Resumo rápido do Pleno ordinario de outubro de 2015
Achegamos o noso habitual resumo rápido do acontecido no Pleno do pasado mércores. O pleno centrouse no debate de propostas da oposición que presentou un total de 5 mocións de ámbito local e outras 4 de ámbito xeral.
O Pleno aprobou cos votos da oposición a moción de Somos Cabanas-PDDdG para garantir o emprego público e sacar para provisión aberta e pública os postos vacantes ou os que se produzan por xubilación. A Corporación comprométese con esta moción a parar a supresión ou precarización de postos de persoal laboral que levou a cabo o PP na pasada lexislatura.
Asuntos da orde do día e votacións resumidas (entre paréntese o reconto de votos dos edís)
- 1. Adhesión ao grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte
- Acta de constitución
-
- A favor todos os concelleiros (11) APROBADA
- 2. Moción BNG sobre elaboración Regulamento de cesión e uso de locais municipais á veciñanza e entidades sociais (pendente sesión anterior).
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
-
- Abstención PP (5)
- 3. Moción concelleiro do BNG a prol da ampliación da acreditación por violencia machista e da creación do estatuto do feminicidio.
- Texto da moción (houbo engadido do PSOE que non dispoñemos e foi rexeitado un engadido do PP)
- A favor: PP-PSOE-BNG-Somos Cabanas (10) APROBADA
- Abstención AEC (1)
- 4. Moción concelleiro de Somos Cabanas-PDDdG sobre servizos públicos municipais.
- Texto da proposta aprobada
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- En contra: PP (5)
- 5. Moción concelleiro de Somos Cabanas-PDDdG sobre medidas de protección do patrimonio local
- Texto da proposta rexeitada (corrección de artigos 201 e 202 e engadido á espera do informe de Patrimonio Cultural)
-
- A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) REXEITADA
- En contra: PP (5+voto de calidade do alcalde)
- Abstencións: AEC (1)
- 6. Iniciativa grupo Socialista para cubrir postos vacantes.
- Texto da iniciativa
-
- A favor: PSOE-BNG (4) REXEITADA
- En contra: PP (5)
- Abstención: AEC-Somos Cabanas (2) por desacordo no punto 5 que non se puido votar por separado
- 7. Iniciativa grupo Socialista para mellorar accesos internet no CEIP Eladia Mariño.
- Texto da iniciativa
-
- A favor: PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (11) APROBADA
- 8. Iniciativa grupo Socialista sobre rexistro de empresas e traballadores autónomos.
- Texto da iniciativa
-
- A favor: PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (11) APROBADA
- 9. Declaración de concello solidario co Alzheimer
-
- A favor: PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (11) APROBADA
- 10.- Parte de control órganos da Corporación.
1.- Informes da Presidencia.
a) Resolucións da Alcaldía.
b) Informe sobre a execución trimestral 3°T/2015.
c) Informe trimestral sobre a morosidade 3°T/2015. 11.
- 2.- Mocións de urxencia
- a) ILP Confederación Intersindical Galega (presentada polo concelleiro do BNG)
-
- A favor da urxencia: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6)
- En contra da urxencia: PP (5)
- Votación final:
- A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) REXEITADA
- En contra: PP (5+voto de calidade do alcalde)
-
- Abstencións: AEC (1)
- 11. Rogos e preguntas.
- Preguntas por escrito de Somos Cabanas de setembro, sen contestar durante un mes
- Preguntas por escrito de Somos Cabanas de outubro
- Ademais Somos Cabanas preguntou e suxeriu oralmente:
- – Resultado das xestións sobre a moción de Somos Cabanas para reclamar o servizo de Pediatría no centro de Saúde de Cardeita. O goberno contestou que está pendente de Sanidade.
- – Situación das obras previstas para mellora do firme en Vilar do Colo (sen comezar aínda). Xa se informará
- -Suxestión para substituír o mobiliario deteriorado do colexio público Eladia Mariño.
- – Suxestión para combater a praga de bichería no colexio (nestes días houbo un caso de picadura), trazas, nésporas, etc.