Resumiño do pleno ordinario de maio de 2017
Celebráronse en Cabanas dous plenos ordinarios desde o último resumiño de abril.
En maio houbo asuntos variados sobre todo procedentes da mancomunidade mentres que o PP segue nas súas de bloquear propostas da marea local e valeuse para iso da ausencia por motivos laborais do portavoz do PSOE.
No pleno de maio interveu a veciñanza para queixarse por unha obra sen acabar na zona da Torre de Porto. As contestacións do goberno seguen a ser as habituais.
Parte resolutiva
1.- Aprobación se procede de acta de sesión anterior. Xaneiro 2017. TODOS A FAVOR
2.- Recoñecemento extraxudicial de créditos. Aprobado cos votos de PP, PSOE e AEC. Abstención: BNG. En contra: Marea.
O concelleiro da marea local criticou as facturas black que quixo coar o goberno do PP: contratos verbais, obras pagadas sen rematar… Contratación verbal e a dedo.
3.- Contrato patrocinio Club KDM. A FAVOR: PP, PSOE, BNG e AEC. Abstención: Marea
O goberno local non xustificou o cambio do convenio por un contrato, este motivo levou á abstención da marea local.
4.- Convenio subvención Cabanas Rural, Asociación de Mulleres. A FAVOR TODOS
A marea local constatou que por fin había un expediente completo para aprobar, non coma o ano pasado. Responsabilizou ao goberno local de explicarlles mal as cousas á asociacións. Xosé Manuel parabenizou á asociación polo seu labor cultural e social.
*INICIATIVAS DA MANCOMUNIDADE. TODOS VOTARON A FAVOR
5.- Financiamento proxecto ampliación refuxio animais de Mougá. Memoria
6.- Financiamento convenio Mancomunidade coa Axencia de Turismo de Galicia do ano 2017.
7.- Solicitude subvención Mancomunidade á Axencia de Turismo de Galicia para apoio investimentos fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural.
8.- Solicitude subvención Mancomunidade para o fomento do cooperativismo.
A marea local salientou os servizos compartidos que está a impulsar a Mancomunidade, mesmo na xestión de subvencións que acaban beneficiando os servizos móbiles no piñeiral que demandara en plenos pasados (moito máis económicos ca a obra feita por exemplo no punto de información turística). As intervencións:
9.- Plan especial protección e conservación dos espazos litorais. Proposta concelleiro de PDDdG. Rexeitada: votos en contra do PP, abstención AEC, a favor PSOE, BNG, Marea local
Xosé Manuel Pérez Sardiña denunciou o intento co Plan Xeral de converter o piñeiral da Madalena nun parque onde se permita a construción de chabolos. Así mesmo reclamou a investigación da corta de piñeiros de 2016 a través da Comisión de Contas. O alcalde non permitiu votar por puntos a proposta tal e como pedira o PSOE. As intervencións:
10.- Renda de Inclusión Social de Galicia. Proposta concelleiro de PDDdG.Rexeitada: votos en contra do PP, abstención AEC, a favor PSOE, BNG, Marea local
O PP negouse a votar a proposta por puntos outra vez e deu un discurso triunfalista sen contestar á evidencia dos números oficiais en 2015: 125.000 persoas en pobreza severa e só 3800 recibían a Risga.
11.- Comparecencia sobre actuacións no piñeiral da Madalena. Proposta concelleiro do BNG.
As intervencións do concelleiro da marea local foron moi críticas coa xestión do piñeiral polo PP nos últimos 10 anos. O alcalde tratou de rematar o tema coa propaganda do portavoz do PP pero as réplicas da marea deixáronos en evidencia:
12- Ratificación resolucións Alcaldía. Todos a favor.
a) Resolución modificación proxecto Reparación edificio escola laica 1ª fase.
b) Resolución solicitude subvención obradoiro emprego agrupación concellos.
c) Resolución solicitude subvención información xuvenil agrupación concellos.
Parte de control órganos da Corporación.
8.- Informes da Presidencia.
10.- Rogos e preguntas.
Preguntas orais de Xosé Manuel Pérez Sardiña
- Despois de nomear unha funcionaria para levantar acta nas xuntas do grupo municipal do Partido Popular. Vai cumprir a lei e adaptar o acordo de 2015, convocatorias, ordes do día, etc? Alcalde: todo está ben.
- A recollida de cans abandonados falla, en Santa Cruz comentáronnos que un can segue ceibo malia aos múltiples avisos de veciños da zona. Van recoller ese can? Alcalde: contestou cun discurso e recomendou que os veciños lles dean de comer e os recollan (para a nosa sorpresa, isto vai ser multado segundo a nova lei en trámite no Parlamento de Galicia).
- En que sesión da Mancomunidade foi trasladado o apoio a un tren digno? Alcalde: escapou dicindo que o concelleiro tiña que ir a outros concellos… (falso porque na acta consta que o ían levar á mancomunidade).
- Cantas capturas de velutinas se levou a cabo na campaña de trampeo? Delegada de servizos: case chegou ás catrocentas.
Suxestións
- Queixas dos veciños por afundimentos no Camiño Vello. Suxerimos que as teñan en conta á hora de facer a obra.
