Consideracións sobre o Pleno ordinario de febreiro de 2016
Xa lles contaron outras versións, agora contaremos a verdade
O pleno ordinario de marzo terá lugar este mércores a partir das 19.30 h, aproveitamos para avaliar o que aconteceu hai un mes.
O Pleno de febreiro de 2016 supuxo a inflexión da lexislatura en canto a posicións políticas despois dos resultados das eleccións xerais do 20 de decembro. O cambio político que se está a xestar en Cabanas, como no país, tivo consecuencias directas na actuación dos grupos da oposición no Pleno. Tanto PSOE coma BNG acentuaron a súa liña de precampaña e campaña electoral marcando perfil e diferenzas de detalle que non de fondo coa marea local de Somos Cabanas que apostou publicamente pola candidatura de En Marea a Cortes xerais.
Neste contexto desfavorable, ningunha das proposicións de Somos Cabanas-PDDdG saíu adiante. A pesar de que as propostas estiveron coma sempre a disposición dos grupos dende había máis dunha semana, pola contra recibiron emendas no último minuto do debate en Pleno.
A proposta para mellorar o servizo de tren quedou sobre da mesa co voto de PP e AEC. O fogo cruzado de emendas tanto do PSOE coma do BNG, presentadas no mesmo día da sesión e aceptadas no debate polo concelleiro de Somos Cabanas, só lle permitiu a Xosé Manuel Pérez Sardiña esbozar unhas mínimas aclaracións en apenas dous minutos (un minuto e pouco na primeira quenda -consecuencia da longa exposición do BNG con quen comparte tempo- e outro minuto na segunda) e esta mingua no tempo de intervención impediu explicar ben as consecuencias de que quedase sobre da mesa, explicacións necesarias ás que tampouco contribuíron os outros grupos. Neste sentido, a insatisfacción coa limitación de tempos para responder razoadamente á proposta de que quedase sobre da mesa e ás emendas de última hora impediu que a Corporación aprobase as bases políticas mínimas sobre as que falar con outros concellos da zona.
No debate da proposición de reprobación daban ganas de botar a correr á vista de discursos retóricos da autopolítica e á falta de alusións concretas á situación de desamparo dos veciños, unha ausencia inxustificable que só demostrou a falta clamorosa de empatía cos problemas reais cando a maioría da Corporación converteu a reprobación nun vapuleo a Somos Cabanas. Consecuentemente, os votos do PP rexeitaron a proposta aprobada pola asemblea de Somos Cabanas de reprobación ao alcalde por iniciar as obras do Penso coas persoas afectadas vivindo aínda no edificio. Coñecida pola corporación con máis dunha semana de antelación, mesmo Xosé Manuel pediu na Comisión de Obras da semana anterior que non se repetisen os erros para a segunda fase -sen que PSOE e BNG diran chío-, a reprobación trátase dunha proposta habitual en concellos e parlamentos cando, xa consumado o dano, os representantes políticos queren deixar constancia do seu malestar e dar un toque de atención ao goberno. Unha proposta política que é dereito de calquera concelleiro da oposición e serve para aguilloar o cambio de rumbo do goberno. En honra á verdade, só a concelleira de AEC aclarou dúbidas sobre os termos da reprobación a semana anterior e amosou a súa vontade de que se fixese un informe -xa reclamado no pleno de xaneiro por Somos Cabanas a través dunha pregunta que motivou na reprobación. A pesar deste pasotismo dos partidos, Xosé Manuel explicou o asunto clara e concisamente e xustificou os motivos concretos para a reprobación na proposición e no debate, no que incidiu en informes municipais e no problema dos veciños, polo que foi parabenizado. Así as cousas, quedou reflectida a oposición do PP, a incomprensión de PSOE e AEC, segundo eles por non ten efecto ningún, e as acusacións manipuladas do edil do BNG que se centrou nunha refrega persoal máis ca política e logo maquillou de cara á galería co seu voto a favor a pesar de coincidir no argumento da abstención con PSOE e AEC. “Se non son quen de reprobar con contundencia ao alcalde por vulnerar os dereitos á saúde das persoas non sei que fan aquí”, advertiu Xosé Manuel Pérez Sardiña diante da preparación deficiente do asunto dos compañeiros de Corporación (o edil do BNG mesmo chegou a exixir na proposta unha cuestión de confianza cando sabe que é competencia exclusiva do alcalde) e do malestar dos veciños por que as intervencións dos portavoces de PP, PSOE e BNG desenfocaron o problema das veciñas e veciños cara a cuestións que non tiñan nada que ver. Compartimos o enfado dos veciños afectados á vista dun Pleno ausente dos problemas reais. “Facer o traballo de concelleiro da oposición local é isto, algúns pensan que estamos só para falar de nós mesmos”, concluíu Xosé Manuel.
Realizamos as preguntas que podedes consultar abaixo e unha veciña conseguiu, cunha pequena axuda do edil de Somos Cabanas, preguntarlle ao alcalde ao rematar a sesión sobre o mal estado dunha ponte do Batán. Este feito considerámolo un avance importante no dereito de participación veciñal que imos seguir a defender para vindeiros plenos.
Somos Cabanas non estamos para mirarnos o embigo, senón para trasladar directamente as ideas e as propostas dos veciños e veciñas sen ataduras de ningún tipo.
Asuntos da orde do día e votacións resumidas (entre paréntese o reconto de votos dos edís)
- 1. Actas de outubro e xaneiro aprobadas por asentimento
- Acta de outubro de 2015, Acta de xaneiro de 2016.
- 2. Proposta Plan de Aforro e Investimento (PAI 2016)
- A favor todos os concelleiros (11) APROBADO
- 3. Día Internacional da Muller, 8 de marzo. Manifestos de PP ePSOE, moción do BNG
-
- Moción do BNG. A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5); en contra PP (5); abstención AEC (1) REXEITADA
- 4. Proposición de Somos Cabanas sobre o ferrocarril Coruña – Ferrol.
-
- O PP propuxo que quedase sobre da mesa. A favor: PP-AEC (6); en contra PSOE-BNG-Somos Cabanas QUEDOU SOBRE DA MESA
-
- A favor: Somos Cabanas-BNG (2), abstención PSOE-AEC (4), en contra PP (5) REXEITADA
- 6. Moción do PSOE para a creación da Casa da Cultura na Escola Laica
- A favor: PSOE-BNG (4), abstención PP-AEC-Somos Cabanas (7) APROBADA
- 7. Ratificación de resolucións da alcaldía.
-
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11) APROBADA
- 8. Proposta de recoñecemento de servizos a María Carmen López Saavedra
-
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11) APROBADA
- 9. Proposta de recoñecemento de servizos a José Tomás Sáez Mosquera
-
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11) APROBADA
- 13.- Parte de control órganos da Corporación.
1.- Informes da Presidencia.
a) Resolucións da Alcaldía. - 2.- Propostas de urxencia
- a) Convenio coa Capela sobre arquitecto municipal
- A favor da urxencia: Todos (11)
- A favor da modificación: Todos (11)