a estas, permitindo, a xestión da tramitación por conta dos citados concellos de certificados electrónicos dos citados na Lei 11/2007 e recollidos no presente acordo.
As partes intervenientes, na representación e coas facultades que os seus respectivos cargos lles confiren, recoñécense reciprocamente capacidade e lexitimación para asinar o presente acordo, de conformidade co artigo 15 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXPAC, formalizándoo sobre a base das seguintes
CONDICIÓNS
Primeira. O obxecto do presente acordo é que o Concello de Cabanas lle atribúa á Deputación Provincial da Coruña, a encomenda da tramitación, por conta e en nome do Concello de Cabanas, de solicitudes de emisión, suspensión e revogación de certificados electrónicos. As peticións serán dirixidas á FNMT-RCM na súa condición de prestador de servizos de certificación. Os certificados serán os da Lei 11/2007: de persoal ao servizo da administración, de sede electrónica e de actuación administrativa automatizada (selo electrónico), que se expidan a nome do Concello de Cabanas.
Segunda.- En ningún caso, a Deputación da Coruña se considerará a administración titular do certificado, respectando a súa titularidade a nome do Concello de Cabanas, e os datos consignados na petición.
Terceira: A petición de certificados, do ámbito da Lei 11/2007 antes citados, por parte do Concello de Cabanas á Deputación da Coruña, realizarase a través da sede electrónica da Deputación (sede.dicoruna.es), sempre que cumpran os Esquemas Nacionais de Interoperabilidade e Seguridade, sen que sexa necesaria a comparecencia física do persoal do Concello de Cabanas ante a oficina de rexistro da Deputación. A constatación da personalidade e demais datos esixidos, presumirase polo feito da petición realizada polo persoal competente do Concello de Cabanas a través das redes citadas, polo que poderán realizar tamén as peticións en papel mediante o envío á Deputación dos documentos públicos administrativos correspondentes por parte do Concello de Cabanas.
Na petición do Concello de Cabanas constatarase a vontade de que sexa emitido, suspendido ou revogado o certificado de que se trate e identificarase nominalmente de forma conxunta á persoa titular do posto de traballo ou cargo que exerce, ao Concello de Cabanas e ao órgano ou unidade na que preste servizo, tal e como consten na petición que realice o propio Concello de Cabanas, todo iso nos formatos establecidos pola FNMT-RCM.
Cuarta: A petición de expedición deste tipo de certificados dirixirase por parte do Concello de Cabanas ao responsable das operacións de rexistro (ROR) da Deputación Provincial da Coruña a través do trámite electrónico disposto para o efecto na sede electrónica da Deputación ou mediante o envío da documentación en papel. Unha vez validada, por parte da Deputación Provincial da Coruña, a petición de certificados realizada polo Concello de Cabanas, a Deputación, a través da súa `ROR', solicitará á FNNIT-RCNI a emisión dos certificados correspondentes mediante a aplicación de rexistro proporcionada pola FNMT-RCM. Co mesmo procedemento poderá solicitar a suspensión ou revogación dos certificados. A Deputación só poderá solicitar a suspensión ou revogación deste tipo de certificados no caso de que o suposto estea recollido na Lei 59/2003, de sinatura electrónica, normas de desenvolvemento ou na DPC da FNMT-RCNI.
Os sistemas, técnicas e aplicacións que se van utilizar no intercambio de información, especificaranse nos procedementos de rexistro proporcionados pola FNMT-RCM á Deputación, que trasladará aos empregados do Concello de Cabanas para realizar as peticións de certificados.
Para iniciar o procedemento e tramitar de forma segura as peticións de certificados, unha copia auténtica desta encomenda será remitida, pola Deputación á Xunta de Galicia como asinante do contrato coa FNNIT-RCM, xunto cos datos identificativos dos responsables de ambas as dúas administracións (os do Concello de Cabanas, que realizarán as peticións de rexistro á Deputación, e os desta no caso de que aínda non lle conste á FNXIT-RCNI). A Xunta de Galicia remitirá a copia da encomenda xunto cos datos identificativos dos representantes á FNMT-RCIVI para que lle conste tal acordo e co fin de dar de alta no Sistema de Rexistro do Departamento CERES desta entidade e xestionar os permisos correspondentes. Non é posible iniciar a alta no sistema de rexistro se non se ten constancia da entrega da citada copia auténtica desta encomenda xunto cos datos antes referidos.
Quinta: A petición de emisión, suspensión ou revogación destes certificados á Deputación realizaraa o persoal delegado competente do Concello de Cabanas, utilizando para iso o seu certificado persoal clase 2, o de empregado público ou o DNI electrónico.
Sexta: A Deputación da Coruña asesorará en todo momento o persoal do Concello de Cabanas durante o proceso de petición e solicitude do certificado, así como no seu uso e custodias seguras, proporcionándolle a formación adecuada para iso. Pola súa vez, a FNMT-RCM resolverá as incidencias e consultas correspondentes á Xunta de Galicia e á Deputación polas canles existentes.
Sétima: O Concello de Cabanas e a Deputación serán os únicos responsables das peticións e solicitudes de emisión, suspensión ou revogación dos certificados electrónicos ás deputacións, respondendo da veracidade dos datos consignados e da vontade do Concello de Cabanas de que sexa emitido, suspendido ou revogado un certificado AP (Lei 11/2007).
Oitava: Financiamento. O presente acordo non comporta obrigacións económicas para as partes, por afectar a cuestións organizativas das administracións intervenientes. Novena: O presente acordo terá unha duración de 4 anos renovándose automaticamente por igual período se non se produce a súa denuncia por calquera das partes, sen prexuízo da facultade das partes para subscribir un novo. No entanto, o presente acordo quedará extinguido cando se extinga a adhesión do Concello de Cabanas ao convenio coa Xunta de Galicia.
E en proba de conformidade con canto antecede, asínase o presente acordo en exemplar triplicado e para un só efecto, no lugar e data arriba indicados.
O/A Alcalde do Concello de    O Presidente da Deputación Provincial
Cabanas    da Coruña
Asdo.    Asdo.
6.- MOCIONS SOBRE O INCENDIO NAS FRAGAS DO EUME. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos: BNG e Nlixto, sobre o incendio nas Fragas do Eume.
A) A moción presentada polo grupo BNG alude ao incendio que afectou ás Fragas do Eume e ás múltiples consecuencias ambientais, ecolóxicas e económicas que se poden derivar desta catástrofe, poñendo en risco vidas humanas e zonas de alto valor ecolóxico. As accións preventivas e de actuación nestes casos deben partir de politicas globais para poñer en valor o patrimonio natural e fomentar o desenvolvemento sostible.
Por elo propoñen o seguinte acordo:
1°. Investigar exhaustivamente as causas que provocaron o incendio e das actuacións levadas a cabo na prevención e extinción do mesmo.
2°. Adoptar inmediatamente as medidas e accións conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do incendio no ecosistema do Parque Natural (monte, río e ría). Avaliar os impactos medioambientais e económicos causados polo incendio e posterior erosión e iniciar o proceso de rexeneración da zona afectada.
3°. Adoptar as medidas políticas e administrativas para que ninguén se beneficie de xeito directo ou indirecto das consecuencias do incendio.
4°. Elaborar e aplicar urxente e inmediatamente o obrigado Plan Rector de Usos e Xes tión do Parque, así como o programa forestal coa súa correspondente dotación económica, consensuados cos propietarios, organizacións ecoloxístas e outros colectivos.
5°. Realizar as xestións necesarias para rematar co conflito social existente entre os propietarios e a Xunta desde a creación do parque.
6°. Garantir en todo momento o caudal ecolóxico do Río Eume e afluentes.
7°. Dotacións económicas específicas nos orzamentos da Xunta de Galicia de partidas destinadas para a protección e posta en valor dos espazos protexidos, nomeadamente o Parque Natural das Fragas do Eume.
8°. Retirar a Lei de Montes en tramitación parlamentaria por non apostar pola diversificación dos usos do monte e si pola entrega do mesmo aos monopolios da madeira e o fomento do monocultivo (fundamentalmente do eucalipto).
9°. Modificar a politica do lume, entendendo que as actuacións máis eficaces son aquelas de tipo preventivo e non as baseadas unicamente na extinción dos incendios.
B) A moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto refírese a que o pasado 31 de marzo declarábase no municipio da Capela un incendio que afectaba ao Parque Natural das Fragas do Eume, no que é unha das maiores traxedias medioambiental, ecolóxica e económica das últimas décadas nesta rexión; fala dos recortes para politicas destinadas á xestión e ordenación do monte e á prevención de incendios, o inverno máis seco dos últimos 50 anos e o lume que arrasou máis de 750 ha do Parque, falta de previsión e irresponsabilidade do Goberno de Feijoo. Os parques naturais son o noso patrimonio natural máis valioso e non foron alleos á politica de austeridade mal entendida do Goberno de Feijoo e as consecuencias son evidentes no incendio das Fragas do Eume.
Por todo o exposto somete á consideración do Pleno para que adopte o seguinte acordo:
1°. Deseñar e implementar de xeito urxente un Plan especial de restauración medioambiental das Fragas do Eume, en colaboración con: concellos, veciñanza e organizacións tanto agrarias, gandeiras, forestais e conservacionistas, coa suficiente dotación económica que permita optimizar os recursos europeos e contribúa á recuperación e rexeneración das zonas devas­tadas polos lumes con criterios de sostibilidade e aproveitamento multifuncional, que incluirá, entre outras, as seguintes medidas:
Elaborar un informe de avaliación e valoración dos danos causados polo incendios forestais, indicando a superficie calcinada, a titularidade da propiedade e as competencias de xestión das zonas afectadas.
Avaliar os danos ecolóxicos e ambientais e dar a coñecer ao conxunto da cidadanía toda a información obtida para promover unha maior conciencia ambiental acerca dos impactos que causan cada ano os incendios en Galicia.
Levar a cabo accións urxentes e efectivas co fin de evitar a erosión e as escorrentías, priorizando aquelas zonas de mato máis danadas e con maior pendente, utilizando para elo prefe­rentemente a palla como método máis rápido cas herbáceas.
Publicar de xeito urxente lifias específicas de axudas dirixidas aos propietarios afectados co fin da restauración e a rexeneración das zonas danadas polos lumes.
Executar as obras de restauración de infraestruturas rurais e camiños, así como de restauración de vías verdes e apoiar medidas de prevención de pragas e de retirada da biomasa forestal queimada.
Deseñar liñas específicas de axudas dirixidas á propietarios e titulares do monte e aos concellos, co fin de apoiar medidas de desenvolvemento rural e de mantemento das actividades agrogandeiras e forestais a través da posta en marcha de prácticas agroambientais compatibles coa conservación dos espazos naturais protexidos, tal que permita incentivar as externalidades positivas do espazo natural protexido no Parque Natural Fragas do Eume.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande lamenta a perda ambiental e económica que supón o incendio das Fragas do Eume; en canto as mocións están de acordo con varios puntos pero non é o momento para traelas dous meses despois, as medidas de urxencia de certas actuacións xa se tomaron, estanse investigando as causas e pide que se aclaren, así como os datos reais de afectación, tamén se tomaron medidas para evitar a erosión, limpeza, drenaxe, colocación de filtros, estender palla, e vaise levar a cabo a plantación de especies autóctonas e corta e saca de eucaliptos e pinos danados polo fogo, a día de hoxe pódese observar que as medidas para evitar a erosión foron eficientes; están de acordo coa elaboración dun plan de recuperación da zona e implicar a poboación real afectada, e tamén é necesario elaborar o plan reitor de usos e xestión das Fragas do Eume con compromisos e investimentos concretos e indica que desde o Concello xa desde hai tempo se están a promover reunións entre propietarios e Administración da Xunta.
Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña entende que os acordos que se están formulando aquí non son a pasado senón tamén a futuro, hai que traballar con outras coordenadas e aprender dos erros cometidos para que a situación do Parque Natural sexa outra e non a que era, apostan pola adopción de medidas adecuadas para prevención do lume en Cabanas e evitar problemas sobre todo en núcleos dentro do Parque a protexer, os acordos propos tos van nese camiño.
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta estar a favor da maior parte dos puntos das mocións, tamén está de acordo en que se están a executar algúns puntos, pero isto debería ensinarnos a que non se están facendo as cousas ben, o tema dos incendios non é solo apagalos senón prevelos, por aí debe retomarse o estudo a formular de novo.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira indica que as sesións do Pleno son as que son, e estas mocións como xa dixeron os portavoces anteriores non están fora de tempo, hai medidas que xa se están tomando e polo tanto vostedes estarán de acordo, pero hai outros puntos que non se deberían ningunear porque as Fragas do Eume son unha xoia sen explotar, por elo non entendería que se abstiveran ou votasen en contra.
A Sra. Pazos Bande sinala que van a rexeitar estas mocións porque non é o momento nin o lugar, as medidas foron tomadas e están en execución, estase a promover polos Alcaldes un consenso entre propietarios e a Administración para resolver o conflito existente dende hai moitos anos nas Fragas do Eume, non comprende que lles queiran dar leccións de como hai que actuar cando estiveron vinte e cinco anos neste goberno e non fixeron nada polo Parque Natural das Fragas do Eume, e polo tanto non queren xerar crispación.
O Sr.Alcalde aclara que non van intervir onde non temos competencias nin tomar decisións cando os propietarios ao mellor non están de acordo, os gobernos dos cinco concellos que pertencen as Fragas do Eume están traballando na mesma dirección en tratar que os problemas das Fragas do Eume se traten directamente polos propietarios que viven e dependen deses terreos coa Consellería correspondente da Xunta de Galicia, neste sentido xa houbo algunha reunión para solucionar algunhas cuestións e para seguir co plan reitor de usos e xestións, polo tanto non poden votar a favor desas mocións como xa explicou a portavoz do grupo popular.
A continuación pásase a votación por separado das mocións presentadas.
A) Moción do grupo BNG, sométese a votación ordinaria resultando rexeitada con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto, e seis en contra dos membros do grupo Popular.
B).Moción do grupo mixto presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, sométese a votación ordinaria resultando rexeitada con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e mixto, e seis en contra dos membros do grupo Popular.
7.- MOCIÓNS SOBRE DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO ANTE AS MEDIDAS DO GOBERNO DE ESPAÑA. A seguir trátase igualmente en conxunto as mocións presentadas polos grupos: BNG e Mixto, sobre a defensa do ensino público diante as medidas adoptadas polo Goberno de Esparia.
A moción presentada polo grupo BNG fala da constitución pola comunidade educativa galega da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para manifestar o rexeitamento ao R.D-Lei 14/2012, para esixir da Consellería de Educación que non aplique ningún recorte contidos no RD Lei e que o recorra por invadir competencias da Xunta de Galicia. A educación é un dereito e os gobernos teñen a obriga de garantir as mellores condicións para mellorar as diferenzas sociais e formar xeracións nos valores de liberdade, igualdade, dereitos humanos e democracia, non se poder medir con criterios de rendibilidade económica e con oferta de calidade universal.'
Máis iso non sucede agora, o goberno galego ven aplicando sucesivos recortes ao ensino público, orzamento, persoal docente, gratuidade libros de texto, cubrición de baixas, masificación de aulas, etc.; co pretexto de crise golpéase de maneira grave o ensino público, e vai supoñer:
Incrementar as ratios de alumnos por aula, impor o incremento dunha xornada lectiva semanal mínima para o profesorado, non substituír o profesorado de baixa, eliminar o requisito de ofertar dúas modalidades de bacharelato, adiar a implantación de ciclos de formación profesional, incrementar as taxas universitarias, e con elo atacar gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito a igualdade de oportunidades e despido de profesorado.
Por elo solicitan do Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Solicitar do Goberno Galego que actúe como tal e non se someta a decisións que van en contra do ensino galego, que se negue, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas contidas no RD Lei 14/2012 e presente recurso por invasión de competencias.
A moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto alude ao anuncio do Goberno de España despois de aprobados os orzamentos de 2012, dun recorte de 10.000 millóns de euros en educación e sanidade. As medidas previstas no RD Lei 14/ 2012 son nocivas para o sistema educativo e consideran que esta politica non é a única posible, fai mención ao Plan de Estabilidade 2012-2015 remitido a Bruxelas, posibilidade de elevar o número de alumnos por aula e masificación das aulas, elevación das horas lectivas do profesorado, cobertura de baixas sen recorrer a persoal adicional, eliminación de complementos retributivos, redución da obriga de ofertar dúas modalidades de bacharelato, aprazamento da actualización de módulos de ciclos de FP, incremento de taxas universitarias e do criterio unánime de expertos, asociacións de pais e sindicatos de que estas medidas afectarán negativamente a calidade do ensino, diferenzas sociais e vota a épocas predemocráticas. Estas medidas favorecerán o ensino privado, redución de profesorado, masificación de aulas e non resolven problemas de fondo como o fracaso escolar.
Polo exposto propón o Pleno a adopción do seguinte acordo:
O Pleno do Concello, remitirá un escrito aos Presidentes dos Gobernos de España e de Galicia para que se derrogue o Real Decreto-Lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación.:
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta que entenden os motivos que se expoñen nas mocións pero o seu grupo se vai abster por considerar que non é este o lugar onde se deben debater, estiman que debe ser o Parlamento de Galicia e o Parlamento español, hai puntos que teñen razón e tamén non se debe confundir optimización de recursos con recortes que son cousas distintas e que se están a producir neste pais.
Polo grupo popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro considera que as medidas do goberno son necesarias para garantir unha educación de calidade, España é o pais da UE con maior fracaso escolar e o goberno aprobou unhas medidas para racionalizar o gasto educativo, non son unha reforma educativa, pero son imprescindibles para garantir a sostibilidade da educación pública e non afectarán a calidade, solo se vai autorizar un 10% de alumnado por clase e a ratio de alumno/profesor en España é a segunda máis baixa da UE, en Galicia é a comunidade onde menos incidencia van a ter estas reformas aprobadas polo 1\ilininsterio e ademáis é unha das máis solventes debido ao traballo feito estes anos, fai mención aos proxectos innovadores e fronte ao que se indica nas mocións sinala que non se van subir as ratios de alumnos por aula, Galicia vai ter a ratio alumnos/profesor máis baixa de España, o horario lectivo está no mínimo esixido, solo se incrementa en secundaria, non haberá substitucións si a baixa é inferior a dez días pero en escolas unitarias será inmediata, tampouco haberá reformas no bacharelato nin suba de matrícula que din.
D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, portavoz do grupo BNG, manifesta que coa educación pásalles como coa prima de risco, non saben ata onde van subir, haber que fan cos concellos porque realmente non é a situación idónea para construír unha sociedade do futuro.
D. Delfín Feal Pereira, concelleiro do PSdG-PSOE no grupo Mixto, estima que tódolos sitios con válidos para debater, a Sra. Gayoso Pereiro falou do fracaso escolar e do custo para as arcas do Estado pero con estes recortes na educación vaise producir unha menor calidade e un maior fracaso escolar, un maior alonxamento dos centros educativos no caso de peches e diminución das posibilidades de axudas ao estudo, a xente non vai poder estudar e esa é a base primordial para o desenvolvemento, e no relativo a programas de innovación recórdalle que os ordenadores para as escolas foron para os centros concertados, esa é a gran diferenza.
A Sra. Gayoso Pereiro sinala que está garantida unha escola pública e de calidade, a calidade non depende de que haxa máis ou menos escolares por aula, de que os profesores traballen máis horas nin tampouco ten que ver co investimento, as medidas son importantes e necesarias, a situación de España é grave, estamos nun tempo de crise e para mudar a situación téñense que tomar medidas e reformas necesarias en educación, a optimización de recursos e os novos plans son fundamentais, por todo elo van rexeitar as dúas mocións.
A continuación pásase a votación por separado das mocións presentadas.
A) Moción do grupo BNG, sométese a votación ordinaria resultando rexeitada con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG, e iMixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC.
B).1\floción do grupo mixto presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, sométese a votación ordinaria resultando rexeitada con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG, e mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC.
8.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRRE A MODIFICACIÓN DO FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS. Vista a moción presentada polo grupo municipal do BNG en cuxa exposición de motivos aluden á aprobación polo goberno do PP na Xunta de Galicia do decreto 99/2010, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, no cal establécese que o servizo de axuda no fogar é un servizo social comunitario básico de carácter público que debe ser garantido polos concellos, fan mención tamén a os distintos conceptos que regula dito decreto. Falan do recorte que desde 2010 está a realizar o goberno do PP, sobre todo neste ano 2012 e este decreto ven a corroborar que o goberno do PP na Xunta de Galicia se desentende por completo dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, en especial do servizo de axuda no fogar, o propio decreto establece que as Deputacións terán que prestar axuda económica e técnica a concellos de menos de 20.000 habitantes pero non obriga cantidades nin porcentaxes, en cambio si obriga a estes concellos a aumentar o 20%.
O servizo de axuda no fogar é ao que teñen que recorrer persoas con diferentes problemas asistenciais e a Xunta con este decreto traslada a competencia pero sen financiamento, en vez de asumir as súas competencias e garantir uns servizos socias comunitarios acorde coas necesidades da poboación, e as consecuencias van a ser moi graves, para persoas usuarias que ademais se lle incrementa o copago, para as arcas municipais e para traballadoras do servizo que poden perde-lo emprego.
Por todo elo solicitan do pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Instar a Xunta de Galicia a:
Manter o financiamento dos gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar básico ás corporacións locais de menos de 20.000 habitantes,así como asegurar un financiamento equivalente ao de anos anteriores aos concellos de máis de 20.000 habitantes.
Contribuír economicamente ao mantemento da totalidade dos servizos sociais comunitarios dos concellos.
Non incrementar a participación económica das persoas usuarias no custe do servizo de axuda no fogar.
Derrogar o decreto e negociar outro no marco da FEGMP.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo popular o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez manifesta que votarán en contra desta proposta porque é totalmente falso o que argumentan, dramatizando e establecendo unhas consecuencias infundadas, non e certo que os concellos de menos de 20.000 habitantes vaian a ser excluídos das axudas, unha cousa é que sexa a Xunta o a Deputación, pero a axuda vai ser igual, no foron recortadas as axudas, como xa lle explicou no pleno de novembro neste Concello se incrementou para 2011 un 18,5°/0 e para 2012 o incremento é dun 7,1 °/o sen o PAI, nin tampouco a Xunta se desentende dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes obrigando a que os financien ou desaparezan, pois son solo 2.500 euros máis os que ten
que poñer este Concello este ano; é falso tamén que se transfira aos concellos unha competencia sen financiamento, os datos din o contrario, nin vai haber as consecuencias graves que menciona.
D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, portavoz do grupo BNG, considera que o Sr. Portavoz do grupo popular vaise tragar as palabras que dixo unha a unha e non vai tardar moito como xa lle pasou nalgún outro caso do que tivemos tamén coñecemento neste pleno, polo tanto non lle ten que contestar.
O Sr. López Rodriguez para que non haxa dúbidas aporta datos sobre financiamento no exercicio 2011 e para 2012, e propón a seguinte emenda: Instar a Xunta de Galicia a que continúe financiando o servizo de axuda no fogar para persoas con dependencia e os traballadores da área do social de tódolos concellos de Galicia e axilizar o financiamento destes dous apartados co fin de mellorala capacidade económica das administracións locais, así como garantir naqueles concellos que superan os 20.000 habitantes ou aqueles que coordinando servizos e presentando as solicitudes sumen máis de 20.000 habitantes, o financiamento do servizo de axuda no fogar básico, e instar a Deputación da Coruña a que cumpra co establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, prestando apoio técnico, económico e xurídico aos concellos para que desenvolvan as competencias que lles son propias en materia de servizos sociais comunitarios, así mesmo, deberá manterse a necesaria colaboración e coordinación entre a Xunta e Deputación asegurando a Deputación da Coruña o financiamento do servizo de axuda no fogar básico e do persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios básicos con perfís profesionais diferentes e complementarios ao do traballador social de referencia para as corporacións locais dos concellos de menos de 20.000 habitantes.
O portavoz do grupo BNG Sr. Pérez Sardiña manifesta que non admiten a emenda proposta.
Debatido o asunto o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG, e mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la devandita moción.
9.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE A SECA. Dáse conta da moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto en cuxa exposición de motivos fala de que o ano 2011 foi o segundo máis seco dos últimos 50 anos e o sétimo máis cálido dende 1961 e no que vai de 2012 as precipitacións foron escasas, por elo propón ao Pleno adopte os seguintes acordos:
Que o Pleno do Concello de Cabanas inste ao Goberno Galego a:
1) Aprobar de xeito inmediato o Plan Especial de actuación en situacións de alerta e eventual seca que sinala a lexislación do Plan hidrolóxico nacional, o borrador do Plan hidrolóxico da Bacía Galicia-Costa e a demais lexislación comunitaria, estatal e autonómica.
2) Adoptar as seguintes medidas para a actual situación de seca:
Avaliar a situación actual de seca e as consecuencias sobre os distintos sectores da economía, medio ambiente e sobre a garantía de abastecemento de auga á poboación.
Actuar con medidas de urxencia naqueles sistemas de abastecemento que poidan poñer en risco a garantía de auga para a poboación ao longo do ano.
Evitar a sobreexplotación dos acuíferos que poidan estar xa danados pola seca.
3) Poñer en marcha as axudas necesarias aos sectores produtivos que están sufrindo as consecuencias da seca: agricultura, gandaría, viticultura e outros, incluíndo cando menos as seguintes:
Implementar de forma urxente axudas directas ás explotacións agrogandeiras afectas, chegando ao máximo permitido pola normativa comunitaria de mínimos.
Arbitrar liñas de financiamento cunha carencia especial nos préstamos dos plans de mellora, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007/2013.
Activar unha liña de préstamos brandos para o aproveitamento de forraxes nas explotacións, para cubrir os déficits das persoas que se dedican á gandaría e agricultura pola compra de forraxe.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta estar a favor, entenden que a situación en Galicia variou un pouco e nesta zona norte a situación dos embalses é boa, pero debemos traballar todos xuntos para prever o que pode ser un verán bastante longo noutras zonas de Galicia e hai unha serie de puntos na moción sobre medidas a tomar que poden ser esas ou outras, pero hai que actuar sobre eles.
Polo grupo popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande fala de que en Cabanas xa se adoptaron medidas e solucionouse o problema de abastecemento que había en Laraxe onde ao Concello lle custou 237.00 euros; en canto ao goberno galego, Galicia xa dispón de dous plans contra a seca, por un lado o plan de emerxencia de protección civil contra a seca que xa foi activado o ano pasado e coordina as distintas administracións e situacións de alarma, e por outro o plan da auga para aumentar e estender o abastecemento que contempla importantes investimentos; no relativo ao plan especial contra a seca, non é de obrigado cumprimento para concas intracomunitarias, pero inda así a Xunta está a proceder a súa redacción porque así consta na lei da auga de Galicia, e as súas determinacións están a guiar as actuación do goberno galego; tamén se está a facer un análise dos abastecementos de auga e medición de caudais de ríos, púxose en marcha unha rede de control de niveis das augas subterráneas e no tocante ao seguimento en outubro de 2011 xa se celebrou reunión da Comisión de seguimento da seca e se leva un seguimento continuo, por todo elo van rexeitar a moción.
D. Xosé Manuel Pérez Sardiña, portavoz do grupo BNG, manifesta estar de acordo coa moción, e en relación coa auga de Laraxe aclara que son 237.000 euros máis os xuros porque ese crédito que pecliron vostedes ten uns custos e hai que dicilo todo.
D. Delfín Feal Pereira, concelleiro do PSdG-PSOE no grupo Mixto, indica que con respecto ao Plan especial de actuación en situacións de alerta e eventual seca, a Xunta o ten elaborado e aprobado nun Consello da Xunta pero non o ten explicitado a ningún grupo do Parlamento polo que pide se saque á luz para poder estudalo.
A Sra. Pazos Bande aclara que os xuros da obra de Laraxe tampouco os sumou ao investimento e ao Plan especial de que fala o Sr. Feal insiste en que non é de obrigado cumprimento inda que o Goberno galego o está a desenvolver.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e mixto, e seis en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeita-la referida moción.
10.- INFORMES DA PRESIDENCIA.
a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 072 do 26-03- 2012 ata a número 125 do 25-05-2012.
b) Informe sobre a morosidade 1°T/2012. De acordo co establecido no artigo 5°.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación dos informes de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes ao 1° trimestre de 2012.
RENUNCIA CONCELLEIRO. Antes de pasar ao punto seguinte de rogos e preguntas, coa autorización da Presidencia, toma a palabra o concelleiro da candidatura BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña para manifestar que presenta a súa renuncia a acta de concelleiro desta Corporación por non poder cumprir no futuro, tal como lle gustaría, cos deberes do cargo.
O pleno da Corporación por unanitnidade acorda tomar coñecemento da renuncia ó cargo do concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña e remitir certificación deste acordo á Xunta Electoral Central para que expida credencial do seguinte da lista que debe substituílo.
Neste intre auséntase da sesión o concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. 11.- ROGOS E PREGUNTAS.
a) Preguntas orais.
a.1.Grupo BNG. Intervención da portavoz D°.    Teresa de Jesús García Pita.
a.1.1) eCales son as medidas cautelares adoptadas polo Concello e en que fase do proceso se
atopa o expediente de denuncia de varios veciños por mor do incumprimento de normas urbanísticas da urbanización do cruce de Cardeita?.
Resposta Sr.Alcalde: paralizouse a obra e estamos nos trámites de que o técnico municipal o informe para tomar as decisións no expediente.
a.1.2) e Despois de ver as devastadoras consecuencias das Fragas do Eume, eque medidas vai impulsar o concello de Cabanas para loitar contra o lume no vindeiro verán?.
Resposta Sr.Alcalde: non estamos en contra das medidas tomadas contra incendios, si a moción viñera solo co tema de incendios para controlar, vixiar e tomar medidas a votariamos a favor, estamos en contra de tomar decisións sen saber o que opinan os propietarios que vivan das Fragas, non temos competencias e non podemos tomar decisións en contra do que crean os propietarios que dependen deses terreos, o grupo popular vai tomar esas medidas e as Corporacións dos cinco concellos están colaborando para que os veciños sexan recibidos polo Conselleiro pois as decisións corresponden á Xunta e cando empecen a falar de consenso cos veciños os apoiaremos, remite as actas da Xunta consultiva onde o concello de Cabanas asiste a tódalas reunións; desde o grupo de goberno se está a traballar para que eses veciños sexan recibidos polo conselleiro que xa é coñecedor do problema, hai compromiso desa reunión para seguir co Plan de usos e xestións, mentres está paralizado, xa antes das eleccións de 2011 os alcaldes nos puxeramos de acordo nese sentido.
A Sra. García Pita considera que como mitin está ben pero non ten nada que ver coa proposta da moción, mentres que o Sr.Alcalde insiste en que si presentan unha moción para os incendios a votarán a favor.
a.1.3). En abril de 2012 hai solicitado polo propietario de Manmer S.L. unha licenza temporal de depósito de áridos, e pode explicar resumidamente o seu contido á Corporación?.
Resposta Sr. Alcalde: hai solicitude de licenza e envióuselle un escrito onde se lle pide unha serie de documentos, entre eles un proxecto técnico, logo tamén está Medio Ambiente, Augas de Galicia, etc.
a.1.4) Sobre o lanzamento de foguetes de artificio, d estase a cumprir a normativa municipal aprobada polo pleno?.
Resposta Sr.Alcalde: estase a cumprir a normativa que depende da Xunta, estase a cumprir dos que temos coñecemento.
a.1.5) Repetir a pregunta de sempre, t queda algunha posibilidade de que amañen o paseo de Cabanas pola beira do río debaixo da ponte de ferro ao lado do espigón, onde a xente que camiña por ali calquera día pode matarse e despois haber de onde saca o concello cartos para indemnizar?.
Resposta Sr.Alcalde: gustaríame reparalo mañá pero hai que ter persoal, cando haxa persoal farase.
Grupo AEC. Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.
a.2.1. Gustaríanos que informase de varios asuntos pendentes, entre eles, t cal é a situación actual do embarcadoiro que está aprobado por este pleno para o campo do Oito, vaise facer a obra, vaise pospoñer ou como está o asunto?.
Resposta Sr.Alcalde: seguimos negociando con Portos e seguimos como estabamos, intentando que cada organismo faga as competencias que lle corresponden, se intenta que veña o dirieiro a través do Estado, en principio non hai conflito ningún.
a.2.2. En relación coa Demarcación de Costas, d houbo algunha reunión a maiores do sucedido na anterior lexislatura, co persoal da Demarcación de Costas sobre os asuntos pendentes, chiringuitos, separata do paseo entre pontes e o espigón ?.
Resposta Sr.Alcalde: o paseo entre pontes está paralizado porque non hai dirieiro, o espigón está encargado un estudo a Universidade e o tema dos chiringuitos estase á espera do que faga o goberno central porque está prevista unha modificación da lei.
a.2.3. Rogo. Haber si somos capaces de arranxar a fochanca que está na saída da autoestrada en dirección a Cabanas, chega o verán, a xente vai falar mal de Cabanas e alguén terá que tomar algunha decisión.
Resposta Sr.Alcalde: me nego a gastar dirieiro onde non lle corresponde ao Concello, mandáronse escritos a Autoestradas, Fomento e a Xunta de Galicia, a este Concello non chego queixa ningunha pero volveremos a recordarllo a eses tres organismos.
Grupo Mixto. Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira. a.3.1. Con respecto as preguntas formuladas no pleno anterior cando se van contestar?. Resposta Sr.Alcalde: vanse contestar por escrito.
a.3.2. Respecto ao período de seca inusual que estamos a padecer, d que tipo de actuación
ten pensado tomar o grupo de goberno para facer fronte a posible escaseza de auga nos vindeiros meses onde xa existen tradicionalmente problemas de abastecemento?, t están previstas medidas para facer fronte a escaseza de auga nas parroquias que non teñen rede de abastecemento municipal ?.
Resposta Sr.Alcalde: no debate da moción xa se debateu, descoñece o que pasou anteriormente pero o problema da parroquia de Laraxe que era un dos máis importantes xa se solucionou, o mesmo que a falta de presión na zona de Cabanas, no relativo ao entorno os pantanos están a tope e nas zonas rurais farase o que se facía cando outras Corporacións, o Concello ten os medios que ten, oxalá se puidera dispoñer de traída para todo o concello pero houbo Corporacións no concello de As Pontes que non deixaron captar auga do pantano da Ribeira e así estamos.
a.3.3. Seguindo co tema da seca, e está o grupo de goberno previndo os incendios no termo municipal?, ecales son as accións que se están a preparar?.
Resposta Sr.Alcalde: as accións son como as de outros anos, non temos competencias incendios, pertencemos ao grupo de bombeiros do Eume que están nas Pontes e farase a limpeza de camiños coma tódolos anos.
a.3.4. Ante o problema do paro e as posibles consecuencias negativas da recente reforma laboral aprobada polo goberno central, e este grupo de goberno vai facer algunha iniciativa máis que a expresada no pleno anterior de buscar prácticas en dúas empresas de Vilar do Colo?, e está o grupo de goberno promocionando a creación de emprego, incentivando aos xestores de novas empresas emprendedores e promocionando empresas existentes no termo municipal e de que xeito?.
Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: o PSOE pensa que a reforma laboral vai traer paro, mentres que o PP pensa que vai solucionar o paro porque para iso se fixo, de todas formas de necesitarse ideas aos últimos que se lle pediría consello para solucionar o paro sería á xente do PSOE, non teñen lexitimidade para facelo.
a.3.5. Con respecto ao incidente dunha reacción alérxica no piñeiral, a procesionaria provoca reaccións alérxicas nas persoas, urticarias e outras, hai algún convenio o algunha actuación para facer un control desa praga?.
Resposta Sr.Alcalde: non somos coñecedores desa incidencia, veñen moitos colexios de excursión e houbo algúns días que afectou pero segundo din foi o polen non a procesionaria, este ano xa pasou e para o próximo farase unha vixilancia do tema.
b). Preguntas por escrito.
b.1. Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira do grupo Mixto en escrito do 29 de maio de 2012.
b.1.1. En relación ao "feirón do 21":
t Cal foi o motivo para volver á súa data orixinal dende anos?
e O estudo inicial que nos amosaron no pleno era baseado en datos reais ou foi para contentar a alguén?.
Resposta Sr.Alcalde: oficialmente a feira do 21 celébrase como se acordou no pleno, outra cousa é que haxa xente que veña o día 21, a do 21 deste mes é o centenario e vaise celebrar o 21, será pola crise que a xente ven ver si consegue vender algo pero non hai outro motivo, os estudos presentados no pleno son baseados en feitos reais, non estamos para favorecer a alguén.
b.1.2. Entonces entendo que fora do 2° domingo de cada mes, si o 21 de cada mes hai xente vendendo material pode ser susceptible dunha sanción?.
Resposta Sr.Alcalde: vostede cree que estamos en época de sancionar a alguén porque veña a vender ali unhas patacas ou unhas leitugas?.
b.1.3. En relación á nova que saíu no periódico, do "barco para pasear polo río":
xa hai algún tipo de convenio "preasignado" ?.
e ese "barco" en que categoría se engloba P.
de que tipo de tripulación constará ?.
cantas persoas pode transportar ?.
Resposta Sr. Alcalde: hai unha subvención da Consellería do Mar para realización das rotas polo río Eume e ademais un convenio firmado onde hai unha cesión desa embarcación, agora a
embarcación atópase na    a tripulación constará dun patrán portuado con mercante tal como
recolle a lexisiación vixente e transportará a oito persoas.
b.1.4. En relación á limpeza de pistas e estradas:
- t Vai o Concello a contratar xente para este cornetido?.
- Cando ten previsto o inicio dos traballos?.
é Está. o Concello sensibilizado na tarefa de lirnpeza desres camiños de tirularidade
municipal, máis dos de outras administracións?, que está a facer ao respecto?.
Resposta Sr.AIcalde: esperamos poder contratar xente, que a Xunta resolva o plan de
coopetación e nos dea xente, creemos que da. Deputación van a vis dtias cuadrillas como tódolos
anos e estamos sensibilizados como estivemos sempre.
b.1.5. En relación ao servizo de socorrismo na praia da fvfadalena:
- t haberá servizo de socorrismo e vixilancia ?.
- cando teñen pensado comezar este servizo e ata cando ?.
Resposta Sr.Alcalde: o servizo ten que habelo, as previsións van a depender da tempo, van a
vir para tres meses e o rnelIor comezan en xullo, cando veria a resolución da Xunta para poder
contratar.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha
horas e vinte rninutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.
e Prace,
0 A.Icalde,    0 Secretario,

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 24 DE XULLO DE 2012


Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Da. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julián Ramón Seijas Criado. Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita.D. José C. Rey García. D. Luis A. Fachal López. D. Delfin Feal Pereira

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e catro de xullo de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, teúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Antes de proceder ó debate

dos asuntos, estando presente a concelleira electa Dona Maria Isabel Villar Lence, e vista a credencial remitida pola Xunta Electoral Central, así como acreditada presentación da declaración patrimonial e de incompatibilidades, procédese o cumprimento do requisito legal de prestar xuramento ou promesa segundo dispón o artigo 108 da Lei 5/1985 e Real Decreto 707/1979, do 5 de abril, a tal efecto Dona María Isabel Villar Lence utiliza a forma " Coa man sobre Sempre en Galiza, como galega solidaria, laica e partidaria da democracia real por esixencia legal prometo acatar a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia"; a continuación a comparecente toma posesión do seu cargo incorporándose á sesión.

PAR RESOLUTIVA.


ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dada conta da acta da sesión anterior realizada o día 30 de maio de 2012, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros; despois de preguntar a Presidencia se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda aproba-la referida acta.

IMPOSICIÓN DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE EMERXENCIA E OUTROS ANÁLOGOS. Visto o expediente tramitado para o establecemento do tributo: taxa pola prestación de servizos de emerxencia e outros análogos, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente co informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintefizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a portavoz Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita manifesta que o seu grupo votará en contra porque lles parece terrible aproveitarse dunha situación de emerxencia e sobre todo con custos que a veces triplican os do mercado.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira indica que se está a tratar de servizos públicos e con esta taxa se está intentando cobrar dúas veces como tales, alude a intervención do persoal do concello que xa ten un soldo e indica que de encargarse a protección civil non poderá cobrar, fala tamén das bonificacións e que nunha familia hai ingresos e gastos, as circunstancias familiares neste momento de crise son importantes, polo tanto votará en contra.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande considera que os grupos anteriores non entenderon ben a taxa, o Concello está a prestar uns servizos en casos de emerxencia que ocasionan un gastos que deben imputarse as compañías aseguradoras e non repercutilos en tódolos veciños do Concello, non se trata de cobrar dúas veces o salario dun traballador, pero si en vez de estar realizando as súa funcións está a realizar outras que deben ser cubertas por unha compañía de seguros, deberá ser esta a que cubra estes gastos.

A Sra. García Pita sinala que non tódalas persoas teñen asegurados os seus bens e están pagando os seus impostos, si solo son as compañías aseguradoras entonces como suxeito pasivo deben figurar solo estas compañías e non disfrazalo con iso.

O Sr. Feal Pereira imaxina que aquelas persoas que teñen un seguro dos seus bens poderán votar man del, pero nestes momentos de crise moitos teñen que prescindir dese seguro porque priman outras cousas de primeira necesidade, insiste en que se trata de pagar dobre un servizo.

A Sra. Pazos Bande insiste en que esta ordenanza vai dirixida de cara aqueles traballos que efectúa o Concello en casos de emerxencia que quedan cubertos polas compañías de seguros, non se vai ir polos veciños que non teñan seguro, as emerxencias vanse ter que atender e non se pode facer unha ordenanza á carta, tamén hai xente non residente en Cabanas que non atende as súas propiedades que se ven afectadas por situacións de emerxencia e polo tanto é lóxico repercutirlles o custo.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, e tres en contra dos membros dos grupo BNG e Mixto, acorda:

1.°.—Aprobar provisionalmente a imposición do tributo local: taxa pola prestación de servizos de emerxencias e outros análogos, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

3.- IMPOSICIÓN DA TAXA POR UTILIZACIÓN DE INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS. Visto o expediente tramitado para o establecemento do tributo: taxa pola prestación de servizos de emerxencia e outros análogos, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente co informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros, acorda:

1.°.—Aprobar provisionalmente a imposición do tributo local: taxa por utilización de infraestruturas municipais para colocación de tubaxes, fíos condutores, cables e outros elementos, en postes ou en galerías de servizo de titularidade municipal, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

4.- APROBACIÓN DEFINITIVA REGULAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS. Aprobado inicialmente polo Pleno na sesión realizada o 28 de marzo de 2012, o Regulamento especial de honras e distincións, someteuse a información pública polo prazo de trinta días mediante publicación no BOP do 16 de maio de 2012 e no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello, presentándose durante dito prazo unha alegación por parte de D. Delfín Feal Pereira.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a portavoz Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita indica que se van abster porque non están de acordo en época de crise pensar en honras e distincións, deberíase pensar máis nos pobres de Cabanas e non anda.r con estas tonterías.


Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López di que van apoiar a alegación presentada polo concelleiro do partido socialista porque entenden que é a forma máis dernocrática de actuar, é o que se dixo no seu momento.

Polo grupo Popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro pensa que esa moción xa foi debatida tanto na reunión de portavoces coma no pleno anterior, non ten sentido traela agora cando na reunión de portavoces se atenderon tódalas suxestións excepto o da perda da distinción, pero non se falou das rúas e polo tanto débese deixar como está.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE, D. Delfin Feal Pereira insiste en que na xunta de portavoces quedou claro que se falaba e se aceptou os dous terzos e tamén se pedía o mesmo quórum para quitar a distinción pero neste caso non se aceptou e quedou por unanimidade, no pleno fixo esa suxestión e falouse dun etro de transcrición entendeu que se aceptaba esa emenda para rúas, prazas e instalacións e se mantiña o da unanimidade para retirar as distincións, por iso votou a favor, si non se recolle o dos dous terzos tamén para distincións con nomes de rúas, prazas e instalacións votará en contra.

O Sr. Fachal López recorda que na xunta de portavoces estaban todos de acordo, no pleno nos estivo pero entende que non ten sentido poñer os dous terzos para unha cousa e para outra non, debía ser para todo, se non se corrixe se van abster porque non ten sentido.

O concelleiro do grupo popular D. Juan A. López Rodriguez aclara que na xunta de portavoces se falou dos dous terzos pero solo para fillo adoptivo e fillo predilecto, membro honorario e medallas, eran catro puntos que se pasaron a Secretaría para corrixir, faltaban dous por corrixir que se emendaron na sesión, pero nunca apostaron por poñer o quórum dos dous terzos para o resto das distincións.

A Sra. Gayoso Pereiro considera que non ten sentido modificar despois da exposición pública por prazo dun mes, no tema das rúas, prazas, etc. no se comentou nada que recorde dos dous terzos, polo tanto débese aprobar tal como está.

Despois de debatido o asunto, a Presidencia somete a votación o rexeitamento da alegación presentada e aprobación definitiva do Regulamento especial de honras e distincións do concello de Cabana, resultando aprobada con seis votos a favor dos membros do grupo popular, tres en contra dos membros dos grupos AEC e Mixto e dúas abstencións dos membros do grupo BNG.

ELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ SUSTITUTO. Visto o expediente incoado en virtude de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para nomeamento de Xuíz de Paz substituto do xulgado de Paz de Cabanas, no que consta informe de Secretaría sobre a lexislación de aplicación e procedemento a seguir.

Visto que no período de presentación de solicitudes de acordo cos anuncios publicados no BOP, e taboleiro de anuncios da Casa do Concello se presentaron tres solicitudes que corresponden a Da. Noelia María Bacelo López, María Isabel López Becerra e María Sonia Señor López.

Vistas as solicitudes presentadas coa docu.mentacións que achegan, segundo o establecido no artigo 101 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, procédese a elección, sendo candidatas as tres aspirantes presentadas, resultando que Da. María Isabel López Becerra obtén os once votos e polo tanto acadando a maioría absoluta do Pleno da Corporación, resulta elixida para o cargo de xuíz de Paz substituta de Cabanas.

Dar traslado do presente acordo e expediente, ao Xulgado de 1a Instancia de Ferrol, para que o eleve a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

EXPEDIENTE CON1RATACIÓN XESTIÓN SERVIZO PAI. Vista a necesidade de proceder a contratación da xestión do servizo público do Punto de Atención a Infancia de As Viñas mediante a modalidade de concesión, tendo en conta a característica da xestión do servizo público que se pretende neste Concello considérase como procedemento mais axeitado o procedemento aberto, oferta economicamente mais vantaxosa con varios criterios de adxudicación c tramitación urxente.

Visto o expediente incoado e despois do exame da documentación incorporada, prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas para a súa contratación, relación de bens e mobiliario, prego de limpeza, regulamento do servizo, informe económico de viabilidade e informe de Secretaría-Intervención,

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a portavoz Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita considera que xa se sabía que era inviable e xa dixeron no seu momento que esta forma non era rendible, quitan o de galescola que era autosuficiente porque agrupaba a varios concellos porque era iniciativa do BNG, empezan con galiftifias que non son rendibles, un granxeiro incompetente e o resultado a mala xestión, e agora pretenden seguir igual, por elo votarán en contra.

Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que a verdade é xusta­mente o contrario, tiñamos un contrato que saíu perdendo a empresa, debía haber máis deste tipo e non outros que se veñen arrastrando, neste caso se fixo ben; agora se vai licitar doutra forma na que se espera que tampouco vaia a perder o Concello, hai uns gastos fixos e tamén a empresa quererá polo menos cubrir gastos.

O portavoz do grupo AEC, D. Luis Fachal López opina que si as empresas perden non van a vir a licitación, todos veften a gaftar diñeiro, entende que a empresa fixo unha mala xestión e non lle repercute economicamente o suficiente, hai que ter coidado co que se di, parécelle ben que o Concello non debe perder pero as empresas tampouco.

O Sr.López Rodriguez en relación a intervención da Sra. García Pita indica que non é que fixera unha mala xestión a empresa, fixo unha mala licitación pois non entendeu ben cal era o prezo que se lle ía pagar, era prezo por neno que tivera en cada hora e os gastos son os mesmos que tivera dez ou vinte, por iso agora se fala de hora de apertura do centro.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos Popukr, AEC e Mixto, e dos en contra dos membros do grupo BNG, acorda:

1°.-Aproba-lo expediente para a contratación da xestión do servizo público do Punto de Atención a Infancia de As Viñas, mediante a modalidade de concesión, cun tipo de licitación de 25 euros hora apertura do centro sen ive. Valor estimado do contrato: 50.400 euros anuais sen ive e o total 302.400,00 euros (incluídas posibles prórrogas e sen ive e revisión de prezos).

2°.- Autoriza-lo gasto con cargo á partida 231.22713 do vixente orzamento de gastos no rclativo a anualidade de 2012.


3°.- Aprobalo prego de dáusulas administrativas particulares e prescricións técnicas para a súa contratación mediante procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa con varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, mediante a modalidade de concesión, convocando a súa licitación.

4°.-Publicar no BOP, así como no perfil do contratante, anuncio de licitación para que no prazo de oito días poidan presentarse as solicitudes de participación que estimen pertinentes.

7.- MOCIÓNS SOBRE APOIO TRABALLADORES PRIVILEGE ADVANCED SURFACES. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, do grupo Mixto e a declaración do grupo Popular sobre a situación dos traballadores da empresa Pivilege Advanced Surfaces, e despois da correspondente deliberación e conformidade de tódolos grupos, o pleno da Corporación acorda por unanimidade aprobar a seguinte declaración institucional:

Primeiro. Mostrar a solidariedade e apoio do Concello de Cabanas coa loita dos empregados de Privilege Advanced Surfaces polo mantemento da maioría dos postos de traballo e do funciona­mento da empresa.

Segundo. Instar a Xunta de Galicia a buscar unha saída a situación de Privilege Advanced Surfaces, co obxectivo de manter os postos de traballo e a actividade empresarial, ben a través da chegada dun comprador-industrial ou ben a través doutra fórmula.

Terceiro. Instar a Xunta de Galicia a que apoie a iniciativa desenvolvida polos traballadores e traballadoras de Privilege Advanced Surfaces de constituír unha Sociedade Anónima Laboral para facerse cargo da empresa e manter os postos de traballo.

8.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE DECRETO DESENVOLVEMENTO LEI DE AUGAS. A seguir dáse conta de moción presentada polo grupo Mixto a través do concelleiro do PSdG-PSOE, sobre o decreto publicado no DOG do 22 de xuño que desenvolve a nova Lei de Augas e aplicación do canon da auga e o coeficiente de vertedura, consideran que este decreto e a

lei esquecen as especificidades de Galicia e a relación cultural coa auga dos cidadáns do rural, o actual gobemo de Galicia desaproveíta a oportunidade de elaborar un novo ordenamento xurídico, non hai diálogo con outras administracións tanto local como estatal par establecer unha fiscalidade progresiva e equitativa; o texto legal obvia moitos dos aspectos da lexislación existente que ten a obriga de incorporar como a Directiva Marco da Auga e a lexislación estatal, fala dos aspectos que non contempla e de que se está a tratar dun recurso natural imprescindible para a vida, o desenvolvemento humano e para o mantemento dos ecosistemas, é un recurso con valor económico, social e ambiental, garantir o cumprimento da Directiva Marco implica asumir esta concepción do recurso e garantir a sostibilidade ambiental, sen embargo a nova lei de augas de Galicia e o citado decreto non asumen o novo modelo de xestión da DMA, baséanse nunha politica de infraestruturas e recadatoria. O novo canon suporá nalgún dos tramos un incremento do 141%, hai desacordos cos concellos e alude ao ditame do CES e acordos da Fegamp, invadindo competencias municipais e incrementando o gasto corrente dos concellos.

Por elo somete a consideración do pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

A retirada deste Decreto e a elaboración dun novo regulamento que cumpra co establecido na Directiva Marco da Auga e que sexa acordado coas corporacións locais e demais persoas usuarias da auga en Galicia.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo BNG: a portavoz Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita alégrase que inda que sexa con atraso o PSOE se arrime a algo que xa o BNG presentou hai máis dun ano, reitérase en que é penoso que disfracen algo que solo ten fin recadatorio 100%, non hai ningunha outra medida.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López considera que isto debería tratarse dentro do Parlamento de Galicia, a moción debería ser máis explicita, poñer a retirada do decreto e elaboración dun novo regulamento que cumpra co establecido na directiva marco de Galicia e que sexa acordado por tódolos grupos presentes no Parlamento de Galicia, corporacións locais e demais representantes en conxunto, este punto debería ser aprobado por todos porque pode ser moi importante.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que non comparten a exposición de motivos do PSOE, lamenta a postura de contradicións entre o que din no Parlamento e o que lles contan aos veciños, din que se vai incrementar a auga un 140% o que é falso, explica con exemplos os posibles incrementos, para unha vivenda de tres persoas sería sobre 1,2 euros ao mes, no medio rural a lei aplica unha bonificación do 90%, para vivenda de tres persoas serían uns 43 céntimos ao mes, non se cobrará o novo canon para pozos particulares, a emenda 142 do PSOE ao proxecto de lei de augas propoñía como infracción leve cunha multa de ata 30.000 € o incumprimento de instalar contador homologado ou medición directa, sen embargo a lei non sanciona a carencia de contador, propoñían incorporar a rede pública as traídas veciñais e a lei establece bonificación do 90')/0 recoñecendo o esforzo que Etxeron estes veciños, ademais no caso de que non resulte económico pola escasa contía non se recadará, polo que na práctica os pozos particulares, usos agrícolas e gandeiros van a quedar exentos.

O concelleiro do grupo Mixto do PSdG-PSOE, D. Delfin Feal Pereira indica que se está a debater a lei de augas actual non as emendas presentadas polo PSOE que non foron aprobadas, hai un aumento de taxas e no rural vaise cobrar por captación propia, o que se pide é a derrogación do decreto e logo un estudo ou proxecto para debater coa Fegamp e comunidades de propietarios de traídas e pozos particulares e logo que vai aprobalo finalmente será o Parlamento.

A Sra. Pazos Bande opina que o PSOE posiblemente veña contar unha cousa aos veciños e aquí no pleno e logo ir ao Parlamento presentar emendas facendo o contrario, insiste en que pozos particulares e comunidades de usuarios terán un 90% de bonificación en non serán obrigadas ao pago, quedarán exentos os usos gandeiros e forestais, a lei non obriga instalar contadores nin hai novos tributos xa que substitúe ao cano de saneamento, supón melloras ao considerar o número de residentes e aplicación da tarifa social coas correspondentes bonificacións, a decisión é do Parlamento, aquí non temos competencias.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto, e seis en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeitar a devandita moción.


9.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE PAGAMENTO IBI IGREXA CATÓLICA. Vista a moción presentada polo grupo Mixto a través do concelleiro do PSdG-PSOE, sobre o pagamento do IBI pola Igrexa Católica de bens inmobles nos destinados ao culto, alude na exposición de motivos a regra básica dun sistema fiscal xusto onde tódolos cidadáns e institución deben contribuír ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica, necesítase un sistema fiscal máis progresivo, redistributivo e que xere recursos para soster os servizos públicos fundamentais; na situación de crise económica actual as institucións públicas deben contar con recursos para atender necesidades dos máis necesitados e a nivel de concellos necesítase a revisión da fiscalidade restrinxindo a aplicación de exencións e bonificacións. O RDL 20 do 30 de decembro e froito da suba de impostos que promove o Goberno do partido popular, e a Igrexa Católica está exenta de tributar polo IBI, pero esta exención legal debe ser revisada, só está referida as finalidades vinculadas ó culto, sen embargo realizouse unha aplicación extensiva de forma que alcanzou bens inmobles non estipulados pola lei.

Polo exposto somete a consideración do Pleno esta moción para que adopte os seguintes acordos:

Realizar un censo municipal dos inmobles rásticos e urbanos que están rexistrados a nome da Igrexa Católica e de outras confesións relixiosas co obxecto de proceder á actualización posterior do padrón de bens inmobles para poder así xirar o IBI a todos aqueles bens inmobles cuxo destino non está vinculado ó culto.

Instar ó Goberno de España a presentar unha Lei de Liberdade de Conciencia e Relixiosa que determinará modificacións, entre outras, da Lei de Facendas Locais, da Lei de Mecenazgo e Fundacións e unha revisión dos Acordos do Reino de España ca Santa Sede, vixentes dende 1979.

Dar traslado ó Congreso dos Deputados e o Goberno de España estes acordos.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a portavoz Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita manifesta que o seu grupo

ten unha moción sobre o mesmo tema e gustaríalle que incluíse un novo punto "mentres non se leve a cabo a revisión contemplada no primeiro punto negociarase coa Igrexa Católica unha compensación aos concellos por estar exenta do pagamento do IBI", isto sería aplicable a tódalas igrexas, porque a solución pode tardar anos, ( o Sr. Feal Pereira non está conforme con engadir

este punto), prosegue a Sra. García Pita indicando que lle parece incrible que non fixera o PP cando se está a falar da Igexa Católica que é unha entidade con ánimo de lucro con beneficios sen problemas de liquidez e libre de embargos e debe ter uns recortes superiores aos parados ou xubilados e todos aqueles que non teñen poder adquisitivo, o que non sabe é porque a Igrexa Católica é intocable, gustaríalle que o explicaran, e isto sería de aplicación tamén as outras igrexas.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en resposta a pregunta parlamentaria sobre supresión da exención do IBI para algúns inmobles da Igrexa Católica indicou que non se podía suprirnir sen modificar o acordo coa Santa Sede, os acordos coa Igrexa Católica como os de outras confesións foron obxecto de reiterados pronunciamentos do TC sen que atopase clausulas contrarias a CE. No caso de Cabanas podían estar de acordo co punto primeiro pero nos encontramos con que non hai ningún inmoble que non estea vinculado o culto, ademais neste concello están realizando un traballo importante en época de crise e manteñen unha boa relación coa veciñanza.

A Sra. García Pita indica que é lícito eliminar tódolos dereitos dos traballadores, dereitos esenciais e constitucionais, sen embargo aos concordatos coa Santa Sede non se lles pode tocar, pregunta a que lles teñen medo, incluso o lugar de culto non teñen porque pagalo tódolos veciños, hai asociacións, bates, etc. que teñen moita xente e teñen que pagar o IBI.

O concelleiro do grupo Mixto do PSdG-PSOE, D. Delfin Feal Pereira manifesta que non vai a discutir a acción social que fan a Igrexa Católica ou calquera outras igrexas ou asociacións ou ONGs, pídese que se inste ao Goberno o cambio do concordato, o primeiro punto é facer un censo de bens inmobles e a portavoz popular dixo que non había ningún, entonces entende que o inventario está feito, no caso de existir algo que non estea dedicado o culto, o cal non está amparado pola lei, que se lle aplique o IBI coma a calquera veciño, xa hai concellos de Galicia que o están aplicando.

A Sra. Pazos Bande insiste no manifestado e que en Cabanas hai unha boa relación e non teñen inconveniente en realizar o inventario, no resto a fórmula de colaboración existente coa Igrexa responde aos postulados constitucionais, produce beneficios a sociedade e conta con respaldo social.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto, e seis en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeitar a devandita moción.

10.- MOCIÓN DO GRUPO BNG A PROL DA DEMOCRACIA, O PLURALISMO POLÍTICO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL E O AFORRO PÚBLICO. Dáse conta da moción presentada polo municipal do BNG en cuxa exposición de motivos aluden ao anuncio do Goberno central sobre a reforma do réxime local sen ter en conta as Comunidades Autónomas nin as asociacións representativas do municipalismo, co pretexto de crise pretende impor unilateral­mente un modelo centralista que impida adaptalo a realidade galega e limitar a autonomía dos concellos, pretende reforzar unha estrutura institucional caduca e sen utilidade corno son as deputacións provinciais; por outra banda tamén propón eliminar concelleiros/as cando a súa incidencia no gasto é mínima tendo en contra que a maioría non percibe retribucións por dedicación exclusiva, agochando unha tentativa de eliminación do pluralismo politico. Tamén os concellos se ven afectados por medidas de redución salarial dos empregados cando foron medidas ensaiadas con anterioridade que non contribuíron a recuperación económica senón que agravaron a crise. En suma un conxunto de propostas cun obxectivo que máis que actuar contra a crise inciden na liña de aproveitarse da crise para implantar o programa de máxinaos da dereita económica inspirados no dogmatismo neoliberal.

Por isto o grupo municipal do BNG solicita o voto favorable do Pleno da Corporación para a adopción do seguinte acordo:

Rexeitar as medidas de Refomra da Lei de Bases de Réxime Local adoptada polo goberno central do Estado, en canto invaden as competencias propias da nación galega, non resolven o financiamento dos concellos galegos e atacan a autonomía da amplisima maioría dos concellos galegos.

Rexeitar a redución de representantes do pobo no Pleno municipal que propón o Goberno do Estado por canto reduce o pluralismo politico, a necesaria participación na xestión municipal e non significa aforro económico ningún por canto a inmensa maioría de concelleiras e concelleiros non perciben retribucións económicas.

Demandar a disolución das deputacións provinciais pasando as súas funcións a mancomunidades, concellos e Xunta de Galicia co fin de acadar aforro económico e eficiencia na xestión.


Manifestar a oposición a cargar sobre as traballadoras e trabalbdores públicos e especialmente sobre o persoal municipal a crise económica coa supresión da paga extra de nadal e sobre a cidadanía coa suba do IVE, co recorte nas prestacións ao desemprego, acelerando a caída do consumo e da actividade económica, o que prexudicará gravemente o comercio e a actividade económica locaL

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a portavoz Da. Má. Teresa de Jesus García Pita considera que este goberno é inútil para acabar coa crise, os problemas soluciónanse desde abaixo, pregunta por que non suptime direccións xerais, secretarías, axudas de custo exentas e recuperar o imposto sobre o pattimonio, pero métese cos xubilados, os medicamentos e auga das garderías, mentres o Sr. Rajoy segue cobrando e cos coches oficiais e con tódolos privilexios, soldos, pensións, etc., hai que acabar dos de arriba, espera que o concello teña a suficiente cordura para votar esta moción.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta estar de acordo no xeral da moción e por elo votarán a favor, hai puntos que se podían debater, había que facer unha reestruturación nos concellos pero isto non é o importante senón o Senado, as Deputacións, Delegacións do Goberno, aí é onde hai que meter man, outra vez todo recae na cidadanía e non é a forma de saír, hai que pofier bases sólidas para un pais sólido que se fai con politicos sólidos, hai catro patas que se poden adelgazar, concellos, Deputación, Autonomías e Estado e non solo repercutir con impostos nos cidadáns.

Polo grupo Mixto: concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira, está de acordo coa

moción en liñas xerais e votará a favor, fala de que se lle está cargando a culpa ao politico, o goberno está a darlla a volta a tortilla, aproveitando as direccións de opinión volvelas ao seu favor, si falamos dos concellos, o que cobran os concelleiros da oposición non é significativo polo tanto non son os que soben o gasto, haberá que explicarlle a cidadanía como funcionan os concellos, como funciona a politica, as Deputacións e todo o demais; alude a Alcaldesa de Madríd con 1.500

asesores e 183 coches oficiais, se lles está facendo recaer nos concelleiros unha culpa que non teñen para coartar a democracia e a pluralidade, todo esto mentres non fagan un regulamento do que se pode cobrar, quitando concelleiros con eses argumentos van ter o mesmo gasto e levar a unha ditadura.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande está de acordo co primeiro punto, en calquera modificación deben participar a Xunta, Fegamp, Femp e concellos afectados na súa autonomía e capacidade de resposta; os puntos 2 e 3 poderían englobarse, revisarse o número de representantes, papel das Deputacións, é necesaria unha reforma xeral das Administracións públicas non solo concellos e Deputacións, había que ver Congreso, Senado, organismos autónomos; as Deputacións hoxe non responden as necesidades dos concellos; o punto 4 da moción debería ser obxecto dunha moción individual porque non está relacionado directamente coa reforma da lei de bases de réxime local. Inda estando de acordo co groso da moción, formulan unha emenda transacional con dous puntos sempre e cando se deixe fora o punto 4, sería: 1°) Dirixirse ao gobemo de España para que reconsidere as medidas propostas polo informe do MFAP sobre a reforma da LBRL e para que se abra unha negociación coa Femp e coa Fegamp coa participación das CA, co obxectivo de aprobar unha nova normativa en materia de réxime local, que partindo do recoñecemento da autonomía politica e administrativa dos gobernos locais permita ter en conta a problemática específica dos municipios galegos ao tempo que contribúa a eliminar as duplicidades existentes entre os diferentes niveis de gobemo asegurando o recoñecemento de competencias as entidades locais e un marco financeiro acaído para o seu exercicio: 2°) Dirixirse ao gobemo de España para que teña en conta a necesidade dunha reforma xeral de tódalas institucións de representación pública que existen, unha reforma que afecte non solo aos concellos senón tamén as Cámaras de representación como o Congreso, Senado, Gobemos autonómicos, Deputacións provinciais, Consello xeral dó poder xudicial, Consello do Estado, empresas públicas, é dicir chegando en última instancia aos concellos como institucións máis próximas aos cidadáns.


A Sra. García Pita non entende o que pretende a portavoz popular, non comprende que non tomen esto en consideración. O Sr.Alcalde explicalle a proposta que fixo a representante do grupo popular, considerando que así a moción pode ir máis reforzada, non toda a culpa é de Raxoi xa que antes houbo outros gobernantes, incluso deixaría os tres puntos, sacar o cuarto e engadir un novo coa proposta. A Sra. García Pita insiste na responsabilidade do Sr.Rajoy, que dimita e non está de acordo en que se supriman puntos da moción presentada.

A continuación o Sr.Presidente suspende a sesión para consulta dos grupos durante dous minutos, despois do cal continúase a sesión sen que a Sra. García Pita aceptase a modificación da proposta da moción.

Debatido o asunto o pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto, e seis abstencións dos membros do grupo Popular, acorda aproba-la devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

11.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Al.caldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 126 do 28- 05-2012 ata a número 192 do 20-07-2012.


MOCIÓNS DE URXENCIA.

A portavoz do grupo BNG Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita presenta unha moción de urxencia relacionada coa entrada en vigor o 1-7-2012 do pago farmacéutico e parécelles moi grave para os pensionistas e queren que sexa suprimido, por elo é urxente solicitar a súa supresión.

O Sr.Alcalde entende que puido presenta-la moción por vía normal, sabe que pode presentar dúas xerais e unha local, ademais o Presidente da Xunta ten un acordo cos pensionistas galegos, a partir de 8 euros non van a pagar e polo tanto non hai motivos para a urxencia.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e seis votos en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeita-la urxencia da moción.

12.- ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1 Grupo BNG. Intervención da portavoz Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita.

a.1.1 En relación coa limpeza do areal da Madalena en tódolos sentidos o que máis preocupa son os vertidos, o desaugue do Chiringuito que verte na praia, ten roto o desaugue e hai un olor nauseabundo e non se pode utilizar esa zona algún ano destes pode ter solución?.

Resposta Sr.Alcalde: aquilo non é da rede de sumidoiros, non son augas fecais, leva toda a vida así e ten esa saída, a arqueta estaba un pouco rota, púxoselle unha tapa estes días e a auga da choiva vai por ali, polo medio pode haber algunha alga que da olor pero nada máis.

a.1.2 e Vamos a ter algunha vez o plan económico-ftnanceiro ?.

Resposta Sr.Alcalde: en principio non é necesario porque estamos dentro das marxes establecidas, non tivemos que acollernos ao Decreto para pago de facturas porque as pagamos todas e estamos ao día, hoxe debe haber nas contas municipais arredor de 300.000 euros.

a.1.3 Pregunta pola derrogación das medidas de protección contra incendios forestais por estar na Lei de Montes da Xunta.

Resposta Sr. Alcalde: iso non é competencia do Concello, temos un convenio asinado con Medio Rural para unha pequena axuda par limpeza de viais que é o que se está a facer.

a.1.4 Pregunta tamén pola autorización para o acopio de Manmer nos Cocidos en Laraxe. Resposta Sr.Alcalde: esta nos trámites que estaba

a.1.5 e En que situación está o expediente de reposición da legalidade nos chalets de Cardeita?.

Resposta Sr.Alcalde: estamos pendentes do que o arquitecto municipal faga o informe de contestación as alegacións que presentaron os promotores e propietarios.

a.1.6. Rogo. Na costa do Vinteún a rúa está con lifía amarela, antonte non puido pasar unha arnbulancia porque estaban aparcados coches alí, houbo que baixar a unha señora maior, roga que se adopten medidas e se vixíe máis esa zona.

Resposta Sr.Alcalde: como moitos sitios de Cabanas é un vial estreito e complicado, estase pensando colocar un sinal vertical para que os vehículos non aparquen.

a.1.a. Pregunta concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita. Denunciou moitas veces o estado do paseo debaixo da vía do tren, o outro día veu que o estaban amañando con cemento, preguntou como estaban facendo iso que era unha chapuza e a resposta foi que despois se faría

ben, t as obras de Cabanas fanse dúas veces cando unha pizarra é practicamente gratis? t Por que non se fan as cousas ben de principio e no facer esa chapuza?.

Resposta Sr.Alcalde: en Cabanas inténtase facer as obras dunha sola vez, neste caso é unha urxencia, a concelleira do BNG xa falou disto varias veces, se intentou reparar porque non había pizarra, non hai outra cousa.

a.1.b Rogo concelleira Da. 1Vi. Teresa de Jesus García Pita. Que se amañan as estradas da Deputación porque hai fochancas e están de Pena, sobre todo na saída da autoestrada.

Resposta Sr.Alcalde, xa está reparada.

a.2. Grupo AEC. Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.2.1. Queriamos que informase de cantas persoas solicitaron tanto da Xunta coma da Deputación para desbroces de camiños e praia e cantas concederon.

Resposta Sr.Alcalde: solicitáronse dez persoas (dúas cadrillas) da Deputación e da Xunta 32 ou 33 coma tódolos anos, concederon 6 socorristas, 1 condutor, 1 peón e 1 axuda no fogar. a.2.2. Rogo. Que se optimice ese persoal para a limpeza de camiños que lle fai falta.

a.2.3. Queríamos ter información sobre o punto de información turístico, e si se vai abrir ou non, con que persoas, vai set persoal do Concello, que horarios ?.

Resposta Sr.Alcalde: vaise abrir dúas horas pola mañá e dúas pola tarde, parte con persoal do Concello, parte con persoal que vai facer prácticas e parte cunha empresa que se lle contrate para algunha hora, a partir de xa.

a.2.4. O tema do barco turístico anunciouse nos periódicos, queriamos información si se vai executar este ano, si vai pospoñer ou como está o tema.

Resposta Sr.Alcalde: o barco turístico non o anunciou o Concello, foi cedido pola Consellería do Mar feito nunha escola de Marín e o Concello quere sacalo para que navegue.

a.2.5. Entende que o barco vai coller as persoas no Areal ou en Pontedeume como se vai a facer?.

Resposta Sr.Alcalde: é complicado porque é un barco para pasaxeiros da 8a lista e polo tanto ten que se categoría especial o que o leve, posiblemente sexa contratado cunha empresa.

a.2.6. Rogo. Que se atendan os desbroces porque hai queixas de veciños feitas persoalmente.

Resposta Sr.Alcalde: non sei se chegarían a tres as presentadas no Concello, a xente está concienciada da crise e farase un esforzo para atender eses problemas dando prioridade aos camiños que teñan máis tráfico.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e dez minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Prace,

O alde,    Secretario,


ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 6 DE SETEMBRO DE 2012

Concelleiros asistentes:

D a. Eva Ma. Pazos Bande.

D a. Esperanza Gayoso Pereiro.

D. Juan A. López Rodriguez.

D a. Ana Rosa Méndez Eiroa.

D. Julián Ramón Seijas Criado.

D a. Má Teresa de Jesús García Pita.

D. Ma. Isabel Villar Lence.

D. José C. Rey García.

D. Luis A. Fachal López.

D. Delfin Feal Pereira

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día seis de setembro de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

1.- CONTA XERAL EXERGICIO 2011. Seguidamente dáse conta á Corporación da Conta Xeral do Orzamento correspondente o exercicio de 2011 co expediente tramitado e cos documentos que a xustifican, a cal despois de ditaminada pola Comisión Especial de Contas con voto particular pola representante do grupo BNG, foi exposta ó público en forma regulamentaria sen que se presentase reclamación algunha.

En primeiro lugar trátase o voto particular ao ditame da Comisión emitido pola concelleira representante do grupo BNG D a. M a. Teresa de Jesus García Pita.

Iníciase o debate coa intervención polo grupo Popular, da portavoz D a. Eva M. Pazos Bande referíndose a que lle estraria a actitude do BNG cando nas últimas adquisición de vehículos non obxectaron nada, desde que o PP chegou a Alcaldía solo buscan atender o interese xeral para obter o máximo rendemento dos recursos disporiibles, o voto do BNG busca obviar os resultados da Conta Xeral 2011, carece de fundamento e se contestan vostedes mesmos, indican que se trata dun procedemento negociado sen publicidade e consultouse a tres empresas; recorda que dúas presen­taron oferta e solo unha se aproxima as condicións esixidas, adxudicouse a que mellor cumpre co prego técnico que se fixo tendo en conta as condicións dos camirios de Cabanas, en relación cos puntos 9 a 13 da moción, sinala que a abstención configúrase como un deber de non actuar cando se dan circunstancias que poñen en dúbida a imparcialidade da decisión, e que pode dar lugar a enriquecemento real e efectivo, isto non se da neste caso nin se invoca interese persoal ou directo do Alcalde que resolve segundo informe técnico do expediente, solo existe deber de abstención nos supostos do artigo 28 da Lei 30/1992, cita a STS do 7-12-1982 e indica que na decisión neste caso nin concorre nin se alega vinculación directa ou persoal algunha entre a adxudicataria e o Sr.Alcalde, non hai interese persoal e directo e polo tanto deber de abstención, a existencia de intereses comúns de dúas entidades mercantís non significa interese directo, polo tanto as decisións do Sr.Alcalde axústanse aos informes técnicos e non concorre causa de abstención.

Polo grupo BNG, a portavoz D a. M. Teresa de Jesús García Pita parécelle que non se está a falar do mesmo voto particular, non ten que dicir onde traballa o Sr.Castrillon nin que hai vehículos

das mesmas dimensións, non ten nin lle teñen que explicar nada, simplemente ten que responder ante o Tribunal de Contas, inda que teñan maioría absoluta vai a ser revisado.

A continuación o Sr.Presidente somete a votación o rexeitamento expreso do voto particular, resultando oito votos a favor dos membros do grupo popular e AEC, dous en contra dos membros do grupo BNG e unha abstención do membro do grupo Mixto, quedando rexeitado expresamente o voto particular.

A seguir prosegue o debate da Conta Xeral coa intervención polo grupo BNG da portavoz D a. Ma. Teresa de Jesús García Pita, indicando que como xa manifestaron na comisión de facenda, seguen rexeitando unhas contas que sobre todo en época de crise segue gastándose en cousas inútiks e non se teñen en conta as necesidades do pobo, seguimos vivindo de subvencións in. cluso para gastos correntes, con intereses privados, recorda o dito polo Alcalde no discurso de investidura e que segue gobernando para os seus votantes, e rexeitan a Conta Xeral por ineficaz, ineficiente e porque os resultados xa din como estamos.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira indica que votará a favor, máis cando os informes de Intervención son favorables, poderíase discutir sobre si os gastos podían ser dunha maneira ou doutra pero xa está gastado e non levaría a ningún lado, quédase co punto 6 do informe de Intervención sobre a existencia de feitos que poden influír no futuro nos resultados como son a actualización do inventario municipal de bens que non está feito, execución de sentenzas do Penso onde este grupo municipal está a pedir unha comisión, e a actualización de tarifas de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración, insiste neses tres puntos e que conte coa oposición, faga xunta de portavoces e comisión sobre todo para o tema do Penso.

