Debates das propostas

XULLO DE 2015

Emenda comparecencia sobre sentenzas do Penso

O concelleiro de PDDdG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que propóñenlle ó grupo socialista un engadido á moción xa que o Pleno e os veciños e veciñas deben estar publicamente informados sobre a xestión das indemnizacións aos propietarios de boa fe acordadas hai máis de dez anos por esta Corporación e sobre as demolicións das partes non legais do edificio Penso 1a e 2a fase, por tal motivo propoñen: “Que o Alcalde de Cabanas compareza publicamente perante este pleno, auxiliado si o estima pertinente pola defensa xurídica neste asunto, co obxecto de informar exhaustiva e detalladamente sobre a xestión da devandita demolición e das indemnizacións, así mesmo, esta Corporación require para o expediente desta comparecencia plenaria, os autos, escritos, resolucións e toda aquela documentación en posesión do despacho de avogados contratados para a defensa do Concello estean nese mesmo expediente”

Emenda comparecencia sobre sentenzas do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Emenda comparecencia sobre o PXOM
O Pleno e os veciños deben dispoñer de información pormenorizada sobre a xestión do PXOM pendente de aprobación polo Pleno, por elo propoñen engadir un punto: Que o Alcalde de Cabanas compareza publicamente perante este Pleno, auxiliado si o estima pertinente polo equipo técnico redactor, co obxecto de informar exhaustiva e detalladamente sobre a situación do PXOM

MOCIÓNS DE URXENCIA

A) O concelleiro de PDDdG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que hai dúas mocións presentadas por rexistro o 21 de xullo e a comisión de asuntos do pleno tivo lugar o 22 e debían incluírse, houbo mocións incluídas na orde do día que foron rexistradas o 23, polo tanto vostede non ten xustificación, é un erro que debe recoñecer. A urxencia está xustificada porque unha trata sobre modificación de ordenanzas fiscais que debe facerse no presente ano e ou se inician os trámites ou non vai ser posible.O Sr. Alcalde aclara que quedaran en que todo o que ía ir a pleno pasara pola comisión a realizar a semana anterior e por iso non as incluíu, si se acorda outra cousa non ten inconveniente, pero preséntanse por urxencia e o problema está arranxado.A continuación prodúcese un debate sobre a non inclusión das referidas mocións onde o Sr.Pérez Sardiña insiste en que el non estivo na comisión e houbo discriminación, mentres que o Sr.Alcalde di que seguiu o criterio acordado en non ten inconveniente en adoptar outro, tampouco hai problema na inclusión por urxencia. O Sr. Feal Pereira considera se trata de problemas de procedemento coa posta en marcha desta Comisión que ao principio non quedan clarosSometida seguidamente a votación ordinaria a ratificación da urxencia da moción relativa a modificación das ordenanzas fiscais, o pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros dos grupos Socialista e Mixto, e catro abstencións dos membros do grupo Popular acorda ratificar a urxencia da moción e a inclusión na Orde do Día.

A1) MOCIÓN DO CONCELLEIRO DE PDDdG SOBRE MODIFICACIÓN DE ORDENANZAS FISCAIS. O Sr. Pérez Sardiña da lectura a moción sobre modificación de ordenanzas fiscais, facendo referencia na exposición de motivos fai referencia as sancións administrativas do Concello previstas nas ordenanzas de condutas cívicas e de protección do medionatura e consideran que requiren unha revisión en especial no relativo á gradación das sancións para adaptalas á Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.Polo exposto, o Grupo Municipal Mixto a través do seu voceiro de Somos Cabanas Participación Democrática Directa solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte acordo:Instar ó Alcalde de Cabanas para que no presente ano tramite expediente de modificación das ordenanzas non fiscais sobre promoción de condutas cívicas e protección dos espazos públicos e da protección do medio natural do concello de Cabanas.Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:Polo grupo Socialista: o voceiro D. Delfín Feal Pereira está de acordo coa moción e que se abra expediente para ver tódolos informes técnicos e xurídicos, é o momento de empezar.Polo partido Popular: o concelleiro D. Manuel González López recorda que tódalas ordenanzas aprobadas desde que está de Alcalde Germán Castrillón pasaron pola xunta de voceiros para recoller novas aportacións dos grupos representados neste Concello, en particular as ordenanzas ás que fai referencia, a de condutas cívicas foi aprobada co voto a favor de tódolos membros da Corporación e a de medido natural foi aprobada con nove votos a favor e dúas abstencións dos non adscritos.O Sr. Feal Pereira reitera que é o momento de emendar o erro, segue pedindo que se debatan en comisión para resolver as cuestións dubidosas, está de acordo en que o Alcalde inicie expediente de modificación cos informes pertinentes.O Sr. Pérez Sardiña insiste no exposto na moción e que todos deben poñerse de acordo para corrixir estas irreguLaridades.O Sr. Alcalde indica que as ordenanzas foron consensuadas practicamente ó 100 por 100, se hai que darlle unha volta non hai problema pero o grupo do Sr.Sardiña votou a favor nunha e noutra se abstivo, a ordenanza de espazos naturais está a funcionar moi ben e se están conseguindo resultados extraordinarios como deu conta nun pleno anterior, haberá que esperar aos informes para ver se procede modificación ou non.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros dos grupos Socialista e Mixto, e catro abstencións dos membros do grupo Popular, acorda aprobar dita moción.

A2) MOCIÓN DO CONCELLEIRO DE PDDdG SOBRE TRANSPORTE MAMOGRAFÍAS E SERVIZO PEDIATRÍA. A continuación o Sr. Pérez Sardiña da lectura a moción, en cuxa exposición de motivos alude a necesidade de prevención de enfermidades, os recortes nos servizos e a colaboración do Concello en favor da saúde, propoñendo actuacións na prevención do cancro de mama que o PP intentou suprimir, inda que recortouse a unidade móbel de mamografías no centro de saúde de Cabanas; por outra banda no centro de saúde de Cabanas existe una carencia básica como é o servizo de pediatría polo que resulta necesario que o Pleno da Corporación solicite da Consellería de Sanidade este servizo, consultando cos país e nais o horario máis axeitado.Polo exposto, o Grupo Municipal Mixto a través do seu voceiro de Somos Cabanas Participación Democrática Directa solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción dos seguintes acordos:

1°. Instar ao goberno local a crear un servizo de transporte á unidade de mamografías de Ferrol situada en Catabois

2°. Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a crear un servizo diario de Pediatría no Centro de Saúde de Cabanas

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Socialista: o voceiro D. Delfín Feal Pereira considera que a sanidade é un piar fundamental da sociedade e todo o que se gaste en prevención resulta barato, polo tanto están de acordo en artellar un servizo de transporte consensuado cos usuarios para ir ao servizo de mamografía.; con respecto ao servizo de pediatría. o grupo socialista xa rexistrou en xuño un requirimento cando o servizo de pediatría en Pontedeume estaba en mínimos para que xunto cos concellos de Pontedeume e Monfero se fixeran xestións para unha atención de pediatría en Cabanas.

