Corporación local de Cabanas

Lexislatura 2019-2023

A lexislatura comezou con pacto de goberno tripartito entre PSOE, BNG e Agrupación de Electores de Pepe Rey. PSOE e BNG vetaron a entrada no goberno local da Marea de Cabanas. Antes da sesión de investidura, Agrupación de Electores intentou pactar co PP melloras económicas sen éxito.

Gasto político total: 164.468 €/ano

6 concelleiros do goberno gastan o 93,5%

5 concelleiros da oposición correspóndelles o 6,5% restante

1. Dedicacións

87.468 €/ano

(66.000 € en salario bruto e 21.468 € en seguridade social): 

Alcaldía (Completa. Soldo bruto 28.000 €). Sr. Carlos Ladra.

1ª Tenente de Alcalde (Completa. Soldo bruto 25.000 €). Sr. Iago Varela.

Delegación de Servizos (Parcial 20 h. Soldo bruto 13.000 €). Sra. Eva García * desde abril de 2020 pasou a cobrar asistencias a órganos colexiados.

Seguros (só goberno): 1.000 €

Dietas (só goberno): 3.000 €

Locomoción (só goberno): 2.000 €

Asesoría de comunicación (anterior lexislatura 5000 euros/ano) substituíuse por 1ª Tenente de Alcalde

Asesoría xurídica continúa a de Castrillón por 18.000 €/ano

2. Asistencias concelleiros sen dedicación: 50.000 € (Goberno: 41.000 € entre 4 concelleiras. Oposición sobre 9.000 € entre 5 concelleiros)

Pleno (150 €/concelleir@/xuntanza). Bimensual en meses impares. Vid Comisións na seguinte páxina

3. Grupos políticos: 3.000 euros/ano (a repartir en 200 € por grupo e 200 € por concelleiro)

Grupo Popular: 1000 €/ano

Grupo Socialista: 800 €/ano

Grupo BNG: 600 €/ano

Grupo Mixto: 600 €/ano

Comisión informativa de Asuntos do Pleno (150 €/concelleir@/xuntanza). Bimensual dúas semanas antes do Pleno da Corporación en meses impares

Comisión informativa Especial de Contas, Facenda e Persoal (150 €/concelleir@/xuntanza). Cando a convoque o alcalde

Comisión informativa de Urbanismo, Obras e Servizos (150 €/concelleir@/xuntanza). Cando a convoque o alcalde

Comisión informativa de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade, Cultura, Educación e Deporte (150 €/concelleir@/xuntanza). Cando a convoque o alcalde

Xunta de voceiros (150 €/voceir@/xuntanza)

Xunta de delegados (150 €/delegad@/xuntanza semanal)

Grupo Municipal Popular (698 votos) D. Elena María Arias Martínez, portavoz. Manuel Gonzalez Lopez
Javier Fernandez Brage, Maria Jose Bouza Varela.

Grupo Municipal Socialista (497 votos) D. Carlos Ladra Brage, Alcalde con competencias en Facenda, Sanidade, Seguridade Cidadá, Mocidade, Contratacións y Deporte. 2ª Tenente de Alcalde Dª Concepción Rodriguez Ferreiro responsable de Infraestruturas, Seguridade Viaria, Mantemento e Parques Infantís, Mobilidade e Accesibilidade. Diana Maria Rodriguez Fernandez concellería de Servizos sociais, Educación, Cultura, Asociacionismo e Festexos.

Grupo Municipal do BNG (348 votos) D. Iago Varela Martinez, 1º Tenente de Alcalde e responsable de Concelleiro de Promoción Económica e Turismo (emprego, industria, transporte, polígono industrial, telecomunicacións, comercio, feiras e patrimonio), Urbanismo, Medio Ambiente, Participación Veciñal e Comunicación e Innovación Tecnolóxica. 3ª Tenente de Alcalde Paula Gonzalez Grueiro concellería de Persoal, réxime interno e formación, Muller, igualdade e LGTBI+ e Normalización Lingüística.

Grupo Municipal Mixto

Dª Eva María García Amor (Agrupación Electores de Cabanas, 188 votos) responsable de Servizos (augas, saneamento, residuos, limpezas, desbroces e alumeado), Sostenibilidade e Medio Rural

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña (Marea de Cabanas, 156 votos), covoceiro na oposición

Lexislatura 2015-2019

A lexislatura comezou co goberno en minoría do PP de xullo de 2015 ata novembro de 2016 grazas á abstención da Agrupación de Eletores de Cabanas.

En decembro de 2016, Partido Popular e Agrupación de Electores de Cabanas asinan un acordo de goberno e desde aquela gobernan en coalición.

Total gasto político: 116.800 €/ano

Alcaldía (soldo bruto 30.000 €, 10.000 € seguridade social). 

Seguros (só goberno): 1.000 €

Dietas (só goberno): 3.000 €

Locomoción (só goberno): 2.000 €

Asesoría de comunicación comezou con 16.000 €/ano e coa crítica teimuda da marea local reduciuse ata 5000 €/ano en 2018-2019.

Asesoría xurídica con 19.000 €/ano durante todo o período.

Tres tenencias de alcaldía e cinco delegacións de área sen firma.

2. Asistencias concelleiros sen dedicación: 42.000 € (Goberno: 32.000 € entre 5 concelleiras. Oposición sobre 12.000 € entre 5 concelleiros)

Pleno (100 €/concelleir@/xuntanza). Mensual agás agosto e decembro

3. Grupos políticos: 2.800 euros/ano (a repartir en 200 € por grupo e 200 € por concelleiro)

Grupo Popular: 1200 €/ano

Grupo Socialista: 800 €/ano

Grupo Mixto: 800 €/ano

 

Comisión informativa de Asuntos do Pleno, con funcións de Comisión especial de suxestións e reclamacións (100 €/concelleir@/xuntanza). Mensual agás agosto e decembro

Comisión informativa Especial de Contas, Facenda e Persoal (100 €/concelleir@/xuntanza). Cando haxa asuntos da súa competencia para Pleno

Comisión informativa de Obras, Servizos, Urbanismo e Emprego (100 €/concelleir@/xuntanza). Cando haxa asuntos da súa competencia para Pleno

Xunta de voceiros (100 €/voceir@/xuntanza)

Xunta de delegados (150 €/delegad@/xuntanza)

Grupo Municipal Popular (858 votos)
D. Germán Castrillón Permuy. Alcalde

D. Manuel Gonzalez López, portavoz, 1º tenente de alcalde. Voceiro GMP
Delegación en inspección e xestión en materia de obras, ambiente e relación coas asociacións.

D Javier Fernández Brage, 2ª tenente de alcalde, (en substitución de Ana Rosa Méndez Eiroa)
Delegacións en benestar, igualdade, servizos sociais, sanidade e industria.

Dª Esperanza Gayoso Pereiro, 3ª tenente de alcalde,
Delegación en turismo, cultura, educación, patrimonio cultural, xuventude, festas, feiras e mercados.

D. Julián Seijas Criado, delegación en medio rural e infraestruturas.

Grupo Municipal Mixto (544 votos)
D. Iago Varela Martínez (BNG), covoceiro GMM
Dª Eva María García Amor (Agrupación Electores de Cabanas), covoceiro GMM. Delegación en servizos e parques.
D. Xosé Manuel Pérez Sardiña (PDDdG- Somos Cabanas), covoceiro GMM

Grupo Municipal Socialista (434 votos)
D. Delfín Feal Pereira, voceiro GMS
D. Carlos Ladra Brage
Dª Concepción Rodriguez Ferreiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *