Resumo rápido do Pleno ordinario de marzo de 2016
Achegamos o noso resumo rápido do acontecido no Pleno de marzo. Centrouse en distintos aspectos da actualidade local, e por suposto o PP tratou de amordazar as propostas e preguntas de Somos Cabanas unha vez máis.
Ao remate da sesión, unha veciña de Porto solicitou a palabra para explicar dúas deficiencias. Unha ponte pola que xa preguntara na sesión anterior e que non foi amañada polo concello desde aquela e comunicar unha farola fundida na baixada ao Batán. Encántanos que este dereito dos veciños se volva practicar no no Pleno desde a sesión de febreiro de 2016.
Do dito ao feito!! Non nos pararán! Somos lexión! Hai marea!
- 1. Acta da sesión de novembro de 2015. Todos os votos a favor 11. APROBADA
- Acta de novembro de 2015
- 2. Recoñecemento de créditos.
- Facturas pendentes de exercicios anteriores
-
- A favor: PP, PSOE, AEC (9) APROBADA
- Abstención: BNG, Somos Cabanas (2)
- 3. Proposta de incorporación deste concello como socio público fundador, na asociación sen ánimo de lucro de Grupo de Acción Local que xestionará os fondos Leader de Galicia 2014- 2020, no ámbito territorial das comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal
- Texto da proposta
-
- A favor: PP, PSOE, AEC, BNG (10) APROBADA
- Abstención: Somos Cabanas (1)
- 4. Proxecto Saneamento e Depuración de Augas Residuais en Lavandeira
- Resumo do proxecto
-
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11) APROBADO
- 5. Convenio de colaboración entre o concello de Cabanas e o clube Cabanas KDM
- Texto non definitivo do convenio: 5000 € para realizar actividades sen determinar o seu orzamento
- O concelleiro de Somos Cabanas propuxo deixar os dous convenios para corrixir sobre da mesa e foi rexeitado polo PP.
- A favor: PP, PSOE, AEC (9) APROBADO
- En contra: BNG, Somos Cabanas (2)
- 6. Convenio de colaboración entre o concello de Cabanas e a Asociación de mulleres Cabanas Rural
- Texto do convenio: 2000 € para realizar actividades sen determinar o seu orzamento
-
- A favor: PP, PSOE, AEC (9) APROBADO
- En contra: BNG, Somos Cabanas (2)
- 7. Regularización catastral explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais. Proposta grupo Popular.
- Texto da iniciativa
- SOMOS CABANAS ve fóra de tempo esta iniciativa porque o PP xa estivo aplicando todo o seu peso fiscal sobre as explotacións gandeiras desde o Estado coa connivencia do goberno de Germán Castrillón.
-
- A favor: PP, PSOE, AEC, BNG, Somos Cabanas (11) APROBADA
- 8. Actuación da Unión Europea coa crise dos refuxiados. Proposta grupo Socialista.
- Texto da iniciativa
-
- A favor: PSOE, BNG, Somos Cabanas (5) APROBADA
- Abstención: PP, AEC (6)
- 9. Iluminación rotonda entrada a Cabanas pola N-651. Proposta grupo Socialista.
- Texto da iniciativa
-
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11) APROBADA
- 10. Prevención drogodependencias e outras condutas adictivas. Proposta concelleiro BNG .
- Texto da iniciativa
-
- A favor: PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (6) APROBADA
- En contra: PP (5)
- 11. Comparecencia sobre actuacións no areal e piñeiral da Madalena. Proposta concelleiro de PDDdG-Somos Cabanas
- Texto da iniciativa
- DEBATIDA pero non votada por decisión autoritaria do alcalde. O concelleiro de Somos Cabanas foi o único que deixou constancia da súa oposición a este proceder antidemocrático, ademais o goberno local non respondeu ningunha das preguntas feitas por Xosé Manuel Pérez Sardiña, a xente só veu de lonxe a documentación e inda que ao día seguinte o concelleiro tratou de consultar os informes tal e como lle autorizara o alcalde non foi posible.
- 12. Ratificación resolucións Alcaldía:
a) Solicitude subvención obradoiro emprego concellos Fene-Neda-AresMugardos-Cabanas. - b) Solicitude subvención mellora infraestrutura parques empresariais concellos de Cabanas-Fene
- c) Solicitude subvención mellora infraestrutura parques empresariais concellos de Cabanas-Fene.
d) Solicitude subvención obradoiro Eume Emprende II, concellos de CabanasMonfero-Pontedeume.
e) Solicitude programa mellora camiños municipais 2016. -
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC (10) APROBADAS
- Abstención: Somos Cabanas (1)
- 13.- Parte de control órganos da Corporación.
1.- Informes da Presidencia.
a) Resolucións da Alcaldía. - 14. Rogos e preguntas.
- Preguntas por escrito de Somos Cabanas de marzo