#PRIMARIASCABANAS

Cabanas ten que ser terra de futuro. No noso concello hai futuro se cambiamos as políticas e o xeito de gobernar. Queremos revitalizar Cabanas e ofrecer un proxecto de futuro ás persoas para quedar e dar vida. Rachar con décadas de parálise, de clientelismo e de gobernar para beneficio duns poucos implica cambiar a representación no Pleno con voz e modelo participativo. Queremos un futuro sostible para a xente, por iso temos que sumar todas as nosas forzas. Demostramos ao longo destes catro anos a nosa utilidade como ferramenta para cambiar o goberno e facelo mellor, impulsando a participación cidadá e practicándoa.
Por iso, imos levar ao concello un proxecto que goberne para o 99%. Somos moitas e moitos e temos moito que facer! #EnCabanasDecidesTi


