Código Ético

Este código ético foi aprobado en votación aberta o 14 de marzo de 2015 con 32 (94,1%) votos a favor, 1 (2,9%) en contra e 1 (2,9%) branco.

Máis ideas para o Código ético, a participación sempre será aberta 

  1. Democratización da representación política, fiscalización e rendición de contas

Serán compromisos desta asemblea:

1.1. Defender o establecido no programa político da candidatura e actuar baixo os principios da democracia directa.

1.2. Facer públicas as ordes do día municipais, as actas das reunións e as axendas dos representantes.

1.3. Facilitar as declaracións de bens dos cargos públicos. Este compromiso estenderase aos 3 anos seguintes á súa saída da función pública cando así se requira para auditoría veciñal.

1.4. Facer públicos os criterios de contratación de todo tipo de contratos.

1.5. Render contas das súas actuacións ante a cidadanía, mediante instrumentos presenciais e virtuais, asemblearios, democráticos e abertos á veciñanza.

1.6. Aceptar a censura e/ou revogación de cargos municipais por mala xestión ou por incumprimento do programa.

1.7. Non acceder durante un período, mínimo de 5 anos, a cargos de responsabilidade en empresas que presten servizos no Concello de Cabanas.

1.8. Manter un contacto habitual con colectivos en situación de vulnerabilidade, garantir o espazo necesario nas súas axendas para atendelos e dar respostas ás súas propostas en colaboración coas persoas da administración que traballen con estes colectivos.

1.9. Garantir a participación da cidadanía na toma de decisións relevantes e no posicionamento político da candidatura sobre temas estratéxicos e proxectos de impacto social, ambiental ou urbanístico en Cabanas.

  1. Financiamento, transparencia e xestión dos gastos

A candidatura comprométese a:

2.1. Ser transparente na súa xestión, publicando os datos de  ingresos e gastos.

2.2. Poñer un tope máximo ás doazóns privadas de 100 euros.

2.3. Renunciar aos créditos bancarios e ás doazóns de particulares que poidan coartar a independencia política da candidatura.

2.4. Limitar o gasto en campaña electoral.

2.5. Fomentar o pequeno mecenado destinado a accións e necesidades concretas.

2.6. Non utilizar fundacións ou entidades xurídicas para financiarse con recursos e mecanismos pouco transparentes, e con obxectivos diferentes aos da candidatura.

2.7. Devolver o recibido indebidamente.

2.8. A candidatura fará un uso do financiamento coherente con este código ético e os seus valores, realizando achegas puntuais e finalistas encamiñadas a fortalecer o tecido asociativo (sen xerar dependencias ou clientelismos).

  1. Non profesionalización da política, supresión de privilexios e medidas contra a corrupción

As persoas con cargos electos comprométense a:

3.1. Renunciar aos agasallos e privilexios que se lles poidan ofrecer pola súa condición e que poidan significar un trato de favor.

3.2. Non duplicar cargos nas institucións, agás aqueles vinculados á súa condición de concelleira/a.

3.3. Non duplicar soldos nin cobrar remuneracións extras para asistir a reunións.

3.4. Se se establece dedicación exclusiva, a persoa elixida poderá percibir un soldo máximo e/ou dietas de ata dúas veces e media o SMI como salario neto mensual.

3.5. Limitar o mandato dos cargos de goberno a dúas lexislaturas consecutivas.

3.6. Renunciar de forma inmediata de todos os cargos cando sexa imputado con apertura de xuízo de delitos relacionados con corrupción, prevaricación con ánimo de lucro, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno, malversación e apropiación de fondos públicos. Así como tamén en casos de imputación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outros delitos contra os DD. HH. ou os dereitos das persoas traballadoras.

3.7. Facer un bo traspaso de información e de coñecemento, seguindo un protocolo acordado no marco da candidatura

3.8.  Establecer mecanismos para a conciliación da vida laboral e política.

Disposicións adicionais:

Disposición adicional transitoria 1. A cidadanía a través dos mecanismos de consulta que se habiliten velará polo cumprimento do código ético e decidirá sobre a súa aplicación concreta, tamén cando se desvíe ou se rexeite o decidido pola asemblea.

[Etapa rematada: Presentación de ideas a este borrador ata o 28 de febreiro]

Ideas para incluír ou emendar o código ético

* Campos obrigados

Acceptable file types: doc,docx,pdf,txt,gif,jpg,jpeg,png.
Maximum file size: 1mb.