Resumo rápido do Pleno ordinario de xullo de 2015
A seguir imos facer un resumo rápido do acontecido no Pleno de onte. A primeira cuestión de relevancia é que o Pleno aprobou a dedicación parcial do alcalde, que se modificou á baixa en tempo de dedicación e en cartos, inda que realmente sobe en €/hora, foi cos votos a favor de PP e AEC. O actual goberno local dispón así do mesmo organigrama que na pasada lexislatura, porque na anterior sesión de organización xa levara os votos do PSOE para manter a estrutura de goberno con Xuntas de Delegados. O PP só perdeu a Xunta de Goberno local con respecto á lexislatura anterior por oposición expresa do Grupo Mixto.
As mocións de Somos Cabanas excluídas da orde do día polo alcalde sobre modificación de ordenanzas, solicitar á Xunta o servizo de pediatría para o Centro de Saúde e mais impulsar medios de transporte para facer as mamografías en Ferrol, finalmente foron incluídas cos votos da oposición, debatidas e aprobadas.
E a cuestión máis importante para nós foi que no seguinte Pleno o alcalde, Germán Castrillón, terá que comparecer publicamente diante da Corporación para dar explicacións sobre a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e sobre a demolición do Penso. Os votos da oposición no seu conxunto foron claves para sacar adiante esta proposta. Por iso desde aquí agradecemos especialmente esta posición favorable á transparencia e á explicación aberta e pública de dúas cuestións de especial relevancia para todos e todas.
Asuntos da orde do día e votacións resumidas (entre paréntese o reconto de votos dos edís)
- 1. Acta sesión anterior
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nNG9ESkpFRmNSU28
- A favor todos os concelleiros (11) APROBADA
- 2. Recoñecemento de crédito (factura de herbicida de 2014, 355 €)
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nUHpMaGlReWpUWHc
- A favor: PP-PSOE-AEC (9) APROBADA
- Abstención BNG – Somos Cabanas (2)
- 3. Ratificación decreto da alcaldía de modificación proxecto camiños
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nVi0zZ0UtWkJJMWs
- A favor: PP-AEC (6) APROBADA
- Abstención PSOE-BNG-Somos Cabanas (5)
- 4. Ratificación decreto da alcaldía sobre subvención prevención drogodependencias
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nYmpITVdJRDdiNVE
- A favor todos os grupos (11) APROBADA
- 5. Retribucións alcalde, agora propón 30.000 € brutos / 75%
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nYmpITVdJRDdiNVE
- A favor: PP-AEC (6) APROBADA
- En contra: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5)
- 6. Moción BNG sobre sector lácteo
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7ncEREdXB2Um9aaUk
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- Abstención: PP (5)
- 7. Moción PSOE sobre convocatoria comisión de Obras sobre derruba do Penso
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nZUtrREpuMHoyT3M
- Aprobada cun punto engadido a proposta de Somos Cabanas: O Pleno da Corporación e os veciños deben estar debidamente informados sobre a xestión das indemnizacións aos propietarios de boa fe, acordadas hai máis de dez anos por esta corporación, e sobre a demolición das partes non legais do edificio O Penso I e II. Por tal motivo, propón que o alcalde de Cabanas compareza publicamente perante este Pleno, auxiliado se o estima pertinente pola defensa xurídica neste asunto, co obxecto de informar exhaustiva e detalladamente sobre a xestión da devandita demolición e das indemnizacións. Así mesmo, esta Corporación require para o expediente desta comparecencia plenaria os autos, escritos, resolucións e toda aquela documentación en posesión do despacho de avogados contratado para a defensa do Concello
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- Abstención: PP (5)
- 8. Moción PSOE sobre convocatoria comisión de Obras sobre PXOM
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7naEg2V0tkTm1fZkk
- Aprobada cun punto engadido a proposta de Somos Cabanas: “O Pleno da Corporación e os veciños deben dispoñer de información pormenorizada sobre a xestión do Plan Xeral de Ordenación Municipal pendente de aprobación polo Pleno. Por tal motivo, propón que o alcalde de Cabanas compareza publicamente perante este Pleno, auxiliado se o estima pertinente polo equipo técnico redactor, co obxecto de informar exhaustiva e detalladamente sobre a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal” (deuse unha votación confusa por puntos e só poñemos resumo)
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- Abstención: PP (4)
Mocións urxentes:
- Moción sobre expediente de modificacion de ordenanzas (excluída arbitrariamente da orde do día).
https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nX2w3R3F6TlN2cU0
Urxencia
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas APROBADA
- Abstención: PP
Votación
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas APROBADA
- Abstención: PP
- Moción de Somos Cabanas sobre o servizo de mamografía e sobre o servizo de pediatría (excluída arbitrariamente da orde do día):
https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nLWlLa1lxMWs5elE
Urxencia
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- Abstención: PP (4)
Votación (con modificacións de matiz)
- A favor: PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (10) APROBADA
- Moción urxente BNG sobre accesibilidade locais electorais:
Urxencia
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- Abstención: PP (4)
Votación
- A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) APROBADA
- Abstención: PP-AEC (5)
2 PREGUNTAS E 2 ROGOS DE SOMOS CABANAS
1ª Pregunta:
Que causa as verteduras no final do paseo marítimo da Madalena despois dos chiringuitos? Que medidas se van adoptar para evitar esas verteduras?
Alcaldía (resumo): investigación de Augas de Galicia sen conclusións, recomenda poñer en coñecemento do Seprona a través do 112.
2ª Pregunta:
Sobre o circo que se instalou na zona da Farmacia. O circo presentou informe da Xunta sobre cumprimento de condicións hixiénico-sanitarias para poder autorizar a actividade?
Alcaldía (resumo): non ten autorización e Costas abriulle un expediente sancionador.
1º Rogo: Posta en servizo da fonte enfronte ao Yellow e mais amaño da fonte de Fontao
2º Rogo: Limpar a maleza na beirarrúa que vén desde Porto ao Centro de Saúde