Polo grupo Mixto: o concelleiro do BNG D. Iago Varela Martínez está de acordo coa mocióne recorda que cando foi o problema de Pontedeume o BNG presentou unha pregunta no Parlamento de Galicia.

Polo grupo Popular: o concelleiro D. Manuel González López en relación co intento de supresión do servizo público de mamografías que mencionan na exposición de motivos, non foi así pois a día de hoxe conta con 16 unidades de exploración de mamografía, o Concello non pode poñer o transporte porque non é da súa competencia, agás casos concretos regulados na ordenanza de axudas de emerxencia social previo informe da traballadora social; con respecto ao servizo de pediatría desde a época da Conselleira Da. Pilar Fargas estiveron facendo peticións para que Cabanas tivera ese servizo e a resposta é que hai pouca poboación e o centro de Pontedeume está moi cerca, Cabanas ten 255 pacientes en idade pediátrica, 136 son atendidos na quenda de mañá e 119 na de tarde.

O Sr. Feal Pereira á vista dos datos do voceiro popular considera importante seguir intentando o servizo de pediatría, e canto o servizo de transporte non se trata de transporte regular, trátase de axudar as persoas que necesitan desprazarse ó centro de mamografía, hai outros estamentos que perciben axudas para transporte por cousas menos importantes.

A concelleira de AEC Da. María Eva García. Amor parécelle ben todo o que sexa implementar e promocionar servizos tanto de saúde como de transporte para veciños e veciñas de Cabanas sempre está ben, polo que están a favor da moción.

O concelleiro de PDDdG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña indica que en lugar da palabra crear poñer impulsar porque se adapta mellor, que o Concello impulse e organice o transporte, as mamografías é un servizo puntual cada dous anos, hai que mirar primeiro polas persoas maiores e persoas que non teñen para pagar un taxi, estase facendo unha sanidade de pago e o Concello pode axudar o mesmo que paga outros transportes, trátase dun servizo que foi suprimido en Cabanas e agora teñen que ir a Ferrol, insiste en que houbo intento de recorte que o parou a contestaciónsocial, por outra banda con 225 nenos o servizo de pediatría é necesario.

O Sr. Alcalde aclara que hai unha liña regular de transporte e o Concello non pode crear unservizo de transporte, as mulleres non van todas o mesmo día, se fose un caso esporádico non habería problema, para casos de necesidade está a emerxencia social que co informe da traballadora social poden ser atendidos; o servizo de pediatría levan tempo facendo xestións, oxalá sexan capaces de conseguilo, fala de votar por separado porque o de pediatría votarán a favor pero o outro non é competencia do Concello.

O Sr. Pérez Sardiña aclara que xa dixo que cambiaría crear por impulsar, e o Sr.Alcalde insiste en que non é competencia do Concello, e para casos puntuais están as axudas de emerxencia. social. Despois de modificar o punto 1, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes acorda aproba-la moción nos seguintes termos:

1°. Instar ao goberno local a impulsar medios de transporte á unidade de mamografías de Ferrol situada en Catabois

2°. Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a crear un servizo diario de Pediatría no Centro de Saúde de Cabanas

Setembro 2015

Moción do concelleiro de PDDdG sobre a transparencia

A moción do concelleiro de PDDdG sobre a transparencia considera unha tarefa fundamental das institucións a información transparente e accesible e mecanismos de loita contra a corrupción, cando sexan coñecidos polos cidadáns as decisións dos cargos públicos e o destino dos fondos públicos e criterios de actuación estaremos diante dun proceso democrático; a lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, obriga ás Administracións públicas a publicar a información de relevancia xurídica, económica, orzamentaria, institucional e de planificación, establecendo un prazo de dous anos para que as Entidades Locais se adapten as obrigas contidas en dita lei.
Por elo propón o Pleno a adopción dos seguintes acordos:
1°) Instar ao goberno municipal a publicar de xeito inmediato na páxina web do Concello de Cabanas toda a información relevante para garantir a transparencia da actuación municipal e, en todo caso, a seguinte:
a) O Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente con todos os convenios, informes sectoriais, informes municipais e informes da Xunta.
b) Os orzamentos de ingresos e gastos do presente 2015 e anos seguintes, de xeito completo.
c) As Contas Xerais dos exercicios pechados.
d) Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexen as concesións de servizos públicos actualmente vixentes.
e) As subvencións concedidas, os beneficiarios, o importe e a finalidade de cada subvención.
f) As actas das sesións do Pleno da Corporación.
g) Un resumo dos proxectos de obras públicas.
h) As retribucións, asistencias e indemnizacións e outras cantidades percibidas con cargo aos fondos municipais por parte do alcalde e dos edís.
2°) Instar ao goberno municipal para que elabore a Ordenanza de transparencia e acceso dos cidadáns á información e sometela ao Pleno no prazo máximo de dous meses.

MOCIÓN CONCELLEIRO DE PDDDG SOBRE O PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DA N-651

O concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña da lectura a moción presentada sobre o proxecto de humanización da N-651 en cuxa exposición de motivos fai mención a dita estrada é a principal vía urbana do concello de Cabanas e onde viven maior número de veciños, refírese a acordos do pleno do 22-11-2003, 26-05-2010, 23-06-2010, 2-03-2012 sobre reclamacións de melloras na seguridade vial da N-651, e neste último pleno tiveron coñecemento de existencia de consignación para 2016, así como a inclusión do proxecto no PXOM.
Por elo propón ó Pleno o seguinte acordo:
1.- O Pleno do Concello de Cabanas acorda solicitar á Demarcación de Estradas en Galicia, do Ministerio de Fomento a execución do proxecto "Actuaciones para la mejora de la Seguridad Vial, N-651, P.K. 20+500 al 26+900 T.M. de Cabanas".
2.- O Pleno do Concello de Cabanas solicítalle ao alcalde, responsable da área de urbanismo, que inclúa na cartografía correspondente do Plan Xeral de Ordenación Municipal o proxecto de "Actuaciones para la mejora de la Seguridad Vial, N-651, P.K. 20+500 al 26+900 T.M. de Cabanas" e que o expoña ao público no descanso de entrada a esta sala de sesións.
3.- Dar traslado do presente acordo á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.
Indica o Sr. Pérez Sardiña que como agora xa teñen coñecemento de que está incluída a cartografía, modificar o punto 2 no sentido de "Solicitar unha reunión coa Demarcación de Estradas para tratar o problema das vivendas que se trasladan a rústico, na que participen a ser posible non solo o alcalde senón polo menos representantes da oposición" e manter o relativo a exposición pública.

