Transparencia Somos Cabanas

RENDICIÓN DE CONTAS 

Labor do concelleiro

Asistiu a todas as sesións e reunións que foi convocado

Consultou documentación do PXOM, rueiro, etc.

Colaborou na creación dun espazo de transparencia municipal nesta web (orzamento, conta xeral, actas, etc).

Reuniuse e conversou con asociacións e/ou con veciños sobre o PXOM, sobre necesidades sanitarias, sobre o rueiro, sobre N-651, sobre as Fragas do Eume, sobre a derruba do Penso, sobre dereitos veciñais, etc.

Entrevista na TV de Ferrol. Explicou a situación política.

Visitou o Parlamento europeo convidado por Lidia Senra (AGEE). Explicou a situación dos refugallos asfálticos de Laraxe.

Mocións rexistradas: 8 mocións (6 aprobadas, 2 rexeitadas polo PP)

Emendas: 1 comparecencia alcaldía sobre o PXOM, 1 comparecencia alcaldía sobre O Penso

Suxestións e preguntas: 32

Asistiu a todas as sesións e reunións que foi convocado (agás unha comisión por confusión na quenda do grupo e noutra ocasión facilitoulle ao edil do BNG a asistencia intercambiando a quenda)

Consultou a documentación de todos os Plenos convocados.

Segue colaborando na creación desta web de transparencia municipal (orzamento, conta xeral, actas, etc).

Reuniuse e conversou con asociacións e/ou con veciños sobre diferentes temas locais.

Defendeu a eliminación no PXOM dos convenios urbanísticos asinados por Germán Castrillón, a conservación da malla urbana e a participación da cidadanía neste documento tan importante.

Mocións rexistradas: 12 mocións (6 rexeitadas, 2 sobre da mesa, 1 non votada por imposición do alcalde e 3 aprobadas)

Emendas: 6 emendas ao orzamento de 2016, 1 emenda ao rueiro e 6 emendas ao orzamento de 2017

38 Suxestións e 140 preguntas ao goberno

Asistiu a todas as sesións e reunións que foi convocado, tamén facilitou a asistencia intercambiando a quenda a compañeiros do Grupo Mixto

Consultou a documentación de todos os Plenos convocados.

Colaborou na actualización da web de transparencia municipal (orzamento, conta xeral, actas, etc).

Mantivo contacto fluído con asociacións e veciños sobre diferentes asuntos locais.

Interesouse polo PXOM e reivindicou a conservación da malla urbana e a participación da cidadanía neste documento tan importante.

Mocións rexistradas:  10 mocións ( rexeitadas 5,  sobre da mesa 1,  non votada por imposición do alcalde 1 e  aprobadas 3)

Emendas: 6 emendas ao orzamento de 2017

Votos particulares: 1 á modificación á taxa por expedición de documentos administrativos e outro á proposta de circuíto de motocrós. 2 sobre ditames desfavorables da comisión a propostas da marea.

Suxestións 37 e  preguntas 151 ao goberno local

53 propostas en 2017

Asistiu a todas as sesións e reunións que foi convocado, tamén facilitou a asistencia intercambiando a quenda a compañeiros do Grupo Mixto

Consultou a documentación de todos os Plenos convocados.

Seguiu colaborando na actualización da web de transparencia municipal (orzamento, conta xeral, actas, etc).

Mantivo contacto fluído con asociacións e veciños sobre diferentes asuntos locais.

Votou en contra do PXOM e rexistrou un voto particular con alternativas xa alegadas.

Mocións rexistradas:  7 mocións ( rexeitadas 6,  sobre da mesa 1)

Emendas: 7 emendas ao orzamento de 2019

Voto particular: 1 ao PXOM e 1 para soster en Pleno a retirada da dedicación por candidatura a Narón.

Suxestións 27 e  preguntas 70 ao goberno local

Asistiu a todas as sesións e reunións que foi convocado, agás por motivos laborais a unha Comisión de Asuntos de Pleno

Consultou a documentación de todos os Plenos convocados.

Seguiu colaborando na actualización da web de transparencia municipal (orzamento, conta xeral, actas, etc).

Mantivo contacto fluído con asociacións e veciños sobre diferentes asuntos locais.

Defendeu a modificación do PXOM en dúas mocións, unha delas proposta por tres asociacións locais,  e rexistrou preguntas e rogos con alternativas xa alegadas.