Polo grupo Popular: a portavoz D a. Eva Ma. Pazos Bande, agradece o voto por responsabili­dade e refírese a indicadores da Conta Xeral, remanente de Tesourería, informe de Secretaría­Intervención, indica que o remanente do ano 2011 foi positivo cando no momento actual o déficit está presente en tódalas institucións, o concello de Cabanas non xerou déficit en 2011, e os indicadores indican superávit; fala de baixa débeda por habitante, curto período medio de pago a provedores, e alto porcentaxe de pagos e cobros; rexeita as manifestacións da portavoz do BNG indicando que no momento actual se están presentando unhas contas positivas para os cidadáns, gobernar para todos é presentar unhas contas coma estas; en canto ao dito polo concelleiro do PSdGPSOE, o inventario de bens é un tema que xa ven de Corporacións anteriores, encargárase a unha empresa e non se lle reclamou o que fixo mal e agora hai que pagar, actualmente estase a realizar pola Deputación, cando haxa novidades sobre a sentenza do Penso se lles comunicará e a actualización de tarifas de Aquagest estase traballando para aclarar ese punto.

A Sra. García Pita manifesta que están falando de remanente positivo e de contas saneadas, cando se necesita recorrer á subvención da Deputación para pagar xuros de préstamos e gastos correntes, hai algo que non funciona.

A Sra. Pazos Bande indica que a Sra. García Pita está facendo referencia a cousas que non entran neste asunto porque se está a tratar a conta xeral de 2011, facer unha boa xestión será asignar os recursos de que se dispón as partidas que mellor se poden facer para obter uns bos resultados, di que as contas están ben, inda que algúns o mellor prefiran gastar noutras cousas e deixar pagos pendentes por todos lados.

O Sr. Alcalde con respecto o tema de Aquagest aclara que se presentou documentación nunha reunión de portavoces, pedíuselle máis documentación a Aquagest e estase á espera para poder seguir co proceso.

Debatido o asunto o pleno da Corporación con nove votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e Mixto, e dous en contra dos membros do grupo BNG, acorda prestar aprobación á referida conta dando traslado da mesma en forma regulamentaria ó Tribunal de Contas e Consello de Contas, a cal presenta os seguintes resultados:

Resultado orzarnentario axustado    84.869,78

Dereitos pendentes de cobro ao peche do exercicio     455.740,53

Obrigas pendentes de pago ao peche do exercicio     501.169,51

Fondos líquidos na Tesourería ao peche do exercicio     153.793,84

Remanente de Tesourería total    108.364,86

Remanente de Tesourería para gastos xerais     82.115,05

FESTAS LOCAIS PARA 2013. Visto o escrito da Xefatura territorial da Coruria da Consellería de Traballo e Benestar, no que interesa proposta do pleno ou do órgano que sexa competente deste Concello na que consten as datas concretas dos dous días de festa de carácter retribuído e non recuperable no ámbito deste termo municipal para o vindeiro ano 2013; e vista a proposta do grupo de gobemo, tendo en conta que o 30 de novembro cadra en sábado, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes, acorda:

Proporier como festas locais en todo o termo municipal para o vindeiro ano 2013, o 12 de febreiro (martes de Entroido ) e o 11 de novembro (San Martirio).

ADXUDICACIÓN XESTIÓN SERVIZO PAI DAS VIÑAS. Visto o expediente de contratación mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación e tramitación urxente para a xestión do servizo público do Punto de Atención a Infancia de As Viñas.

Vistas as proposicións presentadas polas empresas Fundación Einsa, Novo Alicerce S.L. e Aurora, Pilar e Ana S.L., así como a acta da mesa de contratación coa proposta de adxudicación, así como, que o licitador que presentou a oferta mais vantaxosa segundo a puntuación outorgada de acordo cos criterios fixados no prego de cláusulas administrativas, acreditou atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e constituíu a garantía definitiva.

Visto o disposto no artigo 151 e disposición adicional segunda do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, e prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG, a concelleira D a. M a. Isabel Villar Lence considera que se podía mellorar o horario e fala da súa ampliación.

Polo grupo Popular, o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez manifesta que o horario actual está de acordo coa demanda pero o interese é que se poida ampliar, vai a depender da existencia de número de nenos suficientes, pediuse opinión sobre outro horario e cando exista a cota mínima de nenos ampliarase.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros, acorda:

1°.-Adxudica-lo contrato da xestión do servizo público do Punto de Atención a Infancia de As Virias, na modalidade de concesión, o licitador Aurora, Pilar y Ana S.L. polo prezo de 22,50 euros hora apertura do centro sen ive, por se-la oferta mais vantaxosa de acordo coa puntuación obtida segundo os criterios establecidos na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

2°.- Disporielo gasto para o presente exercicio con cargo a partida 231.22713 do vixente orzamento de gastos.

3°.-Notifica-lo presente acordo a tódolos licitadores e requirilo adxudicatario do contrato para que no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas, concorra a formalización do contrato en documento administrativo, así como, autorizar a devolución da garantía provisional e documentación administrativa aos restantes licitadores unha vez formalizado.

4°.-Publica-la adxudicación do contrato no perfil do contratante e no Boletín Oficial da Provincia.

4.- PROPOSTA PLAN DTC 94: UNHA DEPUTACIÓN PARA TÓDOLOS CONCELLOS. Vista a circular da Deputación Provincial de data 27 de xullo de 2012 comunicando a aprobación das bases reguladoras do Plan "DTC.94:Unha deputación para todos os concellos", así como a contía asignada a este Concello; e vistas as devanditas bases reguladoras, así como os proxectos técnicos das obras a propoñer.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG, a portavoz D a. M a. Teresa de Jesús García Pita manifesta que votarán a favor sempre e cando saquen do punto o derrubo da reitoral porque non consideran que sexa de interese público senón un interese particular da Igrexa, está a favor de facer un aparcadoiro que é necesario nun terreo público, pero pagar un derribo e despois facer un aparcadoiro é tirar os cartos por favorecer xente que lle vota a vostede asalariada da Igrexa Católica, pregunta si ese é o interese público que pregoa e a boa xestión cando hai necesidades de rede sumidoiros, camiños e moitas necesidades básicas sen atender; por outra banda a Igrexa é unha empresa con beneficios e sen crise, votarán a favor si se suprime o derrubo e senón votarán abstención.

Polo grupo Mixto: con concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira considera que a súa posición xa quedou clara no pleno sobre a demolición da reitoral, cando non era necesaria a demolición senón a rehabilitación, parécelle un gasto fora de lugar derrubar algo que está aí, podíase facer outro tipo de acordo co Arcebispado, a rehabilitación non tería que ser a conta do Concello senón do Arcebispado; non se contou coa oposición para suxestións a este Plan inda que teñen maioría absoluta e poden facelo, pero gustaríalle que contaran máis coas propostas da oposición, están de acordo coas outras propostas para obras e gastos correntes pero non co tema da demolición que se non a retiran votarán abstención.

Polo grupo Popular: a portavoz D Eva Má Pazos Bande indica que formulan estas obras porque xa están programadas desde hai tempo e foron pedidas polos vecirios, incluso hai recollida de firmas; o tema da rehabilitación xa foi falado e incluso en Patrimonio consideran que tería moito custo e non se lle ve un rendemento a ese edificio, considera que esta obra de derrubo da reitoral e construción de aparcadoiro e a obra do novo paso sobre o río Lameiras e pavimentación vial cemiterio son obras importantes a realizar.

O portavoz do grupo AEC D. Luis A. Fachal López gustaríalle que nos próximos plans, inda que non sexan moitos algún haberá, houbese polo menos unha reunión de representantes dos grupos inda que sexa informal para que cada un puidese formular as súas propostas e logo se tomase unha decisión o máis consensuada posible, van a votar a favor entendendo que os terreos de demolición da reitoral pasarán a titularidade do Concello.

Sr. Feal Pereira sinala que a reitoral de Soaserra está en estado lamentable, os veciños reclaman un aparcadoiro, isto é sacarlle un problema ao Arcebispado a cargo das contas do Concello coa escusa do servizo de aparcadoiro, cando se podería manter a reitoral e o de non sacarlle rendemento é simplemente pasar da oposición coa maioría absoluta pois calquera podería darlle tres ou catro opcións.

A Sra. Pazos Bande manifesta que non intentan sacarlle un problema ao Arcebispado, intentan sacarlle un problema aos veciños que pediron isto, ante a interrupción da Sra.García Pita da por finalizada a súa intervención.

A concelleira do grupo Popular D. Esperanza Gayoso Pereiro gustaríalle que o Sr. Feal Pereira indicase algunha das opcións para a reitoral a que fixo referencia na súa intervención.

Sr.Feal Pereira indícalle que convoquen a xunta de portavoces, alude a aprobación do derribo no pleno anterior e a manifestación do Sr.López Rodriguez sobre a quen se lle ocorrería ir a vivir ali; tamén indica que unha cousa é estar en estado ruinoso e outra é estar en ruínas.

Sr.Alcalde aclara primeiro que hai unha cesión de 25 anos prorrogables para o Concello e segundo, dende épocas que gobernaba o partido socialista houbo problemas con esa reitoral e solicitaron unha solución, conseguiuse autorización de Patrimonio con envío de proxecto e memoria, hai informe técnico municipal de que está en ruínas e hai resolución de Patrimonio onde di demoler a casa reitoral.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC, e tres abstencións dos membros dos grupos BNG e Mixto, acorda:

1°.- Participar no Plan "DTC 94: Unha deputación para todos os concellos" da Deputación Provincial da Coruria, cuxas bases se coriecen e aceptan na súa totalidade, e solicitar a aplicación da subvención asignada a seguinte finalidade:

A Obras e subministracións:

 

Denominación    Orzamento total    Achega municipal    Achega provincial      

Demolición    casa    reitoral    e

acondicionamento    aparcamento    en

Igrexario-Soaserra 1a fase.    56.150,64        56.150,64     


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 26 DE SETEMBRO DE 2012

Concelleiros asistentes:   

D a. Eva Ma. Pazos Bande.

D a. Esperanza Gayoso Pereiro.

D. Juan A. López Rodriguez.

D a. Ana Rosa Méndez Eiroa.

D. Julián Ramón Seijas Criado.

D a. Má Teresa de Jesús García Pita.

D. Ma. Isabel Villar Lence.

D. José C. Rey García.

D. Luis A. Fachal López.

D. Delfin Feal Pereira

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e seis de setembro de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


PARTE RESOLUTIVA

ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES. Dada conta das actas de sesións anteriores 

realizadas os días 22 de febreiro, 15 e 30 de marzo, de 2011, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, e despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación; non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos membros presentes acorda aproba-las referidas actas.

SORTEO MEMBROS DE MESAS ELECTORAIS. A seguir e de conformidade co

disposto no artigo 26 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, procédese ó sorteo dos membros

das mesas electorais correspondentes a este Concello, para as eleccións autonómicas do próximo 21

de outubro de 2012, co seguinte resultado:

(::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::OMITIDO::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::)

3.- MODIFICACIÓN PROPOSTA PLAN DTC 94: UNHA DEPUTACIÓN PARA TÓDOLOS CONCELLOS. Visto o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en data 6 de setembro de 2012 sobre a proposta para o Plan "DTC.94: Unha deputación para todos os concellos", e vista a necesidade de adapta-la referida proposta a circular da Deputación Provincial de data 27 de xullo de 2012 sobre a aprobación das bases reguladoras do referido Plan, así como a relación e proxectos técnicos das actuacións a propoñer.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda:

1°.- Participar no Plan "DTC 94: Unha deputación para todos os concellos" da Deputación Provincial da Coruña, cuxas bases se coñecen e aceptan na súa totalidade, e solicitar a aplicación da subvención asignada a seguinte finalidade:

A Obras e subministracións:

Denominación

Orzamento total

Achega municipal

Achega provincial

 

----

Total

-

 

B i Honorarios de redacción de broxectos de obras:

Denominación

Orzamento total

Achega municipal

Achega provincial

Outras achegas

 

 

 

 

 

Total

----

---

----

 

C Achegas munici ais a outros plans, pro ramas ou convenios:

Denominación da actuación e do Plan ou Programa no que se inclúe.

Financiamento desagregado

Achega     provin‑

cial aplicada

Conservación de recursos naturais e fomento de

Consellería Medio Rural

10.535,76

accións da poboación local para o desenvolvemen-

(PDR)  ........................ 58.787,86

 

to sustentable dos Parques Naturais, ano 2012

Concello e outros..   10.535,76

 

Total

69.323,62

10.535,76

D) Financiamento do asto corrente do concello anualidade 2012:

Concello

Cantidade asignada neste Plan que se aplica ao financiamento dos gastos correntes 2012

Achega POS 2012 de gasto corrente.

Outras achegas

Cabanas

142.612,70

61.465,00

-

Ei Resumo:

 

Deputación

Concello

Outras achegas

Presuposto total

--

Subtotal obras e subministracións

--

--

--

Subtotal honorarios redacción proxectos

--

 

--

Subtotal     achegas   a     outros    plans,

programas ou convenios

10.535,76

58.787,86

69.323,62

Subtotal gastos correntes

142.612,70

117.387,30

 

260.000,00

Total

153.148,46

117.387,30

58.787,86

329.323,62

2°.- Declarar que o Concello conta cos terreos e concesíóns necesarios para a execución da obra.

3°.- Para o financiamento do importe da achega municipal, figura incluído no orzamento municipal correspondente, crédito dabondo para o seu financiamento

Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou do gasto corrente para o que se solicita a achega provincial, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións para a súa execución, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.

5°.- Autorizase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

4.- ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE PROMOCIÓN DE CONDUTAS CÍVICAS E PROTECCIÓN DOS ESPAZOS PÚBLICOS. Visto o expediente tramitado para aprobación da ordenanza municipal reguladora da promoción de condutas cívicas e protección dos espazos públicos no concello de Cabanas co proxecto de texto normativo.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a portavoz Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita alude a que o artigo 15, parágrafo segundo sobre o ámbito de aplicación inclúe os bens privados perceptibles desde a vía pública e na reunión de portavoces se había falado que dentro dos bens privados non se podía actuar, requiriríase o permiso dos vecifios, iso rozaba a ilegalidade, considera que ese parágrafo debía de suprimirse

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira indica que a copia da ordenanza que lle pasaron para o pleno non recolle o que se falou na reunión de portavoces, o seu grupo propofila modificacións no tema de sancións e o tema de ruídos, espera polas explicacións.

Polo grupo Popular• a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande aclara que na reunión de portavoces non se falou especificamente de suprimir o dos bens privados, non se trata de dicir o que van a facer nos bens privados, pero si se coloca por exemplo un cartel de publicidade visible desde a vía pública está sometido a unhas norrnas; en canto a copia remitida non recolle modificacións porque o querían debater aquí. Considera que a ordenanza é moi completa e da lectura a exposición de motivos, facendo referencia ó mal uso do mobiliario urbano, pegada de carteis, pintadas, publicidade, ruídos, xeración de lixo, etc.; en canto a infraccións o Concello pode impoñer unha sanción pero non ten competencias para obrigar a unha persoa a realiza labores sociais, pode realizar actuacións que restauren ao estado inicial os actos que provocaron pero será o xulgado o que estableza a realización de certas labores sociais; se concreta un pouco máis o artigo 26.a) quedando "cando o nivel desta supere os niveis establecidos na lexislación vixente" porque establece moitas especificacións e porque se mantén actualizada, así como o artigo 40.1.f) que se emenda no mesmo sentido " que excedan manifestamente dos límites da convivencia cidadá establecidos na lexislación vixente", tamén se suprime a disposición derrogatoria para non afectar a outras normas de rango superior.

O Sr. Feal Pereira está conforme con que se recolle as suxestións da xunta de portavoces pero con respecto as sancións estima que se podería facer mención ao tema de rehabilitación dende o Concello, si hai potestades para sancións económicas tamén a debe haber para sancións de rehabilitación.

A Sra. Pazos insiste no manifestado e que a potestade para labores sociais é do xulgado.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros, o que representa a maioría absoluta legal, acorda:

1.°.—Aprobar provisionalmente a ordenanza municipal reguladora da promoción de condutas cívicas e protección dos espazos públicos no concello de Cabanas

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza aprobada, polo prazo de trinta días publicando a tal efecto anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

5.- MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL. Visto o procedemento de modificación de Estatutos tramitado con motivo da adhesión deste Concello á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

O Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros, cumprindo co quórum da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, acorda:

1.    Aceptar a modificación dos Estatutos da Mancomunidade no seguinte sentido:

Artigo 1: On di " os Concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdovifio" debe dicir " os Concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdovifio".

2.    Comunicar o presente acordo á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol, así como á Dirección Xeral de Administración Local para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

6.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE O RÍO BAA E LAVADORIO DE ROQUE. Vista a moción presentada polo grupo BNG sobre o río Baa e lavadoiro de Roque, na cal expoñen: Veciños de Laraxe dende hai un tempo véñense queixando da falta de auga no lavadoiro de Roque e para rego de hortas da Torre, localizado no cruce da estrada de Fonfría e o camiño da Torre de Laraxe. A auga do lavadoiro público viña da zona de San Xiá sen ningún atranco ata que a construción da vía rápida ás Pontes mudou a configuración do terreo e modificou totalrnente as fontes do Baa e do lavadoiro de Roque.

A construción da referida vía incluíu no mesmo cano o Baa e o lavadoiro de Roque, e dadas as características da chapuza a maior parte do ano o lavadoiro quedaba seco. Deste xeito, alguén formigou un tornaaugas para o lavadoiro deixando seco o cano do río Baa e desencadeáronse os típicos tirapuxas entre partidarios de lavar a auga a cadaquén ao seu rego.

Antes que o rexedor local mandase cartas de aviso ós veciños implicados, o veciño de Laraxe Angel Pena interesouse pola situación e escoitou versións das partes co fin de propoñer unha solución a este conflito que satisfacese a todo o mundo. Debemos deixar constancia nesta proposta do ton pouco acaído da misiva do rexedor, sobre todo cando emprega ameazas veladas e sen outro fundamento que as currilladas de aldea.

Neste sentido, propoñemos aos grupos politicos municipais e ao Pleno da Corporación os seguintes acordos:

1°.- Realizar o correspondente informe técnico da situación do río Baa e o regato de Roque no lugar de San Xiá, Laraxe.

2°.- Declarar como causa do problema a solución deficiente da Xunta de Galicia ao xuntar dous regatos nun só canigote.

3°.- Solicitar da Xunta de Galicia a gallada ou desdobramento do canigote para que cada regato leve a auga correspondente baixo criterios técnicos de reparto de caudal e aplicando as solucións tradicionais propias dos muíños.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande considera que están terxiversando o

asunto para xerar un conflito mostrando un descoñecemento da realidade a pesar que o ata hai pouco portavoz do grupo BNG presidiu a Comisión da auga, encargada de revisa-los traballos da construción da estrada; non se incluíu no mesmo cano as canles do río Baa e lavadoiro de Roque, seguen existindo por separado; o obxectivo da Comisión era revisa-los traballos, agora esquecen a súa responsabilidade e queren culpar a outros, tiñan que haber feito ben o traballo e non deixar que máis do 80% da auga estea escorrendo cara a Fene en lugar do río Baa, dende o Concello non se pode consentir que para solucionar esa mala execución se proceda ao desvío da canle do lavadoiro de Roque deixando seco o lavadoiro e fincas de A Torre, feito que se pode constatar tamén no informe da policía local, do cal da conta, non se pode permitir que se vulneren os dereitos de veciños sobre esta canle recollidos en escrituras de propiedade algunhas de 1818 e 1849; tamén deben coñecer que cando presidían a Comisión se fixo un informe de Proyfe sobre afectación da construción da estrada a pozos e mananciais onde establece que debe manterse a división das dúas canles por elo votarán en contra da moción, xa hai dous informes, policía local e Proyfe e inspección persoal de obras do Concello, a Xunta de Galicia non é culpable de algo que non é certo, o problema é da mala xestión da Comisión e tampouco ten sentido o punto 3° porque as dúas canles son diferentes e non procede a súa división.

A portavoz do grupo BNG Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita considera primeiro que debe distinguirse, nin o portavoz nin o grupo BNG fixeron a obra, a responsabilidade é da Xunta; en segundo lugar non se trata de facer unha guerra entre a xente, trátase de conseguir unha solución para todos, parece mentira que desde o goberno digan esas barbaridades, que si o 80%, que si dereitos, que si non, hai que buscar unha solución para todos porque a obra realizouna mal a Xunta e é a responsable.

O portavoz do grupo AEC D. Luis A. Fachal López sinala que no punto 1 estaba de acordo pero se o goberno o ten tan claro e con informes, entende que saben a solución e buscarán resolver o problema de inmediato, polo que van esperar un tempo prudencial para comprobar que se realizaron as obras adecuadas e ter todo en orden.

A Sra. García Pita manifesta que unha cousa é que non voten a favor da moción pero outra é si van a solucionar o problema.

O Sr.Alcalde sinala que o problema estaba solucionado se non houbera veciños que van a sacar o que van sacar; hai dous nacementos un do río Baa e outro do lavadoiro de Roque, cando se fixo a obra o 80% do río Baa vai para Fene, non se vixiou iso pola Comisión, o que non se pode é roubarlle auga do lavadoiro de Roque para o río Baa, ata hai uns 6 meses estaba claro como están claros os informes e os documentos que recollen o dereito a esas augas, cada un ten que ter a súa auga, estaban separadas e non procede darlle a volta ao que se fixo mal no seu día.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con dous votos a favor dos membros do grupo BNG, seis en contra dos membros do grupo Popular e tres abstencións dos membros dos grupos AEC e Mixto, acorda rexeita-la referida moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN. 7.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a)    Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 193 do 20-07- 2012 ata a número 246 do 21-09-2012.

Informe sobre a morosidade 2° T/2012. De acordo co establecido no artigo 5°.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación do informe de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes aos 2° Trimestre de 2012.8.- ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1.Grupo BNG. Intervención da concelleira Da. Ma. Isabel Villar Lence.

a.1.1) En relación coa denuncia presentada por veciños do lugar de Barcia sobre a

contaminación acústica e seguridade viaria,

Cantas licenzas de actividade foron expedidas polo Concello ao local restaurante, en que datas e condicións?.

Fíxose algunha inspección ou investigación en relación co acontecido, cales son as conclusións, limitación de horarios, medidas adoptadas pola Alcaldía e instrumentos de control?.

Resposta Sr.Alcalde: presentouse a denuncia e estase investigando o que pasou e unha vez que teñamos as conclusións contestaráselle, non se dispón de policía local de noite para vixilancia, nese caso hai que chamar a garda civil de Fene; desde o Concello permíteselle o que establece a licenza, si queren facer algunha cousa a maiores sempre se lles indica que pidan autorización, iso con carácter xeral a tódolos establecementos, non é certo que se lles permita facer festas sen ter permiso.

a.1.2) No lugar de Barcia desprazouse o contedor de vidro e situouse no recinto do restaurante, está nun lugar privado pero supoñemos que os veciños non teñen problema en acceder a el para depositar o lixo, é isto así?.

Resposta Sr.Alcalde: non hai ningún problema, cambiouse para facilitar a recollida polo camión, si existe algún problema pide que se comunique e solucionarase.

a.1.3) Rogo. Roga o cumprimento da lei de ruídos e seguridade viaria no lugar de Barcia como dereito fundamental das normas de convivencia, que se coloque un sinal de litnitación de velocidade e estudo sobre a posibilidade de colocar bandas rugosas, porque inda que de momento está máis tranquilo pode haber un accidente, é moi perigoso tal como están a circular os vehículos.

Resposta Sr.Alcalde: tal como manifesta algo de efecto fixo si está máis tranquilo, considera que é un tramo moi curto e non proceden as bandas pola velocidade que se pode acadar, outra cousa é que haxa que vixiar e o mellor estudar colocar un sinal, queremos que a veciñanza estea tranquila e convivan todos o mellor posible.

Intervención da portavoz Da. Ma Teresa de Jesús García. Pita.

a.1.4) O desbroce dos camiños faise por iniciativa dos veciños ou é cousa do Concello?. Resposta Sr.Alcalde: xa se dixo nun pleno que se lle ía dar prioridade aos de máis tráfico, e así se está a facer, agora o condutor está de vacacións e cando volva continuarase.

a.1.5) Quería saber si o Sr.Alcalde vai a facer caso da ordenanza que acaba de aprobar e vai deixar de interrompe-lo paso pola beirarrúa, lavar coches e motores diante da Ford?.

Resposta Sr.Alcalde: a empresa a que se refire terá que curnprir como as demais, pero aclara que sempre procuran que os coches non estorben e deixan unha beirarrúa, outra cousa é que outras persoas os sitúen na zona, incluso algún rotulado, pero a empresa sempre deixa libre unha beirarrúa.

a.1.6) Rogo. No entorno do Mesón, ali na rotonda, hai contedores de vidro e de cartón, dous moi xuntos e outro moi cerca, roga si é posible subir un para para Os Castaños.

Resposta Sr.Alcalde: gustaríalle atender a petición pero hai problema cos accesos aos Castaños de arriba, pois o camión de recollida do vidro é diferente do de recollida de lixo c faría imposible a recollida, o mesmo pasa co do cartón, todos son con grúa.

a.2. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.2.1. Cal é a situación actual do PXOM?.

Resposta Sr.Alcalde: pronto teredes noticias, o equipo redactor está vendo temas con Augas de Galicia e queriamos ter unha reunión con tódolos grupos se fora posible antes de que finalizara o mes de outubro.

a.2.2. Cal é a situación da obra de abastecemento de auga a Laraxe, xa se subministra auga as vivendas ou está pendente o subministro ?.

Resposta Sr.Alcalde: a obra está entregada a Aquagest coa documentación para que comece o proceso de dar auga aos vecitios que o soliciten, inda que como xa se falou algunha vez agora mesmo con Aquagest as relacións son tirantes.

a.2.3. En relación co tema de Costas no relativo as obras pendentes das que falaramos a situación económica actual non é a máis adecuada; como está o asunto do espigón, vaise facer o estudo prometido, como vai quedar o acondicionamento do pifieiral de Cabanas?.

Resposta Sr.Alcalde: o estudo do espigón estaba prometido e seguimos insistindo, en canto ao piñeiYal pouco quedou sen facer pero din que agora mesmo non hai diñeiro para rematar o que quedou sen facer.

a.2.4. En relación coas rotas polo Eume están interesados en coñecer cal foi o balance, que aceptación tivo por parte da xente, si os horarios foron adecuados, etc., porque este ano foi un pouco de proba e de cara ao próximo ano se pode valorar incluso o custo económico.

Resposta concelleira delegada Da. Eva Ma. Pazos Bande: a falta de datos concretos, houbo unhas cincocentas persoas como usuarias, case a metade eran de fora da Comarca e a aceptación foi moi boa, estaba previsto tres viaxes e chegouse incluso a cinco en función das mareas.

O Sr. Alcalde manifesta que na reunión de delegados se estivo a falar de como afrontar isto o próximo ano porque tivo moita aceptación, hai que intentar sacar adiante o pantalán con Portos e tamén facer algo no centro de interpretación das Fragas, é unha vía para atraer turismo.

a.3. Grupo Mixto: Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.3.1. En relación co tema da traída de auga a Laraxe, podía puntualizar si funciona perfectamente ou non ten nada que ver, está todo correcto?.

Resposta Sr.Alcalde: cando no ano 2011 houbo unha seca importante esa obra xa se estivo utilizando para Cabanas, tróuxose un compresor de corrente porque non estaba entregada e utilizouse coa autorización da Xunta, en Laraxe fixéronse as probas necesarias para a entrega da obra e agora ten que ser Aquagest a que comece a dar servizo aos veciños que o soliciten.

a.3.2. Con respecto ao barco turístico houbo un contrato para a realización desas travesías, como se formalizou?.

Resposta Sr.Alcalde: contratouse unha empresa para facer esas rotas en barco, o Concello tivo que pagarlle pero hai tamén unha subvención.

a.3.3. En canto á promoción de emprego, que actuacións se están levando a cabo e cales son as perspectivas de cara ao futuro dende o Concello?.

Resposta Sr.Alcalde: o que se pode avanzar é que o programa remataba en setembro e acaban de confirmar outro novo plan, nesta ocasión para cinco municipios e vai ser levado desde o concello de Cabanas con mais de cen mil euros de subvención entre este ano e o que ven.

a.3.4. O tema do Pidio, como está a situación?.

Resposta Sr.Alcalde: está como estaba a espera de conseguir difieiro, nos bancos en principio non hai fmanciamento, entre o remanente e o orzamento de 2012 hai uns 107.000 euros e cando se


 

faga o orzamento para 2013 seguirase achegando unha cantidade importantc e vet si hai posibilidades de conseguir algún financiamento, e que o xuíz de máis prazo, e un tema que nos preocupa moito.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e corenta minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretatio dou fe.

c Prace,

0 Al.: de,                                                                                               0 Secretario,

    


ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 8 DE NOVEMBRO DE 2012

Concelleiros asistentes:    No salón de sesións da Casa do Concello de

Da. Eva Ma. Pazos Bande.    Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día

Da. Esperanza Gayoso Pereiro.    oito de novembro de dous mil doce, en primeira

D. Juan A. López Rodriguez.    convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde

Da. Ana Rosa Méndez Eiroa.    D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres.

D. Julián Ramón Seijas Criado.    Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular

Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita.    D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación

D. José C. Rey García.    en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente

D. Luis A. Fachal López.    convocatoria.

D. Delfin Feal Pereira    Unha vez comprobada a existencia de quórum

para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste a concelleira Da. Ma. Isabel Villar Lence por motivos laborais.

ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o día 26 de setembro de 2012, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda aproba-la referida acta.

EXPEDIENTE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 6/2012. Examinada a proposta de modificación de créditos que se detalla na memoria da Alcaldía-Presidencia, por importe de 338.055,00 euros, para facer fronte a obrigas a cargo desta Corporación relativas a gastos de persoal, bens correntes e servizos, gastos financeiros, investimentos e pasivos financeiros que se considera necesario realizar no presente exercicio sen que se poidan atrasar para o exercicio seguinte, utilizando como recursos para o seu financiamento as baixas ou anulación doutras partidas de gasto e considerando que as modificacións son necesarias con carácter inaprazable e non existe ningún prexuízo para os intereses do Concello. No expediente figuran informes de Intervención, así como ditame favorable da Comisión de Facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a portavoz D. Ma. Teresa de Jesús García Pita indica que votarán en contra porque parécelles amoral, como o da reitoral de Soaserra que xa manifestaron noutro pleno que se necesitan os fondos para cousas máis importantes, que se rebaixen partidas importantes é unha mala xestión nestes momentos, é unha amoralidade.

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira considera que xa quedou claro na comisión de facenda os motivos polos que se incrementaban unhas partidas e se minoraban outras, pero non entende, e a súa posición é en contra, o do arranxo da reitoral de Soaserra, con ese diñeiro se podían atender outras necesidades principalmente promoción do emprego, o voto sería favorable si se retira. se o derribo da reitoral porque é un gasto superfluo neste momento.

Polo grupo popular: a portavoz D. Eva Má Pazos Bande estima que como primeira modificación do orzamento no mes de novembro axústase bastante o orzamento, non vai entrar no da reitoral porque xa foi debatido, aquí solo se están consignando as cantidades para levar a cabo esta obra, non cree que sexa apropiado falar de amoralidade, e sobre o plan de emprego o Concello xa está destinando moitos recursos, esta obra hai que facela e por iso se consignan os recursos necesarios.

A Sra. García Pita indica que cando hai tantas necesidades e tanta xente que o pasa tal mal tirar os cartos dándolle tanto difieiro gratuitamente a Igrexa Católica que non o necesita e tendo en conta que deron alternativas para facer o aparcadoiro, pregúntase como se chamaría isto, é peor que amoral.

D. Luis A. Fachal López, portavoz de AEC, manifesta estar a favor pois considera positivo que co avanzado que está o exercicio se faga a primeira modificación, no relativo a modificación para a reitoral podía ser máis interesante investir noutras actuacións, pero xa que votarán a favor van a ser coherentes e haberá que pedirlle contraprestación ao arcebispado como pode ser o tema da reitoral de San Martiño do Porto, non pode ser gratuíto para a Igrexa e deben facer un esforzo noutros asuntos pendentes neste Concello.

0 Sr. Feal Pereira sinala que non dubida pero non veu os esforzos no emprego, e insiste en que o diñeiro para o derribo desa primeira fase da reitoral ía mellor destinado a outras necesidades e polo tanto o voto será a abstención.

O Sr. Alcalde aclara que o importe desta primeira fase da reitoral son 66.155 euros e xa hai tempo que tódolos veciños da parroquia de Soaserra firmaron solicitando ao Concello que faga ese aparcadoiro. Intervén a Sra. García Pita e o Sr. Presidente indícalle que non interrompa e faille a primeira advertencia. Prosegue o Sr.Alcalde indicando que dispón de tódalas firmas e considera que se trata dunha obra importante e necesaria, alude a cesión por 25 anos do Arcebispado e o compromiso do Concello.

Despois de debatido o asunto o Pleno da Corporación en votación ordinaria con oito votos a favor dos membros dos grupo popular e AEC, un en contra da concelleira do grupo BNG, e unha abstención do concelleiro do PSdeGPSOE do grupo mixto, acorda:

Primeiro: Aproba-la referida proposta de modificación de crédito aplicando as cantidades correspondentes as partidas que se reflicten na memoria segundo o seguinte detalle:

AUMENTOS PARTIDAS DE GASTOS.

a Créditos extraordinarios

 

Partida    Denominación    Consig.antes expediente.    Aumento proposto    Consig.resultante      

453.61900    Outros inv. infr. e bens uso xeral    ---    82.600,00    82.600,00      

459.60902    Infraestrutura viaria    ---    66.155,00    66.155,00     

Suma créditos extraordinarios...148.755,00 euros.

b) Suplementos de crédito:

 

Partida    Denominación    Consig.antes expediente.    Crédito dispoffible    Aumento proposto    Consig.resul­tante      

011.31000    Xuros    1.000,00    0,00    10.000,00    11.000,00     

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 28 DE NOVEMBRO DE 2012

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. Da. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julián Ramón Seijas Criado. Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita. D. José C. Rey García. D. Luis A. Fachal López. D. Delfin Feal Pereira


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e oito de novembro de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.



Unha vez comprobada a existencia de quórum para Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


Non asisten o concelleiro D. Juan Antonio López Rodriguez por motivos laborais e a concelleira Da. Ma. Isabel Villar Lence.


PARTE RESOLUTIVA.


1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o día 8 de novembro de 2012, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda aproba-la referida acta.


2.- PROPOSTA OBRAS POS 2013. Vista a circular da Deputación Provincial da data 26 outubro de 2012 comunicando a aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 2013) así como a contía asignada a este Concello; vistas as devanditas bases reguladoras, así como o proxecto técnico da obra a propoñer.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita, non lle parece normal que se destinen tantos cartos a gastos correntes, en época de crise hai gastos sociais máis necesarios.


Polo grupo popular, a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que a asignación ao concello ven destinada para unha serie de actuacións, se inclúe a obra de saneamento e gastos correntes, logo, de ser necesario se poden facer modificacións.


Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e Mixto, e unha abstención da concelleira Da.Ma. Teresa de Jesús Garcia Pita, acorda:


1.- Aprobar o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2013, cuxas bases se coñecen a aceptan na súa totalidade, no que se recollen as obras que o Concello ten previsto realizar, e a dedicación a gastos correntes do exercicio 2013, e de acordo co financiamento que se indica:




A Realización de obras:

Denominación da obra

Deputación

Concello

Presuposto total

Saneamento nos Batáns, parroquia de San Martín do Porto, 1a fase

78.142,96

4.112,79

82.255,75

Subtotal obras

78.142,96

4.112,79

82.255,75

Aprobar os proxectos das obras incluídas na anualidade 2013 e que se relacionan nesta táboa.

B) Financiamento de stos correntes:

Deputación

Achega provincial aplicada ao financiamento de gastos correntes                                            59.765,29

C Resumo:

Denominación da obra

Deputación

Concello

Presuposto total

SUBTOTAL OBRAS

78.142,96

4.112,79

82.255,75

SUBTOTAL GASTOS CORREN1ES

59.765,29

59.765,29

TOTAL

137.908,25

_            4.112,79

142.021,04

2.- Aprobar o Plan complementario do ano 2013 no que se inchien as obras que a continuación se indican e a robar os corres ondentes proxectos:

I

Denominación da obra

Presuposto

Non se formula proposta para o plan complementario

TOTAIS

---


3.- Declarar que o Concello dispón dos terreos, augas e servidumes para a execución das obras, e ten resolto o relacionado coas concesións e autorizacións administrativas que legalmente sexan necesarias.


4.- Comprometerse o Concello a incluír no orzamento municipal do 2013 os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal das obras incluídas na anualidade do 2013.


5.- Solícitar da Deputación Provincial da Corufta, a delegación neste Concello da contratación e execución das obras incluídas no plan, que se entenderá aceptada si esta prodúcese efectivamente.


6.- Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións para a súa execución, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.


7.- Autorizase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social


8.- Facultar expresamente ao akalde para todo o relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.


3.- ELECCIÓN XUÍZ DE PAZ TITULAR. Visto o expediente incoado en virtude de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para nomeamento de Xuíz de Paz titular do xulgado de Paz de Cabanas, no que consta informe de Secretaría sobre a lexislación de aplicación e procedemento a seguir.


Visto que no penodo de presentación de solicitudes de acordo cos anuncios publicados no BOP, e taboleiro de anuncios da Casa do Concello se presentaron catro solicitudes que corresponden a D. Serafin Díaz Regueiro, Da.Ana Belén Martín Sánchez, Da.Carmen María Cartelle Casanova e Da. Ma. del Pilar Cartemil García.

Vistas as solicitudes presentadas coa documentación que achegan, segundo o establecido no artigo 101 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, procédese a elección en votación secreta, sendo candidatos as catro persoas presentadas, D. Serafin Díaz Regueiro obtén 7 votos, Da. Carmen María Cartelle Casanova 1 voto e Da.Ma. del Pilar Cartemil García 1 voto.


Resultando que D. Serafin Díaz Regueiro obtén sete votos e polo tanto acadando a maioría absoluta do número legar de membros Pleno da Corporación, resulta elixido para o cargo de xuíz de Paz titular de Cabanas.


Dar traslado do presente acordo e expediente, ao Xulgado de la Instancia de Ferrol, para que o eleve a Sala de Gobemo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


4.- PROPOSTAS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos: Mixto e Popular, sobre a violencia de xénero.


A) A modón presentada polo grupo Mixto, na exposición de motivos fala da celebración tódolos anos do Día Internacional contra a violencia de xénero, manifestos, recordo das vítimas, pero inda queda moito por facer, seguen morrendo mulleres e o gobemo non sensibiliza e está a deixar de prestar apoios; alude ao retroceso desde que goberna o partido popular, o dereito das mulleres a vivir sen violencia de xénero e o concepto de violencia no ámbito familiar. Tamén se refire aos recortes nas prestacións que comezaron por Galicia e neste último ano tamén o goberno do Estado, dando lugar a queixas xudiciais sobre a desprotección, o PSdG-PSOE denuncia os significativos recortes en prevención, sensibilización e protección das mulleres fronte a violencia de xénero e consideran imprescindible desenvolver un plan específico de actuacións.


Polo exposto, o PSdG-PSOE a través do voceiro integrado no grupo Mixto propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:


1. Este Concello comprométese a non reducir presupostos, servizos nin recursos para combater a violencia de xénero.


2. Instar á Xunta de Galicia a:


a) Axilizar os trámites necesarios para a imnediata posta en funcionamento do Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas da violencia de xénero, unha obrigación incluída na Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.


b) Impulsar os órganos consultivos e de participación da Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de xeito que cada órgano estea regulado de forma independente para garantir a súa comprensión e facilitar o control das súas actividades. Incorpotando á composición dos tres órganos a representación de asociacións profesionais de igualdade e persoal técnico especializado en igualdade, así como profesionais que estean traballando no ámbito do tratamento da violencia de xénero, que son quenes están a desenvolver no día a día o traballo técnico relacionado coa igualdade de mulleres e homes.


c) Definir a estratexia da Xunta de Galicia no ámbito da sensibilización e da prevención en contra da violencia de xénero.


d) Promover acordos para a formación de profesionais dos Medios de Comunicación para a mellora do tratamento informativo das situacións de violencia contra as mulleres.


e) Incidir en mecanismos de apoio de prevención ás vítimas para que as mulleres non se vexan forzadas a retirar a denuncia.




f) Mellorar a coordinación entre os órganos xudiciais e os organismos que deben procurar as medidas de asistencia e protección social reforzando o Punto de Coordinación das Ordes de Protección.


g) Reforzar os servizos de atención a menores vítimas directas e indirectas da violencia de xénero na súa atención e a recuperación das súas secuelas, ao obxecto de romper o círculo da transmisión interxeneracional da violencia.


h) Que as axudas económicas recollidas na lei galega sexan abonadas ás mulleres vítimas de violencia de xénero, que acrediten forrnahnente as condicións establecidas, nun prazo non superior a 15 días.


i) Crear un programa específico para mulleres discapacitadas que sofren violencia de xénero, debido a súa situación de especial vulnerabilidade.


j) Promover a responsabilidade social corporativa das empresas a fin de lograr unha alianza empresarial contra a violencia de xénero.


3. Así mesmo, instamos á Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado que non reduza os presupostos, os programas, actuacións nin servizos dirixidos a combater a violencia de xénero e atender ás mulleres.


B) A declaración institucional do grupo popular alude a conmemoración o 25 de novembro como día de reflexión e sensibilización para expresar o rexeitamento a todo tipo de violencia contra as mulleres, fala da súa consideración como problema público e social, un ataque aos dereitos da persoa, e os poderes públicos teñen a obriga de adoptar medidas para facer reais e efectivos estes dereitos, mentres exista un só caso de violencia de xénero non haberá sociedade en igualdade, a súa erradicación pasa por maior concienciación social e educación. A conquista da igualdade, do respecto a dignidade humana e da liberdade das persoas, ten que ser un obxectivo prioritario das politicas públicas, é fundamentanevar a cabo dende tódalas Administracións actuacións transversais que incidan na mellora da igualdade de oportunidades a todos os niveis.


Por todo o anterior, o Concello de Cabanas manifesta a súa intención de adhesión á Rede de entidades locais en contra da violencia de xénero, acción promovida polo Gobemo galego e a FEGAMP, xa que esta Rede se configurará como un instrumento que permita conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso teal contra esta lacra.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita sinala que tódolos anos presentaron un manifesto pedindo o que piden PSOE e PP, un programa e un fondo no Concello para mulleres maltratadas, critica a declaración da concelleira do partido popular, porque están en contra da violencia de xénero pero fan recortes que matan, son igual de culpables que os homes que cometen as agresións, parécelle incoherente, xa dixo moitas veces que a muller do partido popular é a máis sumisa e machista que hai, non entende como falan destas cousas.


Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande pregúntase que referencia ten agora a Sra. García Pita porque non pertence a ningún grupo, pero que non fale de coherencia, o peor exemplo de machismo está executado por unha muller que é a Sra. García Pita, non as mulleres do partido popular. En canto a moción do Sr. Feal Pereira, están de acordo en case todo, a violencia de xénero é unha prioridade do goberno, a pesar do estado de crise se manteñen as partidas orzamentarias para o ano 2013 co fin de levar a cabo os obxectivos estratéxicos, mellora seguridade, atención personalizada, etc, non está ben que se politice un tema como este, non se pode falar de que o gobemo non está sensibilizado ou non apoia as vítimas, alude aos proxectos de reforma do código penal, medidas para protección das mulleres e atención a menores, dotacións orzamentarias na Xunta de Galicia para a loita contra a violencia de xénero, non se está recortando nada senón que incluso se incrementa a consignación, considera que debería haber por encima de todo un consenso de grupos políticos e administracións apostando en firme porque esta lacra desapareza e conseguir unha sociedade libre da violencia de xénero; gustaríalle engadir un punto que seria: Instar ao gobemo do Estado a continuar amosando a implicación coa erradicación da violencia de xénero no proceso de reforma do código penal, nomeadarnente no tocante á protección das mulleres e da infancia. 


O concelleiro do PSdG-PSOE no grupo mixto D. Delfín Feal Pereira admite o engadido a súa moción do punto proposto pola portavoz do grupo popular, reitera o exposto sobre diminución de consignacións, pero ademais hai unha concepción distinta dos conceptos, dicir violencia de xénero e distinto de dicir violencia no ámbito familiar, é baixarlle o nivel de tensión ao que estamos falando, estase ante violencia contra as mulleres, violencia de xénero, maltrato psicolóxico, físico e demais, iso non é un tema de ámbito familiar, está de acordo en que a erradicación da violencia radica principalmente na educación, tódalas melloras no ámbito familiar e de traballo social para erradicar a violencia de xénero son accións transversais que teñen que traducirse en algo específico non só en palabras bonitas.


A Sra. Pazos Bande manifesta que coa inclusión do punto proposto votarán a favor, non vai entrar en máis debate, cada grupo ten o súa posición, non se trata de palabras bonitas senón palabras e cifras que sirvan para cumptir cos obxectivos.


A continuación o Sr.Presidente somete a votación de forma conxunta a moción co engadido do novo punto e o manifesto, resultado aprobados con voto a favor dos nove membros presentes.


5.- MOCION DO GRUPO MIXTO SOBRE MEDIDAS HIPO FECAS VIVENDAS. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto sobre medidas das hipotecas de vivendas, en cuxa exposición de motivos alude a situación limite que están a chegar centos de miles de familias coa crise e aumento do paro, o concello de Cabanas non é alleo a este fenómeno que pon en perigo a perda da vivenda e unha condena financeira de por vida; fala do procedemento xudicial hipotecario onde a entidade pode quedarse coa vivenda polo 60% do valor e ademais enthargarlle bens e ingresos presentes e futuros para saldar a débeda. Esta lexislación, que non se aplica noutros países, non era coñecida polas familias cando subscribiron as hipotecas cunha publicidade enganosa, por elo se está a vulnerar un dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como é a vivenda, artigo 47 da C.E., ademais a perda de vivenda leva consigo a perda doutros dereitos e a situación de desamparo na que se atopan moitas familias é moi preocupante.


Polo tanto faise necesario intervir con urxencia ante esta dramática situación que se agrava día a día, ao igual que outros concellos, e mentres non se cambie a lexislación sobre desafiuzamentos, dende o concello de Cabanas queremos aportar as medidas necesa.tias no ámbito municipal para evitar que se produzan máis desafiuzamentos; por todo o exposto propón se adopten os seguintes acordos:


Primeiro.- Instar ao Goberno central a unha rápida e contundente modificación lexislativa do procedemento xudicial hipotecario neste país, incluíndo unha moratoria total ou parcial, sen xuros engadidos, das débedas hipotecarias sobre vivenda habitual, a favor das persoas que se atopen en situación de insolvencia sobrevida de boa fe, de tal xeito que se eviten procedementos xudiciais hipotecarios, poxas de vivendas e desafiuzamentos que están a deixar na rúa a miles de familias.




Segundo.- Instar ao Goberno central para que adopte as medidas necesarias para que, nos supostos de vivenda habitual e insolvencia sobrevida de boa fe, se aplique a dación en pago, regulada no artigo 140 da Lei Hipotecaria, de tal xeito que, a elección do debedor, se poida cancelar, sen execución hipotecaria a totalidade da débeda pendente coa entrega da vivenda, aínda que isto non fora pactado ao formalizarse a hipoteca.


Terceiro.- Instar ao Goberno central para que adopte as medidas necesarias para evitar os desafiuzamentos no caso de vivendas en aluguer, coa retirada do anteproxecto de lei para dinamización da vivenda en aluguer, que prevé desafiuzamentos en 10 días, co fin de mellorar a protección da cidadanía en momentos de tributacións económicas.


Cuarto.- Instar ao Goberno central para que se adopten todo tipo de medidas tendentes a que os poderes públicos dean cumprimento efectivo ao mandato do art. 47 da Constitución Espariola, e se estuden saídas xustas á cuestión das vivendas baleiras.


Quinto.- Dar traslado destes acordos ao Parlamento Autonómico de Galicia, así como, ao Congreso e ao Senado.


Sexto.- Máis aló das medidas de competencia estatal, propor a adopción das seguintes medidas para emprender a nivel municipal:


6.1. Eliminación do imposto municipal de plusvalia para as persoas afectadas que sufran a perda da súa vivenda en poxa, e para aquelas que logren a dación da vivenda en pago, naqueles supostos en que a lei así o permita.


6.2. Revisión dos protocolos de actuación de Servizos Sociais nos casos de desafiuzamento, e colaboración á hora de pedir aos xuíces a suspensión do desafiuzamento cando este sexa por motivos económicos e se reftra á vivenda única e habitual.


6.3. Non poñer ningún axente da Policía Local a disposición das ordes de desafiuzamento.


A isto engade modelo de instancia para que os Servizos Sociais teñan constancia desde documento.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita recorda que se aprobou a mesma moción en marzo de 2011 coa abstención do grupo popular, está de acordo coa moción e gustaríalle engadir:


- Instar a Xunta de Galicia que constitúa unha comisión galega contra os desafiuzamentos con participación dos grupos politicos e entidades sociais que traballan nesta problemática para mediar nos casos en que o procedemento ameace coa perda da vivenda a persoas afectadas e achegue solución en todos os casos para evitar o desafiuzamento.


- Instar ao Goberno do Estado a que se introduzan as medidas legais e regulamentarias necesarias para que, Novagalicia Banco, en tanto que entidade financeira intervida polo Estado e que inclúe activos inmobiliarios residenciais, poña de xeito inmediato a disposición das autoridades galegas e locais o dereito de uso —por un tempo máximo de cinco anos- das vivendas baleiras e que reúnan as condicións de habitabilidade cando así sexan requiridas por resolución que xustifique a necesidade de dispor delas mesmas para atender as necesidades de aloxamento de persoas e familiares que perdesen o uso dunha vivenda ou se atopen en risco inmediato de perdela por causa dos procedementos de desafiuzamentos xa executados ou por desafiuzamentos arrendaticios.


- Instar ao Goberno do Estado a que tanto para a elaboración da normativa que se propón nesta proposta canto para a reforma lexislativa instada se faga participe ás plataformas de afectados pola hipoteca (PAH) que polo seu traballo social desenvolto nestes anos nos procesos desolidariedade coas familias afectadas coriecen en profundidade a súa realidade e as necesidades derivadas dela. 


Polo grupo popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que a crise económica e circunstancias polas que atravesa o pais levaron a milleiros de familias a situación de precariedade para facer fronte a obrigas hipotecarias, nada que obxectar ao fondo da moción e tampouco a anali­zar a lexislación hipotecaria, o PP dende que chegou ao goberno propúxose aportar solución a este problema, fai referencia aos contidos de disposicións lexislativas aprobadas ao efecto (R.D.Lei 6/2012 e R.D.L. 27/2012, e lei da vivenda de Galicia), logo refirese as reunións entre o goberno e o PSOE sobre medidas urxentes con tramitación por vía de urxencia para garantir que ningún cidadán sexa conducido a unha situación de desafiuzamento, o citado RDL tramitarase como proxecto de lei e será mellorado con aportacións dos grupos parlamentarios. Propón unha emenda transacional res­pecto dos puntos 1, 2, e 3: Instar ao goberno do Estado a avanzar na defensa das persoas debedoras hipotecarias vulnerables consolidando e mellorando o marco xurídico a vez que se faciliten vivendas de aluguer social para quen perdera o seu fogar; en canto aos puntos 5, 6, 7, e 8, e sobre todo polo que se refire ao concello mostrar a sensibilidade co grave problema social que representan os desa­fiuzamentos da vivenda habitual, por iso o alcalde e grupo de goberno apoiará dentro das súas posibilidades aos veciños e veciñas de Cabanas, están a defender en primeira liña os intereses dos cidadáns e a este respecto xa hai firmado un acordo con tódolos concellos da Fegamp.


A Sra. García Pita alégrase de que o Sr.Alcalde cambiase de opinión con respecto a marzo de 2011.


O portavoz do grupo AEC, D. Luís A. Fachal López, considera que en principio hai que respectar o marco xurídico, logo está o tema da boa fe que se debía connotar abertamente, está de acordo co tema do aluguer pero tamén hai que protexer aos propietarios das vivendas, non se debe botar a ninguén da vivenda e para elo os bancos terien vivendas e poderíase crear un banco de aluguer para estas persoas, sería unha solución, están totalmente de acordo co fondo da moción.


O concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira manifesta que son coriecedores das negociacións entre o partido popular e o partido socialista, non apoiaron o R.D.Lei


porque era un parche, non había compromiso claro da reforma hipotecaria e a moratoria non beneficia a maioría das familias, cita supostos de familias en situación precaria e que non se poderían acoller a esa moratoria, e de avalistas que tamén se verían afectados e que non poderían ampararse nesa moratoria; hai un intento de mellorar o sistema hipotecario pero ese R.D.Lei non é suficiente, podería estar de acordo en parte coa emenda pero mantén a proposta de acordos para que quede todo ben explicitado; o partido socialista xa presentou no programa electoral un estudo contando con todas as asociacións de hipotecados, bancos, propietarios de aluguer, etc, non está de máis que se incorporen todos os posibles, polo tanto mantén a súa moción.


A Sra. Pazos Bande, indica que pretendían modificar ese punto pero non pasa nada, pero dado


que fixeron referencia ao R.D.Lei si quere aclarar os requisitos para a paralización polo prazo de dous anos, aludindo as condicións do nivel de renda, alteración das circunstancias económicas, única vivenda, requisitos familiares, numerosa, monoparental, con discapacidade, desemprego ou violencia de xénero; di que se creará un fondo social de vivendas de aluguer para persoas que xa perderan as súas vivendas e o goberno abordará outras reformas na tramitación parlamentaria; dende o partido popular se está a traballar desde Madrid que é onde compete a normativa, co partido socialista e o resto dos grupos politicos, pero tamén dende o concello, o grupo de goberno vai apoiar a tódolos veciños que se vexan nesa situación, inda que se absterán na moción.




O Sr.Feal Pereira admite engadir os tres puntos propostos pola concelleira Sra.García. Pita, pero no punto segundo substituíndo Novagalicia Banco por todas as entidades financeiras intervidas polo Estado.


A continuación o Sr.Presidente somete a votación a moción presentada co engadido anterior, resultando aprobada con catro votos a favor dos membros dos grupos AEC, Mixto e a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús Garcia Pita, e cinco abstencións dos membros do grupo Popular


6.- RENUNCIA PRESENTADA POLA CONCELLEIRA Da. Ma. ISABEL VILLAR LENCE. A continuación dáse conta do escrito de renuncia ó cargo de concelleiro desta Corporación presentada ante o Secretario por Da. Ma. Isabel Villar Lence da candidatura Bloque Nacionalista Galego (BNG) por motivos persoais.


O pleno da Corporación por unanimidade dos membros presentes acorda tomar coñecemento da renuncia ó cargo da concelleira Da. Ma. Isabel Villar Lence e remitir certificación deste acordo á Xunta Electoral Central para que expida credencial do seguinte da lista que debe substituila.


PARTE DE CONTROL ÓRGANOS CORPORACIÓN.


7. INFORMES DA PRESIDENCIA.


a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a núrnero 247 do 24-09- 2012 ata a número 309 do 23-11-2012.


b) Renuncia do Sr.Alcalde á paga extraordinaria de decembro. Infórmase a Corporación do escrito que presenta o Sr.Alcalde D. German Castrillón Permuy polo que renuncia a paga extraordinaria do Nadal que lle correspondía percibir no mes de decembro polo desempeño do cargo.


c) Informe sobre a morosidade 3° T/2012. De acordo co establecido no artigo 5°.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación do informe de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes ao 3° Trimestre de 2012.


d) Escrito do representante do BNG comunicando que a formación politica queda neste momento sen representación como tal na Corporación por baixa de concelleiros. Infórmase a Corporación do escrito presentado por D. Manuel Rodriguez Doval como responsable da Executiva Comarcal do BNG de Ferrolterra no que comunica que a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita ten causado baixa na organización e que a persoa que tería que substituír a dimisionaria Ma. Isabel Villar Lence tampouco forma parte do BNG, polo que a formación politica quedaría neste momento sen representación como tal na corporación de Cabanas, desvinculándose calquera actuación que realicen as persoas devanditas da organización pola que se presentaron ás eleccións.


8.- ROGOS E PREGUNTAS. a) Preguntas orais.


a.1. Intervención da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita. a.1.1) En relación coas boias da praia fronte ao club La Penela, van estar aí todo o ano?. Resposta Sr.Alcalde: xa non están, hai un mes que se retiraron. a.1.2) Que pasa con chiringuitos da praia, como está o tema?. Resposta Sr.Alcalde: se está aprobando unha nova lei de Costas, despois haberá un


Regulamento que a desenvolverá e aí ê posible que entren os chiringuitos.


a.2. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.


a.2.1). Cal é o estado das obras de construción de beirarrúas na estrada da Deputación km 0 a 0,800 de Porto a Laraxe; cando está previsto o inicio das obras ?.


Resposta Sr.Alcalde: terminou o prazo para presentar ofertas, hai que analizar as propostas e esperamos que en 2013 se inicien as obras, se mantén o presuposto que había.


a.2.2). Sobre a urbanización da estrada nacional; hai novidades?.


Resposta Sr.Alcalde: enviouse o proxecto a Patrimonio, o tema do cruceiro xa está resolto e espérase que saia para diante sen problema de Patrimonio, hai afeccións pero proximamente chegará unha resolución que esperamos sexa positiva.


a.2.3). En relación co vao de cemento que se colocou na entrada dos Verxeles, non sabemos quen o colocou nin que función ten; sabe vostede algo disto?.


Resposta Sr.Alcalde: o fixo o Concello para que non entrara a auga cando chovía moito, hai que arranxar a cuneta para que non pase a auga por alí, máis que unha obra é un parcheo.


a.2.4). Dende o Concello se están a facer chamadas a xente que está apuntada no paro para o inicio duns cursos ou non sabemos exactamente que; cal é o motivo real destas chamadas a estas persoas apuntadas no paro en Cabanas?, pode vostede informar?.


Resposta Sr.Alcalde: é o programa integrado de emprego, se coordina desde Cabanas para cinco concellos, Neda, Fene, Mugardos, Pontedeume e Cabanas, unha parte é formación, ver o tipo de persoa, que formación ten, onde se pode colocar, etc. iso é voluntario, pero hai outro listado que envía a oficina de colocación e se lles chama por teléfono, hai xente dos concellos que se podían apuntar voluntarios a ese programa e aparte o listado que envía a oficina de colocación. O programa vaise desenvolver en catro concellos coordinado desde Cabanas, Pontedeume, Mugardos, Fene e Cabanas.


a.2.5) Quere que se faga unha solicitude por parte do Concello, como xa se vai executar o derribo da reitoral de Soaserra, dadas as boas relacións que temos agora coa Igrexa, podíamos retomar o tema da reitoral de San Martin, porque ultimamente houbo algún suceso que puido ser máis grave, sería conveniente facer beirarthas por ese paso.


Resposta Sr.Alcalde: o tema xa está retomado, estase a espera de informe técnico municipal para seguir o proceso.


b) Preguntas por escrito.


b.1. Grupo Mixto: Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.


b.1.1. Despois de expoñer que no DOG n° 199 do 18 de outubro de 2012 publícase a Resolución do 3 de outubro de 2012, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, de delimitación do Camiño de Santiago inglés polo que se incoa o procedemento de delimitación do camiño de Santiago inglés segundo a proposta recollida no texto resolutivo e, acorda a apertura do trámite de información pública por un período de dous meses. Fai unha serie de consideracións en relación coa documentación presentada, alude a Lei 3/1996 do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, indicando que neste caso será de aplicación o previsto para os bens catalogados segundo a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia, así como a propia lei do camiño, cita especialmente aos artigos 5.5, 6, 16 e 18 e formula a seguinte pregunta:


- Cal é a repercusión patrimonial e urbanística da delimitación proposta pola Xunta de Galicia para o chamado Camiño inglés ao seu paso polo concello de Cabanas ?.


- Era coñecedor o Alcalde ou o Grupo de Goberno da proposta da Xunta de Galicia ?.


- Ten pensado o Sr.Alcalde presentar alegacións sobre a proposta?


Resposta Sr.Alcalde: todos somos coñecedores do proxecto que está a exposición pública, o camiño inglés ten afeccións como teñen outras infraestruturas, estradas, ferrocarril, costas, etc. polo tanto non hai outro problema que pedir autorización para facer traballos no entomo, nos últimos anos se construíron vivendas sen problema; no ámbito forestal hai que pedir autorización a Patrimonio como en outras zonas e tampouco hai problema. Tamén hai casos en que se pide subvención para rehabilitación de vivendas por estar afectadas polo camiño inglés e cando se teña o PXOM estará recoñecido as afeccións, se leva tempo loitando polo problema de bloqueo das parcelas Q do polígono de Vilar do Colo, se conseguiu facer un estudo demostrar que o camiño primitivo ía por onde está marcado agora, co cal se desbloquea a actuación en ditas parcelas; en canto a afección a hostalería non hai maior problema como pode comprobarse no camiño francés, hai que cumprir a normativa reguladora sen máis inconveniente; se algún veciño ten dúbidas pode achegarse ao Concello e os técnicos inforrnaranne sen problema, as repercusións van a ser positivas e non ten pensado presentar ningunha alegación sobre o que está regulado, si hai algo non regulado presentarase.


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e cincuenta minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 10 DE DECEMBRO DE 2012

Concelleiros asistentes:

Dª. Eva Mª. Pazos Bande.

Dª. Esperanza Gayoso Pereiro.

Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa.

D. Julián Ramón Seijas Criado.

Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita.

D. José C. Rey García.

D. Delfin Feal Pereira

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día dez de decembro de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asisten os concelleiros D. Juan A. López Rodriguez e D. Luis A. Fachal López por motivos laborais.

1. RECLAMACIÓN EXPEDIENTE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 6/2012. Aprobado inicialmente o expediente de modificación de crédito 6/2012 do orzamento municipal do exercicio de 2012, en sesión extraordinaria do pleno da Corporación realizada o 8 de novembro de 2012 e sometido a información pública segundo anuncio publicado no B.O.P. nº 219 do 16 de novembro de 2012, presentouse unha reclamación neste período, por parte de D. Honorio Ferreiro Delgado, opoñéndose a dita aprobación e solicitando se destine o importe do crédito por importe de 338.055 euros a atender os custos de execución das sentencias correspondentes ós recursos contencioso-administrativos números 02/0004126/1994 e 02/0004055/1993.

Visto o informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda que constan no expediente.

Na deliberación do asunto a concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita indica que se vai abster porque legalmente había que dotar esa partida e legalmente hai outros gastos, hai que establecer prioridade.

Despois de estudado o asunto, o Sr.Presidente somete a votación o rexeitamento da reclamación presentada e aprobación definitiva do expediente de modificación de crédito 6/2012 do orzamento municipal de 2012, votando a favor os membros presentes dos grupo popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e unha abstención da concelleira Dª. Mª Teresa de Jesús García Pita, quedando polo tanto rexeitada a alegación presentada por D. Honorio Ferreiro Delgado e aprobado definitivamente o expediente de modificación de crédito 6/2012 do orzamento municipal de 2012.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás dezanove horas e corenta minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e Prace,

O Alcalde, O Secretario,

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARLA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 31 DE DECEMBRO DE 2012


Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. Da. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julián Ramón Seijas Criado. Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita. D. José C. Rey García. D. Luis A. Fachal López. D. Delfin Feal Pereira


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as nove horas do día trinta e un de decembro de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.


Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


Antes de proceder ó debate dos asuntos, estando presente o concelleiro electo Don Angel Pena Fontenla, e vista a credencial remitida pola Xunta Electoral Central, así como acreditada presentación da declaración patrimonial e de incompatibilidades, procédese o cumprimento do requisito legal de prestar xuramento ou promesa segundo dispón o artigo 108 da Lei 5/1985 e Real Decreto 707/1979, do 5 de abril, a tal efecto Don Angel Pena Fontenla utiliza a forma " Coa man sobre Sempre en Ga7iza, como galego solidario, laico e partidario da democracia real por esixencia legal prometo acatar a Constitución e o Estatuto de Autonomía, de Galicia"; a continuación o comparecente toma posesión do seu cargo incorporándose á sesión.


1.- ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta de sesión anterior realizada o día 10 de decembro de 2012, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, agás a abstención do Sr. Fachal López por non asistir a sesión, acorda aproba-la referida acta.


2.- RECLAMACIÓNS MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL PREZO PÚBLICO ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E RECREATIVAS. Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación a modificación do prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas e recreativas, en sesión realizada o 8 de novembro de 2012, e sometida a información pública segundo anuncio publicado no BOP n° 219 do 16 de novembro de 2012, presentáronse catro reclamacións neste período: escrito doce participantes na actividade de ioga, escrito doce participantes actividade aerobic, escrito de con dezaseis asinantes encabezado por Da. Ma. Isabel López Becerra e alegación de D. José Antonio Doce Luaces.


Visto o ditame da Comisión. de Facenda e iniciada a deliberación do asunto, prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita, como xa manifestou na Comisión de Facenda está en contra do rexeitamento das alegacións e desta subida, porque si é unha cantidade pequena tamén é unha cantidade pequena de ingreso para o Concello, a cultura é algo básico e a lei non di que o custo teria que ser igu-al ao prezo público, ao Concello non lle custaba nada darlle cultura gratuíta aos veciños sobre todo mirando o malgasto.


Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López como xa manifestaran no pleno era de suporier que ía pasar isto, sobre todo no relativo as actividades culturais, son catro escritos con varias persoas, pero hai moitas máis descontentas con esta subida; se van abster como fixeron antes pero xa advertiran disto e gustaríalles que desde a Alcaldía se resolvese parar a modificación e estudar a viabilidade e pondera.r a subida, esa é a súa proposta; entenden que as reclamacións son razoadas e dende o grupo de gobemo se debería retomar a modificación da ordenanza e mirar a viabilidade dunha subida máis relaxada.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE, D. Delfín Feal Pereira está en contra do rexeitamento das reclamacións polo argumentado xa na Comisión de Facenda, inda que as subidas non son excesivas dende o partido socialista pensan que debe haber unha orientación cara os veciños para que saiban que se lles quere dar o máximo posible co menor custo posible, pero poñendo por encima de todo o valor da veciñanza, aparte da cultura e outras actividades tamén é favorecer e fomentar a relación entre a veciñanza, si vamos poriendo impedirnentos de taxas inda que se sexan pequenas ao final a veciñanza vai inmobilizarse máis.


Polo grupo Popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que o argumento é o mesmo que o dito na Comisión de Facenda e no Pleno anterior, a ninguén lle gustan as subidas nas actividades pero a proposta no maior dos casos vai supoñer 70 céntimos, é unha cantidade asumible nin se busca igualar ao custo da actividade, solo se pretende con esta subida chegar ao 70- 75% do custo do monitor asumindo o Concello o resto, o ive non é asumible polo Concello por iso queda fora do custo da hora; non hai que esquecer as bonificacións como 30% empadroados, 10% familias numerosas e máis de tres participantes, incluso hai casos que baixan como na escola de música e noutras actividades culturais, reitera que ninguén vai quedar excluído de participar nas actividades por problemas sociais, por todo elo van a rexeitar as reclamacións presentadas.


A Sra. García Pita indica que dende o momento que hai alegacións hai xente que lles inflúe esta subida, non digan que non significa nada; o do ive ten fácil arranxo baixando o prezo público xa non repercute o imposto na xente.


O Sr.Fachal López sinal que leu a ordenanza e hai dúas actividades que baixan e unha terceira que habería que estudalo máis, pero hai moita xente pedindo que non se faga a subida e outra que está en contra e non fixo o escrito, hai que buscar unha solución para continuar con estas acti­vidades, hai subvencións como as houbo sempre e nouttos concellos a veces son do 100%, insiste en reunirse os portavoces e buscar unha solución alternativa a esta modificación da ordenanza fiscal. O Sr. Feal Pereira reitérase no exposto, o importante é que haxa xente que participe, esta subida en moitos casos é unha desincentivación e vaise perder a posibilidade de ter aos veciños reunidos e poñer en común os seus valores e as súas identidades, si non fomentamos iso mal vamos, pero iso é unha orientación ideolóxica do grupo de gobemo que non comparte o partido socialista. A Sra. Gayoso Pereiro insiste en que como usuaria das actividades gustaríalle que fosen gratis,


pero coas circunstancias que ten este Concello non pode facer, por elo o que participe nas actividades terá que facer unha pequena aportación, facendo contas o custo da hora sae a 1,45 euros, e si para algunha xente lle resulta caro se vai mirar o interese social e ninguén vai quedar excluído xa que a bonificación pode chegar ao 100% co informe dos Servizos Sociais — o Sr.Presidente advirte por primeira vez a concelleira Sra. García Pita por interromper sen ter uso da palabra- estase a buscar un equilibro e a subida non é desproporcionada, por todo elo van desestimar as alegacións.


O Sr.Alcalde indica que se non fora o problema do Penso as actividades podín ser gratuítas.




Despois de estudado o asunto, o Sr.Presidente somete a votación o rexeitamento das catro reclamacións presentadas e aprobación definitiva da modificación do prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas e recreativas, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora, votando a favor os seis membros do grupo Popular, en contra tres, dos concelleiros D. Delfin Feal Pereira do PSdG-PSOE do grupo mixto, Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita, e D. Angel Pena Fontenla, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, quedando polo tanto rexeitadas as alegacións presentadas e probado definitivam.ente a modificación do prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas e recreativas, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.


3.- ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2013. Dada conta polo Secretario do expediente tramitado para aprobación, no seu caso, do orzamento municipal formado para o exercicio de 2013 polo Sr. Alcalde deste Concello de acordo cos requisitos que sinala a lexislación vixente no que constan os documentos que establecen os artigos 165, 166, y 168 e concordantes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, cadro de persoal coa relación de postos de traballo, informes de intervención e dítame da Comisión de Facenda.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita indica que xa manifestou na Comisión de Facenda que están en contra destes orzamentos, os gastos correntes son maiores que os investimentos reais, incumpre o principio de estabilidade e pídese un plan económico financeiro que nunca se ve, os gastos sociais son inferiores aos dos órganos de goberno, malgástase en publicidade e propaganda, as publicacións no BOE nada teñen que ver con gastos turísticos, festexos e sen embargo non se crea un fondo para parados, actividades culturais e deportivas gratuítas; os servizos de recadación que se pagan a Deputación cubrirían o custo de dúas prazas de técnicos do Concello, hai que ter en conta que é un concello de 3.340 habitantes non unha capital, aforraríase e ademais se daría emprego, e así se podería seguir con máis cousas, non vale que digan que soben o gasto social por un lado cando baixan moito máis por outro.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira opina que o orzamento para 2013 é a parte máis importante onde se vai dirimir a organización e politica a seguir do Concello, vota en falta unha reunión e consenso cos grupos politicos, houbo reunións con veciños que é importante pero cos concelleiros a única foi a Comisión de Facenda onde se falou da supresión da cuberta fotovoltaica e segue incluída inda que con menor consignación, pregunta que se vai a facer na nave de Vilar do Colo e critica o gasto en publicidade, vese a orientación politica que lle dan ao orzamento coa cal está en contra, si houbese reunións de consenso con tódolos grupos seguramente se puideran aportar máis solucións entre todos a estas discrepancias; é a súa forma de gobernar e sentindo moito vai a votar en contra destes orzamentos por desorientación total con respecto as necesidades do Concello.


Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma.Pazos Bande considera o orzamento para 2013 realista e executable, condicionado polas circunstancias que se está a vivir na actualidade, alude a crise e a execución sentenza do Penso, axústanse ao máximo as partidas sen perda de calidade dos servizos e sega crecendo e mellorando o Concello; as partidas de servizos sociais seguen incremen­tándose, programas de mencer na escola, PAI, conciliación e igualdade, axuda no fogar e recollida de alimentos; partidas de emprego co programa Artabria Emprega compartido con cinco concellos e xestionado por Cabanas, tratando de mellorar a situación dos parados; en cultura e deporte se proxecta a mellora de instalacións, a accesibilidade e o funcionamento interior, apoio e colaboración cas sociedades do Concello, rotación do magosto e carnaval, sempre tratando de aproveitar recursos; en turismo promoción e mellora das iniciativas de 2012, paseos en barco pola ría, rotas sendeirismo, etc.; en infraestruturas sobre todo mellora de vías municipais; en medio ambiente axuste no tratamento de voluminosos e recollida papel-cartón, así como continuación de obras de 2012; no polígono de Vilar do Colo preténdese o peche da parcela e mellora da nave; comenta tamén que está previsto solicitar un crédito de 580.726 euros, menor que o previsto no ano anterior por haber maior achega de fondos propios para execución das sentenzas do Penso, para o cal pide a colaboración e responsabilidade dos demais grupos da Corporación; insiste no axuste das partidas e ao mesmo tempo que se trata de atender as demandas veciñais e as obrigas da Corporación.


A Sra. García Pita manifesta que aquí se pide xuntanza para elaborar os orzamentos pero é algo imposible, a nos interésannos os veciños a vostedes non, e deixen de utilizar continuamente como escusa o problema do Penso porque fai máis nefasto o goberno de Cabanas; alude a que para indemnizacións á Corporación, festexos, actividades, conciliación e igualdade, cursos formación emprego, indicando que as cifras falan por si solas, non disfracen aumentos, primeiro baixan e logo soben menos, un pouco de respecto polo menos a oposición.


O portavoz do grupo AEC D. Luis A. Fachal López en canto a petición da portavoz popular de colaboración e responsabilidade politica, van a votar a favor pero por responsabilidade politica porque o ano 2013 é o máis importante dos últirnos anos e vota en falta unha reunión cos portavo­ces da oposición que tamén teñen algo que opinar, máis no seu caso que ata hai pouco gobernaban xuntos e dende aquela nunca máis, polo menos deben escoitalos; en canto atender opinións de veciños, moitos veciños representados aquí non foron atendidos, de haber reunións onde se explicaran os orzamentos seguramente se uniría máis xente a súa aprobación, si non se coñece o que se vai facer non van votar a favor, alude a nave de Vilar do Colo, e tema fotovoltaico que xa non debía vir no orzamento; vostedes pediron colaboración e lla van dar pero estes orzamentos non son os de 2012 e verase co tempo, en canto a outros temas coma o do Penso e Aquagest é importante contar coa opinión de tódolos grupos porque tamén son representantes dos veciños.


O Sr. FeaI Pereira alude ao manifestado polos outros grupos da oposición no que xa non vai insistir, insiste nas reunións previas para chegar a un consenso, así como, que argumentan todo co derribo do Penso indicando que ao inicio da lexislatura pediu unha comisión para o estudo e seguimento deste asunto pero non a tiveron en conta, non saben como está xudicialmente nin as xestións que fan nin as consideracións técnicas, levan 5 anos de goberno e sempre coa escusa da


herdanza, o único que se viu foi a subida do IBI en 2007 para conseguir diñeiro para o derribo do Penso, van ingresados uns 700.000 euros e non se fixo nada, pregunta onde están; fala de posibles solucións e contar co equipo técnico do Concello, non discute a herdanza do problema e manifesta a súa disposición de colaboración, pero votará en contra por non ter información, considera que non é a herdanza, é a súa fonna de facer a politica que é arrasar coa maioría.