Outubro 2015

Proposta sobre servizos públicos e emprego

A moción presentada polo concelleiro de PDDdG, na exposición de motivos fala do impulso do goberno municipal a privatización na xestión dos servizos públicos locais como PAI, asesoría xurídica, direccións de obra, comunicación, limpeza e incremento de gasto fora do límite
legal ou gastos directo como reparacións maquinaria, alude a imposición da lei de orzamentos do Estado prohibindo a incorporación de persoal e o deterioro de servizos públicos para forzar a privatización, cita a o desmantelamento do servizo de limpeza do concello de Cabanas e supresión de postos de traballo no colexio Eladia Mariño, fai mención ó artigo 21.2 da lei de orzamentos do Estado 2015 que permite cubrir necesidades urxentes.
Por elo propón ao Pleno que adopte os seguintes acordos:
1. Instar ao Goberno Municipal a consolidar o servizo de limpeza dos edificios públicos e a conserxería do colexio "Eladia Mariño" a través da xestión directa municipal como servizo público e impedir que se externalice e privatice.
2. Instar ao Goberno Municipal a reforzar o servizo de urbanismo e a garantir a xestión directa municipal como servizo público e impedir que se externalice e privatice.
3. Instar ao Goberno Municipal a que cubra e mais as xubilacións dos servizos municipais mediante a contratación de persoal laboral temporal, con plenas garantías de igualdade, mérito e capacidade.

MOCIÓN CONCELLEIRO DE PDDdG SOBRE MEDIDAS DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO LOCAL

Dáse conta da moción presentada polo concelleiro de PDDdG sobre medidas de protección do patrimonio local, na cal despois da exposición de motivos na que alude ao patrimonio histórico, cultural e paisaxístico, e o seu deterioro sen que o goberno municipal adoptase medidas ao efecto, sendo necesario adoptar medidas urxentes.
Por elo propón ao Pleno da Corporación adopte os seguintes acordos:
1. Instar ao goberno municipal a iniciar o procedemento de modificación do catálogo das vixentes Normas subsidiarias municipais para incluír os inmobles contidos na proposta de catálogo do Plan xeral de ordenación municipal elaborado e sometido a informe da Xunta e que non están incluídos no catalogo das Normas subsidiarias de planeamento municipal vixentes.
2. Instar ao goberno municipal a elaborar a Ordenanza de Inspección Técnica das Edificacións que deberá ser presentada no Pleno da Corporación para a súa aprobación, no prazo máximo de dous meses, en cumprimento do mandato establecido nos artigos 200 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 4 da Lei 8/2013, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.
3. Instar ao goberno municipal a iniciar a vía de execución subsidiaria pola administración, á custa do obrigado, para reconstruír a "Casa de Juan Ares", consonte ao disposto nos artigos 209 e 210 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Novembro 2015

USO DE HERBICIDAS CON GLIFOSATO. PROPOSICIÓN DO CONCELLEIRO DE PDDDG. (novembro 2015)

A continuación dáse conta da moción presentada polo concelleiro de PDDdG, sobre o uso de herbicidas con glifosato, na exposición de motivos refírese ao emprego de herbicidas de acción rápida por moitos municipios para eliminar "malas herbas" para mantemento de espazos públicos ou prevención de incendios forestais, que pode ter riscos moi serios; alude a estudos científicos, a Directiva marco para un uso sostible dos praguicidas aprobada polo Parlamento Europeo, a cal foi trasposta no Real Decreto 1311/2012, que establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, tamén fai referencia ao marco xurídico que completa ditas normas e actuacións de diversos municipios e deputacións limitando o uso destes herbicidas debido a impactos ambientais e sobre a saúde dos seres vivos.
Por elo, conscientes dos efectos negativos que o uso de herbicidas con glifosfato levan consigo para a saúde pública, que afectan ou poden afectar á saúde das persoas e ao medio, propón ao Pleno os seguintes acordos:
1. Non se autorizará o uso dos herbicidas con glifosato en todo tipo de lugares públicos do municipio, e substituiranse estes produtos por métodos mecánicos e/ou biolóxicos non contaminantes, que non danan a saúde nin o medio. Así mesmo, modificarase a través do correspondente expediente a Ordenanza de protección do medio natural para incorporar esta.
2. Nos casos concretos de conflito, o Concello solicitará por escrito ás entidades implicadas na aplicación de herbicidas que en virtude do Real Decreto 1311/2012 empreguen métodos de control alternativos, non químicos.
3. Así mesmo, este concello dirixirase á maior brevidade posible á Consellaría de Obras Públicas e á Demarcación de Estradas do Ministerio de Fomento, solicitando o abandono inmediato
do uso de herbicidas derivados do glifosato no tratamento das cunetas da rede viaria que atravesan o Termo Municipal, para que a protección da saúde das persoas e o medio no seu municipio sexa efectiva.
4. O Concello comprométese a informar deste acordo a todos os colectivos e entidades políticas, sociais e veciñais existentes no municipio para evitar tamén o uso doméstico de herbicidas con glifosato.

ESTUDO PARA DECLARACIÓN TRAVESÍAS NA N-651. PROPOSICIÓN DO CONCELLEIRO DE PDDDG. (novembro 2015)

A seguir dáse conta da moción presentada polo concelleiro de PDDdG, sobre estudo de travesías na N-651, na cal expón que se trata dunha vía interurbana baixo competencia estatal, en 1979 conseguiuse a declaración de travesía no Areal pasando a depender do Concello o outorgamento de licenzas, nesa mesma liña en 2004 fíxose o primeiro estudo para avaliar a consolidación en Cardeita-A Torre e Laraxe, naquel entonces os informes foron negativos, pero houbo novas construción e seria necesario unha nova avaliación da consolidación.
Por todo isto proponlle ao Pleno, o seguinte acordo:
Instar da alcaldía a apertura de sendos expedientes co fin de propoñerlle ao Ministerio de Fomento a través da á Demarcación de Estradas de Galicia a declaración de travesías das zonas urbanas das Normas Subsidiarias de Cardeita-A Torre e de Laraxe que cumpran cos requisitos da Lei 25/1988 de Estradas.