Mocións rexistradas:  4 mocións ( rexeitadas 3,  aprobada 1)

Emendas: 7 emendas (contra 40.000 euros para soldos políticos e orzamento de 2020)

Suxestións e  preguntas ao goberno local

Ingresos por asistencia a sesións do concelleiro

Media desde xuño 2015 a decembro 2015: 200 euros/mes

Media desde xaneiro 2016 a decembro 2016: 200 euros/mes

Media desde xaneiro 2017 a decembro 2017: 200 euros/mes

Media desde xaneiro 2018 a decembro 2018: 200 euros/mes

Media desde xaneiro 2019 a xuño 2019: 200 euros/mes

Media desde xullo 2019 a decembro 2019: 150 euros/mes

Media desde xaneiro 2020 a xuño 2020: 150 euros/mes

 

Gastos do concelleiro relacionados coa actividade política

2015-2019: 7000 euros

Subvención municipal ao Grupo Municipal Mixto do Concello de Cabanas

O Grupo Mixto Municipal (Agrupación de Electores, Bloque Nacionalista Galego e Somos Cabanas) recibiu en novembro de 2015 unha subvención con cargo aos presupostos do Concello de 400 € para gastos correntes. Ao edil de Somos Cabanas correspondeulle dedicir o destino de 133,33 € desa subvención: 100 € por concelleiro e 33,33 € polo grupo.

-- Facturas de 2015 (seis meses):

Alugueiro material informático (portátil+impresora): 100 €

Material de oficina (folios, libretas, grampas, bolis, etc.): 33,33 €

O Grupo Mixto Municipal (Agrupación de Electores, Bloque Nacionalista Galego e Somos Cabanas) recibiu o 19 de setembro de 2016 a subvención con cargo aos presupostos do Concello de 800 € para gastos correntes. O Grupo Mixto acordou neste exercicio reservar 10 €/concelleiro para gastos bancarios ou imprevistos comúns. En consecuencia, o edil de Somos Cabanas dediciu o destino de 256,66 € desa subvención: 200 € por concelleiro e 56,66 € polo grupo.

-- Facturas de 2016 (12 meses):

Alugueiro material informático (portátil+impresora): 200 €

Material de oficina (folios, libretas, grampas, bolis, etc.): 56,66 €

Gastos de mantemento da conta bancaria: 4,86€ (1/3 de 14,58 €)

O Grupo Mixto Municipal (Agrupación de Electores, Bloque Nacionalista Galego e Somos Cabanas) recibiu en setembro de 2017 a subvención con cargo aos presupostos do Concello de800 € para gastos correntes. O Grupo Mixto acordou neste exercicio reservar 25 €/concelleiro para gastos bancarios ou imprevistos comúns. Daquela correspóndelle 241,66 € desa subvención: 200 € por concelleiro e 41,66 € polo grupo.

-- Facturas de 2017 (12 meses):

Alugueiro material informático (portátil+impresora): 189,99 €

Material de oficina (folios, libretas, bolis, etc.): 51,67 €

Gastos de mantemento da conta bancaria: 25€ (1/3 de 75 €)

O Grupo Mixto Municipal (Agrupación de Electores, Bloque Nacionalista Galego e Somos Cabanas) recibiu en decembro de 2018 a subvención con cargo aos presupostos do Concello de 800 € para gastos correntes.

O Grupo Mixto acordou neste exercicio reservar 23 €/concelleiro para gastos bancarios ou imprevistos comúns.

Daquela correspónde a PDDdG 243,66 € desa subvención: 200 € por concelleiro e 43,66 € polo grupo.

-- Facturas de 2018 (12 meses):

Deseño e edición: 200,00 €

Material de oficina (folios, libretas, bolis, etc.): 43,66 €

Gastos de mantemento da conta bancaria: 23€ (1/3 de 69 €)

O Grupo Mixto Municipal (Agrupación de Electores, Bloque Nacionalista Galego e Somos Cabanas) recibiu en 2019 a subvención con cargo aos presupostos do Concello de 366,66 € para gastos correntes.

O Grupo Mixto pechou neste exercicio a conta.

Ao PDDdG correspondéronlle 122,22 € desa subvención: 100 € por concelleiro e 22,22 € polo grupo.

-- Facturas de 2019 (só 6 meses. Na presente lexislatura non solicitamos subvención):

Fotocopias: 121,00 €

Material de oficina: 0,11 €

Gastos de mantemento da conta bancaria: 1,11€

As subvencións a grupos políticos municipais teñen un estatus especial e privilexiado que non cumpren os mínimos establecidos nas leis sobre subvencións que afectan por exemplo ás asociacións veciñais locais (convocatoria pública, resolución de concesión e xustificación con facturas no propio ano natural).

