Somos Cabanas apoia os Principios Básicos das Mareas en Común
Este domingo 29 de maio presentamos estes principios básicos nun acto público no Parque público do Areal, a partir das 12.30 horas
Cabanas.- Dende Somos Cabanas cremos nun modelo de confluencia basado na xenerosidade, na transparencia e na igualdade e participación de todas, por iso vimos de sumarnos aos Principios Básicos das Mareas en Común e estamos a colaborar no proxecto da Marea Viva iniciado o pasado 7 de maio.
O domingo 29, ás 12.30 horas, no Parque público do Areal, faremos un acto de presentación destes principios básicos, que xa foron asinados por máis de 1140 persoas e 25 organizacións. Ademáis, explicaremos o proceso da Marea Viva e os avances e loitas que vimos dando dende Somos Cabanas ao servizo da cidadanía.
—————————————————————————————————————————————
A Asamblea de Somos Cabanas acordou sumarse aos Principios Básicos das Mareas en Común e apostar por un modelo de confluencia onde todas as forzas do cambio participen baixo os principios de transparencia, xenerosidade, igualdade e radicalidade democrática.
Por iso, participamos na Marea Viva que, o pasado 7 de maio, iniciou os traballos para conseguir a unión persoas, partidos, organizacións e movementos que pretendemos transformar as institucións en beneficio da xente. O único requirimento para participar nela é sumarse aos Principios Básicos das Mareas en Común. Cunha metodoloxía participativa, na que todas teñen voz e voto, servirá para deseñar un proceso de primarias, un código ético para os cargos electos, un modelo organizativo e unha forma de goberno.
Para dar a coñecer estes principios básicos, o proceso da Marea Viva, a confluencia das Mareas, e o camiño percorrido por Somos Cabanas, organizaremos este domingo, un acto público no Parque público do Areal, ás 12.30 horas.