Xaneiro de 2016

Vistas as emendas parciais presentadas polo concelleiro de PDDdG Xosé Manuel Pérez Sardiña que consisten:
Primeira.- a) Diminuír a partida 9202.22799 en 16.000 euros ficando en 1.000 €. b) Diminuír a partida 9200.22604 en 20.000 euros, ficando en 10.000 €. c) Destinar as baixas anteriores que suman 36.000 € á incrementar a partida de execución sentenzas edifico Penso 1511.69901 que pasaría a 2.508 euros.
Segunda.- a) Diminuír a partida 9200.22601 en 1.500 € ficando en 1.000€. b) Diminuír a partida 9200.22602 en 3.000 € ficando en 1.000 €. c) Destinar as baixas anteriores que suman 4.500 € á partida de emerxencia social 2310.48000 que pasaría a 6.500 €.
Terceira.- a) Diminuír a partida 3381.22699 (Festa Santa Marta) en 4.000 € ficando en 10.000 €. b) Destinar a baixa anterior de 4.000 € á partida de emerxencia social 2310.48000, dotada de 6.500,00 € coa emenda anterior e que pasaría a 10.500,00 €
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
En primeiro lugar trátanse as emendas anteriores.
O concelleiro de PDDdG Xosé Manuel Pérez Sardiña expón os motivos das emendas que presentou, a primeira trata de reducir a consignación das partidas de asesoría externa en comunicación e xurídica, onde desde 2007 se levan gastado mais de 360.000 euros cando hai servizo web a través da Deputación da Coruña e tamén asesoría e defensa xurídica de balde da mesma Deputación, aparte dos servizos administrativos municipais, considera que se está a tratar dun servizo paralelo, por elo considera suficiente as contías reducidas para casos concretos, antes de 2007 non existían estas asesorías, con elo incrementaríase a consignación para execución sentenza do Penso
A segunda emenda relativa a protocolo, publicidade e propaganda tamén experimentou aumento desde 2007 e para 2016 persisten nestes gastos, estes gastos suman reais que a emerxencia e hai que demostrar o cambio político neste concello, por elo propoñen a redución de atencións protocolarias, publicidade e propaganda e o incremento na emerxencia social.
En canto a terceira emenda entenden que se poden facer festas participativas non gastando cartos en carne, chourizos criollos, mazás, etc., tamén se está facendo competencia desleal na hostalería, hai contías inxustificables por elo propón a baixa e incremento da emerxencia social.

A continuación sométese a votación apartado por apartado de cada emenda, co seguinte resultado:
Apartado a) primeira emenda: votos a favor, cinco dos membros do grupo Socialista e Mixto, en contra cinco dos membros do grupo Popular, producíndose empate repítese a votación co mesmo resultado, polo que decide o voto da Presidencia en contra de emenda e queda rexeitada.
Apartado b) primeira emenda: votos a favor, catro dos membros do grupo Socialista, concelleiro do BNG e concelleiro de PDDdG, en contra, cinco dos membros do grupo Popular, abstencións, unha da concelleira de AEC, polo que queda rexeitada.
Apartado a) segunda emenda: votos a favor, dez de tódolos membros presentes, polo que queda aprobada.
Apartado b) segunda emenda: votos a favor, catro dos membros do grupo Socialista, concelleiro do BNG e concelleiro de PDDdG, en contra, cinco dos membros do grupo Popular, abstencións, unha da concelleira de AEC, polo que queda rexeitada.
Apartado a) terceira emenda: votos a favor, catro dos membros do grupo Socialista, concelleiro do BNG e concelleiro de PDDdG, en contra, cinco dos membros do grupo Popular, abstencións, unha da concelleira de AEC, polo que queda rexeitada.

Proposta da concelleira de AEC anteriormente formulada para invitar nos procesos de contratación a empresas domiciliadas no concello de Cabanas, apróbase co voto a favor dos dez membros presentes.

Febreiro 2016

TRANSPORTE FERROCARRIL FERROL-CORUÑA. PROPOSTA CONCELLEIRO PDDdG

Vista a moción presentada polo concelleiro de PDDdG sobre servizos ferroviarios Ferrol-Coruña, en cuxa exposición de motivos alude aos recortes nos servizos de proximidade na liña de ferrocarril que une Ferrol e A Coruña, o que deixa incomunicadas as poboacións intermedias como Cabanas, considera que a recuperación de frecuencias segundo as necesidades da poboación, a redución de prezos e a mellora nos tempos das viaxes contribuiría a fomentar este transporte, por elo propón ao Pleno da Corporación os seguintes acordos:
1. Instar a Adif e a Renfe a incrementar as frecuencias segundo as necesidades horarias da poboación, reducir os tempos de viaxe e baixar o prezo dos billetes na liña Ferrol — A Coruña.
2. Instar á Xunta de Galicia a que apoie esta demanda.

REPROBACIÓN DO ALCALDE POR OBRAS EXECUCIÓN SENTENZA O PENSO. PROPOSTA CONCELLEIRO PDDdG

Vista a proposición presentada polo concelleiro de PDDdG sobre as obras de execución da sentenza do edifico O Penso indicando que no pleno do 27 de xaneiro preguntou pola situación dos realoxos e criterios que se estaban a seguir, ou se realizan os traballos de execución da sentenza de xeito arbitrario sen cumprir a normativa de protección da saúde, alude as manifestacións do Alcalde na TVG o 28 de xaneiro e na TVE, onde indica que xa se enviaron cartas aos veciños para cambiar de domicilio, considera que o alcalde non é capaz de realoxar en prazo nin pagar as indemnizacións que acordou o Pleno de 2004 e realizar as obras como demanda o TSXG, opina que a xestión destes acordos está a ser máis propia do terceiro mundo que dun concello moderno.
Con diferenza da opinión da opinión política é un deber dos representantes políticos garantir a saúde pública e os dereitos dos veciños, máxime cando se trata de obras ordenadas polo TSXG. Por elo propón ao Pleno os seguintes acordos:
1. O Pleno de Cabanas reproba ó alcalde, Germán Castrillón, por causar molestias aos veciños e veciñas do Penso entre os que se atopan menores de idade, derivadas directamente dunha xestión incompetente das obras de derruba do edificio, ínstao a pedir perdón publicamente polos trastornos
e reclámalle que adopte cos informes técnicos que as avalen todas as medidas necesarias para evitar calquera molestia derivada do cumprimento da sentenza ás persoas afectadas.
2. Notificar este acordo á sala 2a do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para o seu coñecemento.

Marzo 2016

COMPARECENCIA SOBRE ACTUACIÓNS NO AREAL E PIÑEIRAL DA MADALENA. PROPOSTA CONCELLEIRO DE PDDdG

A seguir dáse lectura a moción presentada polo concelleiro de PDDdG relativa a comparecencia sobre actuacións no areal e no piñeiral da Madalena, considera que o Pleno da Corporación debe coñecer a xestión que está a levar a cabo o goberno local no areal e piñeiral da Madalena durante os últimos meses.
Por elo propón ao Pleno a adopción do seguinte acordo:
1. Que o/a responsable do goberno local compareza publicamente perante este Pleno, co obxecto de informar exhaustiva e detalladamente sobre a xestión do areal e do piñeiral da Madalena, limpeza e cortas.
2. A Corporación require para o expediente desta comparecencia plenaria os proxectos, estudos, solicitudes, contratacións e resolucións e toda aquela documentación municipal relacionada co asunto no último ano natural.

– En canto foron taxadas as árbores que se cortaron no piñeiral? – En canto foron taxadas as árbores que se cortaron no piñeiral? – Cal foi a poxa que fixeron para esas árbores?- Cantas árbores foron cortadas?- Que empresa retirou os piñeiros?- Canto custou a intervención?- Cantas árbores foron reprantadas?

Abril 2016

MODIFICACIÓN ORDENANZA IVTM. PROPOSTA CONCELLEIRO PDDDG

A continuación dáse conta da proposición presentada polo concelleiro de PDDdG sobre a modificación da ordenanza de IVTM, na cal fai referencia ao disposto no artigo 93.1.e) e 93.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, así como a sentenza 00471/2011 da Sección 4 do TSXG.
Coñecendo as observación realizadas na Comisión de Asuntos do Pleno por Intervención, adaptaron o texto da proposta a forma legal, propoñendo a adopción dos seguintes acordos:
Tramitar en 2016 respectando os prazos legais o expediente de modificación da ordenanza fiscal número 1 do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) posto que infrinxe o principio de xerarquía normativa e vulnera os dereitos das persoas con diversidade funcional segundo sentenza 00471/2011 da sección 4 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Suprimir o último parágrafo do artigo 5º que di: “Non se considerará que o vehículo é para o uso exclusivo do minusválido, e polo tanto non se entenderá xustificado o destino de dito vehículo, cando do certificado expedido pola Consellería de Asuntos Sociais non se deduza que o minusválido ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo”.

REHABILITACIÓN DA CASA DE XAN ARES: PROPOSTA CONCELLEIRO PDDDG.

Vista a proposición presentada polo concelleiro de PDDdG sobre a rehabilitación da Casa de Xan Ares, na cal fai referencia ao patrimonio histórico, cultural e paisaxístico de Cabanas, e o estado de deterioro de moitos bens como é o caso da casa de Xan Ares, o seu estado ruinoso constitúe un serio perigo para o tránsito pola vía pública e o goberno municipal debe adoptar medidas urxentes encamiñadas a restauración deste patrimonio cultural, alude as casas existentes antes de 1900 e o primeiro mitin político desde o seu balcón.
Por elo propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:
1. Instar ao goberno municipal a elaborar urxentemente os informes técnicos sobre o estado da Casa de Xan Ares e a sinalizar a situación de perigo evidente de derrube.
2. Á vista dos informes, executar a rehabilitación da “Casa de Xan Ares”, mesmo se for o caso subsidiariamente á custa do obrigado, consonte ao disposto na lexislación vixente recollida na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, Normas Subsidiarias Municipais e Provinciais e disposicións concordantes.

Xuño 2016

Mocións de urxencia, excluídas polo PP da orde do día arbitrariamente co apoio tácito do PSOE que a día de hoxe non explicou a súa abstención.

Moción sobre a modificación da ordenanza da contribución (IBI)

Non foi incluída na Orde do Día sendo un dereito básico dos concelleiros, entende que é necesario que se vaia facendo os traballos e os informes correspondentes. O Sr. Presidente indícalle que motive a urxencia, indicando o Sr. Prez Sardiña que a está motivando e continua coa exposición, a vista do cal o Sr. Presidente o chama a orde e indícalle que motive a urxencia.O Sr. Pérez Sardiña protesta porque lle interrompa a Presidencia e indica que a urxencia está motivada porque quere que os informes estean con tempo a disposición dos concelleiros para pronunciarse sobre as modificacións e o estudo das bonificacións. O Sr. Alcalde entende que non existe tal urxencia porque na Comisión de asuntos do Pleno quedou claro que no mes de setembro se ía iniciar o estudo desta ordenanza e pode propoñer todas as propostas que considere interesantes, xa houbo dúas mocións no pleno onde se quedou neso, ademais por moito que se apure ata 2017 non van entrar en vigor as modificacións, polo tanto considera que non hai urxencia e non é necesario votala. O Sr. Pérez Sardiña pide a votación da urxencia.Sometida a votación a ratificación da urxencia, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con tres votos a favor dos membros do grupo Mixto, cinco en contra dos membros do grupo Popular e tres abstencións dos membros do grupo Socialista, acorda rexeitar a urxencia da referida moción.

Moción sobre a derrogación da ordenanza de promoción de condutas cívicas (ordenanza mordaza)

0 Sr. Alcalde indica que pode haber algo que non cumpra e haberá que emendar pero non derrogar, foi consensuada con tódolos grupos, quedouse en mellorala en setembro e insiste en respectar os órganos de funcionamento.
Sometida a votación a ratificación da urxencia, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con tres votos a favor dos membros do grupo Mixto, cinco en contra dos membros do grupo Popular e tres abstencións dos membros do grupo Socialista, acorda rexeitar a urxencia da referida moción.

Xullo 2016

Dáse conta do ditame da Comisión de asuntos do Pleno coa emenda ao ditame da Comisión presentada polo concelleiro de PDDdG Xosé Manuel Pérez Sardiña, así como, solicitude de informe xurídico de Secretaría-Intervención

A seguir a Presidencia somete a votación ordinaria a emenda presentada polo concelleiro Sr.Pérez Sardiña, resultando dous votos a favor dos concelleiros do BNG e de PDDdG, cinco en contra dos membros do grupo Popular e catro abstencións dos membros do grupo Socialista e a concelleira de AEC, quedando rexeitada dita emenda.

CUMPRIMENTO DAS COMPETENCIAS DE VIXILANCIA DA SEGURIDADE, LIMPEZA E HIXIENE NAS ZONAS DE BAÑO: PROPOSTA CONCELLEIRO DE PDDDG

Vista a proposta presentada polo concelleiro de PDDdG do grupo Mixto en relación co cumprimento das competencias de vixilancia da seguridade, limpeza e hixiene nas zonas de baño, en cuxa exposición de motivos fai referencia ao artigo 115 da Lei de Costas e as responsabilidades dos concellos, artigos 70 e 73 do Regulamento Xeral de Costas, resolución do MOPU do 2 de setembro de 1991 sobre o balizamento, así como a prohibición de tirar ao mar, plásticos, vidros, aceites, etc., propoñendo ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Instar ao goberno local a:
1. Que proceda coa máxima urxencia a realizar o balizamento segundo o establecido pola normativa vixente.
2. Que a distancia entre a costa e a liña de balizamento que delimita a zona de baño, sexa de 200 metros para permitir o baño de forma segura.
3. Que faga respectar a normativa respecto ao fondeo e navegación preto das zonas de baño
4. Que vixíe e aplique as medidas previstas pola lexislación a todos os comportamentos contaminantes.

