Resumo rápido do Pleno ordinario de novembro de 2015
Achegamos o noso habitual resumo rápido do acontecido no Pleno de novembro. O pleno volveuse centrar no debate de propostas da oposición que presentou un total de 5 mocións de ámbito local e outras 2 de ámbito xeral.
O Pleno aprobou cos votos da oposición a proposición de Somos Cabanas-PDDdG para prohibir o uso de glifosato. Os votos do PP tumbaron a proposta de volver facer un estudo para a declaración de travesías de A Torre en Porto e Pedreiras, O Peón e O Pereiro en Laraxe.
Así mesmo tamén se aprobaron por unanimidade unha proposición do BNG para apoiar a concesión da medalla de Galicia a Andrés Dobarro e mais outra do PSOE para loitar contra a néspora velutina, inda que con modificacións.
Asuntos da orde do día e votacións resumidas (entre paréntese o reconto de votos dos edís)
- 1. Acta da sesión de setembro
- Acta de setembro de 2015
- 2. Sorteo mesas electorais.
- Fíxose o sorteo público para elixir os membros das mesas electorais das eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro
- A favor todos os concelleiros (11) APROBADA
- 3. Proposta investimentos para o Plan de Acción Social 2015 da Deputación da Coruña.
- Propostas: Saneamento no Batán e Mellora do parque de Lavandeira (xogos infantís e biosaudables)
- A favor: TODOS, PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (11) APROBADA
- 4. Proposta de investimentos para o Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.
- Propostas: Acondicionamento da rúa da Fonte, asfaltado camiño da Pedreira e gastos correntes en iluminación e servizo de lixo
- A favor: PP-PSOE-AEC-Somos Cabanas (10) APROBADA
- Abstención: BNG (1)
- 5. Recuperación do 2º cuarto da paga extra de 2012 e días de asuntos particulares e vacacións do persoal municipal
-
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11) APROBADA
- 6. Adhesión solicitude selo conmemorativo 500 anos da Reforma Protestante
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11) APROBADA
- 7. Proposición concelleiro do BNG sobre apoio á concesión da medalla de Galicia para Andrés Dobarro
- Texto da proposición
-
- A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11) APROBADA
- 8. Proposición concelleiro do BNG sobre participación veciñal nos Plenos de Cabanas.
- Texto da iniciativa
- SOMOS CABANAS propuxo un Consello Sectorial de Urbanismo aberto para tratar as alegacións veciñais ao PXOM chamando a veciños e asociacións a participar, entre outros asuntos. Ningún dos partidos se pronunciou sobre esta proposta.
-
- A favor: PSOE, BNG, Somos Cabanas (5) REXEITADA
- En contra: PP (5+voto de calidade do alcalde)
- Abstención: AEC (considera que hai mecanismos de participación na lexislación)
- 9. Proposición concelleiro de Somos Cabanas-PDDdG sobre uso de herbicidas con glifosatos.
- Texto da iniciativa
-
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- Abstención: PP (5)
- 10. Proposición concelleiro de Somos Cabanas-PDDdG sobre estudo de travesías na N-651 en Porto e Laraxe.
- Texto da iniciativa
-
- A favor: PSOE, BNG, Somos Cabanas (5) REXEITADA
- En contra: PP (5+voto de calidade do alcalde)
- Abstención: AEC (considera que hai mecanismos de participación na lexislación)
- 11. Iniciativa do PSOE sobre protocolo na loita e control da praga da vespa velutina nigrithorax .
- Texto da iniciativa
-
- A favor con modificacións: PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (11) APROBADA
- 12. Iniciativa do PSOE sobre derrogación da Lei 27/2013, do 27 de decembro LRAL, ou no seu defecto a devolución ás entidades locais das competencias en materia de prestación de servizos sociais
- Texto da iniciativa
- A favor: PSOE, BNG, Somos Cabanas (5) REXEITADA
- En contra: PP (5+voto de calidade do alcalde)
- Abstención: AEC
- 12. Iniciativa do PSOE sobre vacina da meninxite B, inclusión nos calendarios vacinais do Estado e da Xunta de Galicia
- Texto da iniciativa
- A favor: PSOE, BNG, Somos Cabanas (5) REXEITADA
- En contra: PP (5+voto de calidade do alcalde)
- Abstención: AEC
- 13.- Parte de control órganos da Corporación.
1.- Informes da Presidencia.
a) Resolucións da Alcaldía. - 2.- Mocións de urxencia
- a) Manifesto do 25 de novembro contra a violencia machista
- A favor da urxencia: Todos (11)
- Sen votación