A historia do Punto Limpo de Vilar do Colo pendente de apertura (2023)
Os concellos de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos ían compartir os custos de xestión en 2018
Quedaron finalmente en 2023 Ares, Cabanas e Fene
Os 27.000 veciños dos concellos da penísula de Bezoucos seguen agardando 16 anos despois pola apertura das instalacións do Punto Limpo de Vilar do Colo. Neste momento, Fene deberá licitar a xestión para dar servizo á veciñanza.
Os primeiros trámites iniciáronse en 2004, o goberno de Cabanas sumouse á proposta do goberno de Fene capitaneado por Pepe Rivera e Pancho Allegue. Con anterioridade, o goberno de Cabanas barallaba pagar un canon de 9.000 €/mes a Pontedeume, pero decidiuse polo proxecto máis ecónomico con Fene.
Os cambios de goberno na Xunta e nos dous concellos atrasaron trámites sucesivos e houbo que agardar catro anos para que os concellos de Fene e Cabanas pagasen a parcela do polígono de Vilar do Colo (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/05/08/xunta-licita-punto-limpio-fene-cabanas/0003_201205F8C79910.htm).
A Xunta de Galicia iniciou as obras en xullo de 2013, licitadas por 240.000 euros (https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/029793/xunta-inicia-obras-construcion-punto-limpo-fene-cabanas-nas-que-investiran-preto#).
O que inicialmente ía ser un servizo para Cabanas e Fene, ampliouse aos concellos de Ares, Mugardos e Neda co fin de optimizar o servizo público pero acordaron que a xestión se realice por empresa privada (decembro de 2016, https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/concellos-ultiman-reglamento-punto-limpio-vilar-do-colo/20161214003837174863.html). Os problemas ata pola redacción dunha frase entre os gobernos de Fene e Cabanas entorpeceron a aprobación do regulamento de usoso e atrasaron o estudo económico para licitación (marzo de 2018, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/cabanas/2018/03/01/punto-limpio-vilar-do-colo-suma-total-cuatro-anos-cerrado/0003_201803F1C6992.htm).
![](https://www.somoscabanas.org/wp-content/uploads/2023/05/image-1.png)
En 2018 aprobárase finalmente o regulamento co apoio de todos os grupos e houbo que agardar polo estudo económico que se veu modificado en xaneiro de 2020 polo primeiro desmarque do Concello de Neda. (febreiro 2020, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/neda/2020/02/13/neda-desmarca-punto-limpio-vilar-do-colo-cerrado-lustro-despues-construccion/0003_202002F13C7992.htm). O descolgue do concello de Mugardos acumulou un novo atraso á parálise de anos e a outros anteriores (outubro de 2020, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/mugardos/2020/10/16/mugardos-descuelga-punto-limpio-vilar-do-colo-espera-informe-intervencion/0003_202010F16C6992.htm).
![](https://www.somoscabanas.org/wp-content/uploads/2023/05/image-2.png)
![](https://www.somoscabanas.org/wp-content/uploads/2023/05/image-3.png)
A licitación non chega ata novembro de 2021 (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/fene/2021/11/09/punto-limpio-poligono-vilar-do-colo-dara-servicio-25-horas-semanales/0003_202111F9C5993.htm) e queda deserta en decembro porque ningunha empresa reunía os requisitos para contratar. Foi en xaneiro de 2022 cando Ares, Cabanas e Fene incrementaron en case 66.000 euros a contía da licitación (https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/fene-licita-nuevo-gestion-punto-limpio-vilar-do-colo-3416831). Non é ata agosto de 2022 que se publica a licitación na plataforma de contratación do Estado (https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink%3Adetalle_licitacion&idEvl=6rS2kmU291znSoTX3z%2F7wA%3D%3D) e finalmente novembro de 2022 cando se realiza a adxudicación.
![](https://www.somoscabanas.org/wp-content/uploads/2023/05/image-1024x374.png)
A pesar dos anuncios electorais de apertura do Punto Limpo, abrirá cando remate o proceso de inspección das instalacións solicitado en febreiro deste ano (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/fene/2023/03/30/punto-limpio-vilar-do-colo-cerca-apertura/0003_202303F30C5996.htm), cando menos en marzo o goberno de Cabanas non chamou para interesarse pola inspección e facilitala no posible en coordinación con Ares e Fene.
Somos Candidatura Veciñal apoia esta liña de servizos mancomunados para a recollida do lixo, abastecemento, saneamento e servizos sociais que se sumarían ao impulso da zona industrial de Vilar do Colo e a programas de emprego compartidos e advirte que a xestión económica máis eficiente é a través da xestión pública directa coa que se terían aforrado moitos trámites e o Punto Limpo posto en marcha.
Somos propón realizar desde o goberno na vindeira lexislatura un Plan Municipal de Compostaxe, impulsar un sistema de retorno de envases cun punto limpo móbil para mellorar o servizo de recollida selectiva e bonificar a taxa.