Outubro 2016

APOIO PROPOSICIÓN DE LEI PARA APLICACIÓN MEDIDAS EN MATERIA DE RÉXIME LOCAL. PROPOSTA CONCELLEIRO PDDdG.

Dáse conta á Corporación da proposta presenta polo concelleiro de PDDdG sobre apoio á proposición de lei para a aplicación de medidas urxentes en materia de réxime local presentada no Congreso dos deputados, expoñendo que as Administracións Locais foron as grandes prexudicadas polas políticas de austeridade levadas a cabo nos últimos anos polo goberno do partido popular despois da modificación do artigo 135 da CF no ano 2011, que supuxeron un retroceso considerable na autonomía dos gobernos locais, urxe rematar coa asfixia competencial e financeira actual coa que a lei 27/2013 somete aos concellos e que contou xa co rexeitamento inicial de case tódalas forzas parlamentarias, máis de tres mil concellos expresaron o seu rexeitamento, produciuse unha mingua nos servizos públicos municipais e cambios substanciais no funcionamento de concellos, deputacións e comunidades autónomas. Alude a proposición de lei para a aplicación de medidas urxentes en materia de réxime local rexistrada no Congreso dos deputados o pasado 4 de outubro, presentada por Grupo Confederal Unidos Podemos- En Comu Podem- En Marea, que contou co apoio de varios concellos, que pretende implementar medidas para prestar servizos necesarios para o funcionamento dos concellos; aplicar o criterio de administración máis próxima á cidadanía, así como unha lei de facendas locais de Galicia.
Por todo elo propón ao Pleno da Corporación os seguintes acordos:
1. Apoiar a tramitación nas Cortes Xerais do Estado da proposición de lei para aplicación de medidas urxentes en materia de réxime local e, por conseguinte, apoiar a derrogación parcial e modificación da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local.
2. Instar o Goberno Central e todos os Grupos Parlamentarios das Cortes Xerais do Estado a que faciliten e apoien un proceso participativo e de diálogo e negociación institucional no que estean representados as comunidades autónomas, os entes locais, as asociacións de concellos, a sociedade civil e a cidadanía no seu conxunto, onde se elaboren as bases para a unha nova estruturación e réxime xurídico das administracións locais sobre as bases da asunción de novas competencias, de garantir un financiamento adecuado e suficiente, así como a garantir a transparencia e a participación determinante da cidadanía.
3. Instar o novo Goberno da Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia para formularen e para tramitaren unha Lei de Facendas Locais de Galicia, que garanta a autonomía e a suficiencia financeira dos concellos galegos, que amplíe a participación dos Concellos nos ingresos da Xunta e que redefina os actuais mecanismos de reequilibrio territorial.
4. Instar ao Goberno da Xunta de Galicia e ao Parlamento de Galicia a formularen e tramitaren a modificación da Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, así como da ei de Administración Local de Galicia e da Lei de delimitación e coordinación das deputacións.
5. Dar traslado deste acordo ao Goberno do Estado, á Xunta de Galicia, a todos os Grupos Parlamentarios das Cortes Xerais do Estado, do Parlamento de Galicia, así como á Federación Galega de Municipios e Provincias.

DECLARACIÓN DE MUNICIPIO OPOSTO AO TRATADO TRANSATLÁNTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTOS. PROPOSTA CONCELLEIRO PDDDG.

Vista a proposta do concelleiro de PDDdG sobre declaración de Municipio oposto ao Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP), en cuxa exposición de motivos alude as negociacións iniciadas en 2013 sobre o Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos que afectaría a máis de 800 millóns de persoas, cuxa aspiración principal será a supresión arancelaria e a liberalización das relacións entre os mercados europeo e estadounidense, inda que máis ben parece a eliminación de obstáculos non tarifarios; inda que se vende como un cúmulo de virtudes, non resultan co apoio desde o punto de vista técnico tendo en conta a regulamentación do mercado estadounidense. Este tratado afectaría, entre outros, a competencia con outras empresas estadounidenses que teñen outra tecnoloxía e menos criterios sociais e ecolóxicos, alude tamén a indemnizacións a grandes empresas e que este tratado non vai ser máis que unha carta de liberdades para as transnacionais que busca un mínimo común denominador definido polos intereses destas, en aberta desatención, con calquera consideración de cariz humano, social ou ambiental.Por todo o exposto propón ao Pleno os seguintes acordos:1. Declarar Cabanas municipio oposto ao defendendo os servizos públicos básicospara a solidariedade e redistribución social.2. Solicitar do Ministerio de Economía a suspensión das negociacións do TTIP e outros acordos comerciais similares, como o CETA e o TISA, para conseguir:a) Que mecanismos de arbitraxe como o ISDS non sexan incluídos en ningún tratado.b) Defender a actual política reguladora da UE e dos Estados Membros de forma que non se dilúan competencias en materias de lexislación social, protección do consumidor e medio ambiente, evitando que as transnacionais teñan implicación nas regulaciónsc) Que o tratado non se limite a obxectivos meramente económicos, e sexan tidos en conta en maior medida obxectivos medioambientais e sociais.d) Que exista un maior grao de transparencia nas negociacións, debéndose someter a debate público nos parlamentos nacionais, autonómicos e locais dos Estados implicados.3. Trasladar este acordo á Mancomunidade de concellos de Ferrol, ao Parlamento de Galicia e ás Cortes do Estado.

Novembro 2016

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS. PROPOSTA CONCELLEIRO DE PDDdG.

Vista a proposta do concelleiro de PDDdG sobre orzamentos participativos, en cuxa exposición de motivos alude as novas publicadas polo Concello de Cabanas nas que chama aos veciños a facer propostas para os orzamentos participativos, as cales non se corresponden coa realidade xa que son feitas desde o grupo de goberno sen ter en conta a oposición e sen que despois as teñan en conta, lamenta que esta propaganda se sega a pagar con cargo á maior suba de impostos, nunca o goberno local comunicou as decisións tomadas sobre as suxestións veciñais. Fronte a esta situación consideran que para participación real deberíase facilitar a asociación e grupos políticos o orzamento por partidas e programas, para orzamentos participativos a Corporación debía convocar asembleas veciñais por parroquias co diñeiro asignado e logo os veciños priorizarían.
Por todo o exposto, propón ao Pleno da Corporación os seguintes acordos:
1. Que o goberno local lles achegue aos grupos políticos e ás asociacións municipais o borrador de orzamento para o exercicio seguinte desagregado por partidas e programas, acompañado dun resumo dos principais gastos e investimentos do exercicio en curso
2. Que os portavoces municipais poñan en marcha asembleas veciñais abertas co fin de establecer as asignacións e as prioridades de cada parroquia, de cara a ser incluídas nos orzamentos de 2017 e seguintes.

IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS COTRA A POBREZA ENERXÉTICA. PROPOSTA CONCELLEIRO PDDdG.

