Resumo rápido do Pleno ordinario de setembro de 2015
A seguir imos facer un resumo rápido do acontecido no Pleno do pasado mércores. Logo de dous meses de espera, o alcalde, Germán Castrillón compareceu publicamente diante da Corporación para dar explicacións sobre a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e sobre a demolición do Penso. Foi un pleno cargado de voltaxe pola importancia destes asuntos para o futuro do Concello.
Os votos da oposición no seu conxunto foron claves para sacar adiante as comparecencias propostas por Somos Cabanas. A explicación aberta e pública de dúas cuestións de especial relevancia para os veciños e veciñas de Cabanas dá comezo a unha nova maneira de facer as cousas desde o Pleno aberto.
O Pleno garantiu a legalidade ao non aprobar o acordo entre o alcalde e os propietarios afectados pola demolición do Penso, posto que non está informado preceptivamente nin polo Consello Consultivo de Galicia, nin pola Secretaría-Intervención, nin polos servizos técnicos municipais. O alcalde non achegou os autos, providencias e demais resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a execución das sentenzas de demolición.
Así mesmo, o Pleno aprobou cos votos da oposición as mocións de Somos Cabanas-PDDdG para gañar en transparencia e publicar documentación básica na web municipal e para reclamar a humanización da N-651 e unha reunión da Corporación coa Demarcación de Carreteras.
Asuntos da orde do día e votacións resumidas (entre paréntese o reconto de votos dos edís)
- 1. Actas de sesións anteriores
- Acta do Pleno ordinario de xullo
- Acta do Pleno extraordinario urxente de setembro
- A favor todos os concelleiros (11) APROBADAS
- 2. Conta Xeral 2014
- Conta Xeral
- A favor: PP (5) APROBADA
- Abstencións PSOE-BNG-AEC (5)
- En contra Somos Cabanas (1)
- 3. Proxecto de rueiro municipal (Novo cambio nos enderezos baseado no PXOM que falta por aprobar)
- A favor: PP-PSOE-AEC (9) APROBADA
- Abstención BNG-Somos Cabanas (2)
- 4. Comparecencia do alcalde sobre o Penso (sería sen votación, só informativa)
- Proposta irregular, fóra do punto da orde do día
- A favor: PP (5) REXEITADA
- En contra: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6)
- 5. Comparecencia do alcalde sobre o PXOM
- Sen votación. Só informativa
- 6. Mocións sobre refuxiados (PP, PSOE, BNG)
- Informe de Servizos Sociais: Crear un rexistro de familias de acollida. O concello non dispón de espazos que cumpran as normas de habitabilidade para acollida.
- A favor: todos os concelleiros (11) APROBADO
- Moción PP
-
- A favor: PP (5) APROBADA
-
- En contra: PSOE-BNG (4)
- Abstencións: AEC-Somos Cabanas (2)
- Moción PSOE
-
- A favor: todos os concelleiros (11) REXEITADA
- En contra: PP (5)
- Abstencións: AEC-Somos Cabanas (2)
- Moción BNG
-
- A favor: PSOE-BNG (4) REXEITADA
- En contra: PP (5)
- Abstencións: AEC-Somos Cabanas (2)
- 7. Moción BNG .gal, páxina web e retransmisión de Plenos
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nS3ZMYWZIV2FuNXM
-
- A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) REXEITADA
- En contra: PP (5+voto de calidade)
- Abstención: AEC (1)
- 8. Moción BNG sobre animais salvaxes en catividade
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nXzVyQl9RUTA3V3c
-
- A favor: BNG-Somos Cabanas (2) APROBADA
- Abstención: PP-PSOE-AEC (9)
- 9. Moción do grupo popular sobre promoción do leite galego
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nSUh3Sms4NjNMX00
-
- A favor: PP-PSOE-AEC (9) APROBADA
- Abstención: BNG-Somos Cabanas (2)
- 10. Moción do grupo popular para a defensa do estado de dereito e cohesión de España
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nOEpERDQ2QlF5Rjg
-
- A favor: PP (5) REXEITADA
- En contra: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6)
- 11. Moción concelleiro PDDdG sobre transparencia
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nNDVHUk44SG5NYVU
-
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- En contra: PP (5)
- 12. Moción concelleiro PDDdG sobre humanización da N-651
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nNDVHUk44SG5NYVU
-
- A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
- En contra: PP (5)
- 13. Manifesto grupo socialista sobre Día internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres, nenos e nenas
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nS1ZPWnMxRmE5RE0
-
- Non houbo votación
- 14. Moción grupo socialista sobre suba do IVE actividades e bens culturais
- https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nanZ1akZjdHpKQzQ
-
- A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) REXEITADA
- En contra: PP (5+voto de calidade)
- Abstención: AEC (1)
- 15. Informes de presidencia
- 16. Mocións de urxencia (apenas se leu unha e non se entrou a votación)
- O alcalde deu por rematado o Pleno ao chegar ás 12 h, logo dun minuto de silencio sen máis explicación.