PXOM

2018-… PXOM en proceso de aprobación definitiva

Remate da Lexislatura de Castrillón

O 1 de marzo de 2019 o Plan Xeral de Ordenación Municipal foi enviado á Xunta de Galicia, catro meses despois da aprobación provisional polo Pleno.

Desde outubro de 2018, a marea local solicitou por escrito o 14 de novembro que se publicase na web o expediente da aprobación provisional, preguntou no pleno de novembro porque non se publicaba afirmando o alcalde que non tiña intención de facelo. Ademais, a marea de Cabanas presentou unha proposta o 14 de decembro que non foi incluída para o seu debate ata o pleno de xaneiro e foi rexeitada polo PP.

No cabo de febreiro as alegacións non foran contestadas e os veciños non foran informados por escrito da resolución ás súas alegacións. Finalmente, e tras a insistencia da marea local enviáronse as contestacións ás alegacións na primeira quincena de marzo de 2019.

O goberno local de PP-AEC negouse a publicar o expediente completo da aprobación provisional e utilizouno como arma electoral de cara ás eleccións de maio de 2019 con pouco éxito.

A Xunta de Galicia emitiu o 27 de marzo de 2019 un informe de defectos formais, materiais e de contido no Plan Xeral de Ordenación Municipal e requírelle ao Concello de Cabanas a emenda dos problemas para iniciar o proceso de aprobación definitiva. En xuño de 2020 o Concello aínda non solucionou os requirimentos da Xunta que non puido iniciar o proceso de aprobación final.

Cambio de Corporación (2019-2023)

Despois de PSOE e BNG vetar as posicións públicas da Marea de Cabanas recollidas nesta páxina, o pacto de goberno entre PSOE, BNG e AEC dedica expresamente un apartado do PXOM:

“8. En materia urbanística, e especialmente na aprobación e posterior
modificación do PXOM, guiarémonos por criterios de sostenibilidade e
racionalidade e en observancia de toda canta lexislación afecte”.

Esta cláusula do pacto cambia de chaqueta respecto ás posicións anteriores de PSOE e BNG, posto que pospoñen a modificación do PXOM para unha fase posterior á aprobación definitiva.

En xullo de 2019, á vista da situación e ante un escrito da Asociación Vecinal para a Defensa da Natureza, alegante ao PXOM, a Marea de Cabanas presenta unha proposta para revisar o PXOM  en concordancia co votado por PSOE e BNG en outubro de 2018 e mellorar o Centro de Saúde e o CEIP de Porto. Tres asociacións veciñais que alegaron o PXOM tamén rexistran outra moción.

Nunha operación habitual de márqueting, o tenente de alcalde publica parcialmente na web o expediente de aprobación provisional (a aprobación inicial xa estaba accesible desde 2014 e nesta web sempre tivemos aberta a Avaliación Ambiental Estratéxica). Sen ter en conta o que lle requiren a Xunta, as asociacións veciñais e a Marea de Cabanas, o tenente alcalde de urbanismo oculta o informe das alegacións sen nomes. A publicación na web do Concello tampouco fai accesibles os informes sectoriais doutras administracións, pexando en grande medida a participación pública no PXOM e seguindo a tradición ocultista de Castrillón co urbanismo.

En setembro de 2019, o goberno local forza o adiamento da moción sobre o PXOM ao pleno ordinario e PSOE, BNG e AEC votan en contra da proposta da Marea descubrindo as verdadeiras intencións do pacto. O tenente alcalde alega atrancos xurídicos para modificar o PXOM que son rebatidos polo portavoz da Marea de Cabanas con xurisprudencia consolidada en casos idéndicos ao de Cabanas, a decisión política estaba pactada con AEC e as intencións de plantar chabolos no piñeiral da Madalena non eran cousa só de Castrillón como se temía:

En opinión del Tribunal, el Ayuntamiento inició y concluyó un procedimiento en virtud de competencias propias: «Una vez el expediente en su poder, el Ayuntamiento inició y concluyó un procedimiento dirigido a dejar sin efecto sus propios acuerdos de aprobación provisional de los documentos de subsanación del Plan General, lo cual constituye un ejercicio de competencias propias pues, con independencia de la adecuación del procedimiento seguido, cuestión que será examinada más tarde, es a la propia Administración autora del acto a quien compete tramitar y resolver los procedimientos de revisión de oficio, según resulta de los artículos 102 y siguientes de la LRJAP (LA LEY 3279/1992) y PAC»

Asemade, a moción das tres asociacións (Plataforma de Defensa dos Camiños, AreanidoCar e AVEDENA) é rexeitada na orde do día cos votos en contra do tripartito. Como represalia o goberno local expulsou estas tres asociacións do rexistro municipal de asociacións en abril de 2020, en pleno período de pandemia do COVID-19 (chamábanlle participación cando querían dicir purga, volvemos aos tempos escuros do caciquismo).

En xuño de 2020, a última operación de márqueting asegura que “unha vez aprobado un PXOM co que discordamos pero que agora mesmo non depende de nós, o noso traballo centrouse no fin do oscurantismo ao respecto, á espera da decisión da Xunta e as posibles oportunidades de corrixir o máis que poidamos das súas eivas se nos vén de volta”, segundo o tenente de alcalde. Na realidade, o Concello segue a corrixir defectos formais do expediente do PXOM nos despachos, rexeita melloras e modificacións propostas por asociacións veciñais, Marea de Cabanas e Xunta de Galicia e mais publica información parcial na web.

2018.  Aprobación provisional

A marea local defendeu a modificación do PXOM a través dun voto particular para mellorar o PXOM en participación, dotacións públicas, solo de núcleo rural, manter solo urbano, protexer o piñeiral e máis cuestións  en liña coas 850 alegacións veciñais presentadas no período de exposición pública que rematara en abril de 2014. Foi a única agrupación política que presentou alternativa real ao instrumento de ordenación elaborado polo PP e AEC. Con todo, a loita veciñal conseguiu modificar a maior parte dos convenios pero aínda quedan portas abertas para a corrupción e a especulación cun PXOM que non pensou nos servizos sociocomunitarios para os veciños e veciñas de Cabanas.

Nestas ligazóns podes escoitar as dúas intervencións do concelleiro da marea local Xosé Manuel Pérez Sardiña sobre o PXOM:

Intervención 1, intervención 2.

2015-2018 PXOM en proceso de aprobación provisional

Outubro de 2017. Versión 3.0 Documentación para aprobación provisional entregada aos concelleiros a raíz da marcha de Castrillón para Narón. Foi entregada nunha Xunta de Portavoces.

O Plan Xeral está paralizado polo goberno local que prioriza resolver os problemas urbanísticos de promotores pata negra en detrimento dos intereses xerais.

Xuño de 2017. Versión 2.0 Documentación para aprobación provisional entregada aos concelleiros

2016. Versión 1.0 Documentación para aprobación provisional entregada aos concelleiros

2014.  Aprobación inicial

PXOM aprobado inicialmente polo PP en xaneiro de 2014 (documentación parcial do equipo redactor). Recibiu 850 alegacións no período de exposición pública que rematou en abril de 2014.

Sectores urbanizables que delimita el PXOM de Cabanas. En medio, el SUD-1, de diez hectáreas. / la opinión

2009.  Documento de inicio

O goberno de PP e AEC rexeitou facer un Avance de Planeamento máis participativo.

  • Avaliación Ambiental Estratéxica. Con resumo das alegacións feitas no período de exposición: Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Cabanas, 0932/2009, 10/09/2009 a 10/10/2009

2000 a 2008: Breve historia dos plans

Cabanas sacou a concurso en cinco ocasións o seu planeamento urbanístico na década dos anos dez.