Dáse conta da proposta do concelleiro de PDDdG sobre implantación de medidas contra a pobreza enerxética, en cuxa exposición de motivos fai referencia aos criterios para determinación da situación de pobreza enerxética: que máis do 10°/0 dos ingresos do fogar se dediquen ao pagamento do consumo doméstico de enerxía e que o fogar sexa incapaz de manter unha temperatura adecuada na vivenda no inverno. Segundo estes criterios sinalan que a pobreza enerxética no pais é moi alta, que se agravou pola crise económica, ademais a liberalización do sector eléctrico derivou nun aumento desproporcionado do prezo da electricidade que é un ben social básico, a isto hai que engadir que o ive que se aplica é do 21%; fai mención a última enquisa do Ine en Galicia e a responsabilidade dos gobernos e administracións públicas para achegar solucións fronte á pobreza enerxética, tamén alude as directivas do Parlamento Europeo e do Consello, o tícket enerxético da Xunta e a situación no Concello de Cabanas, propoñendo por todo elo ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:
1. Impulsar un plan de emerxencia enerxética para o inverno no que, seguindo as recomendacións da Unión Europea, se eviten en Cabanas os cortes de subministracións enerxéticas entre os meses de outubro a abril. Neste sentido, instamos ao goberno local a establecer convenios de colaboración entre o concello e as empresas subministradoras de enerxía para que estas comuniquen con antelación o corte aos servizos sociais municipais.
2. Instar ao goberno local para que os servizos sociais redacten un estudo rigoroso sobre a pobreza enerxética no noso concello e consecuentemente impulse unha campaña informativa dando a coñecer as axudas existentes para que as familias en situacións de dificultade poidan afrontar o pagamento das subministracións.
3. Instar ao goberno local a aumentar de forma substancial a partida orzamentaria destinada a Emerxencia Social para adecuar as axudas sociais ao número de familias que se atopan en situación de pobreza enerxética.

Decembro 2016

Vistas as emendas parciais ao orzamento de 2017 presentadas polo concelleiro de PDDdG Xosé Manuel Pérez Sardiña nas que propón:

Primeira.- Reducir as partidas de asesoría extema en informática, comunicación (nova) e asesoría xurídica.

– Diminuír en 12.000 € a partida 2.22.22799, programa 9202, ficando en 1.000 €

– Diminuír en 5.000 € a partida 2.22.22799, programa 9, eliminando a partida

– Diminuír en 20.000 € a partida 2.22.22604, programa 9202, ficando en 5.000 €

– Diminuír en 22.000 € a partida 2.22.22799, programa 9392, eliminando a partida

– Destinar as baixas que suman 59.000 € á partida de infraestrutura viaria, programa 1532 pavimentación de viais municipais (investimentos reais)

Segunda.- Reducir as partidas de atencións protocolarias, publicidade e propaganda- Diminuír en 1.500 € a partida 2.22.22601, programa 9202, ficando en 500 €- Diminuír en 3.000 € a partida 2.22.22602, programa 9202, ficando en 1.000 €- Destinar as baixas que suman 3.500 € á partida de emerxencia social 4.48.480, programa 2310, dotada de 3.500,00 € e pasaría a 7.000,00 €

Terceira.- Reducir a partida de Festa de Santa Marta- Diminuír en 3.500 € a partida 2.22.22699, programa 3381 (Festa de Santa Marta), ficando en 10.000 €- Destinar a baixa de 3.500 € á partida de emerxencia social 4.48.480, programa 2310, dotada de 7.000,00 € coa emenda anterior e que pasaría a 10.500,00 €

Cuarta.- Emenda ás Bases de execución

1a Que a vinculación sexa á partida orzamentaria (Base 6.

2a Que o expediente de transferencia, agás para gastos de persoal, sexa competencia do Pleno da Corporación (Base 10 .

3a Que se supriman as asignacións por asistencia a reunión de Xunta de Delegados, asistencia a reunión de órganos extemos e mais a dedicación á alcaldía (Base 37 .

Como consecuencia,

– Diminuír en 30.000 € a partida 1.10.100.100.00, programa 9120. Destinar esta baixa a investimentos reais, no programa 1610 de abastecemento domiciliario co fin de repoñer tubaxes de fibrocemento.

– Diminuír en 10.000 € a partida 1.16.160.160.00, programa 9120. Destinar esta baixa a emerxencia social 4.48.480, programa 2310, dotada de 10.500,00 € coa emenda anterior e que pasaría a 20.500,00 €

– Diminuír en 39.000 € a partida 2.23.230.230.00, programa 9120. Destinar esta baixa a investimentos reais, no programa 1532 de pavimentación de vías públicas.

Quinta.- Incluír a seguinte relación de investimentos reais

– Saneamento a Irís (A Caneta, Lugar de García, Os Currás, A Fonte, A Igrexa, Traseiras eBalvís)

– Saneamento a Santa Cruz do Salto (O Alto, Os Ribas, O Cotiño, Os Bouces, 0 Feal, Os Martices e 0 Igrexario)

– Saneamento ao Salto de Irís (Salto de Riba e Salto de Baixo)

– Abastecemento a Irís (A Caneta, Lugar de García, Os Currás, A Fonte, A Igrexa, Traseiras e Balvís)

– Recollida de augas e aglomerado do Camiño dos Chaos (Laraxe) e do Camiño Vello (Travesía do Peón).

– Recollida de augas e aglomerado do Camiño de Val de Baixo (Porto) e Camiño do Batán(Porto).

– Reparación do saneamento, recollida de augas e aglomerado do camiño das Viñas (rúa dasViñas) e do Camiño Vello (rúa Campo do Oito).

– Recollida de augas e reposición de firme da rúa de Abaixo.- Recollida de augas e zahorrado do Camiño do Covo (Pedreiras, Laraxe).

Sexta.- Reducir as partidas de paseos en gamela

– Diminuír en 1.900 € a partida 2.21.210.00, programa 4321, ficando en 100 €

– Diminuír en 19.900 € a partida 2.22.22699, programa 4321, ficando en 100 €

– Diminuír en 7.000 € a partida 2.22.22799, programa 3421, ficando en 1000 €- Destinar as baixas que suman 28.800 € a unha nova partida de protección e xestión dopatrimonio Histórico-Artístico, relativa ao programa 336

 

Xaneiro 2017

 

IMPOSICIÓN TAXA POLA UTILIZACIÓN OU APROVEITAMENTO DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL POLAS EMPRESAS TITULARES DE INSTALACIÓNS DE TRANSPORTE DE ENERXÍA ELÉCTRICA, GAS OU HIDROCARBUROS: PROPOSICIÓN DO CONCELLEIRO DE PDDDG

A continuación o Sr. Pérez Sardiña na exposición de motivos alude a taxa que pagan as empresas de subministración de enerxía eléctrica, gas, auga ou hidrocarburos pola explotación do servizo a través da ocupación do solo, subsolo e voo, e á vista das sentenzas do TSXG e do TS este Concello pode imporier un tributo pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local motivado sobre un informe económico-ftnanceiro, de feito o estudo baseado no informe do SAI da FEMP cifra o feito imporiible no 5% do valor do aproveitamento, fai mención as tarifas da ordenanza fiscal do concello de Arteixo e considera que o Pleno tamén debe dar este paso e gravar a ditas operadoras; tendo en conta as características deste Concello se está a tratar dunha medida fiscal cunha repercusión económica salientables, inda que para levalo a cabo requírese un traballo intenso e complexo, por iso propón adoptar o seguinte acordo:
Abrir e tramitar en 2017, respectando os prazos legais, o expediente de creación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos, tendo en conta a documentación engadida (ordenanza número 27 do concello de Arteixo e sentenzas xudiciais do TSXG e TS). Engade a posibilidade de supresión de 2017.