- Sobre o funcionamento do teléfono do veciño, comunicáronlles a existencia dunhas fochancas no Pereiro no outono pasado pero ata hoxe non actuaron. Suxerímoslles que as amañen antes do inverno que vén.
Preguntas escritas da marea local
- O señor alcalde pediulle informe a Patrimonio sobre o hórreo de Cardeita que levaron por diante as obras de construción dos chalés de Isla Mourón SL, esta solicitude de informe é sorprendente posto que Patrimonio solicitou en agosto de 2016 documentación sobre ese mesmo hórreo protexido polo catálogo de bens protexidos das Normas Subsidiarias. Asemade, comprobamos que a empresa promotora abriu un vial polo solo urbano non consolidado do nordeste do terreo. Que medidas vai adoptar para velar pola legalidade e a protección de bens culturais protexidos? Por que consente impasible estas irregularidades urbanísticas en Cardeita?
- No mes pasado preguntámoslle sobre o informe que require o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia sobre finalizacion de obras de demolicion e resconstruccion do procedemento odinario 4126/1994. Ademais, a execución da segunda fase descoñecemos cando pode empezar. Remataron as obras da primeira fase do Penso? Certificou o final de obra da execución da primeira fase? Pagou as indemnizacións e os realoxos? Contratou a empresa para realizar a execución da segunda fase? Fala cos veciños da segunda fase para chegar a acordo con eles? Que previsión ten o alcalde para iniciar as obras?
- Sabemos da dificultade para realizar as rozas de camiños en tempo, e neste sentido xa lles advertimos que rozan tarde na pasada sesión ordinaria. Nestas alturas de ano atopámonos con que o persoal de obras carece de capataz. Así mesmo tamén comprobamos que para o goberno local son prioritarias as actividades lúdicas fronte ás necesidades cotiás á hora de priorizar os labores, mandan rozar unha silva para ir de paseo antes ca rozar os camiños por onde pasan a diario os veciños. Pódenos concretar o goberno local cando vai convocar a praza de capataz e que motiva o atraso na convocatoria? O goberno local vai priorizar a roza dos camiños transitados a diario polos veciños ou van facer primeiro as rozas para recreo?
- A problemática dos contratos menores, sobre a que lle preguntamos ao alcalde no pasado pleno de abril sen obter unha resposta presentable, complícaselle despois dos últimos reparos de intervención á súa xestión verbal e a dedo. Poderíanos detallar os contratos feitos de xeito verbal para realizar obras menores durante os últimos tres anos?
- O pasado 23 de marzo de 2017 o concello remitiu o PXOM para conformidade da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, non obstante inda non se nos respondeu en Pleno sobre a prórroga do contrato para a redacción. O nivel de participación no longo período de preparación do PXOM para a aprobación definitiva é nula e para exemplo están as contestacións e votacións do goberno local. Quen fixo os traballos de actualización? Houbo contestación da Dirección Xeral de Conservación da Natureza? Poderíanos explicar en liñas xerais as principais modificacións que están realizando?
- Sobre o proxecto de mellora vial da N-651, co Partido Popular no goberno deixou de ser humanización. Que novidades houbo desde marzo de 2017? Cando remitiu a alcaldía as alegacións, o informe técnico municipal e a exposición pública á administración do Estado? Cales son as previsións de execución do goberno local?
- Os altos custos para a facenda local do staff de goberno quedan novamente en evidencia tras aprobar unha factura fóra de contrato da asesoría xurídica, que o alcalde vén fraccionando irregularmente durante os últimos dez anos e que desde a nosa agrupación xa tratamos varias veces de suprimir á vista de que duplica servizos achegados pola deputación ou os propios servizos públicos municipais. Que medidas vai adoptar para cumprir a legalidade en materia de contratos públicos?
- Os veciños preguntáronnos polas distancias de separación de eucaliptos e outras especies pirófitas de viais públicos, e gustaríalles saber cal é a información concreta que informa o goberno local. Cales son as distancias de separación de eucaliptos e outras especies pirófitas dos viais públicos?
- Sobre a praga da pataca a partir das preguntas que lle fixemos en plenos anteriores e despois de comprobar o caos que hai na recollida, puidemos ler que o Concello de Ortigueira informou dos plantíos afectados mentres que o alcalde aquí negoume esa mesma información con escusas de patio de recreo. O goberno local pode explicar como se desenvolveu a recollida en Cabanas? Interesouse na Xunta que expansión ten a praga no noso concello? Saben xa oficialemnte cantos patacais hai afectados en Cabanas?
SUXESTIÓNS
- A Demarcación de Estradas do Estado fixo labores de roza das marxes da N-651 durante as pasadas semanas. Advertíronnos varios veciños de que na saída do cemiterio de Laraxe á N-651 hai falta de visibilidade e tal e como puiden comprobar unhas árbores provocan nula visibilidade dos coches que baixan dirección Cabanas e complican severamente a incorporación á vía estatal. Á vista da situación, suxerimos que o concello se dirixa á Demarcación de Estradas do Estado para que corte as árbores que impiden a visión dos vehículos de baixada da N-651 á altura do cemiterio de Laraxe.
- No cambio de sentido do Pereiro volveuse a formar unha fochanca na saída cara a Ferrol. Suxerimos que boten chapapote e de camiño lémbrolles que hai que pintar unha liña discontinua na saída do centro xeriátrico.