O primeiro intento de sacar adiante un Plan Xeral foi en 2000. O goberno de Modesta Anca (PSOE)  con maioría absoluta contratou en 2000 a redacción do plan xeral ao equipo de Mónica Mesejo que realizou un Avance de Planeamento que recibiu 160 suxestións. Foi entregado para aprobación inicial o 4 de xullo de 2002, antes de entrar en vigor a Lei do Solo de 2002 pero o goberno en maioría do PSOE non o levou a pleno (informe de secretaría de 2018). O Plan Xeral de Mesejo, no que o concello investira 66.000 euros, quedou aparcado. Foi o máis avanzado ata o momento con todos os informes das administracións públicas emitidos.

En 2004 o Concello tentou, sen éxito, adaptar o plan existente á nova normativa en vigor. Na seguinte intentona, o Concello sacou de novo a concurso a redacción do PXOM, por 175.000 euros, en 2005 e a finais de ano o pleno declaraba deserto o concurso. O Pleno, entón presidido pola ex alcaldesa Modesta Anca, en minoría, rexeitou catro empresas por incumprir as condicións fixadas e outras dúas, Monte Oliva Arquitectura e Proes, case empatan (72 e 68 puntos, respectivamente), polo que segundo destacou entón IVC: “Esa pequena diferenza non resolve cal posúe mellores calidades e sería unha manifesta falta de responsabilidade escoller unha”.

O Concello de Cabanas, gobernado pola coalición PP e AEC, sacou en 2008 a concurso, por cuarta vez, a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O último intento do Concello para dispoñer desta ferramenta urbanística tivo lugar en agosto e a convocatoria quedou deserta. O Concello pechou o prazo para a presentación de ofertas o luns 18 de agosto sen recibir ningunha proposta, a pesar de que ampliou o período da convocatoria en dous días ao coincidir a data límite en sábado e en período vacacional. Foi a segunda ocasión na que o Goberno local de Cabanas declarou deserto o concurso para a contratación do plan urbanístico, aínda que a primeira en que non recibiu ningunha proposta. Destinaba á elaboración 143.000 euros.

Na quinta foi a vencida e en decembro de 2008, PP e AEC adxudicaron en solitario a elaboración do planeamiento urbanístico á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por DVega Arquitectura Territorio Medio Ambiente SL e Proyestegal SL, por 150.000 euros. A UTE dispoñía dun prazo de dous anos para realizar o traballo.

Novas relacionadas 2008-2011:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/08/05/licitacion-plan-urbanistico-cabanas-contiene-errores/211509.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/08/12/cabanas-amplia-plazo-adjudicacion-planeamiento/213089.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/09/02/cabanas-encuentra-equipo-elabore-plan-urbanistico/217909.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/10/11/cabanas-saca-concurso-cuarta-vez-plan-urbanistico/227924.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/12/13/cabanas-adjudica-redaccion-planeamiento-143000-euros/244274.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/01/14/concello-cabanas-emprende-redaccion-plan-urbanistico/251602.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/06/27/vecinos-cabanas-participan-redaccion-plan-general/299165.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/09/12/cabanas-opta-completar-trama-urbana-vez-expandirla/318656.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/09/13/cabanas-concello-dependiente/318832.html

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2010/08/10/cabanas-retrasara-tramitacion-plan-general-exigencias-xunta/409331.html

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/06/25/cabanas-nuevo-estudio-cartografia-plan-general/396813.html

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2010/12/15/cabanas-da-prioridad-plan-urbanizacion-igual-10-campos-futbol/448331.html

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/12/16/plan-cabanas-preve-residentes-aparquen-playa/448676.html

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2010/12/17/xunta-exige-cabanas-justifique-necesidad-ampliar-poligono-industrial/449069.html

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/12/18/cabanas-preve-proteger-cuenca-rio-castro-plan-general/449438.html

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2011/03/05/xunta-restringe-ampliacion-poligono-vilar-do-colo-cabanas/473774.html