REVISIÓN DE VALORES CATASTRAIS: PROPOSICIÓN DO CONCELLEIRO DE PDDDG.

Vista a proposta presentada polo concelleiro de PDDdG sobre a revisión de valores catastrais, en cuxa exposición de motivos fai referencia a actualización de valores catastrais realizada no 2008 e que a día hoxe están desfasadas, cita o manifestado polo Defensor del Pueblo ao efecto e o establecido polo Texto refundido da Lei do Catastro en canto a que o valor catastral non pode superar o valor de mercado, insíste en que a valoración do 2008 sufriu unha depreciación de case o 50% e que a revisión só pode ser realizada pola Dirección Xeral do Catastro, elo dará lugar a adecuar o valor de mercado á realidade actual de prezos o que producirá unha redución na contía do IBI que están a pagar os veciños; considera que é responsabilidade da Corporación, en especial do Alcalde, atender as necesidades reais dos veciños que están inxustamente pagando o seu recibo do IBI baseado non valor catastral que non corresponde.
Por elo propón ao Pleno o seguinte acordo:
Instar á alcaldia de Cabanas a que inicie os trámites necesarios para solicitar antes do 31 de maio de 2017 a revisión catastral da valoración dos inmobles perante a Dirección Xeral do Catastro.

Marzo 2017

ÓRGANOS COLEXIADOS COMPLEMENTARIOS E ASISTENCIAS PERCIBIDAS. PROPOSTA CONCELLEIRO DE PDDDG.

Vista a proposta do concelleiro de PDDdG sobre órganos colexiados non previstos na Lei de Bases de Réxime Local e as asistencias deles percibidas, na cal alude aos órganos colexiados segundo o disposto no artigo 20 da LBRL, a carencia de Regulamento Orgánico e que a Corporación de Cabanas aprobou en xullo de 2011 e xullo de 2015 xuntas non previstas na lei que o Pleno debería revisar e axustar á normativa, indica que a Xunta de Delegados custoulle á veciñanza en 2016 arredor de 30.000 € sen cotizar a S.S. e solo gravada por IRPF, ademais non teñen funcións, solo serve para cobrar sen declarar que teñen salario. En xullo de 2015 propuxo que non se cobrase por Xunta de Delegados, Xunta de voceiros e órganos externos, sen embargo a proposta foi tumbada, fai referencia ao establecido no artigo 75 da LBRL e propón ao Pleno o seguinte acordo:
Abrir expediente de revisión dos acordos sobre órganos colexiados e asistencias de xullo de 2015 e nomear instrutor ao secretario da Corporación.
Regular os órganos colexiados de acordo coa lei.
Suprimir as asistencias a Xunta de Delegados, órganos externos e Xunta de Voceiros e modificar en consecuencia a base de execución correspondente do orzamento en vigor.
Instar a que se reintegren as asistencias a Xunta de Delegados, Xunta de Voceiros e órganos externos percibidas indebidamente desde o prazo legal de non prescrición.
Visto o ditame desfavorable da Comisión de Asuntos do Pleno de data 23 de marzo de 2017.
Visto o voto particular presentado polo concelleiro de PDDdG no grupo Mixto Xosé Manuel Pérez Sardiña, co cal achega copia de peticións de información, e insiste na necesidade de revisar os acordos de 2011 e 2015, así como de 2007, citando sentenzas do TS 763/1999 do 8 de febreiro, e 9152/2000 do 13 de decembro, cita o disposto no artigo 75.3 da LBRL e alude tamén aos formularios de asistencia a Xunta de Delegados entregados despois da Comisión de Asuntos do Pleno, sen asistencia de funcionario público, falta de firma da Alcaldía, sen orde do día e convocatoria, e por elo formula a seguinte proposta de acordo:
Abrir expediente singulares de revisión dos acordos sobre órganos colexiados e asistencias para xullo de 2015, para xullo de 2011 e para xullo de 2007 e nomear instrutor dos tres expedientes ao secretario da Corporación.
Regular os órganos colexiados de acordo coa lei.
Suprimir as asistencias a Xunta de Delegados, órganos externos e Xunta de Voceiros e modificar en consecuencia a base de execución correspondente do orzamento en vigor.
Instar a que se reintegren voluntariamente as asistencias a Xunta de Delegados, Xunta de Voceiros e órganos externos percibidas indebidamente desde o prazo legal de non prescrición

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. PROPOSTA CONCELLEIRO DE PDDDG

Vista a proposta do concelleiro de PDDdG sobre o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, modificada segundo o acordado na Comisión de Asuntos do Pleno do 23 de marzo de 2017, en cuxa exposición de motivos alúdese a data de orixe no 8 de marzo de 1857 cando as obreiras téxtiles realizaron unha folga e manifestación en Nova York, logo a reclamación da xornada de 8 horas o 8 de marzo de 1908, a proposta no 8 de marzo de 1910 para que tódolos anos se realizase unha manifestación internacional unificada polos dereitos e liberdade da muller, ata que en 1952 a ONU estableceu o 8 de marzo como Día Internacional da Muller e declarou 1975 “Ano Internacional da Muller”, fai referencia tamén a incendios en fábricas téxtiles que produciron moitas mortes e as condicións de traballo que aínda sofren as mulleres, así como a opresión por estar sometida a explotación como traballadora, como coidadora e como muller.
Por todo elo, proponse ao Pleno da Corporación o seguinte acordo:
1. Fomentar a conciliación laboral e familiar das traballadoras que residen no noso concello e do persoal municipal.
2. Incluír cláusulas de contratación semellantes ás das subvencións da Deputación da Coruña e da Xunta que establezan unha valoración positiva na selección para contratar traballadoras.
3. Programar actividades durante todo o ano para os centros escolares e para as entidades asociativas locais co obxectivo de lograr a igualdade efectiva entre homes e mulleres.