Neste sentido consideramos inxusta esta situación e, en consecuencia, xustificamos a subvención publicamente e con gastos no mesmo ano natural. No ano en que non existan gastos para xustificar a parte correspondente realizaremos a devolución ao concello sen máis. Somos Cabanas non queremos ningún privilexio.

Recursos propios da marea local: cotas de inscritas e doazóns.

2015. Eleccións municipais. Ingresos: 1380 € de doazóns. Gastos: 1121,73 € en actividade electoral

2016. Actividade ordinaria. Ingresos: 271,56 € remanente 2015 + 285,48 € 81% subvención electoral = 557,04 €. Gastos: Boletín informativo 1: 449.89 €; Gastos ordinarios PDDdG: 9,60 €.

2017. Actividade ordinaria. Ingresos: 97,15 € remanente 2016. Gastos: Boletín informativo 2: 54,45 €

2018. Actividade ordinaria. Ingresos: 42,7 € remanente 2017. Ingresos: 2.141,30 € (achegas voluntarias de inscritas e concelleiro: 1325,30 €, achega partido instrumental: 816,00 €). Gastos: Local 2.141,30 €.

2019. Actividade ordinaria. Ingresos: 42,7 € remanente 2018. Ingresos: 2150,30 € (achegas voluntarias de inscritas e concelleiro: 2150,30 €). Gastos: Local 2150,30 €.

 

=====================XXXXXXXXXXX=====================

Texto da declaración de bens e incompatibilidades do concelleiro de Somos Cabanas

REXISTRO DE INTERESES

DECLARACIÓN: O que suscribe, D/Dna Xosé Manuel Pérez Sardiña na calidade de Concelleiro/a electo deste Concello, en posesión do Documento Nacional de Identídade número XXXXXXXXXX , en cumprimento ó disposto polo artigo 42 da Lei 14/2000, de 29 de decembro que modifica o artigo 75 da Lei 711985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 30 e 31 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídicos das Entidade Locais, aprobado polo Real Decreto 2.568/1986, de 28 de novembro, en aplicación do apartado a) (3) do referido artigo 30 do Regulamento, formula a seguinte DECLARACIÓN dos seus bens patrimoniais, segundo detalle que a continuación se expresa:

IDENTIFICACIÓN DOS BENS MOBLES E INMOBLES INTEGRANTES DO PATRIMONIO PERSOAL, CON DESIGNACIÓN, NO SEU CASO, DA SÚA INSCRICIÓN REXISTRAL, E DATA DE ADQUISICIÓN DE CADA UN DELES:

PRIMEIRO. Bens mobles.

a) Valores mobiliarios Conta corrente en Abanca núm. 33000119383

b) Vehículos. Seat Ibiza TDi (2001)

c) Semovintes. ——————————–

d) Outros bens mobles. ——————————–

SEGUNDO. Bens Inmobles.- Casa con terreo de ferrado e medio (2014) Almacén agropecuario con terreo de dous ferrados e medio (2014) 50% de terreo proindiviso de tres ferrados (1999)

DECLARACIÓN: O que suscribe , Xosé Manuel Pérez Sardiña, en calidade de Concelleiro electo deste Concello, en posesión do Documento Nacional de Identidade número XXXXXXXXXXXXX en cumprimento do disposto polo artigo 42 da Lei 14/2000, de 29 de decembro, que modifica o artigo 75 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e artigos 30 e 31 do Regulamento de Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, en aplicación do punto a) do referido artigo 30 do Regulamento, formula a seguinte DECLARACIÓN sobre as materias que a continuación se detallan:

PRIMEIRO Causas de posible incompatibilidade, segundo sinala o núm, 1, parágrafo 2° do citado art. 75 da referida Lei: Ingresos incompatibles con dedicación exclusiva a cargo da Corporación

SEGUNDO. Relación de actividades e ocupacións profesionais, mercantís ou industriais traballos por conta allea e outras fontes de ingresos privados, con especificación do seu ámbito e carácter dos empregos ou cargos que se ocupen en entidades privadas, así como o nome ou razón social das mesmas:

--------------------------------

TERCEIRO. Outros intereses ou actividades privadas que, aínda non sexan susceptibles de proporcionar ingresos, afecten ou esteán en relación co ámbito de competencias da Corporación:

--------------------------------

E para os mencionados efectos legais, asino a presente declaración