As Sra. Pazos Bande opina que están a facer un discurso bonito, pero o problema do Penso é


herdado, está aí e non se pode cambiar, hai que arranxalo e a única maneira é ter diñeiro, é unha cantidade que condiciona o orzamento e non se pode organizar doutra maneira, hai un remanente para isto que se podería destinarse a actividades das que falan, pero é responsabilidade deste goberno facelo par cumprir coa sentenza, inda que non guste a ninguén; en canto ao gasto da recadación pola Deputación a lei non permite contratar persoal nin a boa xestión do servizo está fora de lugar; os gastos correntes están axustados, incluso se baixa un pouco; considera que non se goberna tan mal cando a primeira modificación de 2012 fíxose en novembro e a última conta xeral aprobouse con remanente positivo, hai que afrontalos os problemas e apostar tamén polo emprego, como o programa Artabria Emprega para cinco concellos xestionado desde Cabanas no que se gastan moitos recursos.


O Sr.Alcalde aclara que houbo Comisión de Facenda onde estaban os portavoces de tódolos grupos e fixéronse dúas modificacións, non é certo que non haxa reunións, a Comisión de Facenda é para debater o orzamento e non houbo límite para falar e debater; por outra parte gustaríalle que analizaran as partidas do IBI desde 2007 a 2012 haber si saen os 700.000 euros, o Penso é herdado e as propostas aos propietarios están feitas, inténtase resolver o problema, cumprir e executar a sentenza senón habería outro tipo de orzamentos; da conta da notificación do xulgado que denega o fraccionamento que se ofertaba e hai que informar na primeira quincena de xaneiro, marzo e maio de 2013 baixo apercibimento de multa coercitiva de 300 euros, estase traballando e a partir do mércores intentarase chegar a acordos con entidades bancarias para conseguir o diñeiro.


Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC, e tres en contra dos concelleiros D. Delfín Feal Pereira do PSdG-PSOE do grupo mixto, Da. Ma Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, acorda:


1°.-Aprobar inicialmente o orzamento municipal para o exercicio 2013, con un importe total tanto en gastos coma en ingresos de tres millóns trescentos trinta e cinco mil cincocentos setenta euros (3.335.570,00 euros) co seguinte resumo por capítulos:


ESTADO DE GASTOS:

Capítulo

Denominación,

Consignación

A) Operacións correntes

1

Gastos de persoal

850.050,00

2

Gastos en bens correntes e servizos

1.301.300,00

3

Gastos financeiros

16.575,00

4

Transferencias correntes

46.500,00

B) Operacións de capital

6

Investimentos reais

1.092.095,00

7

Transferencias de capital

1.000,00

8

Activos financeiros

00,00

9

Pasivos financeiros

28.050,00

Total gastos

3.335.570,00

ESTADO DE INGRESOS:

Capítulo

Denominación

Consignación

4) Operacións correntes

1

Impostos directos

857.300,00

2

Impostos indirectos

70.000,00

3

Taxas e outros ingresos

412.500,00

4

Transferencias correntes

1.060.335,00

5

Ingres os patrim oniais

2.100,00

B) Operacións de capital

6

Alleamento de investimentos reais

00,00

7

Transferencias de capital

342.609 00

,


8

Ativos ftnanceiros

00,00

9

Pasivos financeiros

590.726,00

Total ingresos

3.335.570,00


2°.-Aproba-las bases de execución do mencionado orzarnento.


3°.-Aproba-lo cadro de persoal para 2013 e relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral incluídos no mesmo, coa valoración correspondente de niveis, retribucións complementarias e características.


4°.-Someter a información pública o orzamento aprobado polo prazo de quince días hábiles, a efectos de reclamacións, segundo dispón o artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.


5°.-No suposto de non presentarse reclamacións contra o devandito orzamento e cadro de persoal, consideraranse deftnitivamente aprobados debendo cumprirse o trámite da süa publicación no Soletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, do resumo por capítulos xunto co cadro de persoal, de acordo co disposto nos artigos 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril e 169.3 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.


6°.-Remitir copia do orzamento mencionado á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma de Galicia.


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás dez horas, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.


e Pm



O Ak O Secretari.o,

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 30 DE XANEIRO DE 2013

Concelleiros asistentes:Dª. Eva Mª. Pazos Bande.Dª. Esperanza Gayoso Pereiro.Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa.D. Julián Ramón Seijas Criado.D. José C. Rey García.D. Luis A. Fachal López.D. Delfin Feal Pereira.

Dª. Mª. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día trinta de xaneiro de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Juan Antonio López Rodriguez por motivos laborais.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta das actas de sesións anteriores realizadas os días 28 de novembro e 31 de decembro, de 2012, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda aproba-las referidas actas.

2.- MODIFICACIÓN DA TAXA POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa polo servizo de axuda no fogar, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente co informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Dª. Mª.Teresa de J. García Pita manifesta que xa votaron en contra na Comisión, sería máis xusto facer os tramos por renda pero solo teñen afán recadador, é triste que se recorte servizos sociais, se non existira un máximo o subirían máis, gustaríalle saber que din os usuarios que necesitan e teñen que pagar por estes servizos, e logo despois vense os soldos de membros da Corporación, dietas, festexos e propaganda, votarán en contra da suba.

Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira indica que na comisión de Facenda preguntou polas contías do aumento, non tiñan esa documentación e se abstiveron, agora quédase co dito pola portavoz do PP que pagará máis quen mais ten, con ese concepto está de acordo, pero aquí fan referencia ao IPREM que está conxelado dende hai catro anos e hai unha redución das rendas e aumento de  copagos por elo propón unha modificación da táboa de aplicación explicando a proposta, para que o pagamento sexa máis equitativo e que as rendas que máis teñen máis paguen.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande en relación coa intervención da Sra. García Pita considera que non estudou o asunto a pesar de ter tempo para elo, non se recortan os servizos sociais senón que hai un aumento do 1,74%; se está a facer unha adaptación dos tramos da libre concorrencia ao Decreto 99/2012, porque na dependencia xa están fixados pola Xunta de Galicia, se está atendendo a 16 usuarios en dependencia e 31 en libre concorrencia, non hai lista de espera en dependencia, hai 5 en espera de apoio doméstico porque non aceptan o horario, tamén se está complementando o centro de día; di tamén que ademais de estar exentos os de 0,80% do IPREM tamén están os de RISGA, PMC, ISMIS, etc.; en canto a modificación de tramos puideron ver como as pensións máis altas teñen maior grao de pagamento, o maior número de usuarios está nos primeiros tramos e a división que se fixo ten que ver con iso, na memoria se detalla a estimación de gastos e ingresos onde o déficit en libre concorrencia é case 60.000 euros, a taxa tamén está sen modificar dende 2009, estase a facer un esforzo importante neste servizo universal.  

A Sra. García Pita puntualiza que non é votante do PP polo tanto que non mintan nin enganen, o Concello non paga os servizos senón tódolos veciños cos seus impostos, e no relativo ao deficitario do servizo sería preocupante que en época de crise tivera superávit.

O Sr. Feal Pereira alude as contías que representan as porcentaxes dos primeiros tramos sobre o IPREM e que a maioría está no tramo 1,25-1,50 sobre 800 € mes; en canto ao déficit recorda que é o que custa cubrir as pistas de padelno que é un gasto innecesario, o servizo o pagan tódolos contribuíntes de Cabanas e insiste na súa proposta sobre modificación das contías dos tramos que considera máis axeitada.

A Sra. Pazos Bande non pon en dúbida que o Concello son tódolos veciños e veciñas, é obvio, pero o goberno municipal ten a responsabilidade de administrar ben e iso significa dar cobertura a tódolos usuarios e o concello non está por sacar beneficio do servizo; alude tamén aos tramos, hai 11 usuarios no do 1,50 % o de maior número que supón 48 € mes, insistindo que se está a facer un esforzo importante por blindar os servizos sociais do Concello.

O Sr.Alcalde indica que non van aceptar a proposta do concelleiro do PSdG-PSOE porque tivo tempo para facela antes do pleno e dialogar, ademais como explicou a portavoz  a suba tampouco é importante, estamos en tempos de crise pero tamén o Concello ten outras cousas que acometer. O Sr. Feal Pereira insiste en que non tiña todo a documentación.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros dos grupos popular, tres en contra do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: taxa polo servizo de axuda no fogar, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

3.- RECLAMACIÓN TAXA UTILIZACIÓN INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS. Aprobado inicialmente polo pleno da Corporación en sesión realizada o 24 de xullo de 2012, a imposición da taxa por utilización de infraestruturas municipais para colocación de tuberías, fíos condutores, cables e outros elementos, en postes ou en galerías de servizo de titularidade municipal, someteuse a información pública polo prazo de trinta días, mediante publicación de anuncio no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no Boletín Oficial da Provincia nº 150 de data 8 de agosto de 2012, presentándose no devandito prazo unha reclamación por parte da mercantil R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA S.A.

Despois de estudada reclamación presentada, o pleno da Corporación en votación ordinaria, por unanimidade, acorda:

1º. Estimar parcialmente a reclamación presentada en canto a redacción do artigo 7 da ordenanza reguladora, a cal queda da seguinte forma: “A base impoñible estará constituída polos metros liñeais ou fraccións de cable, tubería, fio ou elemento, que se instalen nas infraestruturas e da sección destas que se ocupen. As taxas por utilización das canalizacións municipais solo afectarán as infraestruturas de canalización propiedade do Concello ou as que teña en réxime de cesión por parte doutro organismo, empresa, ente ou fundación, quedando excluídas as derivacións particulares que se instalen sobre estas canalizacións existentes”. Rexeitar a reclamación presentada en todo o demais.

2º. Aprobar definitivamente a imposición do tributo local: taxa por utilización de infraestruturas municipais para colocación de tubaxes, fíos condutores, cables e outros elementos, en postes ou en galerías de servizo de titularidade municipal, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.

3º. Proceder a publicación do texto íntegro da ordenanza aprobada no Boletín Oficial da Provincia.

4.- MODIFICACIÓN REGULAMENTO MUNICIPAL SERVIZO AXUDA NO FOGAR. Visto o expediente tramitado para aprobación da modificación do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar que consta de dezasete artigos, unha disposición adicional e unha disposición final, así como seis anexos de modelos a seguir, coa documentación que consta no devandito expediente.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira en relación co cómputo de tódalas persoas residentes na mesma unidade de convivencia, estean ou non inscritas no Padrón municipal de habitantes do Concello entende que pode dar lugar a unha arbitrariedade, deberían computarse as inscritas xa que por lei si unha persoa convive con alguén a partir de certo tempo ten que incluírse obrigatoriamente no Padrón, porque si logo se marcha a renda computable sería menor, se pode estar fomentando unha irregularidade.

O Sr.Alcalde indica que se está tratando de ser xustos coa xente empadroada, que doutro xeito resultaría prexudicada, estase a favorecer a xente que está empadroada no concello.

O Sr.Feal Pereira está de acordo pero considera que entón debería empadroarse de oficio, dende o partido socialista seguen pensando que se está fomentando unha irregularidade.

O Sr.Alcalde considera que o empadroamento de oficio e outro punto que se estudará cando se dean os casos, pero no regulamento debe recollerse así para non prexudicar a residentes no Concello.

A portavoz do grupo Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera que é un criterio do equipo técnico dos servizos sociais que coñece a realidade do Concello e dos usuarios do servizo, era unha situación que estaba a crear conflito entre os usuarios, por elo é importante recoller esta petición dos servizos sociais; tamén en relación cos tramos establecidos na ordenanza fiscal, a modificación da determinación da capacidade económica vai dar lugar dada a crise actual, a que algúns usuarios vexan reducida a súa achega ao sistema de libre concorrencia porque se reparte entre máis membros a capacidade económica.

Despois de examinado expediente e estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con sete votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC e tres abstencións do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do regulamento municipal do servizo de axuda no fogar..

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto do regulamento polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

5.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE RECORTES SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto sobre recortes do Ministerio de Sanidade en Servizos Sociais e Igualdade, en cuxa exposición de motivos alude ao risco de exclusión social, aumento de desemprego de fogares sen ingresos ao que se engade a redución e esgotamento de axudas de protección social como prestacións por desemprego e rendas mínimas de reinserción; fai referencia a cifras de fogares con tódolos membros en paro, limiar de pobreza e a infancia, así como o agravamento da cohesión social. A pesar de todo o PP en lugar de dar unha resposta puxo en marcha unha política de recortes e axustes desmantelando os servizos públicos básicos agravando máis a situación, fala da minoración de fondos para menores con dificultades sociais, discapacitados, teleasistencia, plan concertado a desenvolver polas corporacións locais, en contra do establecido nos obxectivos das leis de servizos sociais, nos últimos días coñeceuse que o Goberno retira a súa achega para financiamento dos servizos sociais dos concellos.

Por todo o exposto, propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1. O Pleno da Corporación mostra o seu rexeitamento aos recortes realizados polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para sufragar a rede de Servizos Sociais Comunitarios no orzamento de 2012 e no orzamento de 2013.

2. Instar o Goberno de España a manter e soster un sistema público de servizos sociais de nivel primario que permita atender a toda a cidadanía e dar resposta á esixencia da Constitución Española de garantir unha serie de dereitos sociais e, polo tanto, o exercicio da igualdade de oportunidades.

3. Esixir ao Goberno de España que repoña os fondos do Plan Concertado e do programa de Teleasistencia, como mínimo aos niveis de 2011, ademais dun compromiso financeiro estable para garantir a viabilidade dos servizos sociais básicos.

4. Dar traslado dos presentes acordos ao Presidente do Goberno, á Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, aos Presidentes das Comunidades  Autónomas, aos/as representantes dos axentes sociais e á Federación Española de Municipios e Provincias.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular:  a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera certo a minoración das transferencias estatais as Comunidades Autónomas para o plan concertado nun 41% con respecto ao ano anterior, refírese a creación do plan concertado hai máis de 25 anos financiado polo Estado, as Comunidades Autónomas e os Concellos, pero a achega do Estado foise minorando, cita datos dos porcentaxes de participación e tamén fai referencia a que o anterior goberno socialista xa cuestionaba a viabilidade do plan concertado e había que redefinilo; en canto a Galicia estase traballando en que a minoración non repercuta nos usuarios e non baixou nin un céntimo ao plan concertado, incluso aumenta a dependencia, o partido socialista sacou a lei da dependencia pero non a dotou de recursos; non están de acordo co primeiro punto da moción porque se están a manter os orzamentos, poderían aceptar o punto dous e engadir outro punto: Instar a que tódalas administracións competentes nesta materia continúen amosando o seu compromiso e o seu apoio para traballar co obxectivo de que as políticas sociais asistenciais estean garantidas a pesar do contesto económico e financeiro actual.

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita considera que a portavoz popular está a facer demagoxia coa dependencia, doten vostedes a dependencia e reduzan outros conceptos.

D. Delfín Feal Pereira concelleiro do PSdG-PSOE no grupo Mixto,  considera que o plan concertado creado polo goberno socialista en 1988 para contribuír  ao desenvolvemento das prestacións básicas de servizos sociais, alude a redución de fondos para 2013 e a minoración con respecto a 2012 e 2011, ademais elimínanse dos orzamentos do Estado de 2013 axudas a programas como teleasistencia e outros, manteñen os puntos da moción como están e vostedes decidirán.

A Sra. Pazos Bande fai mención a que en 2007 cando o bipartito da Xunta, a Vicepresidencia da Igualdade e Benestar advertía que non ía dar máis cartos e das modificacións no financiamento autonómico, este ano a través do RDL 20/2012 reforma a lei da dependencia que senta as bases para garantir a sostibilidade e desenvolvemento de dita lei, a necesidade do control do déficit público fai necesario a adopción de medidas, fala das contías previstas para os distintos programas, indica que están a dar máis recursos cando os sacou o partido socialista, estanse dotando máis recursos que en épocas de bonanza.

O Sr.Alcalde manifesta que como non admiten o punto proposto polo grupo popular votarán en contra.

Debatido o asunto sométese a votación resultando cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e cinco en contra dos membros do grupo popular; visto que se produce empate repítese a votación obténdose o mesmo resultado, a vista do cal o Sr.Presidente co voto de calidade decide a favor do rexeitamento da devandita moción.

6.- MOCIÓN DO GRUPO POPULAR SOBRE ARBITRAXE PARTICIPACIÓNS PREFERENTES. A seguir dáse conta da moción presentada polo grupo Popular sobre arbitraxe de consumo e canxe de participación preferentes e obrigas subordinadas, na cal expoñen a súa comprensión e solidariedade coas persoas afectadas e o desexo de que recuperen os seus aforros, a Xunta de Galicia desde que xurde o problema tratou de buscar unha solución; lembran que o problema tampouco é exclusivo de Galicia senón que é unha práctica que se estendeu por toda España entre tódalas entidades bancarias.  A Xunta non ten competencias no eido do sistema financeiro, sen embargo é publico e notorio o esforzo para que a arbitraxe de Consumo fose unha realidade, na actualidade segue apostando por esta arbitraxe e máis de 11.000 familias xa recuperaron os seus aforros, polo que este grupo municipal entende que debe seguirse ese camiño, estiman que os tenedores de preferentes non poden sufrir quitas e de producirse sexan as menores posibles.

Por todo elo propoñen ao Pleno os seguintes acordos:

1º. Instar ao Banco de España, ao Ministerio de Economía, á Comisión Europea e ao FROB e NCG Banco a que continúen resolvendo, a través da Arbitraxe de Consumo, todas as reclamacións presentadas en relación á comercialización de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas por NCG Banco, ata a resolución definitiva de todas elas, en todos aqueles casos que cumpran con condicións similares ós xa resoltos, é dicir, todos aqueles casos cuxos perfiles foron tidos en conta ata o momento actual..

2º. Instar ao FROB, ao Banco de España, ao Ministerio de Economía e á Comisión Europea a que os tenedores de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de NCG Banco non teñan que sufrir quitas, e de ter que soportar quitas, que sexa na menor contía posible e que os canxes poidan ser obxecto da súa realización líquida inmediata.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita en canto a competencia da Xunta considera que calquera persoa ve que é unha cláusula abusiva e podía denunciarse por ilegal, cal é o problema?, que en Caixa Galicia estaban tódolos do seu partido e non lles interesa, de todos xeitos están de acordo coa moción sempre e cando quiten o da quita porque hai que ter un pouco de seriedade.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López en canto o de 11.000 familias parécelle que os datos son 288.000 familias involucradas, van a votar a favor pero non deben ser en tódolos casos semellantes senón en tódolos que teñan razón, tamén falan de posibles quitas, as quitas non porque é diñeiro da xente, ningunha quita, a partir de aí están de acordo e o pobo debe entender que os políticos estamos ao seu lado.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira sinala que segundo as informacións recibidas no día de onte o partido socialista e o partido popular e o goberno, chegaron a un acordo respecto a este tema; puntualiza que hai un ano o polo menos que o partido socialista reclama ao goberno do Sr.Rajoy que faga unha resolución xusta onde se respecte a totalidade do investimento cando o goberno falaba de que houbera quita,  que o arbitraxe sexa baixo control público e que se aporte a necesaria garantía, coa recuperación do 100% investido, se estipule quen foi estafado e quen non, que non haxa quita a única posible sexa a dos xuros, aparte disto se faga extensible a outras entidades, polo tanto na moción debía introducirse esta modificación no punto 1 e que a quita sexa solo no relativo a xuros.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande manifesta estar de acordo co da quita, porque aparte de presentar a moción pretendían falar disto, introducir no punto 2 que non teñan que sufrir quitas,  e no punto 1 podería ser en tódolos casos que corresponda.

O Sr. Alcalde fala de que os bancos con axuda pública é mais complicado, a Xunta desde o principio sempre creu que a arbitraxe era a vía máis rápida e resolutiva.

Despois de debatido o asunto sométese a votación coas modificacións propostas, o Pleno da Corporación co voto favorable de tódolos membros acorda aprobar a moción adoptando o seguinte acordo:

1º. Instar ao Banco de España, ao Ministerio de Economía, á Comisión Europea e ao FROB e NCG Banco a que continúen resolvendo, a través da Arbitraxe de Consumo, todas as reclamacións presentadas en relación á comercialización de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas por NCG Banco, ata a resolución definitiva de todas elas, en todos aqueles casos que correspondan, podendo facelo extensivo a outras entidades bancarias.

2º. Instar ao FROB, ao Banco de España, ao Ministerio de Economía e á Comisión Europea a que os tenedores de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de NCG Banco non teñan que sufrir quitas, e que os canxes poidan ser obxecto da súa realización líquida inmediata.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

7.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 310 do 23-11-2012 ata a número 28 do 25-01-2013.

b) Modificación nº1 PXOM do concello da Capela. Igualmente infórmase a Corporación da comunicación do Concello da Capela sobre a Modificación nº 1 do PXOM achegando o corresponde anexo.

MOCIÓNS DE URXENCIA.

O concelleiro D. Angel Pena Fontenla presenta unha moción de urxencia relacionada coas enchentes a altura do río Baa, indica que se trata dunha moción veciñal asina por 76 veciños e a urxencia ven dada porque afecta ao tránsito dos veciños sendo urxente a redacción dun proxecto para solucionar o problema xa que non se pode pasar por alí.

O Sr.Alcalde entende que non hai urxencia porque el mesmo pasou por alí sen ningún problema, é coñecedor diso e houbo tempo de presentala sen urxencia.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con dous votos a favor dos concelleiros Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e D. Angel Pena Fontenla, tres abstencións dos membros do grupo AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto,  e cinco votos en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeita-la urxencia da moción.

8.- ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.1.1.  Hai data para a presentación do PXOM de Cabanas ?.

Resposta Sr.Alcalde: inda non, estamos pendentes de que o equipo redactor presente toda a documentación para facer a presentación e antes diso temos que presentalo a tódolos concelleiros como se había quedado.

a.1.2.  Que lle parecen as críticas pola suba dos prezos de actividades de cultura?.

Resposta Sr.Alcalde: xa se rexeitaron as alegacións presentadas, a suba son setenta céntimos e creo que os que firmaron esa reclamación hoxe non o farían porque estaban enganados, van a concellos limítrofes e lles cobran máis, primeiro hai que ver as cousas e comprobar como son.

a.1.3. Rogo. Xa que se aprobou a ordenanza de condutas cívicas agradecería que o Concello adopte medidas para que cada vez que se fan actividades non aparezan panfletos nas farolas.

a.2. Grupo Mixto: Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.2.1 Quería preguntar si a Alcaldía ou o grupo de goberno tivo en consideración a aportación que fixo no debate do orzamento con respecto ao Pidio de buscar encaixe para que os veciños que perdan a vivenda a indemnización sexa proporcionar outra das mesmas características ?, hai algunha novidade ao respecto?.

Resposta Sr.Alcalde: cando se aprobou o orzamento no pleno anterior dixemos que nos íamos a poñer en contacto cos bancos para pedir o crédito e iso foi o que se fixo estando a espera da resposta, pediron documentación sobre o orzamento definitivo que maña se lle enviará; con respecto as vivendas a nosa proposta non é pública porque ten que estar aprobado o PXOM, como mínimo que estea a exposición pública, logo convocaremos unha reunión para falar deste tema porque temos unha proposta e por iso pediamos unha prórroga de cinco anos para cumprir a sentenza, cando estea a exposición pública o PXOM  vos explicaremos a proposta que propoñiamos ao tribunal que é algo encamiñado nese sentido pero ten que darnos 4 ou 5 anos para cumprir a sentenza.

a.2.2. Pode explicar a Alcaldía con que motivo e criterio se desmantelou o parque infantil de Porto ?, ten pensado repoñer o mobiliario dese parque infantil?, con que motivo se lle dona a Asociación Veciñal de San Martín e por que é a Asociación Veciñal quen o desmantela e non os operarios do Concello?.

Resposta Sr.Alcalde: creo que será coñecedor que ese parque non cumpre a normativa de homologación dos aparatos polo tanto estaba fora de uso, nin cumpre coa accesibilidade, polo tanto o Concello non pode manter eses riscos, hai que desmontalo e se desmontou; non sabe si se lle deu a Asociación, se desmontou por ese motivo e nada máis.

a.2.3. Rogo. Na zona de Peón en Laraxe colócase moitas veces un radar da Garda Civil de Tráfico, ten que controlar a velocidade pero sole usar unha situación non idónea que é montando na beirarrúa e cortando o acceso a unha vivenda que hai ao lado da capela de Laraxe, esta situación impide a circulación de peóns pola beirarrúa, tense dado o caso que xente que sae do xeriátrico ten que baixar  a estrada porque está alí o radar, por elo roga que dentro das posibilidades da Alcaldía se solucione este problema.

Resposta Sr.Alcalde: non existe problema en dirixir escrito á Xefatura de Tráfico para que non monte o radar na beirarrúa.

b) Preguntas por escrito.

b.1. Presentadas polos concelleiros Dª.Mª. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 29 de xaneiro de 2013.

b.1.1. Cal é o xeito de proceder do concello no caso de denuncia para a retirada de animais abandonados?

Resposta Sr.Alcalde: en primeiro lugar pedirlle que como acaba de entrar de concelleiro veña a traballar en positivo e utilizar a política en sentido construtivo, sobre todo para aqueles servizos que fai xente que son voluntarios e que utilizan o seu tempo libre para dar servizo de voluntariado que non se ande mareando sobre este caso; os voluntarios de Protección Civil son voluntarios e pídolle que non maree a xente, cando queira que lle fagan un servizo chame pero non diga que si e logo que non, no caso de quen se refire vostede deste can, despois de telo oito días dándolle de comer non chame para que llo vaian a buscar.

O Sr.Pena Fontenla indica que non ten nin idea, el non chamou nin a policía nin Protección Civil.

O Sr.Alcalde indica que o mellor buscou a quen o fixera, e manifesta que este concello ten un acordo de colaboración cunha asociación para recollida de cans mentres non estea activo o servizo que vai poñer en funcionamento a Mancomunidade de Ferro, está inscrita no rexistro e chámase Terracan.

b.1.2. O parque da Torre, feito polo Concello de Cabanas, apareceu en data recentes sen os elementos de xogo que foran instalados. Pódenos explicar cal é a situación e a que se debe a ausencia dos xogos?

Resposta Sr.Alcalde: está contestada.

b.1.3. Cal é a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal? Hai informe da Xunta?.

Resposta Sr.Alcalde: está contestada, pendente de que entregue a documentación o equipo redactor.

b.1.4. Que convenios asinou no pasado 2012 coas entidades xestoras do cemiterios?.

Resposta Sr.Alcalde: os mesmos que se asinaron no 2011, cemiterio de Laraxe e cemiterio de Cabanas.

b.1.5. Cal é o estado do expediente de paralización das obras dos chaléts de Cardeita? Que pasos realizou a alcaldía?.

Resposta Sr.Alcalde: estase pendente de emitir resolución, haber que din os informes técnicos.

b.1.6. Rogo, Roga unha solución as enchentes do río do Carneiros, o río do Pereiro de Abaixo que demandan as firmas de 76 veciños porque non se pode pasar por alí a pé, que se faga un proxecto e se solucione o problema en 2013.

Resposta Sr.Alcalde: espera que se solucione antes, pero si non houbera os problemas que hai arriba no cambio no río, cando van  alí a romper pedras para que a auga veña toda para o Pereiro e chegue ao río dos Carneiros, si non fixeran iso non habería ese problema, vostede o sabe, esta semana pasada llo contaron varios veciños, por iso houbo unha moción aquí e quedou moi claro, vostedes foron alí e recolleron escrituras e documentación.

b.1.7. Rogo.  Rogamos o amaño da fochanca da clínica Covadonga que hai uns meses foi cuberta polo concello con gravilla e non durou nin dous días.

b.1.8. Rogo. Rogamos que se solicite da deputación a limpeza das cunetas da estrada de Laraxe a Porto así como darlle solución ao arrastre de gravilla que se produce na curva dos Anidos en días de chuvia e que se acumula na estrada provocando situacións de perigo para o tráfico rodado.

Resposta Sr.Alcalde: xa está solicitado.

b.1.8. Rogo. Rogamos a reposición do alumeado público na parada do autobús en Barcia.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e cincuenta minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e Prace,

 O Alcalde,                                                                                             O Secretario,


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 27 DE MARZO DE 2013


Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan Antonio López Rodriguez Da. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julián Ramón Seijas Criado (Grupo PP).

D. José C. Rey García (Grupo AEC).

D. Delfin Feal Pereira (Grupo Mixto).

Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita D. Angel Pena Fontenla (Non adscrit@s - Anova)


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e sete de marzo de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres.


Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.


Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitucion do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


Non asiste o concelleiro D. Luis A. Fachal López por motivos laborais.


PARTE RESOLUTIVA.


1.- ACTAS DE SESIÓNS AN't ERIORES. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada os días 30 de xaneiro de 2013, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacions, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda aproba-la referida acta.


2.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS. Visto o expediente tramitado para recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a exercicios anteriores, pendentes de aplicar ao orzamento por falta de consignación suficiente ou por haberse presentado a factura despois do peche do exercicio, así como, informe de Intervención.


Despois do estudo da relación dos créditos a recoñecer, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG­PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:


1°. Aprobar o recoñecemento dos créditos que se relacionan a continuación, correspondentes ao exercicio anterior.

Partida

Acredor

Concepto

Importe

321.22700

 Ma. Cristina Carpente Iglesias

Limpeza e mantemento colexio Porto 12/12

1.502,82

334.22609

M'. José Rodriguez Porto

Docencia actividades corte e confección

1.071,75

341.22609

Adyr S.C.

Docencia actividades deportes 12/12

2.263,41

Club Cabanas KDM

Desenvolvemento rotas kayak

544,50

PuntoUparte Hobbies S.L.

Docencia actividades deportes 11,12/12

1.656,01

Motus Gestión T.Libre S.L.

Docencia actividades deportes 12/12

742,50

941.45001

Consorcio Galego Igualdade

Achega comedor 4°T/12

1.673,90

TOTAL

9.454,89



2°orzamentaria cargo ao orzamento de 2013 os créditos anteriores con cargo á partida orzarnentaria que se cita.


3.- MODIFICACIÓN REGULAMENTO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. Visto o expediente tramitado para aprobación da modificación do Regulamento de utilización de instalacións deportivas municipais ata agora vixente (BOP n° 112 do 19 de maio de 1997), coa proposta do novo texto normativo composto de vinte e nove artigos e unha disposición final, co obxecto da súa adaptación as novas instalación e actividades a desenvolver.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo Popular: a comodificacion. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que se trata dunha actualización e modificación do existente para adaptalo as instalacións actuais e facilitar a súa utilización por entidades e persoas interesadas de forma que permita a participación do maior número de persoas e ao mesmo tempo non se produza deterioro das instalación.


Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:


1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación do regulamento de utilización das instalacións deportivas do concello de Cabanas.


2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto do regulamento polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.


4.- OUTORGAMENTO DA DISTINCIÓN DE "FILLO ADOPTIVO" A DON MANUEL LOPEZ CALO. Visto o expediente tramitado para o outorgamento da distinción de "Fillo Adoptivo" do Concello de Cabanas a Don Manuel López Calo de conformidade co establecido no Regulamento especial de honras e distincións do Concello de Cabanas.


Vista a proposta da Instrutora coas sinaturas de apoio, así como a súa publicación no BOP sen que se presentaran alegacións.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que xa estiveron en contra disto cando se aprobou o Regulamento, non teñen nada persoal, pero estamos nun estado laico, un concello laico e parécelles sen sentido, pero por respecto as sinaturas se van abster.


Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira indica que se trata dunha persoa que leva moitos anos aquí traballando como cura, a exposición de motivos que fai a instrutora está moi orientada a súa labor como cura párroco pero imaxina que nos cincuenta anos tamén realizaría labor social e axuda aos vecifíos das súas parroquias que son quen máis capacidade teñen para xulgar o seu traballo, leva poucos no concello pero tampouco ten nada en contra polo que votará a favor.


Polo grupo Popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que se trata dunha iniciativa conxunta dos veciños da parroquia e o Concello, consideran que é unha persoa que desenvolveu unha grande labor polo pobo nas parroquias que exerceu como párroco, non é solo pola súa labor relixiosa senón polos cincuenta anos de servizo en favor dunha comunidade de veciños.


A Sra. García Pita insiste en que non é pola persoa, senón polo título honorífica, empézase por ftllo de, e acabarase tamén coa chave de ouro do Concello, estas cousas deben facerse a nivel de parroquia non a nivel de Concello.


A Sra. Gayoso Pereiro reitera que non é soamente pola labor relixiosa, concédeselle polo seu traballo continuado de cincuenta anos ao servizo da comunidade, neste caso é un cura pero podería ser outra persoa, e se alguén merece unha medalla tamén estariamos orgullosos de entregarlla.


Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votacion ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. M. Teresa de Jesús G-arcía Pita e do concelleiro D. Angel Pena FontenLa, o que representa o quórum da maioría absoluta do número de membros de dereito da Corporacion, acorda:


Conceder o título de fillo adoptivo do Concello de Cabanas a Don Manuel López Calo polos seus servizos e traballos no eido social, realizados no desenvolvemento do seu cargo de cura párroco das parroquias de Santo André de Cabanas e Santo Estevo de Irís.


5.- SOLICITUDE FINANCIAMENTO SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS 2013. Visto do Decreto 99/2012, do 16 marzo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (D.O.G. n° 63, do 30 de marzo de 2012), así como o proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais para 2013.


Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes acorda:


1°.- Solicitar á Consellería de Traballo e Benestar, a transferencia finalista para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal regulada no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.


2°. Que o importe total do ftnanciamento solicitado, segundo se reflicte no resumo xeral deste anexo V, é de 128.027,00 euros, co seguinte detalle:


-Persoal: 15.013,00 euros.


-Mantemento: 0,00 euros.


-Axuda no fogar:


* Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 0,00 euros.


* Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 103.014,00 euros.


-Xestión de programas: 10.000,00 euros.


-Investimento: 0,00 euros.


3°. Declarar que os servizos sociais comunitarios municipais seguen a prestarse con continuidade.


4°. Comprometerse a cofinanciar o mantemento e o desenvolvemento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal incluídos no proxecto anual presentado para a solicitude da


transferencia finalista correspondente ao exercicio 2013 na contía de 238.140,00 euros, que supón unha porcentaxe do 65,04% sobre o orzamento total do proxecto, excluídas outras achegas autonómicas.


6.- MOCIÓNS SOBRE O DÍA DA MULLER TRABALLADORA. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos: Mixto, e Popular sobre o día internacional das mulleres.


A) A moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto refírese a reforma laboral do PP e o recorte que supón para as mulleres, o Goberno é o responsable dos recortes e intenta culpar de todo elo a crise económica e a herdanza, pero non nos deixemos enganar, a igualdade foi avanzando durante os anos de democracia grazas á labor dos gobernos socialistas e a modernización da propia sociedade, pero dende que o PP asumiu o Goberno asistimos a uns dos maiores despropósitos da historia da igualdade entre homes e mulleres.


O emprego é a principal preocupación e o feminino crece espectacularmente resultado da preforma laboral do PP que está desmantelando o estado de benestar e os servizos de atención as persoas, sobre todo as mulleres, que se incrementará co anuncio de reforma da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo. Alude tamén a repercusión das taxas xudiciais, recortes cargados de ideoloxía e a volta das mulleres ao fogar, mentres que dende o partido socialista traballan pola igualdade e emancipación das mulleres.


Polo exposto, somete á consideración do Pleno a declaracion institucional do día 8 dce marzo na que se insta aos Gobernos do Estado e da Xunta de Galicia, segundo corresponda:


- Á derrogación da Reforma Laboral.


- Ao desenvolvemento dun Plan de Emprego para as mulleres de Galicia, que inclúa politicas activas específicas, a promocion do autoemprego e o desenvolvemento dun P1an de Igualdade das mulleres no emprego, dirixido a promover a igualdade e a eliminar a desigualdade salarial.


- Ao mantemento dos dereitos recollidos na Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.


- Á promoción de políticas que permitan a corresponsabilidade na vida laboral e familiar de homes e mulleres, e o cumprimento da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de


- Ao mantemento da Lei actual de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo, así como de todos os centros de planificación familiar da nosa Comunidade.


- Ao impulso de politicas e servizos de prevención da violencia de xénero e apoio ás mulleres que a sofren.


- Á derrogación da Lei de taxas xudiciais.


B) A moción presentada polo grupo popular refírese á Carta Europea da Muller facendo referencia a discriminación, estereotipos educativos, segregación do mercado laboral, emprego precario, distribución desequilibrada de responsabilidades familiares e á independencia económica das mulleres. Consideran que a igualdade entre mulleres e homes ten impacto positivo no crecemento económico, no emprego e mellora da competitividade e cohesión social.


A pesar dos avances, as mulleres inda tefien baixas taxas de actividade, están peor remuneradas e ocupan menos espazos de responsabilidade laboral; a diferenza salarial está en torno a un 20% e as dificultades de conciliación son maiores nas mulleres que en moitos casos vense obrigadas a renunciar a proxectos persoais e laborais, mulleres e homes deben ter as mesmas oportunidades e facelo en condicións de igualdade; debemos progresar no desenvolvemento dun modelo de organización social máis aberta.


Por todo o anterior, o grupo municipal Popular eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:


1. Instar aos concellos de Galicia a elaboración e desenvolvemento de plans de igualdade e a impulsar a transversalidade de xénero no eido local de xeito que se garantan políticas públicas das que mulleres e homes se beneficien de forma equivalente e contribuíndo ao progreso e benestar da sociedade galega.


2. Instar ao Goberno do Estado e ao Goberno da Xunta de Galicia a que leven a cabo Programas de apoio empresarial a mulleres co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino e o autoemprego.


3. Instar ao Gobern.o do Estado a que neste ano 2013 elabore un Plan Estratéxico contra a discriminación salarial entre mulleres e homes co fin de identificar e erradicar a inxusta e inxustificable brecha salarial.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinions que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que este é o día en que ten que chamarlles submisas con todo o respecto, quen goberna. na Xunta e no Estado é o PP e vostedes pola súa submisión non poden opinar nin decidir, xa que o normal era que estas cousas llas pediran a Feijoo e a Rajoy, sobre todo cando son vostedes os causantes da regresión en tódolos sentidos, por suposto que van a votar para ver si espabilan e cambian algo.


Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delftn Feal Pereira reafirmase nos puntos da súa moción, a proposta do grupo de goberno non está mal pero é corta e debería englobarse na do partido socialista que é máis completa, ou ben aprobalas dúas.


Polo grupo popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande considera que mailos avances do noso pais na protección dos dereitos humanos, a discriminación segue a estar presente na sociedade, un fenómeno que hai que erradicar, estamos conmemorando o día internacional da muller e o debate debería centrarse nesto, fala da discriminación salarial no mercado laboral que prexudica máis as mulleres, maior porcentaxe de paro, a case totalidade das excedencias para coidados de fillos as solicitan as mulleres, e tamén alto porcentaxe na dependencia, pouca participación en consellos de administración de empresas, etc., estas son realidades de discriminación da muller e queda moito para equipararse aos homes en responsabilidades. A Sra. García Pita é repetitiva con poucas posibilidades de cambio, en canto o de submisa, indicarlle que o peor exemplo de machismo é o que executa unha muller; están de acordo en moitos dos puntos que presenta o Sr. Feal Pereira pero mestura moitos temas e habería que conmemorar o día internacional da muller, por iso presenta unha emenda transacional que sería: Instar ao goberno do Estado a seguir priorizando nos orzamentos o gasto social e as politicas públicas encamifiadas a acadar igualdade plena e efectiva entre homes e mulleres de xeito que a pesar do contexto final adverso e da gravidade da crise se continúe avanzando na erradicación da violencia de xénero e na eliminación das desigualdades laborais á vez que se implementan os programas de fomento da conciliación da vida laboral e familiar.


Á Sra. García Píta desquícialle que unha muller pense así, que non se de conta das cousas que pasan no seu partido, no que está aprobando e representando, iso dálle pena.


O Sr. Feal Pereira non está de acordo con que se mesturan moitas cousas na súa moción, o día 8 de marzo é a conmemoración do día internacional da muller e tódolos puntos da moción son


c) Liquidación orzamento 2012. No cumprimento do establecido no artigo 193.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, dáse conta da resolución da Alcaldía 072/2013 pola que se aproba a liquidación do orzamento do exercicio 2012, a cal presente o seguinte resultado:


Remision

Importe orzamento

Dereitos recoñecidos netos

3.075.687,69

Obrigacións recoñecidas netas__

2.824.146,00

Resultado orzamentario do exercicio axustado

283.567,80

Dereitos recoñecidos pendentes de cobro do exercicio

575.757,33

Obrigacións recoñecidas pendentes de pago do exercicio

426.379,41

Fondos liquidos en Tesourería

253.474,84


d) Remisión copia orzamento 2013 e informe estabilidade orzamentaria á Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local. Dáse conta da remisión de copia do orzamento de 2013 á Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica en data 21 de marzo de 2013 ao que se incorpora o informe de Intervención sobre a estabilidade orzamentaria.


9.- ROGOS E PREGUNTAS.


a) Preguntas por escrito.


a.1. Presentadas polos concelleiros Da.Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 26 de marzo de 2013.


a.1.1. Dende o concello estanse concedendo permisos á S.C.R.D. San Mamede de Laraxe para o lanzamento de foguetes cada vez que no seu local hai algún festexo. Porque se conceden estes permisos se con eles estase a incumprir a Ordenanza reguladora de protección do medio ambiente que no seu artigo 19 apartado c di que nos espazos naturais, zonas verdes e nos terreos forestais e agrícolas está prohibido lanzar foguetes, globos ou calquera outro trebello que conteña lume ou que poida orixinalo, a non ser nas festas locais e sempre coas debidas precaucións e con autorización municipal e da consellería competente ?.


Resposta Sr.Alcalde: fan solicitude e tramítase a autorización segundo corresponda.


a.1.2. No pasado mes de febreiro a a través do escrito de saída número 233/2013 remitíuselle á Consellería de Traballo e Benestar documentación sobre inspección ao PAI. Podería. nos explicar que documentación requiriu a Xunta de Galicia?. A inspección detectou deficiencias?.


Resposta Sr.Alcalde: non houbo ningunha deficiencia, cambiouse de empresa e houbo que remitir os documentos da nova empresa.


a.1.3. Varios veciños denuncian problemas causados polas choivas na parte alta do Barreiro, en Porto (escritos de saída 258/2013 e 259/2013). Que causa eses problemas e que medidas vai adoptar o Concello?.


Resposta Sr.Alcalde: non é na parte alta do Barreiro, simplemente foi pola cantidade de choiva que houbo nestes últimos meses e desbordáronse as cunetas, foise a revisar e estase intentando facer os traballos necesarios para que non se volva a producir iso.


a.1.4. Nun escrito dirixido a Aquagest a alcaldía requírelle á concesionaria a posta en marcha dunha rede en Vilar do Colo (escrito saída 336/2013). A rede é de abastecemento ou de saneamento?. A que zona dá servizo e cales son os motivos polos que non está/estivo en funcionamento?.


Resposta Sr.Alcalde: debería ser coñecedor da rede de abastecemento de auga que se acaba de construír para a parroquia de Laraxe e o polígono de Vilar do Colo, está todo posto para que funcione, mandóuselle escrito a empresa concesionaria para que fagan os trámites e terian auga, se non teñen auga é porque a empresa non quere pero está todo posto.


a.1.5. A Igrexa solicita un proxecto para a ampliación dun cemiterio. De que obras se tratan?. Onde están localizadas?.


Resposta Sr.Alcalde: é en Soaserra, no Igrexario, solicita a ampliación do cemiterio e enviámola ao Bispado para que informe que tipo de proxecto se necesita.


a.1.6. No pasado Pleno preguntamos polo expediente de reposición da legalidade que tivo resolución 70/2013, dos chaléts de Cardeita. Poderíanos explicar o alcalde que ditaminan os informes técnico e xurídico sobre o asunto sobre os que motiva a resolución?.


Resposta Sr.Alcalde: hai unha resolución 070/2013, onde se lle indica aos promotores que tefien tres meses para adapta-las obras a lexislación e a licenza que se lles outorgou no seu día.


b) Preguntas orais.


b.1. Intervención da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita.


b.1.1. Fai un ano mais ou menos, o entonces portavoz popular dicía que estaba estudando a forma de resolver o contrato con Aquagest, quería saber como está iso e si hai posibilidades ?.


Resposta StAlcalde: se está traballando neso, hai escritos intentando controlar, vixiar e pofier como se merece o servizo, non se pode rescindir un contrato así como así, hai un proceso e nese camiño estase traballando pero non se pode dicir nada sen que estea xustificado, hai un proceso aberto e se queren máis información poden pasar por Secretnría onde se lle explicará, pero requírese actuar con cautela e facer as cousas ben.


- A Sra. García Pita refírese as noticias de actuacións xudiciais sobre corrupción que están a saír na prensa que implican a Aquagest e pregunta si o que está pasando afectará ao concello de Cabanas.


Resposta o Sr.Alcalde que pódelle asegurar que dende que están gobernando, antes non o sabe e non pode dicir, pero desde que gobernan non hai nada, todo o contrario, estanlle esixindo e tefien que defender ao concello, para que os veciños que usan o servizo non sexan prexudicados.


b.1.2. Que pasa estes días na rotonda da praia fronte ao antigo campo de fútbol que ten moitas fochancas ?.


Resposta Sr.Alcalde: chove moito e o aglomerado deteriórase, o aglomerado cando chove non compacta polo que cando deixe de chover arranxarase como se está a facer en varios camifíos, si se bota o aglomerado chovendo pérdense os cartos porque se volve a levantar, entende que cause molestias, hai diñeiro pero hai que esperar que non chova para reparar.


b.1.3. O eterno problema que hai no paseo da praia cando se vai en coche que se inunda, debaixo da ponte e no paseo tamén, iso non se vai a solucionar nunca?.


Resposta Sr.Alcalde: colocáronse sinais verticais e de altura de auga e non se pode facer máis, as bombas non dan achicado cando a marea está alta, sería o mellor que no seu día non estivera ben esa obra pero non se pode facer máis, considera que o problema tampouco é tan grave si a xente e precavida e respecta os sinais, a obra é como é, non hai desnivel suficiente e coa marea alta non descarga o suficiente.


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e trinta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretarío dou fe.

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 29 DE MAIO DE 2013

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de maio de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Juan Antonio López Rodriguez por motivos laborais.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o día 27 de marzo de 2013, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, coa abstención do concelleiro D. Luis A. Fachal López por non asistir a sesión, e voto a favor dos restantes membros presentes acorda aproba-la referida acta.

2.- EXPEDIENTE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 2/2013. Visto o expediente relativo a transferencias de crédito entre partidas de gastos correspondentes ó vixente Orzamento da Corporación, relativos a bens correntes e servizos e investimentos.

Visto a memoria-proposta da Alcaldía co informe de Intervención e ditame da comisión de facenda; considerando que se está a tratar dunha transferencia entre partidas de gastos de distinta política de gasto e capítulo, para atender necesidades que non poden demorarse para o exercicio seguinte, tendo en conta a prioridade de atención dos gastos e os requisitos esixidos polos artigos 179 e 180 do Texto refundo da Lei reguladora das Facendas Locais e artigos 40, 41 e 42 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, así como as bases de execución do Orzamento de 2013.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:

Primeiro: Aproba-la referida proposta de modificación de crédito mediante transferencias, aplicando as cantidades correspondentes as partidas que se reflicten na memoria segundo o seguinte detalle:

Partidas de gastos ás que se transfire crédito:

Partida

Denominación

Consignación

Crédito Transferido

Consignación resultante

Partida

Procedencia

134.21400

Elementos de transporte

500,00

400,00

900,00

321.63202

450.22706

Estudos e traballos técnicos

5.000,00

100,00

5.100,00

321.63202

920.62200

Obras Casa do Concello

22.976,33

7.000,00

5.500,30

1.000,00

42.773,37

11.500,00

90.750,00

151.22706

321.21200

321.63202

342.62201

920.62601

Total de incremento por créditos transferidos............................................68.273,67

Partidas de gastos das cales se transfire crédito:

Partida

Denominación

Consignación

Crédito

Dispoñible

Crédito

Transferido

Consig. Resultante

Partida

Destino

151.22706

Estudos e traballos técnicos

57.000,00

57.000,00

7.000,00

50.000,00

920.62200

321.21200

Edificios e outras construcións

7.000,00

7.000,00

5.500,30

1.499,70

920.62200

321.63202

Supr. barreiras arquitectónicas

2.000,00

2.000,00

1.500,00

500,00

134.21400

450.22706

920.62200

342.62201

Obras Área recreativa A Veiga

133.517,98

133.517,98

42.773,37

90.744,61

920.62200

920.62601

Equipamento Casa Concello

12.000,00

12.000,00

11.500,00

500,00

920.62200

Total de baixas por créditos transferidos..............................68.273,67

Segundo: Continua-la tramitación do expediente con exposición pública en forma regulamentaria a efectos de exame e reclamacións.

Terceiro: No suposto de non presentarse reclamacións contra o mesmo considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o trámite de publicación do correspondente resume no B.O.P. e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

3.- IMPOSICIÓN DA TAXA POR EXPEDICIÓN DOCUMENTOS. Visto o expediente tramitado para o establecemento do tributo: taxa por expedición de documentos administrativos, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente co informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita manifesta que xa votaron a favor da comisión de facenda, consensuaron para que baixaran importes e algún quedaron exentos, están en contra do establecemento de taxas nestes momentos e tamén foi condicionado a que a final de ano ver si efectivamente prexudica aos veciños de Cabanas ou os de fora.

Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira indica que o tema xa foi debatido na xunta de portavoces e na comisión de facenda, a imposición de taxas non lle gusta a ninguén pero neste caso o partido socialista vota favor porque o grupo do goberno atendeu a baixa que lle propuxo, dáse un servizo que non se daba neste concello como é a compulsa de documentos, vendo o importe das taxas noutros concello podemos darnos por satisfeitos, por todo elo votará a favor.

Polo grupo popular a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande agradece a colaboración e suxestións dos outros grupos na redacción desta taxa consensuada entre todos, sorpréndelle as distintas posicións dos non adscritos; o grupo popular non ten interese recadatorio senón que se busca optimiza-los servizos e tamén darlle un carácter disuasorio de malas prácticas de aproveitar a gratuidade dos servizos sen necesidade obstaculizando o traballo administrativo dos empregados do concello, despois da entrada en vigor e ata finais de ano poderase comprobar o funcionamento e de observase unha penalización para os veciños modificarase.

A Sra. García Pita manifesta que son partidarios do diálogo, non votan nun sito a favor e noutro en contra, van a votar a favor neste caso polo consenso inda que non lle gusta a imposición de taxas, na punto anterior abstívose porque non tivo toda a documentación a súa disposición.

A Sra. Pazos Bande sinala que entendera na intervención da Sra. García Pita que ía votar en contra. Neste mesmo sentido se manifesta o Sr.Alcalde.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:

1.º.–Aprobar provisionalmente a imposición do tributo local: taxa por expedición de documentos administrativos, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

4.- MODIFICACIÓN TAXA APROVEITAMENTO ESPECIAL DOMINIO PÚBLICO LOCAL. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa por ocupación de subsolo, solo e voo sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público local, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora e documentación que consta no devandito expediente co informe de Intervención e ditame favorable da Comisión de Facenda.

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora: taxa por aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días, publicando a tal efecto anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

5.- ACEPTACIÓN CONDICIÓNS RESOLUCIÓN SOBRE CONCESIÓN OCUPACIÓN DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE CON DESTINO A EMBARCADOIRO NO DÍA OITO. Vista a resolución da Dirección General de Sostenibilidad da la Costa y del Mar de data 19 de abril de 2013, recaída no expediente instruído polo Servizo Periférico de Costas do Departamento en Coruña, a instancia do Concello de Cabanas, en solicitude de concesión de ocupación de setecentos trinta e nove metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, con destino a embarcadoiro en “ O Día Oito”, ría de Pontedeume, TM de Cabanas (A Coruña), na cal resolve someter á aceptación do Concello de Cabanas, as condicións e prescricións polas que podería outorgarse a concesión de dita ocupación, incluíndo na resolución o prego de condicións xerais para concesións demaniais nas praias, zona marítimo-terrestre e mar territorial aprobado por Orde Ministerial do 8 de novembro de 1985, publicado no BOE do 19 de novembro de 1985, coas modificacións necesarias para a súa adaptación á lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas, informado favorablemente polo Servizo Xurídico con data 2 de xuño de 1989, así como, o prego de condicións particulares e prescricións.

Despois de examinada dita resolución cos pregos de condicións xerais para concesión demaniais e prego de condicións particulares e prescricións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:

1º. Aceptar as condicións e prescricións polas que podería outorgarse a concesión de ocupación de setecentos trinta e nove metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, con destino a embarcadoiro en “ O Día Oito”, ría de Pontedeume, TM de Cabanas (A Coruña), segundo a resolución da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar de data 19 de abril de 2013, recaída no expediente instruído polo Servizo Periférico de Costas do Departamento en Coruña, a instancia do Concello de Cabanas.

2º. A efectos de aplicación da exención de canon establecida no artigo 84 da Lei de Costas para as Comunidades Autónomas e Corporacións Locais, faise constar que dita concesión non se destina a unha explotación de carácter lucrativo.

6.- ADHESIÓN CONVENIO COLABORACIÓN CONSELLO XERAL PODER XUDICIAL, XUNTA DE GALICIA E FEGAMP SOBRE DESAFIUZAMENTOS. Visto o convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do desafiuzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social, así como a manifestación de adhesión realizada pola Alcaldía.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita manifesta que están en contra de tantos remendos que non levan a nada, pregúntase por que non aceptan a doazón en pago, estase considerando a banca española por enriba de facenda, por que non se soluciona o tema dunha vez ?, non se pode andar con tantos remendos pois a solución pasa pola doazón en pago sen máis voltas.

Polo grupo Popular: a concelleira Dª. Eva Mª. Pazos Bande indica estar satisfeitos con este convenio e que poidamos entrar como concello a formar parte del pois considera que é necesario, a veces pídense moitas medidas e nunca se fan, e si se fan critícanse; é necesario que cando haxa unha situación especial de vulnerabilidade se avise inicialmente non cando se chega a un problema gordo, o xuíz cando detecta unha situación especial é importante que avise á Xunta e ao Concello para que os servizos sociais poidan actuar de ser necesario, algo que ata agora non se facía.

A Sra. García Pita considera que sempre hai vulnerabilidade, non solo xente maior senón tamén xente con pequenos, tódolos casos son sangrantes senón non habería desafiuzamentos, habería un aprazamento doutro xeito, pregunta que pánico hai por pedir a doazón en pago.

A Sra. Pazos Bande opina que insistir na doazón en pago é rexeitar que o concello axude aos veciños e non ten sentido, asinase un convenio para situacións en que o xuíz diga que se pode actuar dende os servizos sociais, iso é bo.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:

Ratificar a adhesión do concello de Cabanas ao convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias. sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do desafiuzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social, así como a aceptación dos compromisos incluídos no devandito convenio.

7.- ADHESIÓN CONVENIO MARCO PARA XESTIÓN DOS SISTEMAS INTEGRADOS DE XESTIÓN DE RESIDUOS DE PILAS E ACUMULADORES. Visto o Convenio Marco de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de residuos de pilas e Acumuladores (RPA). Visto o escrito da Secretaría Xeral de Calidade Avaliación Ambiental sobre a adhesión dos concellos a este convenio.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta que hai dúas opcións e pregunta por cal delas se vai optar.

Polo grupo Popular: a concelleira Dª. Eva Mª. Pazos Bande indica que se trata da opción A na cal seguiríase como ata agora, coordinando e sufragando o servizo dende o punto de recollida ata o punto de recollida municipal, recibindo a compensación establecida no anexo IV.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira considera que máis adiante se pode pasar da opción A a opción B e polo tanto non ten máis que engadir.

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:

Adherirse o Convenio Marco de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de residuos de pilas e Acumuladores (RPA), mediante a opción A, na cal o concello de Cabanas seguirá coordinando e sufragando o servizo de recollida, transporte (dende os puntos de recollida selectiva dos residuos, PRS, ata o punto de recollida municipal, PRM) e almacenaxe temporal dos RPA portátiles no seu ámbito territorial, recibindo por iso a compensación económica en concepto das citadas operacións establecida no anexo IV do precitado Convenio Marco.

8.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO EN RELACIÓN A DEFENSA DO DEREITO Á LIBRE DECISIÓN DAS MULLERES (INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO). Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto sobre a defensa do dereito á libre decisión das mulleres ( interrupción voluntaria do embarazo), en cuxa exposición de motivos alude ao anuncio do Ministro de Xustiza sobre a presentación dunha nova regulación da interrupción voluntaria do embarazo que terá como puntos clave: a volta a unha lei de indicacións máis restritiva na que as mulleres non poderán decidir senón que serán os médicos quen decidan por elas; eliminación da posibilidade de interromper o embarazo cando exista malformación fetal; e fiscalización intolerables respecto ao suposto risco para a saúde da nai. O Goberno está a preparar unha das leis do aborto máis restritivas do mundo e será o primeiro país que retrocede con vota ao pasado, ás mulleres solo terán dúas opcións, abortar fora de España se teñen recursos ou abortar en España na clandestinidade co risco que leva para a saúde; alude a STC en 1985 e que a actual lei foi avalada polo Consello do Estado, o recurso do partido Popular inda non foi resolto e o Goberno prefire non esperar, de acordo coa Conferencia Episcopal trata de eliminar o dereito a decidir das mulleres, nos levaría a cola de Europa, xa en 2008 o Consello de Europa aprobou unha recomendación que consagra este dereito.

A lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo recoñece ás mulleres o dereito a unha maternidade libremente decidida, non se pode lexislar ás costas da realidade, por elo somete a consideración do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1.- O Pleno do Concello de Cabanas recoñece o dereito a unha maternidade libremente decidida, o que implica, entre outras cousas, que as mulleres decidan sobre o seu embarazo e que esa decisión consciente e responsable sexa respectada.

2.- O Pleno do Concello de Cabanas lembra ao Goberno de España a aconfesionalidade proclamada na Constitución e, neste sentido, rexeita calquera inxerencia no dereito a unha maternidade libremente decidida ao ditado de ningunha moral relixiosa.

3.- O Peno do Concello de Cabanas móstrase contrario á reforma anunciada da lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo anunciada polo ministro Gallardón e rexeita a regresión que iso suporá.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita manifesta que apoia a moción e alude a que nos anos 1970 e 1980 o 99,3% era xente de dereitas que ía a Londres con facilidade, o resto quedaba fatal, gustaríalle saber que opinan as mulleres do PP desta lei, non solo a portavoz.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López sinala que van votar a favor desta moción, considera que é coherente inda que lle preocupa a definición de poder cando son mulleres, pois é un tema de idade, no resto está totalmente de acordo, o PP está impoñendo algo que o resto da sociedade española está totalmente en desacordo, debería ter unha capacidade de máis diálogo.

Polo grupo Popular: a concelleira Dª. Esperanza Gayoso Pereiro quere deixar claro que a súa exposición está feita baixo a premisa do respecto a tódalas opinións; con esta reforma estase a dar cumprimento ao programa electoral do PP que contou co apoio maioritario nas eleccións de novembro de 2011, solo é unha modificación cuxo obxectivo e contar é contar co consentimento paternal dos menores e o dereito a vida nos termos da doutrina constitucional, rexeita acusacións de retrógrado ou perigoso, recorda que a lei de 1985 estivo vixente 25 anos nos que houbo consenso entre os partidos políticos, a lei en vigor de 2010 foi aprobada polo PSOE sen consenso ignorando ditames e sen ter en conta as Comunidades Autónomas; nesta modificación non se criminaliza a muller, se require o consentimento paterno para menores e en terceiro lugar cambia o sistema de prazos, entende que é unha lei consensuada que vai protexer a muller e a vida do non nacido.

A Sra. García Pita considera que a Sra. Gayoso Pereiro está a fala coas súas palabras senón por algo imposto dende arriba, será o único punto que cumpre o PP do seu programa porque o resto nada, fan o contrario, solo cumpren o que prexudica as mulleres, están seguindo a doutrina da Igrexa Católica, e no relativo ao consenso o que está no poder lexisla pero non poden dicir que están consensuando esta lei, hai casos sangrantes en menores por autorización dos pais e hai que ser realistas, non se pode decidir polos demais, estase ante unha involución en tódolos sentidos.

O Sr. Fachal López considera que o goberno lexisla pero están facendo o que critican que fixeron outros, si a lei durou 25 anos comecemos polo punto de partida, que se manteña esa lei de 1985 porque se derrogan moitas cousas, insiste no problema de menores depende da persoa máis que da idade, por iso nin está ben o de antes nin o de agora, hai que tratalos casos e deberíase ir para adiante e non para atrás como se intenta neste caso.

O concelleiro do PSdG-PSOE D.Delfín Feal Pereira do grupo mixto, amosa o seu pesar polo exposto pola concelleira do PP, tanto polo argumentado por incoherente como por ser muller, o apoio nas eleccións non é argumento e a lei de 1985 tivo 25 anos de desenvolvemento consensuado, no 2010 houbo unha remodelación que avaliou o Consello de Estado, vostedes manexan un argumentario esixindo o consentimento para menores de 18 anos cando dende os 13 é legal ter relacións sexuais, necesítase educación sexual e pensa que non leron a moción, a lei vixente non obriga a abortar senón que da oportunidades de facelo en condicións de saúde e a modificación no relativo a malformación é pola presión social, era inviable,

A Sra. Gayoso Pereiro considera que fixo unha exposición clara e o respecto a tódalas opinións e pide polo tanto que tamén se respecte a súa, motivou suficiente a postura do seu grupo que vai a votar en contra.

Debatido o asunto sométese a votación resultando cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e cinco en contra dos membros do grupo popular; visto que se produce empate repítese a votación obténdose o mesmo resultado, a vista do cal o Sr.Presidente co voto de calidade decide a favor do rexeitamento da devandita moción.

9.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS TERESA GARCÍA PITA E ANGEL PENA FONTENLA SOBRE DEDICACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014 A RICARDO CARVALHO CALERO. Dáse conta da moción presentada polos concelleiros Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e D. Angel Pena Fontenla sobre proposta de persoeiro para o Día das letras galegas 2014, expoñendo que o Pleno do Concello de Ferrol en data 28 de febreiro de 2008 acordou por unanimidade solicitarlle a Real Academia Galega que se lle dedicase a Ricardo Carvalho Calero o Día das letras galegas 2009, son conscientes das numerosas peticións que se reciben pero Ricardo Carvalho Calero tivo unha transcendencia coñecida non só no ámbito das letras galegas, senón da cultura en xeral. Despois de aludir a súa biografía e ser nomeado fillo predilecto de Ferrol e da Comunidade Autónoma de Galicia consideran que a eses recoñecementos se lles podía sumar o de homenaxealo no Día das Letras Galegas 2014, por elo propoñen ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

Solicitarlle á Real Academia Galega que lle dedique a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas do ano 2014.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: a concelleira Dª. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que van apoiar a moción e que o concello de Ferrol xa enviou o expediente a Real Academia Galega, non teñen motivo para non votar esta proposta ou calquera outra figura que destaque no ámbito cultural e das letras.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda aproba-la devandita moción.

10.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS TERESA GARCÍA PITA E ANGEL PENA FONTENLA EN PROL DA RESTITUCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA EN SAN LORENZO, LARAXE. Vista a moción presentada polos concelleiros Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e D. Angel Pena Fontenla sobre a restitución da legalidade urbanística en San Lourenzo, Laraxe, expoñendo que nos montes de San Lourenzo en Laraxe perdura despois de catro anos da súa vertedura a situación ilegal dun vertedoiro de mais de 60.000 toneladas de materiais bituminosos procedentes de Holanda, actualmente estase a resolver na xustiza unha denuncia por delito ambiental. Alude a denuncia que trasladou Seprona en 2009 a APLU, trátase dunha infracción urbanística evidente que a día de hoxe non desencadeou medida administrativa para repoñer a legalidade, e o camiño forestal está cortado polos materiais, por elo propoñen o seguinte acordo:

1º. Esixirlle á APLU que lle achegue á Corporación municipal a documentación relativa ao vertedoiro en terreo rústico de áridos bituminosos de Holanda.

2º. Esixirlle á Alcaldía de Cabanas, ás consellerías competentes e á APLU o cumprimento escrupuloso da legalidade urbanística.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera que hai motivos a destacar na propia moción, falan que o tema está actualmente nun proceso xudicializado que está a resolver a xustiza, hai un xuíz e un fiscal encargado disto; logo din que está na APLU que é a que ten competencias por estar en solo rústico, co cal entendemos que xa están contestando a propia moción; dende o Concello leváronse a cabo tódalas actuación pertinentes e agora mesmo non temos competencia, hai tres organismos involucrados, o xulgado, a APLU e Europa, polo tanto o Concello non vai realizar nada que se opoña ás medidas que adopten estes organismos; considera que no relativo a documentación que citan na moción non están actualizados, critica que utilicen o de esixir porque tamén deberan responsabilizarse dos seus actos.

O concelleiro D. Angel Pena Fontenla indica que esixen se achegue documentación para que poidan ter acceso a ela, é necesario adoptar medidas que non se están tomando, obrigouse a tapar o material porque contamina o río Baa e non se fixo nada, entón haberá que esixir que se cumpra coa legalidade, o empresario desenténdese de todo e alguén terá que responsabilizarse do que está pasando aí, hai contaminación do río Baa.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo co relatorio da moción, hai que esixir, pedir que se concrete e se tomen as medidas para repoñer a legalidade por parte de quen corresponda, se na moción piden que acheguen documentación entende que é co obxecto de que isto non se durma, hai unhas resolucións a tomar que non se están adoptando.

A Sra. Pazos Bande insiste en que se trata dun proceso xudicializado, a documentación será o xulgado e a APLU os que teñen que decidir, son os que teñen o poder e as competencias para actuar.

O Sr.Alcalde aclara que os concelleiros que presentan a moción cando estaban no BNG se persoaron no xulgado polo tanto teñen dereito a documentación mellor que ninguén, o Concello fixo os traballos correspondentes como paralizar as obras e remitir documentación a Augas de Galicia, APLU e xulgado cando a pide, e o de contaminar o río Baa haberá que velo, non sexa que haxa sorpresas, hai documentos que din cumpre a normativa da CE

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e sete abstencións dos membros dos grupos Popular e AEC, acorda aproba-la devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

11.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 45 do 31-01-2013 ata a número 175 do 24-05-2013.

b) Informe sobre a morosidade 1ºT/2013. De acordo co establecido no artigo 5º.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación do informe de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes ao 1º Trimestre de 2013.

12. ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.1.1. En que situación se atopa o PXOM de Cabanas ?, canto tempo van durar os atrasos?.

Resposta Sr.Alcalde: o compromiso do equipo redactor é presentalo a próxima semana, houbo problemas polo convenio con NCG Banco, despois haberá informe técnico e de Secretaría e haberá unha reunión cos membros da Corporación para consensuar e levar a pleno.

a.1.2. Como está o proxecto de humanización da N-621 pois falárase de facelo en fases para a súa posible execución, hai algún avance?.

Resposta Sr.Alcalde: como se falara aquí formulouse a división na Demarcación de Estradas, din que non hai diñeiro, fíxose un informe e recolléronse firmas para que axilizaran as beirarrúas pero non hai nada claro, seguirase insistindo, a ministra é coñecedora do tema, o que manifestaron na Demarcación foi que o proxecto está non primeiros que saian, seguiremos traballando.

a.1.3. Vista a situación na que se atopa o areal na praia, máis visible na zona do espigón, había o compromiso dun estudo por parte da Demarcación de Costas, houbo algún avance neste sentido?.

Resposta Sr.Alcalde: o problema xa foi formulado na anterior lexislatura, o Sr.Eimil prometeu que o encargaría a Universidade, dixo que estaba complicado por hai oposición da Cofradía de Pontedeume, haberá que consensuar porque tamén inclúe unha zona de Cabanas.

a.1.4. Cal é a situación do punto limpo?.

Resposta Sr.Alcalde: Está adxudicado a empresa Francisco Gómez e a execución de 3 ou 4 meses, espera que quede terminado este ano.

a.1.5. Rogo. Que se mellore a sinalización na saída de Cardeita tanto dende a estrada das Pontes coma dende a estrada de Mugardos dirección Ferrol, non hai sinalización de límite de velocidade e está limitada a 50 km/h, hai problemas coa verificación desa sinalización.

Resposta Sr.Alcalde: si é polo radar beneficia pero por seguridade xa é outra cousa.

a.1.6. Rogo. Pedir a Alcaldía que faga algo con respecto ao aparcamento no Areal na entrada a Día Oitor, a zona está sinalizada con prohibido aparcamento pero os días festivos prodúcense atascos e problemas de tráfico que poden derivas en problemas maiores.

Resposta Sr.Alcalde: ai non se vai a prohibir, incluso se podería pintar para carga e descarga.

a.2. Intervención do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.

a.2.1. Hai un mes aproximadamente veciños do Pereiro queixáronse que non chegaba auga ao lavadoiro dos Carneiros, está rota a tubaxe, creo que é un problema de niveis e a auga non entra no lavadoiro, por que non se fixo nada para solucionar o problema tendo en conta que se usa ese lavadoiro?.

Que vai facer o Concello en relación aos problemas que hai na Barreira cos desvíos cando chega a época de seca que se corta totalmente o paso da auga para o río dos Carneiros, que vai facer o Concello para que iso non sega pasando?.

Resposta Sr.Alcalde: en primeiro lugar o Concello é coñecedor do problema e mandou un operario a revisar iso, alguén rompeu a tubaxe e agora mesmo non hai persoal, houbo chamadas e xa explicou a situación, vaise arranxar cando se poida, entende que a xente vai a lavar alí, está anotado e será un dos traballos a realizar.

En canto a segunda parte xa se debateu aquí, - advirte a Sra. García Pita por intervir sen autorización e a advirte de expulsión- hai unhas condicións para o reparto da auga e se van a respectar tal como están, si no verán hai pouca auga para os Carneiros é a que lle corresponde haberá pouca auga, si a corta algún veciño hai que ver se teñen escrituras coma os do outro lado.

a.2.2. No camiño do Pereiro en Sanxiao hai fochancas por todos lados, o único que fan é botarlle gravilla que non serve para nada, é perdelo tempo, cando se van amañar ben estas fochancas?.

Resposta Sr.Alcalde: hai un proxecto aprobado de 102.000 euros para repoñer seis camiños entre eles ese, non se contratou aínda porque está chovendo e non quedan como teñen que quedar, hai que esperar polo bo tempo e por iso se tapan con esa gravilla.

a.3. Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Perira.

a.3.1. En canto ao arranxo de camiños e limpeza entende que xa está contestada pois por falta de operarios vai lento.

Resposta Sr.Alcalde: estanse a facer os máis urxentes, onde hai máis tráfico e persoas, si coñecen algún que urxe se realiza.

a.3.2. A semana pasada o grupo socialista tivo a queixa dun veciño onde di que a presentou ao resto dos grupos, que lle parece a exposición de motivos onde se queixa que uns coches son multados e outros non?.

Resposta Sr.Alcalde:queixouse porque veu a Alcaldía para que lle sacara unha multa, expliqueille que non o podía facer, que falara cos policías haber si lla sacaban, falei cos policías e ensináronme a foto do seu coche onde estaba. No 2012 houbo máis de 200 vehículos sancionados.

a.3.3. Con respecto a tarxeta de residentes na zona do centro de saúde din os usuarios que hai moitos coches aparcados sen cartón, roga e empraza a Alcaldía que na próxima xunta de portavoces se trate o tema como regular estes aparcamentos.

Resposta Sr.Alcalde: o aparcamento xa esta regulado, na zona do centro de saúde a policía coñece a moita xente que sabe que ten tarxeta inda que non a teña posta alí porque son veciños e é xente que tódolos días están con eles, ata agora que saíu a nova tarxeta aceptábase a do ano pasado.

a.3.4. No pleno de xaneiro preguntou polo mobiliario do parque infantil da Torre, que o retirara, existe documento onde se permitiu a retirada, por parte de quen e si nese documento está reflectido onde está depositado ese mobiliario, por canto tempo e para que uso?.

Resposta Sr.Alcalde: hai un informe onde di que ese mobiliario non cumpre e polo tanto hai que retiralo, foi o que se fixo, tampouco cumpre o acceso, non hai diñeiro nin nenos.

a.3.5. Rogo. No lavadoiro de Fontao unha columna está en situación precaria, roga que se arranxe ou cando menos colocar unha valla para evitar problemas.

Resposta Sr.Alcalde: está en proxecto facer algo pero hai que ter diñeiro, dixeron que non tiña demasiado perigo.

b) Preguntas por escrito.

b.1. Presentadas polos concelleiros Dª.Mª. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 28 de maio de 2013.

b.1.1. No pleno de marzo de 2013 preguntamos polo expediente de reposición da legalidade que tivo resolución 70/2013, dos chalés de Cardeita. Como concelleiros descoñecemos o contido da resolución porque non se deu conta dela nese pleno. En todo caso volvemos insistir para que o alcalde lea para o Pleno. Pódenos ler a conclusión dos informes técnico e xurídico sobre o asunto?.

Resposta Sr.Alcalde: isto é público, non ten ningún problema de acceso a dita resolución, e da lectura a parte técnica e xurídica e acordo da resolución, indica que xa hai outro informe e resolución definitiva, a propiedade vai adaptar o proxecto.

b.1.2. Os veciños de Porto queren coñecer se por fin se van realizar as obras de beirarrúas na estrada provincial que vai de Porto a Laraxe. Cando empezan as obras?, Cal dos proxectos se vai executar?, Onde pode a veciñanza consultar o proxecto?.

Resposta Sr.Alcalde: as obras van realizarse, o proxecto é o que se aprobou polo pleno, estivo a exposición pública e agora habería que ir a Deputación para velo que é a encargada da contratación e execución.

b.1.3. Os veciños e veciñas de Cabanas que teñen por sa costume o sendeirismo ou paseo pregunta o seguinte: O camiño inglés ( camiño de transito habitual dos propietarios e veciños de Laraxe ) que bordea o parque industrial dende Capacheira ata Os Cocidos está intransitable, con regos arados, e amoreamento de zahorra nas encrucilladas. Os regos na zona do río Baa arrastran materiais aumentando así a contaminación sobre as augas.

- Que fixo semellante barbaridade?.

- Que pechou os accesos por obras inexistentes?.

- Concorda o goberno local con que a Xunta primeiro tire cos cartos en acondicionalo e logo se desfaga?.

- Non hai outros medios para informar sobre o paso aos veciños e veciñas sen poñerlles muros e regos nos camiños?.

- Vai o Concello solicitar que se repoña o camiño a un estado transitable para os veciños e veciñas de Cabanas?.

Resposta Sr.Alcalde: hai un ano que se fixeron as obras, hai unha nova traza do camiño inglés que estivo a exposición pública e que alguén presentou alegacións, nalgún pleno tratouse aquí iso, por elo lle estraña a pregunta, as obras están rematadas hai máis dun ano e contan con autorización de Augas de Galicia e Patrimonio a Sepes, tiveron tempo para reclamar na exposición pública polo que considera que non procede vir agora con isto.

b.1.4. Tivemos varias queixas por apagados no inverno de fases enteiras de farolas públicas, mesmo algunhas caídas de persoas maiores por falta de visibilidade en zonas transitadas. Pódenos explicar que criterios se aplican para o acendido e apagado de fases?.

Resposta Sr.Alcalde: si lle indica as zonas explicaralle o que se fai, si hai algún fallo avisar e revisarase.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e quince minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e Prace,

O Alcalde, O Secretario,

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 31 DE XULLO DE 2013

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan Antonio López Rodriguez, Da. Ana Rosa Méndez Eiroa

D. José C. Rey García D. Luis A. Fachal López

D. Delfin Feal Pereira

Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día trinta e un de xullo de dous mil trece, en primeira convocatoria e banco a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria. Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluidos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Julian Ramón Seijas Criado.

Antes do inicio da Orde do Día, gárdase un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Santiago de Compostela o pasado día 24 do presente mes de xullo.

PARTE RESOLUTIVA.


1.-    ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o día 29 de maio de 2013, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda aproba-la referida acta.

