Candidatura polo cambio: Cabanas 2023

Somos Candidatura Veciñal presentou a súa lista para as eleccións municipais o sábado 15 de abril na Lareira (Laraxe). É unha lista renovada que continúa o traballo da plataforma local fundada en 2015.

A lista segue liderada por Xosé Manuel Sardiña e renova totalmente os sete postos seguintes, uníronse persoas de distintos sectores.

Así, a lista de Somos Candidatura Veciñal será a seguinte:

1.- Xosé Manuel Sardiña. Veciño de Irís. Actual concelleiro, experto en tecnoloxías da linguaxe, traballador no ensino público e investigador.

2.- Carmen Anca: Veciña de Porto. Afiliada da ONCE e ama de casa. estudou Formación profesional de Administración. Novidade na lista.

3.- José Ángel Martínez Romero: Veciño de Laraxe. Autónomo no sector da limpeza, foi directivo no Club Xuventude Cabanas e impulsor da primeira escola de fútbol. Novidade na lista.

4.- Maite López: Veciña de Soaserra. Traballadora de coidados, antes traballadora en ferretería. Novidade na lista.

5.- Irene Martín: Veciña de Cabanas. Autónoma no sector audiovisual, música. Novidade na lista.

6.- Javier Mort: Novo veciño de Santa Cruz do Salto. CEO de empresa audiovisual, autónomo no sector turístico. Novidade na lista.

7.- Anxo Pena López: Veciño de Laraxe. Traballador en administración, xogador no equipo Smash Pádel 4 de Laraxe. Novidade na lista.

8.- Raquel Antón: Veciña de Laraxe. Traballadora de coidados, fiandeira. Novidade na lista.

9.- Mercedes Salorio: Veciña de Cabanas. Ama de casa. Repite na lista.

10.- José Doce: Veciño de Porto. Traballador no sector audiovisual e de organización de eventos. Concelleiro 2004-2007. Repite na lista.

11.- Isabel Villar: Veciña de Regoela. Produtora ecolóxica, socia de ASPANAES. Concelleira en 2012. Repite na lista.

S1.- Arturo Rodríguez: Veciño de Cabanas. Retirado do metal, foi delegado sindical en Megasa e antes mariscador. Repite na lista.

S2.- Olga Herva: Veciña de Porto. Membro do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas. Repite na lista.

S3.- Lourdes Ibáñez: Veciña de Cabanas. Traballadora sanitaria retirada. Repite na lista.

S4.- Ángel Pena Fontenla: veciño de Laraxe. Traballador da Universidade da Coruña. Concelleiro entre 2012 e 2015. Novidade na lista.

S5.- Loli Mascaró: Veciña de Cabanas. Traballadora nun centro asistencial da Xunta de Galicia, socia da Sociedade Artística Ferrolá. Repite na lista.

==============================================================

*******************************ELECCIÓNS 2023******************************

==============================================================

#AvanzamosCoaVeciñanza. Candidatura aberta á veciñanza e programa electoral

Logo de render contas e valorar a situación política local, a asemblea veciñal acordou esta segunda fin de semana de decembro de 2022 presentar candidatura ás eleccións locais do vindeiro 2023 e, no día das montañas, comprometernos coa veciñanza afectada de Regoela e Soaserra contra os macroeólicos.

Son as terceiras primarias que celebramos #3PrimariasCabanas!

👉🏻 A asemblea veciñal acordou abrir un período para a presentación de persoas candidatas ata o 15 de xaneiro de 2023.

👉🏻 Tamén acordou habilitar un espazo nesta mesma web para realizar achegas ao programa electoral

👉🏻 A asemblea agradeceu o apoio e compromiso de moita xente anónima nesta lexislatura, por ela e por toda a xente hai moita ilusión e ambición para liderar o vindeiro goberno local. Desta vai! Somos alternativa veciñal!

👉🏻 A asemblea veciñal aberta aprobou o 15 de abril a candidatura municipal. Desta vai! Somos Candidatura Veciñal!

Apúntate á candidatura local

    ==============================================================

    *******************************ELECCIÓNS 2019******************************

    ==============================================================

    #PrimariasCabanas. Primeira volta e denominación

    Despois dun proceso aberto no que se sumaron veciñas e veciños de Cabanas, xa temos resultados das #PrimariasCabanas!

    Os resultados son provisionais. Os definitivos faranse públicos o día 28.

    A candidatura de unidade cidadá (2019) encabezaraa

    Xosé Manuel Pérez Sardiña: 23 VOTOS

    Denominación da candidatura de unidade cidadá local (2019)

    MAREA DE CABANAS: 18 VOTOS

    SOMOS CABANAS: 7 VOTOS

    Apúntate á candidatura local

    Abrimos o primeiro período de inscrición para aquelas persoas interesadas en presentarse no proxecto de confluencia polo cambio en Cabanas. Se estás interesad@ en traballar para as veciñas e os veciños de Cabanas introduce abaixo os teus datos.


    O prazo está aberto

    * Campos obrigatorios

    Consulta sobre as eleccións de 2019

    Logo de case tres anos de traballo local, en xaneiro de 2018 decidimos que facer de cara ás eleccións locais de 2019. A asemblea veciñal tivo unha votación alta que se achegou ao 70% do censo de inscritas e estes foron os resultados:

    • Candidatura de confluencia

    PRESENTARSE ÁS ELECCIÓNS: 27 VOTOS (100%)

    NON PRESENTARSE: 0 VOTOS

    • Fórmula de presentación da candidatura de confluencia

    En Marea: 24 VOTOS (88,9%)

    PDDdG: 2 VOTOS (7,4%)

    Agrupación de Electores: 0 VOTOS (0)

    Branco: 1 VOTO (3,7%)

    Como colectivo veciñal aberto, horizontal e autoorganizado impulsamos a candidatura ás anteriores eleccións locais, conseguimos representación no Pleno da Corporación e abrimos as portas á participación activa da veciñanza no Pleno.  A ano e medio das vindeiras eleccións decidimos continuar o traballo feito e solicitaremos a colaboración de En Marea, organización galega que vimos apoiando desde novembro de 2015.

    Como xa fixemos en 2015, chamaremos á unidade popular alternativa ao réxime do ’78 para conseguir o cambio que tanto lle fai falta a Cabanas. Ademais, abriremos un novo proceso participativo para anovar as liñas programáticas básicas e o código ético e mais para regular o proceso de primarias abertas.

    Xuntas somos máis!

    ==============================================================

    *******************************ELECCIÓNS 2015******************************

    ==============================================================

    Resultado das Primarias Abertas (2015)

    O sábado 14 de marzo de 2015 tiveron lugar as votacións para determinar as bases da candidatura de unidade cidadá de Cabanas.  Aprobáronse co 94% dos votos as liñas programáticas básicas e o código ético.

    Así mesmo, o resultado das primeiras primarias abertas en Cabanas organizadas por unha candidatura de unidade cidadá veu precedido dunha participación do 71% das persoas inscritas (algo máis do 1% do censo electoral de Cabanas).

    Orde dos 5 primeiros postos da candidatura de unidade cidadá (2015)

    1. Xosé Manuel Pérez Sardiña: 235 puntos

    2. Anxo Pena Fontenla: 167 puntos

    3. Teresa García Pita: 145 puntos

    4. José Antonio Doce Luaces: 128 puntos

    5. María Golpe Vázquez: 107 puntos

    (puntuación aplicada segundo o método Borda)

    Denominación da candidatura de unidade cidadá local (2015)

    SOMOS CABANAS: 27 VOTOS

    Outra denominación: 4 VOTOS

    Branco: 3 VOTOS

    Persoas apuntadas á candidatura (2015)

    Logo de validar o pasado mes de agosto en asemblea aberta e pública con máis do 1% de sinaturas do censo electoral a presentación dunha candidatura local de unidade popular polo cambio e de debater e concretar en sucesivas asembleas unhas liñas programáticas básicas e un borrador de código ético acordamos abrir o proceso participativo para formar a candidatura e completar estes dous documentos.

    2 respostas

    1. 8 Marzo, 2019

      […] Candidatura polo cambio en Cabanas […]

    2. 8 Marzo, 2019

      […] Candidatura polo cambio en Cabanas […]