A continuación a propos ta da Presidencia, ante a presenza no público de traballadores da empresa Megasa, acórdase modificar a orde dos asuntos da Orde do Día, pasando a segundo lugar a declaración institucional prevista no punto 5 e a continuación os seguintes asuntos pola orde prevista inicialmente.


2.-    DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN APOIO AOS TRABALLADORES DE MEGASA. Antes do inicio do asunto a Presidencia concede a palabra ao representante dos traballadores da empresa Megasa D. Carlos Bascoy Amenedo, o cal expón a difícil situación actual que están atravesando motivada pola discriminación na aplicación da tarifa eléctrica.

A continuación o Secretario da lectura a seguinte declaración institucional:

"A inicios do pasado mes de xuño a dirección da empresa siderúrxica MEGASA, sita dende hai roáis de medio século no municipio de Narón, comunicaba aos seus traballadores a decisión de pechar a planta de Narón a finais do próximo mes de agosto, se non conseguían un cambio nas bonificacións do sistema de interrumpibilidade, que na súa opinión, están a causar unha situación de competencia desleal por parte de terceiras empresas.

A dirección de Megasa comunicaba aos seus empregados —preto de douscentos postos de traballo directos e máis de mil postos de carácter indirecto- o peche da planta naronesa fixado para o vindeiro 31 de agosto do presente exercicio por mor da grave situación económica na que se colocou á empresa como consecuencia da aplicación das tarifas eléctricas para grandes consumidores, aprobada polo Ministerio de Industria e Comercio en decembro de 2012.

Efectivamente a Orden IET / 28041 2012 do 27 de decembro pola que se modifica a Orden ITC/ 23701 2007 do 26 de xullo que se o servio de xestión da demanda de interrumpibilidade para os consumidores que adquiren a súa enerxía no mercado de produción, supuxo na práctica non só a acertada compensación da chamada tarifa G-4 a favor das grandes empresas consumidoras de enerxía a nivel estatal, senón que tamén permite a algunhas empresas, tal e como acontece co grupo catalán CELSA, beneficiarse do rango máximo de retribución provocando unha asimetría no sector metalúrxico que interfire na súa libre competencia.

O peche de MEGASA suporía unha nefasta repercusión para o concello de Cabanas e a comarca de Ferrolterra, e por extensión para a provincia da Coruña. O peche de Megasa suporía un profundo impacto socio-económico na comarca, con repercusión no conxunto do tecido industrial, comercial, portuario e de servizos dunha comarca especialmente castigada e sensible pola crise que estamos a sufrir.

Por todo elo, o concello de Cabanas quere amosar a través desta Declaración Institucional o seu respaldo, apoio e solidariedade ao conxunto dos traballadores da empresa siderúrxica MEGASA, instando ao Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a atopar de forma inmediata unha solución normativa satisfactoria que garanta a libre competencia entre as empresas e que non se produzan discriminación entre as que operan no sector metalúrxico, permitindo garantir a viabilidade da empresa Megasa e os postor de traban() que xera.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita parécelle insuficiente, estanse a facer mancomunidades con fins turísticos, en cambio, cando ternos unha problemática urxente non nos preocupamos, isto non é instar ao goberno de Rajoy ou de Feijoo que fagan algo, é reunirse con Rajoy e esixirlle que cambie as cousas, sodes os representantes dos pobos e a politica e os problemas empezaron nos vosos pobos, non poden facer política recortando continuamente, hai que esixir non instar porque o poder é voso non de Raxoi.

O Sr.Alcalde manifesta que como representantes do partido popular son coñecedores do problema de Megasa, xa se debateu na Mancomunidade, hai veciños de Cabanas e amigos que traballan en Megasa, hai un problema grave e desde aquí van impulsar e traballar para que haxa esa reunión, tamén desde a Mancomunidade se pode facer máis forza, considera que os traballadores deben seguir presionando e os concellos máis importantes como Ferrol ou Narón tamén deben facer presión, desde o PP de Cabanas vaise traballar para que haxa unha solución para Megasa.

Sometida a votación dita declaración institucional resulta aprobada co voto a favor dos dez membros presentes.


3.- POSIBLE INTEGRACIÓN NA SOCIEDADE MIXTA DE TURISMO DE FERROL. A seguir dáse conta que os representantes políticos dos Concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño, integrantes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol, conscientes das actuais circunstancias socio económicas, ao longo destes últimos anos, teñen amosado o seu interese na cobertura en común de diversos servizos e actividades de interese para os seus cidadáns.

Así ao longo dos últimos anos levouse a cabo un proceso para conquerir a prestación conxunta dun servizo turístico de calidade nos seus territorios, tomando como punto de partida e referencia o Plan de viabilidade e estudo económico financeiro para a creación dun ente mixto de xestión turística no territorio de Eume-Ferrol-Ortegal, elaborado pola Deputación Provincial de A Coruña. Tras un primeiro análise da constitución dun consorcio, no mes de marzo pasado, os Alcaldes dos municipios mencionados acordaron instar (ente-sociedade mercantil, de xestión e desenvolvemento turístico da cidade departamental) o comezo dun proceso de integración dos demais Concellos no seu capital social e xestión.

En virtude do citado acordo, a Presidencia da Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol S.A. e titular da Alcaldía de Ferrol, instou a aqueles concellos a manifestar o seu interese institucional nunha futura integración naquela entidade mercantil a fin de prestar os servizos e actividades incluidos no seu obxecto social.

Finalmente nunha xuntanza de carácter técnico mantida o vinte e un de xuño de 2013, por funcionarios dos concellos mancomunados e a asesoría xurídica externa do Concello de Ferrol, baixo a presidencia do alcalde daquela cidade, acórdase proseguir co proceso iniciado, clarificando e impulsando as actuacións e trámites a desenvolver e os acordos a adoptar por cada entidade local, propoñendo a constitución dunha comisión integrada por persoal político e técnico dos Concellos afectados, a fin de redactar unha memoria na que se analicen as posibles fórmulas xestoras do turismo e se propoña a que se estime máis conveniente para os intereses públicos afectados.

Á vista de todo elo e despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:

Primeiro.- Amosar o interese deste Concello nunha posible integración na Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, previa a realización de cantos estados e trámites precisos resultaren, de acordo coa normativa vixente.

Segundo.- Nomear a D. Germán Castrillón Permuy e a D. Antonio López Vila, Alcalde e Secretario-Interventor respectivamente, nunha Comisión á que se encargará a elaboración e redacción dunha memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros dos servizos turísticos, na que se deberán analizar as distintas formas xestoras que a normativa vixente admite, propoñendo a máis conveniente para os intereses públicos afectados, así como os supostos nos que debe cesar a actividade, na buscando a fórmula de prestación máis axeitada, dotando a súa xestión dunha maior axilidade e contando cunha estrutura de maior fiexibilidade e dinamismo.

Unha vez elaborada a Memoria citada será tomada en consideración, se procede, polo Pleno Municipal, acordando a correcta forma de xestión dos servizos citados, expoñerase durante o prazo de trinta días naturais para a formulación de observacións polos particulares e entidades.


4.- PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE ALLEAMENTO DE BENS MUNICIPAIS. Dáse conta da proposta da Alcaldía de data 26 de xullo de 2013 que di: " Este Concello ten que proceder a execución das sentenzas recaídas nos recursos contencioso-administrativos números 02/0004055/1993 e 02/0004126/1994, de acordo co ordenado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para realizar as devanditas execucións redactáronse os correspondentes proxectos técnicos, os cales adxudicáronse a empresa Applus Norcontrol SLU, e redactou o arquitecto D. Antonio J. Ferreiro Novo, que presentan un orzamento de execución das obras por importe total de 368.897,38 e 377.322,58 euros respectivamente, despois dos últimos axustes realizados.

Visto que no orzamento municipal de 2013 está previsto o financiamento de ditas obras mediante operación de crédito.

Visto as xestións realizadas con entidades bancarias ata a data, das que non se conseguiu ningún resultado que permitise o financiamento das obras precisas.

Visto tamén que o Concello de Cabana  s é propietario dos edificios coñecidos como Escola Laica e Nave Municipal de Vilar do Colo, considerados ambos como bens patrimoniais propios que non están afectados por ningún servizo público, sendo dedicados na actualidade ó almacenamento e actividades que poderían ser trasladadas a outras edificacións municipais.

Proponse iniciar o expediente de alleamento dos referidos bens, co obxecto de financiar a execución das sentenzas mencionadas ó inicio".

Na deliberación do asunto prodúcense as intervención coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que na reunión de portavoces non se deu por feito que se la proceder a venda de bens municipais, falouse da posibilidade, ademais debía pasar antes pola comisión de facenda, están en contra.

Polo grupo AEC o portavoz D. Luis A. Fachal López di que falouse disto na reunión de portavoces, considérano como unha posibilidade máis que non implica unha venda senón o inicio dun expediente, interesa aclaracións de Secretaría sobre trámites a seguir, e despois do cal insiste en consideralo como unha posibilidade mais a acordar logo de incorporar informes e trámites regulamentarios, dalgunha forma haberá que buscar o financiamento para execución das sentenzas.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Den). Feal Pereira está en contra do inicio da venda de bens municipais, dende o inicio da lexislatura falouse de facer un inventario de bens municipais que non existe, non se sabe dos bens que dispón o Concello e mais cando no orzamento de 2013 aparece unha partida par investir na nave de Vilar do Colo, debe buscarse financiamento pero tamén pediu a constitución dunha comisión para levar a cabo este asunto, é certo que pode quedar en nada este expediente pero é unha porta aberta e antes hai que pechar outras, alude a xustificación do incremento do LBI en 2007 para execución das sentenzas que supuxo uns 150.000 € anuais, e xa van seis anos, habería que suprimir partidas superfluas para aumentar a de execución das sentenzas, agora tratan a venda de dous bens importantes e vai votar en contra da venda de patrimonio do Concello sen explorar outras posibilidades, vostede non fai esa comisión onde estean todos representados e se saiba o que pasa, cales son os escritos dos xulgados, as respostas e as posibilidades, insiste en que isto non foi o que se falou na xunta de portavoces onde se fixo referencia a falar co denunciante, cos veciños e a posible actuación co PXOM e o crédito.

Polo grupo popular a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que na xunta de portavoces tratáronse varios temas, falouse do crédito, do PXOM, falar coa comunidade de veciños, fajar co denunciante, pero tamén se tratou a venda de bens municipais, é unha posibilidade mais dentro das que se expuxeron o día da reunión de portavoces, realmente non esperaban estas manifestacións en relación coa devandita xunta, hai preparado un documento a estudar entre todos co obxecto de que si están de acordo remitir aos denunciantes, estase traballando con tódalas posibilidades das que se lles informou na xuntanza dos portavoces, esta é unha posibilidade máis iniciar o expediente que unha vez que se incorpore a documentación requirida deberá volver a Pleno; se alguén ten opcións menores están dispostos ao seu estudo, aquí estase a tratar de ser construtivos, non hai comisión pero hai unha xunta de portavoces onde se tratan estes temas.

A Sra. García Pita fala de despilfarro e alude aos paseos en barco polo Eume, cuberta fotovoltaica, cuberta das pistas de pádel, hai subvencións pero deberían pedirse para as cousas necesarias, séguese aumentando o gasto corrente e logo veñen os problemas, isto non é un problema de agora senón que non se está facendo nada, insiste na suba de IBI e outros impostos sen que se fixese nada, e agora pregúntase cal vai ser a resposta.

O    Sr.Fachal López indica que van a manter o voto considerando que se trata dunha posibilidade mas a explorar, está en contra da venda de bens municipais pero tamén de elevar os tipos impositivos sobre todo nestes tempos, hai que valorar esta posibilidade inda que se deixe como última, alude a proposta de comisión que fixo o concelleiro socialista ao inicio da lexislatura e inda seguen a esperar por ela, opina que todos estarían dispostos a participar nesa comisión permanente, dende o principio manifestaron a súa dispoñibilidade e sería bo que os utilizasen.

O    Sr. Feal Pereira insiste na dificultade de buscar unha solución se non dispoñen de tódolos

datos, para iso pediu a comisión, tamén recorda que propuxo que a indemnización a vecinos fose a través doutra vivenda a valor de mercado porque cando se executen as sentenzas van a perdela vivenda, iso habería que estudalo en comisión onde se podía dispoñer de asesoría, hai moitas cousas inda sen facer como o inventario do patrimonio municipal, está interesado en solucionar isto sobre todo polos afectados que perden a vivenda que compraron de boa fe.

A Sra. Pazos Bande reitera que hai que executar as sentenzas por ser firmes e estudar tódalas

posibilidades con bremura para executalas, tampouco lles gusta vender ningún edificio por iso se fixo nova solicitude de préstamos, é unha opción máis porque ó problema hai que darle solución; en canto as partidas a que aludía a Sra. García Pita considera que xa debía ser coñecedora de que hai diñeiro finalista que non se pode destinar a outra cousa, estanse axustando tódalas partidas do orzamento e pechando os exercicios bastante ben, nestes intres hai consignados 165.493,96 euros de fondos propios para execución destas sentenzas e intentando dar os mesmos servizos aos vecinos, ou se aumenta a carga impositiva aos vecinos ou se busca solución, algo hai que facer.

O    Sr.Alcalde aclara que o inventario foi encargado cando gobernaba o partido socialista houbo que pagar agora 15.200 euros no xulgado por algo que non cumpre a normativa e non se puido aprobar, hai que coñecer a traxectoria e non solo falar, en anos anteriores España medraba e o Estado transfería máis ingresos, hai menos ingresos no Concello e os servizos hai que cumprilos, non queremos deixar aos cidadáns sen servizos por elo estanse tramitando préstamos e aforrando o que se pode, hai que optar a subvencións para aforro enerxético, coidar instalacións deportivas para facer actividades, os escolares van o pavillón e hai que mantelo en condicións, cando chegamos estaba de cemento e hoxe é o menor da comarca, o mesmo pasa co pavillón de Lavandeira, escola laica e outros edificios que hai que conservar, reparar os caminos, saneamento, os cidadáns demandan iso. Na reunión de portavoces xa informou que o ano pasado estivera co denunciante para chegar a un acordo, agora ternos un documento para estudar entre todos e ter unha reunión con el, non está ocultando nada, si os bancos non dan crédito non podemos facer outra cousa, o Concello non ten problema de financiamento, si foca hai dez anos non habería problema de crédito, a proposta de acordo que se falou na reunión require a aprobación do PXOM, cando sexa público se poderá publicar por iso hai que andar con cautela, non se está despilfarrando nin tirando diñeiro.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con sete votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC e tres en contra do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García. Pita e o concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda prestar aprobación a mencionada proposta da Alcaldía.


5.- ADHESIÓN PROTOCOLO REDE CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO. Dada conta da Resolución da Alcaldía 219/2013 do 21 de xuño, que di: Visto o protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para establecer unha cede de Entidades Locais en contra da violencia de xénero e realizar outras accións de sensibilización social en contra da violencia de xénero.

De conformidade coas atribución establecidas no artigo 21.1 da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e artigo 61.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e disposicións concordantes, RESOLVO:

1°. A adhesión do Concello de Cabanas ao protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para establecer unha rede de Entidades Locais en contra da violencia de xénero e realizar outras accións de sensibilización social en contra da violencia de xénero.

2°. Dar conta desta resolución ao Pleno da Corporación na primeita sesión que realice".

O Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda ratificar a mencionada resolución de adhesión deste Concello a dito protocolo de colaboración.


6.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL PARA INSTAR Ó GOBERNO DO ESTADO A MODIFICAR O BORRADOR DO ANTEPROXECTO DE LEI SOBRE COLEXIOS PROFESIONAIS ANTE A POSIBLE SUPRESIÓN DO COLEXIO DE AVOGADOS DE FERROL. A continuación o Secretario da lectura a declaración institucional para instar ó Goberno do Estado a modificar o borrador do anteproxecto de lei sobre colexios profesionais, na cal despois da exposición de motivos relativa a creación do colexio de avogados de Ferrol en 1949, e as función desenvolvidas, o seu recofiecemento pola labor institucional e promoción da administración de xustiza, garantindo o dereito de defensa dos cidadáns, financiándose cos seus propios medios e mantendo catro postos de traballo, foi continua a súa actividade de promoción e reivindicación de servizos para a comarca de Ferrol, proponse o seguinte acordo:

Primeiro.- Ante a posible supresión do Colexio de Avogados de Ferrol, tendo en conta o borrador do texto de Anteproxecto da Lei de Colexios Profesionais, este Concello quere manifestar o seu apoio ó Colexio de Avogados de Ferrol que, con máis de sesenta anos de antig-üidade, constitúe unha institución de grande raigame na cidade e que desenvolveu e desenvolve un importante papel ó longo da súa historia en defensa do estado de dereito e dos dereitos da cidadanía e, especialmente, daqueles colectivos máis desfavorecidos ou que sufriron a violencia ou a marxinación, así como rexeitar calquera supresión dunha institución necesaria é un valor e referente na comarca.

Segundo.- Instar ó Goberno Central para que calquera proposta normativa de modificación que leve adiante no actual sistema xudicial, atendendo á profunda incidencia que este vai ter tanto nos profesionais da avogacía como da cidadanía en xeral, se faga co necesario consenso institucional.

Terceiro.- Comunicarle este acordo ó Colexio de Avogados de Ferrol e ó Gobemo Central.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que vanse abster polos catro postos de traballo que teñen en Ferrol, pero están en contra porque é demagoxia, non é certo o de servizos gratuitos pois o xulgado págalles cando o xuíz require servizos, están en contra da colexiación obrigatoria.

Sometida a votación dita proposta resulta aprobada con oito votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.


7.- MOCIÓN DO GRUPO POPULAR SOBRE REXEITAMENTO DO TERRORISMO LEVADO A CABO POR RESISTENCIA GALEGA. Vista a moción presentada polo grupo popular sobre o rexeitamento do terrorismo levado a cabo por Resistencia Galega, en cuxa exposición de motivos alude a que a partir de 2006 Galicia está padecendo actos de terrorismo cuxa autoría a banda Resistencia Galega ten reivindicado en varios casos. Os partidos democráticos defenden a dignidade do ser humano e os dereitos e liberdades que lle son inherentes, especialmente o    dereito a vida e a integridade física e moral, propugnando a democracia e o estado de dereito como base dunha convivencia en pluralismo, liberdade e igualdade, en consecuencia opóñense e condenan

o    uso da violencia.

Por todo elo, o grupo popular eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1.    Manifestamos o nono rexeitamento e condena ao terrorismo, e por suposto o levado a cabo por Resistencia Galega.

2.    Solidarizámonos coas vítimas destes atentados e apoiamos ás Forzas e Corpos de Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da Xustiza dos responsables destes actos.

3.    Rexeitamos calquera tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que condenan a violencia en tódalas súas expresión sen paliativos, a violencia terrorista non está entre os problemas /mis graves da cidadanía galega, non se pode afirmar a existencia dunha banda terrorista denominada Resistencia Galega porque non foi determinada dende o punto de vista xudicial e ademais é contraproducente dende o punto de vista de loita contra a violencia botarlle fume a calquera movemento violento; os problemas dos galegos nestes momentos son outros como cargarse o estado de benestar, persoas sen seguridade social, etc. non se pode desviar a atención destes problemas cunha moción oportunista; de todos xeitos aprobarán a moción se retiran a palabra de Resistencia Galega.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira pregúntase quen non está de acordo en rexeitar a violencia, deste grupo ou outro, sexan persoas ou institucións, pregúntase que é a quita, todo demagoxia, os partidos democráticos defendemos a dignidade dos humanos e os dereitos e liberdades como valor inherente, especialmente o dereito a vida, integridade física e moral inda que está polo solo cando se mira educación ou sanidade; está en contra da violencia levada a cabo por Resistencia Galega e todo tipo de violencia, a moción é extemporánea e gustaríalle incluir " contra calquera tipo de violencia exercida incluso dentro dos poderes institucionais de forma indirecta", considera que non procede agora este debate, hai problemas máis concretos como a violencia bancaria onde os poderes políticos miran para outro lado.

Polo grupo Popular a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande considera que non ten sentido discutir esta moción, tódolos grupos presentan mocións e son conscientes dos graves problemas que se están a vivir, pero agora refírense ao terrorismo que vivimos en Galicia, é unha moción específica sobre Resistencia Galega, por suposto que hai outros problemas e problemas graves que non é este o momento de discutir.

A Sra. García Pita considera que se podían presentar mocións sobre inexistencia de persoeiros, é perder o tempo, apróbana sempre que se retire o de Resistencia Galega, hai que ser éticos e serios cando se fala de grupos terroristas galegos.

O portavoz do grupo AEC D. Luis A. Fachal López indica que cando estaba no goberno dicíalle o partido popular que había que medir moito as mocións porque estamos en Cabanas, houbo plenos que acabaron de madrugada debatendo mocións que apoiaron por deferencia pero seguen pensando que as mocións hai que filtralas, hai que mirar que se trae a debate.

A Sra. Pazos Bande considera que as manifestacións da Sra. García Pita non merecen resposta e pola outra parte opina que nunca está de mais condenar o terrorismo.

O Sr.Alcalde manifesta que acordouse a adhesión ao convenio contra a violencia de xénero e esta moción non se presentou antes porque hai plenos cada dous meses.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con oito votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda aprobar a devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN. 8.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a)    Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 176 do 24-05-2013 ata a número 273 do 26-07-2013.

b)    Informe sobre a morosidade 2°T/2013. De acordo co establecido no artigo 5°.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación do informe de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes ao 2° Trimestre de 2013.

Neste momento auséntase a concelleira Da. Ana Rosa Méndez Eiroa.

12. ROGOS E PREGUNTAS. a) Preguntas orais.

a.1.    Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.1.1. Rogo. Estamos a facer aquí cousas positivas como pode ser normativa para regular o tema dos cans ou dos vehículos, sen embargo cando vamos a zona da praia vemos máis cans paseando polo parque e deixando excrementos que ninguén recolle sen que pase nada, por elo toga que se persiga máis estas condutas.

Resposta Sr.Alcalde: ten orde a policía local de perseguir este tema e facer un seguimento porque xa houbo algunha queixa.

a.2.    Intervención do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.

a.2.1. Despois do que escoitamos antes onde parece que todo está perfecto, hai dous meses pregunteille polas fochancas de Laraxe, dixo que se amañarían cando deixara de chover, hai tempo que non chove e non se arranxaron. Cando se van amañar estas fochancas?.

Resposta Sr.Alcalde: están contratadas as obras, xa están adxudicadas.

a.2.2. En relación coa limpeza de cunetas en Laraxe se están a limpar uns tramos e outros non como é o caso da Rúa ou do carriño do Pereiro onde as silvas chegan ó medio da estrada. Por qué se limpan unhas zonas e outras non?.

Resposta Sr.Alcalde: porque ese carriño está no proxecto de reparación que vai facer a empresa adxudicataria e non se vai facer o traballo dúas veces.

a.2.3. Hai dous meses pregunteille polo lavadoiro dos Carneiros, dixo que se ía amañar e non se amañou, segue igual por un problema coa tubaxe que non leva a auga para o lavadoiro. Cando se vai a reparar?.

Resposta Sr.Alcalde: tenlle que responder o mesmo, cando dispoña de persoal e sexa posible, a urxencia agora está na roza dos camiños.

a.3.    Intervención da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita.

a.3.1. Cando se van a contratar os socorristas para a praia, hai un ano estaban contratados no mes de outubro cos brazos cruzados porque facía frío e chovía, cando e cantos meses?

Resposta Sr.Alcalde: están contratados desde mañá por dous meses.

a.3.2. Por qué seguen entrando coches no piñeiral dos kayaks?, por qué non está controlado isto?

Resposta Sr.Alcalde: sería para facer un servizo, o preguntará.

a.3.3. Comentaron que este ano non se la facer a festa pirata porque non encontraron unha persoa que a levara a cabo, como está este asunto?.

Resposta Sr.Alcalde: non é así, hai loito oficial ata o mércores, querían comezar antes e non se deixou porque é institucional, verase si se pode facer o sábado e domingo.

a.3.4. Quedou claro que a feira do 21 vai a seguir sendo o 21 e non cando determine o Concello, deuse xa por concluido?.

Resposta Sr.Alcalde: déixase que sega sendo o 21 e mais o domingo, se poden ser os dous mellor.

a.3.5. O outro día veu que A Penela pediu licenza de obras, por que se lle concede a esta entidade e non aos chiringuitos?.

Resposta Sr.Alcalde: inda non a ten concedida, por outra parte non é a mesma situación, os chiringuitos están en dominio público e A Penela non, ademais ten licenza de construción.

a.3.6. No aparcamento de vehículos na zona do paseo, co tempo que están aparcados os vehículos, non se pode poñer unha taxa para os que aparquen ali?.

Resposta Sr.Alcalde: gustaríalle poder cobrar aos que aparcan ali, pero é de dominio público e o único que se aprobou foi unha zona para residentes e minusválidos, na zona que se poderla cobrar sería moito más cara a xestión que a posible recadación.

a.4.    Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.4.1. Con respecto a protección civil e a policía local, cando esta non está na súa quenda, entendo que entra o desvío do teléfono, quen está suxeito a quen, cal é o que manda?.

Resposta Sr.Alcalde: a policía local fai o seu traballo de vixilancia e control que lle corresponde e protección civil pode estar noutra operación, a policía local é un funcionario e loxicamente a potestade é da policía.

a.4.2. En relación con protección civil, teñen capacitación formativa fronte a distintas urxencias e eventos para atención das urxencias e as distintas situacións, así como o trato humano adecuado?.

Resposta Sr.Alcalde: a capacitación depende da persoa que sexa, non todos teñen a mesma pero fixeron os cursos correspondentes para estar dentro de protección civil.

A continuación o Sr. Feal Pereira alude a chamada que fixo a policía local como concelleiro por unha carga que caeu na estrada de San Marcos e saltou a chamada a protección civil, identificouse como concelleiro pero negáronse a actuar e houbo un trato non adecuado negándose a identificarse e por elo roga que actúen con corrección, hai nome concreto pero considera que non ven o caso.

O Sr.Alcalde considera que a veces pode haber momentos de estar ofuscamento.


b) Preguntas por escrito.

b.1. Presentadas polo concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira, en escrito de data 30 de xullo de 2013.

En relación coa primeira pregunta o Sr. Feal Pereira manifesta que tendo en conta que están aquí os veciños afectados pregunta si poden facer a exposición da pregunta.

O Sr. Presidente indica que o público non pode intervir e en todo caso deberían solicitado con anterioridade, ademais xa estiveron dilas veces na Alcaldía e xa lles contestou o que había que contestar, polo tanto non procede.

b.1.1. En relación ás obras que se están a realizar na estrada da Deputación da Coruña DP 1502 de Porto a Laraxe, e ante as queixas e consultas chegadas a este grupo municipal, no pleno no que aprobamos a actuación en dita estrada, o Sr.Alcalde dixo que contaba co consentimento de todos os afectados:

a)    Que información lle deu aos veciños afectados e en concreto a Dona Rosa Blanca Piñeiro Casal, veciña de Chao da Aldea n° 24, afectada na parcela n° 25 de dita actuación?, foi informada e recollida a firma en presenza dos seus familiares, como así lle requiriton?

b)    Na recollida das firmas do consentimento, deixoulles aos veciños afectados copia documental da información, do documento que firmaban así como dos compromisos adquiridos con eles referidos á actuación nas parcelas afectadas?.

Resposta Sr.Alcalde: a) O proxecto foi aprobado polo Concello e pola Deputación e estivo a exposición pública; a firma de Rosa Blanca Piñeiro foi solicitada coma o resto dos veciños, houbo un primeiro proxecto con 1,80 de beirarrúa que se modificou a 1,50 por acordo maioritario dos veciños para evitar expropiacións, ensinóuselle o documento sen firmar porque no documento hai máis firmas dos outros propietarios que están protexidas por lei e non se poden deixar copia; púxose en contacto coa traballadora social para preguntar si como habían dito eses señores estaba inhabilitada e díxome que non, ninguén nos dixo que os familiares tiñan que estar presentes.

b) Deixamos copias e a anterior portavoz do PSdG-PSOE Ma. José Cabanas levou copias para presentar aos veciños, algúns parentes, o que quixo puido vela sen ningún problema, de feito non hai problema coas beirarrúas da obra, agás este caso que non entende a que ven isto agora, ademais tiña un cerramento de árbores que non cumpría coa lei de montes 7/2012, estase a facer unha urbanización para esa finca que non a tiña e terían que pagala os propietarios e así se paga con diñeiro público.

b.1.2. En relación á cesión de locais de propiedade municipal ás distintas asociacións ubicadas neste concello:

a)    Existe algún documento asinado polas partes, no que se acredite a cesión, tempo da mesma e condicións de uso?.

b)    Son tratadas todas as asociacións en igualdade de condicións?.

Resposta Sr.Alcalde: tódalas asociacións con vínculos no Concello son tratadas do mermo xeito, se firma un convenio anual, que presente a solicitude por rexistro.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas, da cal evanto a presente acta e como Secretario dou fe


ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 30 DE AGOSTO DE 2013


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día trinta de agosto de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


Non asiste o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez.


EXPEDIEN 1.h MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 4/2013. Examinada a proposta de modificación de créditos que se detalla na memoria da Alcaldía-Presidencia, por importe de 50.015,00 euros, para facer fronte a gastos a cargo desta Corporación relativos a bens correntes e servizos, e investirnentos, para os que non existe crédito no orzamento vixente ou resulta insuficiente, que considera necesario realizar no presente exercicio sen que se poidan atrasar para o exercicio seguinte, utilizando como recursos para o seu financiamento as baixas ou anulación doutras partidas de gasto, estima que as modificacións son necesarias con carácter inaprazable e non existe ningún prexuízo para os intereses do Concello.


No expediente inclúense informes de Intervención coas correspondentes consideracións, así como ditame favorable da Comisión de Facenda.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta estar de acordo cunhas cousas e con outras non, o relativo a pista de pádel non lle parece un gasto necesario, non vale o argum.ento de que se pon así pola subvención, si votedes cambian a Constitución isto é moito mais fácil de cambiar.


Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira indica que despois de aclarado o do título das obras da Veiga polo Sr. Alcalde na comisión de facenda, vendo que o orzamento non se varía na contía, considera importante tódalas melloras nas esixencias enerxéticas e outras infraestruturas, pide que non se deixe de lado outros cousas importantes que temos no Concello e haber si se segue traballando na xunta de portavoces, por elo o seu voto vai a ser positivo.


Polo grupo popuLar: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande sinala que é unha modificación de créditos para cubrir aportacións que debe facer o Concello fronte a subvencións que non estaban previstas, non se modifica o resultado global, é unha modificación para seguir co funcionamento; considera que os argumentos da Sra. García Pita non están relacionados co punto a tratar e polo tanto non hai nada que contestar.



Á Sra. García Pita non lle parece que nestes tempos de crise sexa necesario o do pádel, fagan unha enquisa e pregúntelle a xente que o está pasando mal senón era mellor investir en axudas a esas familias, a súa intervención ten relación co asunto porque sempre están co argumento de aproveitar a subvención e iso pode cambiarse como se cambia a Constitución.


A Sra. Pazos Bande insiste en que non se está tratando da modificación da pista de pádel senón dunha modificación de crédito, a Sra. García Pita debía saber que hai subvencións finalistas que non se poden cambiar, estase a facer unha modificación de crédito non da Constitución.


Despois de debatido o asunto o Pleno da Corporación en votación ordinaria con oito votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC, e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda:


Primeiro: Aproba-la referida proposta de modificación de crédito aplicando as cantidades correspondentes as partidas que se reflicten na memoria segundo o seguinte detalle:


1°.- AUMENTOS PARTIDAS DE GASTOS.


ai Créditos extraordinarios

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Aumento proposto

Consignación Resultante

165.61904

Obras e servizos municipaís.

--

6.250,00

6.250,00

165.63901

Mellora             eficiencia               enerxética

Iluminación pública.

----

15.005,00

15.005,00

459.60907

Infraestruturas eléctricas

—                         _

20.800,00

20.800,00

Suma créditos extraordinarios 42.055,00 euros.

b Su lementos de crédito:

Partida

Denominación.

Consig.antes expediente.

Crédito dispoñible

Aumento _proposto

Consignac. Resultante

342.62201

Obras área deporti-recreativa A Veiga

97.739,65

89.836.77

5.660,00

103.399,65

459.60902

Infraestrutura viaria

54.690,53

8.057,24

1.300,00

55.990,53

920.21600

Equipos proceso inforrnación

2.500,00

1.069,20

1.000,00

3.500,00

Suma suplementos de crédito................................ 7.960,00 euros.

Total incrementos de crédito.............................................................. 50.015,00 euros.

2°.- ANULACIÓN E BAIXAS EN PARTIDAS DE GASTOS.

Partida

Denominación

Consig.antes expedíente.

Crédito dispoñible

Baixa

_proposta

Consignac.. Resultante

150.16000

Seguridade Social

55.955,00

29.003,67

7.000,00

48.955,00

161.47200

Achega concesionaria auga e saneam.

10.000,00

10.000,00

9.000,00

1.000,00

165.22100

Enerxía eléctrica

180.000,00

138.907,32

2.315,00

177.685,00

336.22706

Estudos e traballos técnicos

6.000,00

6.000,00

6.000,00

0,00

432.48902

Transferencias Euroeume

5.000,00

5.000,00

2.000,00

3.000,00

920.12003

Soldos do grupo Cl

17.282,00

11.521,84

6.400,00

10.882,00

920.12009

Outras retribucións básicas

12.823,00

7.598,29

1.150,00

11.673,00

920.12100

Complemento destino

29.782,00

13.445,20

3.950,00

25.832,00

920.12101

Complemento específico

62.845,00

28.317,76

6.500,00

56.345,00

920.16000

Seguridade Social

43.880,00

21.512,62

5.700,00

38.180,00


Total baixas de crédito........................................................ 50.015,00 euros


Segundo: Continua-la tramitación do expediente con exposición pública en forma regulamentaria a efectos de exame e reclamacións.


Terceiro: No suposto de non presentarse reclamacións contra o mesmo considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o tráraite de publicación do correspondente resume no B.O.P. e no Taboleiro de Anuncios do Concello.


2.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE CABANAS, PONTEDEUME, FENE E NEDA PARA AS OBRAS DO PROXECTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS ALUMEADOS PÚBLICOS DOS CONCELLOS DE CABANAS, PONTEDEUME, FENE E NEDA. Visto o acordo da Xunta de Goberno Local de data 10 de abril de 2013 pola que se acorda a constitución dunha agrupación dos concellos de Cabanas, Pontedeume, Fene e Neda co fin de colaborar na xestión compartida nun proxecto de mellora da eficiencia enerxética e iluminación pública no á.mbito dos municipios agrupados co obxecto de acollerse ás subvencións convocadas polo INEGA mediante Resolución do 7 de marzo de 2013 (DOG n° 53 do 15 de marzo).


Vista a Resolucíón do INEGA do 5 de xullo de 2013 (DOG n° 132 do 12 de xullo) pola que se conceden subvencións en réxime de concorrencía competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, sobre a base da convocatoria reali7ada mediante a Resolución do 7 de marzo de 2013 deste mesmo órgano, na cal concédese aos concellos de Cabanas, Pontedeume, Fene e Neda unha subvención por importe de 167.247,45 euros. Visto o convenio de colaboración entre os concellos de Cabanas, Pontedeurae, Fene e Neda para as obras do proxecto de eficiencia enerxética nos alumeados públicos dos concellos de Cabanas, Pontedeume, Fene e Neda. Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación: Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López interesa aclaracións sobre a zona da Igrexa dende que punto ata que punto, así como o por qué destes catro concellos e non outros limítrofes como o da Capela.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE, D. Delfín Feal Pereira tamén demanda aclaracións no mesmo sentido.


m Sr.Alcalde indica que se fixo con eses concellos porque se puxeron de acordo, coa Capela intentouse facer algunhas cousas e non foi posible, hai tempo propúxoselles a orientadora laboral e a ftxo con San Sadurniño, agora hai solicitado un tema de asuntos sociais e probablemente nos quedemos sen subvención porque non cumpren con algún requisito; en canto a zona vai dende Cardeita ata a Igrexa, o campo do cemiterio e segue ata As Modias, se queren poden ver o plano.


m concelleiro D. Angel Pena Fontenla pregunta que criterios se seguiron para elixir esas zonas.


m Sr.Alcalde sinala que era unha actuación necesaria e reúne os requisitos para obter unha boa puntuación para conseguir a subvención, tiña que ser unha zona gastando pouco diñeiro.


Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable dos dez membros presentes, acorda:


Primeiro. Prestar aprobación ao seguinte convenio de colaboración entre os concellos de Cabanas, Pontedeume, Fene e Neda:



"CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE CABANAS, PONTEDEUME, FENE E NEDA PARA AS OBRAS DO PROXECTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS ALUMEADOS PÚBLICOS DOS CONCELLOS DE CABANAS, PONTEDEUME, FENE E NEDA.


Inega-IDEA- Feder Galicia (2007-2013)


En Cabanas, a 30 de xullo 2013.


REUNIDOS


Dunha parte, o/a Alcalde/sa do Concello de Neda, D/Dna. José Ignacio Cebezón Lorenzo


con N.I.F. 32.612.712-T, en nome e representación do referido concello.


Doutra parte, o/a Alcalde/sa do Concello de Pontedeume, D/Dna.Gabriel Torrente Piñeiro, con N.I.F. 32.622.219-P, en nome e representación do referido concello.


Outra parte, o/a Alcalde/sa do Concello de Fene, D/Dna.Gumersindo Pedro Galego Feal, con N.I.F. 76.404.133-L, en nome e representación do referido concello.


Outra parte, o/a Alcalde/sa do Concello de Cabanas, D/Dna. Germán Castrillón Permuy, con N.I.F. 32.626.020-Z, en nome e representación do referido concello.


Todos en nome e representación da Corporación Local correspondente, en virtude do artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LRBRL) e o artigo 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da administración local de Galicia (LALGA).


Os reunidos actúan no exercicio dos seus cargos e, na representación que ostentan, recoñécense capacidade para obrigarse nos termos do presente Convenio para a xestión compartida do proxecto de mellora da eficiencia enerxética e iluminación pública, solicitado ao abeiro da Resolución do 7 de Marzo de 2013 pola que se establecen as bases reguLadoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013 de aforro e eficiencia enerxética a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder­Galicia 2007-2013 e concedida unha subvención por importe de 167.247,45 por Resolución de data 5 de xullo de 2013 do INEGA.


EXPOÑEN


Primeiro.- A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL), no seu artigo 25 establece que o Municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal. O Municipio exercerá, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas.


O artigo 80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora de Administración Local de Galicia (LALGA), regula que o municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, poderá promover toda clase de actividades e prestar todos os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños. O municipio exercerá, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma.


Segundo.- O artigo 15 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das


Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, establece a posibilidade da realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos da competencia dun concello por encomenda de xestión a outros concellos, cando existan razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño.


Terceiro.- A Constitución recolle no artigo 103 que a Administración debe actuar de acordo, entre outros, cos principios de eficacia e coordinación. Nesa liña, o actual escenario de crise económica que afecta tamén aos concellos obriga a impulsar medidas relativas á xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoflibles, co obxecto de poder continuar prestando ou prestar novos servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan as súas necesidades, sendo preciso minimizar custos e POTENCIAR SEMPRE QUE RESULTE POSIBLE A XESTION COMPARTIDA das actuacións públicas. A prestación dos servizos, o seu fomento e a promoción das actividades esixe un elevado custo, tanto de instalación, adquisición como de funcionamento e xestión que fai necesaria a colaboración entre distintas administracións locais, coa finalidade de poder prestar aos veciños unha actividade e un servizo que na actualidade se considera imprescindible como medio de mellora nas relacións cos mesmos.


Cuarto.- Por outra banda é necesario que as administracións públicas promovan actuacións tendentes a garantir a igualdade e a calidade de vida dos veciños, sendo preciso neste momento de acentuada crise económica realizar un exercicio de politicas públicas responsables coa actual situación, implantando fórmulas eficaces e eficientes de xestión pública e boas prácticas, reducindo custos que posibiliten o mantemento da prestación dos servizos que ata o de agora se viñan prestando de forma independente.


Quinto.- Neste sentido, cómpre optimizar os recursos económicos das administracións locais mediante fórmulas innovadoras que permitan a devandita xestión compartida na prestación dos servizos públicos, de forma e maneira que o impacto da crise económica sexa menor e os resultados da posta en común dos recursos reduzan en parte a crítica situación económica dalgúns concellos.


Sexto.- Tanto a LRBRL como a LALGA e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico de Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, recollen ao longo do seu articuLádo o principio xeral de colaboración interadministrativa.


Sétimo.- Na propia resolución de convocatoria determínase a posibilidade de formalizar a solicitude de axuda baixo a modalidade de agrupación de concellos, establecéndose no artigo 4 das Bases reguladoras que tales agrupacións poderán ser beneficiarias da subvención que, se é o caso, se conceda. A tal efecto, faise constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


Oitavo.- Por todo o anterior, na actual situación de crise xa aludida, a xestión compartida de servizos configúranse como unha das posibles solucións para prestar ou continuar prestando determinados servizos públicos, polo que os concellos asinantes ACORDAN a XESTION COMPARTIDA do proxecto de mellora da eficiencia enerxética e iluminación pública, redactado por Juan Manuel Rey Gómez, por un importe total de 162618,26 € máis 34149,83 € de IVE, dando un total de 196768,09 €, mediante o presente convenio segundo as seguintes


CLÁUSULAS


Primeira. OBXECTO


Créase unha agrupación entre o CONCELLO DE CABANAS , o CONCELLO DE PONTEDEUME, o CONCELLO DE FENE e o CONCELLO DE NEDA para colaborar na xestión compartida do proxecto de mellora da eficiencia enerxética e iluminación pública, denominado "PROXECTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS ALUMEADOS PÚBLICOS DOS CONCELLOS DE CABANAS, PONTEDEUME, FENE E NEDA" redactado por Juan Manuel Rey Gómez, sobre a base do disposto na Resolución do 7 de Marzo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013 de aforro e eficiencia enerxética a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 15 de marzo de 2013 e posterior Resolución de concesión de subvención por Resolución de data 5 de xullo de 2013 (DOG 12 de xullo de 2013).


Segunda. ÁMBITO TERRITORIAL E DELIMITACIÓN DAS ACTUACIÓNS


O ámbito tertitorial da xestión compartida do proxecto abrangue


municipais de Cabanas, Pontedeume, Neda y Fene .


4 os respectivos termos


En concreto, as instalacións previstas no citado proxecto sitúanse nas seguintes zonas:


- Zonas de Riolongo y Cabria Nova (termo municipal de Pontedeume)


- Zona de Iglesia (termo municipal de Cabanas)


- Zona de Avda. Doctor Sixto Mauriz e Estrada da Palma (termo municipal de Fene)


- Zona de Alxeciras e Médico Cebreiro (termo municipal de Neda)


En todo caso, os concellos deberán acreditar no expediente que son titulares dos terreos onde se executarán os investimentos, así como autorizar ao concello xestor do proxecto para a realización das obras.


Terceira. DESIGNACIÓN DO CONCELLO XESTOR DO PROXECTO E ÁMBITO ADMINISTRATIVO DA ENCOMENDA


Desígnase ao Concello de Cabanas como xestor do proxecto denominado " PROXECTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS ALUMEADOS PÚBLICOS DOS CONCELLOS DE CABANAS, PONTEDEUME, FENE E NEDA "


Esta encomenda suporá as tramitacións administrativas seguintes:


- Tramitación e seguimento do expediente de subvención ante o Inega.


- Tramitación do expediente de contratación das obras relativas ao conxunto das instalacións previstas


- Xustificación posterior dos investimentos.


Esta encomenda non supón cesión da titularidade da competencia nin dos elementos substantivos do seu exercicio, sendo responsabilidade dos concellos encomendantes ditar cantos actos ou resolucións de carácter xurídico dean soporte ou nos que se integre a concreta actividade material obxecto da encomenda.


Cuarta. COMPROMISOS ASUMIDOS POLO CONCELLO DE CABANAS COMO REPRESENTANTE DA AGRUPACIÓN Coa sinatura do presente Convenio de colaboración o Concello de Cabanas asumirá os compromisos seguintes:


1.- O Concello de Cabanas será quen realice todos os trámites administrativos que conflúen nesta actuación compartida, é dicir, tanto os derivados do expediente aberto a instancia da entidade convocante da axuda (Inega), como os relativos ao expediente de contratación e seguimento da execución do conxunto dos traballos.


2.- Facultase á Alcaldía de Cabanas para que represente a todos os concellos integrantes da agrupación tan amplamente como sexa preciso, coa finalidade de realizar cantas xestións resulten necesarias ata a execución e xustificación dos investimentos previstos.


3.- Asumir todas as condicións e prescricións contidas na Resolución do 7 de marzo de 2013, xa citada.


4.- Comprometerse a respectar o destino das instalacións subvencionadas por un período mínimo de 5 anos, que se contarán dende a data de xustificación dos investimentos que figure na documentación que obre no expediente da axuda.


5.- Así mesmo o Concello de Cabanas comprométese a facilitar, se é o caso, aos restantes membros da agrupación que así o soliciten, toda aquela documentación que forme parte do expediente administrativo que se está a tramitar como representante da agrupación.


Quinta. COMPROMISOS ASUMIDOS POLOS RESTANTES CONCELLOS DA AGRUPACIÓN


Coa sinatura do presente Convenio os referidos Concellos asnmirán os compromisos seguintes:


1.- Con respecto á tramitación do expediente de solicitude e xustificación de subvención, facilitará toda a documentación esixida na Resolución de convocatoria da axuda do Inega.


2.- Así mesmo deberá poñer a disposición do Concello de Cabanas os terreos libres de cargas e gravames, con carácter temporal, e mentres dure a realización das obras.


Igualmente asumirase a realización das xestións pertinentes antes os organismo que correspondan para a obtención dos permisos, licenzas e autorizacións regulamentarias correndo cos gastos que xeren, no suposto de que sexa necesario.


Concederase, se é o caso, a preceptiva licenza de obra para proceder á realización do investimento.


De toda esta tramitación darase traslado ao Concello de Cabanas (npresentante da agrupación), aos efectos de constancia no expediente correspondente. 3.- Con respecto á tramitación do expediente de contratación e dado que será o Concello de Cabanas quen licite as obras, na Mesa de Contratación que se constitúa a tal efecto, deberá designar dous membros en representación dos restantes Concellos para integrala.


4.- Transferir a parte proporcional que lle corresponda como achega ao proxecto, unha vez se conceda a subvención para realizar a oportuna retención de crédito orzamentaria.


5.- Asumir todas as condicións e prescricións da Resolución do 7 de marzo de 2013, anteriormente mencionada.


6.- Comprometerse a respectar o destino do investimento por un período mínimo de 5 anos contados desde a súa xustificación, quedando os investimentos afectos á actividade subvencionada. Sexta. PRESUPOSTO E APORTACIÓNS MUNICIPAIS AO PROXECTO


O presuposto para a execución do proxecto de "PROXECTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS ALUMEADOS PÚBLICOS DOS CONCELLOS DE CABANAS, PONTEDEUME, FENE E NEDA", ascende á cantidade total de 19.6768,09 € (IVE incluído), dos que 41.518,08 € (IVE incluído) correspondente á actuación a desenvolver no Concello de Cabanas, 59.983,35 € (IVE incluído) no Concello de Fene, 35.260,27 € (IVE incluído) no Concello de Neda, e 60.006,39 € (IVE incluído) no Concello de Pontedeume , tal e como se reflicte nos seguintes cadros orzamentarios:



INVESTIMENTO TOTAL DESAGREGADO DO PROXECTO CONXUNTO

Investimentos parciais

Orzamento sen

IVE

IVE

Orzamento total

Concello de Cabanas

34.312,46

7.205,62

41.518,08

Concello de Fene

49.573,02

10.410,33

59.983,35

Concello de Neda

29.140,72

6.119,55

35.260,27

Concello de Pontedeume

49.592,06

10.414,33

60.006,39

TOTAL investimento Concellos de Cabanas, Fene,

162.618,26

34.149,83

196.768,09

Neda e Pontedeume

Concello

APORTACIÓNS DOS CONCELLOS AGRUPADOS

Orzamento total

(IVE incluído)                                                                         Importe da axuda (*)

Achega municipal

Concello de Cabanas

41.518,08

35.290,37

6.227,71

Concello de Fene

59.983,35

50.985,85

8.997,50

Concello de Neda

35.260,27

29.971,23

5.289,04

Concello de Pontedeume

60.006,39

51.000,00

9.006,39


Sétima. RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO.


Cada un dos Concellos asumirá a totalidade dos gastos derivados de cada un dos investimentos que sexan realizados no seu termo municipal, que en parte serán resarcidos en virtude da axuda concedida para a actuación correspondente.


Por conseguinte, o custo das obras para o Concello de Cabanas supón a cantidade de 6227,71 € (IVE incluído), para o Concello de Fene a cantidade de 8997,50 € (TVE incluído), para o Concello de Neda a cantidade de 5289,04 € (IVE incluído) e no Concello de Pontedeume a cantidade de 9006,39 € (IVE incluído). Todo iso sen prexuízo das posibles baixas que se poidan producir como consecuencia do proceso de contratación do conxunto das obras por parte do Concello de Cabanas , o que suporía unha diminución proporcíonal da contía da axuda.


En todo caso, os Concellos de Pontedeume, Fene e Neda deberán ingresar nas Arcas Munícipais do Concello de Cabanas a cantidade de aportación propia que lle corresponda, antes do inicio do expediente de contratación, para poder certificar a existencia de consignación orzamentaria de conformidade co establecido no TRLCSP e no TRLRFL.


De acordo coa Resolución de convocatoria do 7 de marzo de 2013, os pagos que se deriven das obras deberán realizarse por parte do concello representante da agrupación, en todo caso, antes da data límite de xustificación do investimento que segundo o disposto no artigo 21 das Bases reguladoras é o día 30 de setembro de 2013, sen prexuízo da prorroga que puidera concederse ampliando esta data.


Para a execución de dito pago os Restantes Concellos da Agrupación deberán efectuar con cinco días de antelación a data limite de pago a cantidade corresponde ao custo total da actuación en cada Concello descontado a cantidade ingresada de acordo ca cláusula quinta en concepto de aportación propia e de se lo caso a cantidade proporcional correspondente ao 25% de anticipo se fose concedido de acordo co artigo 23 da Resolución de convocatoria do 7 de marzo de 2013 e solicitado en data 22 de xullo de 2013.

Concello

Orzamento Total

Investimento elixible

Importe axuda (85%)_

Achega Municipal

Anticipo

25%(*)

A Ingresar (**)

Pontedeume

60.006,39

60.000,00

51.000,00

9.006,39

12.750,00

38.250,00

Cabanas

41.518,08

41.518,08

35.290,37

6.227,71

8.822,59

26.467,78

Fene

59.983,35

59.983,35

50.985,85

8.997,50

12.746,46

38.239,39

Neda

35.260,27

35.260,27

29.971,23

5.289,04

7.492,81

22.478,42

TOTAIS

196.768,09

196.761,70

167.247,45

29.520,64

41.811,86

125.435,59


*Datos estimados supoñendo un anticipo do 25% **Esta cuantía será devolta cando a Comunidade Autónoma aboe o total da subvención ao Concello de Cabanas.


Logo da xustificación do proxecto e posterior ingreso por parte da Comunidade Autónoma da subvención concedida, o Concello de Cabanas transferirá nos cinco días seguintes o importe de subvención correspondente a cada Concello.


Oitava. INTERPRETACIÓN E INCUMPRIMENTOS


O presente convenio, que ten natureza administrativa, terá a vixencia temporal que o vincule coa xestión e execución do seu obxecto.


As discrepancias que xurdan na aplicación do convenio resolveranse por unha comisión de seguimento, que estará formada por dous representantes de cada concello.


No non previsto neste convenio estarase ao disposto na lexislación aplicable á materia obxecto do convenio, especialmente á resolución de convocatoria das subvencións.


Os conflitos que se susciten no desenvolvemento deste convenio poranse en coñecemento da citada comisión; no caso de que non se chegue a acordo sobre as discrepancias litixiosas sustanciaranse na orde xurisdicional contencioso administrativa.


Serán causas de extinción deste convenio:


- O non cumprimento do seu obxecto.


- A inviabilidade da realización das actuacións descritas neste convenio, por causas non imputables ás partes.


- O incumprimento de carácter total ou parcial de calquera das cláusulas do presente convenio. Entenderase por incumprimento parcial aquel que linplica en maior ou menor grao a non consecución dos fins propios ou impidan de xeito directo ou indirecto as actuacións previstas no presente convenio.


- Denuncia por causas de interese público, a instancia de calquera das partes.


Cada unha das situacións descritas por si soa é causa suficiente de rescisión do mesmo. Novena. VIXENCIA DO CONVENIO.


O presente Convenio quedará automaticamente sen efecto no suposto de que non se perciba finalmente a axuda económica que se solicita do Inega.


No caso de concesión e posterior perfeccionamento do dereito ao cobro da axuda, a súa vixencia será de 5 anos aos efectos de xustificación dos fondos Feder Galicia 2007-2013.


Así o outorgan no lugar e data do encabezamento, subscribindo o presente convenio por quintuplicado exemplar.


O/A Alcalde/sa O/A Alcalde/sa


Asdo.: Germán Castrillón Permuy Asdo.: Gabriel Torrente Piñeiro


O/A Alcalde/sa O/A Alcalde/sa


Asdo.: Gumersindo Galego Feal Asdo.: José Ignacio Cabezón Lorenzo".


Segundo. Notificar este acordo aos concellos asinantes.


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidenda levanta a sesión sendo ás dezanove horas e corenta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.


Vt° e p ace,


0 Alc I. e 0 Secretario

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 25 DE SETEMBRO DE 2013

Concelleiros asistentes: Dª. Eva Mª. Pazos Bande. Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. José C. Rey García. D. Luis A. Fachal López D. Delfin Feal Pereira. Dª. Mª. Teresa de Jesus García Pita D. Angel Pena Fontenla

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e cinco de setembro de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asisten os concelleiros D. Juan A. López Rodriguez e D. Julian Ramón Seijas Criado.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta das actas das sesións anteriores realizadas os días 31 de xullo e 30 de agosto de 2013, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos membros presentes acorda aproba-las referidas actas.

2.- CONTA XERAL EXERCICIO 2012. Seguidamente dáse conta á Corporación da Conta Xeral do Orzamento correspondente o exercicio de 2012 co expediente tramitado e cos documentos que a xustifican, a cal despois de ditaminada pola Comisión Especial de Contas, foi exposta ó público en forma regulamentaria sen que se presentase reclamación algunha.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita manifesta que xa falaron disto na comisión de contas, a pesar de que o grupo de goberno di que aforran en gastos innecesarios, ven que é todo o contrario, gástase moito en gastos correntes é onde máis se sube en detrimento dos gastos sociais, por moito que digan os datos están aí.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira indica que se vai abster por non poder asistir a comisión de facenda por motivos familiares e poder analizar as contas suficientemente, por outra banda supón que tódalas facturas estarán pagadas legalmente; propón a consideración do grupo de goberno e do pleno a posibilidade de poder fiscalizar esas contas trimestralmente para ver como se van desenvolvendo os gastos do orzamento, sería máis operativo e poderían aportar opinións.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande, sinala que a conta xeral de 2012 é un resumo da actividade económica do concello no devandito período, na cal hai que destacar datos reais como o remanente positivo de tesourería (247.863,85), superior ao de 2011 ( 82.115,05 ), o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto, alude tamén aos indicadores como superávit por habitante (85,96), realización de pagos (98%), cobros (83%) e os informes de Secretaría-Intervención; tendo en conta a situación económica que se está vivindo, ter remanente positivo en tesourería e indicadores positivos é algo importante, sinala tamén que hai un remanente de fondos propios para a execución da sentenza do Penso de 165.493,96 euros.

A Sra. García Pita opina que falar de remanente positivo non quere dicir nada porque depende do que queiran sacar á luz, non falan dos gastos financeiros, pódese pedir un préstamo e ter superávit; por outro lado parécelle ben a proposta do concelleiro Sr. Feal Pereira, pero sempre e cando lles fagan caso, que realmente se xestione mellor entre todos, si se van a poñer en plan ditador e non facer caso sería perde-lo tempo.

D. Luis A. Fachal López portavoz do grupo AEC parécelle ben a proposta do Sr.Feal Pereira, podíase facer unha reunión cada tres meses e ver como están as contas, van votar a favor da aprobación da conta xeral, pero á vista do dito pola Sra. Pazos Bande non entende como xa non temos o crédito para execución das sentenzas do Penso, incluso case chegaría co superávit.

A Sra. Pazos Bande non vai entrar en discusión pero considera que todos son coñecedores do que está pasando e pide un exercicio de responsabilidade e respecto con este tema do Penso, a situación é complicada e non se trata dunha broma, as condicións económicas do Concello son as que están aquí, os bancos o saben e estase a espera do crédito, se non o dan será pola situación que se está vivindo non polas contas do Concello, posiblemente non se poidan volver a presentar unhas contas cuns resultados coma estes.

O Sr.Alcalde sorpréndelle a proposta do Sr. Feal Pereira, teñen os informes trimestrais que poden ver e analizar, os piden por rexistro e non hai problema; en segundo lugar nas resolucións da Alcaldía que se facilitan nos plenos poden ver tódalas facturas que se pagan, está todo recollido e non hai por que facer máis reunións, ademais esa documentación está certificada por Secretaría-Intervención, non hai problema que pidan e poidan examinar esa documentación.

Debatido o asunto o pleno da Corporación con seis votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, dous en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e o concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e unha abstención do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:

Prestar aprobación á referida conta dando traslado da mesma en forma regulamentaria ó Tribunal de Contas e Consello de Contas, a cal presenta os seguintes resultados:

Resultado orzamentario axustado..............……....…………. 283.567,80

Dereitos pendentes de cobro ao peche do exercicio............... 664.481,38

Obrigas pendentes de pago ao peche do exercicio............…. 558.049,67

Fondos líquidos na Tesourería ao peche do exercicio…….... 253.474,84

Remanente de Tesourería total………….………..……........ 359.906,55

Remanente de Tesourería para gastos xerais.............................. 247.863,85

3.- MARCO ORZAMENTARIO PARA 2014.Vista a Orden HAP/2105/2012, do 1 de outubro pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, así como, as instrucións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para achegar información sobre os marcos orzamentarios, cuxa aplicación pecharase o próximo 1 de outubro.

Vistos os datos de previsión económica do Marco orzamentario, segundo modelo simplificado establecido por dito Ministerio.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita chámalle a atención a política do PP, a taxa de variación de 2013 a 2014, increméntanse os gastos correntes que é onde realmente se podía aforrar e sen embargo hai unha minoración dos gastos de capital, a pesar do remanente de tesourería increméntanse nun 175,65 % os gastos financeiros, inda que disfracen realmente estanse enganando a eles mesmos, parécelle unha tomadura de pelo.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira considera que se trata dun tema máis ben técnico do Ministerio de Facenda, son unha proxeccións e os grupos da oposición deberían ter máis información, por elo se vai abster.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande, sinala que se trata dunha estimación para o teito de gasto tal como esixe o Ministerio; en canto as manifestacións da Sra. García Pita a contía esaxerada que menciona son os préstamos para executar as sentenzas, o PP sabe o que herdou de Corporacións anteriores.

A Sra. García Pita opina que unha cousa son os marcos que dí o Goberno e outra a forma de distribuílos, pódese facer facer de moitas maneiras e esta non lle parece a máis xusta nin ética.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, dous en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e o concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e unha abstención do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:

Prestar aprobación a previsión económica do Marco Orzamentario do Concello de Xermade, que para o ano 2014 importa en ingresos e gastos 2.798.268,00 euros, e unha capacidade de financiamento positiva.

4.- FESTAS LOCAIS PARA 2014. Visto o escrito da Xefatura territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar, no que interesa proposta do pleno ou do órgano que sexa competente deste Concello na que consten as datas concretas dos dous días de festa de carácter retribuído e non recuperable no ámbito deste termo municipal para o vindeiro ano 2014; e vista a proposta do grupo de goberno, tendo en conta que o 30 de novembro cadra en domingo, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes, acorda:

Propoñer como festas locais en todo o termo municipal para o vindeiro ano 2014, o 4 de marzo (martes de Entroido ) e o 11 de novembro (San Martiño).

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

5.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 274 do 26-07-2013 ata a número 345 do 20-09-2013.

b) Informe sobre a execución trimestral 2ºT/2013. Dáse conta da comunicación dos datos de execución do orzamento no 2º T de 2013 remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local, relativos ao Informe de Avaliación do cumprimento de obxectivos Lei Orgánica 2/2012, que supoñen que o orzamento desta Corporación non cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e cumpre co obxectivo da regra de gasto.

6. ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.1.1. Que empresa xestionou as rotas en barco polo río Eume?.

Resposta Sr.Alcalde: Ocioatlantico gestión de servicios turísticos S.L..

a.1.2. Temos xa resultados, o custo si sabemos o que se lle vai pagar a empresa, pero sábese canto se recadou polo servizo?.

Resposta Sr.Alcalde: inda non está axustado.

a.1.3. Que empresa xestionou a caseta de turismo?, hai datos de visitantes?, cando se pecha?.

Resposta Sr.Alcalde: a xestión é pola mesma empresa, estanse facendo estimacións de visitantes e estará aberta ata o 30 de setembro.

a.1.4. En relación co barco de rotas turísticas, cal é o número de prazas homologadas para o transporte?.

Resposta Sr.Alcalde: oito máis o patrón.

a.1.5. Canto se cobra aos residentes e canto aos de fora?.

Resposta Sr.Alcalde: hai unha aprobación da contía na ordenanza, creo recordar sobre 2 euros.

a.1.6. Rogo. Na rotonda de Cabanas na marxe esquerda onde está o cemento hai unha arqueta que está a desnivel importante, roga se solucione este tema porque cando se apaga o alumado as 12 da noite prodúcense bastantes caídas.

a.1.7. Rogo. Que se revisen as caixas eléctricas das farolas da praia, o ano pasado estaban todas ben pero este ano faltan bastantes e iso é perigoso.

Resposta Sr.Alcalde: iso é da empresa de mantemento.

a.1.8. Rogo. Inda que é un rogo se pode tomar como una consideración deste grupo, no sentido que sería interesante que o grupo de goberno determinase cantas vivendas hai en Cabanas rematadas en non dadas de alta nos impostos municipais, desto xa falou algunha vez co Sr.Alcalde.

Resposta Sr.Alcalde: xa falaron diso e a principio do Pleno o Secretario na explicación de ingresos xa dixo que se ía incrementar a recadación por IBI, é debido a ese control que se leva facendo dende hai máis de un ano.

a.1.9. Rogo. Si o barco son 8 prazas homologadas, roga se controle porque nas viaxes na rota polo Eume ían máis de 8 persoas, ían menores e creo que é obrigado leven chaleco, no resto felicita polo servizo pois considera que foi un éxito.

a.2. Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.2.1. En relación as actividades extraescolares, cantas se van a deixar de facer neste curso con respecto ao curso anterior?, a que cree a concelleira de cultura que se debe esta falta?.

Resposta a concelleira delegada Dª. Esperanza Gayoso Pereiro: así de momento pensa que dúas actividades culturais e que as deportivas se levan a cabo todas; os motivos unha porque se solapa e outra por falta de xente, non se acada o número esixido, a xente diversifica e unhas veces vai a unhas e otras a outras.

O Sr.Feal Pereira considera que é un problema económico.

A Sra. Gayoso Pereiro sinala que non é problema económico, as taxas son as máis baixas da comarca e hai actividade novas, non é problema de diñeiro, a xente que se foi o ano pasado este ano volve, aqueles que firmastes por eles para pedir que non se subira a taxa.

a.3. Intervención da concelleira Dª.Mª. Teresa de Jesus García Pita.

a.3.1. Cales son os horarios do sistema de acendido do alumado público no piñeiral da Madalena pois mentres estiveron os veraneantes funcionaba perfectamente e agora uns días funciona e outros non, despois do problema que houbo alí crea moita inseguridade para pasear pola zona, está estragado ou hai un plan?.

Resposta Sr.Alcalde: en canto a horario cando se achega a noite sempre se acende e pola mañá cando ven o día apágase, outra cousa é que poida fallar.

a.3.2. Pódese conseguir o préstamo de Novagaliciabanco?.

Resposta Sr.Alcalde: estamos traballando nese tema, haber si se da conseguido.

a.3.3. Rogo. Que se acepte a súa moción polos incendios, é moi importante porque non se fai nada nese sentido, quéimanse millóns de hectáreas e non pasa nada, hai unha lei de montes que non se cumpre por iso lle parece importante.

Resposta Sr.Alcalde: hai unha nova lei de montes.

b) Preguntas por escrito.

b.1. Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira en escrito de data 25 de setembro de 2013.

b.1.1. En relación co copago do comedor escolar:

a) Está de acordo o grupo de goberno que se esixa dito copago cando mediante os nosos impostos xa se debería sufragar este dereito?

b) Ten pensado implementar o seu grupo de goberno algunha medida de axuda ás familias que se atopen en situacións límite para poder facer fronte a ese gasto?.

Resposta concelleira delegada Dª. Esperanza Gayoso Pereiro: en relación ao primeiro punto da pregunta remítese ao dito na moción que presentaron na sesión do 27 de marzo, manteñen a mesma postura que cando debateron dita moción; en canto as medidas de urxencia con esta lei de comedores van quedar exentos de pagar os de renda inferior a sete mil euros, toda a xente que teña problemas de emerxencia social vai estar exenta do pago de comedor, é unha medida moito máis xusta e equitativa, se non ten renda non van a pagar.

b.1.2. En relación á desgraza ocorrida en Lavandeira a inicios deste mes coa morte dunha veciña en estrañas circunstancias, e como no operativo interveu entre outros a Protección Civil de Cabanas:

a) A Protección Civil de Cabanas, baixo que mando actuou?.

b) Pode explicar o Sr.Alcalde, que tipo de formación recibiu ou recibe o noso servizo de Protección Civil para actuar nestes e noutros casos?.

c) Por qué, ante tan grave suceso coa imperdoable consecuencia, non se informou a todos os concelleiros dende o momento en que o Sr.Alcalde tivo a información dos feitos?.

Resposta Sr. Alcalde: fixo tres preguntas, en canto a primeira a través da Garda Civil, en relación á segunda tódolos membros de Protección Civil teñen o curso básico que imparte a Academia Galega de Seguridade, ademais algúns dispoñen de formación específica para a busca de persoas desaparecidas, en concreto a que estivo encabezando o traballo ese día; o coñecemento do Concello foi as 13:50 estaba na Deputación e chamouno unha persoa, as 14:30 estaba no Concello coa xente para abrir o operativo, polo camiño xa chamou a Protección Civil e Garda Civil e abriuse o operativo, ten que felicitar a Protección Civil polo traballo porque son voluntarios e fan un traballo extraordinario para o concello de Cabanas e a veces con poucos medios; considera que a prioridade era a busca da persoa desaparecida que estaba na súa parroquia, había unhas setenta persoas do entorno e de fora e me imaxino que algún o avisaría, chamouno ese día pola noite pero non lle colleu o teléfono, o día seguinte si.

O Sr. Feal Pereira insiste en considerar interesante que cando haxa un suceso grave no Concello se avise aos concelleiros, sempre pode haber colaboracións interesantes.

O Sr.Alcalde indica que a prioridade era abrir o operativo, estaba preocupado coa familia, fixo moitas chamadas en busca de medios e lamenta si alguén se sentiu ofendido pero non se lle ocorreu facelo doutra maneira. De cara o futuro non ten inconveniente en que ante feitos graves aparte de abrir o operativo se avise aos concelleiros, e así se fará.

b.2. Presentadas polos concelleiros Dª.Mª. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 24 de setembro de 2013.

b.2.1. Señor Alcalde, contou e conta vostede co apoio de tódolos concelleiros do seu partido no concello de Cabanas nas xestións que fixo para levarse sen pagar os terreos propiedade dos veciños de San Martiño, e en concreto o de Rosa Blanca Piñeiro Casal, unha señora con discapacidade?.

Resposta Sr.Alcalde: este é un tema de dúas lexislaturas, o proxecto desas obras para mellora da seguridade vial nesa estrada tróuxose a este Pleno e foi aprobado nesas condicións, tamén foi aprobado pola Deputación Provincial, nunca se falou de expropiación, o único que se falou e de doazón dos terreos dos veciños, cesións voluntarias; en canto a incapacidade de Rosa Blanca non lle limita para firmar unha autorización segundo información dos servizos sociais do Concello, non hai inhabilitación nese sentido, inda non hai moitos días estivo falando coa Sra.Piñeiro Casal.

b.2.2. A estratexia de levar sen pagar os terreos dos veciños de San Martiño, é da súa invención, ou veulle dada e vostede limitouse a se-lo responsábel de levala a cabo, e se é así quen está detrás desa estratexia?.

Resposta Sr.Alcalde: vostedes queren confundir a opinión pública, o obxectivo levouse a cabo como cesión voluntaria por acordo con tódolos veciños, houbo diferenza entre o primeiro e o segundo proxecto, tódolos veciños cederon voluntariamente sen pagarlle nada, ese foi o acordo que houbo e se aprobou neste Pleno.

b.2.3. Os muros de contención que se están facendo na obra da estrada de Porto-Laraxe teñen as preceptivas licenzas de obra? Teñen pagada a taxa do ICIO ou está a facelas a Deputación ou o Concello con cargo a diñeiro público? E se fose asía, porque se emprega o diñeiro público pra facer muros a uns veciños si e a outros non, coma é o caso de Rosa Blanca Piñeiro Casal, á que ademais de se-la máis damnificada, discriminaríana?.

Resposta Sr.Alcalde: o acordo que hai é que quen ten un cerramento se fai un cerramento semellante recuado, se queren mellorar o cerramento pagan a diferenza, a ninguén se lle fai cerramento gratis se non o ten; referente ao cerramento de Rosa Blanca Piñeiro Casal se lle propuxo facer algo, non aceptaron nin quixeron que se lle fixera nada, esa señora ten atención social dende o Concello e tamén custa un diñeiro a este Concello. A licenza está vinculada a obra, ao final haberá un acta e farase un reaxuste do terreo que ceden para pagar menos de IBI.

O Sr. Pena Fontenla considera que pola altura sería conveniente facer un muro de contención.

O Sr.Alcalde que hai moitas solucións, a finca por sacarlle un metro máis ou menos non vai perder pois o solo urbano vai a ter o mesmo fondo e vai ter o valor, a urbanización estáselle facendo gratis pola Deputación senón o día de mañá tería que facela o propietario.

b.2.4. Antes de que haxa que lamentar unha desgraza persoal, a que espera o Concello para sanea-los piñeiros na Madalena?.

Resposta Sr.Alcalde: recórdalle as protestas cando eran concelleiros do BNG polo acondicionamento do piñeiral e agora non saben onde están situados, xa non son do BNG inda que se presentaron polo BNG e os votos llos deron os votantes do BNG; como tódolos anos faise unha poda en outono, verase si hai algo que podar ou non.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e trinta minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e prace, O Secretario.

O Alcalde,

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 30 DE SETEMBRO DE 2013

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan A. López Rodriguez, Da. Ana Rosa Méndez Eiroa, Da. Ma. Teresa de Jesús García. Pita., D. José C. Rey García., D. Luis A. Fachal López. D. Delfin Feal Pereira

Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita. D. Angel Pena Fontenla.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as oito horas do día trinta de setembro de dous mil trece, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria urxente de acordo coa correspondente convocatoria. Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declata aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Julián Ramón Seijas Criado.

1.      RATIFICACIÓN URXENCIA DA SESIÓN. O Sr. Alcalde expón que a urxencia está motivada por operacións de pago que hai que realizar no presente raes e para o cal necesítase a aprobación definitiva da modificación de créditos, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda ratificar a urxencia da convocatoria da sesión.

2.      RECLAMACIÓN EXPEDIENIE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 4/2013. Aprobado inicialmente o expediente de modificación de crédito 4/2013 do orzamento municipal do exercicio de 2013, en sesión extraordinaria do pleno da Corporación realizada o 30 de agosto de 2013 e sometido a información pública segundo anuncio publicado no B.O.P. n° 172 do 10 de setembro de 2013, presentouse rinh2 reclamación neste período, por parte de D. Honorio Ferreiro Delgado, opoñéndose a dita aprobación e solicitando se destine o importe do crédito aprobado a atender os custos de execución das sentencias correspondentes ós recursos contencioso-administrativos números 02/0004126/1994 e 02/0004055/1993.

Na deliberación do asunto a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García. Pita indica que isto é repetitivo tódolos anos e ten razón, e completamente legal e o voto ten que ser sempre a favor da legalidade.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande como xa dixo no pleno anterior, é unha modificación de créditos para acometer obras que xa estaban comprometidas de estradas e convenios con outros concellos para mellora da eficiencia enerxética en Cabanas, Pontedeume, Fene e Neda, ou Cabanas e Fene, co cal as modificacións téñense que facer para executar estas obras, pero si propoñen modificar que a contía de 20.800 euros con que se dotaba a partida 459.60907 sexa destina a incrementar a partida 151.69901 execución sentenzas edificio do Penso.

A Sra. García Pita chámalle a atención que non se faga alusión á legalidade.

O Sr. Alcalde indica que se está actuando dentro das marxes de legalidade, hai compromisos para reparar estradas, asistencia fotocopiadoras, etc, que hai que pagar, vaise incrementar a partida do Penso con 20.800 euros, rexeitando a reclamación en todo o demais

Despois de estudado o asunto, o Sr.Presidente somete a votación modificar a consignación proposta para a partida 459.60907 por importe de 20.800 euros pasando a incrementar dita contía a partida 151.69901, rexeitando a reclamación presentada por D. Honorio Ferreiro Delgado en todo

o demais, e aprobar definitivamente o expediente de modificación de crédito 4/2012 do orzamento municipal de 2013, votando a favor os membros presentes dos grupo Popular e AEC, en contra a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García. Pita e o concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e abstención do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, quedando aprobada dita modificación na seguinte forma:


1°.- AUMENTOS PARTIDAS DE GASTOS.

Créditos extraordinarios

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Aumento proposto

Consignación Resultante

165.61904

Obras e servizos municipais.

---

6.250,00

6.250,00

165.63901

Mellora             eficiencia             enerxética

Iluminación pública.

----

15.005,00

15.005,00

Suma créditos extraordinarios 21.255,00 euros.

b) Suplementos de crédito:

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Crédito dispoñible

Aumento proposto

Consignac. Resultante

342.62201

Obras área deporti-recreativa A Veiga

97.739,65

89.836.77

5.660,00

103.399,65

459.60902

Infraestrutura viaria

54.690,53

8.057,24

1.300,00

55.990,53

920.21600

Equipos proceso información

2.500,00

1.069,20

1.000,00

3.500,00

151.69901

Execución sentenzas O Penso

746.321,00

746.321,00

20.800

767.121,00

Suma suplementos de crédito................................ 28.760,00 euros.

Total incrementos de crédito.............................................................. 50.015,00 euros.

2°.- ANULACIÓN E BAIXAS EN PARTIDAS DE GASTOS.

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Crédito disporlible

Baixa proposta

Consignac.. Resultante

150.16000

Seguridade Social

55.955,00

29.003,67

7.000,00

48.955,00

161.47200

Achega concesionaria auga e saneam.

10.000,00

10.000,00

9.000,00

1.000,00

165.22100

Enerxía eléctrica

180.000,00

138.907,32

2.315,00

177.685,00

336.22706

Estudos e traballos técnicos

6.000,00

6.000,00

6.000,00

0,00

432.48902

Transferencias Euroeume

5.000,00

5.000,00

2.000,00

3.000,00

920.12003

Soldos do grupo C1

17.282,00

11.521,84

6.400,00

10.882,00

920.12009

Outras retribucións básicas

12.823,00

7.598,29

1.150,00

11.673,00

920.12100

Complemento destino

29.782,00

13.445,20

3.950,00

25.832,00

920.12101

Complemento específico

62.845,00

28.317,76

6.500,00

56.345,00

920.16000

Seguridade Social

43.880,00

21.512,62

5.700,00

38.180,00

Total baixas de crédito........................................................ 50.015,00 euros


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as oito horas e cinco minuto , da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.


ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 15 DE NOVEMBRO DE 2013


Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan A. López Rodriguez, Da. Ana Rosa Méndez Eiroa, D. José C. Rey García., D. Luis A. Fachal López. D. Delfin Feal Pereira

Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita. D. Angel Pena Fontenla.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día quince de novembro de dous mil trece, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán

Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e

do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en

sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria. Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declata aberta e pública a sesión,

procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Julian Ramón Seijas Criado


1.- IMPOSICIÓN DA TAXA POR APROVEITAMENTO ESPEQAL DO DOMINIO PÚBLICO CON CAIXEIROS AUTOMÁTICOS. Visto o expediente tramitado para o establecemento do tributo: taxa polo aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos bancarios, vending, videoclubes ou semellantes, instalados na fachas de establecementos ou edificios con acceso directo dende a vía pública, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente co informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.


Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:


1.°.—Aprobar provisionalmente a imposición do tributo local: taxa polo aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos bancarios, vending, videoclubes ou semellantes, instalados na fachas de establecementos ou edificios con acceso directo dende a vía pública, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.


2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.


2.- MODIFICAQÓN TAXA POR UTILIZAQÓN INSTALAQÓNS DEPORTIVAS MUNIQPAIS. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa por utilización de instalacións deportivas municipais e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente con informe de Intervención e ditame da comisión de facenda.


Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:


1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: taxa por utilización de instalacións deportivas municipais, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.



2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.


3.- MODIFICAQÓN TAXA RECOLLIDA E IRATAMENTO RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente con informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira D a. M a. Teresa de Jesús García Pita opina que o grupo popular pode con toda a poboación e a Sogama consentímoslle todo, é moi triste, pensaron que ían a facer algo pera xa ven que non e polo tanto votarán en contra.


Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta que se van abster, están totalmente en desacordo co que está a facer Sogama, a suba é moi alta e non vai a servir para nada porque o problema que ten Sogama é estrutural, un problema de xestión que non se resolve coa suba; o que fai Sogama é trasladar o problema ao Concello, sube a cota e se non paga llo quitan dos ingresos, ademais e un servizo deficiente, moi mellorable e os concellos debería poñerse de acordo dicir basta xa, que se revise o modelo de xestión de residuos que hai en Galicia.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira indica que este asunto xa se debateu na xunta de portavoces e na comisión de facenda e xa expresou a postura do partido socialista, da conta da exposición de motivos dunha moción que tiña preparada para o pleno ordinario, sinalando como resumo que Sogama pretende pasar de perdas a ter beneficios previndo unha perda de axudas a coxeneración por decisión do Gobemo central, pide que a Fegamp se opoña a este tipo de subidas e se esixa unha memoria económico-financeira e outra xestión da empresa para ver si está xustificada, por elo se abstivo na comisión de facenda, ademais había prevista unha reunión de alcaldes en Santiago e a vista de que non hai nada por parte da Xunta van opoñerse a esta subida por inxusta e incalificable.


Polo grupo Popular: a portavoz D a. Eva Ma. Pazos Bande sinala que xa explicaron tanto na xunta de portavoces como na comisión de facenda as razóns de tomar esta decisión, a idea era realizar unha pequena suba como fixeron nos últimos anos para reducir déficit, esta subida de Sogama coa cal non están de acordo hai que asumila, o único ingreso é a cota dos contribuíntes e o non pagamento suporiería o desconto no Fondo de Cooperación, estariamos dispostos a asumir a suba co problema do Penso non se pode realizar e hai que repercutila nos contribuíntes; por outra banda tal como consta no informe técnico hai necesidade da subida porque non hai outros medios de financiamento, inda que se está rebaixando o peso dos residuos, aumentando o número de contedores de reciclaxe, campaña de reciclaxe, está en constnición o punto limpo e incluso se está pensando nunha ordenanza para que residuos de xardinería e poda se leven alí, todo elo está a reducir o peso como consta nos datos de Secretaría-Intervención., e séguese traballando na mellora da reciclaxe para tratar de reducir déficit e que a suba sexa mínima.


A Sra. García Pita manifesta que entende o que día a portavoz popular pero non entende a actitude pasiva, quere saber que se fixo e que se intenta facer cunha empresa que aparte do



incremento sen sentido non está xestionando o servizo de eliminación de residuos, hai que negociar e incluso sancionar, a actitude do Concello é pasiva e ten unha responsabilidade.


Sr. Feal Pereira fala de que anteriores servizos nos que había déficit foron cubertos con subvencións, isto é darlle o beneplácito a Sogama, pode entender un incremento de taxas para minorar o déficit e así o razoou no anterior debate, tamén incidiu no tema da materia orgánica, na recollida de podas, etc, non hai porque esperar ao punto limpo, é certo que se puxeron contedores de roupa e aceite pero realmente o de máis incidencia é a materia orgánica e os composteiros na zona rural poden significar unha redución importantísima, esta suba de Sogama non ten razón, solo podían entender unha subida entorno ao IPC ou semellante.


A Sra. Pazos Bande aclara que dende o equipo de goberno se intentaron facer tódalas xestións ao seu alcance para abordar este tema de Sogama, a través da Fegamp e reunións de concellos; os restos de poda e xardín son competencia local, hai obriga de recollida, por iso o da ordenanza para que se leve ao punto limpo, as campañas de información en sociedades se están xestionando e os novos contedores si teñen importancia pois incrementarían o contedor verde, insiste no problema da obriga de execución das sentenzas do Penso polo que debe asumirse a responsabilidade a hora de falar, a suba é importante pero inda así os prezos de Cabanas seguen a ser dos máis baratos do entomo.


0 Sr.Alcalde aclara en canto aos beneficios de Sogama haberá que ver esas contas e de ser así presentar unha proposta por escrito porque non estamos de acordo, veremos ese seguimento porque non podemos dicilo agora; tamén indica que se fixo unha revisión do padrón de contribuíntes, subiron abonados e non as toneladas, lévase feito moito traballo para que ao final non haxa aumento de toneladas, en voluminosos hai unha redución importante cun aforro de uns 7.000 euros, gustaríalle non subir pero o tema do Penso hai que acometelo.


Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros do grupo Popular, tres en contra do concelleiro do PSdeGPSOE do grupo Mixto, da concelleira D a. Má Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda:


1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: taxa por recollida e tratamento de residuos urbanos, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.


2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.


4.- MODIFICACIÓN PREZO PÚBLICO AC,I1VIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E RECREATIVAS. Visto o expediente tramitado para modificación do prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas e recreativas, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, coa documentación que consta no devandito expediente con informe de Intervención e ditame da comisión de facenda.


Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:


1.°.— Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas e recreativas, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.



2.°.— Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


3.°.— No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.


5.- MODIFIC_ACIÓN PREZO PÚBLICO SERVIZO ACCESO INTERNET REDE MUNICIPAL. Visto o expediente tramitado para modificación do tributo: prezo público pola prestación do servizo de acceso a intemet a través da rede sen fíos municipal (wif), e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente.


Despois de estudado o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:


1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: prezo público do servizo de acceso a intemet a través da rede sen fíos municipal (wifi), así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.


2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.


6.- EXPEDIENTE CONTRATAQÓN OBRA EXECUQÓN SENTENZA RECURSO CONTENCIOSO-ADMNISTRATIVO 02/0004126/1994 EDIFIQO O PENSO 1aFASE. Visto o expediente incoado para a contratación por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, un único criterio de adxudicación ao prezo máis baixo, con carácter plurianual e tramitación urxente, da execución da obra "Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, la fase", segundo proxecto básico e de execución redactado polo arquitecto D.Antonio J. Ferreiro Novo actualizado en outubro de 2013, incluíndo tamén copia da sentenza e a súa confirmación polo TS, acordo da Xunta de Goberno Local sobre programa de execución, prego de cláusulas administrativas particulares, informes do arquitecto municipal e de Secretaría-IntenTención.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta estar a favor da legalidade pero non entenden que a sentenza non diga que previamente hai que indemnizar, porque o veciños tefien que desaloxar para facer a obra, imaxina que paralizarán o procedemento con alegacións, non lle parece axeitado.


Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira entende que antes de derrubar hai que quitar o que hai dentro e debe haber unha indemnización previa, pregunta si o grupo de gobemo ou a alcaldía fixo algo para indemnizar primeiro ou que pensan os veciños, e tamén que vai pasar cando adxudicada a obra a empresa chega a derrubar e os veciños non se foron; indica que este tema vense arrastrando de anos atrás, nesta lexislatura ofreceuse dende o primeiro día para crear unha comisión informativa de estudo e porier tódalas ideas posibles e o único que viu foi que nos últimos seis meses certa presa en contar cos portavoces, considera que aparte de cumprir



coa sentenza débese ter en conta que primeiro son as persoas e os veciños que están aí e perden as síias propiedades.


Polo grupo popular: o Sr. Alcalde opina que a comisión xa existe pois hai reunións de portavoces onde se falou disto, inda que haxa unha orde do día sempre están abertas a falar de calquera tema, o xulgado cada día insta máis o cumprimento da sentenza; cando se encargou o proxecto demolición inda que o xulgado solo esixe o derrubo, incluíuse unha valoración dos pisos afectados, presentouse no xulgado, sacouse a exposición pública e comunicóuselle a tódolos veciños para alegacións, falouse con eles e explicóuselle a situación indicando que se non había movementos veciñais había que seguir para adiante, agora actualizouse o proxecto desta 1 a fase onde non vive ninguén nos pisos afectados, se hai aluguer indícaselle a situación cando solicitan o empadroamento, por elo cando se inicien as obras terá que abandonalo, en canto a veciños do edificio a empresa adxudicataria dirá o que e necesario, o mesmo que cando se arranxa o tellado dunha casa non se abandona se segue nela, haberá un plan de seguridade que recollerá a actuación a seguir, por outra banda para que non haxa interferencia está pensado nomear director das obra ao redactor do proxecto.


A Sra. García Pita di que o Sr.Alcalde está intentando quedar como santo cando é todo o contrario, porque está a dicir hai que facer a obra e derrubar, mentres que os veciños terán que loitar polas indemnizacións, as cousas non son así, inda que o xulgado non llo esixa debe conseguir os cartos para as indemnizacións, é o alcalde e ten que actuar e non esperar que os veciños paralicen para darlle máis tempo, os veciños sábeno e por iso non o apoian.


m Sr. Feal Pereira considera que primeiro son as persoas e despois o resto, o feito de facer comisión informativa non quere dicir que tivera que ter asignación económica, a xunta de portavoces pode suplir a comisión pero pregúntase cantas se levan feito, sería obrigado ter información cada quince días ou cada mes, na última xunta déronse ideas pero xa fora de prazo, o tema é complicado, dálle a sensación de que vaise executar a obra en contra dos veciños, primeiro había que poñerse de parte deles e estudalo nunha comisión ou xunta de portavoces.


m Sr. Alcalde en referencia a intervención da Sra. García Pita indica que non é certo que non loitaran a favor dos veciños, houbo reunións nesta salón de plenos e na alcaldía, non se poria vostede agora de parte do Sr.Honorio que lles está dicindo que non fagan nada que é o que lle interesa, fíxose o proxecto coa prezo a pagar, a lei de vivenda di que primeiro ten que se indemnizado o propietario, inda que se comenta da súa inconstitucionalidade, pregúntase porque os propietarios non formulan iso no xulgado, o Concello está a facer o que esixe a sentenza e hai que executala, non hai diñeiro para pagar primeiro aos veciños inda que lle gustaria, xa se presentou incidente de inexecución que foi rexeitado e os veciños non apoiaron; aquí non hai nada que ocultar, nunca houbo tantas reunións de portavoces, quere que isto sexa transparente e que non porian aos veciños en contra, nos anos anteriores non se fixo nada, agora hai proxecto para execución en 2013 e 2014 e de non conseguir préstamo será con fondos propios que podían ser para outras obras ou servizos, non hai outra akemativa que ir todos xuntos, teñen copia da sentenza e se queren algunha aclaración solicítena.


A Sra. García Pita indica ao Sr.Alcalde que ten como obriga cumprir a lei, pregunta porque en vez tiralo primeiro non se indemniza aos veciños, por que teñen que ser despois os veciños, non pode pedir que sexan os veciños os pidan a legalidade, vostede é o encargado de cumprir e coriece a lei.


m Sr.Alcalde in. siste en que no proxecto de demolición incluíuse a indemnización, o Tribunal nos esixe a demolición, é o primeiro paso, o diñeiro se está buscando, poderíase facer o proxecto


sen recoller indemnización porque ninguén o pediu, primeiro hai que demoler e cos anos eles recuperarán a indemnización pero primeiro hai que executar a sentenza, díxoselles e propúxoselles que foran ao xulgado e dixeron que non, agora o xulgado o que dí é demoler e porier o edificio de acordo coa normativa urbanística deste Concello, a posteriori se poderá indemnizar aos veciflos cando haxa recursos, o Tribunal ordena cumprir a sentenza e hai que facelo, gustaríalle facelo primeiro cos veciños e por iso se lle insiste en que fagan algo, que presenten alegacións pois ao final serán os últimos en ser indemnizados, comézase pola lafase por recomendación dos técnicos inda que foi primeiro a sentenza da 2 afase


O portavoz do grupo AEC D. Luis A. Fachal López entende que o Concello vai a executar e logo terán que formular denuncia contra o Concello para que lle pague a indemnización, esa denuncia chegará nun momento determinado e tardará os anos que teria que tardar para que sexan indemnizados.


Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corpomción en votación ordinaria, con sete votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC, e tres abstencións do concelleiro do PSdGPSOE do grupo Mixto, da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda:


1°. Aproba-lo proxecto técnico para execución da obra "Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, la fase", segundo proxecto básico e de execución redactado polo arquitecto D.Antonio J. Ferreiro Novo actualizado en outubro de 2013, cun orzamento de contrata de 373.956,43 euros, dos cales 64.901,53 corresponden a ive.


2°. Aproba-lo expediente de contmtación mediante procedemento aberto cun único criterio de ackudicación, ao prezo máis baixo, con carácter plurianual e tramitación urxente para execución da devandita obra, e convocar a súa licitación.


3°. Aprobar o gasto plurianual correspondente, para os exercicios 2013 e 2014, por importe total de 373.956,43 euros para financiar o mencionado contrato, de acordo co seguinte réxime financeiro periodificado:

ANO

2013

2014

PARTIDA

151.69901

151.69901

IMPORTE

184.035,50

189.920,93

TOTAL GASTO

373.956,43


4°. Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o contrato.


5°. Publicar anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Perfil de Contratante, para que durante o prazo de trece días poidan presentar as proposición que estimen pertinentes.


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte horas e trinta minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.


Vt° e prace,


O Alcalde, O Secretario

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 27 DE NOVEMBRO DE 2013.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e sete de novembro de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan Antonio López Rodriguez, Da. Ana Rosa Méndez Eiroa

D. José C. Rey García D. Luis A. Fachal López

D. Delfin Feal Pereira

Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Julian Ramón Seijas Criado.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta das actas das sesións anteriores realizadas os días 25 e 30 de setembro e 15 de novembro de 2013, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, manifestando o Sr. Pena Fontenla que no punto 5 da sesión do 15 de novembro o voto dos concelleiros non adscritos fora a abstención, despois de emendar o erro de transcrición, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos membros presentes acorda aproba-las referidas actas.

2.- PROPOSTA OBRAS POS 2014. Vista a circular da Deputación Provincial da data 28 outubro de 2013 comunicando a aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 2014), así como, a contía asignada a este Concello; vistas as devanditas bases reguladoras publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 206 de data 29 de outubro de 2013, así como o proxecto técnico da obra a propoñer.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:

1.- Aprobar o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2014, cuxas bases se coñecen a aceptan na súa totalidade, no que se recollen as obras que o Concello ten previsto realizar, ou a dedicación a gastos correntes do exercicio 2014 ou a amortización anticipada da débeda, e de acordo co financiamento que se indica:

A ) Realización de obras e subministracións:

Denominación da obra

Deputación

Concello

Presuposto total

Saneamento de augas residuais en Chao da Aldea

56.841,30

---

56.841,30

Subtotal obras

56.841,30

---

56.841,30

Aprobar os proxectos das obras incluídas na anualidade 2014 e que se relacionan nesta táboa.

B) Financiamento de gastos correntes ou amortización de débeda:

Deputación

Achega provincial aplicada ao financiamento de gastos correntes

81.085,06

C) Resumo:

Denominación da obra

Deputación

Concello

Presuposto total

SUBTOTAL OBRAS

56.841,30

----

56.841,30

SUBTOTAL GASTOS CORRENTES

81.085,06

----

81.085,06

TOTAL

137.926,36

----

137.926,36

2.- Aprobar o Plan complementario do ano 2014 no que se inclúen as obras que a continuación se indican e aprobar os correspondentes proxectos:

Denominación da obra

Presuposto

Non se formula proposta para o plan complementario

---

TOTAIS

---

3.- Declarar que o Concello ten a dispoñibilidade dos terreos, augas e servidumes para a execución das obras, e ten resolto o relacionado coas concesións e autorizacións administrativas que legalmente sexan necesarias.

4.- Comprometerse o Concello a incluír no orzamento municipal do 2014 os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal das obras incluídas na anualidade do 2014 se ahoubera.

5.- Solicitar da Deputación Provincial da Coruña, a delegación neste Concello da contratación e execución das obras incluídas no plan, que se entenderá aceptada si esta prodúcese efectivamente.

6.- Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións para a súa execución, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.

7.- Autorizase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

8.- Facultar expresamente ao alcalde para todo o relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.

3.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE APOIO Á SEMANA SANTA FERROLANA. A continuación dáse conta da seguinte proposta de declaración institucional: O Concello de Ferrol, en colaboración coa Coordinadora de Cofradías da Semana Santa Ferrolana, está traballando para que a súa Semana Santa sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

O carácter eminentemente relixioso desta conmemoración unido á enorme transcendencia que ten para a promoción social, cultural e turística do Concello de Ferrol e da súa comarca fai posible que cada ano veñan milleiros de persoas de diferentes lugares para contemplar as procesións que rememoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús.

Durante unhas semanas as rúas de Ferrol énchense arredor dos pasos das cinco cofradías, herdeiras dunha tradición secular e dun espírito de fondo calado popular que resiste ós cambios sociais e xeneracionais.

Por todo o anteriormente exposto, dende o Pleno do Concello de Cabanas queremos expresar o noso apoio para a declaración da Semana Santa Ferrolana como Festa de Interesa Turístico Internacional.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira non ten que obxectar en canto a que se trata dunha promoción do turismo, pero non estaría de máis potenciar a semana santa aresana e tamén a que se está facendo aquí coas alfombras frorais, incluír todo como de interese turístico-relixioso.

O Sr. Alcalde indica que a Semana Santa de Ferrol é unha tradición, solicitan apoio e considera que é positivo para a Comarca, si Ares o pide tamén se apoiará e en Cabanas van a seguir coa promoción ano tras ano.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros do grupo popular, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda:

Aproba-la mencionada declaración institucional de apoio a Semana Santa Ferrolana.

4.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. Vista a proposta de declaración institucional do grupo popular que di: Con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, o Concello de Cabanas manifesta o seu máis profundo rexeitamento a calquera forma de violencia exercida contra as mulleres.

A violencia, que nas súas distintas formas se exerce contra as mulleres, constitúe a mais clara manifestación das desigualdades que persisten entre mulleres e homes, constituíndo un atentado contra o dereito á vida, á seguridade e á liberdade, á dignidade e á integridade física e psíquica das vítimas e, polo tanto, un obstáculo para desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

As situacións de violencia de xénero requiren unha resposta coordinada, eficaz e interdisciplinar por parte das distintas administracións.

A través da mellora da coordinación interinstitucional e da garantía dos dereitos que o noso ordenamento xurídico recoñece ás vítimas e aos seus fillos e fillas, preténdese alcanzar unha resposta máis eficaz, centrada na prevención da violencia de xénero, unha mellor protección das mulleres e dos seus fillos e fillas e unha atención personalizada que contribúa á súa recuperación integral.

Por iso, resulta imprescindible xuntar todos os esforzos para facer fronte a este grave problema público e social, apelando á unidade de todas as forzas políticas e das Administracións Públicas, contando coa implicación da sociedade no seu conxunto e apoiando o labor das organizacións especializadas da sociedade civil.

Consciente da necesidade de seguir avanzando neste ámbito, o Concello de Cabanas reitera o seu compromiso co obxectivo de alcanzar unha sociedade libre de violencia na que as mulleres gocen da dignidade e os dereitos que lles son inherentes, como corresponde a unha sociedade libre e democrática.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita fala de incoherencia, estase a tratar da eliminación da violencia contra as mulleres e pregúntalles si realmente saben diso, estase a falar de mortes, de poñer á muller no sitio que lle corresponde, de ampliar dereitos e por outro lado vostedes están recortando, impedindo que a muller dispoña do seu corpo, recortes en sanidade, recortes en xustiza, etc., non é desculpa que estamos en crise para facer estes recortes e logo incrementan as porcentaxes nas concesións de autoestradas, paseos marítimos na Coruña, subvencións Deputación, subvención de ensinos que discriminan por sexo, hai unha incoherencia e pregúntase si realmente se sabe do que se está a falar.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira considera que a loita contra a violencia de xénero non entende de recortes e supón un obxectivo que todo goberno debe ter como prioritario nas súas políticas, así o fixo o partido socialista impulsando leis a prol da igualdade, contra a discriminación, e loita pola erradicación desta violencia tanto física como psicolóxica; fala da repercusión da violencia na familia chegando a perda da vida de moitas mulleres, o que debe facer reflexionar sobre as políticas que se están a desenvolver, alude aos recortes do partido popular no eido social, sanitario, educativo e loita contra a violencia de xénero, redución do orzamento para este concepto na Delegación do Goberno, o número de vítimas no que vai de ano, recortes nas axudas as Comunidade Autónomas onde a de Galicia lonxe de suplir a redución estatal aplica o maior recorte en igualdade dende 2009, merecendo especial atención a prevención e actuación en ámbitos de maior vulnerabilidade; refírese ao incremento da violencia na adolescencia despois da reforma educativa que suprime a educación para a cidadanía que era clave para a prevención, fai mención a redución das partidas orzamentarias en políticas de prevención polo partido popular tanto no goberno central coma na Xunta e o papel determinante das accións dos centros de información das entidades locais nos casos de violencia de xénero, están en contra da violencia de xénero pero as palabras por si solas non bastan hai que acompañar de recursos.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande, manifesta que non van polemizar con discursos sobre este tema que consideran de moita importancia; o Concello de Cabanas está a facer todo o que se pode nos casos que se presentan no Concello, teñen blindado os servizos sociais nos orzamentos, están atendendo tódalas situacións que o requiren; aparte da declaración institucional dende o Concello promovéronse actos para a celebración do día internacional para a eliminación da violencia de xénero, fíxose programa de envellecemento activo dedicado a este tema buscando promover a corresponsabilidade en persoas maiores, tamén houbo actuación de conta contos no colexio para educar as novas xeracións na igualdade e romper con estereotipos de xénero que inda continúan na sociedade, non solo palabras hai que facer cousas e dende o Concello farase todo que sexa posible.

A Sra. García Pita opina que hai discrepancia no PP entre o que pensan facer aquí e o que lle mandan no partido, sublévalle que unha muller diga o que dixo a portavoz popular, que poida ler un planfeto que lle mandou o partido inda que saiba que é incoherente, falso e cheo de mentiras e logo no concello faga outra cousa, e sabe a quen ten que pedir que cambien as leis e segan evolucionando nos dereitos das mulleres que custou moitas vidas e sufrimentos, alegrase que polo menos no pobo pense outra cousa.

O Sr. Feal Pereira alégrase que se intente educar aos máis pequenos inda que a maiores está o problema económico, si queremos que se eduquen en igualdade hai que loitar contra a violencia de xénero e demandar do Estado e da Xunta partidas económicas, esixir que se manteñan e potencien as accións de actuación e prevención, que o Goberno central modifique a reforma local e devolva competencias e recursos económicos as entidades locais, sobre todo demandar que o Ministerio de Educación non suprima educación para a cidadanía como ferramenta para educar en igualdade achegando as partidas necesarias para desenvolvemento dos ciclos formativos, e poñer os cementos para a loita contra a violencia de xénero.

A Sra. Pazos Bande insiste en non polemizar sobre este asunto, pódese chegar ao que é de competencia local, como equipo de goberno tratan de conseguir os recursos necesarios para abordar os asuntos sociais que teñan que ver co Concello, non poden actuar en Madrid o na Xunta, a obriga e conseguir fondos para cubrir os servizos sociais e ata o momento o están conseguindo.

O Sr.Alcalde considera que a veces o orzamento non é todo, pois con menos orzamento e unha boa xestión se poden facer máis cousas, ademais dende a Dirección Xeral de Igualdade se están facendo cousas moi importantes neste campo.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes acorda aproba-la mencionada declaración institucional.

5.- MOCIÓNS DO GRUPO MIXTO E DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS SOBRE INCREMENTO CANON TRATAMENTO RESIDUOS URBANOS A PERCIBIR POR SOGAMA. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos: Mixto e Concelleiros non adscritos, sobre a violencia de xénero.

A) A moción presentada polo grupo Mixto, na exposición de motivos fala do proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia paa 2014 que na DA 21ª,dous, pretende a revisión do canon a percibir por Sogama S.A. pasando a 74,64 €/Tn, máis o ive, cando na actualidade é de 55,91 €/Tn, máis ive., xustificando o incremento na caída das primas estatais pola valoración enerxética dos residuos, segundo decisión do Goberno Rajoy. Co novo canon Sogama pasaría de ter perdas en 2013 a uns beneficios de 6.624.160 € en 2014.

Estiman que non resulta aceptable que unha sociedade do sector público autonómico como é Sogama, na que a Xunta ten o 51% do capital social, se plantee en tempo de crise con afán recadatorio non só cubrir costos senón xerar beneficios inxustificados detraídos dos petos dos cidadáns, cando os concellos se atopan en situación delicada; a Xunta en vez de demandar compensación do Goberno central polos recortes nas primas de coxeneración eléctrica opta por incrementar o canon obrigando aos concellos a suba do canon aos veciños sen a máis mínima sensibilidade social, consideran que debe afrontarse a situación con diálogo e respecto aos poderes locais representados na Fegamp.

Por to o exposto, somete a consideración do Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1º. Demandar ó Presidente da Xunta de Galicia a urxente retirada da proposta de incremento do canon por tratamento de residuos, recollida na Disposición Adicional 2ª, Dous, do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

2º. Demandar ó Presidente da Xunta de Galicia e ó Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias a creación e posta en marcha dunha mesa de negociación, na que, coa presenza e colaboración de Sogama, se estuden os custos reais do tratamento de residuos dos concellos.

3º. Dirixirse a todos os Grupos políticos, con representación no Parlamento de Galicia, a fin de que requiran da Xunta de Galicia a realización dunha auditoría externa (económico financeira, recursos humanos, produción, medio ambiental, etc. ) da Sociedade Galega de Medio Ambiente, dándose traslado dos seus resultados á totalidade dos concellos que utilicen os seus servicios.

4º. Demandar do Presidente da Xunta de Galicia que, para o caso de que non se retire a iniciativa da nova tarifa do canon de tratamento de residuos dos orzamentos autonómicos do 2014, o incremento que sufra o mesmo respecto ó do ano 2013 sexa asumido integramente polo Goberno autonómico, sen repercusión algunha nas transferencias ós concellos.

B) A moción presentada polos concelleiros non adscritos Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e D. Angel Pena Fontenla alude a Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia e ao Plan de xestión dos residuos sólidos urbanos de Galicia, que atribúen a condición de xestor a SOGAMA, e a Xunta gobernada polo PP incrementa nos orzamentos para 2014 un 34% o canon do lixo pasando de 55,91 a 74,54 sen ter en conta o ive. Esta decisión vén imposta polo cambio de tarificación eléctrica do goberno central que tamén afecta a Megasa, con elo SOGAMA pretende consolidar a conta da cidadanía 7 millóns de euros de beneficio. Á vista do novo saqueo da cidadanía apostan por priorizar reciclaxe e compostaxe, dende o municipio hai que puxar por tratamentos ecolóxicos e corrixir a recollida sen separar, tratando de reverter custos de tratamento na propia localidade con creación de emprego e conxelación de taxas.

Por todo elo, solicitan do Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1. Instar á Xunta de Galicia, aos grupos parlamentarios do Hórreo e á FEGAMP a pular pola derrogación do incremento previsto do canon de SOGAMA que deben satisfacer os concellos.

2. Instar á Xunta de Galicia a derrogar o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 e crear un modelo de xestión local de reciclaxe e compostaxe, para impulsar a creación de emprego.

3. Instar ao goberno local de Cabanas a derrogar o incremento da taxa do lixo sobre os seus veciños e veciñas.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López solicita que as dúas mocións se voten por separado. O Sr. Presidente indica que non hai problema.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera que é un tema que se tratou en varias reunións, o equipo de goberno non está de acordo coa subida de Sogama pero revelarse contra o pago implicaría non percibir achega do Fondo de Cooperación da Xunta co cal non están de acordo, como oposición poden dicir moitas cousas pero como equipo de goberno teñen que ter outra responsabilidade, hai que dar cobertura a este servizo e asumir a subida, hai que executar as sentenzas do Penso que impiden que se poida asumir esta subida, polo tanto como xa dixeron noutras reunións hai que subir o recibo, aclara tamén que a pesar desta subida seguimos estando nos prezos máis baixos dos concellos do entorno, aludindo as taxas dos distintos concellos, a idea do equipo de goberno era unha pequena suba para reducir déficit, insiste nos gastos da execución da sentenza do Penso e no informe de Intervención sobre o déficit do servizo, así como que o equipo de goberno ten que actuar con responsabilidade.

A Sra. García Pita sinala que en ningún momento pediron que o concello asuma a subida, senón que impida esa suba de Sogama, porque unha cousa é que cubra custos pero que tomen o pelo non, non se pode consentir esa actitude monopolista, na UE están prohibidos estes sistemas empresariais, o cidadán non ten porque sufrir a incompetencia e falta de gobernabilidade dun partido político.

D. Luis A. Fachal López portavoz do grupo AEC opina que todos están de acordo en que a subida de Sogama é inxusta, polo tanto non ve inconveniente en asumir todos a proposta do concelleiro do PSdG-PSOE que demanda que non se aplique porque é inxusta, a proposta de Anova ten unha diferenza no punto 3 que non respectaría o informe de Intervención, a Xunta é quen ten a potestade pois xuntémonos todos e reclamemos todos xuntos a mesma proposta.

O Sr. Feal Pereira alude a intervención da portavoz popular indicando que o debate das taxas do lizo xa quedou debatido no pleno anterior, isto é outra cousa, é unha subida unilateral e inda por encima pasa a un superávit de máis de 6 millóns de euros, non ve inconveniente en que se demande da Xunta a retirada, que se negocie coa Fegamp e Sogama e de unha cumprida información sobre a xestión económico-financeira, caso de non retirala que asuman a subida xa que o 51% é a coparticipación da Xunta na empresa e seguir traballando na reciclaxe, educación, etc., a comparación de concellos hai que facela con outros nas mesmas condicións, o da sentenza do Penso é como botarlle a culpa a todo porque non sabemos que facer, no debate da suba da taxa quedou claro a postura deste portavoz e como se podía reducir custos sen esperar ao punto limpo, actualizar o padrón contribuíntes está ben pero as Tn seguen a ser as mesmas, pero nesta moción non se está a falar das taxas, trátase de esixir a Sogama a través da Xunta de Galicia e da súa Consellería que estude esta suba e non se aplique, faltan moitos datos a estudar.

A Sra. Pazos Bande indica que as dúas fontes de financiamento de Sogama son o canon que cobra aos concellos e a venda de enerxía eléctrica, o novo marco regulador do sector eléctrico prevé un imposto do 7% e a diminución de primas, os cambios lexislativos levan a un panorama complexo para a economía de Sogama, ante isto a dirección da empresa tomou máis medidas como venda de vidro e aceiro, etc., co incremento do canon a empresa garante a súa viabilidade e prestación dun servizo público esencial para os Concellos, que a Xunta creou no seu día con carácter voluntario; Sogama non repartiu dividendos nestes últimos anos, foron para reservas mentres que en 2006 e 2007 si os repartiron, gastaron o que non tiñan e agora pagamos as consecuencias, a pesar da subida as tarifas de Sogama seguen a ser das máis baixas, non está de acordo en non pagar, (intervén a Sra. García Pita e a Presidencia ordénalle silencio) a UE nun informe dunha consultora externa cualificaba a actividade de Sogama de interese xeral e que o canon dos concellos era insuficiente para a súa viabilidade, polas particularidades de Galicia os custos de tratamento son máis caros que noutras Comunidades, e as contas son auditadas anualmente e son públicas.

O Sr.Alcalde aclara que a Fegamp segue coas conversacións, temos que ter responsabilidade como equipo de goberno e gobernar, non se pode facer algo que dentro de certo tempo custe moito diñeiro, agora hai que acometer a demolición do Penso, recorda tamén que Sogama non pode recibir subvencións e a Xunta non pode asumir a suba.

Despois de asumir os concelleiros non adscritos que a súa moción quede asumida pola do grupo Mixto, o Sr. Presidente somete a votación a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto, resultando cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e cinco en contra dos membros do grupo popular; visto que se produce empate repítese a votación obténdose o mesmo resultado, a vista do cal o Sr.Presidente co voto de calidade decide a favor do rexeitamento da devandita moción.

6.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE A NON APLICACIÓN NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DA RESOLUCIÓN QUE IMPLANTA O REPAGO DOS MEDICAMENTOS DE FARMACIA HOSPITALARIA. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto en cuxa exposición de motivos alude a posta en marcha do Real Decreto-Lei 16/2012, do 20 de abril de medidas urxentes para a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e os pasos dados pola administración en contra dos dereitos dos doentes. Unha das medidas máis importantes foi a obrigatoriedade de cofinanciar o custo dos medicamentos polos pensionistas, engadiuse a exclusión de máis de 400 fármacos da lista de medicamentos financiados que multiplicaron o seu custo, os salarios e as pensións en Galicia son dos máis baixos do Estado; estas medidas sumadas a outras antisociais aplicadas polos gobernos de Rajoy e de Feijo cunha nefasta xestión e complicidade están a empeorar a calidade de vida e empeorar as desigualdades sociais.

Os concellos galegos son dos que teñen máis poboación envellecida, máis pensionistas e enfermos crónicos e polo tanto máis afectada tendo en conta a subida do ive, IRPF, transporte, auga, etc, con pensións que non superan 600 euros en moitos casos. A medida de repago non reduciu o gasto farmacéutico pero aumentou o dos cidadáns e no BOE do 19 de setembro publícase Resolución pola que se modifican as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica como feito consumado, afectando a prestación farmacéutica ambulatoria nos hospitais, non se trata de aportación reducida como di o PP, trátase de medidas inxustas e de crueldade por aplicarse aos pacientes máis graves. Hai moitas asociacións e colectivos sanitarios que elevaron protesta á administración e Comunidades Autónomas que amosaron a súa incomprensión, en Galicia o Sr. Feijóo ten anunciado a súa aplicación e significa un novo imposto aos máis enfermos. Un dereito como é o da saúde non pode converterse nun privilexio.

Por todo elo somete a consideración do Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1º. Que este Concello solicite do Goberno Galego a NON aplicación na CC.AA. de Galicia da Resolución do 10 de setembro que implanta o repago na dispensación ambulatoria dos medicamentos de farmacia hospitalaria indicados para tratamento de graves patoloxías e de doenzas crónicas.

2º. Instar á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a retirada da Resolución do 10 de setembro de 2013,da Dirección General de Cartera Básica de Servicios del Sistema Nacional de Salud y Farmacia.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande manifesta que a achega do usuario non é unha novidade, o novo modelo está no Real Decreto Lei 16/2012, do 20 de abril, que introduce criterios de equidade que demandan os cidadáns, eficiencia que esixe o tribunal de contas e seguridade que demanda o sector sanitario, polo tanto a achega de usuarios en fármacos de dispensación na farmacia hospitalaria non é novidade, forman parte da prestación farmacéutica do mesmo xeito que nunha oficina de farmacia, é unha achega reducida do 10% cun tope de 4,20 € envase, os topes mensuais son únicos, os usuarios exentos na oficina de farmacia tamén o estarán na farmacia hospitalaria; é norma básica impulsada polo Ministerio de Sanidade e polo tanto de obrigado cumprimento, actualmente en Galicia estase traballando para a entrada en vigor a aplicación deste modelo.

A Sra. García Pita considera que sempre están co mesmo argumento de que é unha medida do goberno central, o goberno local non pinta nada porque son serviles e nada máis; chámalle a atención que a portavoz popular non senta repulsa por dicir que inda lle parece pouco o que teñen que pagar os pacientes, non sabe como está a situación dos pensionistas.

O Sr. Feal Pereira considera unha pena que nun punto esencial da vida das persoas como é a saúde se queira volver a épocas pasadas onde solo podían ter saúde os que tiñan diñeiro para pagar médicos e tratamentos, alude a casos de traer medicamentos do estranxeiro e o sistema de saúde xeral implantado polo Ministro de Sanidade Ernest Lluch que foi referencia mundial, agora como non son capaces de privatizar hospitais van a privatizar por áreas, están a volver atrás e depender da capacidade económica; non entende as manifestacións de que non é novidade, pagar 4,50 non pasa nada para vostedes pero é un fraude, os pensionistas pagaron a súa pensión e teñen dereito a unha prestación sanitaria, outra cousa é que se lle esixa máis aos que están en activo, o tema é claro están cargando sobre as clases máis desfavorecidas como si sobrasen as persoas.

A Sra. Pazos Bande fala da diferenza de estar na oposición que cando se está no goberno, a pena é como deixou o PSOE España e por iso hai que facer isto, dende a oposición é fácil dicir cousas para quedar ben, critica que falen dos pensionistas (intervén a Sra. García Pita e o Sr. Presidente indícalle que é a segunda advertencia e a terceira se marcha), considera que a súa alternativa é mellor e están a facer un gran esforzo colectivo para non deixar morrer definitivamente o sistema sanitario por culpa da mala xestión.

O Sr.Alcalde insiste no dito pola portavoz popular e indica que hai que ter valor para vir con estas cousas a pleno despois de como deixaron España ( intervén de novo a Sra.García Pita e o Sr. Presidente ordénalle que se marche, abandonando a sesión) prosegue o Sr.Alcalde manifestando por que non trasladou isto ao Parlamento europeo, ao Parlamento de España, ao Parlamento galego cando gobernaron e non o arranxaron.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación con catro votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e cinco en contra dos membros do grupo popular, acorda o rexeitamento da devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

7.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 346 do 23-09-2013 ata a número 474 do 22-11-2013.

b) Informe sobre a execución trimestral 3ºT/2013. Dáse conta da comunicación dos datos de execución do orzamento no 3º T de 2013 remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local, relativos ao Informe de Avaliación do cumprimento de obxectivos Lei Orgánica 2/2012, que supoñen que o orzamento desta Corporación non cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e cumpre co obxectivo da regra de gasto.

c) Informe trimestral de acordo co art. 5 da Lei 15/2010 do 5 xullo pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade. De acordo co establecido no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, preséntase o informe correspondente ao 3ºT de 2013 sobre o cumprimento dos prazos previstos nesta lei para o pagamento das obrigas desta entidade local, incluíndo o número e contía global das obrigas pendentes nas que se está incumprindo o prazo, así como relación de facturas e/ou documentos xustificativos con respecto ós cales transcorresen máis de tres meses dende a anotación no rexistro de facturas sen tramitar os expedientes de recoñecemento da obriga.

RENUNCIA O CARGO DE CONCELLEIRO. A continuación toma a palabra o concelleiro D. Juan Antonio López Rodriguez da candidatura Partido Popular (PP) para dar conta da presentación da renuncia ó cargo de concelleiro desta Corporación por motivos laborais e por non poder dedicarlle o tempo que require a xestión das concellerías que leva, co obxecto que realicen os trámites para substitución polo seguinte da lista que corresponda.

Indica que nas súas intervencións procurou defender as ideas con intensidade pero con respecto cara as persoas do outro lado da mesa, procurando non caer na descalificación ou na ofensa, agradece ao resto do seu grupo político a dedicación, honestidade e transparencia con que se fai o traballo no grupo e sobre todo mostrar o seu apoio e admiración ao Sr.Alcalde pola xestión que está a facer no desempeño do seu cargo.

Despois do uso da palabra polo mencionado concelleiro, o pleno da Corporación por unanimidade acorda tomar coñecemento da renuncia ó cargo do concelleiro de D.Juan Antonio López Rodriguez e remitir certificación deste acordo á Xunta Electoral Central para que expida credencial do seguinte da lista que debe substituílo.

6. ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.1.1. As casetas que están actualmente no paseo marítimo que son estacionais, está prevista algunha data para retiralas?.

Resposta Sr.Alcalde: me imaxino que si, teñen que sacalas.

a.1.2. Como están os trámites para implantación dos pantaláns no Día Oito, hai algún avance?.

Resposta Sr.Alcalde: a pesar do esforzo están como estaban, o compromiso está aí que si pero de momento non avanzamos.

a.1.3. Hai algunha noticia ou algún avance na humanización da N-651?.

Resposta Sr.Alcalde: hai algúns avances, desde o Ministerio chamaron a Demarcación de Estradas para que enviasen o proxecto e ver informes sobre a necesidade, estase a mover a nivel de Madrid e haber si se da sacado, si hai emenda aos orzamentos do Estado para sacalo para adiante, estase intentando que a modificación sexa completa e non solo a primeira parte.

a.1.4. Queriamos saber si hai algunha novidade na situación da execución das sentenzas do Penso?.

Resposta Sr.Alcalde: se está sacando o prego e sacar a contratación, seguen as xestións coas entidades financeiras.

a.1.5. En relación coas licenzas dos chalets de Cardeita, hai que esperar polos outros ou como están?.

Resposta Sr.Alcalde: non, son licenzas individuais, 4 xa están concedidas.

a.2. Intervención do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.

a.2.1. Desde o pleno de maio reclaman o arranxo das fochancas do camiño do Pereiro, en maio porque chovía, en xullo porque estaban rozando a herba, en setembro porque ían asfaltar, estamos en decembro es a fochancas seguen aí, cando se van amañar por fin esas fochancas?.

Resposta Sr. Alcalde: o camiño do Pereiro está amañado, está asfaltado, si se refire ao camiño do Pereiro de Abaixo estase a falar doutra cousa distinta.

O Sr. Pena Fontenla considera que hai un solo camiño do Pereiro mentres que o Sr.Alcalde indícalle que hai dous o de Arriba e o de Abaixo, producíndose debate sobre a situación.

a.3. Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.3.1. A final do mes de maio do 2013 presentouse unha solicitude por veciños de Soaserra e Regoela para a colocación dunha marquesiña na parada do bus situada en Lavandeira, sentido A Capela, como está o tema?, vaise colocar?.

Resposta Sr.Alcalde: recibiu a señor e explicoulle a situación, non lle prometeu nada porque o tema está complicado porque hai que conseguir unha marquesiña, pediulle datos dos nenos e solo eran dous ou tres, estase buscando recursos, hai solicitadas marquesiñas que se irán instalando por orde onde mais nenos haxa, pero non pode dicir a data en que se vai a colocar.

a.3.2. Rogo. Que poña a funcionar a calefacción na escola de música que morren de frio.

b) Preguntas por escrito.

b.1. Presentadas polos concelleiros Dª.Mª. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 26 de novembro de 2013.

b.1.1. No Pleno de maio de 2013 a Corporación aprobou unha moción para garantir información e máis esixir a reposición da legalidade urbanística en San Lourenzo e ao día de hoxe esta Corporación descoñece as xestións que se realizaron a este respecto.

1º. Esixirlle á APLU que lle achegue á Corporación municipal a documentación relativa ao vertedoiro en terreo rústico de áridos bituminosos de Holanda.

2º. Esixirlle á Alcaldía de Cabanas, ás consellerías competentes e á APLU o cumprimento escrupuloso da legalidade urbanística

Con data 27 de setembro de 2013 a APLU solicitou un informe de depósito de material asfáltico en Vilar do Colo, cando ata a APLU sabe que no monte rústico denominado San Lourenzo están cando menos tantas toneladas como verteu o Prestige ao mar.

201200000002237 3104-OFICIO APLU-AMB-2012-AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE (APLU) 6397 27/09/13 12:12 SOLICITANDO INFORME SOBRE DEPOSITO MATERIAL ASFALTICO EN VILAR DO COLO URBANÍSTICA.

Cumpríronse e executáronse os acordos do Pleno? Onde podemos consultar a documentación da APLU?.

Resposta Sr.Alcalde: A documentación da APLU non hai problema, cando queira a solicita e lla deixamos ver, é pública e non temos inconveniente ningún; o resto é un tema xudicial que terá que determinalo o xuíz, a APLU pediunos un informe técnico que se lle remitirá estes días e a partir de aí será que decida.

b.1.2. Sobre as obras da estrada de Porto a Laraxe, pregúntanos un veciño se esas beirarrúas van enterrar os muros e as saídas das vivendas ata 70 cm, nalgúns casos. Adaptaranse as beirarrúas para garantir a accesibilidade ás vivendas?.

Resposta Sr.Alcalde: as beirarrúas van cumprir a normativa de accesibilidade como require a lei, iso está contemplado.

O Sr. Pena Fontenla insiste en que hai queixas de sitios con bastante altura.

O Sr.Alcalde manifesta que ao Concello non chegaron esas queixas, si esa persoa ten algún problema non ten máis que dirixirse a dirección de obra ou ao Concello directamente.

b.1.3. Rogo. O día 19 do mes pasado as 20:30 tivo lugar un accidente no paso de peóns do Peón en Laraxe no que se viron involucrados tres vehículos que chocaron en cadea por non decatarse do paso de cebra, por sorte nesta ocasión non atropelaron aos peóns que estaban a pique de cruzar por el, cousa que si aconteceu noutras ocasións causando graves danos ás vítimas. Polo que consideramos que este paso de peóns é un punto negro que compre solucionar, por isto propoñémoslle ao goberno municipal que solicite da Demarcación de Estradas a colocación de sinais luminosos neste paso de peóns que permitan aos condutores velo mellor e reducir deste xeito o perigo para veciños.

Resposta Sr.Alcalde: non hai inconveniente en pedilo o tema é haber si hai onde colocar o sinal, está limitada a velocidade a 50 pero si se pode mellorar a seguridade solicitaráselle á Demarcación de Estradas.

b.2. Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira en escrito de data 26 de novembro de 2013.

b.2.1. En relación á poboación do Concello de Cabanas:

- Cal é o censo actual de habitantes?

- Temos estatísticas dos fluxos migratorios de poboación, en concreto no rango de poboación activa e por idades?, Cales son?.

Resposta Sr. Alcalde: a día de onte 3.338 habitantes. Cambio de pais no que vai de ano 2 persoas, baixas por cambio a outros concellos 109, altas por cambio doutros concellos 128, altas por nacemento 13 e baixas por defunción 30.

b.2.2. En relación aos trámites de inicio de alleamento dos bens inmobles pertencentes ao Concello de Cabanas (Escola Laica e Nave industrial no Polígono de Vilar do Colo):

- En que fase se encontran?.

- Trala aprobación do inicio dos trámites houbo interese por parte de particulares ou empresas en ditos bens?.

Resposta Sr. Alcalde: están non trámites dos servizos urbanísticos do Concello para que fagan informe e valoración, a partir de aí se fará publicidade. Non se fixo publicidade sobre iso e non puido haber interese porque non se sabe agás algún comentario de palabra, ninguén preguntou por eses bens.

b.2.3. En relación ás políticas activas de promoción do emprego:

- Poderíasenos explicar cales foron e que resultados se están acadando?.

Resposta Sr.Alcalde: levouse a cabo o programa nos concellos de Fene, Pontedeume, Neda, Mugardos e Cabanas no ano 2012-2013, dentro dese programa había 14 persoas do concello de Cabanas, logrouse colocar a 6, 5 delas cumpren os obxectivos dos 6 meses mínimo traballando e 1 non cumpriu aínda, estase a espera de que cumpra, nese programa piden un 35% de inserción e cumpriuse, ademais xente que non estaba dentro do programa por non cumprir os requisitos se colocaron 7 persoas máis porque foron atendidos pola persoa que levaba o programa; por outra b anda fíxose o plan de cooperación da Xunta onde se contrataron 8 persoas, plans da Deputación para limpeza de praias no verán 8 persoas e agora empezaron a traballar 2 persoas máis a través da Deputación dentro dun plan de emprego da propia Deputación.

b.2.4. En relación ás execucións das reposicións das legalidades urbanísticas:

- No caso máis perentorio da execución da sentenza sobre o edificio do Penso, e trala aprobación do inicio de contratación dos traballos, volveuse a falar coa comunidade de veciños afectados para explicar os seguintes pasos que se van a facer e prazos de execución de sentenza?.

Resposta Sr.Alcalde: si se volveu a falar con eles e estiveron outra vez reunidos, incluso viñeron cun novo avogado para coñecer cousas, estamos a espera, explicóuselle todo o proceso como era e que nos non podiamos parar xa o proceso, son coñecedores do tema, o avogado púxose en contacto co noso avogado e me pediron documentación que tiñamos e entregámoslla.

Nos demais casos denunciados (finca de Suances, urbanización de Cardeita, ocupación de beirarrúas polo ximnasio na zona da praia da Madalena), como se encontran ditos expedientes de reposición?.

Resposta Sr.Alcalde: A finca de Suances estase a resolver, a urbanización de Cardeita xa se regularizou a situación de 4 licenzas e as beirarrúas do ximnasio estase pendente de xuízo previsto para o día 11 de decembro porque foi aos tribunais.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e cincuenta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e prace, O Secretario.

O Alcalde,

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 30 DE DECEMBRO DE 2013

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande.Da. Esperanza Gayoso Pereiro. Da. Ana Rosa Méndez Eiroa.D Julián Ramón Seíjas Criado.D. José C. Rey García.D. Luis A. Fachal López, D. Delfin Feal Pereira, Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita, D. Angel Pena Fontenla

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as nove horas do día tinta de decembro de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluidos na Orde do Día.
Antes de proceder ó debate dos asuntos, estando presente a concelleiro electa Dona Maria de la Cruz Varela Varela, e vista a credencial remitida pola Xunta Electoral Central, así como acreditada presentación da declaración patrimonial e de incompatibilidades, procédese o cumprimento do requisito legal de prestar xuramento ou promesa segundo dispón o artigo 108 da Lei 5/1985 e Real Decreto 707/1979, do 5 de abril, a tal efecto Dona María de la Cruz Varela Varela xura cumprir fielmente as obrigas do cargo de concelleira do concello de Cabanas con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado; a continuación a comparecente toma posesión do seu cargo incorporándose á sesión.

1.- CONCERTACIÓN OPERACIÓN DE CRÉDITO. Visto o expediente para concertar unha operación de préstamo para o financiamento da execución das sentenzas recaídas nos recursos contencioso-administrativo número 02/0004126/1994 e número 02/0004055/1993 sobre o edificio O Penso 1' e 2a fase, a realizar polo concello de Cabanas.

Visto que inicialmente se solicitaron ofertas a entidades bancarias, publicouse anuncio no perfil de contratante e no periódico La Voz de Galicia sen que se presentasen proposición; despois das xestións realizadas pola Alcaldía conseguiuse a presentación dunha oferta por NCG Banco S.A. nos termos que logo se cita.

Visto o establecido no artigo 52.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, informe de Intervención e ditame favorable da Comisión de Facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita considera excesivo o tipo de xuro euríbor+6, o concello necesita un xestor que negocie porque isto non está negociado, como moito non debía exceder de euríbor+ 3, polo tanto votarán en contra.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que se leva moito tempo traballando n.este tema e negociando este préstamo, ata fai pouco solo había rexeitamentos polas entidades bancarias e agora que se consigue hai que ser responsables, si alguén ten outra oferta mellor ou condición máis favorables que o traía aquí, porque durante todo este tempo non presentaron nada, déixense de palabras fáciles, grazas a este préstamo vamos a poder executar as sentenzas.

A Sra. García Pita indica que sempre se ofreceu para negociar porque se considera unha negociadora e este concello carece sempre de negociación en todo, non solo neste tema.

O concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto D. Delfín Feal Pereira, opina que como hai que executar as sentenzas hai que buscar financiamento, estivo cotexando tipos de xuro e o mercado non é máis barato; en relación as manifestacións da portavoz popular, nunca lle chegou petición para buscar entre todos ofertas bancarias, polo que non é de recibo que agora diga si ternos algo menor cando xa tejí en todo cosido; como xa manifestou noutros plenos alude a que vai pasar coa indemnización as familias afectadas, si se vai buscar financiamento ou como se vai facer, imaxina que será tratado noutros plenos e xunta de portavoces, o seu voto será favorable.

A Sra. Pazos Bande, insiste en que levan moito tempo buscando financiamento e solucións a este problema, lévase moito tempo traendo este tema e todos son coñecedores das dificultades para conseguir o préstamo, polo tanto non veñan dicindo que é mal pactado.

Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D.Angel Pena Fontenla, acorda:

1°. Adxudicar a NCG Banco S.A. a concertación da operación de préstamo por importe de 396.277,31 euros para financiamento das obras de "Execución sentenzas recursos contencioso-administrativo 02/0004126/1994 e 02/0004055/1993 do edificio O Penso 12 e 22 fase", nas seguintes condicións:

Importe: 396.277,31 euros.

Tipo de xuro: Euríbor a 3 meses+ 6,00 puntos.

Liquidación xuros e amortizacións: trimestral

Carencia de amortización 1 ano.

Período de disposición 1 ano.

- Prazo total de vixencia 11 anos - Comisións: exento.

Intervención: Ante o Secretario do Concello.

2°. Comunicar a concertación desta operación á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia segundo dispón o TRLRFL.

3°. Fac_jultar ao Sr.Alcalde D. Germán Castrillón Permuy para subscribi-lo contrato de préstamo nos termos que resulten do presente acordo, outorgamento de escritura, percibí-lo seu importe e subscribi-los documentos necesarios para a formalización do referido préstamo.


2.- ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2014. Dada conta polo Secretario do expediente tramitado para aprobación, no seu caso, do orzamento municipal formado para o exercicio de 2014 polo Sr. Alcalde deste Concello de acordo cos requisitos que sinala a lexislación vixente, no cal constan os documentos que establecen os artigos 165, 166, y 168 e concordantes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, cadro de persoal coa relación de postos de traban°, informes de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.

Na deliberación do asunto prodúcense as inteivencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que cun orzamento de máis de 3 millóns non era necesario endebedarse, séguese baixo a escravitude de Sogama e Aquagest, din coma tódolos anos que é un orzamento para época de crise pero non se ten en conta a contención do gasto; non están en contra dos investimentos pero si dos gastos do grupo 22, séguese gastando moito en electricidade, en correos, telecomunicacións e gastos superfluos, neste Concello falta un xestor, alégrase de que haxa controis trimestrais para ver si lle pechan o Concello, votarán en contra.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López alude á diferente opinión dentro grupo, considera que ao final é o grupo de goberno quen ten a potestade de facer o orzamento e iso hai que acatalo porque recibiron máis votos, non lles pediron axuda nin para isto nin para o préstamo, agora parece que si a piden; opina que vai pasar coma o ano anterior que en tres meses xa haxa que facer modificacións co cal non é un orzamento real, é ficticio, alude ao informe de Intervención e refírese a exceso dalgúns ingresos e que non cumpre coa estabilidade necesitando un plan económico financeiro, fala do tipo de xuro do préstamo estimando que todos deben axustarse o cinto, a tal efecto propón rebaixar nun 50% as asistencias a órganos colexiados, así como, as asignacións a grupos políticos, é unha proposta sobre da mesa, tamén considera que nestes momentos de crise a Alcaldía podía facer un esforzo e baixar un 50% a asesoría, facer reunión de portavoces e estudar o tema de Sogama, apertura do punto limpo, gasto de electricidade que son os máis importantes xunto con Aquagest fora de gastos de persoal que xa non se poden axustar taláis; vostedes son os que gobemara e non pediron axuda, na pasada lexislatura os créditos quedaron a cero e agora volvemos a pedir créditos por iso todos debemos facer un esforzo.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira indica que a maioría da súa argumentación coincide coa do Sr.Fachal, súmase a redución de asignacións por asistencias e grupos políticos, sería un bo exemplo de transparencia, insiste en ter xunta de portavoces para tratar temas e sacar cousas para diante cando veñen a pleno, pero cando van por libre pensando que por ter a maioría teñen a verdade as cousas non son así; en canto ao orzamento iguálanse ingresos e gastos pero son ficticios, refírese ao informe de Intervención, as variacións nas previsións de ingresos e o atraso na tramitación do PXOM; considera que o orzamento reflicte unha orientación ideolóxica determinada, danlle maior importancia a festexos populares que aos servizos sociais de comedor, alude tamén a gastos en servizos xurídicos cando os da Deputación son igualmente válidos, gastos en comunicación, gastos postais, reparación de camiños que despois do seu arranxo deben conservarse para maior duración, o plan económico financeiro de anos anteriores non o viu nin tampouco os resultados, espera que tomen en consideración a proposta do Sr.Fachal e unha corresponsabilidade do grupo de goberno con respecto a estes temas, o seu voto será abstención.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma.Pazos Bande considera o orzamento de 2014 responsable e serio na liña de 2013 condicionado pola crise actual e a execución das sentenzas do Penso, a pesar de todo séguese realizando un esforzo para continuar investindo e mellorar o Concello, é un orzamento realista, axustado e executable avalado polos resultados das últimas contas xerais que se presentaron neste Pleno inda que vostedes o vexan doutra maneira, fanse previsións axustadas a realidade e un reducido número de modificacións, destaca as xestións da Alcaldía para conseguir recursos doutras administraciérns como arranxos de camiños que o mellor vostedes querían que non se arranxaran; destaca no orzamento de 2014 o gasto en servizos sociais con incremento para comedor, dependencia, mencer na escola, PAI, conciliación e igualdade e axuda no fogar; en traballo o programa Artabria Emprega II que inclúe aos concellos de Cabanas, Pontedeume, Fene, Ares, Mugardos e Neda e xestiona este concello de Cabanas; en cultura e deportes se melloran as instalacións, apoio as sociedades do municipio e busca da colaboración e consenso, mantendo o programa de axudas; séguese coa promoción do turismo mellorando os paseos en barco polo Eume, nova entrada ás Fragas do Eume, rotas de sendeirismo e pantalán flotante no Día Oito; en medio ambiente estase a espera da entrega do punto limpo para que sexa xestionado pola Mancomunidade; en infraestruturas da conta de obras previstas no apartado de investimentos e a concertación de préstamo para execución sentenza do Penso completada con fondos propios, pide a colaboración de todos para sacar isto para adiante, insiste no incremento en servizos sociais, son os mellores orzamentos que podían presentar e recóllense as peticións dos veciños feitas nas reunión parroquiais, tratando sacar o maior rendemento posible.

A Sra. García Pita indica que están pedindo continuamente o mantemento dos viais, que se rocen, en Cabanas comezouse a rozar cando veñen os veraneantes e todo o invento están sen alumado, parece que falan de cousas diferentes, non está de acordo que sexan bos orzamentos, había que axustar porque estamos en época de crise diminuíndo os gastos innecesarios, está ben que se aumente en dependencia, en cultura e deporte pouco investiron, pero non lle parece un orzamento anticrese, está de acordo coa proposta para reducir asignacións a membros da Corporación, solo poñería como condición que fose para axuda social directa, seguen a votar en contra.

O Sr. Fahcal López mantén o dito na anterior intervención, nunca estiveron en desacordo no tema de camiños, é mais, valoran positivamente os investimentos en camiños, pero si ten que dicir que en iluminación pública e en residuos é onde máis hai que aforrar porque representan unha porcentaxe importante do orzamento, é al onde hai que actuar e xunto ao anterior están a tender a man porque se pode mellorar.

O Sr. Feal Pereira tamén insiste nas partidas de alumado e recollida de lixo, xa se manifestou cando se tratou a taxa por recollida de lixo, solo se colocaron recolledores de aceite de cociña e roupa que non diminúen o contedor verde que é realmente o que aumenta o custo, segue a ser unha comía elevada en non sabe se beneficiará o punto limpo pero está seguro que cunha política de compostaxe reduciríase un 60% o peso do contedor verde, hai concellos que o fixeron e é demostrable, nunca se negaron a melloras en camiños pero cun bo mantemento durarían moito roáis; está a espera que o grupo de goberno diga si aceptan a proposta do Sr.Fachal pois tódolos ,grupos da oposición se sumaron a ela e sería un exemplo4 veciñanza.

A Sra. Pazos Bande parécelle que non falan dos mesmos orzamentos, fala de incongruencias da Sra. García Pita por votar en contra do préstamo, preguntándose como se financiaría a execución do Penso, sinala que os recursos son limitados e alude ao informe de Intervención; en canto ao Sr.Fachal, estiveron no equipo de goberno e tiveron oportunidade de buscar solucións para O Penso pero non sabe cales buscaron, hai que ser coherentes; n5ste orzamento diminúese o gasto eléctrico a pesar da suba de impostos, tamén diminúen as partidas de telecomunicacións, gastos xurídicos inda que o Concello ten que ter servizos xurídicos, diminúese o gasto en persoal, auméntase a participación nos Tributos do Estado por maior esforzo fiscal, insiste no aumento das partidas de servizos sociais e programas de emprego, tamén fai mención a investimentos reais e as axudas conseguidas, actividades de cultura e deportes e todo do a pesar do problema do Penso, por todo elo considera que son uns bos orzamentos.

O Sr.Alcalde insiste en primeiro lugar no tema de Aquagest recordándolle ao Sr. Feal Pereira que foi o seu grupo de goberno quen asinou o contrato por 20 anos e agora estamos lastrados por ese tema, e tamén que se gasta menos en festas que cando gobernaba o seu equipo; en canto a asociacións deportivas e culturais aumentouse a partida desde que están gobernando porque fan un tema social e cultural importante para o Concello; en referencia ao Sr. Fachal reitera que estivo gobernando e sabía o que había cos bancos para financiar O Penso, non diga que non se fixo boa xestión porque se levan seis anos intentando conseguir o crédito, non se rebaixou aos grupos políticos porque foi el quen se negou xa que a proposta era sacar todo — protesta o Sr. Fachal manifestando a súa desconformidade con tales manifestacións, mentres que o Sr.Alcalde ordénalle calar porque xa non ten a palabra- prosegue o Sr.Alcalde indicando que hai que ser coherente, ­continúan as protestas do Sr.Fachal, intervindo tamén a Sra. Gayoso Pereiro, o Sr.Fachal pide que tamén a mande calar e o Sr.Alcalde resposta que xa a mandou calar -; en canto ao tema do lixo considera que si lles fan caso hoxe o Concello estaría empeñado en 35.000 euros, pois nin o PSOE nin o BNG arranxaron nada; o tema da electricidade hai unha partida inferior e vaise a seguir baixando — hai manifestación de desconformidade da Sra. García Pita ordenándolle silencio o Sr.Alcalde — a pesar da subida da tarifa eléctrica; en relación á proposta que formularon o equipo de goberno a consensuará e o falará, si é necesario farase porque sempre apertaron o cinto, cousa que outros non fixeron cando había que facelo; en canto a Aquagest estase traballando, leva tempo e hai moitas cousas que non estaban claras.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con sete votos a favor dos membros do grupo Popular e o concelleiro D. José C. Rey García do grupo AEC, Bous en contra da concelleira Da. Ma Teresa de Jesus García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e dúas abstencións do concelleiro D. Luis A. Fachal López do grupo AEC e do concelleiro D. Delfín Feal Pereira do PSdG-PSOE do grupo Mixto, acorda:

1°.-Aprobar inicialmente o orzamento municipal para o exercicio 2014, con un importe total tanto en gastos coma en ingresos de tres millóns trescentos trinta e oito mil catrocentos corenta e seis euros (3.338.446,00 euros) co seguinte resumo por capítulos:

ESTADO DE GASTOS:


Capítulo Denominación, Consignación

A) Operacións correntes

1 Gastos de persoal 802.617,00

2 Gastos en bens correntes e servizos 1.388.759,00

3 Gastos financeiros 40.300,00

4 Transferencias correntes 51.400,00

B) Operacións de capital

6 Investimentos reais 1.025.120,00

7 Transferencias de capital 1.000,00

8 Activos financeiros i 00,00

9 Pasivos financeiros 29.250,00

Total gastos 3.338.446,00


ESTADO DE INGRESOS:


Capítulo Denominación Consignación

A) Operacións correntes

1 Impostos directos 1 859.300,00

2 Impostos indirectos 70.000,00

445.900,00

3 Taxas e outros ingresos

4 transferencias correntes 1.159.455,00

5 Ingresos patrimoniais 2.100,00


B) Operacións de capital

6 Alleamento de investimentos reais 00,00

7 Transferencias de capital 395.413,00

8 Ativos financeiros 00,00

9 Pasivos financeiros 406.278,00

Total ingresos 3.338.446,00


2°.-Aproba-las bases de execución do mencionado orzamento.

3°.-Aproba-lo cadro de persoal para 2014 e relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral incluidos no mesmo, coa valoración correspondente de niveis, retribucións complementarias e características.

4°.-Someter a información pública o orzamento aprobado polo prazo de quince días hábiles, a efectos de reclamacións, segundo dispón o artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

5°.-No suposto de non presentarse reclamacións contra o devandito orzamento e cadro de persoal, consideraranse definitivamente aprobados debendo cumplirse o trámite da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, do resumo por capítulos xunto co cadro de persoal, de acordo co disposto nos artigos 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril e 169.3 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

6°.-Remitir copia do orzamento mencionado á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma de Galicia.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás dez horas e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

V° e Prace,

O Alcalde, O Secretario

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA 0 29 DE XANEIRO DE 2014

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julian Ramón Seijas Criado. D. María de la Cruz Varela Varela. D. José C. Rey García. D. Luis A. Fachal López. D. Delfin Feal Pereira. Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita. D. Angel Pena Fontenla.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de xaneiro de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

PARTE RESOLUTIVA.

1. ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta das actas das sesións anteriores realizadas os días 27 de novembro e 30 de decembro de 2013, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, manifestando o Sr. Feal Pereira en relación coa do último pleno quere darlle a benvida a nova concelleira Ma de la Cruz Varela e puntualizar a intervención do Sr.Alcalde despois das quendas dos portavoces, indicándolle o Sr.Presidente que non procede neste punto, o pode facer en rogos ou preguntas, despois do cal, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda aproba-las referidas actas.


2. RECURSO REPOSICIÓN JOSE CÁMPELO VAZQUEZ E OUTROS CONTRA ACORDO DO PLENO DA CORPORACIÓN DE DATA 15 DE NOVEMBRO DE 2013 SOBRE EXPEDIENTE CONTRATACIÓN EXECUQÓN SENTENZA EDIFICIO O PENSO 1a FASE. Visto o recurso de reposición presentado por D. José Campelo Vázquez, D. David Arias Arnoso, Dona Dolores Mascaró Cancela, D. Jesús Reinoso Gómez, D. José Maceiras González, D. Segismundo Pifieiro Núñez, D. José González Díaz, D. José Manuel Sande Ferreira, Dona María Mahía Rodriguez, D. José Ramón Rodriguez Rodriguez, D. Antonio Arias Alvarez, D. Antonio Pérez Díaz e Dona Ester Fernández Elicechea, contra o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en data 15 de novembro de 2013, relativo a expediente contratación da obra "Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, la fase", no cal despois de facer referencia ao anuncio publicado no BOP do 12 de decembro de 2013, alegan infracción da DA 6a da Lei 8/2012, do 29 de XU110, de vivenda de Galicia, e solicitan se dite resolución anulando dito acordo.

Visto os informes do avogado encargado da defensa do Concello no referido procedemento D. Daniel Alvariño Heras no cal, entre outros, que a execución forzosa das sentenzas foi acordada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sendo o órgano xurisdicional competente a quen se lle remitiu o recurso de reposición presentado, insiste tamén nas responsabilidades en que se podería

incorrer no caso de acceder ao solicitado no recurso antes de que se pronuncie dito órgano xurisdicional.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. M. Teresa de Jesús García Pita entende ter que cumprir a lei, pero a lei é clarísima, sempre di previa indemnización aos afectados, como se vai a derrubar e sacar a xente das casas sen pagarles un aluguer, sen indemnizarlles; preguntáronlle moitas veces e dixo que non había cartos para indemnizar, consideran que é primeiro indemnizar e despois executar, non entenden como a sentenza non lle obriga a iso, espera que o recurso saia para adiante porque é de legalidade, de ética, de todo.

A portavoz do grupo Popular: Da. Eva M. Pazos Bande da conta da remisión do recurso presentado ao TSXG que é o órgano xudicial competente na execución das sentenzas que acordan a demolición no edificio, tamén recorda que o TSXG acordou a execución forzosa das sentenzas a instancia dos recorrentes e chegou a impoñer multas coercitivas ao propio Alcalde, si o Concello accedera ao solicitado no recurso antes do pronunciamento do órgano xudicial, tanto as autoridades como os que forman o Pleno e votasen este punto, como o persoal aos servizo do Concello incorrerían en responsabilidades previstas no artigo 112 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

A Sra. García Pita manifesta que está clarísimo que hai que facelo pero indemnizar a xente non se pensou en ningún momento porque o preguntaron continuamente e díxoselles que se indemnizaría cando houbera canos, uns alugueres indemnizando mentres se fan as obras non supón unha comía moito maior, o mesmo tempo que se pediu o préstamo para isto podíase pedir sumando as indemnizacións por alugueres que non supón tantos canos.

O Sr.Alcalde indica que iso supón uns 800.000 euros que é o que está no proxecto de execución.

D. Delfín Feal Pereira concelleiro do PSdGPSOE no grupo Mixto considera que é potestade do TSXG dirimir este escrito e o concello terá que seguir co procedemento de contratación, pero tamén deberá terse en conta que o informe do avogado recomenda que se leve a cabo a adxudicación antes de que se resolva polo tribunal.

O Sr.Alcalde indica que é a que é, pero a sentenza está al e obriga a seguir para adiante, propoñendo adoptar acordo de desestimar as alegación e dar traslado ao TSXG, a empresa que resulte con maior puntuación indicaráselle que non se resolverá o proceso ata que resolva o tribunal; o préstamo é exclusivo para demolición e no referente a fondos propios aproximadamente uns 400.000 euros, si o tribunal di que se destinen a 1a fase e logo se comece a 2 anon hai problema, pero a partir do pleno de hoxe si as cousas saen como deben saír, poderemos falar todos doutra alternativa que xa se falou na xunta de portavoces.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e Mixto, e dúas abstencións, da concelleira D. M. Teresa de Jesús García Pita, do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda:

1°. Rexeitar o recurso de reposición interposto por D. José Campelo Vázquez, D. David

Arias Arnoso, Dona Dolores Mascaró Cancela, D. Jesús Reinoso Gómez, D. José Maceiras González, D. Segismundo Piñeiro Núñez, D. José González Díaz, D. José Manuel Sande Ferreira, Dona María Mahía Rodriguez, D. José Ramón Rodriguez Rodriguez, D. Antonio Arias Alvarez, D. Antonio Pérez Díaz e Dona Ester Fernández Elicechea, contra o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en data 15 de novembro de 2013, relativo a expediente contratación da obra

"Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, 1a fase"

2°. A remisión á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do escrito presentado por Don José Campelo Vázquez e doce persoas máis.


3.- APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CABANAS. Acordada a formulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Cabanas, adxudicouse a súa redacción a UTE DVega Arquitectura, Territorio e Medioambiente S.L. e Proyestegal S.L., asinándose o contrato en data 31 de decembro de 2008, o cal conta con subvención de financiamento da Dirección Xeral de Urbanismo. Dito contrato foi modificado en canto a prazos con motivo da adaptación do documento de inicio para presentación como anteproxecto segundo a modificación introducida pola Lei 2/2010.

Redactado o anteproxecto someteuse ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica e elaborouse o documento para informe previo que foi remitido a informe da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, a cal emite o correspondente informe en data 23 de xullo de 2012 no que se formularon as observacións que constan incorporadas no expediente.

O equipo redactor achega documento para aprobación inicial e solicitase informe previo da Demarcación de Costas, Demarcación de Estradas do Estado, Dirección General de Ferrocarriles, Adif, Axencia Galega de Infraestruturas e Augas de Galicia, revisándose o documento polo equipo redactor tendo en conta os informes recibidos, segundo indica na última actualización entregada.

Dáse conta igualmente dos trámites realizados na elaboración do documento do PXOM e documentación incorporada, así como dos informes do arquitecto municipal e de Secretaría incorporados ao expediente.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervención coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. M a. Teresa de Jesús García Pita considera que o PXOM interesa a todos porque é algo necesario, pero interesa que cumpra a legalidade e que cubra as necesidades dos veciños, houbo dúas reunións e as deficiencias que lles enviaron agora debían habelo feito antes, que non se lles permita aos promotores as especulacións que estaban facendo, preguntase como van aprobar algo que non controlan, pediu varias veces o PXOM para levar un asesor, por iso máis que unha aprobación inicial é unha presentación inicial, o que lle importa é que atenda as necesidades do veciños, haberá que respectar e analizar as reclamacións dos veciños e volver a votar, por iso diría cambiar o concepto de aprobación inicial.

Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López considera que o PXOM é moi importante, hai cinco anos fíxose un documento base entre PP e AEC onde un dos principios era que o equipo redactor fose totalmente independente e algunha cousa máis como a desaparición dos baixo cuberta e convertelos en plantas para evitar problemas futuros, houbo reunións co equipo redactor insuficientes, non tiveron tempo dende que lle pasaron os planos e convenios para visualizalo todo, fixo o que se puido pero é insuficiente, a proposta de AEC é que se deixe a aprobación inicial sobre da mesa e dean máis tempo para ver o PXOM detidamente, na visualización que puido realizar observou que desaparecen vivendas catalogadas como históricas, aparecen outras, e outras coa mesmas características non se clasifican, alguén ten que explicar isto, hai camiños públicos que non aparecen e outros polo medio de casas, parcelas mínimas que pasan a 600 m2 quedando fora de ordenación, novas aliñacións que chegan ou afectan a propia casa, ríos que aparecen e desaparecen sen que haxa informe de Augas de Galicia, hai convenios interesantes e

outros que non se entenden, varia a vivenda intensiva da ponte do Areal a Cardeita sen saber o motivo, non é urbanista pero hai tamén unha lóxica, por todo iso pide deixar o PXOM sobre da mesa para dar tempo o seu estudo, senón absteranse, pois non puideron facer consulta porque se dixo que era un secreto, o equipo redactor debía estar aquí esta última semana para explicarlo antes do pleno, medidas que tomaron, ordenanzas dos núcleos que debería ser común para tódalas parroquias e varía dunhas a outras, criterios que utilizaron, etc, senón terán que pedir informe a un urbanista para que llo explique, non ten sentido facer plan para deixar tanto fora de ordenación, e hai que saber si todas estas propostas son legais, por iso insiste en deixalo sobre da mesa.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo coa argumentación do Sr. Fachal e alude ao pouco tempo para exame da documentación que inda hoxe lle chegou parte que non lle deu tempo a ler, tefien os convenios dende o luns e o CD é un compendio de toda a caixa que contén o documento, por moito que se mire en pantalla se perden, aparte de facer súa a argumentación do Sr.Fachal, agás o sentido do voto, dende o 2011 que é concelleiro solo houbo dúas reunións co equipo redactor que parecía máis unha clase de arquitectura que o plan municipal, non tiveron tempo para mirar nada sobre plano, quedouse en ter reunión antes da aprobación inicial pero non houbo, falouse da independencia do equipo redactor pero agora o equipo de goberno está en maioría e marcará uns criterios, non saben si se cumpren, as referencias que tefien doutros concellos é que se sentan tódolos portavoces co equipo redactor para estudo, é lóxico; en núcleos rurais hai expansión da edificabilidade en cenos núcleos, e hai casos en núcleos próximos onde a tendencia en vez de unilos é a separalos en contra do criterio de agrupar núcleos para prestar mellor os servizos, aparte hai distintos criterios, nunhas parroquias 500 m2, nutras 600m2, tamén hai distinto criterio en canto a ampliación, en definitiva pensa que o secretísmo actuou, hai convenios que en principio rozan a ilegalidade, se a aprobación inicial non se deixa sobre da mesa o partido socialista vai votar en contra porque é un documento troncal para o desenvolvemento de Cabanas.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva W Pazos Bande considera unha contradición que estean falando da importancia do PXOM, que pregunten polo el e agora pidan que se atrase, considera que o plan é base para o Concello; facendo historia indica que xa en 1994 se fixo o primeiro intento de facer un PXOM non se cumpriron os prazos, fíxose o avance e rescindiuse o contrato, no 2000 houbo un segundo intento, faise unha aprobación inicial e non se trae a pleno, os traballos deste PXOM inícianse en 2007, reúnese a mesa de contratación o 28-11-2008 e adxudícase por decreto da Alcaldía en decembro dese mesmo ano a UTE DVega S.L., Proyestegal; todo isto ten un gran traba°, redactase o documento de inicio en 2009 e remítese a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, hai modificación da lei e houbo que adaptalo as novas disposicións e fíxose o anteproxecto que estivo a exposición pública do 25 de setembro ata o 5 de novembro, e remítese ao concello o documento de referencia, o 20 de xullo de 2012 recíbese o informe da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Antes de iniciar a redacción do plan houbo charlas do equipo redactor en locais de asociacións e no Concello para dar explicacións do proceso e das fases do PXOM, será tamén o equipo redactor o que lles terá que explicar a vostedes as características e decisións que levaron a cabo, a redacción do plan non é un asunto sinxelo, interverien diferentes entidades, insiste na incoherencia de atrasalo e que para iso hai un período de exposición pública, para que todos se poidan informar e presentar alegacións, despois haberá que resolvelas e solicitar os informes doutros organismos, a aprobación do PXOM pois as normas vixentes son de 1987 e crean problemas para a súa aplicación, os problemas urbanísticos de interpretación están al e o PP non quere deixar problemas para o futuro, van actuar con responsabilidade e tratar que saia para adiante.

A Sra. García Pita indica que falan de transparencia, de incoherencia, de escurantismo, pero levan dous anos de reunións cos que fan o plan e ata o día de hoxe non lle pasan os informes, non saben nada dos convenios cos promotores e pregúntase como se lle chama a iso, falarlles de ganas de colaborar é tomarles o pelo, incoherencia é a que están facendo, o día do pleno coñecer todo despois de dous anos perdidos, de que veña o redactor dar nocións de arquitectura, onde está a transparencia, esperaban absterse pero agora un voto en contra rotundo porque xa está temendo o que vai pasar co plan.

O Sr.Fachal López manifesta que non é máis rapidez, está dicindo deixalo sobre da mesa un ou dous meses para estudalo e entendelo, non lle parece tanto tempo cando leva cinco anos de redacción, por moito que se corra non significa que se aprobe menor, ao contrario cantos menos erros teña mais posibilidades ten de ir para adiante; por outra banda suspéndense as licenzas e vai haber que modificar o ornamento aprobado hai tres semanas, reitera a petición de deixalo sobre da mesa, non se pode explicar a ninguén unha cousa que non se entende, hai incoherencias no proxecto que lle gustaría explicar con ceno razoamento, vostedes van aprobalo porque teñan maioría, polo tanto terán que buscar asesoramento e presentar alegacións, quere un PXOM pero o feito de sacar un plan de ordenación para adiante non significa que non vai haber ilegalidades e hai concellos con plan recente que teñen que tirar edificios.

O Sr. Feal Pereira sinala que non están pedindo atrasar o PXOM, están pedindo información, reunións co equipo redactor para aportar criterios, preguntar dúbidas e mellorar o proxecto; é ceno que vai haber un período de dous meses para alegacións que farán os vecinos, propietarios e outras persoas que poidan sentirse afectadas, alude á vía que cruza por As Viñas e que afecta a moitas fincas, non se vai executar nin se van expropiar, preguntou ao equipo redactor como os veciños poder botar para abaixo esa proposta, con alegacións si, pero deben explicar a necesidade desa vía, as normas actuais son confusas, pero sempre votan a culpa aos demais, expliquen que pasa coas edificacións que deixan fora de ordenación porque as actuacións quedan moi limitadas; o partido socialista votará en contra si non se retira' isto porque hai moitos puntos escuros, espera que polo menos na exposición pública dean información, e a sede socialista estará aberta a toda información.

A Sra. Pazos Bande opina que ningún portavoz pode dicir que non tivo diante toda a documentación do PXOM, tódolos grupos tiveron acceso ao plan e ao persoal do equipo redactor para formular preguntas; elaborouse un cronograma para que o equipo redactor, non os políticos, explique o PXOM por tódalas parroquias e atenda a todo o público, varias veces falouse da fase de exposición pública para que todos teñan acceso aos detalles deste plan; o 24-2-2014 está previsto o inicio da exposición durante 2 meses en horario de 9 a 14 no edificio do concello vello, haberá charlas informativas polas parroquias por parte do equipo redactor, 26-2-2014 en Laraxe, 27-2-2014 en Lavanderira, 28-2-2014 en Porto, 6-3-2014 aquí no Concello, 7-3-2014 en Santa Cruz do Salto e o 15-4-2014 no Concello, algúns días o equipo redactor estará no concello vello de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, todo elo segundo os anuncios publicados ao efecto para a transparencia e claridade; é un documento feito para tódolos veciños e poderá revisarse neste período de exposición pública segundo informe o equipo redactor, é un documento básico para seguridade urbanística e desenvol­vemento ordenado, logo haberá aprobación provisional pasando á Xunta para aprobación definitiva.

A Sra. García Pita pregunta si tiñan tanto acceso como recibiron hoxe a documentación.

O Sr.Alcalde indica que se deu toda a información e o equipo redactor o explicou en dúas reunións, na última díxose que era previa ao pleno, pero houbo que atrasala por falta do informe de estradas, non entende que os politicos se metan en temas técnicos e o PXOM é para Cabanas, toda a documentación está aquí, agora na exposición pública todo aquel que queira pode examinala e

presentar alegacións, o pode ver todo o pobo de Cabanas, elaborouse un cronograma para que o equipo redactor explique calquera dúbida e poden presentar as alegacións que consideren convenientes, non se lle vai privar a ninguén que vexa o documento; o tema dos núcleos rurais xa o explicou o equipo redactor que hai unha normativa, este documento xa estivo na Consellería a informe previo e houbo que facer unhas regularizacións, é o proxecto máis importante para Cabanas dos últimos anos, en canto a recomendación de que houbera un portavoz de cada grupo na mesa, foi falado e o equipo técnico nunca o recomendou porque nunca se chegaba a bo porto e a demostración está neste Concello en casos anteriores, os convenios como o resto están a disposición pública.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo Popular, o que representa o quórum requirido da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, tres en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita, do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e do concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda:

Primeiro.- Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Muncipal do concello de Cabanas, redactado por UTE DVega Arquitectura, Territorio y Medioambiente S.L. y Proyestegal S.L., que inclúe como anexos a documentación relativa o desenvolvemento do planeamento:

- Modificación puntual do Plan Parcial do Polígono de Vilar do Colo.

- P.E.O.N.R. M-1 en As Modias.

- Sector de solo urbanizable S.U.D.-1.

Así como, os seguintes convenios urbanísticos:

- Convenio asinado cos promotores para P.E.O.N.R. M-1 nas Modias.

- Convenio asinado cos promotores para Sector de solo urbanizable S.U.D.-1.

Convenio asinado con D. Francisco López Allegue para cesión parcela en Iris. - Convenio con BJ Promociones e Inversiones S.L. no Día Oito. - Convenio con Costa Ortegal S.L. no Día Oito

Convenio con El Tejo del Arenal S.L. no Día Oito.

Segundo.- De conformidade co previsto nos artigos 85.2 e 237.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dito documento aprobado inicialmente, cos anexos relativos a desenvolvemento do planeamento, convenios urbanísticos e documentación integrante do expediente, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométense a un período de consultas e de exposición ao publico polo prazo de dous meses, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal os interesados poderán proceder ao seu exame e presentar cantas alegacións consideren convenientes. Ademais do DOG, dito anuncio publicarase en dous dos xomais de maior difusión da provincia, así como, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Durante o mencionado prazo o documento aprobado inicialmente con seus anexos e convenios urbanísticos estará a disposición dos interesados no salón de sesións da antiga Casa do Concello, sita en rúa do concello 4, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas; o expediente poderá examinarse na Secretaría do Concello nas mesmas datas.

Simultaneamente e durante o mesmo prazo darase audiencia aos concellos limítrofes.

Terceiro.- Simultaneamente ao trámite de información pública solicitaráselle as administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios

Cuarto.- Así mesmo, de acordo co previsto no art. 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro e 118 e 120 do Regulamento de planeamento, aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño,

acórdase a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas polo prazo máximo de dous anos no ámbito do todo o termo municipal nas áreas en que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente sempre que respecten as determinacións do novo planeamento.


4.- MOCIÓN GRUPO MIXTO SOBRE ANTEPROXECTO DE LEI ORGÁNICA DE REVISIÓN DA LEXISLACIÓN VIXENTE SOBRE SAÚDE SEXUAL E REPRODUTIVA E INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdGPSOE do grupo Mixto en cuxa exposición de motivos alude a Lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, indicando que no texto declárase o dereito de todas as persoas a adoptar libremente decisións que afectan á súa vida sexual e reprodutiva, sen máis límites que o respecto aos dereitos das demais persoas e á orde pública garantido pola CE e as leis, recoñece o dereito a matemidade libremente decidido. A lei substituíu a unha regulación de 25 anos atrás foi consensuada coa maioría dos grupos políticos e coa participación de expertos e incorporou a xurisprudencia do TC e do TE de Dereitos Humanos, así como recomendacións do Consello do Estado, e outros organismos intemacionais.

Indica que o Gobemo anunciou unha revisión desta lexislación e presentou no Consello de Ministros do 20-12-2013 un anteproxecto de lei orgánica que suprime o dereito das mulleres a interromper o embarazo nas primeiras catorce semanas, privándolle do seu dereito a decidir sobre a súa matemidade, cita tamén outras supresións como supostos de malformación, etc., considera que esta norma non só suporá un retroceso de máis de trinta anos e o incumprimento de compromisos intemacionais senón que situará a España como unha excepción en Europa, onde nos últimos anos ningún pais lexislou cara atrás nesta materia; esta proposta provocou un enorme rexeitamento social da cidadanía española e europea, das organizacións sociais, profesionais e feministas, así como declaracións de membros do seu propio partido discrepando do seu contido, solo cultivou a felicitación de formación políticas de extrema dereita doutros países.

Polo exposto, somete a consideración do Pleno, a adopción dos seguintes acordos:

O Concello de Cabanas insta ao Gobemo de España a retirar inmediatamente e non continuar a tramitación do anteproxecto de lei orgánica polo que pretende revisar a lexislación vixente en España sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.

Aprobada esta moción darase traslado da mesma ós grupos políticos presentes no Congreso dos Deputados.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita considera triste que haxa que pedir que non se involucione, neste gobemo local hai catro mulleres e gustaríalle coñecer como reaccionan, inda que xa o sabe, somos a crítica dos países europeos, non sabe si o partido popular confunde o dereito a obrigación ou a imposición, parece que se está obrigando a abortar e non é así, non se pode limitar o dereito que ten unha muller sobre o seu corpo.

Polo grupo Popular: a portavoz D. Eva Ma. Pazos Bande opina que se está a tocar un tema dos complicados sobre todo para as mulleres, aclara que se trata dun anteproxecto susceptible de mellora, debate, novas aportacións e diversos enfoques; sería bo chegar a entendemento para evitar, como se fix. o noutras ocasións, romper o consenso de 1985, hai puntos controvertidos e no seu grupo non todos pensan igual, é un tema sensible e necesítase o máximo consenso dentro dos

límites establecidos polo TC en 1985 onde se aprobou unha lei que non cambiou o PP e si cambiou o PSOE en 2010, o PP foi o partido máis votado nas últimas eleccións e levaba no programa esta nova lei polo que lexitima ao Goberno a intentar levar a cabo a reforma da lei, non están de acordo con moitos supostos do anteproxecto e presenta unha emenda transacional " Instar ao goberno central a mellorar o anteproxecto de lei orgánica para protección da vida do concebido e dos dereitos da muller embarazada procurando chegar ao máximo consenso posible coas distintas forzas políticas tomando como referencia a lei de 1985 e dentro dos límites establecidos polo Tribunal Constitucional".

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que a lei do 85 e a do 2010 tivo un amplo consenso, a lei que se pretende aprobar o que fai e botar para atrás todo o que hai de positivo na última lei, si vostedes din que queren mellorar o anteproxecto para mellorar a de 2010 estaría de acordo, pero con este anteproxecto non, fai mención a puntualizacións da Comisión Europea de dereitos humanos sobre a idade de consentimento, al podía haber acordo no resto non, aceptaría que dixera que se esquecese deste anteproxecto e se reformase aqueles puntos conflitivos da de 2010, daquela si.

A Sra. Pazos Bande reitera o dito anteriormente, entenden que o goberno está lexitimado para desenvolver un proxecto de lei, que non compartan tódolos puntos do anteproxecto é unha cousa pero que non consideren que está lexitimado para facelo é outra, entonces non van votar a favor da moción.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdGPSOE do grupo Mixto, da concelleira D. W Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e seis abstencións dos membros do grupo Popular, acorda aproba-la devandita moción.


PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN. 5.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 475 do 22-11­2013 ata a número 474 do 025-01-2014.

Informe trimestral de acordo co art. 5 da Lei 15/2010 do 5 xullo pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade. De acordo co establecido no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, preséntase o informe correspondente ao 4cT de 2013 sobre o cumprimento dos prazos previstos nesta lei para o pagamento das obrigas desta entidade local, incluíndo o número e contía global das obrigas pendentes nas que se está incumprindo o prazo, así como relación de facturas e/ou documentos xustificativos con respecto ós cales transcorresen máis de tres meses dende a anotación no rexistro de facturas sen tramitar os expedientes de recoñecemento da obriga.

MOCIÓNS DE URXENCIA.

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita presenta unha moción de urxencia relacionada coa subida das cotización a seguridade social dos autónomos, está creando moitos problemas, son os que están creando emprego e non reciben axudas da banca, polo que é urxente adoptar un acordo ao efecto.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación co voto a favor dos once membros, acorda ratifica-la urxencia da moción e incluir dito punto na orde do día

A continuación a Sra. García Pita da conta da moción, propoñendo a adopción dos seguintes acordos:

1°. Que se cumpran dende as administracións públicas os prazos de pagamento as Pemes e concretamente aos autónomos e que se cumpra a lei de morosidade.

2°. Potenciar a formación para autónomos dende o concello individualmente ou conxuntamente con instancias superiores para posibilitar a súa adaptación as novas necesidades do mercado e coñecer tódalas ferramentas ao seu alcance que poida usar na súa actividade e aparte solventar así as carencias que neste eido poidan ter e resolver os posibles ceses de traballadores autónomos ou de acceso as aladas que lles poderían corresponder.

3°. Instar ao gobemo central e autonómico que leven a cabo a rebaixa fiscal prometida que precisa este colectivo para afrontar esas dificultades que lles impón a crise e as desvantaxas patentes que sofren fronte as grandes empresas.

4°. Instar ás diferentes administracións que faciliten a financiación a través de tódolos canles dos que dispoñen incluído acceso a fondos europeos para que os emprendedores fagan realidade os seus proxectos establezan e teñan oportunidade de ser creadores de emprego.

5°. Crear as condicións necesarias conxuntamente con outras administracións locais ou supramunicipais para a creación dun viveiro de empresas que permita que aproveiten o máximo os emprendedores os recursos cos que poden contar minimizando o mesmo tempo os custos que lle suporía a posta en marcha dos seus proxectos.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que como traballador autónomo asume todo o que di a moción son unha parte importante da economía e si se lles poñen atrancos o sistema dese, polo tanto votará a favor.

Polo grupo Popular: o Sr. Alcalde indica que a moción ten razón en parte porque hai cousas que xa se cumpren, o plan de pagos estase executando, os informes trimestrais de Intervención sobre a morosidade remítense ao Ministerio, agora dende o partido popular estase intentando que a financiación chegue as Pymes, hai esperanza coa adxudicación NCG Banco, como hai parte que se está cumprindo vanse abster.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdGPSOE do grupo Mixto, da concelleira D. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e seis abstencións dos membros do grupo Popular, acorda aproba-la referida moción.

6. ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.1.1. Cantos participantes concorreron á licitación para a demolición do edificio do Penso ?. Resposta Sr.Alcalde: oito empresas.

a.1.2. Hai algún avance respecto a Costas polo asunto dos chiringuitos ou quedou esquecido?. Resposta Sr.Alcalde: estamos pendentes de que saia o regulamento da nova lei, a partires de al intentarase regularizar todo iso.

a.1.3. O estado do espigón e da praia veuse afectado polos temporais, visto que o socavón é máis grande na parte próxima ao espigón, está roto e a súa funcionalidade é negativa, poderíase retomar o terma da súa retirada ?

Resposta Sr.Alcalde: hoxe mesmo estivo falando coa Demarcación de Costas do que pasou co temporal, vaise a seguir intentando e pelexando, cree que iso sería un avance importante para a praia e para o entorno.

a.1.4. En relación coa humanización da N-621, hai algún avance con respecto aos últimos dous meses cando comentou que se estaba estudando en Madrid, habíase proxectado ben e esperábase un bo resultado, hai algún avance sobre o tema?.

Resposta Sr.Alcalde: hai avances pero non son positivos, a emenda que se presentou aos orzamentos do Estado non foi admitida, pero seguirase intentando para saca-la proposta por outra vía, fixéronse xestións en Madrid, en Coruña e co Ministerio, o problema é o diñeiro e o máis grave é o estado da estrada, polo que seguirase intentando.

O Sr.Fachal López indica que se podería dividir a actuación en fases para facilitar a cuestión orzamentaria.

O Sr.Alcalde sinala que xa está dividido en dúas fases, unha ata o cruce que é a máis necesaria, pero a emenda para incluíla ten que ser completa con vinculación a Fene e Pontedeume.

Intervención da concelleira D. Ma. Teresa de Jesús García Pita.

a.2.1. Entende que mirara o de Costas e Chamoso, pero un día ensinoulle no paseo debaixo da ponte do tren lousas levantadas, agora hai moitas mais e gustaríalle que as vira porque hai xente que cae.

Resposta Sr. Alcalde: estiveron alí traballadores reparando, mañá pasará a velo de novo.

a.2.2. Na Barrosa hai un muro caído, que se vai a facer, non se pode esixir o seu amaño?.

Resposta Sr.Alcalde: hai un informe técnico onde di que o responsable é o veciño, no seu día non fixo cesión ao Concello, xa se falou co propietario para chegar a un acordo, ten que facer a cesión para que o Concello poida actuar, estase a espera.

a.2.3. Na estrada que se está facendo de Laraxe a Porto, as beirarrúas non cumpren a normativa, son moi estreitas nalgúns sitios, as farolas no medio impiden o paso de cadeiras de rodas.

Resposta Sr.Alcalde: a situación das farolas cumpre a normativa, para unha cadeira de rodas son 80 cm. e cree que cumpre.

Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.3.1. Como dixo a portavoz popular nesas reunións informativas co equipo redactor do PXOM tiveron acceso a documentación e di que podían preguntarlle as dúbidas, pero que dúbidas lle ían a preguntar ao equipo redactor se non coñecen o proxecto?, baseándose na súa maioría na lexitimidade para aprobar ese plan como calquera outra cousa, considera a Presidencia que é o mesmo lexitimidade que maioría?.

Resposta Sr.Alcalde: nas reunións co equipo redactor puideron preguntar as dúbidas, incluso falaron dos convenios e o equipo redactor díxolles que cumpren.

O Sr. Feal Pereira manifesta que había convenios sobre da mesa que dixo que os ensinaría cando se aprobase o Plan non viron os convenios antes.

O Sr.Alcalde indica que estaban os convenios para ver, estaba todo o Plan de urbanismo e os núcleos rurais, explicoulles o que era tradicional, non tradicional, urbano, histórico e se tiñan algunha dúbida que a preguntaran e tamén que están a súa disposición para calquera dúbida.

a.3.2. Rogo.. En relación coas actas do pleno o Sr.Alcalde ao final das participacións dos portavoces matiza o que lle interesa e sempre se cae na redundancia da herdanza recibida, no pleno de aprobación do orzamento fixo referencia expresa de que o problema do contrato con Aquagest era " do teu grupo de goberno", recórdalle que na acta do pleno do 28-06-2000 onde se aprobou a adxudicación do concurso para concesión da xestión do servizo de abastecemento de auga, mantemento rede sumidoiros e depuración, de todos os que estaban nese pleno -cita nomeadamente a tódolos asistentes- e dos que hai no pleno actual, ten vostede unha concelleira no seu grupo e nese punto sae aprobado con tódolos votos a favor excepto o representante de IVC, é dicir a súa concelleira votou a favor desa concesión a Aquagest, co cal o grupo socialista si estaba pero este portavoz non, asumamos as responsabilidades pero asumámolas todos o grupos que votaron a favor, porque xa cansa a reiteración do tema das herdanzas recibidas e nesta herdanza o partido popular ten parte.

Resposta Sr.Alcalde: non ten parte porque é unha aprobación do pleno, é unha concesión que firma a Sra. Alcaldesa, na directiva do partido socialista ten algún membro que estaba nese pleno.

O Sr. Feal Pereira indica que na agrupación local do partido socialista solo está el como concelleiro, á concelleira que votou a favor da concesión está no grupo de goberno, e insiste que na concesión de Aquagest tódolos grupos votaron a favor agás IVC que se abstivo e polo tanto serían partícipes partido popular, partido socialista e BNG.

Por alusións D. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que aprobaron a concesión a Aquagest pero parecíalles excesivo os 25 anos que se lles daba.

b) Preguntas por escrito.

b.1. Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira en escrito de data 28 de xaneiro de 2014.

b.1.1. De todos, é ben sabido que o tema do desemprego é un problema serio e de urxencia, aínda máis para os nosos mozos que confían en que os poderes públicos o solucionen e conviven con ese malestar día tras día xa case sen esperanza algunha.

As últimas cifras mostran que, tanto en varóns coma en mulleres, o sector da poboación de Cabanas máis afectado é o dos mozos (16-35 anos), mozos que ven de lonxe a opción de emanciparse;mesmo de emprender. Neste sentido, a maiores, ternos coriecemento de que a taxa de crecemento interanual é negativa (aínda que en menor medida) por segundo ano consecutivo, e que preto do 6% dos mozos non tiveron nin primeiro emprego. Tamén sabemos que no programa electoral co que se presentou no seu día non se recollía ningunha medida para paliar esta situación coa que conviven os nosos mozos e tampouco sabemos de que se experimentara unha variación nas cifras que demostre que agora mesmo se estea a traballar nese punto exactamente.

Dende o Concello pensouse algo ao respecto?, e de ser así, pódese saber o qué?.

Resposta Sr. Alcalde: no pleno anterior xa contestou algo disto, levamos varios anos con programa integrado de emprego, primeiro solo e agora con Fene, Neda, Mugardos e Pontedeume, hai 90 persoas no programa das cales 14 son do concello de Cabanas, no último programa conseguíronse os obxectivos, no último pleno dixo que había 2 pendentes e xa cumpriron, agora desas 90 persoas un 54% son menores de 30 anos, en Cabanas hai colocadas 2, aparte nos outros concellos as persoas colocadas, estase na medida de 14-15 persoas entre tódolos concellos, sábese que isto é un problema xeralizado porque a comarca está sufrindo, espéramos que co flotohotel de Navantía isto mellore e sexa o comezo do crecemento do emprego e su cumpra a palabra do Presidente da Xunta da que nunca dubidou.

b.1.2. Señor Alcalde os vecifios da zona de Fontao e a Barrosa dende hai meses ven como a súa zona se está a deteriorar e o Concello non fai nada por solucionalo. Empezando co Río de

Fontao, que xe en varias ocasións solitámoslle que o arranxase dadas as malas condicións nas que se encontra unha das súa columnas.

Espera o Concello a que o río se derrube para arranxalo?, de non selo caso, cando ten pensado o Concello arranxalo?.

Resposta Sr. Alcalde: a previsión era facer un arranxo integral de todo o río e vai ser complicado por queriamos que entrara nunha subvención, vamos a facer unha reparación puntual da zona, dese piar que é o que está máis afectado.

b.1.3. A respecto da situación perigosa na que se atopa o camino da Barrosa, polo derrubamento do muro de contención que provocou a desaparición de parte da vía, provocando que sexa extremadamente perigoso circular e pasar por ah',

Xa dixo as medidas que está tomando, pero, on suficientes as medidas de seguridade tomadas?, non será máis oportuno cortar a vía a circulación para facela máis segura?.

Resposta Sr.Alcalde: é verdade que a estrada estivo cortada, puxéronse sinais e alguén os levantou, vanse facer outros sinais para volver a cortala máis contundentemente porque non debe haber circulación por esa vía, pois as veces a xente saca a valla.

b.1.4. Tamén queremos saber como se encontran os trámites para dotar dunha marquesina á parada bus escolar en Lavandeira para os usuarios do CEIP Mosteiro de Caaveiro en A Capela, que xa lle foi demandada polos vecinos en maio de 2013 e recordado por este portavoz noutro pleno?.

Resposta Sr.Alcalde: a contestación xa lla deu no pleno, a esa xente xa lle explicou o que había e que se la intentar facer, estase nese proceso pero non é fácil, entende que sería necesario pero non é posible porque hai máis marquesinas.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e vinte e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

V° e prace,    O Secretario.

O Alcalde,

Acta do Pleno ordinario de marzo de 2014

Concelleiros asistentes: Da. Eva      Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D'. Ana Rosa Méndez Eiroa, D. Julian Ramón Seijas Criado, D. Ma.ría de la Cruz Varela Varela;

D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López

D. Delfin Feal Pereira.

Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.

No salón de sesións da casa do concello, sendo a dezasete horas e trinta minutos do día vinte e oito de marzo de dous mil catorce, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Antes do inicio da Orde do Día, o Sr. Alcalde da lectura a unha declaración institucional en relación co falecemento do que fora Presidente do Goberno Don Adolfo Suárez destacando a súa labor na transición do réxime autoritario de ditadura franquista a un modelo de democracia plena, a aprobación da Constitución de 1978, a súa intuición, habilidade e coraxe foron determinantes para levar a Espafia a maior época de prosperidade en paz e liberdade, marcando o camiño do entendemento, a concordia e a solidariedade. A continuación gárdase un minuto de silencio polo seu pasamento.

PARTE RESOLUTIVA.

1.-    ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o clia 29 de xaneiro de 2014, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que forimilfir algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros acorda aproba-1a referida acta.

2.-    APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO MUNICIPAL DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABÉL. Visto o expediente tramitado para aprobación do Regulamento do Servizo de abastecemento de auga potábel no concello de Cabanas, cuxo texto normativo consta de sesenta artigos, co informe de Secretaría sobre a lexislación aplicable e o procedemento a seguir, así como, a documentación que consta no devandito expediente.

Despois de debati.do o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos once membros presentes, acorda:

1.°.—Aprobar inicialinente o regulamento municipal do servizo de abastecemento de auga potábel no concello de Cabanas.

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto do regulamento polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións ou alegacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, procedéndose a publicación do texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia. Dar traslado deste acordo a empresa concesionaria do servizo.

3.-    APROBACIÓN INICIAL ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS. Visto o expediente tramitado para aprobación da Ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residrmis do concello de Cabanas, cuxo texto normativo consta de trinta e catro artigos, unha disposición transitoria, unha disposición detrogatoria, dúas disposicións derradeiras e cinco anexos, co informe de Secretaría sobre a lexislación aplicable e o procedemento a seguir, así como, a documentación que consta no devandito expediente.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos once membros presentes, acorda:

1.°.—Aprobar inicialmente a Ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais do concello de Cabanas.

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións ou alegacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, procedéndose a publicación do texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia.

Dar traslado deste acordo ao concello de Pontedeume e a empresa concesionaria do servizo.

4.-    ENCOMENDA XESTIÓN PUNTO LIMPO Á MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL E CONVENIO A SUBSCRIBIR AO EFECTO. Visto que con data 26 de decembro de 2013 foi recibida a obra de Construción dun punto limpo para os concellos de Fene e Cabanas segundo acta remitida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e segundo acordo adoptado polo pleno en data 30 de xaneiro de 2008 corresponde aos concellos de Fene e Cabanas asumir a explotación, conservación e mantemento da obra da que fai entrega de confortnidade co compromiso adoptado en dito acordo.

Visto o interese dos concellos de Ares e Mugardos na utilización do referido punto limpo e a conveniencia de compartir servizos, tendo en conta que os concellos afectados forman parte da Mancomunidade de Concellos de Fetrol, e visto o acordo adoptado pola referida Mancomunidade en data 10 de marzo de 2014, aprobando o texto do convenio a subscribir, achegas económicas co estudo de custos e borrados de pregos de condicións técnicas.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta non saber se a contía coincide co que saíu na prensa, pero aparte disto, a empresa concesionaria vai ter un beneficio extra pola venda dos m.ateriaís recollidos, tamén di que o servizo será gratuíto para os veciños dos catro concellos implicados pero prevé cantidades tipo para evitar saturacións das instalacións, debe quedar claro si se vai limitar ou non, estase partindo do suposto de que xa se cobren os gastos polos concellos e os materiais recollidos véndense ben aumentando o beneficio, ninguén tira no punto limpo cousas por tirar e por elo non entende a limitación para evitar saturación.

Polo grupo Popu.lar: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande indica que en tódolos puntos limpos ffranse unhas cantidades límite, refirese a restos de podas, xardín, etc, que é necesario establecer unhas cantidades senón habería unha saturación, no prego de condicións fíxanse unhas contías por día e mes, unha vez superadas non se poderá verter máis nese mes, insiste en que tódolos puntos limpos están xestionados con cantidades tope.

0 concelleiro D. Angel Pena Fontenla sinala que se estaba a falar na prensa de pagar unha contía mínima para que non se sature, pero o que debe facerse é que cando unha persoa non poida depositar máis espere para o mes seguinte pero non cobrar porque senón o que vai pasar van a ser vertedoiros clandestinos como o que está fronte a gasolineira de Petronor, preto da Igrexa de Laraxe.

0 Sr.Alcalde indica que en ningún sitio aparece o de cobrar, é gratuíto para os vecitlos, non enviou ningunha nota de prensa e pide que non se cree confusión, aquí hoxe estase autorizando á Mancomunidade de Ferrol para que xestione o punto limpo, logo virán as condicións pero non se cobra a ningún vecifío, ademais os pregos van a ser públicos e haberá que limitar unha cantidade, en canto ao vertedoiro de Laraxe está en finca privada e o titular debe ser consciente do que ocorre na súa finca, que a limpe ou denuncie.

Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con dez votos a favor , dos membros dos grupos Popular, AEC, o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto e a concelleira Da.    Teresa de Jesús García Pita, e abstención do concelleiro D. Angel Pena Fontenla,

acorda:

1°. Encomendar xunto co concello de Fene a xestión do Punto Limpo situado no Polígono de Vilar do Colo, titularidade dos concellos de Cabanas e Fene, a favor da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

2°. Prestar conformidade ao acordo adoptado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en data 10 de marzo de 2014 sobre establecemento do servizo compartido de Punto Limpo e documentación incluída no mesmo.

3°. Tendo en conta a cotitularidade do concello de Fene, este acordo estará condicionado á conformidade de dito Concello.

5.- RECURSO REPOSICIÓN ASOCIACIÓN DE VECIÑOS PARA DEFENSA DA NATUREZA (AVEDENA) CONTRA ACORDO APROBACIÓN INICIAL PXOM. Visto o recurso de reposición presentado pola Asociación de vecitios para a defensa da Natureza (AVEDENA) contra o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en data 29 de xaneiro de 2014 sobre aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cabanas, no que alude a falta de documentación que debía de incluírse para dita aprobación e solicita se de conta á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, así como, ao Pleno da Corporación, para que sexa revogado dito acordo e se acorde axeitar o Plan as determinacións que estableza o informe de Augas de Galicia en consonancia coa Lei 9/2010 e informes emitidos que as leis dispofien. Visto o informe da asesoría xurídica externa no que considera que o recurso debe ser desestimado porque o informe de Augas de Galicia foi solicitado e a falta de notificación no prazo establecido na Lei 9/2010 equivale á declaración de conformidade co contido do proxecto.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta a súa abstención ratificando a da aprobación inicial do PXOM, da mesma forma e polos mesmos motivos, no recurso se poñen de manifesto cousas que son certas e outras inconcretas, axeitar o plan as determinacións de Augas de Galicia e informes emitidos, pero isto xa é así, se non o fan os técnicos ao final será a Xunta a que dírá si está legal ou non e os pasos a seguir.

O concelleiro D. Angel Pena Fontenla indica estar a favor do recurso, recorda que xa votaron en contra da aprobación inicial do PXOM porque presenta moitas irregularidades, alude a xacementos sen catalogar, - O Sr. Alcalde indícalle que se limite ao punto da orde do día- , prosegue o Sr. Pena Fontenla facendo referencia a que o informe de Augas de Galicia ten moito que dicir en canto a fontes, lavadoiros, cita varios na parroquia de Laraxe, hai moitos elementos sen catalogar e cousas gordas, por iso votaron en contra de que este plan se leve adiante, necesita máis traballo de campo.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira entende que se trata dunha reclamación dunha asociación de vecifios con respecto a redacción dun plan e logo di que hai unha serie de información que se lle puido detraer aos concelleiros para. a aprobación inicial, o voto do partido socialista nese momento foi nesa dirección, e seguirano estudando, o recurso baséase no informe de Augas de Galicia, cita o artigo 39 da Lei 9/2010 e entende que se non chegou o informe estaría aprobado, pero habendo outras cousas que teñen razón o seu voto será a abstención, e seguiran cos tráraites de estudo do PXOM.

Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva    Pazos Bande refirese ao informe xurídico onde

constata que o informe de Augas de Galicia foi solicitado o 14-08-2013 e o artigo 39.3 da Lei 9/2010 establece o prazo de dous meses, a falta de notificación neste prazo equivale á conformidade con contido do proxecto de instrumento territorial urbanístico, este prazo transcorreu amplamente, polo que o recurso de reposición interposto debe ser desestimado.

Despois de debatido o asunto, sométese a votación resultando sete votos a favor do rexeitamento dos membros do grupo Popular e o concelleiro de AEC, D. José C. Rey García, dous

en contra do rexeitamento da concelleira Da.    Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D.

Angel Pena Fontenla, e dúas abstencións do concelleiro de AEC D. Luis A. Fachal López e do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, polo tanto queda rexeitado o recurso de reposición presentado pola Asociación de veciños para a defensa da Natureza (AVEDENA).

6.- RATIFICACIÓN RESOLUCIÓN ALCALDÍA SOBRE MODIFICACIÓNS PROXECTO OBRA POS 2014. Dáse conta da Resolución da Alcaldía 080/2014 relativa a aprobación de cambios non substanciais no proxecto técnico da obra incluída no POS 2014 na que resolve:

"1. Aprobar o proxecto técnico en que se recollen os cambios non substanciais propostos pola supe

2.    Dar conta ao Pleno da Corporación deste Concello na primeira sesión que se celebre a partir da data da presente resolución, para o seu coñecemento e ratificación.

3.    Dar traslado da presente resolución e do acordo plenario que posteriormente se adopte á Deputación Provincial para a súa inclusión no P1an Provincial de Cooperación ás obras e servizos de Competencia Municipal (POS) 2014".

O pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor , dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda ratificar a devandita resolución da Alcaldía.

7.- PROPOSTA OBRAS PLAN DTC 93 UNHA DEPUTACIÓN PARA TODOS OS CONCELLOS. Vista a ciroilar da Deputación Provincial relativa a comunicación da aprobación das bases reguladoras do Plan "DTC 93 unha Deputación para todos os concellos", así como a contía asignada a este Concello; e vistas as devanditas bases reguladoras, e os proxectos técnicos das obras a propoñer.

Despois do estudo do asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor , dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:

1°.- Participar no Plan "DTC 93: Unha deputación para todos os concellos" da Deputación Provincial da Coruña, cuxas bases se coñecen e aceptan na súa totalidade, e solicitar a aplicación da subvención asignada a seguinte finalidade:

A i Obras e subministracións:

Denominación    Orzamento total    Achega municipal    Achega provincial

Camiño de Xicos, Travesía do Salgueiral e rúa Santa Marta    58.855,09    ---    58.855,09

Camiño do Rolo e camiño do Salgueiral    57.394,39    —    57.855,09

           

Total    114.249,48    ----    114.249,48

Aprobar os correspondentes proxectos técnicos.

B Acheegas municipais a outros plans, prv    as ou convenios:

Denominación da actuación e do Plan ou Programa no que se inclúe.    Financiamento desagregado    Achega    provin

cial aplicada

—    ----    --

       

Total    —    —

Resumo:

    Deputación    Concello    Outras achegas    Presuposto total

Subtotal obras e subministracións    114.249,48        –    114.249,48

Subtotal    achegas    a    outros    plans,

programas ou convenios    --        –    –

Total    114.249,48    --    –    114.249,48

2°.- Non se inclúen actuacións para o Plan Complementario.

3°.- Declarar que o Concello conta cos terreos e concesións necesarios para a execución das obras.

4°.- Non existe achega municipal voluntaria.

5°.- Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou do gasto corrente para o que se solicita a achega provincial, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións para a súa execución, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.


6°.- Autorizase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería. da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

8.-    RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS. Visto o expediente tramitado para recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a exercicios anteriores, pendentes de aplicar ao orzamento por falta de consignación suficiente ou por haberse presentado a factura despois do peche do exercicio, así como, informe de Intervención.

Despois do estudo da relación dos créditos a recoñecer, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG¬PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira D. M1. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:

1°. Aprobar o recoñecemento dos créditos que se relacionan a continuación, correspondentes ao exercicio anterior.

Partida    Acredor    Concepto    Importe

162.22700    Sogama S.A.    Liquidación suba tipo ive.    522,52

233.22799    Serv. Soc. Virxe do Carme SL.    Axuda fogar dependencia 11/2013    10.070,65

    Serv. Soc. Virxe do Carme S.L.    Axuda fogar dependencia 12/2013    10.499,06

450.22706    Proyfe S.L.    Honorarios redacción proxecto    980,10

941.45001    Consorcio Galego Igualdade e Benestar    Achega comedor 3°T/2013    1.941,60

    Consorcio Galego Igualdade e Benestar    Achega comedor 4°T/2011    1.060,29

    Consorcio Galego Igualdade e Benestar    Achega comedor 4° T/2013    2.135,28

943.46300    Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol    Achega    servizo    recollida    animais

xullo-novembro 2013    1.380,09

    TOTAL    28.589,59

2°. Aplicar con cargo ao orzamento de 2014 os créditos anteriores con cargo á partida orzamentAria que se cita.

9.-    SOLICITUDE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL. Visto do Decreto 99/2012, do 16 marzo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan os servízos sociais comunitarios e o seu financiamento (D.O.G. n° 63, do 30 de marzo de 2012), así como o proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais para 2014.

Despoís de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes acorda:

1°.- Solicitar á Consellería de Traballo e Benestar, a ttansferencia finalista para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal regulada no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

2°. Que o importe total do financiamento solicitado, segundo se reflicte no resumo xeral deste anexo V, é de 126.027,00 euros, co seguinte detalle:

- Persoal: 15.013,00 euros.

- Mantemento: 0,00 euros.

-    Axuda no fogar:

* Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 0,00 euros.

* Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 103.014,00 euros.

-    Xestión de programas: 8.000,00 euros.

- Investimento: 0,00 euros.

3°. Declarar que os servizos sociais comunitarios municipais seguen a prestarse con continuidade.

4°. Comprometerse a coftnanciar o mantemento e o desenvolvemento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal incluídos no proxecto anual presentado para a solicitude da transferencia finalista correspondente ao exercicio 2014 na contLa de 239.392,07 euros, que supón unha porcentaxe do 65,51€10 sobre o orzamento total do proxecto, excluídas outras achegas autonómicas.

10.-    SOLICITUDE Da. Ma. ELISA BAAMONDE REIGOSA DE RECOÑECEMENTO DE COMPATIBILIDADE ENTRE O EXERCICIO DAS FUNCIÓNS PÚBLICAS E PRIVADAS. Vista a solicitude presentada por Da. Ma. Elisa Baamonde Reigosa de recoñecemento de compatibilidade para o desempeño do posto de arquitecto técnico municipal co exercicio de actividade privada.

Visto que a solicitante desempeña o posto de arquitecto técnico municipal, que figura na Relación de Postos de Traballo a media xornada.

Visto o disposto ao efecto na Lei 53/1984, do 26 de decembro sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas e no Estatuto Básico do Empregado Público.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita entende que ten dereito para actividades fora de Cabanas pero debe haber un control.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación co voto favorable de tódolos membros acorda:

Recoñecer a Da. Ma. Elisa Baamonde Reigosa a compatibilidade para o desempeño do posto de arquitecto técnico municipal co exercicio de actividade privada de arquitecto técnico e Enxeñeiro de Edificación nos termos que establece a referida Lei 53/1984.

En todo caso a actividade privada realizarase fora da xornada laboral que dito posto ten establecida no Concello e fora do árnbito do termo municipal de Cabanas, non podendo afectar ás funcións a desenvolver no Concello, a este efecto, pofierá en coñecemento do concello de Cabanas as actividades privadas que realice.

11.-    DESIGNACIÓN DE REPRESENTANIE GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA GOLFO ARTABRO. Visto a proposta da Alcaldía para designación de representante no Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro a favor da concelleira delegada de Turismo Da. Eva Ma. Pazos Bande con motivo do cese como concelleiro de D. Juan Antonio López Rodriguez.

O Pleno da Corporación, con seis votos a favor dos membros do grupo Popular e cinco abstencións dos membros do grupos AEC, Mixto, da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García. Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda:

Designar a concelleira delegada de Turismo Da. Eva Ma. Pazos Bande como representante deste Concello no Grupo de Acción Costeira Golfo Artabro.


12.-    MOCIÓN GRUPO MIXTO SOBRE PROMOCIÓN DO CAMIÑO INGLÉS. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE no grupo Mixto D. Delfín Feal Pereira sobre adopción de acordos en relación coa promoción Caraiño Inglés.

O Sr.Alcalde entende que se trata dun tema de interese xeral e sería bo que se tratase nunha reunión de portavoces para chegar a un consenso e votar todos a favor.

O Sr. Feal Pereira manifesta que si o grupo de goberno ten propostas que melloren a moción, o grupo socialista está disposto a deixala sobre da mesa para o seu estudo nunha xunta de portavoces e despois traela a pleno.

0 Pleno da Corporación por unanimidade acorda deixar o asunto sobre da mesa.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

13.-    INFORMES DA PRESIDENCIA.

a)    Resolucións da Alcalclia. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 026 do 24-01- 2014 ata a número 103 do 21-03-2014.

b)    Informe sobre a execución trimestral 4°T/2013. Dáse conta da comunicación dos datos de execución do orzamento no T de 2013 remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Secretaría. Xeral de Coordinación Autonómica e Local, relativos ao Informe de Avaliación do cumprimento de obxectivos Lei Orgánica 2/2012, que supoñen que o orzamento desta Corporación cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e cumpre co obxectivo da regra de gasto.

c)    Modificación do plan sectorial da rede viaria de Ferrol, Fene e Neda. Igualmente dáse conta do proxecto de modificación do plan sectorial da rede viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas.

d)    Liquidación do orzamento de 2013. No cumprirnento do establecido no artigo 193.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, dáse conta da resolución da Alcaldía 084/2014 pola que se aproba a liquidación do orzamento do exercicio 2013, a cal presente o seguinte resultado:

Concepto    Importe en euros

3.036.353,89

Dereitos recoriecidos netos  

Obrigacións recoñecidas netas    2.985.422,94

Resultado orzamentario do exercicio axustado    180.934,78

Dereitos recoñecidos pendentes de cobro do exercicio    597.261,09

Obrigacións recoñecidas pendentes de pago do exercicio    428.345,69

Fondos liquidos en Tesourería    339.349,56


14. ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas orais.

a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.1.1. De todos é coriecido o estado no que se atopa a praia de Cabanas por culpa dos temporais, gustaríalle que estivese limpa nas próximas datas con motivo das vacacións de semana santa, Cabanas é un sitio turístico e aeude moita xente; falou con Costas para solucionar o tema do escalón que se está creando na praia?

Resposta Sr.Alcalde: son varias preguntas nunha, o luns reunirase co Secretario para ver si é posible que o Ministerio pague algo para esa limpeza, estivo en Costas e conseguise que se pofian a reparar o Cantiño e o espigón, o Cantiño é unha reparación importante e o espigón vaise desrnontar e sacar para ver como funciona, van facer un estudo coa Universidade; tódolos anos sube a area e cambia de sitio, a intención é reparar todo da mellor forma posible.

a.1.2. Hai algunha noticia sobre o embarcadoiro?.

Resposta Sr.Alcalde: estase traballando sobre iso nos últimos días, estiveron co técnico e unha empresa de Portos en Santiago, está para empezar, espera que todo vaia para adiante como estaba previsto, intentará que sexa para este ano inda que hai que ser prudentes.

a.1.3. Hai unhas datas comentouse no pleno a posibilidade de facer unha malla no paso da rotonda para Ponwdeutne, hai un furado cunha tapa da rede de sumidoiros baixa cun desnivel importante, elo produce moitas caidas, roga se poña unha pantalla cortada para que a xente pase sen problemas.

Resposta Sr.Alcalde: estudouse e había o problema de poñer unha placa metálica duraría moi pouco como está a pasar co cobre, ese é o problema, volverán a falar porque iso é saneamento e hai que falar coa empresa concesionaria.

a.1.4. Hai bastantes caixas de luz das farolas na zona da praia que están abertas, roga que se revisen para evitar problemas no futuro.

Resposta Sr.Alcalde: deberon intentar roubar o cable.

a.2.    Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.2.1. Interésalle coñecer como está o arranxo do derrubo do camiño de Fontao, está como estaba e non se mellorou nada, como vai a solucionarse iso?.

Resposta Sr.Alcalde: non se mellorou nada, é certo, hoxe inda estivo co propietario da finca, temos informe técnico indicando que o muro é propiedade privada polo tanto o Concello non pode facer a reparación; a solución que se vai intentar é clialogar co propietario, di que vai facer parcelación e entonces fai cesión ao Concello e xa podemos encargarnos de facer o muro.

a.3.    Intervención da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita.

a.3.1. Que pasa co edificio do Penso?.

Resposta Sr. Alcalde: a obra sacouse a concurso, presentáronse 8 empresas e a mellor oferta é temeraria polo que se lle solicitou a xustificación que achegou esta semana e agora haberá que elaborar o informe técnico; por outra banda os propietarios solicitaron a incoación de expediente, vaise incoar e trasladarllo ao tribunal para que decida como se vai facer.

a.3.2. Tema chiringuitos, ven o verán, veraneantes, a lei de Costas que ía a reformar, en que quedou iso?

Resposta Sr.Alcalde: saíu o regulamento pero inda non está aprobado, regula unha serie de cousas para os chiringuitos, en principio hai praias urbanas e non urbanas, intentarase que sexa urbana.

a.2.3. Pregunta veciños que pasa co propietario dunha casa en Porto, na estrada que están amañando, parece que a esa casa non se lle toca, por qué?

Resposta Sr.Alcalde: haberá que preguntarlles aos da obra, está claro que a ditección non a leva o Concello, non lle pode contestar.

a.2.4. En relación coa reposición de baldosas mandoulle dúas persoas, quería saber si lle pasaron presuposto?

Resposta Sr.Alcalde: non, non estiveron coa Alcaldía.

a.4. Intervención do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.

a.4.1. Retomando o tema do vertedoiro de Laraxe roga que se elimine dunha vez o perigo que ten iso ali, si é propiedade privada haberá que obrigarlle ao dono, está fronte a imha gasolineira de Petronor antes da igrexa de Laraxe camiño de Pontedeume, e é un perigo.

Resposta Sr.Alcalde: recórdalle que é unha propiedade privada, faremos requirimento a esa propiedade, a estrada tampouco é municipaL

a.4.2. O firme da rotonda do Covadonga volve a estar igual, a fochanca é profunda, espera que non tarde un ano en arranxala como antes.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e cincuenta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Acta do Pleno extraordinario de abril de 2014

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, Da. Ana Rosa Méndez Riroa, D. Julian Ramón Seijas Criado, Da. María de la Cruz Varela Varela

D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López

D. Delfin Feal Pereira

Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de abril de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia, dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


1. SORTEO MEMBROS MESAS ELECTORAIS. A seguir e de acordo co disposto no artigo

26 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, procédese ó sorteo dos membros das mesas

electorais correspondentes a este Concello, para as eleccións de Deputados do Parlamento Europeo

do próximo 25 de maio de 2014, co seguinte resultado:


 (--------------OMITIDO--------------)


2. OUTORGAMENTO DA DISTINCIÓN MEDALLA DE CABANAS A D. JOSÉ IGNACIO PAZ BOUZA. Visto o expediente tramitado para o outorgamento da distinción de Medalla de Cabanas na categoría de ouro a Don José Ignacio Paz Bouza de conformidade co establecido no Regulamento especial de honras e distincións do Concello de Cabanas.

Vista a proposta da Instrutora, así como a súa publicación no BOP sen que se presentaran alegacións.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos once membros que o corripoften, o que representa o quórum da maioría absoluta do nútnero de membros de dereito da Corporación, acorda:

Conceder a Meclalla de Cabanas na categoría de ouro a Don José Ignacio Paz Bouza por toda unha vida dedicada á ensinanza, á medicina e tamén a xestión e méritos ao servizo de Galicia no eido social e cultural, así como manter a súa vinculación con este concello que o veu nacer.

Acta do Pleno extraordinario de 10 de xullo de 2014

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, Da. Ana Rosa Méndez Riroa, Da. María de la Cruz Varela Varela

D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López

D. Delfin Feal Pereira

Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezaoito horas e dous minutos do día dez de xullo de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario acumulado D. Miguel A. Arroyo Moreno, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.


Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata¬los asuntos incluídos na Orde do Día.

Antes diso, a Sra. García Pita toma a palabra para solicitar que se fale dunha solicitude presentada por escrito para o seu debate nesta sesión, protestando tamén polo feito de que non se inclúa na Orde do Día un turno de rogos e preguntas. O Sr. Alcalde di que esa cuestión se tratará no pleno que debe celebrarse a finais de xullo, que esta sesión é extraordinaria, polo que non proceden rogos nin preguntas e que a última sesión ordinaria non tivo lugar por causas alleas ó grupo de goberno, como é sabido.


PARTE RESOLUTIVA.


1.-    ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta das actas das sesións anteriores realizadas os días 28 de marzo e 29 de abril do presente ano 2014, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, preguntándose polo Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten observacións ou solicitudes de modificación que formular. Non téndoas, o Pleno, en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos seus membros, acorda aproba-las referidas actas.


2.-    ORDENANZA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

Dáse conta da Ordenanza Fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar, redactada en cumprimento da normativa legal reguladora deste servizo posta en vigor recentemente pola Xunta de Galicia, e que recolle as previsións contidas nesta normativa.

Toma a palabra a Sra. García Pita, concelleira do grupo non adscrito, para solicitar algunhas aclaracións relativas á prestación e o custo do servizo para os dependentes e para o resto dos usuarios. O Sr. Feal, concelleiro do grupo mixto-PSOE, tamén intervén para preguntar polas porcentaxes de copagamento que se aplicarán ós usuarios do servizo, que non se clarexaron suficientemente na comisión informativa previa a esta sesión plenaria na que se dictaminou favorablemente este asunto.

A Sra. Pazos resposta reiterando que do que se trata é de adaptar a ordenanza municipal ó establecido na lexislación reguladora do servizo, o que implica aplicar unha nova carteira de sevizos con novas prestacións non comprendidas ata agora nos servizos ás persoas dependentes e un novo cadro de tarefas que establece porcentaxes de pagamento sobre a capacidade económica dos usuarios valorados pola Xunta, non polos concellos. Dentro destes límites legais, os importes a satisfacer polos usuarios mantéñense como ata agora.

O Sr. Feal pregunta polo custe por hora do servizo sobre o que se aplicará a porcentaxe que corresponda, respostándolle a Sra. Pazos que non entende a razón de que estas cuestións non se prantexaran na comisión informativa, que debería servir para iso, que hai que preparar as cuestións para o Pleno e que como xa se dixo, trátase dunha mera transposición da normativa autonómica.

Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de sete votos favorables, dos concelleiros do PP e de AEC, con dous votos contrarios, dos concelleiros Sres. García Pita e Pena, cunha abstención, do concelleiro Sr. Feal, acorda aprobar a Ordenanza Fiscal de que se trata, ordenando a realización dos trámites precisos para a súa posta en vigor coa maior brevidade posible.


3.-    EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N° 3/2014.

Dáse conta do expediente de modificación de créditos    3/2014, de transferencias de

crédito entre partidas, por un importe total de 55.524,01 euros.

A Sra. García Pita di que o Alcalde non pode dispor de fondos do Concello por estar imputado, solicitando que o secretario informe ó respecto.

O Sr. Feal manifesta a súa intención de votar favorablemente este acordo, aínda que expresa a súa estrañeza polo incremento do gasto en combustible para protección civil, que o Alcalde explicou como consecuencia dun maior número de servizos realizados.

Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de oito votos favorables, dos concelleiros do PP e de AEC e do concelleiro Sr. Feal, con dúas abstencións, dos concelleiros Sres. García Pita e Pena, acorda aprobar o expediente de modificación de créditos de que se trata, ó que se dará o trámite legalmente establecido:


4.-    EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N° 5/2014.

Dáse conta do expediente de modificación de créditos n° 5/2014, de suplementos de crédito con cargo ó remanente de tesourería para gastos xerais, por un importe total de 24.921,70 euros.

A Sra. García Pita pregunta pola finalidade deste expediente, e en particular polas obras de sinalización na praia ás que se refire a memoria da Alcaldía existente no expediente, sobre as que di que non se explicou nada na comisión informativa.

A Sra. Pazos di que a Sra. García Pita, que é veciña da zona, debería ter coñecemento detallado deste proxecto, do que si se falou na comisión informativa e que recolle sobre todo obras de habilitación de aparcamentos e de cambio dos sentidos de circulación en varias rúas da zona, por razóns de seguridade e para posibilitar un acceso adecuado a vehículos de emerxencias como bombeiros ou ambulancias.

Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de oito votos favorables, dos concelleiros do PP, os de AEC e o concelleiro Sr. Feal, con dúas abstencións, dos concelleiros Sres. García Pita e Pena, acorda aprobar o expediente de modificación de créditos de que se trata, ó que se dará o trámite legalmente establecido.


5.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS Da Ma TERESA DE JESÚS GARCÍA PITA E D. ÁNGEL PENA FONTENLA SOBRE URBANISMO SOSTIBLE PARA CABANAS.

Antes de iniciarse o debate deste asunto, algunhas das persoas presentes na sesión interrompen ruidosamente a mesma durante uns minutos.

A Sra. García Pita le a moción de que se trata, presentada no rexistro do Concello con data do 22/05/14, en cuxa parte expositiva solicítase a revisión do acordo de aprobación inicial do PXOM, e que se retome o seu proceso de elaboración cun modelo máis sostible e maior participación vecirial, e que queda incorporada ó expediente da sesión, tras o que o público interronipe de novo o pleno. O Sr. Alcalde di que, segundo indica a normativa vixente, rematada a sesión poderán intervir as persoas que o desexen, pero que mentres se celebra, o público debe permanecer en silencio.

O Sr. Fachal toma a palabra para dicir que nesta situación de tensión, o seu grupo mantén a coherencia da súa postura en relación co tema do PXOM. Di que na última xuntanza sobre este asunto tratáronse moitos temas e que hai o compromiso de introducir modificacións en aspectos importantes como as parcelas mínimas, a rede viaria ou os lindeiros de fincas, polo que entende que é preciso esperar a ver o documento modificado e, no caso de que se incorporen eses cambios, o documento podería ser válido, e solicita que se faga unha nova exposición pública co documento modificado, xa que en calquera caso, tampouco hai tempo para poder aprobar o Plan nesta lexislatura.

O Sr. Alcalde, en resposta ás demandas expresadas por varias persoas do público, di que non se fará nada en contra dos veciños, que o PXOM expúxose ó público, se respostará cada unha das alegacións presentadas e tampouco se descarta outra exposición pública, o que provoca novas interrupcións do público asistente.

Intervén de seguido o Sr. Feal, para dicir que dende o inicio da tramitación do PXOM e tamén nesta lexislatura, seguiuse a mesma dinámica de non dar participación ós veciños e grupos, seguindo directrices do PP e do bipartito anterior, e que nas alegacións presentadas recóllense moitas cuestións de gran importancia, como os requisitos para construír en núcleos, temas de accesibilidade, edificabilidade excesiva en algúns lugares, a división do núcleo de Laraxe, a previsión de viais non necesarios ou as dimensións doutros. Menciona tamén a existencia de cauces fluviais e mananciais non recollidos, zonas residenciais e comerciais sen dotacións suficientes ou a debida protección de elementos patrimoniais. Solicita en consecuencia un novo período de participación dos veciños e dos grupos, como dicía na súa alegación, polo ben de Cabanas, indicando que o PP pode aprobar o seu Plan, non o dos veciños, polo que anuncia o seu voto favorable á moción.

A Sra. García Pita toma a palabra, comezando por aludir ó legado de ditaduras fascistas e solicitar que se consulte a todos antes de seguir coa tramitación deste Plan. Resume de seguido parte das vinte e sete razóns polas que considera rexeitable o Plan inicialmente aprobado: o decrecemento demográfico, a existencia de viais innecesarios, a falla de transparencia e de consultas cos veciños, a previsión de actuacións urbanísticas sen compensación, a comunicación ó rexistro da propiedade de situacións de fora de ordenación, cambios de clasificación, un estudo económico pouco crible en tempos de crise, cun concello que non ten cartos para executar a sentencia do Penso e que vive de subvencións, ou un estudo de sostibilidade pouco fundamentado. Mencionando varios artigos da Constitución, di que se trata dunha imposición ós veciños para beneficiar a promotores, sen informes de Augas nin de Cultura. Propón que se abra o tema á participación pública, se faga un novo avance, e se xeneralice o acceso á información, sen limitala a uns poucos, advertindo que o seu grupo será belixerante con este asunto e acudirá ós tribunais se fora preciso, para defenderse desta inxustiza e remata solicitando a anulación do PXOM.

A Sra. Pazos, que fala a continuación, comeza dicindo que é importante non manipular a información e non enganar á xente, e que para poder participar hai que ser respectuoso cos demais. Di que o PXOM é un proxecto a longo prazo, xa que as vixentes normas subsidiarias son do ano 88, e prevé un incremento das vivendas do 50% para que os veciflos poidan construír ou obter unha rendibilidade das súas propiedades onde a lei o permita. Di que Cabanas non está en decrecemento demográfico, senón estabilizada e amosando un lixeiro crecemento, o que se traduce nunha escaseza de vivendas que resolverá o PXOM. En canto á viabilidade económica, di que o Concello non terá que soportar custes de urbanización, xa que estes serán sufragados polos afectados, como indican os artigos 1 6 e 20 da LOUGA. No polígono de Vilar do Colo preténdese unha regulación de futuro que prevé un posible crecemento, e no referido ós cambios de clasificación, soamente se contemplan en beneficio dos propietarios, razón pola que tamén se inclúe unha ampliación das actividades admitidas. Segue dicindo que non sabe o que pretenden, pero que o PP quere que Cabanas medre e gane poboación, e que o PXOM non tirará casas nin peches de fincas.

Ante as reiteradas interrupcións que se producen de seguido por parte do público, o Sr. Alcalde expulsa da sala a un home que berraba fortemente.

A Sra. Pazos di que en canto ó tema dos viais, é preciso diferenciar entre os da Xunta e os do Concello, e nestes non haberá problema para as vivendas que conten con licenza, mentres que nos restantes, a regulación non variará, preguntando porqué o PSOE, que agora solicita a redución da zona de afección, non a reduxo cando gobernaba.

Producíndose novas interrupcións por parte do público, o Sr. Alcalde expulsa da sala a outra persoa.

Segue a falar a Sra. Pazos, para explicar que os vecifíos tiveron participación no proceso dende o principio, con charlas nas parroquias, dous meses de exposición pública e máis xuntanzas e charlas tras a aprobación inicial, escritos remitidos ós propietarios de zonas urbanizables, anuncios en prensa e radio e presenza do equipo redactor en algunhas das xuntanzas. Non hai nada que ocultar, como se ven demostrando dende o primeiro día.

Intervén novamente de seguido o Sr. Fachal, que di que non lle parece acertado centrar o debate en reproches nin quentar máis o ambiente, e reitera que nas xuntanzas realizadas acordouse modificar o 80% do Plan e que non é materialmente posible que se aprobe nesta lexislatura, polo que insiste na solicitude do seu grupo de que se faga unha pausa e se volva ó trámite inicial para poder facer un Plan para tódolos vecifios, replantexando todo e facendo unha nova exposición pública.

O Sr. Feal toma a palabra para pedir flexibilidade nas quendas de palabra e dicir que a participación non é soamente poder acudir a reunións informativas nas que se explican conceptos xerais sen poder aportar nada. Quérese que os vecifíos poidan construír, pero todos. Di tamén que non se lle facilitou un informe de Secretaría deste expediente por orde do Alcalde, e que a situación de fóra de ordenación, total ou parcial, non afecta soamente ós aumentos de volume, senón tamén ó interior das casas. En canto ós viais, lembra que nos 80 o PSOE pelexou polas travesías .da Areal e de Laraxe, e remata insistindo na súa solicitude de participación real dosveciños e repetindo que coa súa maioría absoluta, o PP poderá aprobar o seu Plan, pero non o dos veciños.

A Sra. García Pita intervén de seguido para dicir que non se lles facilitaron os asesores que solicitaron, e que os concelleiros non saben de arquitectura, pero que as alegacións foron presentadas por moitas persoas. Rebate de seguido o manifestado pola Sra. Pazos sobre a necesidade de ampliar o polígono, o financiamento, que non se limita ós gastos de urbanización e precisa investimentos, o crecemento demográfico, e cuestiona a información pública á vista do elevado número de alegacións presentadas, negando finalmente que a xente se deixe dirixir con supostas manipulacións.

A Sra. Pazos resposta que non é urbanista, e que non insistirá en argumentos xa expostos, pero que se está enganando ós veciños; o PXOM é un proxecto de gran importancia e necesario para superar dificultades e problemas da xestión municipal, como a oposición recoñeceu moitas veces en privado durante as xuntanzas informativas sobre o tema, o que resulta claramente incongruente. Como grupo de goberno, deben garantir que tódolos veciños teñan o mesmo acceso ó documento que eles mesmos, en contra da pretensión manifestada por algúns concelleiros, de ter acceso en exclusiva ó proxecto de PXOM durante dous meses.

A Sra. García Pita interrompe dúas veces a quenda de palabra da Sra. Pazos, polo que o Sr. Alcalde chámaa á orde en dúas ocasións.

A Sra. Pazos continúa dicindo que no seu grupo xa están acostumados a que algúns concelleiros manteñan posturas opostas nas xuntanzas sen actas nin público e nos plenos. En canto á participación cidadá, algúns dos que agora a piden a gritos foron os primeiros en tratar de impedila. Di que se están facendo as cousas segundo marca a lei e que se respostará a tódalas alegacións, que o PXOM é un proxecto de futuro, que é unha ruína para Cabanas non dispor del, que se trata dun compromiso electoral do seu partido que por suposto cumprirán e que o documento non está pechado e pode enriquecerse coas aportacións das alegacións presentadas. Remata dicindo que no van polo camiño correcto nin polo que Cabanas necesita.

A Sra. García Pita trata de falar, e o Sr. Alcalde lle indica que non ten a palabra, explicando seguidamente que en tódalas reunións polo PXOM sempre houbo rogos e preguntas, todos podían participar e preguntar, pero a participación veciñal ven tras un traballo público, alleo ós temas particulares, insistindo en que se respostará a cada unha das alegacións. En canto ó acceso a informes de Secretaría, di que o Alcalde non ten ese poder, que o ten a lei, que o Secretario non pode privar a un concelleiro do acceso a documentos ós que ten dereito, e que por suposto non existiu orde algunha da Alcaldía nese sentido. Di tamén que é o primeiro interesado en que haxa transparencia, e que agora hai que respostar ás alegacións e agardar polos informes sectoriais aínda pendentes, algúns dos cales poden tardar bastante, que nesta lexislatura probablemente non se poderá aprobar e que o que lle importa, máis que iso, é que a xente participe, pero con educación e respecto. El persoalmente está recibindo a xente para resolver consultas e tamén se recibirá á asociación que o solicitou. A lei impón que cando as modificacións introducidas tras a aprobación inicial son de importancia, debe realizarse unha nova exposición pública, como solicitaba o Sr. Fachal, e en calquera caso, quen aproba finalmente un PXOM é a Xunta, non o Concello.

Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de cinco votos en contra da moción debatida, dos concelleiros do PP, con tres votos favorables, dos concelleiros do grupo mixto e dúas abstencións, dos de AEC, acorda rexeitar a moción de que se trata.

6.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE INCORPORACIÓN DE CLÁUSULAS SOCIAIS NOS PREGOS DE CONTRATACIÓN.

Dáse conta da moción de que se trata, presentada no rexistro do Concello con data do 22/05/14 polo Sr. Feal, que toma a palabra, entre algunhas interrupcións do público, para ler a mesma, que literalmente di: " D. Delfín Feal Pereira, concelleiro do PS de G-PSOE integrado no Grupo Municipal Mixto do Concello de Cabanas, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta para o seu debate e aprobación a seguinte MOCIÓN en base á seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A reforma laboral promovida polo Partido Popular en febreiro de 2012, lonxe de permitir a flexibilidade do mercado laboral e facilitar a contratación, converteuse nun incentivo ao despedimento, ao tempo que despoxou de dereitos laborais a traballadores e traballadoras.

As cifras demostran como, dende que entrou en vigor a Reforma laboral, o número de despedimentos aumentou dun xeito significativo, ata sumar 256.800 parados máis, ou reducirse o número de ocupados en 675.000. En definitiva, se a crise económica supuxo un aumento do número de despedimentos ante a caída do fluxo económico, a reforma laboral legalizou a redución dos custos empresariais vía traballador. Esta situación é especialmente grave para Galicia, onde o custe salarial é un 11% inferior á media do Estado.

O marco laboral que creou esta reforma laboral, outorgou un amplo poder ás empresas para poder modificar as condicións de traballo de xeito unilateral, levándose a cabo rebaixas salariais, aumento de traslados e, en xeral, perda nas condicións laborais.

Como é sabido, nos procesos de licitacións públicas, o prezo é certo e o servizo a prestar ou obra a acometer perfectamente definidos, polo que toda modificación nas condicións laborais só se poden explicar para aumentar os beneficios da empresa ou para enxugar as perdas por ofertar á baixa. É por iso que dende as Administracións Públicas deberán incluír cláusulas sociais que garantan a calidade do emprego das empresas adxudicatarias. Así o inspira a Directiva 2014/24/UE do Parlamento Europeo e do Consello sobre Contratación Pública.

Ademais é necesario impulsar o papel exemplifícante que debe neste sentido tamén adoptar a administración local no eido das súas contratacións, promovendo que o volume de licitacións levadas a cabo garantan a creación e mantemento de emprego en Galicia, cunhas condicións laborais adecuadas.

A normativa autonómica, como o artigo 67 da Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia ou o artigo 33 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, supuxeron tímidos avances neste ámbito, pero cunha visión moi limitada, circunscrita ás empresas de inserción laboral ou para as contratacións en función do seu índole social. Neste mesmo sentido, o propio Parlamento de Galicia, en maio de 2010, por unanimidade do Grupos parlamentarios, aprobou instar á Xunta de Galicia para que afondara na contratación como instrumento de loita contra a exclusión social, e como medio para favorecer a integración laboral das persoas, con discapacidade, ao tempo que trasladar a aplicación destas cláusulas, a través da Xunta Consultiva de Contratación, ás normas ou instrucións de aplicación xeral aos seus órganos de contratación. En todo caso é necesario adoptar medidas moito mais xerais e terminantes para afondar na introdución de cláusulas sociais nos procesos de contratación, como un medio para garantir a mellora nas condicións laborais, ao tempo que introducir outras consideracións para favorecer a loita contra a exclusión social.

Trátase de implementar a contratación como estratexia administrativa para favorecer as políticas públicas de fomento do emprego de calidade, de loita contra o desemprego, de integración de persoas e grupos desfavorecidos, de promoción da igualdade de xénero.

A incorporación de cláusulas sociais nos pregos levará parella unhas determinacións de carácter técnico-xurídico que garantan o seu cumprimento, xunto coa licitación de mecanismos de peche para evitar a redución de custos salariais a costa dos empregados e da administración contratante.

Por todo isto, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE propón ao Pleno deste Concello a adopción dos seguintes

ACORDOS

I.- Na valoración das ofertas das empresas, onde se incluirá, en función do obxecto contractual:

a)    O número de traballadores e traballadoras con contrato indefinido, así como a creación de emprego.

b)    A mellora das condicións laborais e salariais con respecto ao Estatuto dos Traballadores e os Convenios Colectivos xerais.

c)    A inserción de traballadores e traballadoras con discapacidade e doutros colectivos de especial dificultade de acceso ao emprego.

d)    Criterios sociais para desempates:

•    Preferencia polas empresas que teñan en plantilla un número de traballadores con discapacidade.

•    Preferencia, en caso de igualdade, pola empresas, pola empresas de inserción reguladas na lei 44/2007, do 13 de decembro.

•    Preferencia, en caso de empate, nas contratacións de produtos nas que exista alternativa de comercio xusto, polas proposicións achegadas por aquelas empresas ou entidades recoñecidas coa etiqueta de comercio xusto.

e)    Accións para a igualdade efectiva de xénero.

f)    Entenderase que non resulta xustificada a baixa considerada como anormal ou desproporcionada, consonte ao definido no propio prego reitor, nos supostos en que NON queden garantidos os custos salariais do persoal adscrito a execución do contrato. Retirase toda xustificación de baixa desproporcionada ou anormal, no caso de que a empresa incursa nela non sexa capaz de acreditar o cumprimento da lexislación laboral e social internacional e nacional.

II. No establecemento de condicións especiais de execución do respectivo contrato, cualificándoas expresamente como obrigas contractuais esencias:

A)    O deber de subrogar (a empresa adxudicataria) ao empresa que veña prestando os servizos obxecto de licitación:debe acompañarse dunha relación dos empregados que prestan tales servizos, coas súas condicións salariais.

B)    O cumprimento do deber de adscribir á execución co contrato ao personal indicado pola administración e no seu caso ofertado pola empresa, como mellora daquel mínimo

C)    O cumprimento das condicións laborais e salariais impostas polas administración. C) O mantemento das condicións económicas e sociais previstas nos convenios de ámbito territorial ou sectoriais.

D)    O cumprimento das accións impostas ou ofertadas para a igualdade efectiva de xénero.

E)    O cumprimento das condicións ofertadas polo adxudicatario, como fomento da contratación indefinida e calidade do emprego; como melloras salariais e, en xeral, os aspectos sociais que ofertase cada adxudicataria como melloras avaladas.

F)    A esixencia de cumprir coa lexislación de integración de persoal con minusvalía: "Real Decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da xeral de dereitos das persoas con discapacidade e de inclusión social".

III. Na tutela e control por parte da administración local de cumprimento do contrato, especialmente das condicións sociais impostas e cualificadas como condicións especiais de execución ás que se lles atribúe a categoría de obrigas contractuais esenciais. O cumprimento destas obrigas será especialmente vixiado pola administración contratante.

A súa vulneración, por parte da empresa durante a relación contractual, propiciará, en función da súa gravidade e aplicando o principio xurídico de proporcionalidade, a aplicación de penalizacións entre un 3% e un 10% do presuposto do contrato, e incluso poderá ser causa da resolución do contrato ou de prohibición para contratar ca administración no futuro.

IV.- Determinacións para o reequilibrio económico da relación contractual. Cláusula de peche: A) Se, como consecuencia da reforma laboral, un convenio de empresa acadase recoñecemento de validez e preferencia fronte ás condicións marcadas polo prego de condicións ou mesmo empeorasen as condicións determinadas no convenio sectorial de ámbito estatal ou sectorial superior, establécese un sistema de revisión de prezos con referencia aos sinalados no convenio estatal ou sectorial de ámbito superior que tería como consecuencia unha redución simétrica do prezo a pagar pola administración ao empresario adxudicatario.

B) A Redución de custos salariais como consecuencia de reducir o que pague a empresa adxudicataria aos traballadores conleva unha minoración no prezo que paga a administración."

Toma a palabra a Sra. García Pita, manifestando o seu apoio o contido da moción, para que se mellore nos concellos o reparto ético do traballo, criticando a puntuación asignada nunha das últimas convocatorias do Concello por pertenza á agrupación de Protección Civil.

O Sr. Alcalde chama ó tema á Sra. García Pita, pedíndolle que non fale de asuntos alleos á Orde do Día.

A Sra. Pazos toma a palabra para dar resposta á moción, lendo un documento que literalmente di:

"A REALIDADE SOBRE A REFORMA LABORAL

Mal empeza a moción socialista cando afirma que a reforma laboral promovida no 2012 polo PP non facilita a contratación, senón o despedimento. A realidade é que as políticas impulsadas polo Goberno conseguiron:

-    Reducir o desemprego. No último ano hai 313.979 parados menos. No último mes (xuño) o paro baixou en máis de 122.000 persoas.

-    Incrementar os afiliados á Seguridade Social. No último mes (xuño) hai 56.622 afiliados máis á Seguridade Social (10° mes de ascenso consecutivo)

-    Entre os anos 2008-2011 sete de cada 10 desempleados da UE xerábanse en España. Sen embargo, no último ano unha de cada tres persoas que abandonan o desemprego faino en España.

-    Neste momento España lidera a caída do paro na Unión Europea. A DIRECTIVA 2014/24/UE

Unha directiva é unha norma de Dereito comunitario que establece uns obxectivos que deben acadar os Estados membros, precisándose unha norma de dereito interno (por exemplo, unha lei) para que entre en vigor e surta efecto para os cidadáns. Polo tanto, a Directiva fixa unha data límite para a transposición ao Dereito nacional.

A Directiva 2014/24/UE de 26 de febreiro de 2014 sobre contratación pública establece no seu artigo 90.1 que: "Os Estados membros pofierán en vigor as disposicións legais, regulamentarias e administrativas necesarias para dar cumprimento ao establecido na presente Directiva como moi tarde o 18 de abril de 2016. Comunicarán inmediatamente á Comisión o texto das devanditas disposicións"

Nos restantes apartados do artigo 90 permítese o aprazamento ata 2018 para a transposición de varios artigos desta Directiva.

Polo tanto, dende este grupo municipal consideramos que o máis prudente é agardar a que as Cortes Xerais desenvolvan esta Directiva comunitaria. Son as Cortes Xerais as que deben dar cumprimento a esta Directiva comunitaria, non o pleno deste concello. Plantexen esta iniciativa no Parlamento nacional e unha vez que se convirta en lei, aplicaremos como facemos sempre, o ordenamento xurídico vixente.

A CONTRATACIÓN SOCIAL NA XUNTA DE GALICIA

Aínda que xa existían experiencias previas de incorporación de cláusulas sociais nos procedementos de contratación de algún departamento da Xunta, os criterios sociais para os pregos das contratacións públicas tefien adquirido rango legal no sector público autonómico a través da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

A devandita lei tivo en conta documentos europeas como a Guía de adquisicións sociais ou o Manual de compra pública ecolóxica, así como o proxecto de Directiva sobre Contratos, aínda non aprobada cando se tramitou o texto legal (viu a luz finalmente en marzo de 2014).

En consecuencia con isto, a Lei 14/2013, do 27 de decembro, de racionalización do sector público autonómico marca dúas grandes lhias no uso social das compras públicas:

- O respaldo á integración laboral das persoas con discapacidade a través da reserva de contratos a centros especiais de emprego a empresas de inserción sociolaboral.

- O fomento da responsabilidade social e ambiental no tecido produtivo galego a través da incorporación de criterios referidos a estes eidos nos pregos de contratación.

En canto ao primeiro, o artigo 26 estableceu por primeira vez a obriga da Xunta de Galicia de reservar un determinado porcentaxe dos contratos ás entidades que desenvolven estes proxectos de inserción laboral. Asemade, a lei identifica aquelas materiais susceptibles de reserva e os tipos de contratos sobre os que se efectuará.

Por outra banda, o artigo 25 abre a porta por primeira vez na historia da comunidade autónoma galega para que os órganos de contratación do sector público autonómico poidan ponderar a inclusión de criterios sociais e ambientais como criterios de adxudicación, como condicións especias de execución do contrato e como parámetros determinantes da consideración de baixas temerarias, coas súas correspondentes penalidades. Por exemplo, a administración poderá apreciar baixa temeraria cando, por exemplo, o prezo ofertado non garanta o cumprimento de requisitos ambientais ou de respecto de convenios laborais.

Polo tanto, ten sido este goberno galego o primeiro que deu rango legal a este principio. Moito antes de que o señor Besteiro parecese descubrir a pólvora coa súa proposta. Por certo, estes artigos 25 e 26 non contaron co apoio do grupo socialista no Parlamento de Galicia, cando tanta preocupación parece que ten coas cláusulas sociais nos contratos públicos.

A Lei 14/2013 ten agora que desenvolverse. E para axudar a pofier en práctica os seus principios (entre eles, os referidos ás cláusulas sociais), a Xunta de Galicia prepara un completo Plan de Mellora da Contratación Pública.

Unha das medidas prevista nese plan será a elaboración, coa asistencia da Asesoría Xurídica Xeral e da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, dunha Guía de cláusulas sociais e ambientais na contratación pública que inclúa medidas, orientacións prácticas e exemplos para introducir previsións neste eido tanto nas cláusulas administrativas coma nas prescricións técnicas dos contratos.

En particular, incluiranse previsións para que as empresas contratadas deban asumir o compromiso de manter aos seus traballadores ao corrente das súas obrigas sociais e laborais, tanto en materia de pagamento de salarios como de cotizacións, permisos, negociación colectiva, etc...

0 obxectivo é asegurar o exercicio polos contratistas de boas prácticas nos eidos social, laboral, ambiental e da igualdade de xénero e favorecer, polo tanto, na contratación pública a aquelas empresas que salienten pola súa excelencia na xestión destes aspectos.

As previsións da Xunta son que está Guía vexa a luz antes de finalizar 2014. Ao estar refrendada polos servizos xurídicos da Xunta e pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, poderá ser un elemento de utilidade para aqueles concellos galegos que queiran tamén utilizar as súas suxestións para os procedementos de contratación da súa competencia."

A Sra. García Pita di que falan dun mundo distinto do seu e que soamente defenden as medidas relativas a contratación que xa se aplican con escaso resultado dende hai tempo.

O Sr. Feal intervén de seguido para dicir que a proposta é necesaria para protexer ós traballadores nestes tempos difíciles, e para defender e poñer como exemplo as actuacións que o Sr. Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo, está a levar a cabo nesa cidade.

A Sra. Pazos pon en dúbida a quen se dirixía neste segundo turno o Sr. Feal, reiterando que tanto no Parlamento como na Xunta se está a traballar nesto.

A Sra. García Pita interrompe novamente o turno de palabra, e o Sr. Alcalde a expulsa da sala, sendo as dezasete horas e trinta e oito minutos.

A Sra. Pazos reanuda a súa intervención dicindo que quen ten capacidade real para aplicar as propostas recollidas na moción é a administración autonómica, e que polo tanto o procedente é agardar a que se aprobe pola Xunta un prego de cláusulas sociais para a contratación pública, polo que se absterán na votación.

Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de catro votos favorables, dos dous concelleiros do grupo mixto e os dous de AEC, con cinco abstencións, dos concelleiros do PP, acorda aprobar a moción de que se trata.


7.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE PROMOCIÓN DO CAMIÑO INGLÉS.

Dáse conta da moción de que se trata, presentada no rexistro do Concello con data do 22/05/14 polo Sr. Feal, que toma a palabra, entre algunhas interrupcións do público, para ler a mesma, que literalmente di:

"D. Delfín Feal Pereira, concelleiro do PSdeG-PSOE integrado no Grupo Municipal Mixto do Concello de Cabanas, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta para o seu debate a aprobación a seguinte MOCIÓN en base á seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Camiño de Santiago aglutina características que o converten nun elemento destacado do noso patrimonio cultural. O seu significado relixioso, o seu interese cultural o seu potencial turístico converten á Ruta Xacobea nun recurso cun enorme potencial para a xeración de actividade cultural e económica ao longo dos seus diferentes trazados.

Lonxe da masificación doutros camiños, o Inglés é un trazado que actualmente discorre polas localidades recuperadas en virtude de documentos, escrituras e rexistros que facían referencia ás súas demarcacións ou ao paso e estancia de viaxeiros. Dividido en tres xornadas desde A Coruña t—einco desde Ferrol, que conflúen nunha pequena aldea de Bruma. A ruta A Coruña-Santiago conta con 74 Km de percorrido mentres os tramos Ferrol-Santiago suman 118 Km. Trátase dunha ruta de marcado carácter costeiro, tam"en rural e interior.

Non só os peregrinos ingleses optaban por iniciar as rutas desde as costas coruriesas cara a Santiago de Compostela. En realidade, o coñecido como Camiño Ingle's coas súas variantes desde A Coruña ou Ferrol, era no alto e baixo medievo un compendio de itinerarios percorridos por devotos ingleses, pero tamén escoceses, irlandeses, escandinavos ou flamencos, isto é, do norte e oeste de Europa. Por iso, eran varios os portos de partida e o xogo de entrantes e saíntes do accidente que os romanos bautizaron como Magnus sinus Artabrorum ou golfo Ártabro, que constituía en conxunto o punto de arribada das peregrinacións, valéndose daquela, por terra, dos antigos Camirios Reais e outras senllas.

O Camiño de Santiago vaise consolidando co paso dos anos nun dos atractivos turísticos máis importantes de Galicia. Proba diso é que gran parte dos visitantes da Comunidade Autónoma chegaron directa ou indirectamente a través desta ruta de peregrinación milenaria. Constitúe, sen dúbida, unha marca turística de éxito e internacionalmente coriecida e, á súa vez, de prestixio, polo valor que supón acharse na lista de bens Patrimonio da Humanidade.

Hai que destacar que se conseguíu diversificar así o produto Camiño de Santiago, valorizando outras áreas do territorio galego e distribuíndo de mellor xeito as rendas producidas por este produto turístico

Ademais, un dos aspectos clave á hora de dara a coriecer o Camiño tanto a nivel nacional como internacional foron as diversas campañas de comunicación e promoción desenvolvidas respecto diso.

Noutro sentido, en moitos municipios, o interese e a implicación da Administración pública e da iniciativa privada permiten a posta en valor do Camiño de Santiago converténdoo nun recurso referente e principal do seu sector turístico.

A súa condición de produto turístico, que leva asociados numerosos servizos, fai que sexa tamén un fenómeno económico que xera rendas e empregos así como un instrumento de desenvolvemento rexional capaz de revitalizar os lugares que atravesa.

Un dos obxectivos explícitos do desenvolvemento turístico por parte das administración é a creación de fontes de ingresos adicionais e postos de traballo para a poboación local. Para a estrutura económica é importante unha diversificación das actividades produtivas de acordo co deserio dun produto turístico que integre aloxamentos, actividades complementarias, produtos agro alimentarios e artesanía. As accións do desenvolvemento turístico, por exemplo a través dos investimentos en infraestruturas, tamén poden contribuír a unha mellora das condicións socioeconómicas da poboación residente e repercutir no non-despoboamento, producindo unha estrutura demográfica máis equilibrada.


ACORDOS

1.-    O Pleno do Concello de Cabanas acorda propoñer á Deputación da Coruña para que leve a cabo con carácter inmediato o desenvolvemento dun plan de promoción turística e socio educativa da Ruta Xacobea coñecida como "Camiño Inglés", contando coa opinión dos Concellos concernidos. Este plan contemplará aspectos relixiosos, culturais e turísticos desde parámetros de excelencia, turismo responsable e accesibilidade.

2.-    O Pleno do Concello de Cabanas acorda instar á Xunta de Galicia para que adopte as medidas necesarias para o correcto mantemento, limpeza e sinalización do "Camiño inglés" no seu percorrido polos diferentes termos municipais dos Concellos concernidos.

3.-    O Pleno do Concello de Cabanas acorda propoñer á Xunta de Galicia para que se establezan programas de cooperación transfronteriza entre o Goberno da Xunta e o Reino Unido así como cos países nórdicos, co fin de promocionar o "Camifio inglés" a Santiago de Compostela, na súas variantes desde A Coruña e desde Ferrol."

A Sra. Pazos toma a palabra para dar resposta á moción, dando lectura a un documento que literalmente di:

CAMIÑO INGLÉS

O Camiño de Santiago xera ao longo dos séculos de existencia unha extraordinaria vitalidade espiritual, cultural e social. Con el naceu a primeira gran rede asistencial de Europa.

Na Europa Medieval, escandinavos, flamengos, ingleses, escoceses e irlandeses empregaron os Camiños do mar para chegar a Santiago de Compostela.

Parécenos moi ben a súa proposta e a preocupación que amosan pola promoción do Camiño Inglés.

Pero esa preocupación do grupo socialista, como sucede case sempre, CHEGA TARDE.  Porque o que piden xa se está a facer

RESPECTO Ó PUNTO 2:

A Coruña e Ferrol son os enclaves costeiros de partida do Camiño Inglés, con 74 e 118 km. de percorrido respectivamente. Estes dous percorridos están correctamente sinalizados con mouteiras e frechas amarelas co fin de outorgar unha maior satisfacción aos peregrinos que transitan por dita Ruta.

Tanto o labor de sinalización coma de acondicionamento e limpeza do Camiño Inglés é desenvolvida por Turismo de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo cun importante esforzo e constancia para que o Camiño estea en perfectas condicións os 365 días ao ano.

A isto hai que engadir a creación e mantemento DA REDE PÚBLICA DE ALBERGUES DE GALICIA creada en 1993 e na que cada ano incorpóranse novos establecementos para dar unha maior cobertura aos peregrinos.

No Camiño Inglés están integrados catro albergues con 109 camas a esta Rede Pública de Albergues, sendo a última inauguración a Casa da Pescadería de Betanzos o ano pasado.

Xunto ao mantemento e conservación do Camiño Inglés, dende a Xunta de Galicia tamén se realizan labores de potenciación da investigación e desenvolvemento de ferramentas de PROMOCIÓN.

A asistencia a feiras e worshops, a creación de exposicións, a organización de viaxes de familiarización, as campañas promocionais ou as accións dirixidas ao público potencial son algunhas das ferramentas de promoción utilizadas pola Xunta de Galicia para a promoción do Camiño Inglés.

En definitiva, a Xunta de Galicia traballa na revitalización, conservación e dinamización da ruta, para non perder esa esencia que encandea ano tras ano a numerosos peregrinos e que supón o outorgamento de numerosas distincións e galardóns.

Gracias a esta labor de conservación e promoción, a Santiago acoden peregrinos de toda procedencia a través do Camiño Inglés. No pasado ano 2013 recolleron a Compostela 4.404 peregrinos que realizaron este itinerario, o que representa un incremento do 23,12% con respecto ao ano anterior.

RESPECTO Ó PUNTO 3: LOCI IACOBI

O proxecto Loci Iacobi pretende desenvolver as diversas rutas que compoñen os Camiños de Santiago como produto turístico e consolidalos como Itinerario Cultural Europeo a través da creación e promoción de novos contidos turísticos e a introdución de novas tecnoloxías da información e comunicación.

Loci Iacobi promoverá o desenvolvemento e a posta en marcha dunha marca europea única que identificará a todas as vías europeas do Camiño de Santiago e todos os servizos turísticos e equipamientos que serán parte deste produto, facendo posible o seu comercialización como un produto temático coherente e trasnacional.

As actividades específicas do proxecto son:

creación e implementación dunha marca europea para o Camiño de Santiago,

desenvolvemento e implementación dunha plataforma electrónica para o Camiño de Santiago,

encontros e seminarios, intercambiando boas prácticas, proxecto piloto: paquete turístico "Camiño de Santiago", produción e edición das "guías turísticas de peregrinos".

Os socios son: Turismo de Galicia, Concello de Le Puy (Francia), Concello de Namur (Bélgica), Concello de Asis (Italia), Concello de Vilapouca de Aguiar (Portugal) e as pemes Le Puy Hotels e Viaxes Viloria.

PROTECCIÓN E DELIMITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Neste momento vaise iniciar o procedemento de contratación para a realización dos `Estudos de historicidade e delimitación da traza do Camiño de Santiago Ruta da Prata', onde se incluirán as posibles variantes, como a do Camiño de San Rosendo, o Camiño Mirioto e o Camiño Mozárabe.

Ao mesmo tempo, a Xunta de Galicia aprobará as DELIMITACIÓNS DEFINITIVAS DO CAMIÑO INGLÉS e do Camiño Norte pola Costa, decretos que se ditarán este mesmo ano. Doutra banda, está previsto que neste 2014 se inicie a tramitación do procedemento de incoación do Camiño Portugués.

Ademais das actuacións de protección e delimitación anunciadas, o Camiño de Santiago tamén será un dos eixes principais do Plan Estratéxico de Turismo Galicia que pretende desestacionalizar e dinamizar turisticamente diferentes zonas da nosa comunidade a través dun patrimonio de incalculable valor e historia como son as vías xacobeas.

É importante recordar os traballos xa realizados polo Goberno Galego neste ano, posto que nos últimos anos delimitouse oficialmente o Camiño Primitivo ou de Oviedo, os Camiños de Santiago no termo municipal de Compostela, e o Camiño Francés, ruta principal e máis transitada, un traballo que foi un verdadeiro fito histórico realizado polo goberno do PPdeG que tivo en conta todas as sensibilidades e permitiu dar resposta, por vez primeira, ás súas necesidades integrais de protección.

Para finalizar, destacar que a delimitación oficial destas rutas supón unha aposta pola protección do patrimonio galego máis senlleiro, tanto desde o punto de vista das infraestruturas incluídas no ámbito de protección dos trazados, como no que atinxe aos valores culturais e medioambientais asociados a estas vías de peregrinación.

RESPECTO Ó PUNTO 1:

Dicir que A Deputación da Coruña é unha institución moi activa no sector turístico e, sobre todo, en todo o relativo á promoción.

Traballa en moitos ámbitos.

E UN DELES É O CAMIÑO INGLÉS.

Pola provincia da Coruña pasan todos as rutas xacobeas, e onde agora está actuando a Deputación É PRECISAMENTE NO CAMIÑO INGLÉS.

A día de hoxe está en proceso de trámite a contratación da redacción dunha guía turística que estará escrita en castelán e en inglés e que se distribuirá tanto aquí como noutros países.


Ademais, a Deputación vai firmar nas próximas semanas un convenio coa Asociación Tesouros de Galicia, entidade socia da Internacional National Trust, para a posta en valor desta ruta.

O obxecto deste convenio é a posta en marcha dun programa de bolsas de prácticas que esta entidade levará a cabo para:

1.    Planificación do percorrido involucrando ás entidades locais afectadas

2.    Planificación das distintas etapas, visitas ou contidos do Camifío Inglés.

3.    Promoción dos tramos que percorran territorio británico

4.    Promoción e sensibilización da poboación a través de iniciativas educativas e de voluntariado.

Para elo, e a través de convenios coas Universidades da Coruña e de Santiago, Tesouros de Galicia seleccionará ata 10 bolseiros que realizarán o seu labor baixo a supervisión dun coordinador.

Ademais, e dentro tamén da promoción do CAMIÑO INGLÉS desde a Deputación, realizarase unha camparia de plantación de árbores.

1.500 árbores que, a través da asociación National Trust, financia a Fundación Amancio Ortega para que sexan plantados ao longo de todo o trazado do Camião Inglés.

Dende o noso grupo presentamos unha enmenda transaccional aos puntos 2 e

2.    O pleno do concello de     acorda instar á Xunta a que continue coas medidas necesarias

para o correcto mantemento, limpeza e sinalización do "Camiño Inglés" no seu percorrido polos diferentes termos municipais dos concellos concernidos

3.    O pleno do concello de    insta á Xunta de Galicia a continuar coas actuacións de

promoción do "Camiño inglés", así como a presentar iniciativas de cooperación no marco dos distintos programas da UE, entre o goberno da Xunta e os da franxa atlántica europea.

Sobre o punto 1 prantexamos a súa retirada da moción Porque o que piden xa se está a facer na Deputación da Coruña e, por pura lóxica e sentido común, temos que votar en contra dunha petición de algo que xa se está a facer.

Propón seguidamente a Sra. Pazos unha emenda transaccional ós puntos 2 e 3 da moción de que se trata, do seguinte tenor literal:

O Sr. Feal intervén para dicir que acepta as emendas, pero que a primeira moción presentouse en marzo, polo que xa deu tempo de facer o que se solicitaba, e para dicir que en Cabanas o Camirio presenta algunhas deficiencias que deberían solucionarse, xa que o turismo é un sector fundamental, e remata manifestando a súa alegría porque o PP apoie esta moción á que inicialmente se oporiía.

A Sra, Pazos di que non é así, que a moción deixouse para debater nunha xunta de portavoces e xa entón estábanse a realizar actuacións no Camirio, polo que eles tamén se alegran de que se acepten as emendas.


Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por unanimidade dos seus nove membros presentes, acorda aprobar a moción de que se trata, coas emendas debatidas e aceptadas.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás dezanove horas e cincuenta e sete minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN CELEBRADA O 30 DE XULLO DE 2014

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande.

Da. Esperanza Gayoso Pereiro.

D. Julian Ramón Seijas Criado

Da. María de la Cruz Varela Varela

D. José C. Rey García.

D. Luis A. Fachal López

D. Delfin Feal Pereira.

Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita

D. Angel Pena Fontenla.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezaoito horas e tres minutos do día trinta de xullo de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario acumulado D. Miguel A. Arroyo Moreno, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata­los asuntos incluídos na Orde do Día.

PARTE RE S OLUTIV.A.

1.-           ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta da acta da sesión anterior, realizada o día 10 de xullo do presente ano 2014, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, preguntándose polo Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten observacións ou solicitudes de modificación que formular. A Sra. García Pita e o Sr. Pena, concelleiros non adscritos, solicitan algunhas modificacións, que son sometidas a votación ordinaria, resultando rexeitadas e aprobada a acta por oito votos favorables, dos cinco concelleiros presentes do PP, os dous de AEC e o do PSOE, cos votos contrarios dos dous devanditos concelleiros non adscritos.

2.-                        FESTAS LOCAIS PARA 2015.

Visto o escrito da Xefatura territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar, no que interesa proposta do pleno ou do órgano que sexa competente deste Concello na que consten as datas concretas dos dous días de festa de carácter retribuído e non recuperable no ámbito deste termo municipal para o vindeiro ano 2015, dase conta da proposta do grupo de gobemo, de establecer como festivos locais os días 11 de novembro e 30 de novembro.

A Sra. García Pita pregunta porqué son sempre os mesmos días; O Sr. Alcalde resposta que por unha cuestión de tradicións, sempre son eses días agás que caian en festivo, pero que para o ano pódense proporier polos concellleiros outras datas.

Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, o Pleno da Corporación, por maioría de oito votos favorables, dos cinco concelleiros presentes do PP, os dous de AEC e o do PSOE, coas abstencións dos dous concelleiros non adscritos, acorda:

Propoñer como festas locais en todo o termo municipal para o vindeiro ano 2015, o 11 de novembro (San Martiño) e o 30 de novembro (San Andrés).

3.-           CONVENIO DE ADHESIÓN AO SISTEMA DE ADQUISICIÓN CENTRALIZADA DA DEPUTACIÓN.

Dase conta do contido do modelo de "Convenio de adhesión ao sistema de adquisición centralizada da Excma. Deputación Provincial da Coruria", co que se pretende que as entidades locais da provincia poidan lograr as condicións económicas máis vantaxosas, coa conseguinte reducción do gasto público, e simplificar a trarnitación administrativa na adquisición de bens e servizos, potenciando tamén a transparencia e a seguridade nas contratacións. A tal finaliddae, creouse pola Deputación unha Central de Contratación que xestionará acordos marco ós que poderá adherirse individualizadamente o Concello. O texto completo deste modelo está disponible na páxina web da Deputación.

A Sra. García Pita di que se trata doutra competencia máis que perde o Concello, e que non se debe permitir, e menos voluntariamente.

A Sra. Pazos respóstalle que novamente non fixo os deberes, e que non é iso o que di o convenio, posto que sempre será posible elixir en cada caso a contratación mediante a Central ou á marxe dela. O Sr. Alcalde engade que será unha opción máis, e que se permite aforrar, será un beneficio para tódolos veciños.

Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, o Pleno da Corporación, por maioría de oito votos favorables, dos cinco concelleiros presentes do PP, os dous de AEC e o do PSOE, con dous votos contrarios, dos dous concelleiros non adscritos, acorda solicitar a incorporación do Concello de Cabanas ó referido Convenio de adhesión ao sistema de adquisición centralizada da Excma. Deputación Provincial da Comfía, o que se comunicará a esa entidade ós efectos oportunos.

4.-    INFORMES DA PRESIDENQA. RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

Dase conta das Resolucións da Alcaldía ditadas desde a número 104 do 24-03-2014 ata a número 269 do 24-07-2014. O Sr. Pena solicita ter acceso ó contido desas resolucións, e o Sr. Alcalde resposta que están á súa disposición no Concello.

MOCIÓNS DE URXENCIA.

O concelleiro Sr. Feal solicita a inclusión na Orde do Día dunha moción que presentou por rexistro, relativa á privatización dos rexistros civís. O Sr. Alcalde indica que a convocatoria xa estaba feita cando se rexistrou esa moción, polo que non foi posible a súa inclusión na convocatoria. O Sr. Feal indica que a urxencia desa moción resulta da imposibilidade de someter o asunto ó Pleno ata setembro, indicando que presentou a moción antes de recibir a convocatoria desta sesión.

Sometida seguidamente a votación ordinaria a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación prodúcese en primeira votación o resultado de empate, con cinco votos contrarios á urxencia, dos concelleiros presentes do PP e cinco favorables, dos concelleiros dos grupos de AEC, PSOE e non adscritos. Sométese de seguido o asunto a unha segunda votación, na que se repite o mesmo resultado e empate coas mesmos votos favorables e contrario, polo que queda rexeitada a urxencia da moción e a inclusión na Orde do Día do punto de que se trataba.

5.-    ROGOS E PRE GUNTAS.

Preguntas orais: O Sr. Fachal formula as preguntas que de seguido se indican:

Polos avances na execución do proxecto de sinalización de estradas, respostándolle o Sr. Alcalde que continúan as xestións que se están a facer diante do Ministerio, tratando de implicar na solución a outros concellos, ainda que a solución ainda pode tardar.

Pola avaría da pasarela do barco turístico do Concello, e o Sr. Alcalde resposta que xa falou con Portos e se está a tratar de darlle ó asunto unha solución canto antes, ainda que cre que non dará tempo para este verán.

Polo estudo de impacto ambiental do espigón, indicando o Sr. Alcalde que o estudo está encargado e que o problema dos marcadores parece xa resolto.

Cando se modificará a normativa pola que se regulan os chiringuitos na praia. O Sr. Alcalde resposta que é preciso agardar pola publicación do novo regulamento de costas, que lóxicamente condicionará a nova normativa, e que se fará canto antes.

En qué estado se atopa a resposta ás alegacións presentadas tras a aprobacion inicial do PX0M. O Sr. Alcalde as alegacións están sendo estudadas polo equipo redactor, e que se espera que estén informadas no mes de setembro ou outubro.

Formula seguidamente o Sr. Fachal os seguintes rogos:

Que se investigue a titularidade dunha finca próxima á vía férrea. O Sr. Alcalde resposta que se trata claramente dunha propiedade pública.

Que se habilite un rexistro de vivendas ruinosas do término municipal, para evitar posibles problemas graves no futuro. O Sr. Alcalde dique xa se está a intervir nos casos en que hai perigo, como por exemplo unha edificación xunto á estrada nacional, na que tivo lugar un accidente hai uns días, xa vai ser demolida próximamente.

Preguntas por escrito:

Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdGPSOE Sr. Feal mediante escrito de data do 29/07/14:

1°.- En relación á tramitación do PXOUM de Cabanas:

a)         tEn qué fase está o procedemento de estudo de alegacións?

b)        En relación á actuación do PEONR-M01, o chamado "Convenio de Suanzes", é certo que hai unha resolución de reposición da legalidade dictada pola Axencia de

Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia , á que o Concello de Cabanas está adherida,¿en qué fase se encontra esta, qué pasos ten tomados o grupo de gobemo, é acorde este PE ONR-M01 coa resolución da APLU?

c)         En relación ao convenio chamado "Do Día Oito", cómo están os trámites para o deslinde da línea de costa?, tinflúe este deslinde de costas para que a parte urbanizable

poida ter unha altura máis de construcción que as colindantes?

d)        Nas reunións que leva estos días coa Plataforma de afectados polo PXOUM de Cabanas, tfíxolle reconsiderar a súa postura e a do seu grupo de paralizar a tramitación e retomar as conversas cos distintos colectivos?

O Sr. Alcalde resposta que xa se indicou nunha resposta anterior que as alegacións están sendo estudadas polo equipo redactor, e que se espera contar cos informes no mes de setembro ou outubro. Respecto á Resolución da APLU, di que non consta no Concello esa Resolución, polo que haberá que estar ó que se aprobe xunto co PXOM. En relación co apartado c) da pregunta, di que o contido dese documento non afectará as alturas das edificacións existentes, e que producirase unha vantaxe para o Concello e polo tanto para tódolos veciños. Polo referido ás reunións cos afectados, di que sempre están abertos ó diálogo, que desexan un proceso transparente e que por suposto que se falará de todo o necesario, cando sexa o momento oportuno. Mentres, seguirán a traballar para tratar de consensuar, razoar e desmontar as mentiras que se contan.

2°.- O pasado 4 de xuño asinouse coa Consellería de Traballo e Benestar a realización dun Obradoiro de emprego a realizar entre os concellos de Ares, Fene e Cabanas cun investimento de 185.000 € e ocupación para 21 persoas; a entrevista levouse a cabo este luns pasado qué cupo desas persoas lle toca a Cabanas?, tcal foi o criterio de selección?

O Sr. Alcalde explica que había tres prazas para cubrir, por poboación, e que se aplicaron os criterios contidos no "Baremo para a selección dos traballadores participantes nos obradoiros de emprego 2014" difundido pola Consellería de Traballo e Benestar a tal finalidade, que figuran no expediente e que seguidamente detalla.

4°.- Estamos en plena época estival, e afortunadamente a climatoloxía previa foi benigna,

e polo de agora non houbo que establecer ningunha medida restrictiva ; tamén o seflor alcalde saeu en prensa pofiendo en cuestión á empresa adxudicataria do servicio, ¿pode explicarlle a esta corporación os motivos?, ¿pode explicar asemade cales son os motivos polos que a nova lifía de subministración de auga a Laraxe-Vilar do Colo non está operativa?

O motivo é o mal funcionamento do servizo, e o feito de que a empresa adxudicataria négase a asumir a nova liña de subministración.

3°.- Visto o lamentable estado no que se atopa a casa denominada "Ares-Fernández" no Areal , que houbo que apuntalar e vallar, équé medidas se están a tomar por parte do Concello para subsanar dito peligro?

Déuselle traslado da situación tanto á Policía Local como ós servizos de urbanismo que están elaborando os informes precisos para tomar as medidas que sexan necesarias. Xa se tomaraon unha serie de medidas urxentes para evitar danos, encintando a zona para limitar o paso de peóns e o aparcamento de vehículos.

Preguntas presentadas pola concelleira Sra. García Pita mediante escrito de data do 29/07/14:

1.-    Cofiecemos polos medios de comunicación que o Sr. Alcalde foi imputado pola fiscalia. Pódenos dar explicacións e detalles sobra cal é a acusación? En que pode afectar ao Concello de Cabanas?

O Sr. Alcalde resposta que a acusación que pesa é, como todos vostedes deberían de saber, por non executar a demolición do Edificio O Penso. Dende o Concello acatamos a sentenza e sabemos que temos que cumprila, pero non é algo sinxelo debido a que tivemos que buscar financiación externa para poder iniciar as obras. En verdade o que me doe é ter que firmar un documento de execución de obra para a demolición dun edificio e ter que deixar a oito familias sen vivenda ou reducirlles os metros de disporiibilidade das mesmas, pero non temos outra solución posible. E resulta ben triste que en vez de pensar nesas familias dende a oposición estean máis preocupados polas acusacións que hai contra min, en lugar de formar unha fronte unida que poida defender os intereses destes que tamén son veciños e veciñas de Cabanas. Esta acusación en principio non debería afectar en nada ó Concello de Cabanas.

2.-    Na praia da Madalena houbo queixas por atoparse na area puntas. Adoptou algunha medida o gobemo local para evitar danos indesexados?

O Sr. Alcalde di que este ano xa se adoptaron diferentes medidas para controlar as luminarias de San Xoan, como foi acotar os espazos nos que se permitían facelas ou prohibir a queima de mobles ou similares que puideran deixar restos indesexados como son estas puntas que se atoparon e que tendo en conta o estado no que se encontraban ben puideron ser restos de luminarias de ano

3.-    O Gobemo local contratou a redacción do PXOM en decembro de 2008 á Unión Temporal de Empresas (UTE) integrada por DVega SL Arquitectura, Territorio e Medio Ambiente e Proyestegal, S.L. por un importe de 143.000 e cun prazo de execución de dous anos. En xullo de 2010 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras ordenoulle adaptar o proxecto urbanístico á nova Lei do Solo ao Concello de Cabanas. Finalmente exponse ao público entre marzo e abril do presente 2014.

a)    Cando vai contestar as alegacións presentadas?

b)   A marea de alegacións ao Plan Xeral vai provocar cambios sustanciais no documento?

c)    Que trámites ten previstos o goberno local? Resposta da Alcaldía:

a)    Esta previsto que se contesten entre setembro e outubro.

b)   Para poder contestar a esta pregunta primeiro haberá que esperar a que as alegacións sexan contestadas así como á recepción dos informes sectoriais precisos.

c)    Dialogar e consensuar en todo o que sexa posible.

Preguntas presentadas polos concelleiros Sres. García Pita e Pena mediante escrito de data do 29/07/14:

1. Á vista do informe de Aguas de Galicia con data de entrada no concello o día 31 de marzo do 2014 e n° de rexistro 727 sobre a auditoría realizada á EDAR da Macuca pola empresa IDOM S.A. correspondente ao ultimo trim. estre do ano 2013 cuxos resultados son:

•                       Incumprimento da directiva 91/271/CEE.

•                       Incumprimento da Autorización de Verquido.

•                       Equipo de desinfección en funcionamento con rendemento insuficiente.

Que medidas tomou o equipo de goberno para evitar que se siga vertendo ao mar augas residuais sen depurar?

Requiríuselle a empresa concesionaria a aplicación das medidas recomendadas neste informe? como son:

•                       Mellorar os prazos de reparación especialmente para equipos críticos que poden afectar directamente á calidade da auga de saída, como por exemplo traballar sen soplantes de repouso ou o non funcionamento de un modulo de desinfección, etc.

•                       Revisión dos ciclos de Nitrificación e Desnitrificación.

•                       Retirada de escumas e costra creada na saída do biolóxico así coma a realización de purgas máis constantes e tamén a posta en operación dos circulantes para que a situación non se reproduza?

Resposta da Alcaldía: A día de hoxe temos moitas incendencias abertas con Aquagest, tanto por este tema como por outros varios, polo que estamos no proceso de abrirlle un expediente por unha baixa eficiencia no cumprimento das súas obrigas contractuais. Este non é o primeiro informe que se recibe por problemas con esta depuradora, dándoselle traslado dos mesmos á empresa concesionaria para que se adecúe á normativa.

2. A rede de saneamento do Batan esta sen rematar e atópanse uns tubos na canle do río xustamente onde a rede o cruza dunha banda a outra na Torre:

•                       Cal é o motivo polo que non se rematan as obras e de que non se retiren ditos tubos?

•                       Existe autorización de Augas de Galicia para que dita rede pase a carón do río?

Resposta da Alcaldía: As obras estanse rematando, faltando unicamente a conexión ós veciños e veciñas. Unha vez feitas estas conexións procederase á retirada dos tubos ós que fan referencia. Todas as obras que precisan de autorización de Augas de Galicia por estar na zona de policía dos ríos tramítanse previamente perante este organismo para acadar todas as autorizacións necesarias.

3.Na Torre de Laraxe estanse facendo unhas obras de ampliación da rede de saneamento que teñen a rúa Camiño do Pereiro cortada desde hai vinte dias:

•                       Emitiu ou publicou o concello algún tipo de aviso aos veciños para alertar de este peche tan prolongado?

•                       Cal é o motivo de que a colocación de cen metros de tubaxe necesite de tanto tempo? 

Resposta do Sr. Alcalde: Foise falar persoalmente cos veciños e veciñas da zona e que empregan esa vía para explicarlles todo o que se ía facer. O tempo da obra foi o necesario e adecuado tendo en conta as dificultades que implicaba a tubaxe. Houbo que facer unha canalización a máis de tres metros de profundidade nalgunhas zonas e nun terreo pedregoso. Non todas as obras requiren o mesmo tempo e non é so unha cuestión dos metros que se vaia colocar, senón que hai que ter en conta moitas outras condicións como é o caso.


4. Dispón o equipo de gobemo o informe técnico do arquitecto para obra na execución das sentenzas do Penso? 0 Sr. Alcalde reposta que Si.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesi6n horas e seis mínutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

V° e p t ce,      0 Se retario. 

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 24 DE SETEMBRO DE 2014

Concelleiros asistentes:

Dª. Eva Mª. Pazos Bande.

Dª. Esperanza Gayoso Pereiro.

Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa

Dª. María de la Cruz Varela Varela

D. José C. Rey García.

D. Delfin Feal Pereira.

Dª. Mª. Teresa de Jesus García Pita

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e catro de setembro de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asisten os concelleiros D.Julián Ramón Seijas Criado, D.Luis A. Fachal López, Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e D.Angel Pena Fontenla.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o día 30 de xaneiro de 2014, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos membros presentes, acorda aproba-la referida acta.  

2.- .- CONTA XERAL EXERCICIO 2013. Seguidamente dáse conta á Corporación da Conta Xeral do Orzamento correspondente o exercicio de 2013 co expediente tramitado e cos documentos que a xustifican, a cal despois de ditaminada pola Comisión Especial de Contas, foi exposta ó público en forma regulamentaria sen que se presentase reclamación algunha.

Neste intre incorpórase a sesión a concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira non vai a poñer en dúbida a xestión contable, a súa postura na Comisión de Facenda xa foi a abstención, están en contra de como se fan os gastos, a formulación do orzamento xeral do concello así como o gasto dese orzamento coas modificacións, é o que marca a orientación política do grupo de goberno, neste caso nunca contaron co parecer dos grupos da oposición, xa nas comisións de Facenda e nos distintos plenos se manifestaron en contra dunha serie de gastos, coma arranxo da nave de Vilar do Colo que non se sabe para qué si está posta a venda, cuberta das pistas de pádel en A Veiga, etc., mentres que o gasto en arraxo de camiños é mínimo, o que ven a dicir que a orientación dos gastos estará ben contabilizada tecnicamente, pero dende o seu grupo consideran que estes gastos non se corresponden coas necesidades do Concello e politicamente o seu voto será negativo.

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita manifesta que se podía falar da nave, da cuberta das pistas de pádel, do proxecto feito por xente de fora, seguimos sen ter un orzamento de crise, é un orzamento de despilfarro onde se gasta nas mesmas cousas, critica a publicidade na Cope, anuncios na Voz de Galicia e no Diario de Ferrol, así como, gasto nunha persoa solo para comunicación cando non necesitaba ninguén, co que se gasta ao ano nisto vivían seis familias; tamén paga a asesoría externa e por eses cartos podía empregar a unha persoa de Cabanas, recórdalle que dixo na toma de posesión que ía gobernar para todos cando o que está a facer é amiguismo e despilfarro do que non se salva ningunha partida, por elo votarán en contra.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª.  Pazos Bande, sinala que a conta xeral de que trae a Pleno é un resumo da actividade económica de gastos e ingresos do concello durante o ano 2013, como en anos anteriores séguese realizando un traballo continuo axustando ao máximo as partidas e buscando a rendibilidade máxima dos recursos que chegan ao Concello e o maior beneficio para os veciños, con menos recursos séguese facendo máis, hai aforros importantes e control constante dos gastos para que a situación económica gravada co asunto do Penso, non afecte aos servizos que se prestan aos veciños; a conta presenta resultados reais e obxectivos como o remanente positivo de 354.170,37 euros que se incrementa dende 2011, do cal 185.000 van para o Penso; destaca a realización de pagos no 98 %, realización de cobros 91%, superávit por habitante 54,93 , período medio de pago 71,60 que se segue a mellorar,  e gasto por habitante 906,72 euros; cumpríronse tódolos trámites preceptivos e o resultado é positivo por máis que algún de vostedes non desexe que o fora.

O Sr. Feal Pereira considera que se recorta en partidas, se aquilatan gastos e fálase de maior rendibilidade para os veciños, preguntando cal é a rendibilidade para os veciños de Cabanas gastar 88.052,27 euros na cuberta das pistas de padel ou 88.000 euros na nave de Vilar do Colo, e podería seguir con gastos de publicidade como dixo a Sra. García Pita, a taxa de paro segue moi elevada e os gastos no fomento do emprego non se ven resultados, alude ao convenio da escola taller con solo tres persoas de Cabanas en formación, e insiste que os gastos feitos non dan rendibilidade, nin se fai máis con menos pois non hai máis que ver os camiños, parques, etc.

A Sra. García Pita indica que se está a falar de mirar polo Concello e rendibilidade, pero si miraran polo ben pobo contratarían xente de aquí, un avogado de aquí, a recadación de impostos municipais non se pagaría a Deputación e crearíanse dous ou tres postos de traballo, espera que a intervención da portavoz popular non sexa súa e que lla escribise alguén porque non é de recibo, non se pode falar de superávit coas débedas que ten o Concello, non se pode disfrazar a contabilidade e pensa que realmente non cren no que están dicindo.

A Sra. Pazos Bande di que entrar partida por partida e non é o que corresponde, hai comisións de facenda e plenos onde se debaten os orzamentos, agora trátase da conta xeral, teñen claro que si gobernase o PSOE a orientación política sería outra e xa o demostraron encargando plans de urbanismo que non levan a pleno, inventarios que non serven e hai que pagar, etc. a cubrición das pistas de pádel é a instalación deportiva máis rendible para logo gastar no pobo, xa se explicou mais veces – intervén a concelleira Sra. García Pita e o Sr. Presidente a advirte por primeira vez -, prosegue a portavoz popular aludindo a gasto en publicidade e a importancia do turismo e beneficios para os veciños do Concello, en canto a contratación de persoal hai un decreto do Estado que non permite aumentar o cadro de persoal, fai referencia ao remanente positivo a pesar do Penso e ao mantemento de servizos, citando actividades de servizos sociais, culturais e deportivas que se están a realizar estimando que a oposición ten un discurso incoherente e o equipo de goberno está contento cos resultados da conta xeral.

O Sr.Alcalde indica que o ano pasado se investiron máis de 150.000 euros en estradas, polo tanto o Sr. Feal Pereira debe revisar as contas; no tema de persoal hai 19 persoas nos programa de emprego, ademais no obradoiro de emprego o Sr. Feal Pereira non dixo a verdade pois hai 3 persoas que se lles da formación e unha persoa que está dando formación, houbo que facer xestións para que se puidera incluír ao concello de Cabanas; en canto a pistas de pádel e nave de Vilar do Colo recorda que foron financiadas nun 80%.

Debatido o asunto o pleno da Corporación con seis votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, unha en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e unha abstención do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:

Prestar aprobación á referida conta dando traslado da mesma en forma regulamentaria ó Tribunal de Contas e Consello de Contas, a cal presenta os seguintes resultados:

Resultado orzamentario axustado..............……....………….  180.934,78

Dereitos pendentes de cobro ao peche do exercicio...............   596.207,27

Obrigas pendentes  de pago ao peche do exercicio............….   524.719,33

Fondos líquidos na Tesourería ao peche do exercicio……....   339.349,56

Remanente de Tesourería total………….………..……........   410.837,50

Remanente de Tesourería para gastos xerais.............................   354.170,37

3. RATIFICACIÓN RESOLUCIÓNS ALCALDÍA SOBRE ADXUDICACIÓN CONTRATO EXECUCIÓN SENTENZA RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO EDIFICIO O PENSO 1ª FASE. A continuación dáse conta a Corporación das seguintes resolucións da Alcaldía:

“RESOLUCIÓN 264/2014. Adxudicación execución obra sentenza O Penso.

Visto o expediente tramitado para a adxudicación da execución da obra de “Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, 1ª fase”, mediante procedemento aberto cun único criterio de adxudicación.

Visto o contido da acta da xuntanza celebrada pola Mesa de Contratación con data do 24/02/14, e tendo en conta que o importe da baixa ofertada por unha das empresas que concorreron á licitación, Prace Servicios y Obras, S.A., pode ser considerada desproporcionada ou anormal, requiriuse á referida empresa para que aportara xustificación documental do importe desa baixa.

Vista a documentación presentada pola referida empresa con data do 20/03/14, na que se razoan as causas que xustifican a executabilidade da obra coa baixa ofertada, e o informe emitido polo técnico municipal, con data do 16/06/14 en relación coa posible calificación da oferta presentada por Prace Servicios y Obras, S.A. como desproporcionada ou anormal, no que se solicitaba a aportación por parte da empresa de aclaracións máis detalladas relativas ó contido da súa oferta, e particularmente das partidas presupostarias nas que a baixa é maior.

Vista a nova documentación xustificativa aportada pola empresa con data do 14/07/2014 en resposta ós requirimentos formulados polo técnico municipal, examinado detidamente o seu contido, e tomando en consideración que o representante legal da empresa asume expresamente a totalidade dos compromisos indicados no referido informe técnico de data do 16/06/14 considérase que quedan debidamente xustificadas as causas polas que é posible a correcta realización da obra de que se trata coa baixa ofertada.

Tendo en conta que todas menos unha das ofertas presentadas superaron o 25% de baixa respecto ó tipo de licitación, que dúas delas practicamente acadaban o 30% e que a diferenza entre a oferta de Prace Servicios y Obras, S.A. e a seguinte con máis baixa apenas acada o 6%.

Tendo en conta o indicado no Prego de cláusulas administrativas particulares polo que se rexe a contratación de que se trata e na lexislación aplicable, mediante o presente, R E S O L V O:

1º.- Formular proposta de adxudicación en favor da empresa "Prace Servicios y Obras, S.A.", que se considera a mais vantaxosa en conxunto, ademais de ser a máis favorable desde o punto de vista económico, para a execución da obra de “Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, 1ª fase”, polo prezo de 178.819,17 euros máis 37.552,03 de IVE, o que supón un total de 216.371,20 euros.

2º.- Requirir á empresa proposta como adxudicataria para que, en cumprimento do establecido no Prego polo que se rexe a contratación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de dispor efectivamente dos medios que se comprometera a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e constitúa garantía definitiva polo importe sinalado no cadro de características do contrato, dentro do prazo de dez días hábiles desde a data do requirimento, como requisito previo á formalización da contratación.

3º.- Do contido da presente Resolución darase conta á Xunta de Goberno Local na primeira sesión que se celebre.

Así o acorda e asina o Alcalde Don German Castrillon Permuy, en Cabanas a vinte e dous de xullo de dous mil catorce, ante min Secretario Miguel Ángel Arroyo Moreno do que dou fe. O Alcalde, rubricado. Perante min Secretario, rubricado.ª

“RESOLUCIÓN 296/2014. Adxudicación contrato obra.

Visto o expediente tramitado para a adxudicación da execución da obra de “Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, 1ª fase”, mediante procedemento aberto cun único criterio de adxudicación.

Visto que o licitador proposto acreditou atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e constituíu a garantía definitiva.

Examinada a documentación presentada e de acordo co establecido no artigo 151.4 e disposición adicional segunda do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, RESOLVO:

Primeiro.- Adxudica-lo contrato de obras de “Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, 1ª fase”, á empresa "Prace Servicios y Obras, S.A.", polo prezo de 178.819,17 euros máis 37.552,03 de IVE, o que supón un total de 216.371,20 euros, que se considera a mais vantaxosa en conxunto, ademais de ser a máis favorable desde o punto de vista económico, para a execución da obra de que se trata.

Segundo.- Dispoñe-lo gasto con cargo á partida 151.69901 do vixente orzamento de gastos.

Terceiro.- O prazo de execución das obras será de oito meses, debendo estar executadas, certificadas e recibidas en dita data. A execución do contrato de obras comezará coa acta de comprobación do trazado de planta no prazo de dez días desde a data de formalización do contrato.

Cuarto.- Notifica-la adxudicación a tódolos licitadores de acordo co establecido no artigo 151.4 do TRLCSP,  e requirir ó contratista adxudicatario para que concorra a formalización do contrato en documento administrativo no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas, así como, autorizar a posterior devolución da documentación administrativa aos restantes licitadores.

Quinto.- Publicar a adxudicación no perfil do contratante segundo o disposto no artigo 151.4 do TRLCSP, e comunica-los datos básicos ao Rexistro de Contratos do Sector Público.

Sexto.- Designar como director técnico da obra ao arquitecto D. Antonio J. Ferreiro Novo, con número de colexiado COAG 3060.

Así o mando e asino, en Cabanas, o doce de agosto de dous mil catorce. O Alcalde, rubricado. Ante min, Secretario, rubricado”

Infórmase a Corporación  que a competencia como órgano de contratación corresponde ao Pleno pero adoptáronse estas resolucións sen demora por trámites xudiciais, motivo polo cal se someten agora a súa ratificación polo Pleno da Corporación.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira refírese a que sobre este tema xa tiñan presentado preguntas, hai que facer fronte a sentenza de derribo no edifico do Penso coa contratación dunha empresa, e sempre tenderon a man para estudos e aportacións; recorda que os veciños formularon recurso, hai que indemnizalos, teñen que deixar vivendas mentres se realizan as obras e pregunta que vai a pasar con eles, díxose que mentres non se resolvera a petición dos veciños non se levaría a cabo iso, pero quere saber como está este tema.

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita fala de que o Sr.Alcalde está imputado, non é de fiar, escóndese detrás das necesidades dos veciños, pasan de indemnizalos e non lles importa que non teñan casa nin nada; contratan a unha empresa que incorre en baixa temeraria de máis do 20% que se descarta nas contratacións públicas e sen embargo aquí contrátase, pide que se interesen polos veciños, onde van estar e como van sobrevivir.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª.  Pazos Bande, sinala que esta é a decisión máis difícil para o equipo de goberno pero hai que acatar e cumprir as sentenzas firmes de derribo, vostedes son coñecedores de que se está a falar de problemas herdados dos que non son responsables ningún membro do equipo de goberno, levan tempo buscando solucións para os afectados desde que chegaron o Concello, con saneamento económico, axuste de partidas orzamentarias e control do gasto para executar as sentenzas, houbo reunión cos propietarios, intentouse acordo cos denunciantes e pediuse ampliación de prazo o xulgado porque coa aprobación do PXOM se podería dar solución a este problema, pero a vontade dos denunciantes non é mirar polo beneficio do pobo de Cabanas instando permanentemente a execución inmediata do derribo, reitera que para este equipo de goberno esta é a decisión máis difícil que tiveron que tomar deixando a oito familias sen vivenda e coas propiedades mermadas, pero a responsabilidade e acatar e dar cumprimento as sentenzas; en canto a indemnizacións no proxecto inclúese unha valoración dos inmobles estando aberto o expediente de responsabilidade patrimonial que determinará como e canto se indemnizará, o xulgado non dá máis tempo e obriga o Concello a demoler.

A Sra. García Pita en referencia o grupo de goberno di que en ningún momento se lles pasou pola imaxinación facer un peto para as indemnización en vez de tanta publicidade, hai que cumprir as sentenzas pero tamén saben que non se pode deixar a xente na rúa e para iso o concello de Cabanas do partido popular por moitas voltas que lle dean nin se molestou.

O Sr. Feal Pereira manifesta que non solo o grupo do partido popular se preocupa por este tema, cando tomou posesión como concelleiro propuxo unha comisión para o tema do Penso e rexeitouse unha e outra vez, é certo que gobernaba o grupo socialista pero tamén unha persoa dese grupo compartiu goberno con vostedes durante catro anos, asume a responsabilidade como partido pero como persoa non estaba aquí nesas datas; no ano 2007 vostedes subiron o IBI uns 150.000 euros ano coa escusa de que era para execución das sentenzas do Penso, se os gardaran non habería necesidade agora de pedir crédito, intentan facer acordo cos denunciantes tarde, mal e arrastro, e agora os veciño queren defender o seu, hai un recurso e non ten claro si é suficiente, o avogado debería facer algo, primeiro prima os intereses dos veciños que perderon a súa propiedade, eran cousas que debía tratar esa comisión, así que cando falen de culpables non sinalen a este concelleiro.

A Sra. Pazos Bande alude a que o peto ten que ser primeiro para a demolición como esixen os tribunais, en canto a Sra. García Pita pide que aclara si quere ir en contra do TSXG, se non acata a sentenza, a xustiza obriga primeiro a demoler e despois indemnizar – o Sr.Presidente advirte a Sra. García Pita por segunda vez por intervir sen ter a palabra, indicándolle que a terceira a expulsa-; considera que o Sr.Feal Pereira non é o máis indicado para falar dos membros do seu partido, os impostor recadados non son diñeiro perdido, houbo que saldar créditos, indemnizacións xudiciais, facturas pendentes e dispoñer de solvencia para que as entidades financeiras concedan novo crédito para o derribo, se alguén é culpable do tema do Penso é o partido socialista de Cabanas non o partido popular de Cabanas, iso está claro, a única responsabilidade que ten este goberno é resolver o problema que non creou.

O Sr.Alcalde  aclara que no relativo a comisión pedida polo Sr.Feal Pereira díxoselle que na reunión de portavoces se ía tratar este tema, sempre se tratou, non considera necesaria unha comisión exclusiva para o Penso, polo tanto son coñecedores de todo isto tódolos membros da Corporación; no relativo ao IBI non se chegou aos 150.000 euros ano, no 2007 e 2008 houbo que pagar máis de 200.000 euros de indemnización a Florinda Deibe, liquidar o equipo xurídico do Penso e no orzamento de 2014 hai máis de 700.000 euros para o tema do Penso.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, e dos en contra do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto e da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, acorda:

 Ratificar as mencionadas resolucións da Alcaldía de datas 22 de xullo e 12 de agosto de 2014.

4. NOMEAMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS.  Visto a proposta de nomeamento de rúas e camiños municipais que se reflicte nos planos, de rúas escala 1/5.000 con 124 nomes e de camiños escala 1/10.000 con 165 nomes.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira parécelle unha tomadora de pelo que traian unha relación para renomear rúas cando xa están as sinalizacións postas en gran parte, xa nas preguntas escritas interesaba en que se basea e a que se debe este novo cambio de nomenclátor, porque moitas delas non teñen moita historia que sustentar, pregunta si o Sr.Alcalde e o grupo de goberno se dan conta dos prexuízos que isto trae consigo a veciñanza, tendo a experiencia dos líos cun simple cambio de numeración o cambio de nome de rúas vai causar máis problemas, parécelle que estanse a rir deste pleno e dos veciños aprobando unha relación de nomes cando están moitos xa colocados en sinais.

A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita fala de que tódolos veciños están alporizados, as cousas chámanse doutro forma, pregunta de quen foi a idea e polo menos de facerse hai que contar cos veciños e sacalo a exposición pública, pero non fagan esta chapuza, debería facerse doutro xeito.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª.  Pazos Bande, manifesta que isto non é chapuza de última hora, cando chegaron o Concello atoparon un inventario de bens inmobles que non cumpría e unha relación de camiños bastante correcta que houbo que pagar e hoxe se trae aquí, a relación de nomes foi revisada e contrastada con persoas maiores das parroquias, sobre todo en zonas con dificultades de correspondencia postal, polo tanto é necesario aprobar unha relación de camiños e logo farase unha numeración correcta; un cambio de numeración non é algo simple, a última fíxose sen obxectividade, sen autorización do INE e cunha empresa que colocou números nas casas que non son válidos, co cal a situación é caótica en canto a correspondencia pois moitos non saben que número corresponde; estase a espera da contestación das alegacións do PXOM para facer unha correcta numeración e o concello facilitará a tódolos veciños o cambio na documentación afectada, en canto a sinalización realizada é un salto importante na imaxe do concello, modernidade e efectividade para os veciños

O Sr. Feal Pereira indica que é agora cando os veciños lle din que o correo non chega porque hai unha nova sinalización posta, e volve a dicir si ao grupo de goberno non lle parece unha broma traer a aprobación dun nomenclátor de rúas cando xa están colocadas, dubida de que foran consultar aos maiores e pensa que nestas cousas deben primar as asociacións veciñais e como membro dunha, non se lle parecer ningún, solo piden aos seus achegados; parécelle un despropósito e por sentido común deberían retirar esta proposta.

A Sra. García Pita pide a portavoz popular que non se escude detrás do número que existía, é un problema, pero pensen que un veciño non sabe como se chama a súa rúa porque uns vindeiros cambiáronlle o nome, hai que se persoas e consultalo coa xente, sáqueno a exposición pública e déanse conta do que están a facer, cambian  nomes de toda a vida e agora os veciños non saben como se chama a súa rúa.

A Sra. Pazos Bande, pide seriedade a Sra. García Pita, pode haber algún erro, chámalle a atención que o Sr.Feal diga que nas últimas semanas que se puxo a sinalización haxa queixas dos veciños cando levaban anos queixándose da non chegada das cartas, pode haber algunha confusión nun primeiro momento pero hai que ter seriedade, falouse con veciños da parroquia, de todas formas cando se trata de algo construtivo xa esperamos o voto en contra.

O Sr.Alcalde di que se falou cos veciños, coas asociacións e con todo o que tiña que falarse, nas parroquias a que pertence esa asociación non se fixo ningún cambio.

A Sra. Pazos Bande engade os problemas que houbo con ambulancias e emerxencias por falta de sinalización, e que a xente sabe os problemas pois a carteira ten que ir preguntando onde son os veciños.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros dos grupos popular e AEC, e dos en contra do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto e da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, acorda aprobar a relación de nomes de camiños municipais presentada.

5.- MOCIÓN GRUPO POPULAR SOBRE REFORMA LEI ELECTORAL E ELECCIÓN DIRECTA DE ALCALDE. Dada lectura a moción presentada polo grupo popular sobre a reforma da Lei electoral e promover a elección directa de alcalde, en cuxa exposición de motivos alude ao artigo 140 de CE, proxecto de lei de eleccións locais de 1978, o sistema en países do entorno como Francia e Portugal, así como propostas de reforma do partido socialista en 1998 e programa electoral de 2004, e programa electoral do partido popular de 2011; o grupo municipal popular considera que deber reforzarse a lexitimidade popular e representativa dos alcaldes, facilitando a gobernabilidade, garantindo a estabilidade durante o mandato electoral e posibilitando o cumprimento do programa electoral proposto.

Por todo elo propoñen ao Pleno a adopción do seguinte acordo:

Manifestar a vontade desta Corporación municipal de que se adopten as modificacións legais oportunas que garantan o respecto á vontade maioritaria dos cidadáns e a estabilidade do Concello, de tal maneira que o cabeza da lista máis votada nas elección locais sexa elixido alcalde.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Intervén a concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, indicando que se nega a participar nunha moción ditatorial, antidemocrática e noxenta, non teñen que facer eleccións que se quede permanentemente, mentres, o Sr. Presidente indícalle que non ten a palabra e como segue coa intervención, ordénalle abandonar a sesión. Despois de retirarse a Sra. García Pita proséguese co debate.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta a súa tristeza pola situación, que nos plenos cando alguén quere mostrar a súa desconformidade se actúe desta maneira, hai que ter un mínimo de man froxa; en canto a moción a resposta é un non rotundo, fala dunha iniciativa do partido socialista, de que se presente unha nova proposta, pero ten que haber un debate entre tódolos grupos e non impoñer coa maioría absoluta que teñen no Congreso, a lei electoral xa establece a elección de Alcalde, pero o partido popular quere cambiar as normas establecidas por todos para arranxar un problema que ten o seu partido; ve unha reminiscencia a inicios do século pasado, ao ano 1036 – intervén a Sra. Gayoso Pereiro e o Sr.Presidente a advirte por primeira vez-   prosegue indicando que non lle gusta que se faga referencia a temas persoais, alude as primeiras eleccións que se presentou onde por dous votos non saíu, pero tres máis dous e máis que catro, é maioría no pobo, no ano 2007 interesoulle ao partido popular pero agora non lle interesa a democracia, solo os postos de poder; reitera a tristeza pola expulsión dun representante do pobo por presentar o seu parecer.

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª.  Pazos Bande, di que non se bota a ninguén polo que opine, pero se non acata as normas de funcionamento do pleno este non é o sitio, de todas formas si a portavoz dos non adscritos fala de pucheirazo electoral é a persoa menos indicada pois non representa a ninguén xa que os veciños votaron ao BNG; fala de que desta reforma xa se falou cando o Sr. Zapatero, non se presenta para ganar eleccións, está aberta a debate e reflexión pública que debería contar co maior consenso posible no Parlamento, un partido cunha maioría non debe ser apartado por coalicións interesadas, os veciños non queren que gobernen os votados minoritariamente, alude aos gobernos en varios concellos onde gañou o PP pero non goberna por coalición doutros partidos, tamén fala da elección do Secretario Xeral do PSOE, a xente quere que o seu voto non sexa invalidado por pactos pos electorais, non se entendería que o PSOE rexeitase unha proposta que ía no seu programa electoral de 2004, as coalicións deben facerse antes das eleccións para que as coñezan os cidadáns.

O Sr. Feal Pereira considera que non se pode intentar equiparar unhas eleccións democráticas á gobernación dun concello cun estatuto que rexe un partido político onde a elección dos representantes orgánicos polos militantes e distinta en cada partido; a pena é que ningún partido sexa capaz de educar ao cidadán en política, e dicir isto é válido para todos, porque ao final o poder mediático de certos partidos e certas prebendas desvirtúan a acción política por falta de educación política do cidadán. Reitera o establecido na lei electoral con carácter xeral será alcalde o cabeza da lista máis votada, pero si hai negociacións e dan maioría absoluta a outro candidato ese será Alcalde e vostedes xa viviron esa situación, vostedes queren a maioría absoluta a priori, non entenden a democracia, a lei é modificable pero si queren resolver os problemas hai que sentar unhas bases e debater o que se vai aprobar.    

A Sra. Pazos Bande opina que para a maioría é fácil entender que goberne a lista máis votada, por suposto que as eleccións municipais non son comparables, pero este principio da lista máis votada rexeu para formar os gobernos de España – o Sr. Presidente ordena silencia ao público asistente- non entende por que non é válido para os concellos, as coalicións deben ser para completar gobernos cando non hai maioría absoluta, non ten sentido que o PSOE diga que acepta negociar máis adiante despois das eleccións, tal vez porque necesite amaños entre perdedores para salvar o novo líder, esta reforma a comparten os alcaldes dos partidos que ganan as eleccións, mentres os que as perden están en contra.

O Sr. Alcalde considera que si hai que sentarse hai que ir empezando; referente a portavoz dos non adscritos a educación non está en pelexa coa política, pódese debater educadamente cada un na súa quenda.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros do grupos popular, un en contra do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto e unha abstención do membro do grupo AEC, acorda aprobar a moción presentada.

6.- MOCIÓN GRUPO MIXTO SOBRE REXISTRO CIVIL. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto, a cal se da lectura e en cuxa exposición de motivos alude ao Real Decreto Lei 8/2014, do 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, que regula entre outros a competencia do Rexistro Civil, que pasará a ser responsabilidade dos rexistradores que teñan ao seu cargo as oficinas do Rexistro Mercantil, refírense a situación actual, os problemas que supón para os veciños entregarlle o Rexistro Civil aos Rexistradores Mercantís de desprazamento, as trabas que está a poñer o partido popular aos cidadáns e o custo adicional que representa, xa que os ingresos dos rexistradores dependen do que cobran aos clientes, actuando como empresas privadas inda que sexan funcionarios, falan da destrución de postos de traballo e perda de emprego e os atrancos para a cidadanía, a todo o que se engade a lei de taxas xudiciais, e protestas dos grupos políticos da oposición, sindicatos e colectivos de xuíces e secretarios xudiciais.

Por todo elo propón ao Pleno deste Concello a adopción dos seguintes acordos:

1.- Instar ao Goberno de España a que elimine as Disposicións Adicionais décimo novena, vixésima, vixésimo primeira, vixésima segunda, vixésimo terceira, vixésima cuarta a a Disposición Final 8 do Real Decreto Lei 8/2014 de Aprobación de Medidas Urxentes para o Crecemento, a Competitividade e a Eficiencia, pola que se modifica a Lei 20/2011, de 21 de xullo do Rexistro Civil.

2.- Dar traslado do presente acordo a todos os grupos con representación no Congreso dos Deputados.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª.  Pazos Bande, di que o Ministerio de Xustiza anunciou unha reforma en materia de Rexistro Civil para levalo por medios electrónicos sen excluír unha desxudiacialización, isto non é novidade porque xa o PSOE na Lei 20/2011, do 20 de xullo, falaba de levalo por funcionarios distintos do Poder Xudicial, a reforma aproxímase ao modelo existente nos países do noso entorno sen prexuízo da garantía xudicial dos dereitos dos cidadáns, fala das previsións da Lei 8/1998, do 28 de decembro, de Planta e Demarcación Xudicial, e presenta a seguinte emenda transacional: “Instar ao Goberno Central a que as reformas legais que se adopten garantan unha administración de Xustiza eficaz e próxima aos cidadáns, o aproveitamento das vantaxes das novas tecnoloxías, o mantemento dos postos de traballo dos funcionarios e persoal interino destinado actualmente no Rexistro Civil e que as xestións do Rexistro Civil segan tendo un carácter gratuíto e se poidan seguir levando a cabo no concello de Cabanas”.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que o Rexistro Civil e un servizo público desde 1870, é gratuíto, os actos que antes eran  pasarán a pagar de 20 a 30 euros, a reforma do sistema informático custaralle aos cidadáns 130 millóns de euros que se van a poñer a disposición dos Rexistradores da Propiedade, o PP mellora as empresas e cousas públicas e logo as vende a intereses particulares, fala de que o Sr. Rajoy é rexistrador e ten máis familiares rexistradores e os beneficios que supón para os rexistradores esta asignación do Rexistro Civil; a moción non pide solo para Cabanas senón para toda España, polo tanto non acepta a introdución da emenda do grupo popular.

A Sra. Pazos Bande en base aos argumentos que formulou, indica que como non aceptan a emenda votarán en contra.

O Sr.Alcalde sinala que piden no concello de Cabanas porque é onde temos competencia, polo tanto a emenda transacional é moi clara, non poden pedir para tódolos concellos.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con dous votos a favor dos membros do grupo AEC, e do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto e cinco en contra dos membros do grupo popular, acorda rexeitar a moción presentada.

7.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE PROTECCIÓN PERSOAS DESEMPREGADAS. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto a cal dáse lectura e en cuxa exposición de motivos fai mención a duración da crise e sistema de protección por desemprego  que da lugar a que a protección das persoas desempregadas e das súa familias se vaia esgotando; fala da enquisa de poboación activa do segundo trimestre de 2014, o dereito ao traballo recollido no artigo 35 e 41 da CE, a situación de grave inxustiza social e a situación de necesidade das familias pola súa situación de desemprego, o deber dos poderes públicos de garantir asistencia e prestacións sociais ante esta situación, alude a diminución do gasto en prestacións e outros colectivos vulnerables e a proposición de lei do grupo socialista en consonancia co acordo coas organizacións CCOO e CCOO na Mesa de diálogo social, na que se esixe se garanta do dereito constitucional, tamén citan o subsidio e as condicións por desemprego e as medidas que debe adoptar o Goberno.

Por todo elo, propón ao Pleno do Concello a adopción dos seguintes acordos:

1.- Instar ao Goberno de España a modificar, de forma inmediata e con carácter urxente, o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, para que, a partir do 1 de agosto de 2014, se amplíe a protección por desemprego no seu nivel a asistencial a todas as persoas desempregadas que leven inscritas nos Servizos Públicos de Emprego máis de un ano, teñan responsabilidades familiares e cumpran os requisitos de carencia de rendas.

2. Non obstante o establecido no apartado anterior, este subsidio tamén se estenderá ás mulleres que tivesen acreditado a condición de vítima de violencia de xénero, a aquelas persoas que acrediten unha minusvalía en grao igual ou superior ao 33 por cento, ou teñan recoñecida unha incapacidade que supoña unha diminución na súa capacidade laboral da porcentaxe anteriormente indicada, e ás persoas paradas maiores de 45 anos, cando esgotasen a Renda Activa de Inserción ou se encontrasen dentro dos 365 días naturais anteriores á data da solicitude do dereito de admisión ao devandito Programa.

Este subsidio concederase por un período de 6 meses, prorrogables de forma sucesiva mentres a persoa desempregada continúe en situación legal de desemprego. Este mecanismo de protección manterase ata que a taxa de desemprego estea por debaixo do 15 por cento.

A contía deste subsidio será igual ao 80 por cento do indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples mensual vixente en cada momento. Esta contía percibirase na súa totalidade pola persoa desempregada aínda que na súa orixe se tratase dun desemprego por perda dun traballo a tempo parcial. A súa vez, a contía do subsidio incrementarase en función das responsabilidades familiares da persoa beneficiaria seguindo os criterios establecidos no artigo 217.2LGSS, con independencia da súa idade. Cando as responsabilidades familiares alcanzasen a menores de idade, esta contía incrementarase en 100 euros por menor. A incorporación a este subsidio non estará condicionada a ter esgotado anteriormente algunha prestación contributiva ou asistencial, senón exclusivamente aos requisitos esixidos na propia definición de cada colectivo.

3. Instar ao Goberno de España a implementar de xeito inmediato coas Comunidades Autónomas e os interlocutores sociais un Plan de emprego específico para as persoas en desemprego de longa duración.

4. Este Plan incluirá, en todo caso, o aumento da dotación dos Servizos Públicos de Emprego con novos técnicos e técnicas de emprego para a atención individualizada das persoas en desemprego de longa duración que, como mínimo, deberá alcanzar as 3.000 persoas expertas en orientación e promoción de emprego.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª.  Pazos Bande, manifesta que o PP ten como primeiro obxectivo a saída da crise económica e a creación de emprego, sen esquecer as necesidades sociais, o PSOE non ten credibilidade en materia de emprego e protección social, o goberno do PP segue traballando na liña de reformas, fala da reunión do 29 de xullo do Presidente do Goberno e a Ministra de Emprego cos representantes de UXT, CCOO, COE, e CEPIME no marco do diálogo social na cal pechouse unha axenda de negociación, o Consello de Ministros aprobou o 5 de setembro un paquete de medidas para modernización dos servizos públicos de emprego e impulsar a activación do emprego nunha nova estratexia 2014-2016, a isto unirase a carteira común de servizos do emprego de calidade, reforma do sistema de formación profesional, prorrogouse o plan prepara, citando as prestacións e obrigas dos beneficiarios; fala das políticas de emprego da Xunta e do plan de emprego xuvenil, lei de emprendemento e competitividade, axudas para desemprego e ordes ditadas ao efecto, e considera negativa a moción por: 1º) Xa se puxeron e continúase a poñer en marcha medidas orientadoras a recuperación do emprego e as necesidades máis vulnerables, 2º) A articulación que se propón non responde de forma eficaz ao obxectivo que pretende, 3º) Finalmente non resulta oportuno avanzar medidas cuxo desenvolvemento xa se comprometeu cos axentes sociais, polo tanto presenta unha emenda transacional: “Instar ao Goberno do Estado e da Xunta de Galicia, a que continúen desenvolvendo políticas que fomenten o crecemento económico, a creación de emprego e a protección das persoas desempregadas, en especial daqueles colectivos que se atopan con máis dificultades para retornar ao mercado de traballo”.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira non acepta a emenda transacional e di que o único que necesita o pais é un cambio de modelo económico empezando pola derrogación de reforma laboral que vostedes están levando a cabo, a cidadanía necesita emprego estable, de calidade e remunerado como día a Constitución para levar unha vida digna, no é de recibo que unha persoa con dúas horas de traballo día deixe de estar desempregada, pídese unha axuda inmediata para persoas en situación de desamparo porque teñen cargas familiares; a moción é unha proposta crible e sostible economicamente que se pode financiar co aforro dos 5.800 millóns que se vai producir nos orzamentos do Estado 2014 na partida de protección económica por desemprego, polo tanto a proposta de protección de desemprego de todas as persoas pero sobre todo destas que están en situacións críticas de ser atendida.

A Sra. Pazos Bande indica que despois de presentar a emenda transacional se non é admitida votarán en contra.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con dous votos a favor dos membros do grupo AEC, e do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto e cinco en contra dos membros do grupo popular, acorda rexeitar a moción presentada.

8.- MOCIÓN GRUPO MIXTO SOBRE AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA. Dada lectura a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto sobre autonomía e atención á dependencia en cuxa exposición de motivos fala da aprobación durante o goberno do Sr. Zapatero da lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia cun alto grao de acordo das forzas políticas parlamentarias, participación das comunidades autónomas, corporacións locais, axentes sociais e movemento asociativo, implantándose o sistema segundo o previsto ata constitución do actual goberno presidido polo Sr. Rajoy que decidiu paralizar o calendario de aplicación da lei, fai referencia as reformas recollidas na Lei de orzamentos para 2012, Real Decreto-Lei 20/2012 e resolución do 13 de xullo de 2012 da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, así como as reducións na consignación orzamentaria e prestacións, as decisións dos gobernos do Estado e de Galicia levaron a unha situación de evidente necesidade de reformular o sistema, existindo un alto grao de consenso neste sentido entre responsables políticos, profesionais e beneficiarios, é necesario investir para garantir o dereito das persoas en situación de dependencia.

Por todo iso, propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1 Amosar o máis enérxico rechazo do Concello de Cabanas aos recortes que se están producindo na Lei 39/2006 do 14 de decembro e coñecida popularmente como Lei de Dependencia; xa que están a producir un sufrimento inmerecido a milleiros de galegos e galegas.

2. Instar ao goberno da Xunta de Galicia para que:

- Se estableza as partidas necesarias nos orzamentos da Xunta de Galicia dos vindeiros anos para que o gasto público por persoa dependente atendida sexa, polo menos, superior á media do Estado e se equipare coa das comunidades autónoma do norte con semellante distribución demográfica que Galicia.

- Que sexan atendidas todas as persoas dependentes que xa teñan recoñecido algún grao de dependencia, e que aínda están á espera de recibir a prestación ou o servizo que lles corresponde.

3. Instar ao Goberno do Estado a que impulse a constitución dun grupo de traballo con representantes dos grupos parlamentarios e comunidades autónomas, co obxectivo de alcanzar un amplo acordo para garantir a sostibilidade, o desenvolvemento e o financiamento por parte das administracións públicas do Sistema de Autonomía e atención á Dependencia. Para iso, realizarán unha avaliación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª.  Pazos Bande, indica que a Xunta vai seguir traballando no desenvolvemento do sistema para a autonomía e atención á dependencia, está a facer un esforzo que se reflicte nas prestacións recoñecidas dende a entrada en vigor da lei de dependencia, tratando de aumentar os servizos que ademais xeran emprego, Galicia é a comunidade con maior porcentaxe e a sétima con máis dependentes atendidos, así mesmo é a segunda con maior porcentaxe de servizos recoñecidos sobre o total das prestacións; a Comunidade Autónoma destina un 74% ao financiamento da lei mentres que o Estado aporta un 25%, alude as melloras introducidas na xestión do sistema de dependencia, así como novas melloras na xestión e na transparencia avanzando cara a sostibilidade mantendo as mesmas prestación e o catálogo de servizos iniciais da lei, cita as medidas adoptadas entre a Comunidade e o Estado; en canto ao concello de Cabanas hai entorno a 76 usuarios con prestacións por dependencia, hai 9 en lista de espera, ademais aténdense outros casos como violencia de xénero ou menores, estase a prestar un servizo moi importante, modificouse a ordenanza e aumentouse a carteira de servizos, polo tanto votarán en contra da moción.

 Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que o Goberno do Estado pasou do 40% ao 19%, os servizos son con copagamento que se duplicou por parte dos usuarios, houbo diminución de usuarios, unha sociedade que non coida aos seus maiores non merece ser digna de consideración, hai varios piares, saúde, infancia, educación, os maiores, o traballo, e aquelas familias que padecen o tema da dependencia saben do que estamos a falar, o Estado ten que ampliar o rango e hai posibilidades.

A Sra. Pazos Bando di que o Sr. Feal Pereira ten dereito a facer a súa valoración pero non hai por que falar en vez do Goberno do Estado, vostedes no seu partido din pero logo non fan, o goberno do PP ten que garantir a sostibilidade do desenvolvemento e financiamento da lei da dependencia, non é solo facer a lei senón dotala nos orzamentos, considera que se está facendo un traballo importante e votarán en contra.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con dous votos a favor dos membros do grupo AEC, e do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto e cinco en contra dos membros do grupo popular, acorda rexeitar a moción presentada.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

9.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 270 do 24-07-2014 ata a número 328 do 19-09-2014.

b) Informe sobre a execución trimestral 2ºT/2014. Dáse conta da comunicación dos datos de execución do orzamento no 2ºT de 2014 remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local, relativos ao Informe de Avaliación do cumprimento de obxectivos Lei Orgánica 2/2012, na que consta que se cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria nin co obxectivo da regra de gasto.

c) Informe trimestral de acordo co art. 5 da Lei 15/2010 do 5 xullo pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade.  De acordo co establecido no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, preséntase o informe correspondente ao 2ºT de 2014 sobre o cumprimento dos prazos previstos nesta lei para o pagamento das obrigas desta entidade local, incluíndo o número e contía global das obrigas pendentes nas que se está incumprindo o prazo, así como relación de facturas e/ou documentos xustificativos con respecto ós cales transcorresen máis de tres meses dende a anotación no rexistro de facturas sen tramitar os expedientes de recoñecemento da obriga.

10. ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas por escrito.

a.1. Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira en escrito de data 23 de setembro de 2014.

a.1.1. En relación á tramitación do PXOM de Cabanas:

- En que fase está o procedemento de estudo/contestación de alegacións?.

Resposta Sr. Alcalde: estase a estudar as alegacións presentadas para respondelas, esperamos que nos meses de setembro, outubro e novembro estean todas contestadas.

- En relación ao chamado convenio do SAREB, pode o Sr.Alcalde explicarlle ao pleno, no caso de ser aprobado tal e como está redactado dito convenio, as consecuencias económicas e administrativas para o Concello?, estamos ante unha posible situación coma a vivida no concello de Miño coa urbanización Costa Anácara, onde o concello ten que facer fronte ás indemnizacións aos propietarios?.

Resposta Sr.Alcalde: non ten nada que ver co ocorrido en Miño, 1º) aquí hai uns propietarios co 50% do convenio que é o SAREB, 2º) aquí hai uns terreos urbanizables dende o ano 1988 –en Miño eran rústicos, expropiáronse e fíxose o cambio a urbanizables-, 3º) Unha vez aprobado o PXOM hai unha Xunta de Compensación a crear e o Concello vai ser parte especialmente para vixiar e comprobar que se cumpre a normativa, a maiores os promotores que queiran facer a urbanización terán que poñer un aval para urbanización de viario e as vivendas que vaian construír, polo tanto a situación de Miño aquí non se vai dar; non se debe obviar que o 10% do terreo edificable pasa a ser propiedade do Concello máis o que teñan que deixar para dotacional, polo tanto deberán repasar o convenio xa que o Concello vaise facer con propiedades que agora non ten, é un bo negocio para o Concello pois habería para indemnizar o Penso e moito máis.

a.1.2. En relación coa pregunta presentada a retira pois xa foi contestada neste pleno.

a.1.3. Na Xunta de Goberno Local do 12 de agosto de 2014, veñen de aprobar unha serie de puntos entre os cales:

- Expediente de contratación das obras incluídas no Plan DTC93, faise por “Procedemento negociado sen publicidade” solicitando ofertas a tres empresas, ningunha domiciliada en Cabanas, por consideralas capacitadas para a execución das obras, por qué non se incluíu na petición de oferta á empresa Concifa S.L. domiciliada no termo municipal de Cabanas que, como calquera pode intuír, podería ofertar ditas plicas e dar traballo aos veciños e veciñas de Cabanas?.

Resposta Sr.Alcalde: 1) non é certo, algunha empresa está domiciliada en Cabanas e foi invitada, 2) Concifa acaba de rematar unha obra no Concello e cremos que é bo rotar as empresas para que non haxa malos vicios, algunha empresa invitada ten traballadores de Cabanas.

- A que se refire “Proxecto de mellora de infraestruturas viarias de acceso ao polígono industrial de Vilar do Colo, Agrupación Cabanas-Fene?.

Resposta Sr.Alcalde: trátase dun proxecto conxunto do concello de Fene e Cabanas para mellorar a accesibilidade a Vilar do Colo unha parte e outra reparación dun vial.

- Inda que xa se falou algo, dáse conta tamén da contratación da obra de derribo da 1ª fase do edificio do Penso, esta contratación implica o inicio do derribo, para cando?, xa está resolto o tema das indemnizacións dos veciños afectados e a necesidade de realoxo dos outros veciños mentres se realizan as obras?.

Resposta Sr.Alcalde:  xa se falou que vaise a firmar o contrato coa empresa e segundo se recolle no informe técnico do Concello terá que facer un estudo para ver o estado do edificio e posteriormente empezará as obras cando estea aprobado o plan de seguridade; non hai nada que ocultar queremos que se saiba todo porque é un prexuízo para o Concello, hai un expediente de responsabilidade patrimonial aberto cos veciños onde coas valoracións que había no proxecto lle demos traslado para ver si están de acordo, estase a espera de que presenten alegacións ou vaian ao xulgado, non hai outra solución, é unha sentenza firme que hai que executala, que estou imputado?, pois estarei imputado porque inda non executei esa sentenza e outra cousa importante é que os veciños estiveron enganados polo señor que presentou a denuncia e son conscientes eles mesmos.

a.1.4. Dende hai, cando menos dous meses, estase a usar a zona do vertedoiro clausurado que o concello posúe no lugar de Punxeiro, na parroquia do Saldo, como lugar de depósito dos residuos resultantes da limpeza da praia, así como outros restos vexetais voluminosos; sabendo que os vertedoiros clausurados non poden ser usados para este tipo de depósitos, nin outros, senón que se deben manter nas condicións idóneas para a rehabilitación completa e o máis rápido posible do contorno, e tendo en conta que quén é o depositario destes residuos é o propio concello, contan vostedes cos permisos pertinentes?.

Resposta Sr.Alcalde: non hai ningunha orde para que depositen no vertedoiro ningún material.

a.1.5. Cando menos por dúas veces neste mes de setembro, e sobre todo coincidindo coa marea baixa, houbo un cheiro insoportable para os usuarios da praia da Madalena a residuos fecais:

- Pode indicar o Sr.Alcalde a que foi debido e si neses días se tomaron mostras das augas para posibles reclamacións e sobre todo para protexer a saúde dos usuarios do entorno?.

- De se-lo caso, que resultado tiveron e que medidas se adoptaron?.

Resposta Sr.Alcalde: en primeiro lugar non tiveron ningunha noticia diso, e segundo supón que coas tormentas que houbo – na edar de Ares houbo problemas de desbordamento – sería iso, non ten noticias nin houbo queixas, solo unha persoal despois duns quince días por parte dunha persoa que veu ao Concello e o comentou.

b) Preguntas orais.

b.1. Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.

b.1.1. A portavoz do grupo popular defendía os gastos en publicidade que atraía turismo, pero se vamos a preguntar a oficina de turismo de Cabanas o que promocionan é Pontedeume, Ares, Murgardos e Betanzos,  en Cabanas non hai onde ir a non ser a praia, en canto a rendabilidade da cuberta das pistas de padel, pode dicir en que prazo ten pensado rendabilizar  o investimento de 88.000 euros?.

- Roga ao Sr.Alcalde que cando faga referencia a súa persoa, que o diga en abstracto porque fixo referencia a súa muller que é empregada formadora, son catro en vez de tres pero o concepto non varía, iso sí en precario, roga que non cite a súa familia nin a de ningún concelleiro porque el non o fai, porque pode dar lugar a que quen escoite interprete que se producen causas espúreas cando entro na selección como segunda opción, pode dicir que son catro en vez de tres, vale pero pídelle que non faga referencia a familia.

Resposta Sr.Alcalde: na forma que vostede falou daba a entender que en Cabanas non se facía nada ou que queremos manipular xente, a súa expresión daba a entender iso, repítolle que hai máis de tres alumnos, hai un formador máis, xa preguntou polo tribunal nun pleno anterior e contesteille todo, está encantado en que haxa unha persoa máis de Cabanas porque cando se fai a selección aquí non se lle mira o carnet a ninguén; en canto a súa consideración  non hai problema, e considera que ese emprego non é precario.

b.1.2. Roga que teña un pouco máis de man esquerda e tranquilidade, en referencia a expulsión da concelleira.

Resposta Sr. Alcalde: xa ten tranquilidade, o que non vai permitir e que a xente estea faltando, respectamos as quendas de todas as persoas, non interrompemos a ninguén, tamén advirte aos do seu grupo, polo tanto o mesmo respecto deben ter os demais.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e dúas horas, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e prace,                                                                                   O Secretario.


O Alcalde,


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 26 DE NOVEMBRO DE 2014


Concelleiros asistentes:


Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. Da. Ana Rosa Méndez Eiroa D. Julián Ramón Seijas Criado


Da. Maríg de la Cruz Varela Varela


D. José C. Rey García.


D. Luis A. Fachal López


D. Delfin Feal Pereira.


Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita



D. Angel Pena Fontenla


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e seis de novembro de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.GermánCastrillónPermuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.


Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.


PARTE RESOLUTIVA.


1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o día 24 de setembro de 2014, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, coa abstención dos concelleiros D. Luis Fachal López e Da. Ma Teresa de Jesús García Pita por non haber asistido a sesión ou asistencia parcial, e voto a favor dos restantes membros, acorda aproba-la referida acta.


2.- PROPOSTA OBRAS POS 2015. Vista a circular da Deputación Provincial da data 15 de setembro de 2014 comunicando a aprobación das bases reguladoras do P1an Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 2015), así como, a contía asignada a este Concello; vistas as devanditas bases reguladoras publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 177 de data 17 de setembro de 2014, así como o proxecto técnico da obra a propoñer.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López considera que era importante ter unha reunión na cal puideran propoñer outros camiños a reparar, como o do Campo do Oito a Irís, está en moi mal estado e debía de ser unha prioridade.


Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdeG-PSOE D. Delfin Feal Pereira vaise abster porque tódolos veñen estas axudas da Deputación e sempre se lle pide que conte cos grupos da oposición para falar deste tema e nunca o fai, tódolos camiños son necesarios, non saben a que gastos correntes vai destinada a outra parte do POS, votar en contra sería unha incongruencia, pero reitera que estas cousas debían tratarse nunha reunión previa da xunta de portavoces, pero volven ao de sempre traer xa todo triturado e mascado, vostedes fagan o que queiran.


Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que hai varios camiños no concello que necesitan reparación, todos son importantes pero consideran que o entorno do colexio debe ser unha das prioridades, con tránsito de nenos e autobuses que debe gañar en seguridade.


O Sr. Fachal López considera o camiño do colexio prioritario pero tamén hai outros que están peor por iso falaban dunha reunión e poñer outros puntos de vista, e como dixo o concelleiro do PSdG-PSOE, tódolos anos hai o POS, nunca avisan, e apróbano directamente teñen a maioría.


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita opina que é un despropósito, saben que o están facendo mal e por iso non convocan nin din nada, claro que hai prioridades e di que prioridade era o paseo da Madalena cando hai camiños imprescindibles e o presuposto para gastos correntes debía darse prioridade para os camiños, por elo votarán en contra.


A Sra. Pazos Bande entende que non estean de acordo coas prioridades, insiste que no entorno do colexio hai tránsito de nenos, autobuses e coches, polo que debe ser prioritario, hai outros camiños en mal estado pero o tránsito é menor, non procede falar do entorno da praia porque non vai polo POS. Intervén a Sra. García Pita e o Sr. Presidente indícalle que non ten a palabra.


O Sr. Alcalde aclara que o camiño das vellas vaise incluír no plan de mellora do medio rural e sobre o paseo da Madalena, é a Deputación xa que se trata dunha estrada provincial.


Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC, dous votos en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e unha abstención do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:


1.- Aprobar o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2015, cuxas bases se coñecen a aceptan na súa totalidade, no que se recollen as obras que o Concello ten previsto realizar, ou a dedicación a gastos correntes do exercicio 2015 ou a amortización anticipada da débeda, e de acordo co financiamento que se indica:


A Realización de obras e subministracións:

Denominación da obra

Deputación

Concello

Presuposto total

Pavimentación do camiño da escola

89.609,51

---

89.609,51

Subtotal obras

89.609,51

---

89.609,51

Aprobar os proxectos das obras incluídas na anualidade 2015 e que se relacionan nesta táboa.

B)  Financiamento de stos correntes ou amortización de débeda:


Deputación

47.459,93

Achega provincial aplicada ao financiamento de gastos correntes

C)  Resumo:


Denominación da obra

Deputación

Concello

Presuposto total

SUBTOTAL OBRAS

89.609,51

----

89.609,51

SUBTOTAL GASTOS CORRENTES

47.459,93

----

47.459,93

TOTAL

137.069.44

--

137.069,44

2.- Aprobar o Plan complementario do ano 2015 no que se inclúen as obras que a continuación se indican e a robar os corres ondentes roxectos:

Denominación da obra

Presuposto

Non se formula proposta para o plan complementario

---

TOTAIS


3.- Declarar que o Concello ten a dispoñibilidade dos terreos, augas e servidumes para a execución das obras, e ten resolto o relacionado coas concesións e autorizacións administrativas que legalmente sexan necesarias.


4.- Comprometerse o Concello a incluír no orzamento municipal do 2015 os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal das obras incluídas na anualidade do 2015 se ahoubera.


5.- Solicitar da Deputación Provincial da Coruña, a delegación neste Concello da contratación e execución das obras incluídas no plan, que se entenderá aceptada si esta prodúcese efectivamente.


6.- Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións para a súa execución, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.


7.- Autorizase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social


8.- Facultar expresamente ao alcalde para todo o relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.


3.- EXPEDIEN1F, DE MODIFICACIÓN CRÉDITOS 9/2014. Examinada a proposta de modificación de créditos que se detalla na memoria da Akaldía-Presidencia, por importe de 60.380,00 euros, para facer fronte a gastos a cargo desta Corporación relativos a persoal, bens correntes e servizos, e investimentos, para os que non existe crédito suficiente no orzamento vixente, e que considera necesario realizar no presente exercicio sen que se poidan atrasar para o exercicio seguinte, ufilizando como recursos para o seu financiamento as baixas doutras partidas de gasto, estima que as modificacións son necesarias con carácter inaprazable e non existe ningún prexnízo para os intereses do Concello.


No expediente inclúense informes de Intervención coas correspondentes consideracións, así como ditame favorable da Comisión de Facenda.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta estar a favor da modificación porque é necesario o cambio de diñeiro de partidas, reitera que non foron bos orzamentos os de 2014 e a proba está nas modificacións que se fixeron este ano, haber si se poden facer uns mellores para 2015 e un pouco consensuados coa oposición.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira opina que hai que facer fronte a unha serie de gastos e chámalle a atencións que o servizo de recollida de lixo sexa deficitario e que se saque diñeiro da partida correspondente, así como, minoración da formación de persoal, emerxencia social, supresión de barreiras arquitectónicas, axuda para estudos, en resumo sácase diñeiro de partidas que se consideraban insuficientes por un lado e o mesmo tempo o grupo de goberno non mirou por esas actuacións e agora hai que facer fronte a unha serie de gastos que hai que poñer ó día por futuros cambios normativos, como xurídicos que a Alcaldía debería explicar por que non está contento coa asistencia xurídica da Deputación, vaise abster para seguir adiante pero esta Corporación ten que cambiar moito e hai sitios onde debater isto entre todos.


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta estar de acordo con cousas que dixeron anteriormente, hai que modificar pero non precisamente da maioría das partidas que quitaron, queren facelo solo e fano mal, votarán en contra.


Polo grupo popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande sinala que non se fixo mala previsión nin demasiadas modificacións, pero hai partidas que non se poder prever certas circunstancias, aclara a baixa na recollida de residuos urbanos na que hai unha parte fixa e outra variable que xa se explicou na comisión de facenda, tamén explica as baixas en formación, emerxencia, supresión de barreiras, axudas estudos, etc. que polas datas actuais xa non se van utilizar


as consignacións ou foron realizadas as actuacións con cargo a outros programas, en canto a asistencia xurídica da Deputación díxose que nun caso concreto con estaban satisfeitos, e hai outros casos que leva o servizo contratado polo concello co cal están satisfeitos como é o caso de Altos de Frieira S.L. ou a terraza dos Castaños.


O Sr. Fachal López di que hai imprevistos en tódolos gobernos e hai que modificar partidas


por elo están aprobando esta modificación, pero os orzamentos foron mal feitos, en ingresos había iinha partida inflada con respecto a 2013 que eran as licenzas municipais e como gobemo debían saber que ao aprobar inicialmente o PXOM se paralizan, o orzamento é erróneo e a día de hoxe séguese sen ingresos por licenzas.


O Sr. Feal Pereira fala das baixas en partidas propostas na memoria da Alcaldía, emerxencia


social, supresión de barreiras, axudas a estudos póñense consignacións solo para cadrar os números e despois veñen as modificacións, en canto a asistencia xurídica pode haber sentenzas favorables que levou o servizo contratado polo concello pero tamén se podía conseguir coa asesoría xurídica da. Deputación, suponse que si o grupo de goberno non está contento a oposición tampouco porque prexudica ó Concello, inda que non saben cal é o caso, cree que a asesoría da Deputación é experta en litixios nos concellos, o que está claro e que vostedes teñen a maioría pero hai que cambiar o funcionamento do Concello.


Á Sra. Pazos Bande considera que non sempre se pode levar a cabo o previsto, fíxose actuación en barreiras arquítectónicas con cargo a outras partidas, co PXOM non quedan paralizadas as licenzas, solo unha parte, a estas datas do ano as partidas en baixa non se van utilizar por elo é lóxico que se suplementes partidas con consignación insuficiente.


Intervén a Sra. García Pita e o Sr. Presidente a advírtelle que se manteña en silencio, 2a advertencia.


Despois de debatido o asunto o Pleno da Corporación en votación ordinaria con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC, dous en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e unha abstención do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto , acorda:


Primeiro. Aproba-1a referida proposta de modificación de crédito aplicando as cantidades correspondentes as partidas que se reflicten na memoria segundo o seguinte detalle:


1°.- AUMENTOS PARTIDAS DE GASTOS.

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Crédito disporiible

Aumento yroposto

Consignación resultante

130.12009

Outras retribucións básicas (Paga extra. funcionarios)

12.566,00

2.138,17

20,00

12.586,00

150.21400

Elementos      de      transporte      (Vehículos

transporte servizos municipais)

1.000,00

383,31

270,00

1.270,00

150.22400

Primas     de    seguros     (Bens   e    servizos

municipais)

9.000,00

16,18

220,00

9.220."

170.21000

Infraestrutura      e     bens   naturais     (    de

dominio público)

2.000,00

7,60

850,00

2.850,00

230.16000

Seguridade Social

8.510,00

1.920,65

280,00

8.790,00

231.22799

Outros traballos ( Servizo xestión PAI)

45.000,00

7.380,00

1.000,00

46.000,00

232.22699

Outros gastos (Act. Conc. e igualdade)

17.571,20

11.435,40

3.000,00

20.571,20

233.22799

Outros traballos            (Servizo axuda fogar

dependencia)

120.000,00

7.857,81

41.600,00

161.600

312.22700

Limpeza e aseo (Limpeza centro saúde)

850,00

51,40

390,00

1.240,00

330.16000

Seguridade Social

6.220,00

1.362,70

300,00

6.520,00

342.60902

Investimentos        convenios      provinciais

(Instalacións deportivas)

29.720,00

0,00

1.500,00

31.220,00

450.22706

Estudos e traballos técnicos

10.000,00

1.821,54

955,00

10.955,00

920.12001

Soldos subgrupo A2

11.508,00

217,48

4.705,00

16.213,00

920.22604

Xurídicos, contenciosos

26.000,00

138,14

12.290,00

38.290,00

Suma suplementos de crédito.............................. 67.380,00 euros.

2°.- FINANCIAMENTO POR BAIXAS EN PARTIDAS DE GASTOS.

Partida

Denominación

Consig.antes expediente.

Crédito dispoillble

Baixa proposta

Consignac.. Resultante

011.31000

Xuxos (Préstamos concertados)

40.200,00

25.602,05

24.000,00

16.200,00

130.16000

Seguridade Social

13.880,00

4.358,22

800,00

13.080,00

150.22700

Limpeza e aseo (edificíos municipais)

1.000,00

1.000,00

900,00

100,00

150.63501

Mobiliario urbano

2.000,00

2,000,00

1.900,00

100,00

162.21300

Maquinaria,         instalacións        técnicas,

ferramentas.

1.000,00

1.000,00

900,00

100,00

162.22700

Limpeza e aseo (recollida e tratamento RSU)

285.000,00

59.514,11

2.500,00

282.500,00

165.21000

Infraestruturas e bens naturais (dominio público)

6.000,00

3.128,92

2.000,00

4.000,00

170.22104

Vestiatios (persoal medio ambiente)

1.000,00

676,57

500,00

500,00

170.22699

Outros      gastos    diversos   (Actividades

medio ambiente)

1.000,00

1.000,00

900,00

100,00

221.16008

Asistencia médico-farmacéutica

8.000,00

3.008,44

2.000,00

6.000,00

221.16200

Formación e perfeccionarnento persoal

1.000,00

1.000,00

900,00

100,00

231.16000

Seguridade Social

26.610,00

5.733,12

1.000,00

25.610,00

231.22699

Outros gastos (Activ. sociais e 3' idade)

20.000,00

19.629,60

5.000,00

15.000,00

231.48000

A     familias   e   institucións    sen     lucro

(Emerxencia social)

3.000,00

2.450,000

1.000,00

2.000,00

231.63202

Supresión barreiras arquitectónicas

2.000,00

2.000,00

1.900,00

100,00

241.22606

Reunións e conferencias

500,00

500,00

450,00

50,00

312.22103

Combustibles e carburantes

1.000,00

1.000,00

900,00

100,00

321.21200

Edificios       e        outras      construcións

(colexios)

2.000,00

1.448,00

800,00

1.200,00

321.48100

Axudas para estudos

2.000,00

2.000,00

1.400,00

600,00

920.12003

Soldos subgrupo C1

12.962,00

7.921,86

4.300,00

8.662,00

920.12100

Complemento desfino

27.152,00

9.248,85

830,00

26.322,00

920.12101

Complemento específico

58.935,00

26.892,45

5.800,00

53.135,00

920.16000

Seguridade Social

43.880,00

16.681,44_                   6.700,00

37.180,00

Total baixas de crédito..................................................... 67.380 euros


Segundo: Continua-la tramitación do expediente con exposición pública en forma regulamentaria a efectos de exame e reclamacións.


Terceiro: No suposto de non presentarse reclamacións contra o mesmo considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o trámite de publicación do correspondente resume no B.O.P. e no Taboleiro de Anuncios do Concello".


4.- DESIGNACIÓN REPRESENTANTh NO CONSFLLO ESCOLAR DO CEIP ELADIA MARIÑO. Visto o escrito que achega o director do CEIP Eladia Mariño, no que interesa a designación de representante do Concello que deberá formar parte como membro de dereito no Consello Escolar de dito centro con motivo da celebración das eleccións convocadas por Resolución do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.


Polo Sr. Alcalde proponse a designación da concelleira Don Esperanza Gayoso Pereiro, quen xa viña ostentando dita representación.


O Pleno da Corporación en votación ordinaria con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC, e tres abstencións do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda:


Designar representante deste Concello no Consello escolar do CEIP Eladia Mariño á concelleira Dona Esperanza Gayoso Pereiro.


5.- MODIFICACIÓN ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE TRÁFICO, CIRCULACIÓN VEHÍCULOS A MOTOR E SEGURIDADE VIARIA. Visto o expediente tramitado para aprobación da modificación da ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, segundo memoria achegada pola Alcaldía.


Despois de examinado o devandito expediente, na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta que como nos puntos anteriores vostedes decídiron onde colocar as prazas, non pediron opinión aos demais membros da Corporación, non lle parece mal a idea pero polo menos que preguntaran, agora xa ven todo feito e se van abster, non porque non haxa que facelo senón que xa traen todo decidido.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo co manifestado polo Sr. Fachal, pregunta cantas prazas se establecen no paseo da Madalena nos 30 metros, non o saben, vaise abster porque si contaran como mínimo coa oposición para consensuar algo podían votar a favor, é necesario pero non sabe si son suficientes.


O concelleiro D. Angel Pena Fontenla manifesta que polo que acaban de dicir parece que se trata que no verán non hai onde aparcar e queren unha praza aquí, outra ali, logo hai que ver como se vai a cumprir cando chega a afluencia de veraneantes, estase vendo no centro de saúde, podíase aproveitar para poñer zona azul, a metade da xente non ten tarxeta e non hai sitio para aparcar, deixan o coche de noite e non se retira, tampouco sabe si se están cumprindo na ocupación de beirarrúas, haber como se vai cumprir esta ordenanza.


Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande indica que a reserva de aparcadoiro se está a facer en base a informes da policía local, é a que se encarga disto, tamén os residente de Cabanas veñen ao Concello a expoñer as súas necesidades, entende que o grupo de goberno ten que velar polos intereses destes veciños, é lóxico que na praia haxa máis aparcadoiro para residentes, posiblemente sexan insuficientes pero hai que ir a poucos, en canto a consenso estima que non os máis idóneos para pedir isto, son a oposición e normalmente van polo non inda que sexa necesario, no centro de saúde comentouse que a veces pasa o que están a dicir, que se aparca demasiado tempo, pero ai un control a través da policía local como na zona da praia, estase estudando o tema do aparcadoiro do centro de saúde, máis presenza policial e outra restrimár o tempo de aparcamento inda que a veces no centro de saúde hai que estar máis do previsto.


0 Sr. Fachal López di que a proposta estará baseada en informes pero eles non os coñecen, están a dicir que non teñen información ningunha nin dos informes da policía local nin de ningún outro, siraplemente pediron unha reunión onde se lles informe e poidan facer propostas, é o único que se pide, é necesario o aparcadoiro e posiblemente sexan insuficientes as prazas pero non poden dicir máis nada porque solo llo entregaron así.


O Sr. Feal Pereira lamenta a intervención da Sra. Pazos Bande, este portavoz sempre tivo a disposición a consensuar e non na liña negativa, consensuar e poñer encima da mesa distintos criterios e pareceres e chegar a un acordo, na xunta de portavoces xa se fixo algunhas veces, e con respecto ao problema do centro de saúde este portavoz xa expuxo este problema e se toma en consideración a posteriori, si esta ordenanza se debate antes do pleno posiblemente se puidera mellorar pero vostedes din claramente que non queren consensuar, afirmación dura e penosa por parte da portavoz popular pero non se pode esperar outra cousa, o partido socialista tratará de consensuar, mellorar e falar sempre.


A Sra. García Pita fala de mentiras e mentiras, a subida do IBI dixeron era culpa da Deputación, agora hai que facerlle o favor a uns amigos — O Sr. Presidente ordena que se ateña a orde do día — escúdanse na policía pero non o cree, necesítanse máis prazas e non hai problema designar outros sitios, si son conscientes de que se necesitan máis prazas e do problema do centro de saúde por que non se fala agora de modificar isto na ordenanza e se fan as cousas ben.


A Sra. Pazos Bande indica que o Sr.Fachal López formou parte do equipo de goberno e pense si comentaba as actuacións coa oposición — intervén o Sr.Fachal López e o Sr.Presidente ordena silencio porque non ten a palabra- ftxéronse reunións de portavoces, tratáronse temas e chegouse a consenso pero as últimas veces acordábanse cousas na xunta de portavoces e chegábase aquí e dicíase o contrario, entonces para que valen as xuntas de portavoces, isto non vale.


Debatido o asunto o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo Popular, dous en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e tres abstencións dos membros do grupo AEC e do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto , acorda:


1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación da ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria


2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza aprobada, polo prazo de trinta días publicando a tal efecto anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.


3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase deftnitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.


6.- MOCIÓNS GRUPOS MUNICIPAIS SOBRE DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos Mixto, Popular, e os dous concelleiros non adscritos, sobre a violencia de xénero.


A) A moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto, na exposición de motivos fala de que a violencia de xénero constitúe un auténtico problema de Estado e os datos relativos aos oitos primeiros meses deste ano que o confirman, sen embargo o goberno da Xunta de Galicia en consonancia co do Estado, seguen a recortar as partidas en materia de igualdade, agravándose coa reforma da lexislación local con usurpación de competencias aos concellos; non hai que esquecer a importancia da educación e a incidencia da supresión da educación para a cidadanía, considera que ante todo tipo de violencia debemos ter tolerancia cero, alude ao décimo aniversario da Lei integral contra a violencia de xénero impulsada polo partido socialista e que non está sendo desenvolvida polo partido popular.


Por todo elo propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:


Primeiro.- Esixir aos Gobernos Central e Autonómico do Partido Popular que repoña as partidas recortadas ata o momento, porque esta é a única forma coa poderemos iniciar a aplicación a desenvolvemento da Lei Orgánica contra a Violencia de Xénero de 2004 e a Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.


Segundo.- Reclamar ao Goberno central do PP que promova un pacto polífico e social para abordar a violencia de xénero, coa participación de todos os axentes implicados neste auténtico problema de estado.


Terceiro.-Pedir ao Goberno do PP que retire a LOMCE e, polo tanto, recupere a matet-ia de Educación para a Cidadanía, e que retire as subvencións aos centros de ensino que segregan por sexo. A educación é fundamental para a prevención da violencia de xénero e as administración deben garantir o desenvolvemento de programas educativos dirixidos a acadar a igualdade e rachar coa violencia machista.


Cuarto.- Instar aos diferentes Gobernos do PP a asumir unha serie de demandas, como a unificación dos casos de violencia de xénero de todos os servizos no Sistema de Seguimento Integral, incluír aos orfos de violencia nos programas de axudas, ou garantir a atención psicolóxica precoz para todas as vítimas, entre outras demandas das asociacións de mulleres.


Quinto.- Esixir a inmediata retirada da. Reforma local que suporá un pau sen precedentes na loita contra a violencia de xénero, ao acabar cos servizos sociais dos Concellos, prirneira institución de atención e protección ás vítimas.


B) A a moción presentada polos concelleiros non adscritos Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e D. Angel Pena Fontenla alude a que o 25 de novembro "Día internacional contra a violencia de xénero" observan que a pesar o aumento de casos de violencia e o retroceso nas denuncias a resposta dos gobernos do Estado e da Xunta seguen a ser os recortes e descenso de financiamento para a loita contra esta lacra, citando porcentaxes de reducións dos gobernos do partido popular que dan Iugar a unha derrogación velada da Lei integral contra a violencia de xénero, fala de cifras de incidencias neste ano e redución de medios persoais e materiais para atender estes casos.


Por isto hoxe é imprescindible manifestar a clara oposición fronte a violencia de xénero xa que a loita contra o machismo na que o sistema patriarcal séguese a perpetuar coa axuda de moitas complicidades é cousa de todos e de todas. A violencia que sofren as mulleres non é un feito illado, senón un problema estrutural que afecta en tódalas esferas da súa vida, mentres as institucións e os medios de comunicación seguen tratando de desviar a atención sobre as verdadeiras causas da violencia sexista, mentres as complicidades se manteñen infranqueables soldadas coa impunidade xeneralizada ante o incumprimento do dereito a unha vida sen violencia para as mulleres, eles din: abonda!!! abonda xa de complicidades!!!.


C) A moción presentada polo grupo Popular, na exposición de motivos considera que a violencia machista constitúe o máis cruel expofiente da falta de igualdade na nosa sociedade, e un aos dereitos fundamentais das persoas e un atentado contra a vida, a seguridade, a liberdade, a dignidade e a integridade física e psíquica das vítirnas; compete aos poderes públicos a loita e prevención e erradicación da violencia de xénero, polo tanto resulta fundamental coordinar tódolos recursos dirixidos a sensibilizar á sociedade; tanto a Lei 7/2004, do 16 de xullo como a Lei 11/2007, do 27 de xullo, de Galicia, recoñecen o ámbito municipal como idóneo para o desenvolvemento das accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes.


Por todo o anterior, o grupo popular propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:


1. Instar ao Concello de Cabanas a constituír unha Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero como un instrumento esencial e operativo de coordinación na loita contra a violencia machista.


2. Instar á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, a apoiar a creación, activación e dinamización das Mesas Locais de Coordinación Contra a Violencia de Xénero a través da elaboración dun Regulamento de organización e funcionamento para acadar unha mellor coordinación interinstitucional entre as Administracións central, autonómica e local.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García. Pita sinala que é moi triste que nun tema coma este unha concelleira muller solo fale de boca para afora, está pedindo que cese a violencia e moitas cousas, pero está nun partido que está recortando e pregunta por que non empeza por pedirlle e loitar co seu partido que amplie, fan unha cousiña en Cabanas para quedar ben coa xente, hai que ter coherencia.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira pensa que todos están de acordo co loita contra a violencia de xénero, pero chámalle a atención o orzamento do partido popular, un obstáculo para o desenvolvemento da sociedade, hai que procurar medios e coordinar recursos que se están retirando, hai leis que axuda a que as mulleres teñan máis presenza no ámbito público, hai petición para crear unha mesa local de conciliación e instar a Secretaría Xeral de Igualdade para que impulse esas mesas nos concellos, o partido socialista está de acordo, gustaríalle saber a intención de voto con respecto a moción que presentou.


Polo grupo popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande opina que o 25 de novembro converteuse e ten que seguir sendo un día de reflexión e sensibilización para rexeitamento a todo tipo de violencia contra as mulleres, debe ser considerado como un problema público e social de primeira magnitude, é un ataque á vida, ao libre desenvolvemento da personalidade, á liberdade, a seguridade e a non discriminación, critica que a Sra. García Pita sendo muller fale desa forma contra as mulleres do partido popular; consideran que o 25 de novembro é un dia para buscar consensos, solucións conxuntas, facer un manifesto conxunto e reafirmar a responsabilidade e firrneza contra a violencia de xénero; por iso non proceden as mocións que están a presentar o partido socialista, calquera outro día están dispostos a discutir a politica do PP pero hoxe non, hoxe todos terían que facer bloque; non cree que a erradicación da violencia sexa cuestión de diñeiro, pasa por maior concienciación social e educación, dispón de datos pero hoxe non vai debater iso.


O Sr. Fachal López sinala que ningún grupo dispón da moción do partido popular.- Acláraselle que estaba na documentación da orde do día-.


O Sr. Feal Pereira considera que si hoxe non é o día de debater este tema xa lle dirán cando é, está de acordo en consensuar e este é o momento, a violencia de xénero é un tema transversal, afecta a vida económica, relacións laborais, conciliación familiar, educación na familia e nos colexios, e para iso se necesitan contías orzamentarins e o partido popular está recortando, a educación é a base, están de acordo na proposta do partido popular inda que non terien a moción e a orde do día non especificaba cales, o que non entende e que digan que non é o momento, pensa que o único que non queren aprobar isto por iso buscan escusas, vostedes se retratan si votan en contra o abstención.


A Sra. García. Pita non lle vale que digan que hoxe non é o día, claro que é, van a votar a favor de todo inda que é insuficiente, vostedes están no partido popular que fai recortes e non se atreva a mentir neste día, por unha vez na vida loiten dentro do partido e agota no gobemo, é a forma de dicir non aos recortes, fan algo, non solo unha mesa.


A Sra. Pazos Bande, mantendo a liña que manifestou antes hoxe non vai entrar en datos nin falar de cando gobernou outro partido, non poden votar a favor da moción do partido socialista non polo feito da violencia pero non comparten o que están poñendo, non hai tecortes nin redución de axudas aos concellos, non son certos os argumentos que poñen nas mocións, o próximo día se queren volven a falar, hoxe é o día para as mulleres especialmente.


A concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro sente indignación que se aproveite este día internacional contra a violencia de xénero para politizalo, hoxe non é o día, é un tema que afecta a moitas familias que o están pasando mal, habería que ir da man e apoiar sen condicións a loita con tódolos medios de que se dispoña, é cousa de todos e para politizalo hai outros días.


Intervén a Sra. García. Pita e o Sr.Presidente advírtelle que non ten a palabra e a próxima vez terá que abandonar o Pleno.


A continuación o Sr.Presidente dispón un descanso de dous minutos para tratar de consensuar os puntos das mocións.


Continúase a sesión indicando o Sr. Presidente que ante a falta de consenso, concede a palabra para unha intervención breve de cada grupo para formular conclusións.


m Sr. Feal Pereira manifesta que o partido popular pide que retiren da súa moción os puntos 3 e 5 e despois de xustificar a súa inclusión non considera oportuno a súa retirada.


A Sra. Gayoso Pereiro insiste en que lle parece fatal que un día internacional da muller se utilice para politizalo, habería que sacar un manifesto e ir todos da man, o que se retrata é vostede se non hai consenso.


m Sr.Presidente ordena a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita que abandone o Pleno por intervir sen ter a palabra.


A contin.uación pásase a votación por separado das mocións presentadas.


A). Moción do grupo mixto presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, sométese a votación ordinaria resultando aprobada con catro votos a favor dos membros do grupo AEC, concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e o concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e seis abstencións dos membros do grupo Popular.


B) Moción do grupo popular, sométese a votación ordinaria resultando aprobada con nove votos a favor dos membros do grupo Popular, AEC, e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e unha abstención do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.


7.- MOCIÓN GRUPO MIXTO SOBRE BECAS ESTUDANTES. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto sobre as bolsas para estudantes, en cuxa exposición de motivos alude ao recoñecemento das bolsas como un dereito dos estudantes que as precisen polas súas condicións económicas na educación post obrigatoria, sen embargo o goberno do partido popular só se dedicou a pofter trabas aos estudantes universitarios, suba de taxas, reforma do sistema de bolsas que xa non son unha garantía de igualdade no acceso a educación, máis dificultades e menos recursos cando as necesidades de familias e estudantes son maiores; a situación é mais grave segundo informe "Education at a Glance" a OCDE clasifica a España como "sistemas de axudas aos estudantes poucos desenvolvidos", feito que non lle preocupou ao partido popular que desatende as recomendación da OCDE e segue co seu propio plan, subir taxas, limitar bolsas e fomentar os préstamos bancarios a universitarios. As bolsas han de garantir a calquera estudante poder desenvolver o seu talento, independentemente da súa capacidade económica; esta politica conduce a diminución do número de estudantes, agravamento das dificultades económicas universitarias e ruptura da equidade.


Por todo elo propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:


1. Modificar a normativa reguladora das bolsas para recuperar Integramente a súa natureza de dereito e establecer criterios claros, obxectivos e ponderables na súa concesión de tal maneira que o solicitante poida coñecer de antemán os criterios polos cales se lle outorgan e a contía que percibirá se lle é concedida.


2. Restituír os requisitos académicos vixentes para o curso 2011-2012, fixando como contías base para as compoñentes de compensación e por mobilidade as dese mesmo curso.


3. Actualizar os limiares de renda e patrimonio segundo a variación do IPC desde 2011


4. Establecer un período máximo de 3 meses para a resolución dos expedientes de solicitude de bolsa.


5. Adoptar as medidas necesarias para renunciar a esixir os reintegros previstos no artigo 41.b) da Resolución do 13 de agosto de 2013 aos estudantes que cumpriron todos os requisitos esixidos para obter a súa bolsa no momento da süa concesión.


6. Engadir unha modalidade de convocatoria que inclúa o pago da matrícula aos licenciados e graduados en situación de desemprego que realicen estudos de posgrado en Universidades públicas co fin de mellorar o su cualificación.


7. Convocar con carácter de urxencia o Observatorio de Bolsas creado a través do Real Decreto 1220/2010, de 1 de outubro.


8. Adoptar as medidas necesarias para reducir o importe dos presos das matrículas universitarias, suprimindo as restricións á capacidade da Conferencia Xeral de Politicas Universitaria de establecer os lítnites dos prezos públicos de matrícula introducidas polo Real Decreto-lei 14/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo Popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro indica que o partido popular atópase comprometido coa dimensión social da educación e unha politica de becas e axudas ao estudo que garanta que ningún estudante abandone os estudos por motivos económicos, manteñen o esforzo financeiro a pesar da contención do gasto público e aseguran a igualdade de oportunidades, a politica de becas e axudas ao estudo debe ser un estímulo para mellorar o rendemento académico; fala dos cambios introducidos no sistema de becas con resultados positivos, aumento da nota media e fomento do esforzo, incremento de becarios e redistribución nas contías, considera que o novo sistema é mais xusto, da máis a quen máis o necesita e a igualdade de renda prima o esforzo, nin se pensa de ningunha maneira no sistema de préstamo nin hai recorte; alude tamén as axudas da Xunta de Galicia, Erasmos, mobilidade, pago matrícula, máster para desempregados, causas sobrevidas, aparte de ter as matrículas máis baixas.


m portavoz do grupo AEC D. Luis A. Fachal López, considera que é un tema político que cada partido defenda a súa postura, a nova lei ten cousas boas pero tamén cousas malas, van apoiar a moción, e sinala o dato de que no último ano houbo corenta e cinco mil matriculacións menos nas universidades públicas, sen embargo houbo 5.300 máis nas privadas por mellorar o prezo con respecto a pública, algo habería que modificar.


m concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira, considera que hai prioridade, a educación é básíca en toda sociedade e polo tanto darlle prioridade, pero parece que non interesa, o dato deuno o Sr.Fachal, fala dos problemas de pago dunha persoa que aproba o acceso a universidade e a privada vai quen vai, vostedes quitaron a axuda para os libros na pública, a Sra. Gayoso fala de que as bolsas son para xente que estude e se esforce, e pregúntase si pensa que os universitarios van as facultades de festa, si ese é o concepto que ten da educación, que mire cantos Erasmos se quedaron sen axuda, polo tanto vólvense a quedar retratados.


A Sra. Gayoso Pereiro insiste no manifestado anteriormente, produciuse unha modificación no sistema de reparto e modificacións nas consideracións académicas, o obxectivo da distribución é que sexan beneficiarios os estudantes con maiores necesidades económicas e mellor rendemento académico xa que os obxectivos do sistema de becas son dous, incentivar o esforzo e aproveitar os recursos que proveñen do esforzo das familias co pago de impostos, son partidarios de manter a vía do esforzo, a responsabilidade dun rendemento académico e que a educación contribúa a promoción social e o mesmo tempo á maior eficiencia dos recursos públicos destinados á politica de becas.


Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con catro votos a favos dos membros dos grupos AEC, Mixto e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e seis encontra dos membros do grupo Popular, acorda rexeitar a devandita moción.


8.- MOCIÓN GRUPO MIXTO SOBRE POBREZA ENERXÉTICA.Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto sobre a pobreza enerxética en cuxa exposición de motivos fai referencia a que é unha consecuencia da grave crise social e económica que estamos a padecer, trátase daquela situación que sofren os fogares cuxos membros son incapaces de pagar unha cantidade de servizos da enerxía suficientes para a satisfacción das súas necesidades domésticas, ou obrigados a destinar unha parte excesiva dos seus ingresos ao pago da factura enerxética das süa vivendas; fai mención a número de persoas afectadas en Galicia e datos do INE, sen que se adopten medidas estruturais que remedien situacións dramáticas; a UE ten instado a adoptar medidas para protexer aos consumidores e a diferenza doutros países a lexislación española limitouse a desenvolvementos absolutamente insuficientes. Consideran imprescindible ser sensibles a esta situación que padecen moitos veciños, que a Xunta utilice os recursos ao seu alcance e ademais inste ao goberno de España a aprobar unha lei para solucionar estes problemas, trátase dunha política social para garantír principios de progresividade, solidariedade e cohesión respecto dos consumidores máis vulnerables.


Por todo elo propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:


m concello de Cabanas insta a Xunta de Galicia a:


1. Habilitar unha liña de axudas sobre un servizo mínimo de subministro de enerxía (electricidade e gas), que garanta que ningún fogar poda ser privado dun mínimo de cobertura enerxética de subsistencia entre o 1 de novembro e o 31 de marzo de cada ano, que permita garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza enerxética.


1.a. Esta liña de axudas desenvolverase no ámbito das politicas de benestar social, mais alá da colaboración coa Consellería de Economía e Industria, e arbitraranse medidas que faciliten a súa solicitude a aquelas familias afectadas por este problema.


2. Demandar ao Goberno de España a que de forma inmediata presente no Congreso dos Deputados para o seu debate e aprobación un proxecto de lei de protección dos consumidores vulnerables e contra a pobreza enerxética.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo Popular a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que dentro da lei do sector eléctrico, teñen dereito ó bono social as persoas que cumpran algunha destas condicións: potencia instalada inferior a 3 Kw na súa vivenda habitual; persoas que teñan 60 ou máis anos de idade que sexan pensionistas e perciban as contías raínimas; e familias numerosas ou que teñan tódolos seus membros en paro, segundo os datos publicados acóllense a este mecanismo sobre 2,46 millóns; en canto a interrupción do subministro a lei establece as bases de protección do consumidor e estase a elaborar regulamentos de desenvolvemento da lei; alude as medidas da Xunta de Galicia como a convocatoria do ticket eléctrico no DOG do 4 de agosto, o antigo bono social, ademais a Xunta está a defender os intereses dos consumidores, dando cifras de denuncias e sancións tramitadas en materia de facturación eléctrica, adhesión ao sistema de arbitraxe e campaña sobre a factura eléctrica.


m portavoz do grupo AEC D. Luis A. Fachal López considera que é un tema importante e os dous partidos maioritarios debían chegar a un acordo enerxético, cada certo tempo cambia o partido do Goberno e o que fai e sacar todo o que había feito o anterior en materia enerxética, refirese a datos sobre os que se basea o prezo da enerxía e cando hai unha baixa non se repercute no consumidor ou moi pouco, sen embargo as subidas repercútense de inmediato; segue a preguntarse por que non se chega a un acordo dos grandes partidos e poñen as cousas claras a que haxa que poñerllas.


m concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira opina que as politicas troncaisdo Estado cámbianse dunhas lexislaturas a outras segundo o signo politico, pero uns mais que outros, o partido socialista estaba incentivando as enerxías renovables e o partido popular fixo o contrario; en canto o bono social é claramente insuficiente, falan de que se fixeron reclamacións pero durante ese tempo as familias tiveron corte de luz e para restablecer o servizo houbo que volver a pagar, a nova factura segue a ser ilexible e hai problema cos novos sistemas de medida, recorda que quen privatizou o sistema enerxético foi o partido popular.


m Sr. Fachal López estima que a enerxía renovable está ben pero a un custo asumible, non está ben a politica que se fai, as eólicas forráronse con subvencións por iso insiste en acordos pensados para vinte anos como en Alemania ou Francia, aquí dise non a enerxía nuclear pero si hai un escape en Francia vamos a sufrir as consecuencias, hai que prestar atención o medio ambiente pero o mesmo tempo ser coherentes — intervén o Sr. Pena Fontenla e o Sr. Presidente o advirte por non ter a palabra - temos carbón e din que non vale e tráese de fora, din que contamina menos e iso non é certo, o que se fixo foi modificar a forma de emisión ao exterior, de todo elo a necesidade de acordo entre as principais forzas politicas.


A Sra. Pazos Bande sinala que non deixa de ser soiprendente que os que xeraron as situacións máis dificiles en materia enerxética, os que agora falan de pobreza enerxética, cando gobernaban contemplaban como subía a factura e non dicían nada, deixando un déficit de tarifa de trina mil millóns, hoxe a situación é diferente, afrontouse unha reforma do sector eléctrico, houbo devolucións aos consumidores, impostos as compañías eléctricas, estase ante un compromiso real coa eficiencia enerxética e mantense o bono social e a Xunta o ticket eléctrico, ademais da defensa do consumidor, por todo elo votarán en contra da moción.


O Sr. Alcalde indica que grazas que a Xunta ten outros pensamento e está a facer cousas importantes ata onde chegan as súas competencias.


Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con catro votos a favos dos membros dos grupos AEC, Mixto e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e seis encontra dos membros do grupo Popular, acorda rexeitar a devandita moción.


9.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS TERESA GARCÍA PITA E ANGEL PENA FONTENLA EN PROL DO EMPREGO NA COMARCA DE FERROLTERRA.Vista a moción presentada polos concelleiros D. Angel Pena Fontenla e Dona Ma. Teresa de Jesús García Pita en prol do emprego na comarca de Ferrolterra, na cal aluden o grave risco de desertización, non só industrial senón tamén humana da comarca e a convocatoria da CIG para o 13 de decembro unha cadea humana na ponte das Pías; consideran que esta Corporación debe sumarse e participar porque tanto o desemprego como a emigración non son alleos a Cabanas.


Neste sentido propofien ao Pleno da Corporación os seguintes acordos:


1°. Apoiar a cadea humana convocada o 13 de decembro nas Pías.


2°. Reclamar a construción do dique flotante ao Estado e á Xunta de Galicia.


3°. Exixir a revisión urxente da lexislación sobre a produción de enerxía eólica para recuperar


o sector na comarca de Ferrolterra.


4°. Dotar Astano de persoal para desenvolver programas de construción naval e recuperar mercado antes do 1 de xaneiro en que se tira o veto sobre a construción naval civil nos estaleiros públicos da ría.


5°. Demandar para esta zona castigada polo abandono de actividades produtivas fundamentais para súa economía a aplicación de medidas de discriminación positiva pa a súa reindustrialización ao Estado e á Xunta de Galicia.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


Polo grupo AEC: o portavoz D. Luís A. Fachal López está de acordo coa exposición de motivos porque é unha realidade do que pasou en Ferrol nos últimos anos, plan tras plan e fracaso tras fracaso, non ten claro que a partir do 1 de xaneiro se poidan construír barcos en Ferrol, porque xa se ampliou o prazo dúas veces, sumarase si lle é posible a esa cadea humana.


Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira súmase a moción, todo o que sexa fomentar o emprego en Ferrolterra é positivo, todos os puntos son importantes pero é importantísimo dotar a Navantia de persoal para desenvolver os programas de construción naval, o que hai non chega, ese seria o problema para ser capaces de construír, o capital humano foise perdendo, non cree nas reconversións nin nas prexubilacións, espera que isto intente facer despegar a Ferrolterra, inda que ten unha gran depresión e unha gran dúbicla tamén.


Polo grupo Popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro di que o problema en. Ferroltera ven de lonxe, cando na década dos 80 comezou a reconversión naval, a cidadanía nunca entendeu que cando estas reconversións os representantes dos traballadores non loitaran por conseguir un futuro máis prometedor, non se mantivo a escola de aprendices que daba bo resultado, logo intentos fallidos doutras alternativas como a fábrica de vidro, fábrica de neumáticos, etc.; en canto aos acordos da moción o partido popular non ten problema en apoiar a iniciativa da cadea humana, xa o fixeron outras veces, agora ben, sempre que se realice de forma cívica e sen vandalismo que sexan orientadas a unha melloría nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal -intervén o Sr.Pena Fontenla e o Sr.Presidente o advirte por segunda vez indicando que a terceira ten que abandonar o Pleno- en canto o dique hai que ter claro quen ten as competencias, fala dos acordos de España coa Comunidade Europea de 2005 e as limitacións, limites de cadro de persoal, e actuación do Comisario Sr.Almunia, preguntándose si non sería máis rendible ampliar diques que xa existen; esixir a revisión da lexislación tamén sería necesario colaborar e non poñer trabas; en canto a dotación de persoal non se pode seguir añorando tempos pasados, hai que diversificar novas alternativas, fala dos parados da comarca e da utilización dos terreos por outras empresas, hai que estudar tódalas posibilidades.


m Sr.Fachal López opina que se trata doutro tema onde falta o consenso entre políticos, o primeiro que escoitou falar sobre reutilización de terreos xa fai anos foi ó BNG e o PP púxose en contra, cando gobernaban Galicia BNG e PSOE o PP volveu a poñerse en contra, hai proxectos moi interesantes con carga de traballo como o de Iberdrola pero inda non se firmaron.


m Sr. Feal Pereira en relación coa intervención da Sra. Gayoso Pereira di que a priori a cadea humana debe ser cívica, en canto a estudo da viabilidade do dique, na Xunta tódolos grupos votaron a favor do dique flotante para trasladar ao Goberno central e aí deulle para atrás o partido popular; todos os da zona coñecen a formación de Astano, e no relativo a actuación do Comisario Sr Almunia vostedes o único que facían era enviar papeis non oficiais ou seudooficiais, revisouse o acordo coa CE porque a actuación do goberno do Sr.Aznar deu lugar a devolver diñeiro e houbo que revisar o acordo, a bolsa de terreo da antiga Astano é moi apetecible e da idea de que o partido popular non está pola construción de barcos, apoiaron o dique por motivos electorais, apoia tódolos puntos da moción e rexeita a politica do partido popular de ir en contra.


m concelleiro D. Angel Pena Fontenla considera que o partido popular como sempre criminalizando a protesta cívica e pacífica, no dique flotante a Xunta estaba de acordo en galeguizar Navantia, as perdas non viñan polos estaleiros galegos, debíase comezar con tempo a formar xente preparada para as novas esixencias de construción naval, construción eólica, agradecería o apoio a moción para unha comarca de maior paro en Galicia.


A Sra. Gayoso Pereiro pide que a cadea humana sexa cívica porque unhas manifestacións acabaron para outras cousas, en referencia a intervención do Sr. Feal Pereira di que non porian palabras que non dixo o partido popular de non construír barcos, a Xunta sempre estivo comprometida co naval, a SEPI non realizou as xestións como desde Galicia e debía mellorar, está comprometida a construción dun buque para a Armada e non se pode esquecer que desde 2005 a 2012 non houbo ningún contrato para Navantia, ten que haber compromisos serios de traballo e colaboración de todos sen populismos, o partido popular apoiará proxectos de novos postos de traballo que sexan competitivos, votarán en contra porque non propoñen ningunha medida concreta que se poida levar a cabo.


m Sr.Alcalde considera que tódolos partidos teñen a súa culpa e defende a actuación do Presidente da Xunta con feitos, están a favor do dique flotante pero primeiro haberá que facer proxecto e que o autorice a UE, si que se enviou documentación ó Sr.Almunia pero sempre foi negativo, o acordo asinado en 2005 no que participaron os sindicatos, agás a CIG , non foi porque o PP fixera as cousas mal senón pola reconversión do partido socialista, grazas á viaxe a Madrid houbo algo para Ferrol, cando presenten un proxecto serio o apoiarán, os sindicatos deben pensar non cidadáns de Ferrolterra debían deixar Astano libre para empresas que crean postos de traballo.


Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con catro votos a favos dos membros dos grupos AEC, Mixto e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e seis encontra dos membros do grupo Popular, acorda rexeitar a devandita moción.


PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN. 10.- INFORMES DA PRESIDENCIA


a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 329 do 19- 09-2014 ata a número 419 do 20-11-2014.


b) Informe sobre a execución trimestral 3°T/2014. . Dáse conta da comunicación dos datos de execución do orzamento no 3°T de 2014 remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local, relativos ao Informe de Avaliación do cumprimento de obxectivos Lei Orgánica 2/2012, na que consta que non se cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria estimando se cumprirá co obxectivo da regra de gasto, así como, as liñas fundamentais para 2015.


c) Informe trimestral sobre a morosidade 3°T/2014. Informe trimestral de acordo co art. 5 da Lei 15/2010 do 5 xullo pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade. De acordo co establecido no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, preséntase o informe correspondente ao 3°T de 2014 sobre o cumprimento dos prazos previstos nesta lei para o pagamento das obrigas desta entidade local, incluíndo o número e contía global das obrigas pendentes nas que se está incumprindo o prazo, así como relación de facturas e/ou documentos xustificativos con respecto ós cales transcorresen máis de tres meses dende a anotación no rexistro de facturas sen tramitar os expedientes de recoñecemento da obriga.


11. ROGOS E PREGUNTAS.


a) Preguntas orais.


a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.


a.1.1. Cando empeza a execución da sentenza do Penso?. Vaíse recolocar as persoas afectadas? Resposta Sr. Alcalde: xa está en marcha, cando se inicien as obras de demolición verase si é necesario.


a.1.2. Como está a denuncia para recuperación da beirarrúa no paseo da Madalena, houbo sentenza a favor do concello, pero en que situación está?.


Resposta Sr.Alcalde: a notificación foi o 14-10-2014, fixérase resolución de retirada o 15-11- 2010, o promotor non estivo de acordo e acudiu o xulgado, a sentenza é deftnitiva, estamos nun tempo de espera para que execute as obras e de non facelo requirirase para que as execute e impoñeránselle multas coercitivas se non o fai.


a.1.3. Como está a situación dos restos de áridos depositados en Laraxe que presentan problemas?


Resposta Sr.Alcalde: segue a estar fora das nosas competencias, é a Xunta que leva o tema, deuse traslado a Xunta porque están en solo rústico.


a.1.4. Tivo coñecemento de que houbo problemas polas tormentas coas bombas de achique do acceso a praia da Madalena, había inundacións debaixo das dúas pontes, están arrandas estas bombas?, foi problema de diferenciais ou que pasou, parece que afectou a iluminación pública da zona?.


Resposta Sr.Alcalde: non é problema das bombas senón do saneamento na tubaxe que pasa por debaixo de Adeza e Verxeles, temos un conflito con Viaqua (Aquagest) e este é outro máis, é un tema complicado e a empresa estase a negar á reparación. Non ten que ver coa iluminación pública, iso foi que non houbo aviso de fallo que solo afectou desde a Solana ata o antigo campo de fútbol, o resto puido ser un fallo puntual.


a.1.5. Pregunta persoal. Acábase a lexislatura e en relación co tema da humanización da N-651 hai algunha notificación por parte do Estado?, que vai pasar, se vai deixar para a próxima lexislatura?.


Resposta Sr.Alcalde: pensa que as veces tampouco o fan as cousas como desexa, estivo no Ministerio en Madrid e rexistrou escritos sobre esta estrada, non está de acordo en que se atrase esta situación, o problema é a falta de ditleiro no orzamento e iso non lle vale porque hai necesidades, pode que non se poida acometer todo o proxecto pero o entomo ata o cruce de Cardeita é moi necesario e vai a seguir insistindo


a.1.6. Rogo. Estase en época que veñen os ventos e temporais, roga se realicen pequenas podas nas árbores do paseo da Madalena para evitar posibles danos.


Resposta Sr.Alcalde: o ano pasado fixose unha poda importante, este ano presentáronse problemas porque houbo inundación, amolece o terreo e cun pouco de vento caen os pinos, vaise intentar talar o antes posible.


b) Preguntas por escrito.


b.1. Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira en escrito de data 25 de novembro de 2014.


b.1.1 eEn qué fase se atopa o estudio e contestación as alegacións efectuadas ao PXOUM de Cabanas?


Resposta Sr.Alcalde: o equipo redactor está estudando as alegacións, se queren pódese ter unha reunión antes de fin de ano e falar do tema.


b.1.2 Existen infinidade de deficiencias nos rueiros e patrimonios municipais, unhas delas xa preguntadas en xaneiro: o derrubamento no camiño da Barrosa e á inestablilidade dunha columna no lavadoiro de Fontao público, por qué razón, tras dez meses, no se teñen subsanado, sabendo da perigosidade que se xera na zona?.


Resposta Sr.Alcalde: non é que non se quixera actuar, o muro é privado e non se pode actuar en dominio privado, se non acepta haberá que adoptar outras medidas.


b.1.3. Temos constancia, dende o PSdeG-PSOE de Cabanas, que se fixo unha aproximación ao estudio do estado do edificio do Penso para a execución da sentencia para a súa reposición á legalidade urbanística: equé datos aportou dito estudo? eé viable o seu estado para executar o derribo conforme ao proxecto? eXa se fixo a taxación das vivendas afectadas? eCómo están os trámites para indemnizar aos propietarios?.


Resposta Sr.Alcalde: hai un proxecto aprobado para execución das sentenzas, os técnicos entenden que cumpre e para indemnizar aos veciños hai un expediente de responsabilidade patrimonial, os que denunciaron non lles preocupan os veciños.


b.1.4 A respeto da denuncia presentada ante a APLU pola invasión de parte da beirarrúa polo ximnasio dos Castaños na Praia da Madalena eCómo está o expediente de reposición da legalidade?


Resposta Sr.Alcalde: xa está contestada.


b.1.5 Este concelleiro ten rexistrado dous requirimentos o primeiro co ñ de rexistro 2833 de 06/10/2014 e o segundo co de rexistro 2968 de 28/10/2014 no que se lle solicitaba que se


a) Esclarecera a autoría de ditos depósitos de residuos


b) A reposición das condicións medioambientais no vertedoiro clausurado eliminando ditos residuos nas condicións esixibles pola normativa vixente


c) Que se acometera un certe perimetral que ille dito vertedoiro clausurado para restrinxir o acceso só ás persoas debidamente autorizadas.


d) Se mantivera informados aos concelleiros portavoces da corporación do solicitado. Estamos a 25 de novembro de 2014, dende a pregunta escrita feita no anterior pleno ordinario de setembro, na que se contestou que non había orde de depositar ningún tipo de material seguíronse depositándose material vexetal, e houbo unha manipulación dos residuos ali depositados, Pode agora o Sr. Alcalde contestar ao requirimento feito por este concelleiro?.


Resposta StAlcalde: fíxose unha inspección do vertedoiro e detectouse fora do perímetro do vertedoiro restos de poda e limpeza de maleza, a maior parte dos desbroces do propio vertedoiro que non supoñen perigo para o vertedoiro nin medioambiental, o Concello ten como obxectivo o manter o vertedoiro nas condicións da súa recepción polo que se realizan as medidas necesarias para elo.


m Sr. Feal Pereira indica que si o Concello ten que manter as condicións de clausura cando se recepcionou, pregunta si se cumpriu, si se segue cumptindo e se gasta diñeiro onde non é necesario, así como quen fixo a inspección.


m Sr.Alcalde resposta si que abrir expediente aos traballadores do concello o diga claro, non hai documento que diga que ali se pode verter iso, entre os que fixeron a inspección había algún traballador do Concello.


b.2. Preguntas presentadas polos concelleiros Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e D. Angel Pena Fontenla en escrito de data 25 de novembro de 2014.


b.2.1. O Sr. alcalde foi imputado pola Fiscalía e seguimos sen información concreta sobre o asunto tras dúas novas na Voz de Galicia en que se apunta en que Germán Castrillón Permuy está imputado por un delito contra as Mministracións Públicas. En que situación procesual se atopa o alcalde de Cabanas? Que novidades houbo sobre o asunto nestes meses?.


Resposta Sr.Alcalde: a situación segue a mesma, non é coñecedor de máis cousas, entende que non está imputado, non está de acordo coa Voz de Galicia.


b.2.2. No areal da Madalena caeu tal e como xa advertimos un piñeiro podre o pasado 23 de novembro. No seu momento, permitiron cortar piñeiros bos e pola contra deixaron moitos danados, ai teñen os resultados.


a) Adoptou algunha medida especial o gobemo local para evitar danos non desexados desde que advertimos da situación?


b) Recibiu algu.nha reclamación económica por danos causados?


c) A onde se destinou a madeira?.


Resposta Sr.Alcalde: xa preguntaron os seus compañeiros.


Interv-én. a Sra. Gayoso Pereiro e o Sr.Presiden.te a advirte por ter a palabra.


m Sr.Alcalde reitera o problema da inundación que provocan iso, hai persoal de baixa e


prexudica para a execución dos traballos, tomaranse as medidas oportunas. Non se recibiu ningunha reclamación e a madeira repártese nas sociedades ou familias necesitadas que a pidan, agora mesmo non ten datos porque a levan os traballadores.


b.2.3. Nesa mesma zona do areal da Madalena, entre o Yellow e o antigo campo de fútbol, apáganse as luces deixando a zona ás escuras desde as 18:30 h. Pode o goberno local explicar o motivo do apagón na zona?


Resposta Sr.Alcalde: o motivo pode haber un corte ou un cruce, avísase a empresa de mantemento e o vai arranxar.


b.2.4. E para máis problemas na zona inúndase o paso por debaixo da vía do tren á altura do apeadoiro. Que medidas teñen previstas para evitar as inundacións? O Concello dispón de medios para achicar auga?


Resposta Sr.Alcalde: está encargada unha memoria a un técnico municipal para unha solución, pero o problema é que veña do parque, vaise estudar cos técnicos e ver o que facer para resolver o problema.


b.2.5. Sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal e pasado máis de medio ano desde que se presentaron preto dun milleiro de alegacións. Cando ten previsto o goberno local contestar as alegacións presentadas?


Resposta Sr.Alcalde: a cifra está errada, xa dixo que o equipo redactor está vendo as alegacións, se lles vai contestar sen problema, non hai inconveniente en falar e que sexa público, e se hai que reducir se reduce.


b.2.6. Sobre verteduras na parcela municipal de Vilar do Colo promovidas polo propio Concello de Cabanas segundo orde de paralización de Augas de Galiza.


a) Pódenos explicar quen ordenou a realización destas verteduras?


b) O goberno local vai asumir responsabilidades por actuar sen autorización de Augas de Galiza?.


Resposta Sr. Alcalde: en primeiro lugar non houbo orden e segundo houbo escrito de propietarios de naves onde esixían a limpeza desas parcelas, a policía fixo informe onde di que é conveniente o desbroce e fixose limpeza e botar terra para que non saia maleza, cerrouse a parcela, xa estiveron os técnicos de Augas de Galicia e separouse a terra do río, o recheo foi feito cando se ftxo o poligono, botouse unha capa de recheo.


b.2.7. Sobre as pintadas que apareceron contra o PXOM e contra o alcalde de Cabanas, e que rexeitamos, gustaríanos saber cal é o motivo polo que a defensa do Concello, na denuncia presentada diante do xulgado, apunta a unha reunión veciñal realizada con anterioridade? Está a criminalizar o goberno local a protesta pacifica e cívica contra o PXOM cunhas pintadas feitas por persoa(s) incívica(s)?.


Resposta Sr.Alcalde: o goberno ten información suficiente para formular esa cuestión.


Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e dúas horas e trint minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.



O Secretario.


ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 31 DE DECEMBRO DE 2014


Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. Da. Ana Rosa Méndez Eiroa D. Julián Ramón Seijas Criado Da. Maríg de la Cruz Varela Varela D. José C. Rey García. Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita D. Angel Pena Fontenla


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día trinta e un de decembro de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.GermánCastrillónPermuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.


Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.Non asisten os concelleiros D. Luis A. Fachal López e D. Delfín Feal Pereira



1.- MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE ARQUITECTO E TEDL. Vista a proposta que presenta a Alcaldía para modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), posto de arquitecto e posto de Técnico Emprego e Desenvolvemento Local deste Concello, consistente en engadir o complemento de produtividade na contía máxima establecida no convenio laboral de 66,13 euros/mes ao posto de arquitecto e ampliar as funcións: Colaboración na tramitación e xestión de expedientes de contratación de obras e servizos, axudas e subvencións, así como, a modíficación da valoración do complemento do posto e do complemento de produtividade pasando a 284,08 e 66,13 euros/mes respectivamente, así como, ditame da comisión de Facenda e informe de Secretaría.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma Teresa de Jesús García Pita di que na Comisión de Facenda falouse da produtividade do arquitecto e aumento do TEDL, estaba de acordo inda que non lle parecía produtivo o arquitecto, pero o que non lles parece normal é o recorte de empregos que están a facer, que o TEDL teña que facer funcións doutros funcionarios, non se están a cubrir as prazas e iso non é normal porque é a política que teñen, están a favor do dito na Comisión pero están en contra de que sega reducíndose o persoal e non se cubran as prazas nestes momentos que tanto se necesitan.


Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande recorda que hai unha Lei de orzamentos do Estado que impide aumentar a masa salarial das Administracións Públicas se non hai unha necesidade urxente e ademais hai unha situación especial no Concello, as dúas cousas non permiten ter máis traballadores, esta persoa está realizando máis funcións e hai que engadirllas.


A Sra. García Pita insiste en que é necesario contratar a máis persoal desde o momento que todos están facendo traballos que non lles corresponde, e sobre todo neste momento co alto nivel de paro existente.


A Sra. Pazos Bande parécelle ben o que di a Sra. García Pita pero no Concello de Cabanas hai a situación que hai, non se pode estar ax-ustando partidas e despois contar persoal por todos lados, insiste na Lei de orzamentos do Estado que impide aumentar a masa salarial, e tamén hai unha realidade que moitas veces prexudica menos que noutros concello ó ter un cadro de persoal non



sobredimensionado, a veces hai que facer traballos que non corresponden pero é o que hai neste Concello, existe unha boa situación grazas a esta masa salarial


Sometido o asunto a votación ordinaria, o Pleno da Corporación con sete votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC e dous en contra da concelleira Da. Ma Teresa de Jesus García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda:


Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación na Relación de Postos de Traballo do posto de arquitecto e posto de Técnico Emprego e Desenvolvemento Local deste Concello, consistente en engadir o complemento de produtividade na contía máxima establecida no convenio laboral de 66,13 euros/mes ao posto de arquitecto e ampliar as funcións: "Colaboración na tramitación e xestión de expedientes de contratación de obras e servizos, axudas e subvencións", así como, a modificación da valoración do complemento do posto e do complemento de produtividade pasando a 284,08 e 66,13 euros/mes respectivamente, ao posto de TEDL.


Segundo. Expoñer ao público a mencionada relación, durante o prazo de quince días hábiles a contar desde o seguinte o da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados poderán examinala e presenta-1as reclamacións ante o Pleno. Dita modificación da RPT considerarase definitivamente aprobada se no devandito prazo non se presentaran reclamacións; no caso contrario, o Pleno disporá do prazo dun mes para resolvelas.


Terceiro. Unha vez aprobada definitivamente a mencionada modificación, a Relación de Postos de Traballo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e remitirase copia á Administración do Estado e ao órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia.


2.- ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2015. Dada conta polo Secretario do expediente tramitado para aprobación, no seu caso, do orzamento municipal formado para o exercicio de 2015 polo Sr. Alcalde deste Concello de acordo cos requisitos que sinala a lexislación vixente no que constan os documentos que establecen os artigos 165, 166, y 168 e concordantes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, cadro de persoal coa relación de postos de traballo, informe de intervención e ditame da Comisión de Facenda.


Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:


A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita opina que as previsións de ingresos son moi optimistas e non se van a conseguir; en canto a gastos e o mesmo de tódolos anos, en momentos de crise e hai que apertar o cinto, sen embargo estase a malgastar, a terceira parte do orzamento destínase a gastos correntes sen aforrar nada, os aforros fanse en emerxencia social, parécelle ben as subvencións a entidades sen fins de lucro pero nesta época de crise hai necesidades máis importantes, gástase moito en asesoría xurídica sen conseguir nada, non é norrnal que solo se fagan investimentos reais cando hai subvencións, e tamén hai investimentos que podían destinarse a outros máis importantes, en eficiencia enerxética se están tirando moitos cartos sen conseguir nada, tampouco e xusto o que se paga a Sogama, tódolos anos manifestan que poden asesorar e aconsellar para investir noutras partidas e axudar a xente que é o que debe cumprir o Concello, por todo elo votarán en contra.


Polo grupo Popular a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que o orzamento para 2015 é realista e axustado para cumprir coas necesidades deste Concello e atender as solicitudes demandadas polos veciños nas reunións realizadas nas parroquias; hai que ser cautelosos e buscar a máxima rendabilidade en investimentos e servízos sen perda de calidade, existe diñeiro para execución sentenzas do Penso sen esquecer aos propietarios afectados unha vez que se resolva o expediente de responsabilidade patrimonial, tamén hai algún outro problema como o de Aquagest; a seguir refírese as distintas areas mencionando as actuacións en servizos sociais con programas de envellecemento activo, mencer na escola, punto atención a infancia, conciliación e igualdade, axuda no fogar e dependencia, comida solidaria, recollida de alimentos, etc.; en traballo destaca o programa integrado de emprego Artabria Emprega III que inclúe tamén aos concellos de Neda, Fene, Mugar­dos, Ares e Pontedeume, coas persoas participantes e actividades a desenvolver; en cultura e depor­tes fai mención a obras previstas para mellora de instalacións culturais e deportivas, apoio e colabo­ración coas sociedades do Concello, e actividades de promoción cultural e deportiva; en turismo ha­berá continuidade mellorando os paseos polo Eume no Anduriño, rotas de sendeirismo, regatas de kayak e esperan poder dispoñer de pantalán no Día Oito; en investimentos alude a obras previstas de saneamento e reparación de camiños municipais que se recollen no anexo de investimentos; por todo elo considera que o orzamento está axustado ao máximo tendo en conta as limitacións pola execucións das sentenzas do Penso e as posteriores indemnizacións insistindo nas previsións económicas para elo, sen esquecer o contencioso con Aquagest, grazas a o traballo da Alcaldía coas distintas institucións para conseguir subvencións se está sacando o concello para adiante.


A Sra. García Pita considera incrible que enganen con datos que nada terien que ver coa realidade, desde que goberna o partido popular as partidas de fins sociais diminuíron un 84 %, claro que hai que apertar o cinto pero no concello hai xente desempregada que pasa fame, nenos que van sen almorzo ó colexio, como poden pensar en pantalán, carnaval, magosto, etc., en época de crise hai cousas máis necesarias e necesítase investir mellor, estase perdendo calidade de vida, dereitos, e a obriga de cumprir cos veciños; co que gastan en publicidade e propaganda poderíase contratar a dez persoas a tempo parcial, non está en contra das asociacións pero non lle parece normal que a partida sextuplique a de emerxencia social, critica o gasto do barco polo Eume e considera que non son uns orzamentos de crise, solo arramcan camiños cando hai subvención e sen embargo malgastan en gastos correntes, moito cara fora pero o máis importante é a xente de Cabanas.


A Sra. Pazos Bande considera que a intervención da Sra. García. Pita é na súa liña, hai que falar menos e facer máis cousas construtivas e non dar datos falsos, estase aumentando a consignación en servizos sociais, mantivéronse tódolos servizos desde o inicio da lexislatura, diminuíronse gastos


correntes, minorouse o alumado público grazas a eficiencia enerxética, residuos sólidos urbanos e teléfono, destaca o interese turístico do barco Anduriño, o pantalán é unha subvención finalista e a dinamización da ría é moi importante para o Concello; os datos do orzamento son obxectivos que avala despois a conta xeral, insiste no incremento de servizos sociais, recursos para investimentos e os gastos de herdanzas como as sentenzas do Penso sen o cal poderían reparar camiños ou maior subvencións as asociacións, fai mención de novo a consignación para emerxencia, transporte metro­politano social con financiamento para estudantes universitarios e ciclo de formación superior; en canto a participación da oposición nos orzamentos o grupo popular conta con quen ten que contar, con que os colocou aquí que foi o pobo, para iso fixeron as reunións nas parroquias e recolleron as peticións dos veciños.


Debatido o asunto, o Pleno da. Corporación en votación ordinaria, con sete votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC, e dous en contra da concelleira Da. Ma Teresa de Jesus García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda:


1°.-Aprobar inicialmente o orzamento municipal para o exercicio 2015, con un importe total tanto en gastos coma en ingresos de dous millóns setecentos oitenta e cinco mil cento quince euros (2.785.115,00 euros) co seguinte resumo por capítulos:



ESTADO DE GASTOS:

C2..pítulo

Denominación,

Consignación

._

A) Operacións correntes

1

Gastos de persoal

826.832,00

2

Gastos en bens correntes e servizos

1.495.500,00

3

Gastos financeiros

24.100,00

4

Transferencias correntes

48.850,00

5

Fondo de continxencia e outros iraprevistos

3.000,00

B) Operacións de capital

6

Investimentos reais

356.303,00

7

Transferencias de capital

0,00

8

Activos financeiros

0,00

9

Pasivos financeiros

30.530,00

Total gastos

2.785.115,00

ESTADO DE INGRESOS:

Capítulo

Denominación

Consignación

A) Operacións correntes

1

Impostos directos

916.300,00

2

Impostos indirectos

70.000,00

3

Taxas e outros ingresos

443.600,00

4

Transferencias correntes

1.143.695,00

5

Ingresos patrimoniais

2.100,00

B) Operacións de capital

6

Alleamento de investimentos reais

00,00

7

Transferencias de capital

199.420,00

8

Activos financeiros

00,00

9

Pasivos financeiros

10.000,00

Total ingresos

2.785.115,00


2°.-Aproba-las bases de execución do mencionado orzamento.


3°.-Aproba-lo cadro de persoal para 2015 e relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral incluídos no mesmo, coa valoración correspondente de niveis, retribucións complementarias e características.


4°.-Someter a información pública o orzamento aprobado polo prazo de quince días hábiles, a efectos de reclamacións, segundo dispón o artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.


5°.-No suposto de non presentarse reclamacións contra o devandito orzamento e cadro de persoal, consideraranse definitivamente aprobados debendo cumprirse o trámite da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, do resumo por capítulos xunto co cadro de persoal, de acordo co disposto nos artigos 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril e 169.3 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.


6°.-Remitir copia do orzamento mencionado á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma de Galicia.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás dez horas e vinte minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.


V° e Prac O Alcald O Secretario